28
CEIP “BERGANTIÑOS” “CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ” Un paseo pola historia CURSO 2009-2010

Casas De Aqui E De Acolá

Embed Size (px)

Citation preview

CEIP “BERGANTIÑOS”

“CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ”

Un paseo pola historia

CURSO 2009-2010

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

2

ÍNDICE 1.- Do Paleolítico ao Neolítico: Das covas ás chozas 2.- A cultura castrexa 3.- O Imperio Romano: As villae 4.- Da Idade Media ata o século XX 5.- Século XX 6.- E de agora en diante? Cara ás vivendas sostibles

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

3

DO PALEOLÍTICO AO NEOLÍTICO: DAS COVAS ÁS CHOZAS

Hábitat: vivendas e poboados non permanentes.

Tipoloxía: Cabana.

Materiais: Paramentos e cuberta vexetais.

Un único espazo.

Planta circular.

Galicia foi habitada por primeira vez no Paleolítico, na Idade de Pedra. Hai medio millón de anos, máis ou menos. Os primeiros habitantes é probable que viñeran de África. Segundo din os arqueólogos, unha das primeiras zonas polas que andaron foi Budiño, un lugar próximo ao río Miño, entre o que hoxe é O Porriño e Tui. Estes homes e mulleres foron evolucionando. Cada vez facían utensilios máis perfectos: machadas de pedra, raspadores para esfolar as pezas de caza, cestos de vimbio ou de nervios de animais. Como eran depredadores, ou sexa, non producían nada por si mesmos, senón que vivían do que lles daba a natureza, tiñan que se trasladar aos lugares onde había froitos e animais en abundancia. A súa era, pois, unha vida nómada : cando se esgotaba unha zona ían a outra e así sucesivamente.

Debido a isto, aqueles homes e mulleres da Prehistoria facían asentamentos lixeiros. Ás veces usaban as covas que atopaban polo camiño e outras construían unhas cabanas tipo “camping”, que facían con ramallos, paus ou pelexos de animais.

Os arqueólogos puxéronlle a estes primeiros miles de anos da Prehistoria o nome de Paleolítico, que significa “pedra antiga” porque os primeiros utensilios e armas que fabricaron eran de pedra. Normalmente estas pedras eran de sílex, un mineral duro, pero fácil de fracturar, que tallaban con outras pedras máis duras, a modo de martelo.

Os paleolíticos pintaban cabalos, cervos, bisontes e figuras humanas nas paredes das covas. Estas figuras facíanas no fondo da caverna, onde non chegaba a luz do día, polo que alumeaban a estancia con fachos. As pinturas facíanas cunha mestura de graxa, clara de ovo e sangue , o que lle daba ás imaxes unha cor ocre ennegrecida e algo roxa.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

4

Pero aquela xente seica non pintaba as covas para decoralas, senón para ter sorte na caza. Ademais de pinturas os primitivos esculpiron en pedra repoludas figuras de muller, que eran imaxes de culto á fertilidade, así como cabezas de animais en anacos de óso.....

Cando o home abandonou o sistema de vida ambulatorio, deixou de recoller os froitos da natureza para cultivalos, deixou de esperar aos animais e de ir perseguíndoos para cazalos, para crialos el mesmo, fíxose, en definitiva, sedentario, buscando os lugares nos que se instalaba, non xa porque tivesen refuxios naturais, senón porque ofrecesen as mellores condicións de vida segundo as necesidades.

O home empezou a construír, con sistemas elementais as súas propias vivendas, que eran máis ben chozas ou sinxelas cabanas, xa que non dispoñía de ferramentas nin do mínimo desenvolvemento tecnolóxico. Aínda así, cos materiais máis primarios coma o barro ou pólas e xuncos, construíu as súas primeiras chozas.

Os restos arqueolóxicos mostran que as primeiras casas eran circulares, pasando posteriormente a ser rectangulares, empregando sempre estes materiais e despois a pedra.

OUTRAS CONSTRUCIÓNS: Non se sabe aínda por que motivo, pero seguramente en relación coa observación dos astros chantaban pedras en círculo ou ben formando longas ringleiras. Os mortos enterrábanos todos xuntos, segundo o costume atlántico, debaixo dunha construción de pedra chamada dolmen. Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños A Coruña.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

5

Dolmen de Axeitos. Ribeira A Coruña Outra cousa, que seguramente tamén ten relación co mundo das estrelas, son os petroglifos. Son uns debuxos normalmente xeométricos que os homes e mulleres gravaban nos penedos. Coa axuda dun punzón duro gravaban na pedra cruces ou varios círculos, uns dentro dos outros, ou labirintos e ás veces tamén figuras de cervos en grea.

Petroglifo da pedra do cazador

Pedornes. Pontevedra

Petroglifo da pedra Escrita. Monte Burgueira. Oia. Pontevedra

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

6

A CULTURA CASTREXA

Vivenda castrexa Paredes de pedra e cuberta cónica de colmo. Instalacións: lar. Planta circular Adaptación á topografía. Outras construcións colectivas: alxibes, for- tificacións, curros para o gando. Castro de Baroña. Porto do Son. A Coruña Crese que a habitación en castros se inicia na Idade de Bronce e a maioría deles perduraron na época romana. Podemos considerar aproximadamente máis de 1000 anos de vida nos castros, dende o século VI a.C. (Castro de Borneiro) ata o século VI d. C.

Os castros son poboados fortificados. Presentan polo xeral unha planta oval ou circular. Son moi numerosos, calculándose uns 2000 ou 2500.

A tipoloxía da casa castrexa máis abundante presenta planta circular, se atopamos construcións cuadrangulares son xa da época romana.

A casa presenta unhas dimensións reducidas, (4-5 m. de diámetro).

É moi raro atopar divisións dentro da vivenda, xa que o máis habitual é que apareza unha soa estancia. O prototipo de casa castrexa posúe un só piso de pouca altura, 1 ou 2 metros. Non presenta practicamente ventás, polo que a ventilación realizaríase a través da porta.

Na gran maioría das habitacións castrexas acendíase lume directamente no chan, poñendo pedras o redor para evitar a dispersión de brasas e para manter os pucheiros.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

7

Noutros castros había lugares especiais para o lume, os fogares. A súa tipoloxía é variada, pero non parece haber evolucionado. Moitas veces sitúanse no centro das habitacións, aínda que non e raro velos tamén xunto á parede ou incluso fora da vivenda.

O pavimento máis cotiá e simple: a base de terra pisada. As paredes facíanse de mampostería, unindo pedras con barro, e a cuberta era vexetal, de colmo, suxeita dende o centro por un poste de madeira.

Pode haber fornos para facer pan, fundición de metal ou de cerámica. Na

organización de calquera poboado é moi importante o abastecemento de auga. Nalgúns castros aproveitarían os ríos ou regatos , pero noutros recorreríase xa a fontes emprazadas no interior das murallas.

TIPOS DE CASTROS Segundo a súa localización podían ser

• Castros de interior, os máis frecuentes, localizados en outeiros e contan con unha ou varias murallas. Ex. Castro de Borneiro

• Castros de montaña, están situados en zonas de montañas altas, teñen forma oval, datan xa da época romana e están vencellados a explotacións mineiras. Ex Vilar, no Caurel

• Castros costeiros, son de planta variada e adáptanse ao terreo. Ex. Castro de Baroña, en Porto do Son . A Coruña

ECONOMIA e ARTE CASTREXA

A economía castrexa tiña unha base agrícola e gandeira, aínda que practicaban tamén a caza e actividades pesqueiras (coma o marisqueo). A agricultura era cerealista (millo e trigo), con plantas leguminosas (fabas e chícharos). Para elo dispoñían de útiles de labranza coma sachas e fouciños. Ademais do gando doméstico (ovellas, cabras, porcos e cabalos), seguen aproveitándose dos froitos da caza (sobre todo do cervo e o xabarín). Nos castros costeiros documéntase a presenza de moluscos e crustáceos (ameixas, ostras, lapas, percebes, ...) e a pesca mariña.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

8

A súa minería foi coñecida e gabada por autores gregos e romanos. Destaca a explotación do estano, ferro e chumbo e, sobre todo elo, de metais preciosos, coma o ouro. Os castrexos desenvolveron unha importante metalurxia e ourivesaría (torques, arracadas, brazaletes ou diademas).

A pedra non a utilizaron só para construír, senón tamén para a realización de

moitos obxectos de uso cotián: muíños, bebedoiros, moldes para fundición, etc.

Arracada Casco de Leiro Torques Puñal de antenas

En canto á cerámica, producíana en diferentes formas e tamaños, con variadas técnicas decorativas e diversos motivos . As decoracións, a base de triangulacións, SS concentrados, círculos concéntricos, etc, están feitas a base de incisións e estampacións. O metal máis traballado segue a ser o bronce, e tamén aparecen algúns restos de ferro.

Cerámica Trisqueles. Motivos decorativos

As PALLOZAS, aínda presentes en Galicia, Bierzo e Asturias seguramente teñan a súa orixe nas vivendas castrexas. Son de planta elíptica ou cuadrangular, na que se dispón a vivenda e o espazo para o gando de forma conxunta. Esta característica permitía aproveitar o calor que desprendían os animais e vencer así os rigores do inverno. O teito é de palla, con forma cónica a dúas augas.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

9

O IMPERIO ROMANO: As villae Casa de planta rectangular e varios habitáculos Muros de cantería ou mampostería. Cuberta a dúas augas. Tellas Outras construcións: templos, termas, faros, murallas. Infraestruturas de comunicación: calzadas, pontes, faros.

Os romanos chegaron a Galicia (Gallaecia) para facerse co ouro galego no século II antes de C.

Practicaron un modo peculiar de dominación dos territorios baseado na progresiva asimilación cultural ou romanización.

Fundáronse varias cidades como Lucus Augusti (Lugo), Iria Flavia (Padrón), Flavium Brigantium (A Coruña) ou Flavia Lambriaca (Betanzos). Empezou así un proceso de transformación do hábitat co progresivo abandono dos castros e a ocupación das terras baixas, nos que os asentamentos rurais típicos se denominan VILLAE.

Na súa orixe eran esencialmente casas de labor, ata converterse en auténticas unidades de explotación agraria. Hainas de tamaño reducido e outras coma pequenos pobos.

En xeral os materiais empregados na construción das villae son os propios do seu contorno. Os muros realizábanse con mampostería onde había pedra, ou ben de adobe (ladrillos de barro sen cocer).

En ambos casos cubríanse con estuco pintado (masa de xeso e mármore)ou ben simple reboce (capa de cal e area)

Empregábanse ladrillos para construír os arcos de portas e fiestras, e para levantar columnas.

Os tellados facíanse con vigas de madeira recubertas de tellas planas (tégulas) unidas por tellas curvas (imbrex).

O chan podía ser de terra batida nas zonas de traballo, de argamasa con mestura de fragmentos cerámicos ou de lousas de mármore ou mosaicos nas zonas máis ricas.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

10

Nunha sociedade rural como era a galega a villae era a vivenda máis habitual, transformándose algúns castros como o de Viladonga ou de San Cibrao de Lás, pero tamén había outro tipo de vivendas: As DOMUS e as INSULAE

As Domus eran casas unifamiliares, con todas as comodidades, e polo tanto reservadas só a uns poucos.

O corazón da casa era un patio interior aberto, arredor do que estaban os dormitorios. No centro había un estanque para recoller a auga da chuvia. Nalgunhas aparece un segundo patio, adornado por columnas. Algunhas paredes e chan estaban adornados por mosaicos.

As insulae orixínanse pola superpoboación das cidades. Eran edificios de ata cinco pisos, con balcóns e ventás ao exterior.

Eran casas estreitas, sen auga corrente, pouco confortables nin retrete, con pouca luz e mala calidade de materiais, polo que eran frecuentes os incendios e afundimentos.

A maioría eran de aluguer e nelas vivían as clases baixas urbanas.

OUTRAS CONSTRUCIÓNS E INFRAESTRUTURAS

As cidades romanas esixiron a construción de grandes obras para salvar ríos (PONTES), abastecer de auga potable a urbe (ACUEDUCTOS) ou facilitar viaxes entre cidades (CALZADAS).

Había unha importante infraestrutura viaria para comunicar as cidades, para os desprazamento de tropas e o transporte de mercancías. Ao longo destas vías había as mansio , estacións de descanso para as tropas, como Aquis Querquennis en Bande (Ourense)

Ponte Lubiáns (Carballo)

Aquis Querquennis

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

11

Calzada romana

Acueducto romano en Aldán

Tamén eran importantes as comunicacións marítimas, e construíron faros, como a Torre de Hércules, que despois foi reconstruída e presenta un aspecto un pouco distinto ao orixinal.

Nas cidades eran precisas certas construcións como as murallas, termas, teatros, etc.

Torre de Hércules. A Coruña

Muralla de Lugo

Termas. Esquema

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

12

DA IDADE MEDIA ATA O SÉCULO XXDA IDADE MEDIA ATA O SÉCULO XXDA IDADE MEDIA ATA O SÉCULO XXDA IDADE MEDIA ATA O SÉCULO XX

Pásase da casa térrea á casa de dúas plantas Materiais:muros de carga en mampostería, estrutura horizontal en madeira. Novas dependencias para os animais e almacéns de produtos do agro. Novas instalacións: Lareira e cheminea. Contorno da casa: horta e eira con hórreo, forno, muíño..... Planta rectangular. Outras arquitecturas: igrexas, mosteiros, pazos. Un pouco de historia

No século V as tribos bárbaras decidiron traspasar as fronteiras do Imperio Romano e atravesárono buscando terras, pois eran todos eles agricultores, pastores e cazadores e precisaban campo para desenvolver a súa vida. Sobre as ruínas do Imperio foron xurdindo varios reinos bárbaros. En Galicia estivo o Reino Suevo. Os cambios que se obraron na Idade Media foron tan importantes como duradeiros, até o punto de que é posible afirmar que o aspecto común que adoptou o territorio na etapa medieval non resultou moi diferente do que presentaba Galicia a mediados do século XX. No período do reino suevo xeneralizouse o cristianismo entre a poboación. Este feito trouxo consigo a aparición dunha nova institución que articularía a vida das pequenas comunidades campesiñas: a parroquia.

Santa Comba de Bande (Ourense) século VII

A orografía e o clima influíron dun xeito determinante na distribución das parroquias. A disposición e asentamento foi máis frecuente e denso nas bacías e vales fluviais, onde as terras son máis produtivas que nas serras, nas que as dificultades climáticas e de relevo son sempre maiores. O número de parroquias mantívose con escasas variacións dende a Idade Media ata a época actual, e a súa distribución no territorio foi moi semellante á da etapa castrexa. A parroquia estaba constituída por varias aldeas.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

13

A aldea é a célula básica de explotación do espazo agrario. O incremento poboacional que se deu a partir

do século XI promoveu a creación de novas entidades máis grandes. Foron as vilas novas.

Tamén foi importante no impulso colonizador de novas terras a presenza dos mosteiros.

Vila medieval

Apareceu o sepulcro do apóstolo Santiago en Compostela, o que abriu o Camiño de Santiago, a través de toda Europa e supuxo un renacer urbano, tanto en Compostela coma en pequenos burgos polos que pasaba o camiño, e que floreceron co comercio.

A xente vivía na súa mayor parte nas aldeas, traballando a terra e o artesanato.

Os cultivos máis comúns eran a cebada, o centeo e a avea. Destes cereais facían o pan. Tamén cultivaban chícharos, fabas, lentellas, vide e oliveiras.

Debido ao rudimentario das ferramentas a terra daba pouco e con moito traballo.

A sociedade medieval estaba dividida en estamentos. Por riba estaban os señores feudais: NOBREZA E CLERO, propietarios de grandes fincas.

Por baixo, os CAMPESIÑOS, que normalmente traballaban a terra dos señores, aínda que había algún propietario de pequenas leiras.

Moitos campesiños eran servos do señor e non podían abandonar a terra sen o seu permiso.

A nobreza vivía no CASTELO e debía protexer ao pobo en caso de guerra. A cambio os campesiños tiñan que entregarlle unha parte substanciosa das colleitas.

As vivendas dependían polo tanto do estamento: AS CASAS dos campesiños, os CASTELOS dos nobres e os MOSTEIROS do clero. Nos TEMPOS MODERNOS, (despois da Idade Media) malia que as cidades galegas tiñan aínda pouca poboación, a importancia demográfica do Reino de Galicia no conxunto do Estado era notable. No século XVI as cidades experimentaron importantes cambios. Pontevedra e Santiago foron as vilas máis populosas. As modificacións no ámbito do transporte e de economía trouxeron como consecuencia o progresivo reforzamento do peso demográfico do litoral fronte ao do interior.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

14

A adopción do cultivo do millo, unido á pataca, a partires do século XVII, procedente de América foi a razón máis poderosa dos cambios demográficos. Podemos considerar tres áreas claramente diferenciadas:

• A zona costeira do Sudoeste, que adoptou o millo de xeito intensivo, complementándoo coa gandería e coa presenza de áreas vitivinícolas.

• O litoral de Fisterra a Ribadeo, a Galicia das agras e das paisaxes abertas, cunha menor presenza do millo e unha significativa riqueza agropecuaria, onde se mantiveron en maior medida ás prácticas colectivas.

• A chamada Galicia interior, de condicións climáticas máis duras, cunha agricultura extensiva na que domina o centeo e a presenza de incultos e prados, e as bisbarras de monocultivo vitivinícola como as ribeiras do Miño, o Sil e o Avia ou o Val de Monterrei.

A CASA CAMPESIÑA

Tanto no campo coma na cidade a vida dos homes e mulleres era moi dura, As vivendas e o vestido eran en xeral pobres e a dieta facíase a base de cereais e legumes.

As vivendas eran moi pobres, de adobe, madeira e palla. Tiñan unha única habitación onde toda a familia durmía e comía, e onde estaba o lume co que se iluminaban e quentaban.

En moitas ocasións convivían persoas e animais na mesma estancia. Tamén era graneiro. Os mobles eran escasos: algún arcón ou hucha onde se gardaba dende roupa ata o gran e unha mesa, que se gardaba pola noite para estender os xergóns para durmir.

As casas adoitaban ser de madeira, pero tamén podían incluír ladrillo, adobe ou pedra.

AS CASAS URBANAS Eran moi similares ás dos campesiños, moi humildes e sinxelas, constaban dun

amplo espazo onde se vivía e traballaba (nos obradoiros artesanais), se comía e se durmía.

A diferenza e que no ámbito urbano as casas tiñan dous andares, estando a zona a pe de rúa destinada á tenda ou obradoiro e a zona de cociñas, onde tamén se comía.

Ao fondo da planta baixa atopamos un patio cun pozo. No segundo andar temos a zona de cuartos, comunicada coa planta baixa por unha escaleira.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

15

Podía haber xa baldosas cubrindo o chan, letrinas e cristais, símbolo do progreso económico e social dos habitantes da vivenda.

Aldea Medieval

Cidade medieval

OS CASTELOS Ate o século XI os castelos eran erguidos de madeira. O seu interior era rústico e non tiña luxo nin confort. A partires do século XI empezaron a ser construídos con bloques de pedra, polo tanto moito máis resistente. Eran construídos en zonas altas, pois así era máis doado ver a chegada de inimigos. Xeralmente ao seu redor construíase un foxo que se enchía de auga. Estaban cercados por murallas e tiñan torres, onde se colocaban arqueiros e outros guerreiros. Tiña ante todo función de protección e refuxio.

Castelo de Vimianzo

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

16

Esquema dun castelo medieval.

A VIDA NOS MOSTEIROS

Un grupo social privilexiado era o clero. Dedicábanse ao servizo da igrexa e a súa principal actividade era orar.

Un mosteiro estaba formado por un conxunto de construcións que se distribuían arredor dun claustro. A principal dependencia era a igrexa.

Moitos tiñan enfermerías onde eran recollidos os doentes e tratados con remedios das súas farmacias (feitos con raíces e follas de plantas).

Tamén tiñan bibliotecas e os monxes copiaban os manuscritos . Foron durante moito tempo o único grupo social que sabía ler e escribir.

Moitos mosteiros tiñan enormes terras de labor, e exercían de auténticos señores feudais.

Mosteiro de Poio

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

17

A VIDA NOS PAZOS

Co paso do tempo os castelos, fortalezas e torres de carácter defensivo, propiedade dos nobres galegos foron desaparecendo. Os edificios que se construíron posteriormente no seu lugar (dende hai uns 300-400 anos) xa non teñen carácter militar, senón que serven de residencia a unha nobreza baixa, con menos poder, coñecida como “fidalguía”. Son os PAZOS

Algúns manteñen algunhas características típicas das antigas fortalezas, como as torres con almeas.

Son edificios grandes, maxestuosos, construídos case todo en pedra, con adornos nas fachadas. En algúns parte da pedra aparece recebada e pintada de branco.

No interior, o chan e o teito adoitan ser de madeira, de carballo ou de castiñeiro.

O mobiliario é de moito luxo, con antigüidades, cadros e adornos.

Ademais dos dormitorios, hai outras moitas dependencias, como salóns, a cociña (unha gran lareira) ou a adega.

En algúns deles atopamos unha especie de balconada orientada cara ao sul, para tomar o sol, de aí o seu nome: solaina.

No tellado aparecen con moita frecuencia grandes chemineas, ás veces adornadas coma se fosen pequenas torres.

Pazo de Trasariz. Vimianzo. Solaina.

DEPENDENCIAS EXTERNAS: As principais son a capela e o patio.

Outras construcións son o pombal, onde se crían as pombas; os hórreos, para gardar parte das colleitas, o viveiro, onde pode haber plantas exóticas, os alpendres, para gardar os apeiros de labranza, as fontes, o portón ou entrada ao recinto do pazo e a muralla, que rodea todo o pazo.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

18

Cociña das Torres do Allo. Zas.

No interior da vivenda pacega cada andar ten unha función diferente. A parte baixa, con reducidos vans abertos ao exterior é o lugar destinado ás despensas, adegas, lagares ou cortes.

Cando se sitúa nela a entrada principal, unha escaleira conduce á planta nobre.

A planta primeira é a dedicada a vivenda. Nela están a cociña, o salón, os cuartos, o arquivo e a biblioteca. Pode haber outro nivel para gardar as colleitas.

Pombal

A propiedade, ademais da construción da vivenda ocupa un espazo que inclúe elementos produtores (cultivo, pradeira e bosque) e ornamentais (xardíns).

O bosque é a extensión máis alonxada do pazo, na que se localizan as plantas forestais. Constitúe coa finca a vertente produtiva. A finca ocupaba a maior parte do territorio. Ten horta, zona agrícola e pradeira, nunha explotación agropecuaria típica.

Os xardíns comezan sendo hortos, que co paso do tempo se transforman en xardíns ornamentais. Están ubicados no contorno inmediato á vivenda e forman con ela un conxunto disociable.

Pazo de Oca Pazo do Souto

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

19

SÉCULO XX : Da casa tradicional á rupturista

CASA TRADICIONAL

Tipoloxía: casa tradicional galega Muros de carga Novas dependencias: dormitorios por sexos. Baño, comedor. Novas instalacións: auga encanada, cociña a gas e alumado eléctrico. Volume rotundo, compacto.

CASA RUPTURISTA

Tipoloxía: casas tipo suízo e outras. Aparición de novas dependencias e novos materiais de construción. Estrutura vertical a base de formigón armado. Cuberta de fibrocemento. Revestimentos cerámicos, Carpintería de aluminio. Novas dependencias: salón, dúas cociñas, garaxe, faiado. Desaparecen definitivamente as construcións para os animais. Novas instalacións: auga quente, electrificación xeral, electrodomésticos.

Casa tradicional galega Casas rupturistas

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

20

UN POUCO DE HISTORIA

Dende finais do século XVIII deuse un fenómeno migratorio que supuxo a saída de máis dun millón douscentos cincuenta mil galegos entre 1860 e 1970.

Con posterioridade as cidades comezaron a reforzar o seu peso poboacional e económico no marco territorial galego, proceso que caracterizou ao século XX como o período da definitiva urbanización do país. Foi neste século cando as sete cidades multiplicaron por seis a súa poboación.

Nos anos 60 Galicia padeceu de novo os efectos da emigración, esta vez cara a Europa. Dende aquela refórzase o peso das cidades e da industria, modernízanse os servizos e hai unha gran crise da sociedade agraria tradicional, que provoca cambios no uso da terra e importantes movementos de poboación.

Esta etapa recente supuxo a construción de novas infraestruturas e a dotación de importantes equipamentos culturais, educativos e sanitarios nas novas vilas e cidades.

Non obstante, os resultados no tocante ao urbanismo e á conservación e ordenación da nosa paisaxe e territorio distan de ser satisfactorios.

Ocupáronse indiscriminadamente paisaxes agrarias e costeiras, hai unha densa poboación nas vilas e cidades e abandonouse, destruíuse ou deixouse de protexer núcleos históricos .

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

21

CASA TRADICIONAL GALEGA

As casas tradicionais poden ser de varios tipos:

A casa de montaña. Atópase nas serras orientais e sudorientais. É cadrada, pequena, con escasas e angostas ventás e teitos de colmo ou lousa.

A casa coruñesa. Está moi espallada pola provincia, e consiste nun conxunto de construcións adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á que se superpoñen distintas dependencias: alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas relacionadas coas necesidades e traballos

A casa mariñeira. Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse a secar as redes.

A casa luguesa ou da Terra Chá. É rectangular con tellado de lousa a catro augas. Con dúas plantas: baixo, onde atopamos a cociña e a corte, e primeiro andar, para os cuartos. Non adoita ter edificacións auxiliares arrimadas. Destaca nela a cantaría de portas, ventás e esquinais.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

22

A casa meridional. Está feita de granito. A súa planta é rectangular e ten dúas: o baixo acolle animais ou (nas zonas vinícolas) adegas. Está deseñada para aproveitar o máis posible as condicións climáticas. Ábrese ao exterior a través de solainas de madeira, patíns ou corredores.

A palloza. É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de 1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor nos duros invernos.

A CASA RUPTURISTA

Co paso do tempo- e dese cambio hai só pouco máis de medio século- as nosas casas viviron unha enorme transformación.

O mellor acceso dos transportes aos lugares nos que se construía, os avances vividos pola industria da construción coa xeneralización do uso de materiais antes inexistentes como o formigón, o aluminio, as chapas que chamamos de “uralita”, a electrificación, a auga corrente, a aparición da calefacción... cambiaron definitivamente o noso xeito de vivir.

Ao tempo, os nosos avós viron chegar ás súas vivendas novos e máis cómodos mobles e as distintas habitacións remataron de concretar uns usos que xa tiñan aparecido tempo atrás (comedor, dormitorio, cuarto de baño...).

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

23

O diñeiro que chegaba da emigración permitiu, na metade do século pasado, que todos aqueles cambios se fixeran posibles. As nosas vivendas tiñan mellorado considerablemente con respecto Ás limitacións das nosas antigas casas; pero esa mellora non supuxo aínda unhas desexables condicións de vida.

A VIVENDA ACTUAL . CARACTERÍSTICAS

A pesar da diversidade de formas e tamaños presenta unha certa uniformidade que ten pouco que ver coas formas tradicionais da zona na que se asenta. A esta uniformidade nas formas e nas estruturas contribuíron varios factores:

• Os cambios nos métodos construtivos. • A introdución de novos materiais e a

facilidade para conseguilos. O tixolo, pola súa versatilidade, lixeireza e facilidade de manexo, substituíu, en gran medida a pedra. A tella e a lousa saíron das súas áreas naturais para teren presenza en todas partes. Os plásticos, os metais e os materiais prefabricados substituíron os materiais do contorno....

• Os cambios nas actividades laborais, e con eles o tipo de vida, fixeron cambiar as necesidades espaciais dentro da casa facendo que case todas modificasen o seu tamaño.

As vivendas unifamiliares (zonas rurais, vilas, zonas residenciais) séguense a construír de unha ou dúas plantas e nestas últimas estrutúrase a planta baixa como zona de día, coa cociña, a sala e os lugares de traballo, e o andar como zona de noite, cos dormitorios.

Desapareceron case todas as construcións auxiliares e fíxose necesaria a creación dun espazo para os automóbiles (nas casas dunha soa planta constrúense garaxes e trasteiros, unidos ou separados da vivenda, e nas de dúas adícase a esta función toda ou parte da planta baixa.

Nas cidades a escaseza e a carestía do terreo fai case imposíbel a existencia de casas unifamiliares que son substituídas por grandes bloques de vivendas.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

24

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

25

E DE AGORA EN DIANTE?

CARA A UNHA VIVENDA SOSTIBLE

A poboación galega estableceuse na súa xeografía modificando e humanizando o territorio cunha singular presenza arquitectónica. O noso país conta cunha riqueza cultural, froito de moitos séculos de historia, que por forza deberá ser referencia para a construción da vivenda. As peculiaridades espaciais do territorio son determinantes para a conformación dunha arquitectura específica para cada espazo xeográfico. É preciso utilizar as máis evolucionadas tecnoloxías. Trátase, de con esa tecnoloxía definir unha arquitectura cabalmente integrada no seu medio, utilizar os materiais e a tecnoloxía existentes no país, para, dende uns coñecementos técnicos localizados non oso tempo, reconvertela segundo as necesidades. Experimentar, investigar sobre as novas utilizacións das materias primas de cada país..., Arquitectura sustentable, tamén denominada arquitectura sostible, arquitectura verde, ou eco-arquitectura é un modo de concebir o deseño arquitectónico buscando aproveitar os recursos naturais de tal modo que minimicen o impacto ambiental das construcións sobre o ambiente natural e sobre os habitantes. A arquitectura sustentable intenta reducir ao mínimo as consecuencias negativas para o medio ambiente de edificios; realzando eficacia e moderación no uso dos materiais de construción e do consumo de enerxía. Para conseguir isto débese construír considerando as condicións climáticas do lugar, utilizando materiais de baixo contido enerxético, minimizando o uso de materiais de alto contido enerxético, reducindo ao mínimo a demanda de enerxía (calefacción, refrixeración, iluminación, equipamento, outros) e a que se necesite para facer funcionar o edificio, obtela de fontes renovables.

Aula da aturaza As Corcerizas,

Centro de educación ambiental bio sostible

Edificio “Caixa Máxica”alimentada exclusivamente con Energía solar

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

26

A VIVENDA IDEAL É aquela que se atopa en equilibrio sostible co seu medio natural:

• A que mellor se integra no ambiente.

• A que aproveita mellor a enerxía: usa enerxías limpas e reduce ao mínimo as perdas.

• A que fai un consumo responsable da auga, evitando gastala en exceso e vertela ao ambiente contaminada.

• A que produce menos residuos e trata os que produce co menor custo ambiental posible.

Nas construcións tradicionais respectábase o medio e adaptábanse as vivendas ás características de cada lugar para aproveitar ao máximo os factores positivos (luz, calor, aireación) e diminuír os negativos (frío, calor intensos, ventos fortes, humidade....)

A construción de casas amoreadas, consecuencia da vida urbana, e o abandono das pautas anteriores converteu as vivendas en lugares insalubres, mal ventilados, sen iluminación nin calor natural, rodeados de residuos..., focos de infección e enfermidade.

A arquitectura moderna respecta pouco a concepción climática dos edificios. Os deseño arquitectónicos, con novos materiais empóñense ao medio natural e, en vez de sacar partida del, resultan custosos de manter, porque non aproveitan a enerxía natural, e son agresivos visual e ecoloxicamente.

Actualmente estase volvendo a recuperar un pouco do sentido que tiñan as vivendas tradicionais, facendo arquitectura bioclimática.

A arquitectura bioclimática é a que se adapta ao medio e está enfocada a conseguir a eficiencia enerxética e o benestar térmico, aproveitando a climatoloxía de cada lugar e reducindo o consumo de recursos naturais.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

27

Antes de construír unha vivenda bioclimática os arquitectos realizan un estudo pormenorizado do contorno no que se vai situar, para sacar o máximo partido del, producindo o mínimo de agresións.

CRITERIOS DE CONSTRUCIÓN BIOCLIMÁTICOS

• Casas adaptadas á zona

• Orientación basicamente ao sur (no hemisferio norte).

• Estudo pormenorizado do illamento.

• Estudo e aproveitamento máximo da luz e do calor.

Unha vivenda ecolóxica 1. DESEÑO BIOCLIMÁTICO: ter en conta as condicións do terreo, a

orientación e as correntes de aire para poder prescindir ou reducir ao mínimo as necesidades de calefacción ou aire acondicionado.

2. ADAPTACIÓN Á PAISAXE: non debe romper a harmonía do contorno, adaptarse ás características do terreo, ao estilo das construcións tradicionais....

3. SITUACIÓN: Afastada das liñas eléctricas de alta tensión, transformadores, zonas industriais.....

4. AFORRO DE ENERXÍA: Ser autosuficiente ou gastar mínimo de enerxía procedente do exterior. Ter fontes propias de alimentación (acumuladores solares, xeradores eléctricos, paneis fotovoltaicos...) Consumir pouca auga e reciclala.

“Casas de aquí e de acolá”

Un paseo pola historia

28

5. MATERIAIS ECOLÓXICOS: de procedencia local, renovábeis, reciclábeis, non contaminantes nin prexudiciais para a saúde.

6. ACABADOS NATURAIS: mobiliario e decoración de madeira e febras naturais, tratados con ceras, aceites e vernices ecolóxicos.

7. SINXELA E CON POSIBILIDADES DE CAMBIOS: adaptarse ás necesidades dos habitantes, que poden variar co tempo.

8. RECICLÁBEL: os materiais poden ser reutilizados se a casa remata a súa vida útil.

9. VEXETACIÓN : situar plantas no exterior e no interior, teñen un efecto descontaminante, diminúen os ruídos e regulan a temperatura e a humidade.

10. INFORMACIÓN: os propietarios deben saber todos os detalles sobre as instalacións da súa vivenda.

Conclusións da 1º XORNADA DE BIOCONSTRUCIÓN: SAÚDE E HÁBITAT” (Novelda, maio 1997)