18
O DRAGÓN NAS O DRAGÓN NAS LENDAS GALEGAS LENDAS GALEGAS Textos recollidos polos alumnos do IES de MOS Textos recollidos polos alumnos do IES de MOS

O dragón nas lendas galegas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Lendas galegas sobre dragóns

Citation preview

Page 1: O dragón nas lendas galegas

O DRAGÓN NAS O DRAGÓN NAS LENDAS GALEGASLENDAS GALEGAS

Textos recollidos polos alumnos do IES de MOSTextos recollidos polos alumnos do IES de MOS

Page 2: O dragón nas lendas galegas

O ADIBAL TROCADO EN SERPE.(Macenda-Boiro)

"Un señor de Macenda moi rico que tiña un criado queixo viaxar e mandoulle que arregrase todo que ían ir os dous polo mundo. No intre o señor foise á horta atuou o diñeiro, que era moito, e atouno cun adibal dicindo ó mesmo tempo:

  Adibal eres, culebrón te has de volver

el que de aquí te ha sacra, tres besos te ha de dar.

  Mais o criado oíuno e cando chegou ó barco que os había de levar, no instante de saír xa para o mar e cando todos estaban a bordo, dixo que agardasen un momentiño que se lle esquecera unha cousa principal.

O barco agardou, mais en vista de que non voltaba ergueu áncoras e foise co señor só.

Page 3: O dragón nas lendas galegas

O criado en tanto marchou ó sitio do tesouro e saíulle un

culebrón grandísimo. Tremeu un pouco, mais por fin deulle un bico e o culebrón retorceuse; deulle o segundo e o culebrón apreixóuselle ó corpo como se quixera acabar con el; deulle o terceiro e o culebrón converteuse en adibal. O mozo entón colleu o tesouro e cando o señor voltou atopouse sen ren".

Relato recollido por CUEVILLAS E BOUZA BREY: Prehistoria e Folklore da Barbanza. 

"Nós", nº 52, Ourense, 15-IV-1928. Páx.72.

Page 4: O dragón nas lendas galegas

LENDA DO MOZO E A COBRAIlla de Ons-Pontevedra.

"Aquí había un rapaz que tódolos días ía ao monte co gando. Un serán viu que por embaixo dunha laxe lle sae unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallas do seu pan. Fixéronse amigo e tódolos días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao servicio e cando voltou o primeiro que fixo foi correr ao monte para ollar a súa cobriña; chgou alá, asubiou como acotumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa, que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz, botouse a el, ensarilloouno e matouno. Mais cando o tiña morto reparou nel, recoñeceuno e aflicta botouse ao mar e morreu afogada„.

Relato feito polo mozo Lelo Blanco e recollido por ÁLVARO DAS CASAS: A illa de Ons. "Nós". Nº 131-32. Ourense. Nov./Decembro de 1934. Páx.173.

Page 5: O dragón nas lendas galegas

A COBRA DO ENCANTOS. Vicencio de Vigo-Carral-A Coruña.

Cóntase que unha vez un mozo que andaba nun prado na beira do río, viu chegar un mouro e unha rapaza guapísima, e aquel mouro sei que era o encanto. O mozo, agachouse, chegou pe deles sen que o visen, a tempo que o encanto despois de falar nunha fala extraña dixo:

-"O que te desencantar tres bicos tenche que dar“, 

e coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río mesmamente como se fose a brétema que varre o aire.

O rapaz, curioso por ve-lo que pasaba, foise ao outro día de amañecida ao mesmo sitio, e agardou beira do río nun claro entre as ramalleiras, mirándose no boligar das augas; pouco había que chegara, cando aíu un asubio polo medio do río, mirou, e estarreceu;

Page 6: O dragón nas lendas galegas

era a cóbrega máis grande e máis fea que endexamais viran ollos de home, e avantaba pro riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos regalados e botando e recollendo un ferrete grande coma o dedo dunha man, con perdón. O rapaz gañou medo, mais emporiso, soubo ser home e agardou terne que terne, con fimidía; a cóbrega fuxiu como un lóstrego, batendo a auga co rabo, e asubiando, ao pouco voltou outra vez, e tamén fuxiu como antes, e ao vir por terceira vez, e terlle dado o terceiro bico o rapaz, a cóbrega perdeu aquel seu feitío para se trocar de novo na belida rapaza que caeu a chorar entre os brazos do arriscado rapaz.

Disque daquela o mozo levou á rapaza, e foron casar, índose lonxe, moi lonxe, a outras terras que hai polo mundo, de onde disque ela era, e para viviren dos tesouros do encanto.

Relato recollido e redactado por L. CARRÉ ALVARELLOS: Contos populares da Galiza. Porto, 1968. Páxs.364-365.

Page 7: O dragón nas lendas galegas

OUTRA LENDA DA FONTE PORMÁS.Arzúa- A Coruña.

Un fidalgo que moraba preto da fonte tiña unha filla moi belida, á que requerían en amores tódolos mozos da bisbarra. O fidalgo non consentía a ninguén tratar o casoiro coa filla e para arredala do perigo foina encantar á fonte Pormás.

Un serán estaba un mozo nunha rozada e ollou chegar o fidalgo coa filla e os criados con sacos ó lombo; marcharon os criados, despois de pousar a trouxa e un adibal que ía envolto nun saco, quedando sós pai e filla. A moza choraba a fío agarrada ós brazos do seu pai, pregándolle de xeonllos que non a deixase alí; pero o pai non fixo caso; soamente lle dixo:

-Non teñas pena; quédache con que valerte.

Page 8: O dragón nas lendas galegas

O fidalgo sacou un libro e comenzou a ler; ó pouco tempo a moza meteuse polo cano da fonte e seguidamente os sacos que levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fora o adibal, e o fidalgo continuou lendo moito tempo deica que o adibal se transformou nunha gran serpe longa e grosa que foi meténdose polo cano da fonte. Cando ía desaparecendo o home cerrou o libro e díxolle:

- El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de besare.

O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero ó pouco tempo tornou á fonte Pormás para desencantar a fermosa rapaza que el ollara agachar entre as augas. A poucos pasos da fonte apareceulle unha muller que lle dixo con certa tristura.

- Se non tes valor, non me desencantes.

Page 9: O dragón nas lendas galegas

O mozo sen arrepiarse chegou á beira da fonte, e sentouse nunha pedra e oíndo un grande bruído nas augas viu saír un enorme culebrón polo cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do cachazo e a serpe tornou para a fonte. Tornou saír a serpe, agora que con menos bruído e poñéndose dereita diante do mozo levou outros tres beixos e enguliuse na auga. Á terceira vez saíu case mansiña de todo e ó darlle os beixos caeu no chan feita un adibal. Naquel intre encomenzou un ruxido enorme de cartos e apareceu a moza cos sacos cheos de ouro que seu pai lle levara e que ficaban gardados pola serpe.

A moza non quixo volver á casa do seu pai e foi casar á igrexa da parroquia co mozo que a desencantara.

Versión de A.FRAGUAS: As lendas da Fonte Pormás. Nós. Nº 108. Ourense, 1932.

Page 10: O dragón nas lendas galegas

A SEÑORA DO CASTRO ALEGRESalvaterra-Pontevedra

A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha moza que se penteaba os cabelos cun peite de ouro.

"- ¡Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea!, díxolle o rapaz".

"- Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda ata facerte rico se fas o que che eu diga e non te acañas".

"E díxolle ó rapaz que lle levase ó día seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter man da cunca".

"Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sen se acañar tiña man da vasilla. Bebeu todo a cobra, e ó rematar converteuse nunha señora do outro día e deulle moita riqueza". Versión de Xosé Martín Rodríguez, recollida por F.LÓPEZ CUEVILLAS e F.BOUZA-BREY: Os oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galicia. Arquivos do

Seminario de Estudos Galegos. Tomo II. Compostela, 1929. Páx.142.

Page 11: O dragón nas lendas galegas

Todas as lendas anteriores aparecen recollidas na obra:

X.M.González Reboredo, Lendas Galegas de Tradición Oral. Ed. Galaxia 1983 Vigo

Page 12: O dragón nas lendas galegas

CONTO DO LAGARTOÍa un cazador por un monte e viu un lagarto moi grande no alto

dunha fraga. Botou a escopeta á cara coa intención de lle zorregar un tiro e xa lle ía despachar un tiro cando o lagarto se puxo a falar dicindo:

-¡Non me mates, cazador!

O cazador quedou espantado de oír falar ao lagarto pero, tendo confianza no ollo e na escopeta, quedou parado. Entón díxolle o lagarto:

-¡Ven acá, que temos que falar!

Chegouse o cazador ao sitio onde se atopaba o lagarto e este seguiulle dicindo:

-Se ti fas todo o que eu che diga, heite pór rico para sempre. Entra nesta fraga e colle os cartos que queiras e mañá has volver aquí cunha das túas fillas, que eu lle hei dicir como ha gañar os cartos que ti leves.

Page 13: O dragón nas lendas galegas

E agora vaite polo monte adiante, que has matar a caza que che dea a gana.

O cazador matou as perdices, coellos e lebres que lle deu a gana e marchou para a súa casa onde chegou moi triste. Púxose a comer sen levantar os ollos do chan, coñecéndoselle ben que estaba pensando nalgunha cousa. A muller preguntoulle ao velo así:

-¿Que che pasa? Outras veces non traes nada e vés todo contento e hoxe, que cáseque que non podías coa caza, tes unha cara que mesmamente parece que che pegaron.

El respondeu:

-¡Nada, non teño nada!.

Dende que acabou de comer chamou a filla máis vella e contoulle o que pasara. Ela dixo que non ía onde o lagarto, que quería mellor que lle devolvese os cartos ca ter que ver se con el.

Page 14: O dragón nas lendas galegas

Chamou pola outra filla, a do medio pois tiña tres, e tamén lle respondeu que ela non ía para onde o lagarto inda que a matase.

Despois chamou pola máis nova. Esta quedou pensando o que o seu pai lle dixo e, por fin, rematou dicindo:

-Eu non sei que me ocorrerá co lagarto ese que vostede viu pero, ¡sexa o que Deus queira! A min sempre me queda o consolo de que os meus quedan ricos para sempre.

Entón o cazador chamou pola muller e contoulle todo o que pasaba. A muller, primeiro dixo que non deixaba ir á filla para onde o lagarto porque non sabía o que lle podía pasar con el, pero a moza teimou en que quería ir e quedaron en que a levaría seu pai ao outro día.

Para o outro día pola mañá o cazador marchou coa filla cara á fraga do lagarto. Este emprincipiou a dar saltos de alegría ao vela vir. Chegaron pai e filla ao seu destino e entón díxolles o lagarto:

Page 15: O dragón nas lendas galegas

-Ti – díxolle ao cazador-, vaite para a túa casa e non volvas aquí ata un ano xusto. E ti – díxolle á moza- has facer o que eu che diga sen marrarte un punto. Colle esta papela e pregúntalle á xente que encontres polo camiño pola casa que di aí, e cando te atopes alí di que vas buscar amo para servir. Hanche dar traballo e ti has quedar alí servindo ata que che quede tempo de chegar aquí ao ano xusto. Tamén che ha querer pagar, pero ti non lles queiras soldada. Toma esta cuncha que che ha facer todo o que ti lle pidas.

A moza botou a andar e, no camiño, viu catro cazadores que viñan cara a onda ela. Tivo medo de que se meteran con ela e dixo:

-¡Cuncha, pídoche que eses homes collan por outro camiño!.

Inda non acabara de dicilo xa os cazadores colleran por outro camiño.

Foi andando, andando, ata chegar a unha casa na que pediu pousada para pasar a noite, pois xa era lusco-fusco e quería pasar a noite ao cuberto.

Page 16: O dragón nas lendas galegas

A ama daquela casa tiña unha meniña que non paraba de chorar. Entón a moza díxolle á nai que lla dese, que ela a faría calar. O pai da meniña díxolle:

-Oxalá fora así, pero esta meniña non sei que diaños ten que non para de chorar. Unicamente está algunha vez calada no colo da nai.

-Vostedes déanma para acá que eu a farei calar.

Colleu á meniña e dixo:

-¡Cuncha, quero que esta meniña no dea un chío mentres eu estea nesta casa!

A meniña sorriu cara á moza e quedou durmida coma unha santiña. Aquel matrimonio ao ver aquilo, díxolle se quería quedar onda eles para coiar da meniña, que non lle había mandar outra cousa e que lle habían pagar moi boa soldada, pero a moza díxolles que tiña que seguir camiño adiante e que non podía parar.

Page 17: O dragón nas lendas galegas

Para o outro día á noite foi o outro estudante para onda ela, pensando que o había pasar moi ben polo que lle contara o outro, pero, en canto entrou no forno, díxolle a moza á cuncha:

-Quero que este mozo pase toda a noite facendo o traballo que teño que facer eu.

E así foi. Ela estivo levando moi boa vida e el suaba a máis non poder, facendo unha fornada detrás doutra.

Aínda que saíu rabiando, cando viu aos outros díxolles que o pasara moi ben, que era unha moza que parrafeaba moi ben e que se divertira moito con ela.

De maneira que, para a outra noite, foi o estudante que faltaba. E pasoulle o mesmo cós outros.

A moza ía vender o pan a un mercado que alí había e, como llo pedía á cuncha, ninguén lle mercaba ás outras panadeiras mentres ela tivese que vender. As panadeiras axuntáronse todas e acusárona de bruxa e por iso era que vendía todo o pan que facía aínda que

Page 18: O dragón nas lendas galegas

fixera ela soa tanto como as outras todas.

O xulgado citouna para un xuízo que lle ían ter por bruxa e elea foi e falou coa cuncha e apareceu alí desta maneira: ía a cabalo dun macho do que ía tirando un dos estudantes, outro estudante ía ao lado dela tendo conta de que non caese e o outro ía detrás, pegándolle do rabo ao macho e dándolle bicos no cu.

Ao chegar ao xulgado díxolle á cuncha:

¡Que todos se poñan a pelexar!

E o xuíz, o escribán, o alguacil e a demais xente da Xustiza púxose a pelexar unha coa outra. Romperon as camisas e as chaquetas, tiraron coa mesa e coa cadeira...¡Fixeron o demo!

Cando ela lle pareceu dixo:

¡ Que fagan as paces!

No mesmo intre, os que antes estaban pelexando empezaron a bicarse e darse apertas.

De alí a un pouco dixo a moza:

Cuncha, que se apacigüen todos.

Entón os outros gobernaron as roupas o mellor que puideron e sentáronse en paz. E, como viron o que aquela moza era capaz de facer, deixárona libre de que marchase.

Ela volveuse para casa dos seus amos e estivo alí ata que lle faltaron uns días para cumprir o ano.

No camiño volveuse hospedar na mesma casa que parara da outra vez. Cando a viron desfacíanse de alegría e non a querían deixar marchar para que lles coidase da meniña, pero ela díxolles que levaba moita présa e que non podía parar.

Chegou onda a fraga do lagarto ao facer o ano xusto de que marchara e xa estaba alí o seu pai agardándoa.

O lagarto, en canto a viu vir, embuligouse na graga e volveuse un bo mozo, e díxolle ao cazador:

Eu estaba encantado e agora quedei desencantado e quero casar coa túa filla, que é a quen lle debo o volver ser home. De modo que hai que arranxar as cousas para a voda o máis pronto que se poida.

Marcharon todos á casa do cazador e acordaron facer a voda alí. A filla máis vella do cazador foi a cociñeira, e deulle tanta rabia que a súa irmá casara cun home tan rico e tan bo mozo que envelenou a comida que ía no prato da irmá pero el deuse conta e fixo de maneira que se cambiasen os pratos co que a comida envelenada foi dar á mesma cociñeira e dese xeito morreu e eles quedaron en paz.

Henrique Harguindey e Maruxa Barrio. ANTOLOXIA DO CONTO POPULAR GALEGO . ED. GALAXIA, 2008