17
HERBAS MENCIÑAIS. A NATUREZA É SABIA E ELA COIDA DE NÓS.

Herbas Medicinais

Embed Size (px)

Citation preview

HERBAS MENCIÑAIS. A NATUREZA É SABIA E ELA COIDA DE NÓS.

CASTAÑORico en taninos. Propiedades curativas: - Detén diarreas persistentes.- Bo para a tós e a asma-Preparado en cataplasma cura feridas, e é bo para as aftas bucales.- A auga de cocer as súas follas da brillo e vigor ao pelo loiro.

ORTIGA

Depurativa, eficaz en casos de hemorraxias nasais, para a artrosis, antiinflamatoria…

FENCHO MACHOSimbolo da harmonía e do amor pola vida. Sirve para curar parásitos intestinais.

Ao que veía caer a súa semilla seica tería o don da profecía.

Din que na noite de San Xoán vota flores a medianoite queservirán para facer feitizos.

FIUNCHO

Protexe do mal de ollo, sirve para eliminar os malos espíritos na noite de San Xoan.

Ten propiedades diuréticas e dixestivas, por eso llos votamos as castañas cocidas. Tamén se usa para lavar os ollos.

HERBA LUISADin que era costume recoller esta planta as doce da noite de San Xoan (as rapazas casadeiras).

Utilizada para facer feitizos e ritos amorosos.

Uso mediciñal: calma os nervios, sirve para os problemas do corazón.

ROMEROPlanta para purificar e protexer. Fai anos queimábase cando había enfermos no fogar. A súa esencia é estimulante, cicatrizante, boa para a reuma, axuda ao crecemento do cabelo.

Alivia a dor das articulacións, boa para lavar feridas.

As infusións son boas para o corazón, a circulación, anemia, depresión, aliviar a tos e a asma. Tamén para a aerofagia.

HERBA DE SAN XOAN

A crenza popular di que si a queimabas na casa asustabas aos demos. Cicatrizante, antiséptica, astringente, diurética y antidepresiva.

ROSA CANINA, ROSEIRA, SILVA MACHO, ROSAL DO DEMO, ESCARAMUJO

Antiguamente utilizábase para curar a rabia.

Os seus petalos secos remollados durante 5 minutos en auga quente fan unha gran infusión dixestiva.

Tamén ten propiedades antiinflamatorias e laxantes.

CROQUEManexo peligroso porque é tóxica.

Ten grandes propiedades para o corazón, regular o seu latido e circulación.

DENTE DE LEÓN

Laxante, depurativo, favorece a curación de eccemas e celulitiis.

RUDAPurifica a mente e axuda a alcanzar a clarividencia.

As súas infusións limpian o interior espiritual.

Ten antecedentes máxicos: dentro das casas ahuyentaba os maleficios e as presencias invisibles.

Mitiga a ansiedade, os nervios e vale para axudar nas digestións pesadas.

LAUREIROAtrae o éxito e a realización material e espiritual. Simbolo de gloria e honra.

Empregado como tónico estomacal, estimula o apetito.

As ramas queimadas despacio no lume fan un ruido, tras, tras, rac… activando unha enerxía oculta e poderosa. De ahí naceu a palabra trasno, que significa duende, habitante do mundo invisible.

Os druidas obtiñan dos seus froitos un aceite imprescindible no tratamento de luxacións e osos dislocados.

SABUGUEIROOs seus froitos tamén reciben o nome de UVAS DA MEIGA.

Bo para as inflamacións, sudofírico, calma a tos.

NOGUEIRAPara curar llagas do corpo.

As súas follas poden ser empregadas para combatir a diarrea e o exceso de sudor.

O aceite do nogal expulsa parásitos do intestino.

Na aula fixemos o noso herbolario e tamén temos un recanto de plantas menciñais.

E o máis divertido! Probamos unha chea de infusións!