20
Este caderno pertence a: Do colexio:

Boletín Turonia 2015

Embed Size (px)

Citation preview

Este caderno pertence a: Do colexio:

2

Mediante esta escala tentaremos definir a intensidade do vento en determi-nados puntos do camiño. Para iso teremos que observar a natureza segundo estes criterios:

GRAO EFECTO PROVOCADO POLO VENTO

0 Non se precibe ningún movemento. O fume ascende verticalmente.

1 O fume inclínase na dirección do vento. O cataventos non se move

2 O vento nótase na cara, óese o rumor das follas, os cataventos indican a dirección do vento

3 Move as follas. As bandeiras ondean

4 Levanta polvo e papeis soltos, move as pólas pequenas das árbores

5 Inclina as árbores pequenas, forma ondas na auga.

6 Move pólas máis gordas, sería difícil usar un paraugas

7 Move árbores enteiras. É difícil mesmo andar.

8 Rompe as pólas das árbores. Non se pode andar.

ESCALA DOS VENTOS DE BEAUFORT

9 Danos nas casas.

DIRECCIÓN DO VENTO Cando falamos da direcciónón do vento, estamos a falar do punto cardi-nal de onde procede. Precisamos percibir a procedencia do vento me-diante a observación dos elementos citados na escala anterior. Pero se a intensidade é 1, podemos utilizar o noso dedo índice como antena, humedecéndoo primeiro: co dedo mollado notaremos máis fácilmente por que lado nos está dando o vento Punto de control

Lugar Hora Temperatura Intensidade do vento

Dirección do vento

1

2

3

4

3

Os mapas topográficos son moi útiles para coñecer o lugar no que estamos e guiarnos por camiños e lugares.

Os mapas representan, a escala, a superficie dun terreo, coa deno-minación dos lugares, a identifica-ción de camiños, ríos e accidentes xeográficos, e a altitude con rela-ción ao nivel do mar. Coa axuda dos efectos de sombras no mapa

podemos apreciar visualmente o relevo do lugar, tal como se ve neste mapa ou nos que tedes a cor.

Pero para coñecer con máis exactitude a altitude de cada punto, empréganse as curvas de nivel, que son esas liñas que percorren de forma concéntrica os diferentes lugares do noso mapa, e representan que en cada punto dunha liña concreta hai sempre a mesma altitude, é dicir, a mesma diferencia de altura con relación ao nivel do mar. Algun-has destas curvas de nivel son máis grosas: son as curvas mestras, que traen indicación numérica da altitude. Nós imos percorrer nesta ocasión unha ruta polo val de Tomiño, sen acadar en ningún momento altitudes importantes.

Durante as xornadas terás que facer algunhas prácticas cos mapas. Presta atención ás explicacións que recibas para poder entender o uso e realizar ben os exercicios. Manexando os mapas, poderás saber moi-to máis do lugar no que estás.

Lembra: as curvas de nivel indican unha altitude. Cada curva sube ou baixa 10 metros con relación á seguinte. As curvas representadas con trazo máis groso, indican altitudes múltiplo de 50 (ex: 50, 100, 150,…)

A altitude 0 é a que temos ao nivel do mar. No río Miño estamos próxi-mos a esa altitude.

As cotas, ou puntos altos dos montes, son identificadas tamén cun número, que marca a súa altitude.

4

Galicia, como todo o ámbito mediterráneo, viviu un período de dominio dos romanos. Aquí comezou no século II a C. e rematou no século V dC., co dominio dos suevos. Lugo foi unha das cidades máis importantes dunha Galicia que incluía tamén o que hoxe é Asturias, e o norte de Portugal ata o río Douro, así como a zona occidental de León e Zamora.

Durante este período de dominación realizáronse infinidade de obras civis, como calzadas, pontes, cidades, tea-tros, etc, que aportaron progreso, unha lingua unificada (o latín), e unha rede de vías de comunicación que ar-ticularon todo o territorio. Algunhas das edificacións máis destacadas que se conservan en Galicia foron a torre de Hércules e a muralla de Lugo, ci-dade esta última fundada polos roma-nos. Roma tiña moito interés no Noroeste peninsular, xa que aquí había moito

ouro para extraer e financiar con el ao imperio. Así realizáronse gran-des explotacións mineiras como as Médulas en León, para o que apor-taron unhas técnicas extractivas innovadoras, nas que utilizaban a for-za da auga para desfacer a montaña.

5

A arqueoloxía é unha ciencia, que estuda as socieda-des do pasado (dende a prehistoria ata a actualida-de) a través dos seus restos materiais que son recu-perados co método arqueolóxico

Grazas a esta ciencia podemos, a través de restos físi-cos normalmente soterrados, extraer moita informa-ción sobre as xentes e civilizacións xa desaparecidas. A isto adícanse os arqueólogos, persoas dotadas dunha formación moi específicas, capacidade de tra-ballo en equipo, material de traballo moi sofisticado, e sobre todo, unha dose de paciencia enorme!

O traballo do ar-queólogo ten moito que ver co dun in-vestigador policial. A través de peque-nos indicios, e utili-zando a inducción e a deducción, pode coñecer informa-ción moi valiosa.

6

As “villas” romanas eran edificacións de señores importantes, poderosos, construídas nunha zona rural, no medio das súas posesións. Eran, en definitiva, as casas dos grandes propietarios terratenentes. Coa romanización a construción de vivendas e edificacións experimentou un cambio radical, novas for-mas construtivas, máis complexas, con diferentes habitacións dentro das vivendas, con máis elementos de decoración (fronte o que coñecemos nos castros galegos).

Nunha "villa" romana existen espazos diferenciados, con áreas distintas segundo as funcións propias des-tas casas de campo: habitacións, cociña, almacéns,... Un dos elementos que máis chama a atención é a presenza nestas construcións dun sistema de calefac-ción empregado para aquecer as estancias ou os espazos de baño: o hipocausto. O piso da vivenda está elevado e polo espacio inferior circula o aire quente dun fogar, subindo polos ladrillos en forma de chimenea dos muros.

Esta é unha recrea-ción cos datos obti-dos da escavación parcial, do que poi-dera ser a “villa” de Currás. Ata que se faga a escavación completa non po-deremos coñecer con máis precisión a natureza destes restos, e ben poi-dera ser outra imaxe.

No lugar de Medos, en Currás, hai un xacemento arqueolóxico que identifica unha “villa” romana, así como unha necrópole (cemiterio) de época posterior, tardorromana e altomedieval. Actualmente estas instalación están enterradas, para preservalas así mentras se agarda a súa recu-peración para valorizar. No ano 2013 realizáronse uns traballos de escava-ción por parte dun equipo da Universidade de Vigo, que os levou a coñecer o estado das estruturas e materiais aquí enterrados, e poder obter datos abun-dantes para saber máis do tipo de edificación que había neste lugar.

7

Nos primeiros anos do século XX pro-duciuse un fenómeno de emigración masiva de galegos a América.

Isto estaba provocado pola falta de posibilidades de des-envolverse aquí que pa-decía a poboación, e en maior grao os das zonas rurais como Tomiño.

A mellora das condicións de vida nesta nova terra fixo que os galegos na emigración se uniran e crearan en moitos casos sociedades para mellorar a calidade de vida e buscar un futuro aos nenos e nenas de aquí. Deste xeito se crearon nesa época as seguintes escolas en Tomiño: Aurora del Porvenir na pa-rroquia de Tomiño. – Unión del Porvenir no

límite entre Piñeiro e Taborda. – Dúas co nome de Protectora de Barrantes, das cales só se conserva unha no barrio de Cristelos. – Fundación Peirópolis en Estás. – E a Unión Hispanoame-

ricana Goianesa, na parroquia que leva o seu nome.

8

Escola promovida en 1918 por unha sociedade de emigrantes tomiñe-ses establecidos en Nova York. A “Unión del Porvenir para Instruc-ción, Protección y Recreo”, tiña como misión a de promover a forma-ción dos escolares con plantexamentos progresistas e liberais, asi-mesmo tamén promover actividades lúdicas e recreativas para as fa-milias dos asociados. Como a maioría destas sociedades, o proxecto educativo iniciouse nun local provisional ata a inauguración do edificio en 1933. Este edificio contaba con dúas aulas na planta baixa e unha zona na planta alta para biblioteca e salón de xuntanzas dos veciños.

Este modelo de crear escolas por sociedades de instrucción dende América significou poñer en funcionamento escolas máis modernas e eficaces que as que o estado tiña: de carácter lai-co, intuitivo, experimental, con espazos exteriores para xogo, deportes e tamén para prácticas agrarias, con material pe-

dagóxico abundante, e profesora-do moi capacitado. Era imitar un modelo recollido nos países de acollida, como conse-cuencia do desexo destes emi-grantes de acadar na súa terra de orixe un nivel de progreso social similar ao que alí coñecían.

9

(1) Xosé M. Malheiro Gutiérrez: “Tralos pasos de Decroly…”

Antón Alonso Ríos

Unha alumna desta escola, no ano 1935, dicía: “Temos unha escola grande e bonita, máis bonita que tódal-as outras, onde se xoga a reo, onde Mestres que non baten e xogan con nós coma se foran nosos irmáns aprén-dennos a facer un fato de cousas, algunas bonitas coma o dibuxo e as labores, e ou-tras raras, coma o análisis e os angos, mais que todas chaman o sentido” (1) Aurora del Porvenir materializaba un interesante proxecto educativo e solidario pen-sando nos rapaces de Tomiño. Os seus promotores tiñan esperenza no futuro; pensa-ron nunha nova escola, un espacio para a cultura onde formar aos rapaces e rapazas do rural para un tempo novo, capaz de desterrar definitivamente a desigualdade e a falta de oportunidades. (1) Esta escola segue a funcionar como tal. Hai quince anos tentouse pechar, pero os ve-cinos fixeron un peche e conseguiron rehabilitala. Actualmente hai un litixio pola súa propiedade entre o Centro Tomiñés e a Comunidade de Montes, que reclama a propiedade pública desta institución.

"A escola "Aurora del Porvenir" inaugurouse no ano 1931 grazas ao financiamento da Sociedade de Emigrantes de Rio de Janeiro (Brasil), de Bos Aires (Arxentina) e Caracas (Venezuela) así co-mo a delegación de Lisboa (Portugal). A Aurora viu a tinguir de cor un traballo que durante anos e anos diferentes comunidades de emigrantes alén do mar contruíron coas súa doazóns.

Esta escola ademáis foi un elemento fundamental no movemento sociopolítico máis importante de Galicia no primeiro terzo do S.XX: o agrarismo. Este papel destacado venlle da man de Antón Alonso Ríos que foi director da Aurora cinco anos e dende onde organizou a súa laboura política e pedagóxica. As innovacións en educación sobre a que escribira tratados alá na Arxentina, antes de voltar a Galicia, e a vocación política de Alonso Ríos encarnaron o espíritu desta escola que a pesares de sufrir unha cruenta guerra civil, sobreviviu das mans dos descendentes dos que un día forman alumnos e alumnas e que aínda hoxe seguen reinvindicando a Aurora del Porvenir como patrimonio do pobo de Tomiño."

10

1643 Vista portuguesa de Salvaterra · Fortificación de Salvaterra. · Destrución de San Paulo. · Morte de Viola d`Anthis. · Construción do paso de barcas. 1644 Primeiro ataque a Goián · Construción do primeiro fortín de San Lourenzo, por orde de Henrique IV (construíuno o capitán xeneral de Galicia, marqués de Tavara). · Finalización de Santiago

de Aytona e A Estrela en 1646, para controlar Salvaterra. Ocupación española de Melgaço · Reforzo de Tui (Fillaboa, etc.). · Construción de San Luíz Gonzaga (1657). 1658 Ocupación da Pela e Monção (1659) polo marqués de Viana · Reforzo de Caminha e construción da Granda en 1664, para defender Valença.

Ocupación portuguesa de Goián (1664) e da Guarda (1665) · Escaramuzas cruzadas en San Luíz Gonzaga e Nosa Señora da Concepción. · Fortificación de Medos e de Amorín. · Morte de Filipe IV (1665). Tratado de paz (1668) e reforzo das fortificacións (1672) · María Ana de Austria e o príncipe Pedro de Portugal (10 marzo de 1668).

11

Mandouno construir a Raíña Dona Mariana de Austria no ano 1668, pero comezouse a construir en 1671, rematándose dous anos despois.

Na súa entrada podemos ler: FABRICOSE ESTE FUERTE REINANDO CAR-LOS SEGUNDO REY DE LAS ESPAÑAS Y LA REINA GOBERNADORA SU MADRE DOÑA MARIANA DE AUSTRIA SIENDO GOBERNA-DOR Y CAPITAN GENERAL DESTE REINO EL EXMº SEÑOR ARZOBISPO DE SANTIAGO DON ANDRES GIRON ASISTIENDO ESTA FABRICA EL ILMº SEÑOR JUAN DE CASTILLO Mº DE Cº GENERAL DEL CONCEJO DE Gª DE SU MGD AÑO 1673

A distribución interna dos espazos era a seguinte: A. Baluarte de S. Juan B. Baluarte de S. Diego C. Baluarte de Santiago D. Baluarte de S. Lo-

renzo E. Capela F. Polvorín G. Almacéns H. Cuarteis I. J. Casa do Gobernador K. Pozo L. Taberna

12

Esta é unha flor moi característica nos nosos camiños, que a poderemos ver así durante a nosa actividade. O croque ou troque, ou es-tralo, que recibe moitos nomes, é unha flor arracimada en forma de dedal (digitalis en latín). Esta planta aporta unha substancia, a dixitali-na, que é empregada na mediciña como regu-lador do ritmo cardíaco. A dixitalina é unha toxina que evita que os de-predadores coman esta planta, poñendo en risco a vida dos mesmos. Non debedes mani-pulala, se non queredes arriscarvos a un en-velenamento… ou a unha picadura de abella! Terás que indicar nun mapa algún lugar

no que atopaches esta planta.

Xénero: Digitalis Especie: Digitalis purpurea Nome común Dedaleira

Ciclo de vida -Bianual ou perenne.

Usos-Desta especie obtense o composto dixitalina (Gleason e Cronquist, 1991), importante

no tratamento de insuficiencia cardíaca.

Impacto sobre a saude humana-É moi venenosa. Os síntomas que se presentan son entre outros: visión amarela e de perfiles desdibujados e bradicardias (descenso da frecuencia cardíaca) Nativas de Europa. Nome- Infórmanos dunha característica física da planta. O nome Digitalis provén da pala-bra latina digitus que significa dedo. E purpúrea significa lila ou púrpura. Polo tanto o seu Nome fai referencia a súa forma e a súa cor.

O órgano da planta empregado polas súas virtudes medicinais son as follas; pero tanto as follas como as flores teñen unha poderosa toxina, que se chama dixitalina e que afecta ao funcionamento cardíaco.

13

Na antiga Grecia do século V A.C.

utilizábase esta planta como vele-

no mortal ( non andaban con bro-

mas neses tempos ) .

O filósofo Sócrates, por circuns-

tancias da vida, foi condeado a

morte, e o tribunal que o xulgou

permitiulle escoller o método.

Elixiu beber un preparado desta

herba.

Non se vos ocorra comela!!!

É unha planta robusta de máis de 1m de altura.

As follas son grandes, divididas e co faz brilante. As flores son blancas e pequenas dispostas en umbelas

terminales de 10 a 40 radios. O nabo do diablo ten un olor moi intenso. Toda a planta pero sobre todo a raíz e rica nunha toxi-

na ( enantetoxina). Os efectos da súa ingestión producen diarreas, nauseas

vómitos, sudor frío, convulsión e incluso a morte.

Os animais domésticos que as inxiren poden morrer de repente.

Florece a finais da primavera e no verán. Tamén se lle chama en castelán: cicuta

14

Especie orixinaria de América. Pode alcanzar ata tres metros de altura. Forma racimos de pequenas flores blancas ou purpurinas que cando son fecundadas se transforman en froitos car-nosos de cor case negro e forman un racimo colgante Florece en verán e outono. Todas as partes da planta son tóxicas e hai estudios que dicen que as follas son velenosas. Cando se inxiren por vía oral, todas as partes da planta podrían causar vómi-tos, náuseas, calambres, dolor abdominal, diarrea, difi-cultades para respirar, taquicardias, convulsións, somno-lencia ou norte. A raíz é rica en saponinas e pode usarse como sustituto do xabón. Cortando a raíz en pedazos pequenos e cocida lentamente en auga quente obtense xabrón.

Esta planta é frecuente nos nosos

montes. Seguro que a coñeces.

Pero a súa orixe está en América, e

foi traída a Europa logo da coloni-

zación.

Abundante nas praderas de Améri-

ca do Norte, utsábana os indios pa-

ra decorar as súas cabalgaduras de

cor vermello, semellando o sangue.

15

Esta é a águia máis común que pode-

mos ver nos no-sos ceos. Un ave rapaz de mediano tamaño,

coas ás relativa-mente lon- gas e largas, e unha cola cur- ta e redondeada. A l i m é n t a s e principalmente de ratos, por iso en castelán c h á m a n l l e “águila ratone-ra”. É un importante aliado dos agricultores, xa que a súa dieta, principalmente de ratos de campo, fai controlar a proliferación dos roedores, que tantos danos causan nas colleitas. Mesmo na Ucraína, os campesinos puñan postes no medio das súas plantacións para que as águias tiveran un lugar no que pousarse agar-dando a aparición dalgún rato. Actualmente están a cambiar de hábitos alimen-ticios, e podemos velas nos postes de tendidos eléctricos que están paralelos ás estradas, agar-dando a oportunidade dalgún animal atropelado para non ter que esforzarse en cazar. No caso de localizar algunha, deberás indicar o lugar do

mapa no que a viches

16

O teixugo é un animal carnívo-ro de tamaño medio, que po-de chegar a pe-sar uns 15 kg. A súa cabeza é triangular e alar-gada. O seu corpo mide

aproximadamente 90 cm dos cales 15 cm correspon-den á cola. De patas moi curtas e for-tes, e fuciño grande, móbil e musculo-so, para poder escavar e fozar as súas toubas. A súa pelaxe é forte e longa e de cor blanco e negro. A súa pelaxe sufre unha caída anual. Ten o olfato e o oído moi desenvolvido, mentres que a vista está máis limitada. É un animal de hábitos nocturnos, comezando a saír no serán. É moi raro observalo a plena luz do día. Pode gabear, aínda que non está moi adaptado para iso, pero nada ben. Pode correr con certa rapidez e se

se ve en situación de perigo, emite ouveos. É moi xoguetón cos seus iguais, tanto de crías como de adultos e participa no aseo corporal dos seus compa-ñeiros.

17

As piraguas, ou en xeral as pequenas embarcacións de remos sen cuberta, teñen tes-temuñas da súa existencia dende hai moito tempo, e en diversas civilizacións. A primei-ra manifestación recollida, datada hai 6000 anos, é unha canoa con remo de prata na tumba dun rei sumerio en Ur, navegando polo río Eufrates. Os exipcios utilizaban unhas canoas de xuncos atados con cordas, para navegar polo Nilo. Cando Cristóbal Colón chegou ás costas continentais de América, foi recibido polos indíxenas en pequenas canoas de maderia feitas dunha soa peza.

Pero de todas elas, a máis famosa é a que utilizaban os indios das rexións orientais de Canadá, coa súa forma característica. Estas xentes conseguiron elaborar unha embar-cación moi fiable para navegar polos seus ríos, cunha estructura de Madeira ou de osos,

recuberta por codia de bidueiro ou por peles de animais. Aínda hoxe a un tipo de embarcación se lle chama “canoa canadiense”. Hoxe, a actual tecnoloxía nos permite elaborar unhas embarcacíóns moi ríxidas, lixeiras e duradeiras. Imos navegar pois, sabendo que detrás das embarcacións que disfrutamos hai toda unha historia de evolución e progre-

so, pero que en esencia segue a ser o mesmo bote de re-mos que utilizaban aqueles indíxenas

americanos.

18

1 Especie orixinaria de Europa V F

2 A raíz é rica en saponinas e pode usarse como sustituto do xabón.

V F

3 Forma racimos de flores amarelas. V F

4 Todas as partes da planta son tóxicas. V F

5 Se se inxiren por vía oral poden causar vómi-tos, diarreas, taquicardias,...

V F

6 Pode alcanzar ata dez metros de altura. V F

TINTOREIRA- (Phytolacca americana)

1 Eran escolas creadas por sociedades de instrucción de emigrados a América

V F

2 En Tomiño hai máis de tres V F

3 Os alumnos traballaban con ordenadores, xa que eran escolas con metodoloxías modernas

V F

4 Abdón Alonso Alonso foi un benefactor que creou a escola en Estás

V F

5 A Unión del Porvenir foi construída por emigrantes galegos de Nova York

V F

6 Antón Alonso Ríos foi director da Escola Aurora del Porvenir

V F

As escolas indianas

1 Os mapas a escala representan as distancias propor-cionalmente

V F

2 As curvas de nivel serven para coñecer o nivel de coñecemento do alumnado

V F

3 As cotas son indicacións de altitude que hai nun pun-to con relación ao nivel do mar

V F

4 Cun mapa e un compás podemos coñecer a distancia e traxectoria para ir do lugar no que estamos a outro lugar coñecido

V F

5 Curvas de nivel moi xuntas indican que o terreo é moi en costa

V F

Os mapas topográficos

19

Escribe aquí a túa valoración sobre turonia.

20

Agradecementos: Ao Concello de Tomiño As Comunidades de Montes de Sobrada, Piñeiro, Currás, Amorín, Tebra, Vilameán, Goián, Figueiró, Estás, Tomiño, Barrantes e Pinzás. A Natalia Fernández Jorge, Xosé M. Malheiro e Silvia González. As ANPAs dos cinco colexios, Protección Civil de Tomiño, os Teixugos, Mario, e a to-das as persoas que contribuiron a facer realidade a 15 edición de Turonia.