Upload
endl-cep-sequelo-marin
View
3.601
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
Introdución do megalitísmo de Marín
InformaciónNa arquitectura dos “menhires”, dos “mámoas” e dos
“Cromlech”, especial importancia noso concello teñen os mámoas, dos que temos numerosas mostras.
As mámoas tiñan una función funeraria, ainda que hai autores que sinalan outras posibles funcións (sociais, relixiosas, marcas de territorialidade, etc).
As mámoas do Morrazo foron escavadas na súa maioría, nunha campaña arqueolóxica dirixida por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, e a pesar dos espolios sufridos con anterioridade, chamou moito a atención a cantidade dos restos atopados, exvotos funerarios compostos por: machados pulimentados, fragmentos cerámicos, puntas de frechas, microlitos, etc.
Pobos remotos deixaron en Marín pegadas do seu paso, que chegan aos nosos días a través dos petrogífos, dómenes e castros que se erguen por todo o municipio. Celtas, romanos, suevos, visigodos, normandos... foron pasando logo por estas terras, contribuíndo, en maior ou menor medida, a configuración do Marín de hoxe, enriquecido co acervo cultural de todos estes pobos, que se deixa ver nas manifestacións artísticas e arquitectónicas xa sexan relixiosas, civís ou populares presentes en todo o territorio.
LugaresMoitos destes achados, procedentes das
Necrópolis megalíticas do Chan de Armada, Chan de Arquiña, e Chan de Castiñeiras, nos límites entre os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña, atópanse hoxe na sala arqueolóxica do Museo de Pontevedra.
En Marín temos mámoas no Monte Campolongo (Pastoriza, Ardán), Forno de Arcas (Pastoriza), Chan da Armada (San Tomé de Piñeiro), Lagucheiros (Piñeiro), Allariz-Pedra da Mina (Piñeiro), Gagán ( Piñeiro), Pedralonga (Lago de Castiñeiras), Outeiro (San Xulián), e Campo dos Mouros (Mogor).
Lista de lugares
Mapa de situación
FOTOGRAFÍAS
LABERINTO
SALIDA
ENTRADA