60
LUIS SEOANE 1910-1979

LUÍS SEOANE

Embed Size (px)

DESCRIPTION

LUÍS SEOANE. EXPOSICIÓN REALIZADA POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES ELVIÑA (A CORUÑA). CURSO 2009-2010

Citation preview

Page 1: LUÍS SEOANE

LUIS SEOANE1910-1979

Page 2: LUÍS SEOANE

CRONOLOXÍA1910 Nace o un de xuño en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos.

1916 Regresa a Galicia coa súa familia, vive na Coruña, onde realiza os seus primeiros estudos.

1920 Trasládase a Santiago de Compostela, onde estuda o bacharelato, licenciándose en Dereito.

1927-

1933

Ilustra libros e revistas. Realiza as súas primeiras exposicións. Milita en partidos de esquerda republicana e galeguista.

1934 Trasládase a A Coruña, onde exerce como avogado laboralista. Amizade e faladoiros con Huici, Cebreiro, Fernández Mazas... Ingresa no Partido Galeguista.

1936 Participa na campaña do Estatuto de Autonomía. Estalla a Guerra Civil. Fuxe ao exilio en Bos Aires dende Portugal.

1937 Debuxa sen parar. Publica o seu primeiro libro, Trece estampas da traizón

1940 Funda as coleccións Hórreo e Dorna en Emecé Editores.

Page 3: LUÍS SEOANE

CRONOLOXÍA1943 Funda a revista Correo literario e a Editorial Nova.

1945 Homenaje a la Torre de Hércules é galardoado xunto a Historia Natural de Buffon, ilustrado por Picasso, como un dos mellores libros da década.

1948 Funda a editorial Botella de Mar. Expón en Bos Aires e Caracas.

1949 Viaxa por Europa. Expón en Londres. Coñece a Henry Moore, Hebert Read, Lucian Freud, Pablo Picasso...

1952-1962

Exposicións en Nova York. Funda a revista Galicia emigrante, a editorial Citania. Medalla na Exposición Universal de Bruxelas e do Senado de Arxentina.

1963-1979

Volve a Galicia. Realiza exposicións por España, Alemaña, Italia, Suíza, Brasil... Cofundador de Sargadelos e o Museo Carlos Maside. Morre en 1979.

1994 Dedícase o Día das Letras Galegas a súa figura.

1996 Crease na Coruña a Fundación Luís Seoane cos fondos do artista doados pola súa viúva.

Page 4: LUÍS SEOANE

Fotografía da familia de Luís Seoane (1916).Luís tiña daquela seisanos. É o que está acarón do seu pai

Page 5: LUÍS SEOANE

Orla da licenciatura da Facultade de Dereito. 1933. Seoane é o primeiro da cuarta fila

Page 6: LUÍS SEOANE

Caricatura de Carlos Maside.Quizais sexa oArtista que máisInfluíu na súa formaciónInicial.Colabora na súamocidadena publicaciónde revistas.

Resol

Page 7: LUÍS SEOANE

Ilustra libros

Page 8: LUÍS SEOANE

Cartelista.Colabora activamentena campaña doEstatuto de 1936

Page 9: LUÍS SEOANE

A OBRA

• Pertence á xeración dos renovadores da arte galega, xunto a un grupo de artistas que nacen ao redor de 1900 como: Carlos Maside (1897-1958), Arturo Souto (1901-1964), Manuel Torres (1901-1995), Manuel Colmeiro (1901-1999), Fernández Mazas (1902-1942) e Laxeiro (1908-1996)

• Introducen as vangardas artísticas, das que teñen un coñecemento directo a través de publicacións.

• De tódolos ismos quizais sexa o expresionismo o que máis asuman.

• Todos eles trataron de conciliar unha temática galega coas búsquedas europeas de renovación da arte.

Page 10: LUÍS SEOANE

ILUSTRADOR

• Deseña ilustracións para publicacións, carteis propagandísticos e revistas de vangarda.

• Na mocidade ilustra, entre outros, poemas de Cunqueiro e Lorenzo Varela. Fai exposicións no Café Español de Santiago.

• Realiza carteis propagandísticos. Resaltando o que realiza para o estatuto de autonomía de 1936: O Estatuto Libertará á Nosa Terra.

• Chegado ao exilio publica Trece estampas de la traición. Fustigando aos militares que se levantaron contra a República, con caricaturas que lembran a George Grosz.

Page 11: LUÍS SEOANE

O xeneral locutor O mulo Mola

Page 12: LUÍS SEOANE

ILUSTRADOR

• Durante este período ilustra libros.• En 1944 recibe o primeiro grande recoñecemento

internacional con Homenaje a la Torre de Hércules.• Deseña as tapas da revista Galicia emigrante. Mulleres

campesiñas cun debuxo rotundo que harmoniza cunha cor plana dotada de símbolo estacional.

• Deseñou carteis publicitarios para as firmas comerciais (Cinzano e Dupuy).

• A influencia é moi grande: Grosz, Léger, Matisse, Picasso, Castelao ou Maside.

• O esplendor da ilustración galega (e o cómic) non é alleo á súa obra.

Page 13: LUÍS SEOANE
Page 14: LUÍS SEOANE

HOMENAXE Á TORRE DE HÉRCULES

Page 15: LUÍS SEOANE
Page 16: LUÍS SEOANE
Page 17: LUÍS SEOANE
Page 18: LUÍS SEOANE

O GRAVADOR• Seoane combina o traballo dun artesán coa difusión industrial.• Gravar é un rito: Gravan os labradores os xugos dos bois e as

propias zocas. Gravan os nenos nos pupitres das escolas.• Durante a mocidade xa utiliza o gravado como forma de difusión

propagandística.• Aínda que traballou gravado en metal, o linóleo, a serigrafía, a

litografía e o estarcido a estampación que máis frecuentou foi a xilografía.

• Collendo como referencia o grupo expresionista alemán Die Brücke (A Ponte) (1905) e os seus angulosos gravados influídos polas tallas da arte primitiva africana, os gravados da Baixa Idade Media e pola obra de Durero. A xilografía ou gravado en madeira é unha técnica antiga, popular e profundamente enraizada na tradición alemana que Seoane vai recoller.

• Fixo máis de corenta libros de gravados para ilustrar libros seus e doutros autores (Lorenzo Varela, Federico García Lorca, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Franz Kafka, Unamuno)

Page 19: LUÍS SEOANE

MARÍA PITA E TRESRETRATOS MEDIEVAIS. 1944

ROI XORDO. 1944

Page 20: LUÍS SEOANE

CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954

Page 21: LUÍS SEOANE

CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954

Page 22: LUÍS SEOANE

GRAVADO. JULIO CORTÁZAR E DURERO. 1967

Page 23: LUÍS SEOANE

PAUL KLEE MIGUEL HERNÁNDEZ. 1967

Page 24: LUÍS SEOANE

MULLER CON SOMBREIRO. SEN DATA O CONDE ASASINO DE SOBRADO. 1972

Page 25: LUÍS SEOANE

O PINTOR• Seoane faise pintor no exilio.• Nos seus primeiros óleos (segunda metade dos anos

corenta) predominan os grandes volumes, grandes pinceladas de cor. Máis que a liña perfilan as figuras. Na súa temática predominan as personaxes populares (emigrantes, campesiños) e nus femeninos.

• Despois da súa viaxe por Europa, en 1949, a pintura evoluciona nun proceso de síntese (influenciado principalmente por Henry Moore e Picasso) cara un cubismo sintético.

• Durante os anos cincuenta as liñas en negro van aparecendo rotundas, xeometrízanse e definen os contornos das figuras. As cores son vivas e planas. O espacio ocupado polas cores non coincide cos contornos marcados polas liñas, o que provoca superposicións nunhas zonas e espazos brancos noutras.

Page 26: LUÍS SEOANE

O PINTOR

• Nos anos sesenta a evolución na síntese provoca a esquematización das liñas. A cor deixa de estar subordinada á liña e ten un forte protagonismo. Dá sensación de “collage” onde as cores semellan trozos de papel cortados e pegados na superficie do lenzo. Neste proceso chega a raiar o abstracto pero sin perder o valor da figura humana.

• En 1968 o artista proclama as súas influencias:• Matisse no vitalismo. (importancia das cores)• Léger no xenio risoño, a vea popular.• Picasso nas formas cúbicas e a expresividade.• Paul Klee na fantasía expresiva.• Torres García na disciplina formal.

Page 27: LUÍS SEOANE

Torso de de nu nunha

pena napraia.1945

Page 28: LUÍS SEOANE

Vello e o paxaro. 1950 Muller pelando patacas. 1950

Page 29: LUÍS SEOANE

Campesiño1950

Page 30: LUÍS SEOANE

Mozo campesiño1950

Page 31: LUÍS SEOANE

O gaiteiro1950

Page 32: LUÍS SEOANE

Mullercon

Cesto1952

Page 33: LUÍS SEOANE

Figuras1956

Page 34: LUÍS SEOANE

Muller con vara de rosquiñas1958

Muller con rodete1959

Page 35: LUÍS SEOANE

Figura sentada en ocres e vermellos1957

Figura en verde con fondo ocre1957

Page 36: LUÍS SEOANE

TRES MULLERES. 1963

Page 37: LUÍS SEOANE

O MECO. 1963

Page 38: LUÍS SEOANE

MANTÓN VIOLETA. 1973 CORPIÑO VERDE CON FONDOAMARELO. 1973

Page 39: LUÍS SEOANE

A CONVERSA. 1975

Page 40: LUÍS SEOANE

CARTÓNS PARA TAPICES

Leiteira, 1979

A sega, 1979

Page 41: LUÍS SEOANE

COMENTAR UN CADRO• É unha historia que sucedeu de certo e que lin nos xornais, unha

historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxou ata Suíza para ver ós seus fillos que traballaban aló. Ela aquí vivía soa, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xenebra, peduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro dicíase onde tiña que chegar a muller. A pobre íalle amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito para que lle dixeran que tren tiña que coller, a que ventaniña tiña que se dirixir, en que cola poñerse... Non falaba máis ca galego e ficou completamente tola despois dunha viaxe que non remataba nunca. Cando chegou a Xenebra non sabía quen era nin recoñecía a ninguén: soamente amosaba o seu letreiriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar si quera. Aló, como en todas partes sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rendible, non serve, e os seus fillos tampouco puideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sen conciencia, e mandárona de volta para a aldea. Lin a historia nos xornais e axiña pintei o cadro que ves: co letreiro case que abonda. A traxedia coméntase a si mesma.

Page 42: LUÍS SEOANE

EMIGRANTE1963

Page 43: LUÍS SEOANE

COMENTARIO SOBRE A PINTURA DE SEOANE

É unha pintura galega? É unha pintura universal?

Mantén o contacto coa tradición?

Mantén o contacto coas vangarda?

É unha pintura popular? É unha pintura culta?

É unha pintura de apariencia tosca?

É unha pintura moi elaborada?

Page 44: LUÍS SEOANE

MAR DE ORZÁN. 1973

Page 45: LUÍS SEOANE

O MURALISTA• A guerra civil frustrara moitas iniciativas de muralismo

por parte dos renovadores galegos. Arturo Souto, Maside entre outros, desexaban pintar nas paredes dos edificios públicos galegos, como facían os mexicanos Orozco, Rivera, Siqueiros en México. Episodios do pasado histórico de Galicia e o traballo da clase traballadora galega na terra e no mar.

• Seoane coñece a pintura mural dos mexicanos e os europeos (Matisse, Léger, Miró...).

• A súa pintura non é ocasional. Pinta máis de trinta murais que fixo en Arxentina (bares, bancos, teatros, corredores e vestíbulos de edificios privados, durante os anos cincuenta e sesenta.

• A pintura mural permite superar o elitismo da arte e comunicarse directamente co público.

Page 46: LUÍS SEOANE

Esbozode muralpara unbanco da provinciade San Xoán

Page 47: LUÍS SEOANE

O MURALISTA

• O pintor que sobe a un andamio non é o mesmo home que pechado no seu taller. Completa a súa vida. A súa vida será verdadeiramente pública e xulgada por unha extensa maioría. Está na rúa.

• Está interesado na integración das artes e a arquitectura.

• Co seu traballo Galicia aparecerá nos muros (xentes medievais, músicos, labores campesiños e mariñeiros).

• Ademais da pintura utiliza outros materiais industriais: porcelana, lousa, mosaico, cerámica, pedra picada, mármore, resinas sintéticas, metais recortados ou vitrais.

• Á volta a Galicia realiza dous murais na fábrica de Sargadelos e outro no Castro de Sada.

Page 48: LUÍS SEOANE
Page 49: LUÍS SEOANE
Page 50: LUÍS SEOANE
Page 51: LUÍS SEOANE
Page 52: LUÍS SEOANE

O ESCRITOR

• Forma parte dos escritores do exilio, que denuncian sen concesións o sufrimento do pobo galego: pobreza, emigración e exilio.

• Para Maside o Seoane escritor non é inferior en nada ao artista.

• As aportacións que fai á nosa literatura son: recuperación da poesía civil, innovación do teatro, ensaio na investigación artística.

• As obras de poesía son: Fardel de eisilado (1952), Na brétema, Sant-Iago (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972).

• O teatro: A soldadeira (1957), Esquema da farsa (1957) e O irlandés astrólogo (1959). Ademais de dramaturgo destaca temén como escenógrafo.

Page 53: LUÍS SEOANE

O ESCRITOR

• Narrativa: Tres hojas y un ajo verde.• Escenografía: decorados para El trébol florido

de Rafael Alberti en Bos Aires (1965). Os vellos non deben namorarse de Castelao (figuríns, decorados e máscaras) en Coimbra (1969). Castelao e a súa época de Ricard Salvat. Non se chegou a estrear en Portugal (1969). As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares (1973) en Ribadavia polo grupo coruñés O Facho.

Page 54: LUÍS SEOANE

O ESCRITOR

• Ensaio: investigación e crítica da arte. Realiza monografías dedicadas a autores galegos (Xosé María Cao, Pérez Villamil, Serafín Avendaño, Eiroa, Souto, Castelao ou Maside) e universais (Piero della Francesca, Grünewald, O Bosco, Diego Rivera e Georg Grosz)

• Realizou locucións radiofónicas para os galegos en América (en castelán aínda que se incluían textos literarios en galego). En 1954 comezou a emitir Seoane o programa “Galicia emigrante”, audición que mantivo ata o ano 1971 e para a que colaborou con 900 traballos.

Page 55: LUÍS SEOANE

O EDITOR

• Todos os camiños de Seoane desembocan no libro; o ilustrador, gravador, debuxante, maquetista.

• Na súa mocidade compostelana ao redor da editorial Nós dirixida por Ánxel Casal descubre o traballo do libro.

• Será en Arxentina onde materializará esta actividade con outros exiliados como Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. Con eles naceron as editoriais galegas na emigración e o libro galego moderno.

• Funda en Emecé editores as coleccións Hórreo e Dorna coleccións de literatura galega que contarán con ilustracións súas.

• Funda a editorial Nova onde crea as coleccións Camiño de Santiago e Pomba. Segue Botella de Mar, Citania... Publicándose algunhas das obras fundamentais da literatura e a arte galega.

Page 56: LUÍS SEOANE

FARDEL DE EISILADO

Page 57: LUÍS SEOANE

A INDUSTRIA CULTURAL

• Seguindo o espírito da Bauhaus da alemaña entreguerras, xunto Isaac Díaz Pardo, trata de promover a industria artística ou o que é o mesmo, difundir a cultura.

• En 1968 nace o Laboratorio de Formas de Galicia amplísimo proxecto restaurador no que se integran escritores e artistas, tanto do interior como do exterior de Galicia.

• En 1970 inaugurase a Fábrica de Sargadelos e o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside que xunto a Cerámicas do Castro (fundada en 1949) pretenden recuperar o impulso artístico.

Page 58: LUÍS SEOANE

COMPLEXO DE SARGADELOS

Pezas de personaxes da literatura e historia galegas, realizadas para cerámica do Castro, 1968.

Page 59: LUÍS SEOANE

OBRA EN MUSEOSA FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

• Ten obra en importantes museos como o Museo de Arte Moderna e o Metropolitano de Nova York, Biblioteca do Congreso de Washington, Children´s Museum (Detroit), Museo de Belas Artes de Caracas, Montevideo, Santiago de Chile e Museo de Arte Moderna e Nacional de Belas Artes de Boas Aires. En Galicia, no Museo de Castrelos de Vigo, no de Pontevedra, no Carlos Maside e na Fundación Luís Seoane creada en 1996 con sede na Coruña.

Page 60: LUÍS SEOANE