26
Riamonte, un lugar para coñecer CEIP Barouta Pazo da Peregrina, 14 de xuño de 2016

Exposiciíon peregrina 1

  • Upload
    2tere

  • View
    566

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Exposiciíon peregrina 1

Riamonte, un lugar para coñecer

CEIP BaroutaPazo da Peregrina, 14 de xuño de 2016

Page 2: Exposiciíon peregrina 1

Bo día! Son Vanesa, do CEIP Barouta

Queremos contar a nosa experiencia no espazo natural de Riamonte e Monte San Marco. Canto gozamos e algo do que aprendemos.

A dicir verdade, este espazo para nós é algo moi familiar pois vémolo todos os días desde o patio do colexio, por detrás deste monte sae o Sol e, ademais, visitámolo con relativa frecuencia, tanto desde o colexio coma en excursións familiares. Por iso, cando nos propuxeron levar a cabo este proxecto, subvencionado por Voz Natura, pareceunos unha moi boa idea e aceptamos de bo grao.

No noso caso, participou todo o Centro. Uns facendo andainas para observar a flora e fauna característica e, outros, colaborando na recuperación do patrimonio etnográfico, retirando parte das hedras que cobren os muíños e as sobreiras.

O grupo de 4º e 5º fixemos a saída o mesmo día. A andaina foi en grupo pero logo dividímonos para levar a cabo a tarefa de retirada de hedra. Nós encargámonos dos muíños. Saímos do colexio coas ferramentas que precisabamos (luvas, sacos...) e con moita enerxía. Primeiro subimos ao pico e, polo camiño, fomos observando e gozando da natureza. Ao chegar ao cumio, puidemos observar a fermosa paisaxe do noso Concello e ata puidemos ver o noso colexio.

Despois de repoñer forzas, estivemos limpando as hedras dos muíños, tanto por dentro coma por fóra. Enchemos un total de 4 sacos de refugos. A verdade é que o esforzo pagou a pena porque quedou moi ben.Isto foi un resumo do noso traballo; agora os meus compañeiros explicarán o que fixeron.

Page 3: Exposiciíon peregrina 1

Monte San Marco

Andaina e Traballo de

campo

Obradoiros na Ameixenda

Andainas e muiñada

Rego Riamonte

• Sacar hedras dos muíños

• Sacar hedras das sobreiras

• Buscar información na rede

• Reflexión

• Elaborar un caderno de campo

• Xogo de mesa• Exposición de animais

e plantas• Ruta polo rego para

comprobar o falado.

• Percorrido polo rego de Riamonte

• Andaina de Vilar a Lamas e muiñada.

Alumnado de 4º a 6º Alumnado de 1º a 3º Alumnado de 1º e E.I.

CEIP BaroutaProxecto Voz Natura

Page 4: Exposiciíon peregrina 1

• Subida ao alto coas ferramentas.

• Descanso e observación da paisaxe.

O colexio, visto desde o monte

Page 5: Exposiciíon peregrina 1

O alumnado de 4º limpando nos muíños.

Todos os refugos recollidos en sacos .

Page 6: Exposiciíon peregrina 1

Eu son Rodrigo. Vou falar de que nós, o alumnado de 5º, con este proxecto descubrimos na paisaxe do noso entorno, historias, anécdotas, construcións … que descoñeciamos.

Riamonte é un lugar moi fermoso que se forma coas abas dos montes do San Marcos e do Leñaredo, que compiten en altura por ser as máximas cotas do Concello de Ames. Preto de Riamonte atravesa “O Rego dos pasos” que en inverno leva bastante caudal xa que conflúen nel moitos outros regatos.

Cóntannos que antigamente había un pozo, ao fondo dos agros de Cortegadela, que tiña unha comporta que se pechaba e abría segundo fose o caudal do rego. Con este pozo, movían os numerosos muíños que estaban á beira do rego e proporcionaban a moenda para os veciños de Ames. Nel nadaban anguías, troitas e era un ecosistema moi rico no que convivían moitas especies.

Os nenos de 5º este ano fomos a visitar estes lugares. Subimos ao San Marcos coas marabillosas vistas do val; logo baixamos ata a poza e alí merendamos e fixemos varias fotografías do lugar (había unha troita morta). Rego abaixo chegamos ás sobreiras cargados de sacos, luvas e fouciños. Entre todos limpamos as árbores das hedras que as estaban asfixiando. Non foi un traballo doado xa que as hedras estaban moi pretas e houbo que arrincalas coas mans entre tanta silva e matogueira. Logo fixemos o percorrido cargando os sacos cheos de hedras e alí xogamos no derradeiro muíño mentres comíamos figos agardando ao bus escolar.

Pasámolo moi ben en compaña das monitoras, das profesoras dos demais compañeiros do cole, pero, sobre todo, aprendemos que hai que coidar o entorno porque degradando a natureza empeoramos a nosa saúde e a do único planeta que temos ,“A Terra”.

Page 7: Exposiciíon peregrina 1

O grupo de 5º, encargouse das sobreiras.

Tempo de lecer e observación.

Page 8: Exposiciíon peregrina 1

• Limpar as sobreiras tivo a súa dificultade por mor do terreo e tamén da altura.

• Deixar todo recollido antes de marchar,

Así quedou esta sobreira. Non estivo mal para o primeiro día.

Page 9: Exposiciíon peregrina 1

E, no remate, un pouco de descanso mentres agardamos polo outro grupo.

Page 10: Exposiciíon peregrina 1

Ceip Barouta Monte San

Marco

Este espazo natural está na nosa área de influencia.

Page 11: Exposiciíon peregrina 1

Bo día! Eu son Teo alumno de 6º de Primaria

O alumnado de 6º temos unha relación especial con este espazo de Riamonte porque temos estado varias veces nel. Encantounos facer a subida desde Esqueiro, parroquia da Ameixenda, ata o cimo e descubrir a beleza paisaxística. E, sobre todo, ver que podiamos identificar cada un dos lugares dos que falaramos na aula (Lamas, Pedrouzos, Lombao, Augapesada, Pedras, Castiñeiro de Lobo, Tapia ...). Xogamos a orientarnos, ver os puntos de referencia, buscar pegadas de animais, observar a vexetación, andar ata o monte da ermida e, mesmo, imaxinar como serían alí as festas... Estas foron algunhas das actividades que fixemos con agrado.

Na baixada, cara á poza, fixámonos no solo reseco das leiras de eucalipto en comparación co das árbores frondosas. Como está afectando isto á paisaxe!Ao longo do percorrido fomos notando o impacto humano. A maior parte das veces dun xeito negativo: lixo, fendas no monte, plantacións masivas de eucalipto ...

Finalmente, o traballo de quitar hedra resultou máis sinxelo do que pensabamos. Aínda tivemos tempo para merendar, charlar e facer fotos.

Foi unha experiencia ben interesante.

De volta, na clase, falamos moito sobre o vivido. Buscamos información e atopamos unha sorpresa!.......E, para rematar, aí van as nosas reflexións...

Page 12: Exposiciíon peregrina 1

Hai vida en Riamonte

Page 13: Exposiciíon peregrina 1

Liques na rocha.

Page 14: Exposiciíon peregrina 1

O compás é un bo amigo no monte.

Page 15: Exposiciíon peregrina 1

Que hai debaixo dos eucaliptos?

Que medra debaixo das frondosas?

Onde hai máis riqueza?

Page 16: Exposiciíon peregrina 1

Pegadas humanas que atopamos

Montóns de lixo ao longo do percorrido.

Fenda no terreo, feita

polos ciclistas, baixando

monte a través. Fáltanos

conciencia

ambiental?

Page 17: Exposiciíon peregrina 1

Que descubrimos?Pois navegando pola rede, soubemos que no Monte de San Marcos houbo un castro da Idade do Ferro que ocuparía un recinto de 2,7 hectáreas limitado por dúas murallas; unha delas, feita de pedra e cachotería, acada os 2,5 metros de grosor na banda oeste, para reforzar a vertente máis difícil de defender. Por ese mesmo lado ten outra muralla de dimensións menores. Aínda hoxe se poden ver restos.

Había unha capela, que lle dá nome ao monte, e da cal só quedan uns pequenos restos da súa base. Segundo contan os residentes na zona, a pedra desta capela así como a do xacemento, foron utilizadas para facer a capela de San Amaro de Barouta e outras construcións civís.

Page 18: Exposiciíon peregrina 1

As nosas reflexións, despois da visita:

• Todos podemos facer algo para mellorar o noso medio. Se queres, podes colaborar!• A auga do Riamonte baixa limpa e cristalina. Vimos cabaliños do demo ao

redor da poza. E así debera seguir.• É un lugar para os sentidos (o son das fervenzas, o olor das plantas, o tacto

das diferentes especies ...)

Pero ...• O impacto humano nesta zona é considerable:

O eucalipto vai desprazando ás árbores frondosas da fragaVimos lixo tanto na zona do monte coma na beira do ríoOs ciclistas fixeron unha fenda grande desde o alto ata a pozaOs muíños quedaron sen moitas das súas pezas

Pedimos ...• Que as autoridades tomen nota e busquen maneiras de mellorar este

espazo.

6º Primaria, Barouta

Page 19: Exposiciíon peregrina 1

OBRADOIROS NA AULA DE NATUREZADA AMEIXENDAObservación dos fondos da aula (colección de bolboretas, insectos ...), creación dun caderno de campo e outras tarefas.

Page 20: Exposiciíon peregrina 1

De Vilar a San Marcos

Page 21: Exposiciíon peregrina 1

Que podemos atopar en Riamonte?

Page 22: Exposiciíon peregrina 1

• VISITA Á AULA DA NATUREZAO pasado día 19 de novembro, o alumnado de 3º, visitamos a aula de natureza que ten o Concello no lugar da Ameixenda.Alí recibiunos Patricia, a bióloga que leva a aula, e explicounos que iamos facer un caderno de campo para recoller observacións cando vaiamos facer a ruta dos muíños de Riamonte.Patricia falounos da vexetación e dos animais que viven na ruta dos muíños e preparounos uns papeis preciosos para facer o caderno.Para saber no que debemos fixarnos cando fagamos a ruta, dividimos o caderno en cinco partes: fieitos, insectos, árbores de ribeira, aves e anfibios. Estamos desexando estrealo, aló polo mes de maio. Quedounos precioso !!!Despois vimos a exposición de insectos dos fondos da aula. Encantounos, sobre todo as bolboretas. Eran impresionantes!!!

Page 23: Exposiciíon peregrina 1

Entrando na zona dos muíños...

Aprendendo as diferentes especies de flora e fauna deste espazo natural.

Page 24: Exposiciíon peregrina 1

O mércores, día 4 de maio, o alumnado de Infantil de Barouta, realiza a súa andaina polas beiras do Riamonte. O seu percorrido comeza en Vilar e, logo de atravesar a ponte, van seguindo o curso do río ata a aldea veciña de Lamas.Alí esperábaos unha nova experiencia: Silvestre, un veciño que sabe manexar o muíño, amosoulles o funcionamento e puideron moer un pouco de millo.

Canta ilusión! Cantas cousas para aprender!

Page 25: Exposiciíon peregrina 1

Ven a Riamonte, goza da paisaxe, admira as súas construcións tradicionais, observa a súa flora e a fauna ... pero respecta o seu medio natural.

• Non deixes nada guindado• Anda polos carreiros, camiños ou pistas• Non subas ás paredes dos muíños• Escoita o ruído da auga• Respecta as plantas; todas son necesarias• ...

Page 26: Exposiciíon peregrina 1

Grazas pola súa atención!

CEIP Barouta