35
TEXTOS SOBRE DESEÑO seoane luís

Textos de deseño. Seoane

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Maquetación da composición Textos de deseño de Luís Seoane. Trabllo da asignatura Artes gráficas e tipografía, de Publicidade e Relacións Púbicas, da Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Citation preview

Page 1: Textos de deseño. Seoane

TEXTOS SOBRE DESEÑO

seoanelu

ís

Page 2: Textos de deseño. Seoane

Deseño e Maquetación: Vanesa De Ruz Iglesias

Tipografías empregadas: Título: Futura Bd Cn BT BOLD (18pt de corpo); Encabezamentos: Bembo Bold (10pt de corpo e 10pt de interliñado); caixas de texto: Bembo Regular (9pt de corpo e 10,8pt de interliñado); Notas ó final da páxina: Bembo Bold Italic (7pt de corpo e 8,4 de interliñado); Notas das imaxes: Bembo Bold Italic (9pt de corpo e 10,8 de interliñado).

Todos os textos que aparecen nesta publicación foron extraídos do caderno Alicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 20101, agás o Manifesto do La-boratorio de Formas, que foi extraído dunha separata incluída no nº1 dos `Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia´, editado por Edicións do Castro no ano 1970.

© dos textos: Fundación Luís Seoane

© das imaxes: Os seus autores

Esta publicación é o resultado dun exercicio práctico da asignatura ‘Publicidade, Artes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.

Esta publicación ten un obxectivo exclusivamente didáctico e non comercial.

1FANDIÑO, Xosé Ramón e LÓPEZ, Gloria. `Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico´. Alicerces nº18. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2010.

Page 3: Textos de deseño. Seoane

ÍNDICE

Libros e autores galegos...........................................................................................5

Dúas imprentas e as miñas tapas..............................................................................19

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas....................................................29

Page 4: Textos de deseño. Seoane
Page 5: Textos de deseño. Seoane

Libros e autores galegos

Primeira exposición orga-nizada polo Centro Galego de Bos Aires

Día de Galicia de 1948

Breve historia do libro galego

Gali c i a , un dos p o -

bos máis antigos da Península Ibérica e que máis aportaron á historia da súa cultura, non podía deixar de conservar, por medio do libro e a tra-vés do tempo, o pensamento dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Directiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Comisión de Cultura, ao organizar esta primeira mostra do libro ga-lego, sen poder contar para iso coa riqueza bibliográfica que se conserva en Galicia, e recorrendo aos escasos exem-plares que se gardan nesta ci-dade, espera dar sen embargo ao público culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma sa-lientar o extraordinario aporte deste país á cultura da Penín-sula Ibérica. Non contando, como non se conta neste caso, co apoio de entidades oficiais nin, por conseguinte, con en-víos desde Galicia de exem-

plares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro in-tento destinado a ser superado nos anos vindeiros. En Galicia existen verdadeiras xoias bi-bliográficas, entre elas algúns códices exemplares, dos que, dos seus miniados, detalles ornamentais, caligrafía, etc., limitarémonos a dar o seu as-pecto fotográfico. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste intento primeiro, se realice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respecto a esta primeira exposición é suficiente, para a entidade organizadora, con que o público arxentino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía.

Da m á i s an t iga Galicia

celta, aquela que conquista-ron os romanos, non se con-servan obras escritas. Sábese polos historiadores latinos que os galegos tiñan unha literatura oral, que por desgraza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media.

Foron os monxes, a n -

tes de que a imprenta entrase en Galicia, quen se dedicaron

á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos polos poe-tas discipulos do herexe galego Prisciliano, os once opúscu-los deste, así como a memoria dalgúns daqueles homes de le-tras que o acompañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV florecen dous gran-des escritores galegos, o his-toriador Paulo Orosio, natural da Galicia Bracarense, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia. Desta época é o curioso libro titulado De Peregrinatione silviae, da monxa galega Eteria, obra in-completa traducida no século XIX a distintos idiomas euro-peos e que relata a peregrina-ción desta santa muller galega á península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como conta a súa viaxe a Carres para venerar a memoria do patriar-ca Abrahám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopota-mia e Dumea antes de retirarse a escribir estas memorias na cidade de Constantinopla. Do século VII consérvase o libro do monxe galego San Valerio, titulado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Galicia, pero que paralizan toda manifestación literaria e cultural, aparece o Epitalamio

Page 6: Textos de deseño. Seoane

da princesa galega Leodegun-da, filia do rei de Galicia Or-doño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatione Rationis. No século IX florece en Ga-licia unha escola de Códices na que se destacan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que ilumina o libro de rezos de Fernando I con preciosas miniaturas, a escritora Leode-gundia de Bobadela que escri-be os seus tratados en carac-teres suevo-galaicos e da que se conserva a súa obra na Bi-blioteca do Escorial, ademais doutros monxes coma Estevo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondo-ñedo Rudecindo. Neste século IX o diácono Miguel recom-pilou o Códice dos Concilios coñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Biblio-teca do Vaticano. De finais do século XI é a primeira com-posición poética universal de Galicia convertida máis tarde na oración máis fermosa dos católicos co nome de Salve Regina e o seu autor é o bispo de Compostela procedente das montañas de Curtis, San Pedro de Mezonzo2.

As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do `Salve

Regina´ a diferentes autores. Consultar artigo na wikipedia (http://

es.wikipedia.org/wiki/Salve_Regina) [Último acceso 09.12.2012].

Miniatura do Libro de horas de Fernando I, do século XI, que se con-serva na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Page 7: Textos de deseño. Seoane

Anterior a todo s e l e s

e acusado de priscilianista é o teólogo Bachiario, que escri-biu en Roma Confessio fidei e De Reparationes Lapsi. En Santiago, Bernardo deu co-mezo á primeira historia da súa igrexa, monumento lite-rario importantísimo ao que debemos grande parte dos co-ñecementos que temos sobre as orixes e primeiros bispos de Compostela, titulado Crónica Compostelana.

No século XI Wal-frido publica a súa

Crónica e Ordoño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo.

Pasadas esas épocas fóronse publicando

traducións ao galego de dis-tintas obras célebres do mundo medieval, ou compilacións le-gais que hoxe son documen-tos importantes para fixar o esplendor do idioma galego, como ocorre cos Diálogos de San Gregorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine; a Cróni-ca Troiana da que se fixo unha espléndida edición dirixida por Martínez Salazar en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta exposición. Ata os séculos XIV ou XV, póden-se fixar as distintas datas en que se fixeron estes Códices, ás que

hai que engadir as traducións das Partidas, código legal or-denado por Afonso X o Sabio, e do Foro Xulgo. Tamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanctorum, historia da Igrexa de Iria escrita en galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblioteca da catedral compostelá. Marabilla de realización son os Tombos que tamén están na dita cate-dral. Nestas obras dos Códi-ces hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola ca-ligrafía con que se realizaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encadernación, dourados, etc.

Desde os s é -cu l o s

XII ao XV, Santiago de Com-postela foi o centro cultural máis importante do extremo occidente europeo e no pri-meiro destes séculos comeza a manifestarse con extraordi-nario esplendor a poesía lírica galaico-portuguesa. Florece-mento literario de Galicia que comprende a un grande nú-mero de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernar-do de Bonaval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Meogo, Paio Gómez Chariño, Johan Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia des-ta poesía, eses dous grandes

poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo completo en Filadelfia o profesor Alberte Rennert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordi-naria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.

No século XV in-corpóranse ás letras

castelás os cabaleiros Rui Ló-pez, don Pedro Álvarez Oso-rio, o Conde de Altamira D. Rodrigo Osorio de Moscoso, don Luís de Viveiro, o bacharel Francisco de Vaamonde, Die-go de Muros, Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se conservan escasas mostras literarias.

Pasados os s é c u l o s en que

os discípulos de San Frutuoso o Asceta se dedicaban á copia de Códices e no que os bis-pos como San Froilán levaban consigo o asno cargado de li-bros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia estaba sumida en revoltas po-líticas e sociais, don Diego de Acevedo, conde de Monterrei e frei Antonio de Guevara, cronista de Carlos V, establecen a imprenta na nosa terra. A es-tes insignes varóns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da península en utilizala

Page 8: Textos de deseño. Seoane

para proveito propio. Murguía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os nosos incunables, e é esta unha gloria da que podemos envaidecérmonos como tantas outras que xacen no esquece-mento máis triste”.

Poucos anos despois do des-cubrimento de América im-prímese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras novas polo bispo Muñoz de la Cueva na súa Memoria His-tórica de la Iglesia de Orense, sen que poidan darse noticias exactas dos impresores Gon-zalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano un e salmantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras posteriores. Este Misal é o primeiro libro impreso antes de 1500 en Ga-licia. Da imprenta instalada en Mondoñedo discútese se o seu primeiro libro é a Descripción del Reino de Galicia polo li-cenciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz.

Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Co-dax. Século XIII.

Page 9: Textos de deseño. Seoane

Páxina do Misal de Monterrey, de 1500, o máis antigo —entre os que se conservan— dos libros impresos en Galicia.

Page 10: Textos de deseño. Seoane

Outr o im-

presor célebre, tamén do sé-culo XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natural de Es-tremadura, que tivo primeiro imprenta na cidade de Ouren-se e despois noutras varias ci-dades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros tipo-gráficos foron famosos polas súas edicións os que xurdiron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago a absorber todo o movemento literario e cultural de Gali-cia e que foron as prensas dos Guixard, Fraiz, Aldemunde e Aguayo.

Nos séculos XVIII e XIX numero-

sas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha calidade extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que con-tribuíron coa súa artesanía ao desenvolvemento cultural desta rexión do occidente pe-ninsular. De todas elas quedan exemplos de revistas, diarios e libros.

A finais do século XIX xorde un home de

grande mérito para as letras de Galicia, don Andrés Martínez Salazar, falecido na segunda decena do noso século. Don Andrés Martínez Salazar, na-

tural de Astorga coma D. Mar-celo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Galicia e que tan ex-celentemente estudou Otero Pedrayo. Martínez Salazar di-rixiu na Coruña a súa célebre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do século pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor.

Os libros da Biblio-teca Galega, pre-

sentados sobria e severamente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en certa maneira un modelo edi-torial.

Logo des t e p r i -

meiro ensaio xurdiu na mesma cidade da Coruña outra gran editorial galega dirixida por Ánxel Casal, un dos homes a quen Galicia debe recoñe-cemento polo seu traballo e que se titulou Editorial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idioma galego dos máis prestixio-sos homes de letras actuais de Galicia, que tivo a imprenta, primeiro na Coruña e despois en Santiago de Compostela.

Simultaneamente a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouin-tanilla dirixiu en Ferrol Célti-ga e das imprentas de todas as cidades galegas saíron impre-sos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en San-tiago o escritor Arturo Cua-drado, acompañado dun nú-cleo de estudantes fundou as edicións Niké e Resol, onde se publicaron tomos raros da máis nova literatura galega. Tamén publicou unha primeira edi-ción de poemas dos discípulos do escritor e pedagogo uru-guaio Jesualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bibliográfica. En Mondoñe-do os poetas Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostive-ron unha reducida editorial de poesía: Editorial un no Este gallego. En Ourense publi-couse ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu momento. Nela publicáronse por vez primeira traducidos a un idioma penin-sular, o galego, grandes autores contemporáneos, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último precisamente un capítulo do Ulises. Outra re-vista que agrupou o núcleo máis mozo de escritores e ar-tistas e que uniu en certa ma-neira a unha xeración distinta á de Nós foi Yunque, dirixida

Page 11: Textos de deseño. Seoane

Simulta-nea-

mente, a Academia Galega, a Universidade compostelá e o Seminario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas publi-cacións. O labor do Semina-rio de Estudos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, constitúe unha das máis im-portantes iniciativas de cantas se emprenderon en Galicia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda supe-

rados. Actualmente continúan o seu labor oficial a Acade-mia Galega e a Universidade e emprenderon un impor-tante labor editor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela e o Museo de Pontevedra. Tamén algúns particulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e siste-mático.

Entre os ar-tistas ga-legos que

se dedicaron á decoración e ilus-tración do libro debemos salien-tar no século XIX a Ánxel Bala-ca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebreiro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máximo Ramos, Fede-rico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes ga-legos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquecesen o seu país natal, como Cao, Alonso Louri-do, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realizaba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entrega-do á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Ma-nuel Castro López, tamén resi-dente nesta República.

por Ánxel Fole.

Cuberta do libro De catro a catro, escrito polo poeta Manoel Antonio no ano 1928 e editado pola editorial Nós de Anxel Casal.

Page 12: Textos de deseño. Seoane

Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Castelao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

Page 13: Textos de deseño. Seoane

Cuberta de revista Yunque con deseño e ilustración de Luís Seoane, 1932.

Page 14: Textos de deseño. Seoane

Dos e s -cr i-tores

máis destacados de Galicia que impulsaron a edición de libros débense citar os nomes ilustres dos historiadores e escrito-res don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccio-nario de Escritores3 aportase un dicionario bastante com-pleto de impresores como pri-meira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde de Mon-terrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador.

Paralela a esta bre-ve síntese

histórica dos nosos códices e dos libros das nosas imprentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entida-des públicas ou privadas, ou de particulares, realizan unha importante función de difu-sión do libro. A máis destacada de todas elas polo seu valor e prestixio é a Biblioteca Uni-

versitaria. Seguiu na súa for-mación as alternativas de pro-greso e decadencia a través dos varios séculos da Escola Compostelá e nos seus come-zos esta librería universitaria formouse das achegas dos an-tigos mestres que ían legando os exemplares raros impresos ou manuscritos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a compra da Biblioteca do bispo Carmona pola cifra, daquela cuantiosa, de 400.000 marabedís, e au-mentáronse as cadeas e cadea-dos que gardaban a antiga bi-blioteca, ao mesmo tempo que se convertía en pública, abrín-doa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os libros eran vixiados polo be-del, logo foron os estudantes quen os custodiaban. En 1591, o Santo Oficio realizou nesa biblioteca os expurgos que considerou necesarios. A cus-todia dos estudantes, así como as cadeas duraron ata o século XVIII, en que comezou para a Biblioteca Universitaria a súa obra de grande esplendor. Coa expulsión dos xesuítas incor-poráronse a esta os volumes da magnífica biblioteca do Co-

lexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospeitosas de herexía procedentes doutros colexios de Galicia, formouse o famoso cuarto de prohibi-dos. A isto engadiuse a doazón testamentaria da librería valio-sa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escul-tor galego, Felipe de Castro. Nos días da invasión francesa, un grupo de sabios galegos “afrancesados”, entre os que estaban Pedrosa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o fa-moso autor do Mapa de Gali-cia, lograron salvar a biblioteca do incendio. Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousi-ño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bibliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algunhas máis foron engadidas á Biblio-teca Universitaria con motivo da exclaustración dos frades. A ela pertencen, ademais de mi-llares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos antes, de Fernando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións realizadas por mestres da tipografía eu-ropea coma Plantino, Maunar e Estéfanos e espléndidas edi-cións dos impresores españois

3 MURGUÍA, Manuel, `Impresores´, Diccionario de escritores

gallegos Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30. É posible consultar

unha copia dixitalizada do libro na Biblioteca Dixital de Galicia,

Galiciana. (http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/

consulta/registro.cmd?id=4829)

[Úñltimo acceso 09.12.2012]

Page 15: Textos de deseño. Seoane

do século XVIII coma Sacha, Ibarra, Monfort e Cuesta.

Outr a s b i -

bliotecas moi importantes están en entidades oficiais de toda Galicia, como algunhas de Deputacións provinciais, e de Institutos, ou en So-ciedades Económicas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, destacar aquí a magnífica biblioteca de El Consulado da Coruña, a da Academia Galega e as particu-lares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modes-ta pero moi interesante para bibliografía contemporánea do Sporting Club, na Coru-ña. Exemplos de bibliotecas particulares entre as moitas e valiosas que se posúen en Ga-licia son a do arcebispo Lago González, que foi adquirida pola Biblioteca Universitaria Compostelá e que conserva o nome do antigo propietario en homenaxe a este gran galego, home de letras e arcebispo de Compostela; e a do poeta An-tonio Rey Soto, actualmente instalada en Ourense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio desta cidade na última guerra civil polo goberno da República e por personalida-des galegas.

Hai máis de corenta anos, os emigrados

galegos secundando a iniciati-va do escribán desta capital D. Gumersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a que se denomina en homenaxe a este continente “Biblioteca América”. Nela están depo-sitadas coleccións de docu-mentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e lite-ratura e coleccións de revistas de todas clases, ata constituír, seguramente, a mellor biblio-teca americanista que hai en Europa. Cos libros procedentes de América están as coleccións de mineraloxía, de moedas e medallas, de mapas deste con-tinente e multitude de pezas etnográficas que fan aínda máis valiosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis grande homenaxe que puidese ofrecer un pobo emi-grado a América ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arqui-vos norteamericanos, non se constituíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun multi-millonario, senón polo esforzo colectivo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes libros a Santiago de Compos-tela.

En A m é -r i -ca, por

outra parte, e volvendo aos editores emigrados galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publicaron arredor de 50 títulos. As coleccións Hó-rreo e Dorna de Emecé Edi-tores; e Camiño de Santiago e Pomba da editorial Nova, e que é o primeiro grande es-forzo realizado por estranxei-ros para divulgar, sen afán proselitista bastardo, a cultura do seu país nesta República. Tamén se continuaron edi-tando esporadicamente nesta capital algúns novos tomos das Edicións Resol e, illadamen-te, publicaron algúns libros o Centro Ourensán, a Federa-ción de Sociedades Galegas e Mocidades Galegas.

Page 16: Textos de deseño. Seoane

O li b r o p r e -ocupou

sempre á xente mellor de Galicia e para demostrar esta afirmación bastará con citar a atención que demostra o noso sabio erudito frei Benito Je-rónimo Feijoo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito gale-go: “Un escritor inhábil, desti-tuído de enxeño, estilo, erudi-ción, imprime un libro inútil e expono en venta pública, sina-lando o prezo ou proporción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se ven-de o libro máis excelente; pois peca gravemente e está obri-gado á restitución”. Establece os fraudes que se cometen no engano na calidade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está composto con carac-teres moi crecidos e nos casos en que o seu contido non co-rresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden facer, é obrigatoria a restitución de prezo. Es-tes principios de moralidade editorial do noso grande sabio galego debían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illadamente, coma unha lección de dignidade, se non fose que a algúns impresores e editores actuais, non a todos

afortunadamente, poden non interesarlles ser os propios de-nunciantes das trampas que se poden facer nos libros.

Cartel anunciador da Colección Hórreo, da editorial Emecé Edi-tores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942.

Page 17: Textos de deseño. Seoane
Page 18: Textos de deseño. Seoane
Page 19: Textos de deseño. Seoane

Dúas imprentas e as miñas tapas4

A Elena e Domingo García Sabell que me trouxeron toda a Compostela das miñas primeiras tapas.

En Santia-go de C o m -

postela, monumento de gra-nito e néboa, a antiga cida-de vieira erguida coma unha rocha, estableceu Ánxel Casal a súa imprenta. Primeiro no número 20 da rúa das Hor-tas á que se baixa por entre o Hospital Real e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro so-tas da baralla: a de espadas, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os personaxes da danza da morte e da vida medieval: a nobreza, a igrexa, o

comercio, os campesiños, que fixeron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ade-mais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, tonsurados e segrares, posúe en abundancia.

Despois da rúa das Hortas, de menes-

treis e artesáns, instalouse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve erguer a Torre do Reloxo da cate-dral compostelá. Na oficina que precedía aos talleres da imprenta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estudantes para falar de políti-ca, de libros e facer proxectos de revistas. Pola porta viamos pasar uns cabaleiros hipocri-tamente repousados, anciás veladas previdas de rosarios e libros de misa, estudantes atei-gados de textos baixo o brazo, ou esveltas mandadeiras coa sella de auga á cabeza.

De n o i t e a n i -m á -

base a Rúa do Vilar cos pa-seos de estudantes; as parellas de namorados preferían facer a súa rolda de amor baixo os soportais que enmarcan a rúa, mentres, polo centro, gru-

pos de mozos de ambos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se dedican ditos graciosos e galantes. Na miña época, moitos conspira-bamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vidreiras das vellas pra-terías, das antigas librerías con sotos misteriosos, no portal dalgunha vella casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dunhas mesas do café Español, onde outros consumían a súa quen-da de oito horas de dados e de dominó.

Algunhas desas noites alterábase o candor

polas rúas cando se interrom-pía a enerxía eléctrica da ci-dade por un apagón provocado por estudantes e obreiros ou pola carga aberta que a garda civil ou a garda de seguridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo entre berros subversivos e corridas de mulleres, silen-ciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore. Outras veces a desorde oco-rría porque os estudantes de Dereito e os de Medicina ou os de calquera outra facultade, en compañía dalgún dourador de imaxes ou tallista de mobles facían estalar bombas inofen-

4SEOANE, Luís, `Dos imprentas y mis tapas´, Libro de tapas,

Ediciones Botella al mar, Bos Aires, 1953.

Page 20: Textos de deseño. Seoane

sidade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cortinas das fiestras. Os días de choiva, que son a maioría, o paseo fai-se baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.

É po s i -ble que a í n d a

continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañeira, que arroupada no seu longo e negro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das cocidas, ese olor a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira debe de continuar parecendo unha das figuras la-bradas en pedra do Pórtico da Gloria ou dun capitel, do Pa-lacio Xelmírez.

Para algúns libros de poetas amigos, Fe-

liciano Rolán, Iglesia Alva-riño, Cunqueiro, fixen alí as primeiras tapas e ilustracións, aquelas que se imprimiron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que outros debuxos meus fo-sen publicados en revistas li-terarias e semanarios políticos. Yunque, Universitarios, Clari-dad, Ser, Resol, que escanda-lizaban á fidalguía e burguesía galegas durmidas no pretérito, nas lecturas dos vellos croni-cóns; historias de santos, amo-res clandestinos e balances

bancarios. Na miña mesa de estudante mesturá-banse, cos códigos de tratados de Dereito, os albumes e mo-nografías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España —esta cos espléndi-dos debuxos de Maside— e os libros das editoriais “Cénit”, “Ulises”, “Zeus” e “Teivos”.Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proximidades da cal pro-ceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revoltoso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de liques, ouro, verde e negro, as fachadas románicas e barro-cas, chuvia e néboa, acendé-ronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

Page 21: Textos de deseño. Seoane

Primeira páxina da revista Claridad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proclamación da Repú-blica, con deseño e gravado ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

Page 22: Textos de deseño. Seoane

II

Con Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compostela, em-prendín en Bos Aires varias empresas editoriais. Os dous con outro amigo entraña-ble, Lorenzo Varela, de quen os primeiros poemas viñeron desde súa terra aceirada de Lugo, traídos por amigos co-múns, fundamos e diriximos Correo Literario, coa colabo-ración de Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros e outras empresas nada comer-ciais, todas elas en certa ma-neira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666. Unha rúa do barrio de San Telmo, dese ba-rrio habitado en grande parte por galegos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese co-pete de luz que nos momentos precursores da treboada adorna a arboradura dos barcos.

A capital desa rúa branca, gris e ocre, de

ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Imprenta López, que leva o número capicúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Botella al Mar”, un café de esquina e unha froi-tería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas imprentas

das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raída, pechada a súa porta desde hai anos con ca-deas e cadeado, con reixas nas fiestras que nos veráns apare-cen cubertas de arañas esten-dendo as súas teas ao sol. O leste é lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra desco-ñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos séculos XV e XVI.

A primeira vez que en-trei na Imprenta Ló-

pez, hai máis de dez anos, antes de que modificasen a súa fa-chada e a súa estrutura interior, acompañando ao pintor Attilio Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artista gráfico, foi a unha habitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxante e da que dunha das súas paredes pendía unha vella gaita inútil e encouzada, de cando había moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompañado dalgún obreiro da tipografía ou das máquinas, representaba como actor afeccionado nos festivais da colectividade galega.

A Impren-ta López unira xa

o seu destino ao dos libros de moitos escritores arxentinos consagrados e novos, de modo que cando se fundaron as im-

portantes empresas editoriais deste país, como consecuen-cia sobre todo da guerra de España, atoparon neses gran-des talleres todo o necesario para cooperar coa grandeza do movemento editorial que se emprendía. Tipografía e má-quinas constantemente reno-vadas e un equipo de obrei-ros capaces, dirixidos por Don Xosé Manuel López Soto, fi-lio do fundador e propietario da industria, e por Don Pedro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formándose os fillos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles temonean por igual, sorteando as borras-cas da industria, o traballo dos talleres e os soños dos autores.

Cando, con Cuadrado, quixemos continuar

o labor comezado de estudan-tes en Compostela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis es-traños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas libre-rías e que seguen silandeiros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta imprenta, unha das máis importantes de Sudaméri-ca, o ánimo necesario. Desde hai anos, entre as decenas de millares de libros que saen do corno da abundancia da súa sección expedición, destinados a editoriais arxentinas, vene-

Page 23: Textos de deseño. Seoane

zolanas, colombianas e doutros moitos países deste continen-te, xorden esas magnolias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de “Botella al Mar”

Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernando Scornik, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 24: Textos de deseño. Seoane

Ao cafe-tucho d a

esquina de México e Perú, entre mensaxeiros da axencia telegráfica de enfronte, obrei-ros dalgunhas outras, que case sempre se constrúen nos arre-dores, e comerciantes de países nórdicos que recordan paisaxes afastadas a través do fume das súas pipas, estendemos o re-ducido tamaño da nosa ofici-na. Alí discutimos plans qui-méricos e novas publicacións acompañados do infaltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indi-ferentes, como se enrique-cía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para establecerse como patrón independente nun propio do-utro barrio.

Algunhas veces, ve-ciños da vidreira,

miramos silandeiros para as colas das xentes que esperan o ómnibus ou o colectivo ou para ese carriño de changas que ostenta o alcume: “Afás-tate piolloso que vén o peite”. Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carballos centena-rios da montaña galega. Igual encomenda ela ao azar os seus billetes coma nós os nosos li-

bros.

Page 25: Textos de deseño. Seoane

III

Escr i b í n sen ce-r imonia

algunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustracións que fun fa-cendo para moitas grandes e pequenas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primeiras, alegres e cando-rosas, feitas para algúns libros que se imprimiron na im-prenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da imprenta López, en Bos Aires; estas últimas, como as primeiras, realizadas desin-teresadamente, e destinadas na súa maioría a novos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se reproducen al-gunhas delas despoxadas dos detalles tipográficos que as complementaron, é parecido a aquel capicúa que Macedo-nio Fernández escribiu nunha carta: “Libro de tapas de libro”, definindo: “a tapa de libro é a morada de todo lector”.

Penso que moitos libros actuais perdurarán

como testemuño dunha bela época da pintura. Pablo Picas-so, precursor en tantos xéneros artísticos, admirable ilustrador de Ovidio, de Góngora e de Buffon, dixo nunha oportu-nidade: “Tivemos a época dos ballets rusos, teremos proba-

blemente agora a época das grandes edicións”. Para un pintor ilustrar ou compaxinar un libro é unha oportunidade de atopar unha nova expre-sión. Pola miña parte sentín, precisamente como pintor, a necesidade de facer fermosos libros aínda desenvolvéndome sempre con mesquiños medios económicos.

O q u e creo ter aporta-

do ao libro en xeral coas mi-ñas tapas e debuxos é un hu-mor como de canción popular, xunto a imaxes novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon probablemente máis a sutís elementos tipográfi-cos e á utilización dos recur-sos aportados polas novidades técnicas. A min bastoume con destinarlles unha nova expre-sión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas pintadas dos circos.

Page 26: Textos de deseño. Seoane

Cuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola edito-rial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 27: Textos de deseño. Seoane

Contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 28: Textos de deseño. Seoane
Page 29: Textos de deseño. Seoane

Breve crónica en rela-ción comigo e as artes gráficas5

Albe r t S k i r a , creador

de libros de arte daquela es-pléndida revista que se cha-mou Minotaure, asegurou, no catálogo que conmemoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso libro non é obra dunha soa persoa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son varios os ar-tesáns que interveñen na ela-boración do libro e o esforzo é sempre de carácter colectivo. Cada libro ten unha historia, independente do autor e do tema que trata. Unha historia referida á súa edición. Aquel libro que naceu rico, que pro-duciu seguramente un déficit na contabilidade da editorial, aí está nunha librería de últi-ma categoría, vendéndose en lote, con outros máis modes-tos que correron igual sorteo “Tres libros por dez pesos” reza o cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas condicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha especie de dignidade que o semella nesas librerías, onde se

vende en promiscuidade con discos e outros obxectos, á da-queles fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gastado a traza das repetidas limpe-zas dos tintoretos e que viven unha segunda vida na Corte dos Milagres de calquera cida-de. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de borrar.

A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio

Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate. Cada un deles ten, independente-mente da historia da súa crea-ción e do seu actual desam-paro, a súa crónica gráfica tan digna de ser relatada nalgúns casos, como a do “Florilége des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas lito-grafías Matisse e, en oportuni-dades, moito máis pintoresca.

Entre todas as persoas que interveñen na

confección do libro, o que lle imprime carácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e de-coración.

Cando comezou o grande movemen-

to editorial arxentino, entre os anos 1938 e 1940, a con-

secuencia da guerra civil es-pañola, algúns artistas gráficos trataron de imprimir perso-nalidade aos libros que saían por primeira vez en cantida-de das imprentas de Bos Aires. Tres sobre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mes-mo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa dife-renciación.

Pasaron case vinte anos, e falo de min en re-

lación con aqueles a quen se-guramente debe aportes máis fundamentais o libro arxenti-no. Mais, cada un de nós, At-tilio Rossi, o primeiro, Her-melín, e máis eu, deixou na arquitectura e decoración do libro industrial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas coleccións deles, o aporte da súa sensibi-lidade artística e da súa cultu-ra. Os tres tiveramos que saír, por razóns políticas, dos países onde nos formaramos. Attilio Rossi abandonou a Italia de Mussolini onde dirixira con Cario Dradi Campo gráfico6,

en Milán, logo de participar en todos os movementos renova-dores da tipografía e das artes gráficas nesta cidade. Xacobe Hermelín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como con-secuencia das persecucións de

5SEOANE Luís, `Breve crónica en relación conmigo y las

artes gráficas´,Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos

Aires, 1957.

Page 30: Textos de deseño. Seoane

Hitler e trouxo consigo, á par-te da súa experiencia gráfica, o seu aporte de notable calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstracto das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pe-quena imprenta compostelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de editar semanarios políticos e revistas xuvenís de arte e lite-ratura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferen-ciación cultural e sentimental desa terra.

Dos t re s , s ó A t -

tilio Rossi puido regresar ao país da súa formación; Her-melín finou no desterro e, pola miña parte, veño contemplan-do desde aquela, desde esta cidade do meu nacemento, o curioso fenómeno político da incorporación paulatina do franquismo ao seo das de-mocracias, sen disimular a súa orixe e violencia.

Rossi trouxo ao li-bro arxentino o seu

amor pola medida, o seu rigor xeométrico e, cos seus gran-des coñecementos técnicos, un afán constante de experi-

mentación. Hermelín aportou a vontade e o vigor que carac-terizan o traballo xermánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis instintivo, tratei de servirme do meu coñecemento do pa-sado para as miñas experiencias gráficas. O gusto polas prehis-tóricas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos ro-manos que tamén alí abundan, e polos miniados medievais. (Sobre todo, aqueles do car-tulario da catedral compostelá, do Tumbo A, e os do Diurnal de Fernando I, que teñen as páxinas epigráficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Domín-guez Bordona, e onde existe unha inicial, a B, que segundo o romanista norteamericano Kingsley Porter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos europeos nos séculos medios; tendo en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manus-critos do Salterio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións). Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na de-coración e diagramación do

libro. A color, tamén o negro, gris e branco da páxina.

Exis t í a n d e s -de logo

impresores que realizaran fer-mosos libros para bibliófilos, magníficos debuxantes que ilustraron este tipo de libro e que fixeron o aporte do seu talento a moitas edicións de autor. O noso propósito era distinto. Consistía en crear li-bros e coleccións para as gran-des editoriais que se formaban con outro sentido formal e no que non se excluíse a perso-nalidade do artista gráfico, e imprimíndolle un carácter di-ferencial no mercado do mun-do. Os tres coñecíamos moitas das experiencias fundamentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerrafae-listas, e as de William Morris, e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Realizaramos, ou coñeciámo-las desde tres puntos afastados de Europa, moitas das expe-riencias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aínda unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas par-tes de América. Utilizaramos a medida de ouro, a impresión en papel de farrapos, supri-

6A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación independente

en Italia, e das primeiras en Europa, en difundir e aplicar as teorás

de deseño de vangarda no período de entreguerras. A revista aracte-

rizouse pola aplicación dunha lóxica funcionalista ao seu deseño,

empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomontaxes. A

revisa editouse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939. Na páxina

de Internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de

moitos exemplares (http://thisisdisplay.org/tag/Campo+Gráfico)

[Último acceso 09.12.2012]

Page 31: Textos de deseño. Seoane

mindo as maiúsculas, —su-presión iniciada, creo arredor de 1925 en Alemaña, segura-mente como reacción ao ex-cesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgunhas publicacións de literatura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros li-bros valiosos se publicou unha das primeiras monografías so-bre o pintor W. Baumeister— e tamén usando para as carautas os corpos 10 ou 12 como un alarde de distinción e auste-ridade, utilizando o que cha-mabamos tipo universal como máis claro e definitivo.

Coñeciamos as experiencias tipo-gráficas futuristas e cubistas, as rusas de arredor de 1920, as de El Lissitzky, as de Werkman en Holanda, os traballos moder-nistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova ten-dencia entón dos construtivis-tas alemáns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Bayer no Bauhaus, e case to-dos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír notablemente na pintura e as artes plásticas en xeral. Rossi, que foi un dos primeiros de-fensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de numerosas

notas de crítica artística na re-vista Sur, aplicou algúns des-tes coñecementos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un libro. Xacobe Hermelín, máis fiel á caligrafía, que constituíu a súa maior vo-cación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o al-fabeto gótico e o público co-ñeceu o alto valor do seu labor na exposición póstuma que da súa obra se realizou nesta capital, hai algúns anos, polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min, pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, preferín deixarme guiar case sempre pola intuición, polas mesmas leis que arredor de 1930 me facían gustar das experiencias post-expresio-nistas e post-cubistas, sempre en relación con outros gustos máis permanentes. Estes libros e coleccións, dos que orienta-mos a súa arquitectura, adoi-táronse imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que ago-ra, vinte anos máis tarde, son, naturalmente, máis decrépi-tas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, su-perada aquela etapa, un núcleo de artistas destacan o seu gusto na artesanía tipográfica (Sil-vio Baldessari, Bonomi, Cerdá Carretero, Cotta, Gonda, Al-fredo Hlito, Carlos Hirsch, Ia-

quinandi, Maldonado, Méndez Mosquera, Lidy Pratto, Rebu-ffo, Rosarivo, etc.) e fan posi-ble, aínda a pesar dese estanca-mento técnico, a distinción do libro arxentino.

Naquela imprenta composte-lá “Nós” á que me referín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tempo alternando os faladoiros de café e as reunións clandes-tinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estu-dante de Dereito, fixen para semanarios revolucionarios e autonomistas, como Claridad, Ser, a revista Universitarios, os meus primeiros intentos de composición tipográfica. O gravado en linóleum, im-preso en negro sobre papel de color, atravesaba algunha que outra vez, como a franxa dun-ha bandeira, a primeira páxina de Claridad. Os meus recursos tipográficos, limitados á mo-destia da imprenta, utilizábaos mesturando na composición os tipos máis antigos con fi-letes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras imprentas daquela cidade desde os sécu-los XVII e XVIII, revoltos nas caixas cos de estilo modernista, adquiridos polos seus propie-tarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para

Page 32: Textos de deseño. Seoane

outras experiencias. Gozaba-mos deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscando parecidos fins ti-pográficos, aínda que guiados dun afán distinto no ensaio, pois, pola nosa parte, non ía unido á imposición de pro-grama estético algún. Os nosos carteis, os que faciamos para pegar nas paredes burlando a vixilancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferen-cias universitarias, estaban rea-lizados polo procedemento do estarcido, ou tamén gravados ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos des-pois gustarían aos partidarios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta” ¿É posible que nas bi-bliotecas expurgadas de Gali-cia se conserve algo desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía daquela nunha e noutra cidade dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colaborabamos con outros compañeiros, facíanse alardes tipográficos parecidos. ¿Que foi daqueles libros de poemas dos que coloreabamos as tapas a man con menos solemnidade cós pequenos beatos? No pe-queno rastro próximo á Uni-versidade, se continúa existin-do, ou nas librerías de vello, é seguro que non se encontren mostras daquela inquietude. En cambio, nas librerías das rúas de Correntes de Bos Aires, nesas onde a lectura dos títulos

se une na mente aos ripios das cancións de discos populares, ou ao ritmo da canción bai-lable de moda, dun bugui ou dun rock, podemos ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionalidades e temas, un anaco dalgún daqueles que diagramamos e lle fixemos a tapa. Está con outros amorea-do de calquera xeito, e, sobre el, sobre todos eles, colocado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: “Tres por dez pesos”. Se non o silencio, polo ruído dos discos, o lixo, polo menos, úneos e envól-veos, mentres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con notables libros de arte e de fotografías que son, ao dicir de Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, qui-zais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 33: Textos de deseño. Seoane
Page 34: Textos de deseño. Seoane
Page 35: Textos de deseño. Seoane

7SEOANE, Luís e DÍAZ PARDO, Isaac, Manifiesto del

Laboratorio de Formas de Galicia, separata incluída en `Cuadernos

del Laboratorio de Formas de Galicia nº1´, Edicios do Castro, Sada,

A Coruña, 1970.

Manifiesto del Labo-ratorio de Formas de Galicia7

- El LA-BO-RA-

TORIO DE FORMAS, nacido en la Galicia emigrada como producto de la volun-tad de dos artistas, se propone el estudio de las formas desa-rrolladas en el pasado gallego y las que continúan vigentes, heredadas de ese pasado, en el presente. Testigo del cansan-cio producido por los últimos ideales cosmopolitas de algunas escuelas, el LABORATORIO se propone encontrar en esas formas olvidadas que tuvieron vigencia durante siglos, y en las que perduran heredadas, los signos de su propio sistema de expresión.

- El LA-BO-RA-

TORIO DE FORMAS DE GALlCIA registra un largo número de intentos y teorías que van desde John Ruskin y William Morris, desde los ra-cionalistas y constructivistas rusos, hasta las últimas expe-riencias de Tomás Maldonado, 1. Sutherland, T. Johnson, etc., pasando por el ejemplo clásico

del Bauhaus.Pero, los propósitos que guían al LABORATORIO y la teo-ría que sustenta, han de incluir, además del significado, el ori-gen de las formas tratando de no someterse al cosmopolitis-mo a que antes nos referíamos, por respeto al hombre, anali-zando aquellas que distinguen de antiguo el arte de Galicia, teniendo en cuenta las ex-periencias anónimas que in-ventaron hace centenares de años formas aún actuales y que adquirieron particularidad ga-llega.

- El LA-BO-RA-

TORIO DE FORMAS DE GALlCIA dejó su período de conversaciones previas y de formulaciones teóricas, y, co-laborando con Cerámicas del Castro cuenta ya en su haber con dos importantes reali-zaciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestigio del pasado gallego, que represen-tó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Museo Carlos Maside, que aspira a recoger la obra y la documentación del movimiento renovador del

arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verda-dero centro de información y archivo relativo a las ideas es-téticas de Galicia y a la difu-sión dentro de ella de los mo-vimientos universales del arte.

- El LA-BO-RA-

TORIO DE FORMAS se propone hacerse notar más por sus realizaciones que por formulaciones teóricas, mos-trando siempre su simpatía por las artes populares. El LABO-RATORIO estará presente allí donde existan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abier-to a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.