98
MACIZO CENTRAL OURENSÁN

Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

MACIZO CENTRAL OURENSÁN

Page 2: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.

Page 3: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas, Altos do Samión e Invernadeiro. Nos arredores, e con menor altitude atópanse os Montes de Correchouso e as Serras de Urdiñeira, Entirlos e Seca (no Sur), e Cabeza de Meda e Serra das Cabanas (no Norte).

Vista do Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)

Page 4: Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Page 5: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares, dos que se atopan numerosas pegadas en toda a zona (circos glaciares, morrenas, vales en artesa...)

Vista do Macizo Central desde o Covel. No centro Manzaneda e debaixo o val glaciar de Lamas-Requeixo

Page 6: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Granitos en Manzaneda

A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.

Page 7: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas

Page 8: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Lousas na serra da Queixa

Page 9: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

SERRA DA QUEIXAOcupa a parte central do macizo, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro.

ALTURAS DESTACADAS: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777), Os Toleiros (1.734 m).ROCHAS: Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas. formacións graníticas, pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna, etnografía. Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.

Page 10: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Serra da Queixa desde San Mamede

Page 11: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central

Page 12: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda

Page 13: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Val de Requeixo e Altos do Samión desde os Cumes da serra de Queixa

Page 14: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

ALTOS DO SAMIÓN É unha pequena serra con orientación NE-S situado entre a Serra de San Mamede e Fial das Corzas, no concello de Chandrexa de Queixa. Nela nacen varios afluentes do Navea.

ALTURAS DESTACADAS: Penedo de Samión (1.348 m).ROCHAS: xistos, granitos bosques, flora, fauna.

Page 15: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Altos do Samión desde San Mamede

Page 16: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

SERRA DO FIAL DAS CORZASSituada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. Na súa vertente occidental nace o río Camba que logo rodea a serra e vai cara ao leste a xuntarse co Bibei, no sur o Trez, un afluente do Támoga, e no leste varios afluentes do Navea.

ALTURAS DESTACADAS: Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m)ROCHAS: areíscas e lousas pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna, etnografía. Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.

Page 17: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Serra do Fial das Corzas

Page 18: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

MONTES DO INVERNADEIRO Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande, Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena.

ALTURAS DESTACADAS: Pico do Seixo (1.707 m) e Castrelo Grande (1.613 m).ROCHAS: xistos, lousas e cuarcitas pegadas glaciarias, fervenzas, fragas, flora e fauna. Protexido como Parque Natural e LIC.

Page 19: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

As Hedradas, na aba leste do Invernadeiro

Page 20: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Montes do Invernadeiro desde A Gudiña

Page 21: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

SERRA DE SAN MAMEDEDomina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea.

ALTURAS DESTACADAS: San Mamede (1.619 m)ROCHAS: xistos, areíscas e granitos de dúas micas. formacións rochosas, fragas (LIC Bidueiral de Montederramo), flora e fauna.

Page 22: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

San Mamede desde as Brañas de Calvelo en Baños de Molgas

Page 23: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

CABEZA DE MEDA Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao noroeste (ata o canón do Sil) da de San Mamede, da que a separa o Alto do Rodicio.

ALTURAS DESTACADAS: Cabeza de Meda, con 1.323 mROCHAS: xistos, granitos. vistas sobre o Canón do Sil e a Depresión de Maceda.

Page 24: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Vista do Canón do Sil e a Depresión de Monforte desde o alto de Cabeza de Meda.

Page 25: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

SERRA DA BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Na vertente oeste nace o río Edo e varios regatos afluentes do Mao e na leste afluentes do Navea.

ALTURAS DESTACADAS: O Serro (1.211 m) e O Valisco (1.203 m).ROCHAS: granito de dúas micas formacións graníticas, fragas, etnografía.

A serra do Burgo e o val do Navea no inverno.

Page 26: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Serra do Burgo

Page 27: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Serra do Burgo

Page 28: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

SERRA DAS CABANAS Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Na vertente norte nacen pequenos afluentes do Sil, e ba sur nacen varios afluentes do Edo e do Navea (tributarios do Sil).

Vista da serra das Cabanas desde O Courel, co Cerengo no centro

ALTURAS DESTACADAS: Cerengo (1.235 m).ROCHAS: xistos, granitos, cuarcitas. bosques, flora e fauna, vistas panorámicas sobre o Courel e o val do Sil.

Page 29: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Vertente lete do cerengo desde o Mouzón (en primeiro plano a depresión de Valdeorras

Page 30: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

MONTES DE CORRECHOUSOÉ a prolongación da Serra de San Mamede cara ao SE. Na vertente sur nacen varios afluentes do Támega.

ALTURAS DESTACADAS: Alto do Baroncello (1.406 m)ROCHAS: granitos e xistos. flora e fauna

Page 31: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Val do río Correchouso (Trez-Témega) entre os Montes de Correchoiso e Fial das Corzas

Page 32: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

GLACIARISMODurante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marcas do xeo...

Val glaciar do Cenza

Page 33: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Os glaciares máis importantes foron:-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso.-Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda).-As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel.-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro.-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro.-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande.-O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira Grande, no interior do Parque Natural do Invernadeiro.

Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro.

Rochas coas pegadas da acción do xeo

Depósitos glaciares en Mormentelos

Page 34: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Depósitos glaciares no val do Cenza No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...

Page 35: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.

Page 36: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)

Page 37: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 38: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 39: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

REDE FLUVIALMacizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e Queixa-Navea.

Page 40: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

RÍO SILÉ o principal afluente do Miño e o que achega maior caudal. Recolle augas do sur da Cordilleira Cantábrica e das serras dos Ancares, Oribio e das Penas pola dereita; e dos Montes de León e as serras de Teleno, Cabreira, Segundeira, Canizo, San Mamede e Monte Meda, pola esquerda.Nace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta-León), ao pé de Peña Orniz, e xúntase co Miño nos Peares. Limita o Macizo central polo norte e recolle as augas do Bibei, Edo e Mao.

Page 41: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Canón do Sil desde o monte Meda

Page 42: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura) discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda).

O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.

Page 43: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

O Bibei no encoro do Vao

Page 44: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

O Bibei no Larouco

Page 45: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río CambaNace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza.

O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro

Page 46: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río Ribeira GrandeFórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).

Page 47: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río Ribeira PequenaNace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.

Page 48: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río Conso Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza.

O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas

Page 49: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Fervenza no Conso en Pradoalvar

Page 50: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Fervenza nun afluente do Conso nas Hedradas

Page 51: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)

Page 52: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido, no regato Veigas de Camba que desemboca no Conso. Un salto en lousas de aproximadamente 20 m de altura.

Page 53: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río CenzaFórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña e de pegadas glaciarias.

Page 54: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña

Page 55: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de Conso). O río salva un desnivel en rochas graníticas de máis de 100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.

Page 56: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Rego de San MiguelFórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao.

Rego de Prado, un afluente do San Miguel

Page 57: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río San LázaroNace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro.

O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda)

Fervenza no rego de San Miguel entre Manzaneda e Trives

Page 58: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río NaveaO río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal e o das Cabanas.Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.

Encoro de Chandrexa de Queixa

Page 59: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Val do Navea no inverno.Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.

Page 60: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa

Page 61: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río Dorelle ou CasteligoNace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).

Page 62: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.

Page 63: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

RÍO EDONace na Serra do Burgo e ten un percorrido curto polo concello de Castro Caldelas ata xuntarse co Sil na zona dos canóns.

Fervenza do Cachón Río de Caldelas (Edo)

Page 64: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Río Mao (Mau)Recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas.

Page 65: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Gorxa do MaoA Teixeira-Parada de Sil

Page 66: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Rego da Senra (Mao)Parada de Sil

Corga da Tella (Mao)Gabín (Montederramo)

Page 67: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

RÍO TÁMEGA Nace no monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes, remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal), despois de percorrer 51 km por territorio galego. Desemboca no Douro, en Portugal. Varios dos seus afluentes nacen no Macizo Central: Portas, Barxa (Avilleira) e Correchouso (Trez ou, Ribeira).

RÍO TREZ ou RIBEIRAFórmase pola confluencia de varios regos que baixan dos Montes de Correchouso (río Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara (Cereixo). Xúntase co Támega en Laza.

Fervenza dos Muíños, no Trez. Está modificada pola presa dun muíño.

Page 68: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Rego do Corno (Correchouso ou das Cabras-Trez-Támega) en Toro (Laza)

Page 69: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Rego da Profita (Cereixo-Támega)Toro (Laza)

Rego de Auga Alta (Cereixo-Támega)Toro (Laza)

Page 70: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

RÍO ARNOIANace na serra de San Mamede pola unión dos regos Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio-Ourense). Percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Allariz, Cartelle e Arnoia. Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia.

Nacentes do Arnoia en Rebordechao

Page 71: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Vides no val do Bibei

CLIMAOceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes, en parte en forma de neve.Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.

Neve en Manzaneda

Page 72: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

FLORANestas serras mestúranse característica atlánticas e mediterráneas, o que, unido as distintas condicións ambientais (altitude, orientación, pendente, composición do terreo) da lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...

Page 73: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Carqueixas e uces

Page 74: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi antigos.Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.

Page 75: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...

Page 76: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Bidueiros

Page 77: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus...

Armeria ciliata

Page 78: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Anémona (Anemone trifolia)

Page 79: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).

Uz vermella (Erica australis). Uz, urce (Erica arborea)

Page 80: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando en último termo á formación de turbeiras.

Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.

Page 81: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

ÁRBORES SENLLEIRASAs serras acollen exemplares monumentais de de árbores, en especial castiñeiros.

Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Page 82: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Carballos (Querqus robur)-Figueiro (Montes do Invernadeiro)

Page 83: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica)

Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro.

Page 84: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

FAUNADestaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza.

Lesma

Vacaloura

Bolboreta (Polyommatus icarus)

Page 85: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Ra patilonga (Rana iberica)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

Víbora de Seoane (Vipera seoanei)

Page 86: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Entre as aves destacan as especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina e paxaros.

Cotovía (Galerida cristata)

Águia real (Aquila chrysaetos)

Page 87: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Corzo (Capreolus capreolus).

Lebre ibérica (Lepus granatensis).

Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro.

Estas serras acollen importantes poboacións de mamíferos pouco comúns noutras zonas do país: leirón, lobo, gato bravo, marta, armiño, tourón, lontra, lobo, corzo, lebre ibérica...

Page 88: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Cabeza de Manzaneda

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...

Page 89: Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Page 90: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Ponte romana de Larouco sobre o Bibei

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de clima máis benigno dos vales. Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-artísticos.

Miliarios en Larouco

Page 91: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar

Page 92: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

PROBLEMAS-Incendios, repoboación con especies foráneas, encoros, especies invasoras, abandono das actividades e dos asentamentos

Erosión despois dos lumes

Page 93: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC MACIZO CENTRALSUPERFICIE: 46.986 haCONCELLOS: O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo).

Cabeza de Manzaneda

Page 94: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Castiñeiro de Pumbariños no inverno

MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES”Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños.

Page 95: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

Vista dos Montes de Invernadeiro desde o Fial das Corzas

PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIROSituado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no Camba no encoro das Portas.

Page 96: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

LIC BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMOEspazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.949 ha) situados nas abas orientadas cara ao Oeste da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.O bidueiral está situado no extremo norte deste espazo. Distínguese pola altitude á que está situado entre os 1.619 e os 1.000 m, e por ser un dos bidueirais situados máis ao sur de Galiza.

Page 97: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

LIC CANÓN DO SILInclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil. O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural. CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón, Sober.

Page 98: Macizo Central Ourensán (serras galegas)

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016