2
EXPOSICIÓN “A nosa paisaxe non é pura natureza. Tanto como natureza é cultura. Unha cultura que non agroma da convivencia do home coa sociedade, senón da convivencia do home coa natureza...” A nosa paisaxe é natureza humanizada, natureza feita cultura”. R. Piñeiro (Olladas no futuro, 1974)

Os tesouros das montañas galegas (triptico)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os tesouros das montañas galegas (triptico)

EXPOSICIÓN

“A nosa paisaxe non é pura natureza. Tanto como natureza é cultura.Unha cultura que non agromada convivencia do home coa sociedade,senón da convivencia do home coa natureza...”A nosa paisaxe é natureza humanizada,natureza feita cultura”. R. Piñeiro (Olladas no futuro, 1974)

Page 2: Os tesouros das montañas galegas (triptico)

Galiza ten unha gran parte da súa superficie ocupada por lombas,

montes e serras que marcan, en gran parte, as condicións de vida da

xente, obrigándoa a adaptarse ao ambiente, á escaseza de terreo

cultivable, e a buscar solucións para sacar dela os recursos necesarios,

deixando, ao tempo, pegadas na historia e na etnografía, no pasado e no

presente.

As montañas son tamén último refuxio para moitas especies da

flora e da fauna silvestres e acollen interesantes formacións ecolóxicas e

xeolóxicas.

Con esta mostra queremos dar un paso que nos achegue ao

coñecemento do país a través do coñecemento das montañas coa

finalidade de divulgar os seus valores (ecolóxicos, paisaxísticos,

etnográficos) e axudar a coñecelos, respectalos, poñelos en valor e

conservalos para o futuro.

tesouros das montañas galegasTesouros xeolóxicos: formacións rochosas, pregamentos, pegadas glaciarias, canóns, fervenzas, covas...

Tesouros ecolóxicos: fragas, bosques, soutos, turbeiras, especies animais e vexetais endémicas ou escasas.

Tesouros históricos e artísticos: asentamentos primitivos, petroglifos, dolmes, pontes, calzadas romanas, igrexas, mosteiros, castelos...

Tesouros etnográficos:formas de vida, conxuntos arquitectónicos, vivendas, cabanas, chozos, albarizas, sequeiros, hórreos, socalcos, curros, foxos do lobo, muíños, ferrerías, neveiros, fornos...

Tesouros gastronómicos: queixos, carne, embutidos, mel, castañas, cogomelos...

Despois do esforzo dunha longa camiñata, a montaña prémianos coa contemplación da paisaxe desde as alturas.

Seimeira de Vilagocende.A Fonsagrada.

Pregue de Campodola. O Courel.

Vacas cachenas en Olelas. O Xurés. Faial de Fonteformosa. O Cebreiro.

Liriodo Xurés

O Cebreiro.Dolme na serra da Barbanza.

Miliario no Xurés.

Hórreo.Ancares.