135
RESERVAS DA BIOSFERA Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

RESERVAS DA BIOSFERARío Eo, Oscos e Terras de Burón

Page 2: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O espazo articúlase arredor do rio Eo (desde o seu nacemento ata a desembocadura) e de parte das cuncas do Navia, Porcia e Miño e pequenos ríos costeiros cantábricos.Destaca polo seu valor mediambiental e paisaxístico con áreas costeiras, de media e alta montaña e vales fluviais.As altitudes oscilan entre o nivel do mar e os 1.286 do Busbeirón o que determina tamén unha gran variabiliade climática, de ecosistemas de flora e de fauna.

Page 3: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SUPERFICIE: 158.883 ha (108.007 en Galiza) compartidas con AsturiasCONCELLOS: Galiza: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz.Principado de Asturias: Castropol, A Veiga do Eo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de OscosVALORES NATURAIS: Ecosistemas de montaña, ríos, bosques de ribeira, fragas, cantís, praias e dunas, esteiros e unha gran variedade de flora e fauna atlánticas e mediterráneas. VALORES CULTURAIS: Patrimonio histórico-artístico e etnográfico, tecnoloxía tradicional...

Page 4: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

PROTECCIÓN-RESERVA DA BIOSFERA (Unesco, 17 de setembro de 2007).-LICs (Galiza): As Catedrais, Río Eo, Ría do Eo, A Marronda, Carballido e Negueira-LICs (Asturias): Penarronda-Barayo e Cunca do Agüeira-ZEPA: Ribadeo, Penarronda-Barayo-HUMIDAL RAMSAR: Ría do Eo-HUMIDAL PROTEXIDO Ría do Eo -MONUMENTO NATURAL: Praia das Catedrais, Praia de Penarronda

Fraga de San Xes (A Pontenova)

As Catedrais

Page 5: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

ZONA NÚCLEO (16.000 ha): comprende as áreas que acollen os ecosistemas naturais menos alterados e os espazos de maior valor ecolóxico que se corresponden en xeral cos espazos protexidos e zonas próximas, así como a superficie marítima e fluviomariña.

Fraga da Marronda

Page 6: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

ZONA TAMPÓN (30.000 ha): rodea á zona núcleo na maior parte da súa extensión asimilando posibles impactos derivados das zonas con maior actividade económica. Nela permitirase a realización de actividades compatibles cos obxectivos de conservación, contribuíndo desta forma á protección das zonas máis valiosas. Inclúe os principais cursos fluviais e aquelas masas forestais naturais e orlas arbustivas de rexeneración (carballeiras, amieirais, salgueirais) ligadas ao ámbito fluvial.

Page 7: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

ZONA DE TRANSICIÓN inclúe a superficie ocupada polos asentamentos humanos, as terras circundantes, as infraestruturas de maior entidade, e de forma xeral as superficies antropizadas e transformadas por actividades humanas.

Page 8: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

CLIMAOceánico húmido, con veráns frescos, máis frio nas áreas do interior e nas montañas.

Page 9: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río Navia

UNIDADES PAISAXÍSTICASO espazo está conformado por paisaxes moi variadas que podemos clasificar en catro unidades con características propias:

O litoral A ría Os vales dos ríos A Montaña

Fragas na Pontenova

Praia de Lóngara Ría de Ribadeo

Page 10: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O LITORAL-A RASA CANTÁBRICAA costa deste espazo forma parte da rasa Cantábrica, unha ampla superficie que se estende desde o cabo Peñas (Asturias) ata o cabo Burela (Lugo), cunha anchura que vai dos máis de 5 km (na área asturiana) a menos de 100 m.A rasa é unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel d o mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro, na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís. Comeza con maior altura en Asturias, con 110 a 120 m, e vai descendendo pouco a pouco ata Burela onde só acada de 3 a 5 m. Na beira costeira remata en zonas de cantís que caen case rectos e zonas de praias. Asimesmo está interrompido polos vales dalgúns ríos.

Page 11: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Vista da Rasa desde o cume do Mondigo (Ribadeo)

A orixe desta rasa ou planalto foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica, movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior ou menor acción erosiva.

Page 12: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Arcos na praia das Catedrais, un impresionante monumento xeolóxico

Page 13: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Praia das Catedrais

Page 14: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Nas rochas dos cantís da Rasa Cantábrica pódense ver gran cantidade de pregamentos e fallas que o traballo do mar deixa ao descuberto.

Punta das Penas Brancas.

Page 15: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes de tamaños variados chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro.

Praia dos Castros.Punta Gallín.

Page 16: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Illa Pancha, na boca da ría de Ribadeo

Page 17: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Praia de Penarronda (Castropol)

Page 18: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Praia de Penarronda (Castropol)

Page 19: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Prados naturais -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais del Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limónicos -Prados húmidos mediterráneos de herbas altas (Molinion-Holoschoenion) -Megaforbios húmidos higrófilos -Prados pobres de sega de baixa altitude Turbeiras -Mires de transición -Turbeiras calcárias de Cladium mariscus -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) Hábitats rochosos e covas -Pendientes rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion Covas non explotadas polo turismo -Covas mariñas somerxidas e semisomerxidas Bosques -Bosques aluviais con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior -Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica

TIPOS DE HÁBITATS NATURAIS E SEMINATURAIS PRESENTES NA ÁREA LITORAL,

SEGUNDO O SISTEMA DE CLASIFICACIÓN ESTABLECIDO NO ANEXO I DA DC 92/43/CEE

Augas mariñas e medios de marea -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña pouco profunda -Grandes calas e badías pouco profundas -Arrecifes Cantís mariños e praias de pelouros Vexetación anual sobre refugos mariños acumulados Vexetación perenne de bancos de pelourosCantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas Dunas mariñas -Dunas móviles embrionarias -Dunas móviles do litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas) -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises) Hábitats de auga dóce -Ríos, de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion Brezais e matogueiras de zona temperada -Brezais húmidos atlánticos meridionais de Erica ciliaris e Erica tetralix -Brezais secos europeos -Brezais secos atlánticos costeiros con Erica vagans -Matogueiras esclerófilas -Matogueira arborescente con Laurus nobilis

Page 20: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

FLORANa área litoral hai unha gran varibilidade de especies en función do achegamento ao mar e dos tipos de substratos: liques, plantas halófitas, pradeiras, matogueiras...Destaca a presenza de Armeria pubigera subsp depilata, Chritmum maritimum, Plantago maritima, Euphorbia portlandica, Inula crithmoides, Limonium binervosum, Asplenium maritimum, Daucus carota subsp. gummifer, Silene uniflora, Asparagus prostratus, Trifolium occidentale, Festuca rubra subsp pruinosa, Daucus carota subsp gummifer, Leucanthemum pluriflorum, Angelica pachycarpa, Carlina corymbosa var major ...

ESPECIES DE INTERESEArnica montana Narcissus asturiensis Ruscus aculeatus Woodwardia Radicans Zostera marina

Inula crithmoides

Page 21: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Capileira (Adiatum capillus-veneris)

Page 22: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Algas (golfos) nas pozas que quedan nos cantís ao debalar o mar

Page 23: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

FAUNADestacan as aves acuáticas de areais e de cantís e a presenza irregular de cetáceos e focas.

Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)

Percebes (Pollycipes cornucopia). Son crustáceos de vida sedentaria aos que lles gostan as augas limpas e batidas.

Píllaras riscadas, limícola que invernan nas costas da zona.

Page 24: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

A ría entre Castropol e Ribadeo

A RÍAA Ría de Ribadeo ou do Eo ocupa unhas 800 ha. É alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media). Ábrese aproveitando unha falla con orientación N-S entre a Punta da Cruz en Asturias e a Illa Pancha en Ribadeo. É unha ría case rectilínea, con algúns entrantes na parte asturiana, que está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar.

Page 25: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Pena Furada, na boca da ría de Ribadeo

Page 26: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Enseada e praia de Arnao (Castropol)

Page 27: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Ponte dos Santos, entre Ribadeo e Castropol.

Page 28: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Costa asturiana da ría de Ribadeo (Castropol)

Page 29: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Punta Llan (Castropol)

Page 30: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Espiela (Castropol)

Page 31: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Augas mariñas e medios de marea -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña pouco profunda -Esteiros -Chairas fangosas ou areosas que non están cubertas de agua en marea baixa -Lagoas costeiras -Grandes calas e badías pouco profundas -Arrecifes Cantís mariños e praias de pelouros -Vexetación anual sobre refugos mariños acumulados -Vexetación perenne de bancos de pelouros-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas Marismas -Vexetación anual pioneira con Salicornia -Pastizais salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas Hábitats de auga dóce -Ríos, de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion Brezais e matogueiras de zona temperada -Brezais húmidos atlánticos meridionais de Erica ciliaris e Erica tetralix -Brezais secos europeos -Brezais secos atlánticos costeiros con Erica vagans

TIPOS DE HÁBITATS NATURAIS E SEMINATURAIS PRESENTES NO ESTEIRO DO EO,

SEGUNDO O SISTEMA DE CLASIFICACIÓN ESTABLECIDO NO ANEXO I DA DC 92/43/CEE

Matogueiras esclerófilas -Matogueira arborescente con Laurus nobilis Prados naturais -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais del Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limónicos -Prados húmidos mediterráneos de herbas altas (Molinion-Holoschoenion) -Megaforbios húmidos higrófilos -Prados pobres de sega de baixa altitude Turbeiras -Mires de transición -Turbeiras calcárias de Cladium mariscus -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) Hábitats rochosos e covas -Pendientes rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion -Covas non explotadas polo turismo -Covas mariñas somerxidas e semisomerxidas Bosques -Bosques aluviais con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior -Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica

Page 32: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Seba (Zostera marina)

FLORAAs especies vexetais están moi influenciadas polo ritmo da mareas, o substrato (rochoso, areoso, lamacento) e a variacións de salinidade. Abonda a seba, os xuncos (Scirpus maritimus var. compactus, Scirpus pungens, Cladium mariscus), a espartina, os carrizos (Phragmites australis), o limonio, a portulaca...

ESPECIES DE INTERESE:Arnica montana Narcissus asturiensisRuscus aculeatusWoodwardia RadicansZostera marina

Spartina maritima

Page 33: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

FAUNAO maior interese desta área son as aves acuáticas, en grande parte especies migradoras, oscilando el número de individuos censados entre los 9.000 e os 25.000, distribuidos en máis de 40 especies, entre as que predominan os láridos, as anátidas e as limícolas.Entre as especies protexidas destacan Gavia inmer, Podiceps auritus, Recurvirostra avosetta, Limosa lapponica, Anas penelope, Numenius arquata e Anas acuta. Nos peixes destacan a lamprea mariña (Petromyzon marinus), o sábalo (Alosa alosa) e o salmón atlántico (Salmo salar).

Mazarico real (Numenius arquata) Mazarico rabipinto (Limosa Lapponica)

Page 34: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Garzota (Egretta garzetta) Cagón (Arenicola mariña), un verme común nos fondos limpos dos esteiros e areais das rías que se alimenta filtrando area e deixa estas curiosas moreas.

Page 35: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

CORREDORES FLUVIAISA maior parte do espazo está conformado pola cunca do Eo, e parte das cuncas do Navia, o Porcia e o Miño. Na zona costeira aparecen pequenos ríos que desembocan directamente ao Cantábrico: Rochela, Caínzos, Tacos e Vilaselán, en Galiza, e Basbosa, Péligos, Tol, Fernanda e Anguileira, en Asturias.

O Eo en San Paio (Baleira)

Page 36: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río EoÉ un río compartido en grande parte con Asturias que nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo despois de 99 km de percorrido. Dos 930 km2 da súa conca, 700 corresponden ao territorio galego. Os principais afluentes son o Rodil, Bidueiro e Turia pola dereita e o Xudán, Riotorto e Trabada pola esquerda. Ten augas altas invernais e unha moderada estiaxe como corresponde a ríos de réxime pluvial oceánico.O río Eo é un dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Está protexido en varios espazos. LIC “Río Eo” LIC, Humidal de importancia internacional (Convenio RAMSAR) e ZEPA “Ría de Ribadeo” e está incluído ademais no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife).

O Eo en Fonteo (Baleira)

Page 37: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo en San Paio (Baleira)

Page 38: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Pozo da Ferrería, nun afluente do Eo en Cubilledo (Baleira)

Page 39: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo na Cortevella (Baleira). Na área hai un miradoiro, un muíño, ouriceiras e un sendeiro acondicionado.

Page 40: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O río de Martín nace na Serra do Miradoiro (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo nas proximidades de Martín. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga da Marronda.

O rego do Souto, un afluente do Martín no

interior da fraga da Marronda

Page 41: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo en Ribeira de Piquín

Page 42: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Fervenza Pena dos PortelosEn San Xurxo (Ribeira de Piquín) , no rego de Survial do Couso (Eo) que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae nun barranco de lousas moi fondo e escuro dunha altura de máis de 15 m. No verán ten pouca auga. O camiño atravesa unha fraga ben conservada na que se poden ver bos exemplares de castiñeiros e carballos.

Panel informativo elaborado polo alumnado do colexio

Page 43: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río Rodil Nace na Serra do Invernal e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Recibe pola dereita o Rego de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro (ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello.

O Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín)

Page 44: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SEIMEIRAS DO QUEIXOIRONo lugar de O Queixoiro, parroquia de A Bastida (concello de A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil.

Page 45: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Seimeira de San Xes. No rego do Bidueiro, interior da fraga de San Xes.

Rego do Bidueiro Un afluente do Eo que baixa do Couto de Frades e xúntase a el nas proximidades da Pontenova.

Pozo da Chamosa no Rego Reigadasen Bogo/Vilaboa (A Pontenova)

Page 46: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo na Pontenova

Page 47: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río Turia: nace na aba norte do Coto de Frades (Taramundi) e xúntase co Eo na Pontenova.

Rego das Mestas (Turia) en Teixois (Taramundi) O Turia na Pontenova

Page 48: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo no coto de Xesteira (El Llano-Asturias)

Page 49: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Fervenza da Pena do Encanto, no rego de Ramalledo (Eo) en San Tirso de Abres

Page 50: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Nace no alto da Garganta (entre a serra de Ouroso e Bobia) e xúntase co Eo na Veiga.

Río Suarón en Meredo. Río Suarón en Meredo

Río SuarónNace entre as serras da Bobia e Oroso e xúntase co Eo na Veiga.

Page 51: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Esteiro do Eo

Page 52: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río NaviaÉ un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e e desemboca na ría de Navia, no Cantábrico, despois de percorrer 99 km. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.Os principais afluente neste espazo son o Suarna e o Agüeira. Está protexido nos LICs “Negueira” e “Cunca do Agüeira”.

Canón do Navia en Negueira de Muñiz

Page 53: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Canón do Navia entre Galiza e Asturias, desde o miradoiro de Arexo (A Fonsagrada).

Page 54: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río SuarnaNace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. O afluente máis importante é o rego de Lamas que nace na serra da Lastra, en Degolada, e drena case toda a metade sur da comarca da Fonsagrada, recollendo as augas das serras do Hospital, Foncuberta, O Portelo, O Restelo e Louxas.Ao longo do río Suarna e os seus afluentes hai varias rutas sinaladas polo concello da Fonsagrada: a da Seimeira de Vilagocende, a que segue o río pasando pola Naraxa e chega ata a ferrería, a da Chaila que sobe polo Suarna desde Vilarín e a do Rellouso que vai polo rego da Porteliña. En todas elas podemos ver fermosas fervenzas, chamadas na zona, seimeiras.

Río Suarna na Naraxa. O Río Suarna, ao pé da Pena do Inferno, fai unha curva nunha zona que está acondicionada como área de lecer e praia fluvial.

Page 55: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SEIMEIRA DE VILAGOCENDEEntre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San Martiño de Suarna (A Fonsagrada), no río Villarbol, afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia).

Rozabragada, no río Rozabragada en San Martiño de Suarna (A Fonsagrada)

Page 56: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Río Agüeira Nace na serra de Follabal (A Fonsagrada) e, despois de 47 km de percorrido xúntase co Navia no encoro de Doiras. Os principais afluentes son o Ahío e o Bercial.

O Agüeira en Pumares (Santalla de Oscos).

Page 57: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Seimeira de Morlongo no rego de Villanueva Seimeira de Busqueimado no río Agüeira.

Page 58: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

RÍO NEIRAUn afluente do Miño que nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un curto percorrido polo concello, onde tamén o fan o seus afluentes Rego de Trabeiro (ou Trabazas) e Val de Pedroso. Vai xuntarse co Miño entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara.

Área de lecer no nacemento do río Neira en Fontaneira (Baleira).

O río Neira en Baleira.

Page 59: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

RÍO PORCÍA:Nace na serra da Bobia e desemboca no Cantábrico, na praia de Porcía, despois de 31 km de percorrido. Os principais afluentes son o Mazo, Cabo, Valle, Grandal e Arco.

Fervenza do Cioyo (Castropol)

Page 60: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

TIPOS DE HÁBITATS NATURAIS E SEMINATURAIS PRESENTES NOS CORREDORES FLUVIAIS,

SEGUNDO O SISTEMA DE CLASIFICACIÓN ESTABLECIDO NO ANEXO I DA DC 92/43/CEEAugas estancadas -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas -Hábitats de auga dóce -Ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion Brezais e matogueiras de zona temperada-Brezais húmidos atlánticos meridionais de Erica ciliaris e Erica tetralix -Brezais secos europeos Prados naturais -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limónicos -Megaforbios húmidos higrófilos -Prados pobres de sega de baixa altitude Turberas -Turbeiras altas activas -Mires de transición Hábitats rochosos e covas -Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion Bosques -Bosques aluviais con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior -Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica

Page 61: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

FLORANas zonas altas aparecen especies de turbeira (rorelas, esfagnos...) e nas ribeira bosques formados por amieiras (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior), salgueiros (Salix atrocinerea e S. alba), avelairas (Coryllus avellana)... con fentos, oucas, ranúnculospé de boi, narcisos...

Herba canuda (Equisetum sp.)nas beiras do Eo.

Durante o verán as beiras do río enchénse coas flores da herba moedeira (amarelas), salgueiriño (violetas) e herba dos porcos (rosas).

ESPECIES DE INTERESEArnica montana Narcissus asturiensis Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Sphagnum pylaesii Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Page 62: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Bosque de ribeira

Page 63: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal.

Merlo rieiro (Cinclus cinclus)

Cabalo do demo (Aeshna cyanea)

FAUNAO máis significativo son os peixes migratorios, os anfibios e os mamíferos, con especial mención á lontra (Lutra lutra) e o furapresas (Galemys pyrenaicus); así como moluscos de interese como o mexillón de río (Margaritifera margaritifera).

Page 64: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Libeliña e garza real

Page 65: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Mazo da ferrería de Bogo (A Pontenova)

A enerxía do ríoOs ríos desta área foron aproveitados para mover todo tipo de enxeños, entre os que destacan os muíños, os batáns e os mazos e outros aparellos para traballar o ferro. Na actualidade a maioría destas instalacións desapareceron ou deixaron de funcionar. Algunhas están restauradas e convertidas en museos.

Page 66: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Unha demostración do traballo do mazo en Teixois

Page 67: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Roda de afiar en Teixois

Page 68: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Restos da ferrería de Vilar de Cuíña (A Fonsagrada)

Mazonovo (Santalla de Oscos)

Page 69: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Muíños de Rosario en O Mazo (San Pedro de Neiro) ás beiras do río Esteleiro, afluente do Rodil.

Page 70: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Museo dos Muíños en Mazonovo (Taramundi)

Page 71: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Vista desde o Mondigo cara ao sur

A MONTAÑAA área montañosa deste espazo actúa de nexo de unión entre as estribacións máis occidentais da Cordilleira Cantábrica (Serra dos Ancares) e as Serras Septentrionais de Galiza (O Xistral).Ao norte aparecen pequenas serras costeiras que limitan a Rasa Cantábrica, entres as que destaca o Mondigo (570 m). Ao leste as serras de San Isidro (1.082 m), a Bobia (1.201 m), Gallardo e Uría. Ao sur as serras de Liñares, Louxas, Portelo, Follabal, Louxas, Restelo... Ao leste Puñago, Vacariza, Miradoiro, Panda, Meira, Pousadoiro e a Cadeira

Page 72: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

A orografía é suave, con predominio das formas redondeadas e escasamente abruptas, con profundos vales, con ladeiras de forte pendente e cumes xeralmente horizontais con pequenos crestóns. A altitude vai aumentando cara ao interior. As cotas máis altas son a Serra do Hospital (Pico do Muraldal con 1.109 m), as serras orientais da Bobia (Pena Grallas, con 1.096 m), a Serra das Penas Apañadas (Pico da Lagoa, con 1.195 m e a Serra de Gallardo (Busbeirón, con 1.286 m de altitude).Os materiais dominantes son as lousas, os xistos e as cuarcitas, con pequenos afloramentos de calcarias.

Rasa costeira e primeiras elevacións das serras paralelas ao mar.

Page 73: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO MONDIGOEstá formada por varios montes de pequena altura situados no concello de Ribadeo. A máxima altura é o Alto do Mondigo, con 570 m, un excelente miradoiro sobre a costa desde Burela a Ribadeo. Os montes están practicamente cubertos de piñeiros e eucaliptos.

Cara oeste do Mondigo.

Page 74: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DA CADEIRASituada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. O cume mái alto é o Cerrochao, con 776 m.

Bosque autóctono na aba oeste da Cadeira, en Taboada.

Page 75: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO POUSADOIRO Ten orientación N-S e separa os concellos A Pontenova e Riotorto. Polas dúas vertentes circulan afluentes do Eo (o Ferreiravella e o Xudán). O punto máis alto é o Pousadoiro, con 666 m. Está formado por lousas, areiscas, e crestóns de cuarcitas.

Vista do Pousadoiro desde A Pontenova.

Page 76: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

MONTES DE SAN XESUnha sucesión de montes que forman as últimas estribacións cara ao norte das serras orientais galegas e fan de linde entre a comarca da Mariña Oriental, as terras asturianas e a comarca da Fonsagrada. O cume máis alto é o Couto de Frades, con 916 m, na confluencia entre A Pontenova, A Fonsagrada e Asturias. Son montes de cumes suaves e vales profundos nos que se atopan algunhas das mellores fragas atlánticas de Galiza (San Xes e Reigadas) protexidas dentro do LIC “Carballido”.

Couto de Frades.

Page 77: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DE MEIRA Unha parte está no concello de Ribeira de Piquín, na vertente oriental, onde nacen afluentes do Eo. Unha ruta que sae do Pedregal de Irimia cruza a serra e segue ata chegar ao río Eo (Ruta Miño-Eo).

Abas leste da Serra de Meira onde se aprecian as fortes pendentes que caen cara ao río Eo.

Page 78: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

PENA OUVIAÑA Cume de 893 m situado ao leste da serra de Meira que forma parte dunha cadea de montañas (Montes de Vilar de Calvos) nos lindes orientais do concello de Ribeira de Piquín con A Fonsagrada e A Pontenova. Está coroada dunha crista de cuarcitas.

Montes de Vilar de Calvos con Pena Ouviaña á dereita.

Page 79: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

MONTES DE LOGARES, CARBALLIDO E VILAR DE CALVOSMarcan o límite norte da comarca da Fonsagrada, coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias.

O Coto Frades.

Page 80: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO CORNO DO CERVOCon orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do espazo “Carballido”.

Serra de Corno de Cervo desde A Fonsagrada. No val a Pobra de Burón.

Page 81: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DE FOLLABALCompartida entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura está en Penas Apañadas, con 1.203 m.

O monte Penas Apañadas, situado ao sur do Porto do Acebo, fai fronteira con Asturias. Desde os cumes hai unha ampla panorámica sobre as serras orientais, desde o Pousadoiro ata os Ancares.

Page 82: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO INVERNALEsténdese cara ao norte desde a Serra de Follabal, nas proximidades da Fonsagrada. O cume máis alto é a Lomba do Tresvilar, con 937 m.

Serra do Invernal desde o cume das Penas Apañadas.

Page 83: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DE LIÑARESProlongación cara ao surleste da serra de Follabal. A máxima altura é o Seixón, con 953 m. Polo leste está rodeada polo río Navallos e polo oeste, polo Suarna, que van ao Navia.

Serra de Liñares (A Fonsagrada) e ermida da Fornaza

Page 84: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Busbeirón e encoro do Navia

SERRA DE URÍAPecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes do Navia. SERRA DE GALLARDO:Esténdese con dirección N-S pola fronteira entre Negueira de Muñiz e Asturias. Unisa á serra de Uría no Busbeirón.

Page 85: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO HOSPITALSituada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas dominantes son lousas e xistos e, nos cumes, cristas de cuarcita. As máximas alturas son o Pico do Hospital e o Lagoaseca, ambos con 1.108 m. Os ríos da vertente norte van á conca do Rodil (Eo) e os do sur á do Navia.

Cara sur da Serra do Hospital desde a serra de Louxas.

Page 86: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Serra do Muradal (no primeiro plano), montes de Vilar de Calvos e Carballido

SERRA DO MURADALCon dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m.

Page 87: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO POZOPequena serra con orientación N-S, Limita polo norte co río Eo e polo leste cun afluente do mesmo. No sur (Fontaneira) nace o río Neira, afluente do Miño. O monte máis alto é o Panda con 933 m. Unha grande parte das abas do leste da serra do Pozo están ocupadas polas fragas de Estornín.

Serra do Pozo, á esquerda unha pequena parte da Fraga

de Estornín.

Page 88: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DA LASTRACon orientación N-S, situada entre A Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e O Padornelo, con 958 m.

Cumes de cuarcita na Serra da Lastra (Baleira)

Page 89: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

MONTE DA MARRONDA Pequeno sistema montañoso de 864 m de altura rodeado polos vales do río Martín e Souto, formada por rochas silíceas paleozoicas. Destaca polas fragas autóctonas situadas na aba leste. Esta protexido como LIC e ZEP.

Entre as especies arbóreas da fraga da Marronda destaca a presenza das faias, unhas das máis occidentais de Europa.

Page 90: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO MIRADOIROCon orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 mNa parte oriental nace o Eo e o seu afluente o Martín, así como varios regos das súas cabeceiras.

Cuarcitas nos cumes da serra

Page 91: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGOXunto coa do Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se distinguen os cumes.Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m.

Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita.

Page 92: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DE FONCUBERTAEsténdese entre os cursos altos dos ríos do Castelo e Lamas, ao sur da Serra do Hospital.O punto máis alto acada 774 m.

Serra de Foncuberta desde o monte Restelo.

Page 93: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DO PORTELOCompartida entre os concellos da Fonsagrada e Becerreá, con orientación NO-SE. O punto máis alto é o Portelo, con 938 m.

O Portelo no Inverno

Page 94: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

MONTE RESTELOÉ o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobra as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.

Panorámica da metade sur da comarca da Fonsagrada desde o monte Restelo.

Cume do monte Restelo (1.013 m).

Page 95: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DE LOUXASCon orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos.

Serra de Louxas no verán.

Page 96: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SERRA DA BOBIAEsténdese entre as cuncas do Eo e o Navia, no linde entre os concellos de Castropol e Vilanova de Oscos. O cume áis alto é o Filso da Bobia, con 1.201 m. Nela nacen os ríos Porcía, Suarón, Urubio, rego da Bobia...

Page 97: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

TIPOS DE HÁBITATS NATURAIS E SEMINATURAIS PRESENTES NA MONTAÑA,

SEGUNDO O SISTEMA DE CLASIFICACIÓN ESTABLECIDO NO ANEXO I DA DC 92/43/CEEHábitats de auga dóce -Ríos, de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion Brezais e matogueiras de zona temperada -Brezais húmidos atlánticos meridionais de Erica ciliaris e Erica tetralix -Brezais secos europeos Prados naturais -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos o arxilo-limónicos -Megaforbios húmidos higrófilos -Prados pobres da sega de baixa altitudeTurbeiras -Turbeiras altas activas -Mires de transición Hábitats rochosos e covas -Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion Bosques -Faiais acidófilos atlánticos -Bosques de ladeiras, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Bosques aluviais con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior -Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica -Bosques de Castanea sativa -Sobreirais de Quercus suber -Bosques de Ilex aquifolium

Page 98: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Unha constante nas serras da zona é o aproveitamento agrogandeiro dos cumes achairados e o forestal das abas encostas, onde se conservan grandes superficies de bosques autóctonos.

Os cumes aparecen dominados polo mato de breixos e piornos e nos vales aséntanse diferentes formacións arbóreas: con carballos, bidueiros, acivros, pradairos e, máis raramente, faias e teixos. Nalgunhas zonas do val do Navia hai érbedos e sobreiras e na contorna das poboacións soutos.

Page 99: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Detalle das follas e das cúpulas nas que están pechados os froitos das faias (faiucos).

CapudreTeixo

Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.

ESPECIE DE INTERESEArnica montana Narcissus asturiensis Ruscus aculeatus Sphagnum pylaesii Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Page 100: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Os paxariños (Linaria triornotofora) danlle cor ás beiras dos camiños e aos lindeiros.

No sotobosque e nas matogueiras predominan as arandeiras e as uces ás que acompañan numerosas herbas e outras plantas que viven nas zonas sombrizas ou ocupan os claros.

Nas terras máis secas e orientadas ao sur podemos atopar ourego (Origanum vulgare).

Toxo gateño (Ulex nanus). Un toxo de pequeno tamaño que florece durante case todo o ano nas matogueiras que cobren as partes altas dos montes.

Arandeiras (Vaccinium myrtillus)

Page 101: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica). Acada na área de Negueira o punto máis ao norte da súa distribución en Galiza.

Lobo (Canis lubis signatus), un habitante común destas serras.

FAUNADestaca a grande diversidade de aves do mato e do bosque e pequenos mamíferos cun total de oito quirópteros (un incluído no Catálogo Rexional de Especies Ameazadas do Principado de Asturias e no Galego, Miniopterus schreibersii.

Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande de Europa. Pasa varios anos en estado larvario alimentándose da madeira morta das árbores vellas. Na actualidade é unha especie protexida debido á reducción dos seus hábitats.

Page 102: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Porto de Ribadeo

ACTIVIDADES-Agrogandaría, forestal, pesca e marisqueo, servizos (destaca o turismo)...

Page 103: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Complexo hidráulico de Teixois

O Plan de Desenvolvemento Integral Oscos-Eo, foi pioneiro na aplicación da Lei de Agricultura de Montaña en Asturias, e vangardista no desenvolvemento das zonas de montaña desde o ano 1985. Entre os principais obxectivos está a conservación e o coidado do medio na zona aproveitando os recursos naturais e o patrimonio etnográfico.

Page 104: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballo do Trobo (A Fonsagrada). Mide máis de 21 m de altura e 3,50 m de perímetro.

Page 105: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Teixo da Pasada (Fontaneira, Baleira). Mide 9 m de perímetro.

Page 106: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Teixo de Córneas (Baleira). Mide 7,40 m de perímetro e ten máis de 400 anos. Está considerado o´máis vello de Galiza.

Page 107: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Teixos de Carballido (A Fonsagrada).

Page 108: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Teixos de Busqueimado (Santalla de Oscos).

Page 109: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

CARBALLOS DE RIOXOANEn Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.COMO CHEGAR: na estrada do Cádavo a Meira, pouco despois do cruce de Rioxoan a Ribeira de Piquín vense os carballos no interior dunha propiedade situada á dereita.CARBALLO DE MOSTEIRO Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada.AMIEIRAS DOS VAOSÁ beira do río Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de contorno.COMO CHEGAR: na estrada de Chao de Pousadoiro a Fonsagrada cóllese en dirección a Os Vaos, e no desvío da poboación, báixase ao río Rodil, á esquerda, antes de cruzar a ponte

AMIEIRAS DOS VAOSÁ beira do río Rodil nos Vaos

(Ribeira de Piquín). Varias amieiras:

4,60 e 4,10 m de contorno.

Page 110: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL

Forte de Ribadeo. Fornos de calcinación do mineral de ferro (A Pontenova)

Restos do castelo da Pobra do Burón

O territorio da Reserva da Biosfera foi poboado desde tempos moi antigos, do que dan testemuñas os restos de poboamentos prehístoricos. Desde a Idade Moderna ata o pasado século houbo unha intensa actividade de mineiría e manufactura do ferro, que deixou mazos e ferrerías, minas, vías férreas, cargadoiros de mineral, fornos... A cidade de Ribadeo foi un importante porto comercial. Por todo o espazo consérvase un importante patrimonio etnográfico e histórico artístico: muíños, pontes, hórreos, igrexas, pazos, conxuntos urbáns... O Camiño Xacobeo do Norte atravesa a zona.

Page 111: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

PUNTOS DE INTERESEBALEIRA•Fonteo•Fontaneira•Área de lecer A Cortevella•ÁRBORES SENLLEIRAS: teixo de Córneas•FERVENZAS: Pozo da Serra, Pozo da Ferrería

Casa en Paradevella (Baleira).

Hórreo en Fontaneira (Baleira).

Page 112: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

A FONSAGRADA•ÁRBORES SENLLEIRAS: Teixos de Peizais, carballo de Santoso de Cereixido•FERVENZAS: Seimeiras de Vilagocende, Queixoiro, Rozabragada•IGREXAS: capela de Santa María, Allonca, Santa María de Lamas •Muíños: San Pedro Nerio, Rozabragada, Vilar de Cuíña, Vilarín...•Mazo da Porteliña, ferrería de Vilar de Cuíña•Ruínas do hospital de Montouto•Ponte de Lamas de Moreira•Museo etnográfico•Caleiros de Arroxo•Minas de ferro e outros minerais•Cortiños•Cileiros (palleiras circulares pechadas)•Canón do Navia•Área de lecer da Naraxa

Mueseo etnográfico da Fonsagrada

Casas típicas da Fonsagrada

Page 113: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

NEGUEIRA DE MUÑIZ•Festa do Viño•Encoro de Grandas de Salime (río Navia)•Monte Busbeirón

Val do Navia (Entralgo, Negueira de Muñiz)

Page 114: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

A PONTENOVA•Fragas de San Xes e As Reigadas •FERVENZAS: San Xes, Pozo da Chamosa•IGREXAS: Bogo•Mazo e muíño de Bogo•Fornos de calcinación de mineral de A Pontenova•Área de lecer do Eo

Fornos de calcinación da Pontenova

Page 115: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

RIBADEO•IGREXAS: capela da Atalaia, convento de santa Clara (século XIII)•Casco histórico de Ribadeo (casa modernistas)•Aduana Vella•Cargadoiro de Mineral•Forte•Illa Pancha•Praia das Catedrais•Rinlo

Antiga cetárea de Rinlo, a primeira de Galiza.

Embarcadoiro de mineral das minas de ferro de Vilaodrid (A Pontenova)

Ribadeo desde o miradoiro do monte de Santa Cruz

Page 116: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

RIBEIRA DE PIQUÍN•ÁRBORES SENLLEIRAS: amieiras de Os Vaos (río Rodil)•Áreas de lecer no río Eo•Fervenza Pena dos Portelos•Muíños

Os Vaos. No val do Rodil, no linde coa Fonsagrada e o espazo protexido Fragas de Carballido.

Page 117: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

TRABADA•Área de lecer “A Choza” no Eo•Menhir Marco da Pena Verde en Fornea (linde entre os concellos de Trabada, Barreiros e Ribadeo)

Área de lecer “A Choza” na Ría de Abres, no Eo, Conta con embarcadoiros, paneis explicativos e observatorio de aves.

Page 118: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

CASTROPOL•FERVENZAS: “El Cioyo” (río Porcia)•Castro costeiro de Corno de Villadún•Praia de Peñarronda (illote con arco)•Muíño de marea en Barres (As Acías)•Rutas costeiras

Castropol desde o muíño de Barres

Molín das Acías (muíño de marea) en Castropol

Page 119: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Hórreo en Ferreirela

SANTA EULALIA (SANTALLA) DE OSCOS •ÁRBORES SENLLEIRAS: teixos en Busqueimado e Quinta•FERVENZAS: A Seimeira de Busqueimado (Río Agüeira-Navia)•Mazonovo (traballo nos antigos mazos de ferro)•Ruta dos cortíns

Mazonovo

Casa-museo Marqués de Sargadelos

Page 120: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

SAN MARTÍN DE OSCOS•Museo casa campesiña•Minas•Ruta de Piorno aos Fornos•Áreas de lecer

Page 121: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

•Mosteiro de Santa María (século XII)

VILLANUEVA (VILANOVA) DE OSCOS •Explotacións mineiras romanas•Ecomuseo do pan•FERVENZAS: Seimeira de Morlongo•Mosteiro de Santa María

Page 122: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Vista de El Llano, capital do concello

SAN TIRSO DE ABRES•FERVENZAS: Pena do Encanto •Mina romana de Salgueiro (de ferro)•Ruta do ferrocarril•Muíño de vento

Page 123: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

TARAMUNDI•Os Teixois: ferrería, muíño, batán •Mazonovo, museo dos muíños•Casa da Auga de Bres•Museo dos coitelos

Teixois

Museo dos coitelos

Page 124: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Mazo de Meredo

A VEIGA•Ponte antiga de Piantón•Mazo de Meredo•Cristo de Paramios•Senda das 12 pontes

Río Suarón na Veiga

Ponte en Piantón

Page 125: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC NEGUEIRAEspazo de 4.558 ha (está proposta unha ampliación a 6.550 ha) no concello de Negueira de Muñiz. Inclúe parte do curso do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime e os montes que o rodean. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas (nas zonas máis baixas e abrigadas).A parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún érbedo. Na ladeira do Monte Mouro medra un bo bosque de cerquiños e piñeiros. Nas partes secas pódense ver sobreiras. A fauna máis representativa son as aves (miñato común, azor, rapaces nocturnas...) e os mamíferos (lobo, raposo, corzo, xabarín, esquío, xeneta, marta, gato bravo...)

Page 126: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Vista xeral da Marronda.Hai unha gran ruta (GR 1) “A Marronda” de 66 km que sae de Fonteo e percorre parte do concello de Baleira pasando por Cubilledo, segue parte do curso do río Eo e rodea a Marronda.

LIC A MARRONDAEspazo de 1.239 ha que inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean, en terreos dos concellos de Baleira.É unha fraga autóctona de montaña que cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m de altitude) e os vales do río Martín e Souto. As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras bravas, pereiras bravas, faias, teixos... Para visitar a Fraga pódese ir desde Fonteo pola estrada da Braña a Martín

Interior da fraga.

Page 127: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

LIC CARBALLIDOOcupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo. 4.828 ha nos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín. A fraga de San Xes (ou Cabanal) , unha parte da fraga de Reigadas e case a totalidade das fragas de Carballido, situadas nos caborcos excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón, Vao Vello e Santo Estebo.O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona.

A fraga de San Xes (ou Cabanal) é unha das maiores fragas de Galiza, situada entre o cume do Caramelo (870 m) e a marxe esquerda do río Bidueiro ou San Xes, cubrindo por completo unha aba de lousa de 40 m de desnivel.

Page 128: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

LIC SERRA DE FONCUBERTAUn espazo de 15.523,2 ha proposto en 2011 como LIC e ZEC (pendiente de aprobación), co que se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese paisaxístico, biolóxico e etnográfico.O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra, Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da Cuíña e Monte Maior.

Page 129: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

O Eo na Pontenova

LIC RÍO EOÉ un espazo que inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada.É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar ecosistemas diferentes: o esteiro, o río, os bosques de galería...

Salmón, unha especie emblemática do río Eo.

Page 130: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Patos rabudos

RÍA DE RIBADEOHumidal de importancia internacional (Convenio RAMSAR -563,44 ha) e Zona de especial protección para as aves (ZEPA -1.915 ha), compartida con Asturias.Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife).É unha zona que destaca por ser unha das áreas de descanso máis importantes para as aves invernantes entre as que se atopa a maior concentración de patos rabudos (Anas acuta) de España (arredor de 1.000 exemplares).

Page 131: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

LIC PRAIA DAS CATEDRAISEspazo que abrangue a costa desde a punta Corbeira ata a punta do Gallín e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga; 297 ha nos Concellos de Barreiros e Ribadeo. A Praia das Catedrais (28,94 ha) está declarada tamén Monumento Natural. O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo.

Page 132: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

LIC PENARRONDA-BARAYOEspazo costeiro que abrangue o litoral desde a Punta do Torno ata Los Aguiones (4266,88 h terrestres e 78,87 ha mariñas. Dentro da Reserva da Biosfera está incluído o litoral de Castropol ata a desembocadura do rego de Penarronda.A Praia de Penarronda está declarada tamén Monumento Natural. Ten un sistema dunar ben conservado. É a única localización asturiana no que aparece o alhelí de mar (Malcomia Littorea), e marca o extremo occidental da reducida área de nidificación da gabita (Haematopus ostralegus).

Page 133: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

LIC CUNCA DO AGÜEIRAInclúe o tramo do rio Agüeira, desde Pelorde ata San Mamede e parte do curso do seu afluente Ahío. 174 ha nos concellos de Pesoz, Santalla e San Mariño de Oscos. Son cursos fluviais de alta naturalidade que conservan unha boa vexetación de ribeira. Destaca a presenza da saramaganta (Chioglossa lusitanica) e a lontra (Lutra lutra).

Page 134: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Plantacións de eucaliptos no val do Eo

PROBLEMAS-Presenza de especies invasoras-Abandono do medio rural-Incendios forestais-Repoboacións con especies alóctonas...

Page 135: Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón

Montaxe e fotos: Adela Leiro Mon DaportaAgosto 2016