11
I.E.S. ESPARÍS-VICESO Un colectivo de veciñas/os e ex-alumnas/os do antigo IES Esparís-Viceso, no concello de Brión, quere expresar ante a opinión pública a preocupante situación na que se atopa o citado centro, branco de continuos roubos, saqueos e actos vandálicos, tanto no interior como no exterior do edificio, así como na vivenda do conserxe e o ximnasio, ámbolos dous ubicados en edificios anexos. Roubáronse ventanas, sillas, mesas, encerados… ata unha caldeira da calefacción e cadros de luces; rompéronse cristais, persianas e practicamente a totalidade do material que aínda persiste no centro, reducindo todo a escombros. Calquera que se acerque ó complexo poderá ver todos os desperfectos (xa que os edificios carecen de portas).

Colexio de Esparís-Viceso

  • Upload
    usc

  • View
    244

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación do estado do antigo I.E.S Esparís Viceso

Citation preview

Page 1: Colexio de Esparís-Viceso

I.E.S. ESPARÍS-VICESOUn colectivo de veciñas/os e ex-alumnas/os do antigo IES Esparís-Viceso, no concello de Brión, quere expresar ante a opinión pública a preocupante situación na que se atopa o citado centro, branco de continuos roubos, saqueos e actos vandálicos, tanto no interior como no exterior do edificio, así como na vivenda do conserxe e o ximnasio, ámbolos dous ubicados en edificios anexos. Roubáronse ventanas, sillas, mesas, encerados… ata unha caldeira da calefacción e cadros de luces; rompéronse cristais, persianas e practicamente a totalidade do material que aínda persiste no centro, reducindo todo a escombros. Calquera que se acerque ó complexo poderá ver todos os desperfectos (xa que os edificios carecen de portas).

Page 2: Colexio de Esparís-Viceso

O centro comezou a súa andaina como Colexio

Público alá polo ano 1989, converténdose

integramente en instituto no ano 1999. Ata o ano

2008, no que se produzo o traslado do alumnado ó

novo IES Brión, en Pedrouzos, veu pasar moitas

xeracións de xoves polas súas aulas, as mesmas que

estamos agora preocupadas e cansadas pola ausencia de mantemento por parte da Consellería de Educación, entidade á que pertence o

complexo.

Page 3: Colexio de Esparís-Viceso

Ésta é a súa nova imaxe

Page 4: Colexio de Esparís-Viceso

As aulas polas que pasamos

Page 5: Colexio de Esparís-Viceso
Page 6: Colexio de Esparís-Viceso

Non se libra a cafetaría…

…nin os baños

Page 7: Colexio de Esparís-Viceso

Máis exemplos:

Page 8: Colexio de Esparís-Viceso

Isto non é todo…O ximnasio novo no que tantos cartos se invertiron no seu momento:

Page 9: Colexio de Esparís-Viceso

Ata a vivenda do conserxe:

Page 10: Colexio de Esparís-Viceso
Page 11: Colexio de Esparís-Viceso

Os veciños e veciñas non podemos ditar a política dos partidos, nin do concello, e non podemos por nós mesmos solucionar determinados problemas. Pensamos que é un acto de responsabilidade pola nosa parte denunciar a situación ante a opinión pública, o mesmo que para os organismos competentes solucionar esta situación, en vez de botar as culpas ao bando contrario. Por iso mesmo reclamamos a posta en marcha inmediata de medidas para, entre todos, veciñanza, Concello de Brión, Xunta de Galicia e as respectivas oposicións ó goberno, atopar unha solución ante esta inxustiza.

QUE NINGUÉN PECHE OS OLLOS ANTE O QUE ACABA DE VER

PÁSAO A AQUELA PERSOA QUE COÑEZA O IES ESPARÍS-VICESO.

ENTRE TODAS E TODOS CONSEGUIREMOS ADICAR O CENTRO A ALGO ÚTIL.

. . . GRACIAS