Upload
isabelcota
View
1.117
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
Rústico estiloToda a aldea está en venda,aínda que ninguén a compre.Vai caendo a pedazos,morta a cámara lenta,de inverno en inverno,sen rastro de esperanza,Despoboada e gris.E o antigo muíño,emblema da familia,non o han recuperara doenza do verso,a memoria ferida,o estigma da perda.Só a cultura do turismo, o mercado inmobiliario,a moda do rústico estilo
PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
Aquí non fan falta xardíns de infancia.Desapareceron os netos do vocabulario.E vémonos cada pouco no tanatorio.
ILUMINACIÓNS I
A crónica de todas as perdas arde na casa.No mudo almanaque: mil novecentos e nada.Nas baldosas cubertas de silencio inmaculado.Nas doas dos rosarios, nas artesas baleiras.Nos ecos dos rezos a vibrar polos faiados.Na madeira podrecida de seca desmemoria.
NOTA NECROLÓXICA
Esta ha ser a vindeira casa en ficar baleira.Óese o alento do alén polos eirados.O sudario do inverno co seu manto de esquelas.
POLÍTICA URBANÍSTICA
Aquí, estimados señores,iso que chaman memoriaé unha leira abandonadacen por cen urbanizable:corten, pois, os carballos.
TESTAMENTOO poema levanta actada redución do rural
a produto de mercado,da reciclaxe da aldeaen paraíso perdido,
da conversión da terraen idílico escenario,da moda publicitaria
que converte o labregoen gardián das esencias,unha casa abandonadanun hotel con encanto,os apeiros da memoria
en ornamentos de pazo,a cultura campesiña
en estampa de museo