111
RESERVAS DA BIOSFERA Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

RESERVAS DA BIOSFERAOs Ancares Lucenses

e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

Page 2: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A Reserva da Biosfera dos Ancares está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).A poboación permanente é de 4.977 habitantes.

Page 3: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SITUACIÓN:Nas serras orientais de Galiza, no surleste de Lugo.

SUPERFICIE:53.664 ha (zonas núcleo: 26 %; zonas tampón: 60 %; zonas de transición: 14 %).

CONCELLOS:Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá

VALORES NATURAIS: ecosistemas de montaña, ríos, fragas, formacións glaciarias e unha gran variedade de flora e fauna

VALORES CULTURAIS:Arquitectura, etnografía, tradicións...

Page 4: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

PROTECCIÓN-RESERVA DA BIOSFERA (27 de outubro de 2006)-LICs e ZEC Os Ancares - O Courel, Cruzul-Agüeira -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares.-Reserva Nacional de Caza -Zona de Protección do Oso Pardo -A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Page 5: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Page 6: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Zona Núcleo (14.224 hectáreas, 26,9% da superficie): a alta montaña da Serra de Ancares, os vales dos Ríos Navia, Ser e Rao, o faial da Pintinidoira, o aciñeiral de Cruzul e o Monte Agüeira.

Tres Bispos, Penarrubia e a Fraga da Cabana Vella

Page 7: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Zona Tampón (31.975 ha, o 59,6%): superficies que rodean ou están contiguas á Zona Núcleo e territorios onde se localizan as entidades de poboación que están dentro da zona oseira.

Terras de Quindous

Page 8: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Zona de Transición (7.465 ha, o 13,91 %) áreas na contorna das poboacións e máis influenciadas pola actividade humana.

Vista desde o monte Restelo sobre o territorio de Navia de Suarna. Ao fondo Os Ancares

Page 9: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

XEOLOXÍAO territorio dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas bandas de cuarcitas.

Penarrubia, no fondo do val a campa do Brego.

Page 10: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se corresponden cun antigo bloque desgastado e posteriormente erguido pola Oroxenia Alpina no que máis tarde a actividade glaciar e fluvial escavou profundos vales de paredes con grandes desniveis.

Page 11: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRASA serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse as serras de Pedruñais e Agüeira.

Ao fondo a serra dos Ancares cos cumes (de esquerda a dereita) de Cuíña, penalonga e Mostallar.

Page 12: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRA DOS ANCARES A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur.

Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.

Page 13: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro.O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.

Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..

Page 14: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.

Page 15: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do Navia (Ser, Rao...).A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico.Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os Ancares” Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas. Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos cumes conectando coas dos Ancares Leoneses.

O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.

Page 16: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Penalonga (1.880 m), (cara norte)

Page 17: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O Mostallar. O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.

Page 18: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.

Page 19: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Cume de Penarrubia

Page 20: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

GLACIARISMONa partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...

Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.

Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.

Page 21: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.

Page 22: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León.

SERRA DE SURCIONo límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m. Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.

Page 23: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados.

SERRA DO BARREIROSituada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao. Accedese desde Navia de Suarna.

Page 24: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Serra de Louxas cos Ancares ao fondo.

SERRA DE LOUXASCon orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos.Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias, que percorre os cumes.

Page 25: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas.

MONTE RESTELOÉ o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.

Page 26: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRA DOS PEDRUÑAISEsténdese con dirección NO-SE ata o río Navia, en terreos de Navia de Suarna. O punto máis alto é As Penas, con 877m.

Page 27: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑALEsténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo de Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa.

Vista da zona de Murias de Rao. De esquerda a dereita: o canón do Rao, a serra do Brañal co Penedo de Murias e a serra de Airelos.

Page 28: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Vista das Brañas de Pan de Zarco, nos cumes da serra do Brañal.

Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.

Page 29: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRA DE GRANDAS DE ARROXO E VILAREsténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa. Accedese desde Quindous por Vilarín ou desde Vilar.

Page 30: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.

SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUSEsténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes onde se poden atravesar fragas e acibeirais.

Page 31: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Morrenas nas abas da serra do Agulleiro.

Page 32: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na beira da serra do Agulleiro.

SERRA DA CORTELLAPequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude. Accedese desde Vilar de Mouros.

Page 33: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

SERRA DA FIOSAEsténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m.Accedese desde a estrada de Cervantes (San Román) a Degrada.

Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo.

Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.

Page 34: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia.

SERRAS DO PANDO E MASEIRASÉ un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva.

Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).

Page 35: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares.

Cereixido e detrás a serra do Pando.

Page 36: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A rede fluvial do espazo articúlase arredor do Navia que circula cara ao norte e recolle as augas dos numerosos afluentes que baixan do complexo sistema de serras que rodean as súas marxes. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...

Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.

REDE FLUVIAL

Page 37: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Río NaviaNace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Neste espazo os afluentes pola dereita son o Valdeparada, Cervantes, Quindous, Ser ou Ortigal, Villapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta; e pola esquerda, Narón ou Ferreiros e Suarna.

O Navia en Agüeira (Becerreá)

Page 38: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O Navia na Pobra de Navia de Suarna

Page 39: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Río NarónUn afluente do Navia que discorre polo concello de Becerreá. Fórmase pola confluencia de varios regueiros que nacen nas serras de Pena do Pico e Pena da Hedra.

Río Narón en Cruzul.

Muíño no río Ferreria (afluente do Narón) en Becerreá.

Page 40: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Río SerFórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.

Val do Río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser que baixa de Tres bispos

Page 41: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Val do Ser

Fervenza no Ortigal

Page 42: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.

O rego de Bous ou de Piornedo nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos.

Fervenza das Pontes. No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río da Pontes (Ser).

Page 43: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Río RaoFórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.

Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.

Pesqueira de Lastroa (Murias). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao.

Page 44: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Río SuarnaNace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. A marxe dereita está incluída neste espazo, desde Veigas da Barreira ata a confluencia co Navia.

Page 45: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

CLIMAOceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos.

Xantes, na primavera e no inverno.

Page 46: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A área dos Ancares ten un grande interese dende o punto de vista ambiental, por ser límite entre dúas rexións bioxeográficas, a Eurosiberiana e Mediterránea. Este factor, unido á orografía e ás grandes diferenzas de altitude determina a presenza de variados ecosistemas e hábitats cunha rica flora e fauna onde se atopan numerosos especies pouco comúns e de grande valor ecolóxico e biolóxico.

Page 47: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

FLORANas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carbas, abeleiras, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de plantas da área cantábrica (Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)

Page 48: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Uces e carqueixas

Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras.Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras. Nalgúns puntos localizados hai aciñeirais de alto valor bioxeográfico, como o aciñeiral de Cruzul

Page 49: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Uceiras (torgueiras) e pradeiras de montaña no Mostallar

Page 50: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Iris latifolia Lilium martagon

Page 51: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus).

Pinguicula lusitanica.Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as turbeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos solos pobres que se alimentan de insectos como as grasillas e as rorelas..

Page 52: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Liques Cardo (Eryngium duriaei)

Page 53: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.

Page 54: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

AS FRAGASNa comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais.

Capudres na fraga da Cabanavella, un dos maiores bosques dos Ancares.

Page 55: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal, foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talouse madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.

Page 56: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Abesedo de Donís.

Page 57: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Fraga da Cabanavella nas abas da Serra das Maseiras, no val do rego da Vara.

Page 58: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Acibeiral na serra do Agulleiro.

Page 59: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Acibeiral na Fraga da Cabanavella.

Froitos de acivro (Ilex aquifolilium). Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.

Page 60: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Faial de Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes, no linde con Pedrafita do Cebreiro).

Page 61: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Aciñeiras (Quercus ilex)en Cruzul

Page 62: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

ÁRBORES SENLLEIRASIncluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)

CARBALLO (Quercus robur)

-Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)-Río Ortigal (P)

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)

Page 63: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)

CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)

-Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro.-As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)-Avesedo de Donís (Cervantes)Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro.-Río Ortigal-Teso das Valiñas (Piornedo)

Page 64: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas

Page 65: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Avesedo de Donís (Cervantes)

Page 66: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba)

-Praza do Campo. (Quindous- Cervantes)-20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)

Page 67: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

CERQUIÑO/REBOLO (Quercus pyrenaica)

Praza do Campo. (Quindous. Cervantes).

-Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -16,9 m de altura e 4,15 m de perímetro. (P)-As Freitas (Piornedo, Cervantes)No Teso das Valiñas.

Page 68: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)

Aucella (Cervantes)

-Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .-A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro.-Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.-Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.-Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro.-Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)-10, 30 m de perímetro.-Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.

Page 69: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Verdello de Cereixedo Castelo de Frades

Page 70: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)

Page 71: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)

Page 72: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Rao (Navia de Suarna)

Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)

Page 73: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Fraga da Cabana Vella

ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium)

-Fraga da Cabana Vella(Cereixedo-Cervantes).- Varios exemplares de bo porte.Avesedo de Donís (Cervantes).- Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.

Page 74: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Avesedo de Donís

Page 75: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica)

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.Avesedo de Donís (Cervantes).Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)

Page 76: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Avesedo de Donís (Cervantes).

Page 77: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

FAIA (Fagus sylvatica)

-Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes)(P)

Page 78: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

-Faias de Pintinidoira (P)

Page 79: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela, a víbora de Seoane...

Oso pardo, visitante ocasional dos Ancares procedente das serras cantábricas.

Bufo real (Bubo bubo)

FAUNA

Page 80: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Pica dos prados (Anthus pratensis)

A importancia da avifauna dos Ancares fixo que sexa protexida como ZEPA.

Page 81: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.

Page 82: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

ACTIVIDADESA actividade máis importante é a gandaría extensiva, fundamentalmente a de gando bovino; a agricultura de consumo, aproveitamentos de recursos forestais, a caza e a apicultura.Nos últimos anos aumentou o turismo rural. A poboación permanente é de 4.977 habitantes.

Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un núcleo rural que se está rehabilitando.

Page 83: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Labrando con gando nas searas de centeo, unha escea que xa non se ve nos Ancares. Imaxe de 1980.

Nos Ancares mantívose ao longo do tempo un equilibrio agrosilvopastoral, ao tempo que o illamento xeográfico e a complexidade orográfica favoreceu a persistencia dun medio natural ben conservado. Noutros tempos foi importante o cultivo do centeo e a explotación da madeira das fragas.

Page 84: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Explotación forestal: A finais do século XVIII a explotación das árbores foi importante debido á demanda das numerosas ferreirías e mazos da comarca. Tamén tivo unha gran demanda a madeira de carballo e carba para travesas de ferrocarril e construción naval. Nas fragas quedaron algúns exemplares que se salvaron (posiblemente por ser defectuosos) e agora son árbores monumentais.

Hai anos unha empresa alemana montou nos montes de Fieiró (avesedo de Donís) un sistema de transporte de madeira mediante cables. Esta actividade rematou a mediados do século XX.

Page 85: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

As “brañas” ou “alzadas”, eran lugares altos con pasteiros e terras cultivables aos que se trasladaba parte da familia para coidar do gando e cultivar a terra. Había pequenas cabanas para as persoas e outras máis grandes para o gando. Na actualidade séguese a empregar o sistema de traslado do gando aos pastos de verán pero non se reside arriba.Algunhas da alzadas eran as de Xestoso, Redondo, Vilarmondín, Vispeiro, Liñares, Estorneiro, Pandozarco, Vestoso, Vilanova do Pedregal...

Page 86: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Cabanas na Alzada de Pan de Zarco.

Page 87: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

O cultivo de castiñeiros tivo sempre gran importancia na comarca. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes da montaña.

Page 88: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Museo Etnográfico en San Román de Cervantes.

Page 89: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Aula da Natureza, en Degrada.

Page 90: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria do que dan testemuña os numerosos restos arqueolóxicos atopados como petróglifos, mámoas e castros. A calzada romana de Lugo a Astorga pasaba por Becerreá.Na actualidade conserva importantes valores etnográficos (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños) e histórico-artísticos (castros, igrexas, castelos...).

Castro de Santa María

Page 91: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Castelo da Pobra de Navia de Suarna, destruído na Revolta Irmandiña e reconstruído posteriormente.

Castelo de Doiras (Cervantes)

Page 92: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Igrexa de Piornedo

Page 93: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

As persoas poboan as montañas dos Ancares desde tempos moi antigos integrando perfectamente as súas actividades coa natureza. En moitos lugares consérvanse pegadas de elementos arquitectónicos de distintas épocas, e por todas partes, a paisaxe amósanos as intervencións do ser humano no medio nun equilibrio agrosilvopastoral. O illamento xeográfico e a complexidade orográfica favoreceu a pervivencia de elementos naturais e culturais.

Page 94: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Palloza e horro (hórreo) en Piornedo

Page 95: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Hórreo de planta cadrada, típico das montañas orientais e Asturias. Piornedo.

Page 96: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

AS PALLOZASA palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Caurel.

Vilar, en 1979

O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.

Page 97: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A palloza é un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-gandeira: corte, forno, almacén...A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais: pedra, madeira, palla. Os vans son reducidos e escasos para evitar perdas de calor.

Page 98: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Alzado e planta dunha palloza

O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir.

Page 99: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Interior dunha palloza

Page 100: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Palloza-museo en Piornedo

Page 101: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Piornedo

Page 102: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Piornedo, 1979

A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) que recolle a auga ou a neve. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.

Page 103: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

PROBLEMAS-Abandono do medio rural-Falta de apoio institucional-Incendios forestais-Repoboacións con especies alóctonas...

Page 104: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Aciñeiral de Cruzul

PUNTOS DE INTERESEBECERREÁ•Aciñeiral de Cruzul•Bosque de Agüeira e Os Grobos•Río Navia

Page 105: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Igrexas de Donís e Dornas

CERVANTES:•Piornedo: núcleo tradicional: pallozas, hórreos...•Museo dos Ancares (Cervantes)•Castelos de Doiras e Quindous•Castro de Santa María•Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna... •Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo, As Pontes...•Serra dos Ancares: vales glaciares do Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes do Mostallar, Penarrubia...•Abesedo de Donís•Fraga da Cabanavella•Carballos, acivros e bidueiros: Abesedo de Donís, Cabana Vella•Faial de Pintinidoira.

Page 106: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

NAVIA DE SUARNA:•Pobra de Navia: castelo, ponte medieval•Rao: souto da Saencia•Penedo de Murias•Brañas de Pan de Zarco•Canón do Rao•Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)

A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”, unha ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana.

Page 107: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

LIC “OS ANCARES O COUREL” Espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, (concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro).

ESPAZOS PROTEXIDOS

Page 108: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

LIC “CRUZUL-AGÜEIRA”Pequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que inclúe os bosque de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada e Boullón.

Page 109: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

ZEPA OS ANCARESUn espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza.

Hai unha interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras.

Choia

Page 110: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

Serra dos Ancares no inverno, desde a estrada que entra por Quindous.

Page 111: Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Setembro 2016