Upload
marlou
View
110
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
X.L. MÉNDEZ FERRÍN
Tania Pose Ordóñez 2ºBach B
ÍNDICE1. Portada……………………………………………..Diapositiva 1.
2. Índice………………………………………………..Diapositiva 2.3. Contexto histórico……………………………...….Diapositiva 3.4. Importancia do autor para a hª da Lit. Gal……...Diapositiva 9.5. Produción literaria………………………………....Diapositivas 12, 13, 17.6. Comentario.………………………………………...Diapositiva 18.7. Conclusión………………………………………….Diapositiva 22.8. Fontes……………………………………………….Diapositiva 24.
CONTEXTO HISTÓRIC
OGUERRA CIVIL
(1936-1939)
Vitoria do bando nacional Inicio do FRANQUISMO
Desaparición do galego na escena pública, no
ensino e nas actividades socioeconómicas
Prohibida calquera lingua vernácula agás o castelán
Represión política, cultural e lingüística.
CONTEXTO HISTÓRICO
Os intelectuais galegos teñen que emigrar (Arxentina, Venezuela, México,
Cuba,...). Alí levan a cabo o desenvolvemento cultural galego
porque aquí non se podía.
CONTEXTO
HISTÓRICO
A situación do galego comezará a mudar a partir dos anos 50.
Creación da EDITORIAL GALAXIA Recuperación cultural
Rearmamento do galeguismo producido na Galiza interior
Fai que
Escritores en lingua galega da preguerra volven a publicar en galego
Os novos autores contarán cun medio no que poder publicar
Xohana Torres, Manuel Maria, Mª Xosé Queizán, X.L. Méndez Ferrín,...
Editorial Monterrey
CONTEXTO HISTÓRICO
Década dos 60 Comeza darse unha leve atenuación da censura
Acentuado o proceso de
recuperación cultural que comezara
nos anos 50
Posibilidade de publicacións antes prohibidas (Grial 1961)
Instauración do Día das Letras Galegas (1963)
Edicións do Castro
Novas asociacións culturais en defensa do
galego (O Facho, O Galo, Abrente,...)
Cátedra de Lingua e Literatura Galegas (1965, da man de Ricardo Carvalho Calero)
Instituto da Lingua Galega (1971)
Premios de Teatro Castelao (1963-1965)
Certame de Teatro do Miño (1961)
CONTEXTO HISTÓRICO
A pesar de todos os avances...
Prensa en castelán. Galego ás veces se o
tema é cultural.
Radio en castelán de maneira case
exclusiva. Galego so no humor.
(En América hai programas de radio en
galego).
A Televisión emprega como
lingua exclusiva o castelán.
A grandes rasgos a Igrexa nega o
uso do galego na liturxia.
CONTEXTO
HISTÓRICO
Finais séc. XX
DEMOCRACIAConsolidación dos xéneros literarios
anteriores e apertura de novos
horizontes nos distintos campos
literarios.
Constitución democrática para
Galiza no 78.
Apróbase o Estatuto de
Autonomía no 81.Galego, lingua
propia de Galiza.
Lei de Normalización
Lingüística no 83.Galego, materia e lingua vehicular do
ensino.
Propóñense normas
ortográficas e morfolóxicas para
o galego no 82.
Xorde a TVG e a Radio Galega no 85.
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGAToma consciencia nos anos 50 da realidade lingüística e cultural e do papel que o
galeguismo de preguerra desempeñara na reconstrucción nacional.
No 55 comeza a estudar Filosofía e Letras na USC e toma contacto co galeguismo da Editorial Galaxia
Autor clave na evolución da poesía e da narrativa galega contemporánea
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGAXERACIÓN DAS FESTAS
MINERVAISou XERACIÓN DOS 50
❖ Autores nados entre 1930 e 1940.❖ Escriben nos anos 50.❖ Atopamos as primeiras mostras deste
grupo na “Escola da Tebra”.❖ Recuperan o compromiso político na
clandestinidade.❖ Participan nas denominadas “Festas
Minervais” (1953-1964).❖ Participan no proxecto da Editorial
Galaxia a través da súa colección “Illa Nova”.
❖ Algúns fundan en Madrid a editorial “Brais Pinto” (Grupo Brais Pinto) (X.L.Méndez Ferrín)
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGA
❖ Poesía existencialista. Exploración do eu fronte a un mundo problemático: pesimismo e angustia. (Escola da Tebra)
❖ Renovación da linguaxe poética: Combinan tradición e vangarda.
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGA
❖ Primeiro libro: Voce na néboa (1957).
❖ Influencia existencialista da Escola da Tebra.
❖ Poesía dos anos 60 publicada baixo o pseudónimo Heriberto Bens nos 70.
❖ Fortemente marcada pola tendencia socialrealista. (fortes connotacións sociopolíticas)
❖ Poemario máis celebrado.
❖ Considérase que abriu novos camiños na lírica contemporánea logo da morte de Franco.
obras máis representativas...
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGANOVA NARRATIVA GALEGA
❖ NON é unha xeración, mais os seus autores teñen cousas en común.❖ É o primeiro intento colectivo de renovar a técnica e a temática da narrativa galega.❖ Formada por universitarios que non viviron a guerra civil.❖ Incorporan ás súas obras técnicas, temas e procesos moi renovadores usados na narrativa
universal do séc. XX.❖ Publican a súa obra dentro da colección “Illa Nova”, pertencente á Editorial Galaxia.
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGANOVA NARRATIVA GALEGA
● Angustia do ser humano ante un mundo opresivo.● Personaxes desarraigados, anónimos, marxináis, transtornados polos
conflitos internos e pola inadaptación ao seu mundo social e cultural.
● Predominio do narrador - protagonista.● Espazo maioritariamente urbano e sen referente de localización real
(pode adquirar carácter simbólico).● Ruptura entre o tempo do relato e o tempo do discurso.
● Mestura do real e fantástico.● Temas: absurdo existencial, violencia, agresividade, tensión nas
relacións humanas, morte, sexo.● Interculturalidade.● Anonimato, lugares sórdidos, claustrofobia.
● Monólogo interior.● Distorsión temporal.● Pruralidade de voces narrativas (enfoque múltiple da realidade)
TEMÁTICA
TÉCNICA
RECURSOS TEMÁTICOS
RECURSOS FORMAIS
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGA
❖ Mundo lexendario celta, clima misterioso, mestura do cotiá e do mítico.
obras máis representativas...
❖ Influencia da Nouveau Roman.❖ Personaxe anónimo na
búsqueda de algo que non sabe o que é nunha cidade sen nome.
IMPORTANCIA DO AUTOR PARA A Hª DA LITERATURA
GALEGA❖ Tendencia nacionalista e actividade política
que provocou que estivera na cárcere.
❖ Presidente da RAG (2010-2013)
❖ Director da revista “A Trabe de Ouro”
PRODUCIÓN LITERARIA❖ Cantidade inxente de obras de distintos xéneros literarios.
COMENTARIO O CREPÚSCULO E AS
FORMIGAS (a casa azul)Rosa tiña 20 anos e non era fermosa nen nada. Movíanselle, moito e nervoso, os ollos grises. Tiña o labre superior fino coma o gume dunha navalla de afeitar. O inferior caíalle, pendíalle, groso, gris, rogoso, coma unha mazá muchada. Vivía na aba da montaña, xustamente ao saír da cidadde, no lugar ermo onde erguen o lombo tímidamente, coma animais rastreiros, as chouzas dos mendigos. Había un ano que vivía amigada co Portugués.-Portugués, téñoche que decir. Estóu en estado.
O Portugués cala. O Portugués ten un bigode imbécil. O Portugués cuspe por un dente.-Estás en estado. Non é?Rosa treme. Rosa cai coma un arboriño abatido. E íl di_-Non fága-las comedias. Compre que vaias á Casa Azul.Ela érguese. Rosa vai e érguese. Rosa érguese nun chouto e agarra ao Portugués polas lapelas, descobríndolle o peito peludo, estreito.-Á Casa Azul? Á Casa Azul, Portugués?-E logo por qué non? Irás á Casa Azul. É o costume.-Non sei o camiño.-Ti xa sei que che gostaría non ir, e quedarmos coma porcos, dispensando, cos da Casa Azul.-Teño medo.
COMENTARIO O CREPÚSCULO E AS
FORMIGAS-Iso xa. Non ías ti ter medo? Iso xa. Pero sabes qué máis? Tes que ir. E non lle deas voltas. Ademáis a Casa Azul é fremosa. Ten dúas torres traslúcidas e a lús entra polas paredes e alí as mulleres son felices.-E ti como é que o sabes?-Pregúntallo ás mulleres do barrio. Dinno todas.-Portugués, escoita unha cousa. No teu pobo tamén van as mulleres á Casa Azul?-Non.-E logo por qué queres que vaia eu?-Porque ti es de eiquí. Ouviches? E eiquí van as mulleres á Casa Azul en canto preñan. Está? É o costume.-Pero ninguén o manda. Ninguén o manda. Eu teño medo e non vou.
Rosa agacha a cabeza, morde o groso labre de abaixo. Chora. Unha raiola de sol ledo, de mañá, entra por unha regandixa e incide sobre a cama desfeita onde xace o Portugués. Rosa espeta o papo no peito. Logo abre moito os brazos e move os dedos da mao freneticamente e berra:-Sodes unha presa de cagados… Non hai homes no barrio. Sodes mariolas. Estades todo o día deitados, mentres as vosas mulleres se desfán os riles apañando nas colillas. Vivides de señoritos, queréde-lo caldo con sustancia, traballades un día por somana, mallades en nosoutras cando vos peta… E nós calamos. As mulleres a calar. E de cada vez que empreñamos, veña, á Casa Azul; espelirse… Non tedes vergonza. Non sodes homes. E escoita isto: non vou á Casa Azul. Eu ríome do costume.
COMENTARIO O CREPÚSCULO E AS
FORMIGASO portugués blasfema. Dálle, ademáis, unha losqueada a Rosa. Despois ela cai no chao e bárreselle o senso por segunda vez. O Portugués cuspe de lado e bícaa nos ollos. Pasa un pouco tempo e ela esperta.-Teño que ir, Portugués?-É o costume.-Portugués, e se nós desfixéramo-lo costume, se o romperamos, si construiramos un costume novo?-Ti toleas. Imposíbel. As mulleres, ao empreñaren por primeira vez, teñen que ir á Casa Azul.-Bueno, pois logo vou á Casa Azul. Adeus…-Non tardes moito.E Rosa foise por un camiño ancho e lisiño. Foise polo acostumado camiño da Casa Azul.
COMENTARIO O CREPÚSCULO E AS
FORMIGASObra de relatos Nova Narrativa Galega
Personaxe marxinal
Violencia Medo
Antiheroe
Espazo rural Narrador omnisciente
Inadaptación ao medio social e cultural
O lector precisa ser competente e activo pouco éxito social
CONCLUSIÓN● Xosé Luís Méndez Ferrín foi e é unha
persoa moi importante para a historia da literatura galega pola súa labor sobre todo de renovación da lírica e da prosa, mais non podemos esquecer que tamén publicou ensaio, fixo numerosas traducións e tamén obras colectivas.
● Esta labor foi recompensada con numerosos premios como: Premio da Crítica de Galicia, Premio da Crítica Española, Premio Eixo Atlántico de Narrativa, Premio Carlos Blanco de Portugal e Premio Losada Diéguez.
CONCLUSIÓN● A pesar da súa importancia non é do
agrado de todos, fundamentalmente porque é un escritor de minorías.
● Tampouco podemos esquecer o seu papel na política nin o seu activismo de cara á nosa cultura incluso a día de hoxe.
● Deixanos, pois, unha herdanza cun gran valor.
Recitando "Reclamo a liberdade do meu pobo" na homenaxe popular a Moncho Reboiras
O nome de Galicia
Política
FONTES
❖ https://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_do_s%C3%A9culo_XX
❖ https://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega
❖ https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Lu%C3%ADs_M%C3%A9ndez_Ferr%C3%ADn
❖ http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosM%E9nde&alias=&solapa=biografia
❖ http://www.blogoteca.com/profesgalegas/index.php?txtBus=nova+narrativa&cmdBuscar=Buscar&pag=0&aBuscar=1
❖ PPTs Aula Virtual - NOVA NARRATIVA GALEGA e POESÍA DO 36 Ó 78)