15
xeometría descritiva sistema diédrico fundamentos 1º bacharelato – debuxo técnico

Tipos de rectas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Tipoloxía da recta segundo a súa posición respecto dos planos de proxección no sistema diédrico.

Citation preview

Page 1: Tipos de rectas

xeometría descritivasistema diédrico

fundamentos

1º bacharelato – debuxo técnico

Page 2: Tipos de rectas

sistema diédricotipos de rectas

Page 3: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta xenérica ou oblicua. É a recta que non é nin paralela nin perpendicular a ningún dos planos de proxección, polo tanto é oblicua. Ten traza horizontal e traza vertical.

Page 4: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta horizontal. É a recta paralela ao plano horizontal de proxección. Ten traza vertical e non ten traza horizontal. A súa segunda proxección é paralela á liña de terra.

Page 5: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta frontal. É a recta paralela ao plano vertical de proxección. Ten traza horizontal e non tentraza vertical. A súa primeira proxección é paralela á liña de terra.

Page 6: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta de perfil. É a recta paralela ao plano de perfil de proxección. Ten traza horizontal e vertical enon ten traza de perfil. As súas proxeccións son perpendiculares á liña de terra.

Page 7: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta vertical. É a recta perpendicular ao plano horizontal de proxección. Só ten traza horizontal.A primeira proxección é un punto e a segunda é perpendicular á liña de terra.

Page 8: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta de punta. É a recta perpendicular ao plano vertical de proxección. Só ten traza vertical.A segunda proxección é un punto e a primeira é perpendicular á liña de terra.

Page 9: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta paralela á liña de terra. É a recta paralela aos planos horizontal e vertical de proxección.Non ten trazas nin horizontal nin vertical, só terá traza de perfil.As súas proxeccións son paralelas á liña de terra.

Page 10: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta que pasa pola liña de terra. É a recta que corta á liña de terra. As súas trazas H e Vson coincidentes na liña de terra. É un caso particular de recta oblicua.

Page 11: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta contida no plano horizontal. É a recta que está contida no plano horizontal de proxección.A súa segunda proxección coincide coa liña de terra.

Page 12: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta contida no plano vertical. É a recta que está contida no plano vertical de proxección.A súa primeira proxección coincide coa liña de terra.

Page 13: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta contida no primeiro bisector. É a recta que está contida no primeiro bisector, é un casoparticular de recta que pasa pola liña de terra. As súas trazas coinciden na liña de terra.

Page 14: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta paralela ó primeiro bisector. Se unha recta é paralela ao primeiro bisector o valordo alonxamento da traza H será igual ao da cota da traza V.

Page 15: Tipos de rectas

sistema diédrico – tipos de rectas

Recta perpendicular ó primeiro bisector. É un caso particular de recta de perfil na que o valordo alonxamento da traza H será igual ao da cota da traza V. Sempre formará un ángulo de 45ºcos planos horizontal e vertical de proxección.