Upload
10mariamar
View
1.120
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
O oso pardo é un animal salvaxe
• É un mamífero, quere dicir que nace do ventre da súa nai e mentras é pequeno mama.
• Pode chegar a pesar 800 Kg. E vivir ata 25 anos.
• Ten o corpo cuberto de pelo, un rabo curto, cabeza grande, fuciño longo, ollos e orellas pequenas e redondas.
• Ten 4 patas curtas e fortes, as unllas moi afiadas.
• É un animal omnívoro, aliméntase de prantas, froitos secos, herbas, carniza, ovos, peixes, fungos e mel.
• As crías nacen durante o inverno nas oseiras.
• As mamás oso teñen entre unha e tres crías.
• Cando teñen tres meses xa están preparados para saír da oseira e buscan comida.
• Viven coa su nai ata que cumpren 2 ou 3 anos.
Costumes sobre os osos.
• Na primavera saen da súa oseira con moita fame e buscan comida por todos os sitios.
• No verán os osos machos buscan ás femias para aparearse.
• No outono o oso prepárase para hibernar.
• No inverno nacen as crías de oso.
Curiosidades.
• É un animal nocturno, quere dicir que sae de noite e de día escóndese .
• É solitario, soamente as mamás oso coidan as súas crías ata que medran.
• Os osos novos xogan a pelexar e a perseguirse.
Os enemigos dos osos.
• Os cazadores furtivos que os intentan cazar.
• Os cepos para animais nos que caen os osos.
• A presencia das persoas nos lugares que viven os osos molestándoos.
• A desaparición dos bosques e da comida que os osos precisan.
Están en perigo.
• Os osos pardos en España están en perigo de extinción, quere dicir que quedan poucos, que non se poden cazar e que hai que os coidar moito.
• En Asturias viven moitos dos osos pardos que quedan en España.
Cousas que podemos facer para axudarlos.
• Perseguir aos cazadores furtivos e aos que poñen cepos.
• Respetar os lugares onde viven e non os molestar.
• Prantar árbores froiteiras para que teñan alimento e coidar os bosques.
En Galicia
• Os montes dos Ancares son agora reserva da biosfera, xunto coa parte asturiana e leonesa.
• A presenza do Oso Pardo é coma unha marca de calidade para o ecosistema da Serra dos Ancares , sendo un animal compatible co turismo, a caza e a agricultura, como xa o é en Asturias.