Upload
luciano-fernandez
View
591
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Versión para imprimir da recompilación de sitios e aplicacións en galego da rede
Citation preview
webweb 2.0 2.0 enen galego
galego
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Contamos con ferramentas para a creación, o manexo e o intercambio de contidos creadas pola
propia comunidade internauta galega.Algunhas delas móstranse a seguir.
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Blogaliza é unha potente plataforma para a creación de blogues, totalmente gratuíta, baseada
en wordpress e con engadidos para podcast, integración de widgets, etc. Ademais, ofrece
ferramentas de rede social e funciona como un portal de novas.
Conta con máis de 6000 usuarios rexistrados.http://blogaliza.org/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
A blogoteca é unha plataforma para a creación de blogues dirixida expresamente a usuarios con coñecementos técnicos básicos. Ofrece tamén galería de fotos (fotoblogoteca) incorporada á
bitácora e inclúe publicidade discreta.Supera xa os 2000 blogues e 15000 imaxes.
http://www.blogoteca.com/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Cabozo é unha rede social baseda en tecnoloxía aberta que permite compartir novas, imaxes, vídeos ou eventos, crear grupos públicos ou privados, facer intercambios en salas de leria
(chats), agregar, etc. Ademais, calquera usuario pode propoñer novas utilidades.
http://cabozo.com/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Chuza constitúe un sitio de novas da web enviadas polos usuarios no que é a propia comunidade quen as valora, as comenta e decide cos seus votos se pasan a
ser publicalas na páxina principal.Dispón tamén de microblogue (Chíos) e mais de sala
de leria con acceso á actividade interna (Fedello). Ten máis de 5100 usuarios.
http://chuza.org/ e http://www.galizarebelde.info/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Cotovía é un sistema de conversión texto-voz desenvolvido polo Grupo de Tratamento do Sinal da Universidade de Vigo. Cun manexo moi sinxelo
(só temos que escribir ou pegar o noso texto e configurar a conversión a voz), obtemos un mp3
descargábel.http://www.cotovia.gts.tsc.uvigo.es/cotovia/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Escoitar é unha comunidade que emprega as APIs de Google Maps para a xeolocalización do son, entendido como patrimonio cultural inmaterial. Podemos participar como visitantes para propor
contidos, escribir artigos e intervir nos foros.http://www.escoitar.org/?lang=gl
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
eTIqueTAL é un proxecto que pretende aplicar as tendencias da Web Semántica aos servizos online
de contacto persoal. Por medio dun auto-etiquetado, os usuarios desta rede descríbense a si
mesmos e poden encontrar persoas afíns.Conta con 600 usuarios.
http://www.etiquetal.com/
1. Espazos e aplicacións de 1. Espazos e aplicacións de nosonoso
Lareta vén a ser un servizo de micro-blogging baseado en ferramentas de código aberto. Pode
integrarse en Twitter, con quen comparte a limitación a 140 caracteres das mensaxes enviadas e as posibilidades de subscrición a outros usuarios.
http://lareta.net/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Dispoñemos tamén dun bo número de ferramentas da web con versión en galego á hora de manexalas
e presentar contidos.
Nalgúns casos localízanse nunha url derivada, pero noutros cumprirá escoller na pestana da opción de
lingua ou xa se activará se temos o navegador configurado para navegar en galego
http://normalizacioncerceda.blogaliza.org/2009/06/15/dille-ao-mundo-que-o-usas-navega-en-galego/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Facebook é unha das redes sociais xeneralistas máis empregadas. A súa política de privacidade é
moi cuestionada, pois fica coa propiedade exclusiva e perpetua de toda a información.
Ten máis de 300 millóns de membros.http://gl-es.facebook.com/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
CKeditor ofrece un completo editor en liña (tamén descargábel) con acceso ao código HTML
e con interface multilingüe. Resulta útil empregado como complemento aos editores dos blogues.
http://ckeditor.com/demo
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Boa parte dos servizos do buscador Google (web, imaxes, mapas, traslate...) ofrécense tamén en
galego.
http://maps.google.es/?ie=UTF8&hl=gl
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Imo é unha das mellores opcións para andar de leria por msn, gtalk, yahoo ou aim sen necesidade de instalar nada no computador. Funcionalidades
semellantes ten meebo, tamén en galego.https://imo.im/ e http://www.meebo.com/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Ipernity combina as ferramentas dunha rede social coa creación doada dunha páxina personalizada.
Estética coidada e facilidade para o intercambio de todo tipo de arquivos.
http://www.ipernity.com/lg?lg=gl
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
ipoki permite compartir a nosa posición xeográfica en tempo real en mapas e servizos da web, así
como localizar amizades.http://www.ipoki.com/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Netvibes é o escritorio virtual personalizábel por excelencia. Funciona con pestanas ou módulos que
agregan contidos de diferentes sitios a través de miniaplicacións.
http://www.netvibes.com/?locale=ga
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Ning posibilita crear e administrar a nosa propia rede social, con todas as ferramentas necesarias: páxina, blogue, mensaxería, chat, grupos, foro...
Só retira a publicidade nos usos educativos.[Non temos aínda tradución completa e non se ofrece automaticamente]
http://ning.com/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Nireblog é unha plataforma multiusuario para a creación de blogues.
http://nireblog.com/gl/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Nirudia permite crear fotologs con imaxes etiquetadas, acompañadas de anotacións e
xeolocalizadas no mapa.http://nirudia.com/gl
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Planetaki agrega a través de rss todos os nosos sitios web preferidos para acceder aos seus últimos
contidos desde unha única páxina.http://www.planetaki.com/
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
t.a.w. é unha ferramenta para a análise da accesibilidade de sitios web.
http://www.tawdis.net/gallego.html
2. Espazos e aplicacións 2. Espazos e aplicacións galeguizadosgaleguizados
Wordpress é un sistema de creación de contido que constitúe unha das plataformas para a xestión
de blogues máis empregada no mundo.http://gl.wordpress.com/
+ Espazos con ampla presenza + Espazos con ampla presenza do galegodo galego
Sitios e aplicacións como Youtube, Slideshare, Slideboom, Blogspot, Flickr, Twitter, Tuenti, etc. contan cun elevado número de usuarios que crean contidos en galego, aínda que estes espazos non ofrezan a opción de manexo na nosa lingua.
Tal opción está a ser reclamada e é probábel que se incorpore en breve, cando menos nos proxectos de tradución xa iniciados.
En todo caso, sempre podemos escoller a lingua (galego)portuguesa.
+ Programas en galego+ Programas en galego
A web tamén nos fornece de programas libres para descargar e configurar no noso computador.
Poden descargarse multitude deles en galego (sistemas operativos, navegación, ofimática, etc.) desde:
http://www.mancomun.org/descargarprogramas/http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias
webweb 2.0 2.0 enen galego
galego
ENDL do IES da Pobra do Caramiñal
… en todas as redes, coa lingua...