26
o solo

O solo 2015

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O solo 2015

o solo

Page 2: O solo 2015

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional dos Solos, co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas.

Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento agrícola e da produción de alimentos e son a base que sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.

Page 3: O solo 2015

O solo éun medio poroso, bioloxicamente activo e estruturado, desenvolvido na superficie emerxida da Terra. É un sistema complexo que se forma pola alteración física e química das rochas e pola influencia dos seres vivos, desenvolvendo unha estrutura en niveis superpostos (perfil) e unha composición química e biolóxica definidas. 

O chanÉ a superficie sobre a que andamos, a capa superior da codia do solo.

Page 4: O solo 2015

O solo constitúe un conxunto complexo de elementos físicos, químicos e biolóxicos que compón o substrato natural no que se desenvolve a vida na superficie dos continentes.

No medio natural os solos máis complexos e potentes manteñen aos ecosistemas de maior biomasa e diversidade.

Page 5: O solo 2015

HORIZONTE AZona superior onde se acumulan os restos

de materia orgánica e viven os animais.

HORIZONTE BFormado por unha mestura de rocha

disgregada e parte dos materiais que transporta a auga cara abaixo.

HORIZONTE CParte fonda próxima á rocha nai.

ROCHA Base sobre a que se sustentan os

outros materiais.

Os materiais dos solos están dispostos en capas horizontais superpostas (horizontes). O corte e a representación destas capas é o PEFIL DO SOLO.

Page 6: O solo 2015

FORMACIÓN E EVOLUCIÓN DO SOLO

rocha

-Disgregación mecánica das rochas.-Meteorización química dos materiais regolíticos, liberados.-Instalación dos seres vivos (vexetais, microorganismos…) sobre ese substrato inorgánico. Cos seus procesos vitais e metabólicos, continúan a meteorización dos minerais e os seus restos (a través da fermentación e a putrefacción) enriquéceno.-Mestura de todos estes elementos entre si, e con auga e aire intersticiais.

Page 7: O solo 2015

PROCESOS FÍSICOS As partículas vólvense máis pequenas sen que se modifique a súa composición. Predominan nos desertos e nas zonas áridas e frías.

PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO

FRACTURAS Rotura das rochas en pezas.DISGREGACIÓN Desintegración das rochas

en partículas de pequeno tamaño.

DISOLUCIÓNS Desintegración molecular das rochas por acción da auga.

ARRASTRES Transporte dos materiais a outro lugar diferente do da súa orixe.

DEPÓSITO Acumumación de materiais

Page 8: O solo 2015

PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO

PROCESOS QUÍMICOSAs substancias transfórmanse en outras diferentes. Dependen da temperatura e da humidade. Son especialmente activos nos climas cálidos e húmidos e moi lentos nos fríos e secos.

HIDRÓLISE Transformación pola auga e produción de novos compostos que conteñen hidróxeno e osíxeno

CARBONATACIÓN Formación de minerais carbonatados por reacción co dióxido de carbono presente no aire

OXIDACIÓN Combinación co osíxeno.REDUCCION Perda de osíxeno.

Page 9: O solo 2015

OS MATERIAIS DO SOLO

-Anacos de pedras-Gravas: partículas maiores de 2 milímetros.-Area: partículas de tamaño comprendido entre os 2 e os 0,05 milímetros.-Limos: partículas comprendidas entre os 0,05 e os 0,002 milímetros-Arxilas: partículas menores de 0,002 milímetros.-Materia orgánica, sobre todo restos vexetais-Auga-Aire

Non todos os solos teñen o mesmo número e tipo de partículas nin na mesma proporción.

Os materiais do solo son os responsables das súas características e da súa utilidade.

Page 10: O solo 2015

A AUGAA auga é un importante compoñente do solo. É a parte líquida do mesmo, que se presenta como unha disolución acuosa de distintos elementos.

A auga chega ao solo procedente da chuvia e ás veces despois de escorrer pola superficie ou polo interior do terreo e polas plantas, e sae del por absorción das plantas, por evaporación e por escoado cara ás capas profundas e ás fontes e mananciais.

A auga móvese por dentro do solo en tódalas direccións: para abaixo e para os lados, impulsada pola gravidade e o relevo, e cara arriba por evaporación.

Page 11: O solo 2015

O AIREOcupa os ocos que existen entre as partículas do solo, cando non están ocupados pola auga.É necesario para a respiración dos seres que viven nel e para as raíces das plantas.

A perda do aire do solo pon en perigo a vida dos animais e das plantas que viven nel. Pode producirse por asolagamento ou por compactación.

Page 12: O solo 2015

PROPIEDADES FÍSICAS:Dependen do tamaño das partículas e a capacidade para agruparse.

PROPIEDADES DO SOLO

Textura: está determinada pola distinta proporción de partículas grosas e finas.

Tipos de solos segundo a súa textura

-Arxiloso: máis dun 55% de arxila-Limoso: máis do 85% de limo-Areoso: máis do 85% de area-Franco: menos dun 25% de arxila e proporcións semellantes de area e limo. É o que presenta as mellores condicións para o desenvolvemento das plantas.

Estrutura: determinada polas características e a disposición dos elementos.

Porosidade: cantidade de espazos libres que hai nun solo. Depende directamente da estrutura e da textura.

Da porosidade depende a capacidade dun solo para reter, gañar ou perder auga.Existen solos ben drenados, polos que a auga discorre facilmente, e solos que permanecen enchoupados (hidromorfos).

Page 13: O solo 2015

PROPIEDADES QUÍMICAS:Dependen da composición e da actividade química dos materiais que forman o solo. O principal factor a ter en conta nas propiedades químicas do solo é o pH, o nivel de elementos ácidos ou básicos que ten un terreo.

Medidor de pH

As características químicas do solo son importantísimas porque determinan o tipo e a cantidade de substancias útiles que van a atopar nel as plantas o que pode favorecer ou limitar o seu desenvolvemento.

As propiedades químicas dos terreos seleccionan de forma natural as plantas que viven no lugar.

A presenza de rochas calcarias favorece a

presenza das aciñeiras.

Solo ultrabásico de serpentinas, con especies de plantas pouco comúns.

Page 14: O solo 2015

PROPIEDADES BIOLÓXICAS:Dependen da actividade dos organismos que viven no solo.Indican a capacidade para transformar os materiais en substancias aproveitables polas plantas. Os principais encargados desta función son as bacterias. Da súa variedade e cantidade depende a capacidade de produción do solo.

Ciclo do nitróxenoO nitróxeno da atmosfera pode ser aproveitado polas plantas grazas á actividade das bacterias nitrificantes que o incorporan ao solo en forma e nitratos. Raíz de leguminosa con nódulos de

bacterias fixadoras de nitróxeno.

Page 15: O solo 2015

TIPOS DE SOLOSA combinación das diferentes propiedades e características da lugar á existencia de moi diferentes tipos de solos. Tendo en conta estas variables, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura), clasifica os solos do mundo en 106 categorías diferentes. Os máis comúns en Galicia son o leptosol, o cambisol e o regosol.

Page 16: O solo 2015

LEPTOSOLÉ o solo máis simple, no seu primeiro estadio de formación. Está formado por dous horizontes: a rocha nai (da que proceden os elementos disgregados) e unha fina capa de material mineral con algo de materia orgánica. É un solo pobre, sen utilidade agrícola nin forestal, típico de cumes e encostas fortes.

Page 17: O solo 2015

REGOSOLTen un grao máis avanzado de formación. Os materiais disgregados das rochas xa están mesturados cos restos das primeiras especies vexetais establecidas. A capa de solo xa ten unha certa gordura que permite o desenvolvemento de especies arbustivas e forestais resistentes. É a terra de montes e toxeiras. Non ten utilidade agrícola.

Page 18: O solo 2015

CAMBISOLÉ un un solo máis evolucionado, de tres horizontes. O primeiro ou superior está formado por unha mestura de abundante materia vexetal e mineral, o segundo horizonte está formado por restos da rocha que lle deu orixe e algunha materia orgánica procedente do lavado do primeiro horizonte. E debaixo a rocha nai.É o solo máis abundante de Galicia, onde conforma a meirande parte da superficie agrícola.

Page 19: O solo 2015

AS PLANTASSon os seres vivos máis visibles do solo. A maioría introducen as súas raíces nel para suxeitarse e para buscar a auga e os sales minerais que necesitan para alimentarse. No solo agóchanse e xerminan as sementes.

As plantas son axentes formadores de solo pola actividade disgregadora das súas raíces e pola achega de materia orgánica cando remata o seu ciclo vital.Os restos dos vexetais incorpóranse ao solo como fontes de materia orgánica, imprescindible para a formación do humus.

OS SERES VIVOS DO SOLO

Page 20: O solo 2015

OS FUNGOSSon organismos descompoñedores formadores de solo que aproveitan a materia orgánica para alimentarse e liberan minerais. Introducen o seu micelio no interior do solo para extraer alimentos dos restos de materia orgánica.

LIQUESSon os primeiros seres vivos en establecerse de forma permanente sobre as rochas das que extraen materiais para alimentarse. Son tamén os primeiros formadores de solo. Desgastan as rochas e almacenan entre os seus pregues material sobre o que poden asentarse outros seres.

Page 21: O solo 2015

ANIMAISAxudan a formar o solo e a enriquecelo reducindo o tamaño das partículas que o forman e liberando os minerais. Os máis pequenos viven nos ocos que quedan entre os grans dos materiais e os demais perforan galerías ou viven entre os restos, sobre todo de vexetais, da superficie.

nematodoácaro

toupa

miñoca

cochinillas

Page 22: O solo 2015

Capa mineral. Formada pola rocha erosionada. Contén as reservas de auga e os minerais propios do solo.

Rocha nai. Sen erosionar.

O SOLO IDEAL

Nun m2 de solo ideal viven: 4 millóns de bacterias e fungos, 0,5 millóns de flaxelados, 1 millón de nematodos, 200.000 ácaros, l00.000 colémbolos, 80.000 Enchytracide, 80 miñocas...

Capa de descomposición. As miñocas, os fungos, as bacterias e outros microorganismos descompoñen e mineralizan os restos.

Zona intermedia. Formada pola mestura de minerais e restos orgánicos (humus). Nela viven as bacterias fixadoras do nitróxeno, microalgas, micorrizas... É o espazo onde se desenvolven a maior parte das raíces

Capa superior cuberta con restos vexetais. Impide a perda de humidade e o desenvolvemento doutras especies.

Page 23: O solo 2015

O principal é o cultivo de plantas para alimentación das persoas e do gando e para obter unha gran variedade de materiais.

USOS DO SOLO

Page 24: O solo 2015

OS PROBLEMAS DO SOLOPola inconsistencia das súas partículas e pola cantidade de actividades que se desenvolven nel o solo é un recurso fráxil e facilmente alterable.Os seres humanos somos os principais causantes dos problemas do solo. Eliminamos a cuberta vexetal co que favorecemos a erosión e aceleramos a súa destrución e contaminámolo cos resíduos das nosas actividades.

A deforestación afecta ás características do solo, ás condicións climáticas e á vida do Planeta, porque os bosques e selvas absorben dióxido de carbono e producen osíxeno.

Erosión producida por un derrube nun talude sen protección.

Despois do incendio a chuvia e o vento arrastran os materiais do solo.Un terreo incendiado pode perder entre 50 e 100 tn de solo por ha e ano.

Page 25: O solo 2015

A desertificación é unha das ameazas máis fortes coas que se enfronta a natureza. É o resultado da rotura do equilibrio solo-auga-vexetación.

reflexión inmediata

O solo despexado quéntase máis e perde máis auga, reflicte máis calor e quece o aire enriba del dificultando a formación de nubes o que impide a chuvia e fai que a aridez sega aumentando.

calor solar

A vexetación protexe o solo e mantén a humidade

Os desertos avanzan a un ritmo de 50.000 km2 por ano. Á natureza pódelle custar 1.000 anos crear 1 cm de solo. Ao ser humano uns instantes destruílo

Page 26: O solo 2015

O solo é un dos bens máis preciosos da humanidade.

É un recurso limitado que se destrúe facilmente e por eso debe ser protexido contra a erosión e a

contaminación.