Upload
fraxosube
View
115
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Tarefa bloque 2 do curso Aprender lingua e literatura utilizando as TIC 2013
Citation preview
Os tópicos literarios
Tópico literario, en literatura, é un tema ou motivo común xa prefixado que utilizan, como recurso, os escritores e poetas. Trátase dunha serie de constantes temáticas repetidas ao longo da literatura que, na súa maioría, teñen a súa orixe na cultua clásica greco-latina ou na tradición bíblica. Moitos destes temas ou tópicos vense mantendo dende a antigüidade.
(A dorada medianía ou termo medio). Este tópico amosa o aprecio e a satisfacción polo sinxelo, o cotián, o que se ten, fronte ao material e insubstancial das riquezas.
Aurea mediocritas.
(Feliz aquel). Aprezo pola vida tranquila e retirada no campo, fronte a axitación da vida mundana e frívola e das súas preocupacións. .
Beatus ille
(Goza do momento):Tópico tomado de Horacio Disfruta e aproveita cada momento do teu tempo. Moi utilizado sobre todo na poesía renacentista.
Carpe diem
(A fortuna ou a sorte cambia). Hai que coñecerse ben e fiarse dun mesmo, sen confiar na sorte cambiante.
Fortuna mutabilis
(¿Onde están...?): A morte chega e todo o iguala, nada queda, se non é a lembranza do pasado.
O seu uso máis coñecido atópase nas Coplas por la muerte de su padre de Jorge Manrique («Qué fue del rey don Juan / Los infantes de Aragón qué se hicieron / dónde están/ Qué fue de tanto galán / que fue de tanta invención que trujeron...»)
Ubi sunt?
(Lugar ameno): Preséntase a idealización dun lugar paradisíaco, ideal, onde o home acada a harmonía con cada un dos elementos da natureza
(Fray Luis de León: Del monte en la ladera,/ plantado por mi mano tengo un huerto/ que, con la primavera,/ de bella flor cubierto... )
Locus amoenus
(O tempo fuxe"): O tempo é inaprehensible, nin se detén nin se lle pode facer retroceder.
A expresión invita a aproveitar o tempo (de forma similar ao carpe diem).
Tempus fugit
(Odio ao vulgo ignorante): Tema orixinal de Horacio, amosa o desprezo elitista por quen non apreza a beleza da poesía.
Odi profanum vulgus
c
FIN
Fonte:
http://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%B3pico_literario