77

A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 2: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 3: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 4: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Continuadores da xeración Nós: novela de carácter máis tradicional, seguindo o modelo de Otero Pedrayo. Exemplo: R. CARVALHO CALEROR. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)

Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas populares. Exemplo: ÁNXEL FOLEÁNXEL FOLE: Á lus do candil (1952)

Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade. Exemplos: E. BLANCO AMORE. BLANCO AMOR: A esmorga (1959). X. NEIRA VILASX. NEIRA VILAS: Memorias dun neno labrego (1962)

Realismo fantástico: elementos populares extraídos da realidade, mesturados con outros de carácter fantástico. Exemplo: ÁLVARO CUNQUEIROÁLVARO CUNQUEIRO: Merlín e familia (1955)

Nova Narrativa Galega: proxecto rupturista, renovador, tanto a nivel temático como formal, seguindo as tendencias europeas. Exemplo: X. L. MÉNDEZ FERRÍNX. L. MÉNDEZ FERRÍN: O crepúsculo e as formigas (1961)

Page 5: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 6: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É un dos máis grandes autores de narrativa breve. Coa excepción dunha obra de teatro (O pauto do demo), a súa produción literaria céntrase no conto popular

Page 7: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORALORAL: os seus contos están pensados máis “para contar” (modelo oral) que “para ler” (conto literario). Recorre a fórmulas da oralidade: apelacións directas ao receptor, ao que se prepara para o que se vai contar e do que reclama atención, presenza do narrador como protagonista supostamente real da historia...

REALISMO NARRATIVOREALISMO NARRATIVO: Os elementos fantásticos teñen case sempre unha xustificación realista (son produto das alucinacións ou delirios de personaxes)

NATURALISMO LINGÜÍSTICONATURALISMO LINGÜÍSTICO: Como consecuencia do desexo de reflectir a realidade galega tal como é, adopta un modelo de lingua oral, que reproduce a súa diversidade dialectal, introducindo mesmo formas vulgares e arcaizantes

Page 8: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

VARIEDADE DE FONTESVARIEDADE DE FONTES: ademais dos inventados pola imaxinación do autor, grande parte dos relatos de Fole proceden da tradición oral e de acontecementos tirados da súa propia experiencia vital

TEMÁTICASTEMÁTICAS: centradas basicamente na realidade galega, mesturanunha realidade materialrealidade material, que ten como referencia as terras da comarca do Courel, unha natureza salvaxe que marca a vida e o carácter das súas xentes, e unha realidade inmaterialrealidade inmaterial (ás veces exposta cunha certa ironía ou distanciamento) que recrea as crenzas sobrenaturais e supersticións da tradición rural galega: historias de aparecidos, premonicións, lendas mitolóxicas...

PODEMOS ENTENDER A NARRATIVA DE FOLE COMO UNHA ESPECIE DE TRATADO ETNOGRÁFICO DO MUNDO RURAL GALEGO

Page 9: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 10: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 11: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Iníciase cun prólogo (”Terra do Courel”), de carácter etnográfico, que describe a xeografía e modo de vida desa comarca luguesa.

Os catorce contos enmárcanse dentro dunha estrutura unificadora: son relatados por unha serie de personaxes reunidos varias noites ao redor do lume (“á luz do candil”) nunha vella torre durante unha gran nevarada que os mantén incomunicados. É unha técnica de encadramento semellante ao das coleccións de contos medievais.

No artificio literario, os contos son transcritos ao día seguinte, para poder lembralos, polo narrador da historia.

Son relatos de tipo oral onde predomina a temática sobrenatural, relacionada coa comarca, tratados moitas veces cun sentido humorístico.

Page 12: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

“Non se rían de min si lles digoque fun testigo dun documentofirmado na cima dun freixo, alá na terra de Amandi... Xa haberá uns vinte anos. Faguía dous ou tres meses que eu estaba de mestre aló...”

Page 13: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 14: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Autor enormemente polifacético, é un importante poeta (Mar ao norde, Poemas do si e non, Cantiga nova que se chama riveira), dramaturgo (O incerto señor don Hamlet), xornalista e precursor na divulgación da temática de viaxes e da gastronomía. Pero destaca, sobre todo, por ser un dos narradores máis orixinais e creativos da nosa literatura.

Page 15: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Mestura do real co fantásticoMestura do real co fantástico. Dentro dun marco realista, introdúcense elementos marabillosos entrecruzados co común, cunha naturalidade tal que se borran as fronteiras entre realidade e fantasía.

Predominancia da oralidade do estiloPredominancia da oralidade do estilo. O seu modelo lingüístico está no conto de tradición oral, no xeito popular de contar historias, con tendencia aos períodos extensos, o polisíndeto, as continuas digresións e o recurso ao diálogo.

Page 16: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Creación dun universo literario singularCreación dun universo literario singular, froito da combinación do mito, a tradición, o popularismo e a experiencia do cotián, e desbotando a temática social; atracción polo exotismo e as temáticas universais.

Gusto polo relato breveGusto polo relato breve. Mesmo nas novelas se aprecia unha tendencia cara á disgregación, cara á construción da historia mediante a acumulación de pequenos relatos cunha estrutura moitas veces próxima á das caixas chinesas.

Page 17: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Presenza do humor e da ironíaPresenza do humor e da ironía, sempre de maneira sutil e amábel, que emprega ás veces para distanciarse da solemnidade.

Lirismo e poeticidadeLirismo e poeticidade, presentes tanto no tratamento dos personaxes como na descrición de paisaxes e na evocación de tempos pasados.

IntertextualidadeIntertextualidade. Abundantes referencias a outros textos literarios de moi variadas procedencias.

Page 18: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 19: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 20: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 21: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É unha sucesión de historias autónomas vertebradas arredor do personaxe de Merlín, que recibe no seu pazo de Miranda a visita de numerosos visitantes de terras afastadas que lle presentan o seu caso ao mago e solicitan o seu consello.

Page 22: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

A acción sitúase na Bretaña francesa, na época da Revolución francesa.

Historia da viaxe do personaxe principal, o sochantre (eclesiástico que dirixe un coro) de Pontivy, cando é chamado para tocar o bombardino no enterro dun fidalgo; é recollido por unha carruaxe na que viaxan varios defuntos, que lle relatan as súas historias.

A obra integra unha pequena peza dramática: “A función de Romeo e Xulieta, famosos namorados”

Page 23: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 24: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 25: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Escola de menciñeiros (1960).

Xente de aquí e acolá (1971).

Os outros feirantes (“O cabalo de Alberte Merlo”, “A voadora de

Serantes”) (19799 Retratos de seres populares tocados polo

extraordinario, conformando un

grande mosaico da Galiza popular.

Page 26: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Descricións detallistas Presenza de autoridades Relacións de parentesco Topónimos galegos Localizacións cronolóxicas

Page 27: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 28: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É autor dunha inxente produción narrativa e de numerosas traducións e estudos de investigación sobre a presenza da cultura galega en Cuba, onde vive gran parte da súa vida, comprometido co goberno revolucionario. Tamén cultiva a poesía. Podemos consideralo un dos pioneiros da literatura infantil en galego

Page 29: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

A pesar de ser contemporáneo cos autores da Nova Narrativa Galega, non participa no proceso de renovación técnica e temática deste movemento

Os seus relatos, de carácter máis tradicional, mostran cun tratamento cruamente realista a vida da Galiza rural e da emigración (Actitude crítica coa realidade social).

Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co medio, da loita cotiá pola supervivencia. Estes temas están tratados sempre desde a óptica de seres marxinados sometidos a conflitos e violencias.

Page 30: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 31: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Memorias dun neno labrego Memorias dun neno labrego (1961)(1961) Xente no rodicio Xente no rodicio (1965)(1965) Camiño bretemosoCamiño bretemoso (1967) (1967) Historias de emigrantes Historias de emigrantes (1968)(1968) Cartas a Lelo (Cartas a Lelo (1971)1971) Aqueles anos de Moncho Aqueles anos de Moncho (1977)(1977) Querido Tomás Querido Tomás (1980)(1980) Nai (Nai (1980)1980)

Page 32: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Vivencia infantil no mundo da aldeaVivencia infantil no mundo da aldea: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo

Mundo rural observado desde un punto de Mundo rural observado desde un punto de vista do adultovista do adulto: Xente no rodicio, Querido Tomás

EmigraciónEmigración: Camiño bretemoso, Remuíño de sombras

Estampas líricas e semblanzasEstampas líricas e semblanzas: Lar, Nai

Page 33: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E, ademais, pobre”

Page 34: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É unha das novelas máis vendidas, traducidas e divulgadas da nosa literatura

Nárrase, desde a óptica crítica dun neno (Balbino), a vida dunha aldea galega da pos-guerra

Dáse unha visión do rural de miseria eco-nómica e moral, de opresión e inxustiza, de carencia de perspectivas de futuro

Fronte a este mundo, só se ofrece como alternativa salvadora a posibilidade da emi-gración

A novela está estruturada en breves capí-tulos que conforman unidades narrativas au-tónomas

Page 35: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Escritor dunha excepcional forza narrativa, é tamén autor dunha interesante obra poética (Romances galegos, Poema en catro tempos, Cancioneiro) e dramática (Farsas para títeres, Teatro prá xente). Home comprometido e progresista, é fundamental no proceso de renovación da narrativa galega

Page 36: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Presenta características renovadorascaracterísticas renovadoras que posteriormente desenvolverán os autores da Nova Narrativa Galega: espazos urbanos, personaxes marxinais, temática realista, expresión coloquial...

As súas obras están ambientadas en Auria (Ourense) e nelas predomina o narrador en 1ª persoa.

Algúns dos seus temas recorrentestemas recorrentes son o mundo da infancia e da adolescencia, as relacións familiares, a violencia, a marxinación, a represión política e lingúística, o afastamento da política das necesidades da xente...

Page 37: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

A esmorga A esmorga (1959)(1959) Os biosbardos Os biosbardos (1962)(1962) Xente ao lonxe Xente ao lonxe

(1972)(1972)

Page 38: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É a crónica dunha familia de clase traballadora que serve para analizar o contexto sociopolítico da época, ao tempo que se conforma a evolución persoal do seu protagonista adolescente.

Novela coral estruturada en catro partes. Crónica social e familiar. Analiza, a través da familia Vilar (obreira de

ideas socialistas), o movemento obreiro en Auria a principios do século XX.

Narradores: o adolescente Suso, e Severa, irmá de Evanxelina.

Page 39: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Son sete narracións protagonizadas e relatadas en primeira persoa por rapaces (maioritariamente de condición humilde) nas que se representa un mundo infantil misterioso e cheo de emocións.

Na reconstrución do Ourense da infancia do autor subxace unha certa crítica social.

Narrados por personaxes infantís e adolescentes.

Glósanse os sete pecados capitais.

Page 40: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

É unha das novelas máis importantes e influentes da literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga, viven unha serie de tráxicas peripecias que os conducen inexorabelmente á morte e ao cárcere.

Os personaxes: grande número de personaxes, que representan todos os estratos sociais. Cibrán, o protagonista e narrador: home sen vontade, incapaz de gobernar a súa propia vida, déixase arrastrar cara á traxedia; Bocas: irreflexivo,violento e de forte personalidade; Milhomes: covarde e efeminado. Relevancia dos personaxes populares: A Raxada, Socorrito, dama de Andrade, tía Esquilacha, prostitutas…

Distribución estrutural: consta de tres partes: un prólogo no que un autor-editor descobre a historia que se vai contar (“Documentación”), a declaración perante o xuíz de Cibrán, que constitúe o núcleo argumental da obra e un breve epílogo no que a autor-editor reaparece para informar da morte de Cibrán.

Page 41: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Algunhas características formais renovadoras:►► Redución temporal (a acción principal redúcese a 24 horas)►► Ambientación urbana ou periurbana►► Personaxes marxinais, problemáticos, movidos pola violencia e as fobias►► Técnica “telefónica”►► Linguaxe popular, coloquial

Significación: é unha novela sociolóxica na que se presentan dous mundos enfrontados que se rexen por códigos e normas diferentes: o do poder, asociado á opresión e ao emprego do castelán e o das clases populares, ignorantes e alienadas, asociadas ao emprego do galego, que sofren, nunha atmosfera de fatalismo, as consecuencias dunha sociedade opresiva

Page 42: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 43: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

NOVA NARRATIVA GALEGA

Page 44: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

NOVA NARRATIVA GALEGA

Page 45: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

CONTEXTO HISTÓRICO

A Nova Narrativa Galega (NNG) orixínase na década de 1950. En plena posguerra europea, logo da derrota nazi na 2ª Guerra Mundial e no inicio da Guerra Fría, prodúcese un movemento de renovación literaria, asociado a novas correntes de pensamento, que afectará de maneira significativa á narrativa galega►► Cobra forza a interpretación da sociedade desde a perspectiva marxista, que impulsará unha liña de realismo social

►► Esténdese unha visión angustiosa e desesperanzada da vida a partir da difusión do filosofía existencialista►► A pervivencia da ditadura franquista engade en Galiza un elemento de desesperanza, de falta de futuro

Page 46: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

A publicación en 1954 de Nasce Nasce unha árboreunha árbore de Rodríguez Mourullo marca o inicio da denominada Nova Narrativa Galega, que terá a súa fase de auxe na década seguinte, coa publicación de importantes obras de Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Casares.

Desde a súa orixe, incorporan as técnicas e temáticas que están a renovar o panorama literario inter-nacional

A partir de 1968 e até 1980 (ano de publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar) estes autores van abandonando progresivamente a experimentación formalC

• R

• O

• N

• O

• L

• O

• X

• I

• A

Page 47: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

JOYCE, KAFKA, PROUST, FAULKNER.Incorporan ás súas obras técnicas, temas e procesos moi renovadores, utilizados na narrativa universal do século XX.

Page 48: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Precursor: Xohán Casal con O camiño abaixo (soidade e morte, símbolos como a araña, sapo, lama…)

“Abro os ollos e fito o ceo: núo, craro, curtante, decátome de que soño cando topo coa realidade: a Nada [...]. Teño que erguerme pra fuxir do meu ensoño, sacudo a testa, alonxo os relembros, abro ben os ollos. Estou de novo de pé no medio da miña terra.

Dúrmome. Ó pechar os ollos volve a min unha extraña preocupación. ¿onde estou? Certamente non o sei. Estou no sol, no sono, no ren. Estou no vougo. ¿Onde está entón o mundo?”

(Fragmento d’ O camiño de abaixo)

Page 49: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Personaxes alienados nun mundo agresivo. personaxes atormentados e incapaces de gobernar o seu propio destinoNon hai fronteira clara entre o real e o soñado.Plasmación dunha realidade absurda que se vive como un pesadelo“- Non ten dereito a saír. Encóntrase vostede detido.- Así parece –dixo K. e engadiu inmediatamente- por que?- Non viñemos aquí para dicirllo. [...]Despois examinaron o seu camisón e aconselláronlle que se puxese algo de inferior calidade, dicíndolle que quedarían co que levaba posto, así como con toda a súa roupa branca [...].Non era importante para el o dereito que tiña sobre as súas cousas. Moito máis urxente era que aclarase a súa situación; só que diante daquela xente éralle imposíbel reflexionar.” (Fragmento d’ O proceso)

Page 50: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Monólogo interior (representación do pensamento do personaxe, tal e como flúe da mente deste, sen ningún tipo de elaboración racional; ruptura da orde cronolóxica lineal).

Contrapunto (seguir simultaneamente a varios personaxes).

"Segredos nas esquinas. Sobre as puntas dos pés, en pantuflas, por medo a que esperte. Logo preparándoo. Tirándoo. Maruxa e a señora Fleming facendo a cama. Nunca se sabe quen o manipulará a un cando estea morto. Lavado e xampú. Creo que cortan as uñas e o cabelo".

(Fragmento de Ulises)

Page 51: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

OBXECTIVISMOprevalece o obxecto sobre os

personaxes e a acción; ou sexa, cun desenvolvemento mínimo

de acción, descríbese con minuciosidade a contorna física.

CONDUTISMOos personaxes defínense a

través dos diálogos e dos feitos.

Narrador= CÁMARA CINEMATOGRÁFICA

“Os cinco homes, a ambos os lados da ponte, están tamén aliñados dun xeito simétrico: en dúas liñas paralelas con separacións iguais nun e outro grupo e os dous personaxes da marxe dereita –dos que só se ven as costas- están situados nas mediatrices dos segmentos determinados polos seus tres compañeiros da beira esquerda que, á sua vez, ollan cara á casa, onde A... se encontra detrás da fiestra aberta".(Fragmento d’ Os celos, de Robbe-Grillet)

NOUVEAU ROMAN (Robbe-Grillet, Nathalie Sarraute, Michel Butor...),

Page 52: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Non hai linealidade cronolóxica.

Rupturas temporais (analepses e prolepses).

“Creo que ningún individuo posúe a verdade. A realidade céganos. Ollámola, mais unicamente vemos unha das súas fases. Outra persoa mira esa mesma realidade e ve outra fase distinta. Mais, tomada no seu conxunto, a verdade é o que eles viron, aínda que ninguén, individualmente, vira a verdade intacta.”

Page 53: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Técnicas procedentes da linguaxe cinematográfica.

“O troupeleo espaciouse, amorteceuse; os topes bateron con estrépito ao longo do tren. O home, soltando as barras, deixouse caer. Todo anquilosado, non podía moverse. Reinaba unha escuridade impenetrábel. Moi devagar, sa-íu arrastrándose, púxose de xeonllos, logo de pé, apoiouse, arfando, contra o furgón. O seu corpo non era o seu corpo; os músculos semellaban estelas, os seus ósos, bielas retortas. A luz dunha lanterna queimoulle os ollos.”

(Fragmento de Manhattan transfer)

Page 54: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Tempo lento (narración demorada, análise de sensacións e evocacións de lembranzas).

Page 55: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

RECURSOS TEMÁTICOS

Page 56: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 57: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 58: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Fase de formación (1954-1961): predominio da temática existencialista, influxo de Kafka e afán experimentalista. Memoria de Tains/Percival

Fase de auxe (1964-1968): experimentación formal e influencia obxectalista. O crepúsculo e as formigas/ Cambio en tres

Fase de liquidación (a partir de 1968): Abandono do afán experimentalista e temática política. Adiós, María/ Retorno a Tagen Ata.

Page 59: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 60: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

GONZALO RODRÍGUEZ MOURULLO

Nasce Unha árbore Nasce Unha árbore (1954)(1954)Memorias de Tains Memorias de Tains (1956)(1956)

Prematuramente retirado do cultivo da literatura, publica na súa xuventude dous libros de relatos de grande transcendencia para este movemento

Nasce unha árbore marca o inicio da NNG. Consta de tres relatos que se enmarcan nun ambiente de irrealidade, simbolismo, subxectivismo, con mestura da fantasía e o pluralidade de voces narrativas

Memorias de Tains está composto por oito cartas que conteñen historias entrelazadas, radicadas nunha cidade imaxinaria xa desaparecida, que presentan unha atmosfera de angustia, próxima ao pesadelo

Page 61: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

C. GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR)

Lonxe de nós e dentro Lonxe de nós e dentro (1961)(1961)Como calquera outro día Como calquera outro día (1962)(1962)Cara a Times square Cara a Times square (1980)(1980)

Logo dun primeiro libro de relatos, publica algunhas das novelas máis representativas do grupo: técnica obxectalista, temática sobre a violencia e o absurdo humano, ambientacións afastadas da realidade galega (Madrid, Nova York)...

Despois de Cara a Times Square, considerada o remate da NNG, publicará aínda varias novelas, xa afastadas dos presupostos deste movemento.

Page 62: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Anselmo, desde Madrid, lembra momentos do seu pasado.“Eu, pola miña parte, na miña estada en New York, case non deixaba pasar nin un só día sen coller un autobús para o Village. Unha vez alí, todo canto necesitaba para pasar unha tarde interesante era deambular polas rúas, descansando de vez en cando nun café calquera. [...]Outro dos meus praceres baratos consistía en sentarme en Washington Square. Non deixaba de ser un descanso no medio de todo o rebumbio de Manhattan.” (Fragmento de Cara a Times Square)

Page 63: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

A orella no buraco A orella no buraco (1965)(1965)Amantia Amantia (1984)(1984)A semellanza A semellanza (1988)(1988)

É autora dunha narrativa plural, onde toca as temáticas feminista (o seu compromiso coa causa feminista é esencial na súa vida e na súa obra), histórica e infantil

A súa primeira novela, A orella no buraco, enmárcase de cheo na estética da NNG. Narra a biografía dun emigrante fracasado, desde a atemporalidade e a partir de sucesivos monólogos. Nótase unha grande influencia do nouveau roman na descrición obxectalista.

Page 64: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Mª XOSE QUEIZÁN

Page 65: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

“A superficie está lañada xustamente por onde falta a pintura. Anterior-mente fora verde, agora era moura, denegrida, marrón, arrubiscada. As estelas eran máis claras. O respaldo continuaba sendo verde e contras-taba co negro enferruxado das patas de ferro. [...]

Esperto con dor. Teño unha orella metida nun dos buracos máis grandes. As miñas mans penden de ambas as bandas da táboa lañada, engadíndolle dúas patas ao banco, dúas patas curvadas e redondas cunha base sobre-saíndo contra fóra coma un sillón estilo Luís XVI. [...]

Poden ocorrer dúas cousas: 1ª. Que a miña orella quente a man. 2ª. Que a man arrefríe a orella” (Fragmento d’ A orella no buraco)

Page 66: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Adiós, María Integración na

cidade dunha familia que provén do rural.

Narradora: a adolescente, filla dos pais emigrados.

Técnica innovadora: monólogo interior, tempo subxectivo.

Page 67: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

. É unha das grandes voces da narrativa galega contemporánea, ademais de posuír unha importante obra poética.As súas tres primeiras obras encádranse claramente dentro das características da NNG: personaxes problemáticos (violentos, incomunicados, con diversas patoloxías...), espazos urbanos, estilo menos elaborado... A partir de Retorno a Tagen Ata (1971), o experimentalismo vaise reducindo, ao tempo que a realidade social e política galega vai cobrando máis peso.

Page 68: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Constante relación entre realidade e fantasía. Reconstrución e interpretación dun pasado mítico que

remite á cultura celta ou á materia artúrica. Profusión de topónimos e antropónimos de aparencia

céltica, oriental ou nórdica: Ulm, Nmógadah, Hannak Oberzen, Roan, Grieih...

Creación de espazos literarios propios cargados de simbolismo: Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga...

Grande presenza de intertextualidade: personaxes, espazos, situacións, que se van repetindo en obras diferentes e incorporación de elementos literarios doutros autores.

Page 69: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 70: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 71: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Percival e outras historias (1958) O crepúsculo e as formigas (1961) Arrabaldo do norte (1964) Retorno a Tagen Ata (1971) Elipsis e outras sombras (1974) Antón e os inocentes (1976) Crónica de nós (1980) Amor de Artur (1982) Arnoia, Arnoia (1987) Bretaña, Esmeraldina (1987) Arraianos (1991) No ventre do silencio (1999)

Page 72: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

“Decidira aforcarme, pero acordei. Tomei barbitúricos e dormín toda a noite. O meu pai diuse de conta que desistira e diume pitos e máis unha grande aperta. Eu sentinme feliz e cheo de emoción. Pero dinme de conta a tempo. Dinme de conta da baixeza inmensa do meu pai.[...] Eu –daquela- pechaba os ollos e logo percuraba, na face pura dela, o calco inmundo daqueles labres finos. Supoño que morreu da navallada. Pero eu non lle din polo gusto. Non me suicidei.

Agora xa non teño vontade de seguir escribindo no diario, aínda que o doutor anímame moito.”

(Fragmento d’ O crepúsculo e as formigas)

Page 73: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Ademais da súa importantísima obra narrativa (con interesantes achegas á literatura infantil: A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas), dedicouse á política, ao xornalismo e ao ensaio literario.

Page 74: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Etapa de renovación formalEtapa de renovación formal, ligada á nova estética da NNG: abrangue Vento ferido, Cambio en tres e Xoguetes pra un tempo prohibido: realidade desacougante e opresiva, monólogo interior, obxectivismo, emprego da 2ª persoa...

Etapa de madurezEtapa de madurez, a partir d’ Os escuros soños de Clío (1979): novelas máis realistas, centradas en sucesos ou situacións históricas de distintos períodos do século XX, sen renunciar totalmente ao elemento fantástico.

Presenza de elementos autobiográficos, durante a primeira etapa.

Ambientes predominantemente urbanos. Constante aparición do Mal, orixinado pola mentira, a

calumnia, o engano... como motor dos conflitos sociais. Gusto polo humor, a ironía, a parodia.

Page 75: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
Page 76: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Trazos comúns: renovación formal (monólogo interior, ruptura temporal…), Galicia do franquismo, elementos autobiográficos.

“Se se cabrea, que se cabree. A min que. Aguanto e adeus. Vaime matar ou que. Se se cabrea, hala, a beber, a beber e a cantar, ou que. Xa sei o conto. Nada de berros nin barrullos. Coñezo ben o choio. Nin sequera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai, meu Deus, ai, meus filliños, ela ben sabe. Se se cabrea, que se cabree. Ás doce e media non me meto eu na casa. Non me meto non, ou que. Vou estar de oito a oito dando clases e logo nada, non, home, non. Veña, que se cabree. Ai, meus filliños, ai, ai, que estou canso. Porque un home pódese cansar e despois, boh, é mellor calar porque me estou cansando de ter alí, no primeiro banco, ao fillo do Chevrolet, con cara de touciño, porque me estou cansando e un día ponse de xeonllos sen máis porque me dá a gana, porque estou canso de ver a cara de parvo que ten, que parece un apalominado, me cago nel, qué burro, ai, qué burro, que lle vou dicir ou Chevrolet que o poña a cavar ou que o meta nun comercio, que o raparigo non serve, que é tatexo e non me sabe dividir por decimais, cara de touciño, cara de non sei qué que ten o porco ese.”

(Fragmento de Vento ferido)

Page 77: A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG

Vento ferido (1967) Cambio en tres (1969) Xoguetes pra un tempo prohibido (1975) Os escuros soños de Clío (1979) Ilustrísima (1980) Os mortos daquel verán (1987) Deus sentado nun sillón azul (1996) O sol do verán (2002)