2
QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS? Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte. Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio- irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo? Que temos agora? Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada. Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia. Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo. Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade. Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de inglés de CCs de educación non abonda). Prexuízos graves desta situación Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos bo nin segue as clases nin percibe os conceptos. Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.

Que plurilingüismo queremos?

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Documento de interese para o profesorado galego elaborado pola Coordinadora Galega de ENDL no que se avoga por un novo marco para aprendizaxe de linguas en Galicia. O plurilingüismo inclusivo toma corpo na proposta metodolóxico do Tratamento Integrado de LInguas (TIL), unha solución ao ineficiente Decreto do Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia, que marxina a lingua galega do sistema educativo. Abril de 2012.

Citation preview

Page 1: Que plurilingüismo queremos?

QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS?

Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de

comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo

que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de

dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e

denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa

medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte. Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio-

irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?

Que temos agora?

Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto

sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada.

Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias

lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia.

Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo.

Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada

a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade. Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de

inglés de CCs de educación non abonda).

Prexuízos graves desta situación

Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos bo nin segue as clases nin percibe os conceptos.

Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.

Page 2: Que plurilingüismo queremos?

Que queremos? Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.

Como se consegue? Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).

O TIL non é:

un reparto de linguas por materias.

aprender só inglés e castelán.

memorizar palabras e deixar de aprender contidos.

O TIL é: Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.

Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).

Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.

Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.

Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.

Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias.

Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso

cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común

desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos

[J. Cummins]

Se queres + información: www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html