Upload
endl-cep-sequelo-marin
View
1.109
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
RELATO:
En Lugo, hai moito tempo cando os animais falaban, encantáballes escoitarse uns
aos outros. Un bo día o bufo, pensando que coma el non cantaba ninguén, decidiu facer
un concurso , coidando que gañaría sen dificultade. Colocou carteis ao longo de toda a
muralla onde poñía:
“Se che gusta cantar, ven a Voz Animal”
“Convértete na voz da Muralla”
O xurado estaba formado polo león, porque era o rei dos animais, polo raposo,
pola súa intelixencia, e polo galo, que levaba toda unha vida cantando.
“Lugar, hora e día: muralla de Lugo , ás 13:30 do día 21 de Marzo”
Cando chegou o día, a muralla estaba chea de animais; moitos só foran pescudar.
Comezou o concurso e o presentador que era o bufo sacou do seu peto a lista cos animais
que participaban:
A AGUIA!!
O OSO!!
O CAN!!
O LOBO!!.
O CUCO!!
O BUFO!!í
De primeiro saíu o bufo, cantou BU, BU e fíxose de noite, logo saíu a aguia que
soltou un chío tan agudo que rompeu todos os cristais , terceiro foi un can, ladrou, viu un
gato entre o público e saíu correndo tras del, logo o lobo, que ouveou moiiiii alto e
deixounos a todos arrepiados, de quinto o oso, que ruxiu moi forte, tanto que case deixa
xorda á toda a fauna espectadora e por último o cuco, que voando, pousouse na muralla e
empezou a cantar. Co seu CU-CU abriron as flores que levaban moito tempo durmidas,
o sol brillou máis forte, e os outros paxaros non puideron facer outra cousa que cantar
tamén
O xurado non tivo dúbidas de quen tiña que ser o gañador. E dese xeito, dende
aquela, cada 21 de Marzo oirás, en Lugo, se te achegas á muralla, cantar ao cuco.