1
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO XORNADA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DE 3º DA ESO DO IES Nº1 DE ORDES E DO IES “MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” DE CARRIL Día: luns 28 de abril Obxectivos da actividade: Convivir falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelánfalantes. Dar a coñecer o noso concello, a súa historia, paisaxe, xentes e lingua. Facer unha ruta de sendeirismo: o roteiro do río Mercurín. Mostrar o noso centro educativo ao alumnado convidado de Carril. Alumnado participante: 51 alumnas e alumnos de 3º da ESO (29 rapazas e rapaces do noso centro e 22 do IES de Carril) Profesorado acompañante: Raquel Iglesias Estepa (coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega ) e Antón Bravo (profesor de Educación Física) xunto co profesorado acompañante do alumnado de Carril. Programa: 09:00 hr. Saída do alumnado e profesorado do IES Nº 1 de Ordes en autobús cara a estación de RENFE en Fosado-Ordes, onde ás 09:15 teñen prevista a súa chegada os alumnos e profesores do IES Miguel Ángel González Estévez. Recepción e presentación do alumando dos dous centros educativos. 09:45 hr. En autobús de novo a Ordes onde almorzaremos e amosaremos aos nosos convidados as principais rúas e lugares significativos do centro da vila. 11:00 hr. Iniciaremos a andaina do roteiro do río Mercurín (15 quilómetros) 16:30 hr.Ao rematar a ruta iremos ata o noso instituto onde os nosos alumnos amosarán aos de carril as súas instalacións. Tamén faremos un visionado das fotos desta xornada. 19:00 hr. Saída en autobús de novo á estación de Fosado para deixar aos nosos visitantes no tren de volta a Vilagarcía de Arousa (saída do tren ás 19:30). 20:00 hr. Regreso ao IES Nº1 de Ordes e remate da xornada. Material necesario: Comida e bebida para o día Calzado e roupa axeitados para a actividade de sendeirismo (protector solar, gorra, chuvasqueiro...) Cámara de fotos, caderniño, boli... Aviso: Esta actividade completarase coa visita do alumnado do noso centro a Carril. A data prevista será o luns 19 de maio (pendente de confirmación). A viaxe será en tren dende a estación de Fosado-Ordes, á cal nos trasladaremos en autobús. A duración da actividade será de 09:10 a 20:00 horas. Haberá que levar comida e bebida. O prezo total do intercambio lingüístico, isto é, dos dous días de convivencia é de 12 € por participante

Intercambio lingüístico

Embed Size (px)

Citation preview

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

XORNADA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DE 3º DA ESO DO IES Nº1 DE ORDES E DO IES “MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” DE

CARRIL

Día: luns 28 de abril

Obxectivos da actividade:• Convivir falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelánfalantes.• Dar a coñecer o noso concello, a súa historia, paisaxe, xentes e lingua.• Facer unha ruta de sendeirismo: o roteiro do río Mercurín.• Mostrar o noso centro educativo ao alumnado convidado de Carril.

Alumnado participante: 51 alumnas e alumnos de 3º da ESO (29 rapazas e rapaces do noso centro e 22 do IES de Carril)

Profesorado acompañante: Raquel Iglesias Estepa (coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega ) e Antón Bravo (profesor de Educación Física) xunto co profesorado acompañante do alumnado de Carril.

Programa: 09:00 hr. Saída do alumnado e profesorado do IES Nº 1 de Ordes en autobús cara a estación de RENFE en Fosado-Ordes, onde ás 09:15 teñen prevista a súa chegada os alumnos e profesores do IES Miguel Ángel González Estévez. Recepción e presentación do alumando dos dous centros educativos.09:45 hr. En autobús de novo a Ordes onde almorzaremos e amosaremos aos nosos convidados as principais rúas e lugares significativos do centro da vila.11:00 hr. Iniciaremos a andaina do roteiro do río Mercurín (15 quilómetros)16:30 hr.Ao rematar a ruta iremos ata o noso instituto onde os nosos alumnos amosarán aos de carril as súas instalacións. Tamén faremos un visionado das fotos desta xornada.19:00 hr. Saída en autobús de novo á estación de Fosado para deixar aos nosos visitantes no tren de volta a Vilagarcía de Arousa (saída do tren ás 19:30). 20:00 hr. Regreso ao IES Nº1 de Ordes e remate da xornada.

Material necesario:• Comida e bebida para o día• Calzado e roupa axeitados para a actividade de sendeirismo (protector solar, gorra,

chuvasqueiro...)• Cámara de fotos, caderniño, boli...

Aviso: Esta actividade completarase coa visita do alumnado do noso centro a Carril. A data prevista será o luns 19 de maio (pendente de confirmación). A viaxe será en tren dende a estación de Fosado-Ordes, á cal nos trasladaremos en autobús. A duración da actividade será de 09:10 a 20:00 horas. Haberá que levar comida e bebida.O prezo total do intercambio lingüístico, isto é, dos dous días de convivencia é de 12 € por participante