8
Cada día que pasa estou máis convencido de que o problema de comprensión do conflito no Medio Oriente é máis que nada un problema de información. Custa crelo nestes tempos no que a información rula pola rede en inxentes cantidades. Custa crelo. Mais acho que é a explicación máis obxectiva e realista. Explícome. Se lle pregunto á miña panadeira, ao repartidor do Faro, á miña tía de Nigrán, etc... se lles pregunto pola ocupación chinesa do Tibet, da crise en Darfur, da situación a día de hoxe en Grozni, en Tindouf, etc., probabelmente a resposta non pasaría dun vago: "que mal está o mundo". Se pola contra pregúntolles pola crise en Medio Oriente, a resposta será clara: "os xudeus que están a masacrar aos pobres palestinos". Por que esta disparidade? Pois porque o conflito -duro, complicado e con mil aristas- de Israel non é doado de explicar con rigorosidade. Porque o fácil foi -é- recorrer á cantinela oficial de "uns malvados xudeus que aterraron en Palestina e botaron fóra aos lexítimos habitantes daquelas terras". Esta explicación funciona porque é simple, e xa que logo encaixa moi doadamente se non buscamos a súa verificación. A fin de contas os xudeus nunca tiveron o vento a favor na opinión pública. Nin sequera após o Holocausto que levou por diante a un terzo do total da súa xente. Como moito a opinión pública occidental -no resto do mundo agás casos moi específicos non hai de feito opinión pública como nós a entendemos- tivo uns anos de mala conciencia o que levou a que 3 anos após o descubrimento do que acontecera en Dachau, Treblinka, Auschwitz, Mauthausen, etc., levou a Nacións Unidas, despois dun intenso traballo de campo, de delegacións de NN.UU sobre o terreo negociando coas partes un acordo satisfactorio, levou entón ao recoñecemento dos dereitos nacionas históricos dos xudeus - Resolución 181- que tivo como resultado o nacemento do Estado de Israel. Non insistirei máis outra vez en que a Resolución 181 contemplaba a creación tamén dun Estado árabe no 80% do Mandato Palestina, que foi a negativa radical dos estados árabes a respectar a resolución o que derivou na non existencia a día de hoxe dun estado palestino, de que cando se acusa -moitas veces con razón- a Israel de violar, de non respectar as múltiples resolucións posteriores de NN.UU, "esquécese" moi curiosa e interesadamente a 181 e quen a violou, (Por certo sobre a violación da Resolución por parte dos estados árabes eis o que dixo o representante soviético Andrei Gromyko no Consello de Seguridade (29 de maio de 1948): "Ésta non é a primeira vez que os estados árabes, que organizaron a invasión de Palestina, ignoran unha decisión do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral. A delegación da URSS xulga que é esencial que o Consello declare a súa opinión máis clara e firmemente ao respecto desta actitude dos estados árabes perante as decisións do Consello de Seguridade"). Ter que enfrontar todo isto recoñezo que é complexo e require en moitos casos por en cuestión verdades absolutas previamente asumidas. Máis estou certo, totalmente certo, de que de a canta máis información teñamos a propósito das orixes do conflito, máis claro estaría todo. Non falo de posicións acríticas a favor de Israel. En absoluto. Contra o algún de vós poida pensar non é o meu caso. Nin os asentamentos, nin os asasinatos "selectivos", son por exemplo aceptabeis. O que para min tamén é inaceptábel é esa posición radicalmente acrítica cos palestinos, como se despois de case 60 anos non tiveran ningunha responsabilidade na non resolución do drama. Esa cómoda e politicamente impecábel posición de minimizar cando os mortos son israelies - perto de 1000 desde FÁCIL = TODO ENCAIXA (FÁCIL) www.galiza-israel.org [email protected] Nº 1 nov´06

Gz Israel 01

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín nº1 do Colectivo Galiza-Israel

Citation preview

Page 1: Gz Israel 01

Cada día que pasa estou máis convencido de que o problema de comprensión do conflito no Medio Oriente é máis que nada un problema de información. Custa crelo nestes tempos no que a información rula pola rede en inxentes cantidades. Custa crelo. Mais acho que é a explicación máis obxectiva e realista. Explícome. Se lle pregunto á miña panadeira, ao repartidor do Faro, á miña tía de Nigrán, etc... se lles pregunto pola ocupación chinesa do Tibet, da crise en Darfur, da situación a día de hoxe en Grozni, en Tindouf, etc., probabelmente a resposta non pasaría dun vago: "que mal está o mundo". Se pola contra pregúntolles pola crise en Medio Oriente, a resposta será clara: "os xudeus que están a masacrar aos pobres palestinos". Por que esta disparidade? Pois porque o conflito -duro, complicado e con mil aristas- de Israel non é doado de explicar con rigorosidade. Porque o fácil foi -é- recorrer á cantinela oficial de "uns malvados xudeus que aterraron en Palestina e botaron fóra aos lexítimos habitantes daquelas terras". Esta explicación funciona porque é simple, e xa que logo encaixa moi doadamente se non buscamos a súa verificación. A fin de contas os xudeus nunca tiveron

o vento a favor na opinión pública. Nin sequera após o Holocausto que levou por diante a un terzo do total da súa xente. Como moito a opinión pública occidental -no resto do mundo agás casos moi específicos non hai de feito opinión pública como nós a entendemos- tivo uns anos de mala conciencia o que levou a que 3 anos após o descubrimento do que acontecera en Dachau, Treblinka, Auschwitz, Mauthausen, etc., levou a Nacións Unidas, despois dun intenso traballo de campo, de delegacións de NN.UU sobre o terreo negociando coas partes un acordo satisfactorio, levou entón ao recoñecemento dos dereitos nacionas históricos dos xudeus -Resolución 181- que tivo como resultado o nacemento do Estado de Israel. Non insistirei máis outra vez en que a Resolución 181 contemplaba a creación tamén dun Estado árabe no 80% do Mandato Palestina, que foi a negativa radical dos estados árabes a respectar a resolución o que derivou na non existencia a día de hoxe dun estado palestino, de que cando se acusa -moitas veces con razón- a Israel de violar, de non respectar as múltiples resolucións posteriores de NN.UU, "esquécese" moi curiosa e interesadamente a 181 e quen a violou, (Por certo sobre a violación da Resolución por parte dos estados árabes eis o que

dixo o representante soviético Andrei Gromyko no Consello de Seguridade (29 de maio de 1948): "Ésta non é a primeira vez que os estados árabes, que organizaron a invasión de Palestina, ignoran unha decisión do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral. A delegación da URSS xulga que é esencial que o Consello declare a súa opinión máis clara e firmemente ao respecto desta actitude dos estados árabes perante as decisións do Consello de Seguridade"). Ter que enfrontar todo isto recoñezo que é complexo e require en moitos casos por en cuestión verdades absolutas previamente asumidas. Máis estou certo, totalmente certo, de que de a canta máis información teñamos a propósito das orixes do conflito, máis claro estaría todo. Non falo de posicións acríticas a favor de Israel. En absoluto. Contra o algún de vós poida pensar non é o meu caso. Nin os asentamentos, nin os asasinatos "selectivos", son por exemplo aceptabeis. O que para min tamén é inaceptábel é esa posición radicalmente acrítica cos palestinos, como se despois de case 60 anos non tiveran ningunha responsabilidade na non resolución do drama. Esa cómoda e politicamente impecábel posición de minimizar cando os mortos son israelies - perto de 1000 desde

FÁCIL = TODO ENCAIXA (FÁCIL)

www.galiza-israel.org [email protected]º 1 nov´06

Page 2: Gz Israel 01

2000- en salvaxes atentados suicidas contra autobuses, universidades, discotecas, rúas comerciais, paseos, etc., cando os mortos caen baixo os Kassan que Hamas dispara a diario desde Gaza e Cisxordania contra civis israelís... estes mortos son indecentemente minimizados. Como se o feito de seren israelies fora xa "pecado orixinal" dabondo para xustificar a súa morte. É indecente escoitar cousas como "pobres palestinos co que sofren non teñen outra saída". Non terían -tirando desta mesma liña xustificadora- os "pobres xudeus" co que pasaron tamén algún motivo para sobrepararse nunha terra onde é tan doado sobrepasar a delgada liña vermella do racional?

É para min de verdade incompresíbel que desde o nacionalismo non sexa a independencia de Israel un feito a salientar. Unha nación que sobrevivou séculos de progroms, persecucións, discriminacións, exterminio industrial masivo... e que por fin acada un anaco de terra, da súa terra, para vivir por fin en paz sen ser perseguidos, discriminados, exterminados. Un anaco de terra máis pequeno que o da miña patria que xa é pequena, un pobo coa fortaleza na súa conciencia nacional suficiente para conquerir o que eu quero para a miña nación. Nación que nun parlamento autonómico de 75 deputados só 13 teñen ese mesmo obxectivo no pleno recoñecemento dos Dereitos Nacionais do meu pobo. E que a pesar de ser nós -os nacionalistas- unha minoría no noso pequeno país, nunca aceptarei como ningún de vós tampouco, que se poña en cuestión o caracter nacional da Galiza e o seu irrenunciábel dereito de autodeter-

minación. Pero como non é motivo de safistacción, como nacionalistas, que outros nacionalistas acadaran o que nós pretendemos para o noso país?. De verdade compañeiros, non o entendo. Dicíame un compañeiro do BNG que o problema de Israel e o BNG era a súa alianza cos Estados Unidos. Dicía o compañeiro con ironía que se a alianza fose coa vella e defunta URSS, O propio Sharon estaría convidado na Quintana o Día da Patria e os palestinos serían tratados como "a contra nicaragüense". Para min, como nacionalista e de esquerdas, hai datas na terra e no tempo que teño como referenciais. A independencia americana, a revolución francesa, a independencia da verde eirín e o 14 de maio de 1948 no que centos de anos despois o pobo de Israel acadou o que en xustiza merecía. A súa independencia. Case 60 anos despois, constante-mente acosado, atacado, non é honesto nin sequera realista, exixirlle ao Estado de Israel un expediente impoluto e sen mancha. Ninguén, ninguén que pasara o que pasou só no último século, como o que viviu o pobo de Israel, tería unha actitude defensiva diferente. Non nego -eu non son acrítico- que Israel ten cometido abusos, excesos represivos brutais. Mais descontex-tualizalos dun día a día prebélico cando non simplemete bélico, é un fraude interesado. Oxalá o pobo de Israel e o pobo palestino cheguen o máis axiña posíbel á paz. Paz máis que merecida. Pero a paz constrúese sobre a realidade. Se o IRA non asumise pragmaticamente a realidade de esgotamento na que ficaba, os Acordos do Venres Santo non terían visto a luz. A paz en Medio Oriente virá da man do real recoñecemento do dereito de Israel a existir e vivir con seguridade ou non virá. Dicía Golda Meier que podía entender que os árabes quixeran botalos ao mar. Pero que o que os árabes non podían pretender é que os xudeus colaboraran na tarefa.

PEDRO GÓMEZ-VALADÉS

O pasado día 9 de Abril un amigo xudeu catalán invitoume ao acto de conmemoración do Holocausto que se celebraba na sé da Comunidade Israelita de Barcelona. Unhas cantas ducias de persoas, nun ambiente de recollemento, reflexionaban sobre o acto de barbarie máis desapiadado que o ser humano foi capaz. Lembraban as vítimas sen desexo de vinganza nin exteriorizacións de dor, senón coa altura moral que permitiu a este pobo superar un trauma colectivo de tanta envergadura recorrendo á capacidade creadora que amosaron sempre en todos os terreos do saber, tal e como lembraba Luís Goytisolo no seu artigo “Intelectuais e xudeus” (El País. 22 de Decembro de 2001). As circunstancias actuais do conflito árabe-israelí enchían de preocupación a todos os presentes no acto, non só porque non se ve unha saída a curto prazo, senón porque no noso país, que é tamén o seu, perciben un baleiro de incomprensión ao seu ao redor cando gran parte dos medios de comunicación e a maioría de forzas políticas toman claramente partido pola causa palestina responsabilizando só a Israel en exclusiva do tráxico agravamento da crise. Singularmente a falsa e interesada acusación de xenocidio contra o pobo palestino e a equiparación co nazismo da política de defensa do Estado de Israel divulgada a través de medios de comunicación é un feito de tanta gravidade que non pode deixar indiferentes aos demócratas e ás persoas con sentido crítico da Historia e da presente realidade. Reyes Mate, no seu artigo “A singularidade de Auschwitz” (El País. 22 de Abril de 2002) fai referencia a esta cuestión. Comprender a Israel non implica necesariamente estar de acordo coas decisións do Goberno do Estado de Israel, senón aproximarse á realidade do pobo xudeu e ao conflito árabe-israelí con toda a súa complexidade, sen prexuízos preestablecidos e con espírito crítico, sen dar por boas as

GALIZA-ISRAEL 2 2

COMPRENDER

Page 3: Gz Israel 01

distincións simplistas (palestinos bos, xudeus malos). A aposta pola paz na rexión conleva a condena do terrorismo e en especial da estratexia das bombas humanas asasinas como método para conseguir obxectivos políticos e aplicar o principio de autodeterminación dos pobos como fórmula para a solución dos conflitos co fin de garantir o proceso que ten que conducir a que tanto o pobo de Israel como o palestino teñan o seu propio Estado e igualmente as condicións de seguridade imprescindíbeis para o desenvolvemento da súa vida civil. Desgrazadamente, non foi este o carácter da maioría de manifestacións públicas que se realizaron nas últimas semanas. Artigos como “Todo ten un límite” de Jordi Argelaguet (Avui. 10 de Abril de 2.002) foron a excepción no medio de moitas informacións superficiais e seitarias. Esta descompensación de opinións tamén reflicte un estado de opinión pública deteriorado no seo da nosa sociedade. O pobo catalán mantén maioritariamente un espírito progresista e solidario como o amosa o feito de ter unha alta porcentaxe de voluntarios espallados por todo o mundo e comprometidos coas máis diversas causas humanitarias. Esta solidariedade foi evoluíndo segundo transcorreron as etapas do conflito árabe-israelí.

En Catalunya, cando en 1.948 o Estado de Israel acadou a súa independencia, algunhas desubicadas forzas políticas e os intelectuais catalanistas non marxistas celebraron este éxito colectivo do pobo xudeu que era tamén o de todos os pobos oprimidos do mundo. Esta corrente de simpatía mantívose ate ben entrados os anos 60 e son testemuñas diso o propio President Pujol ou Jordi Carbonell, presidente de ERC entre moitos outros patriotas da súa xeración. A progresiva hexemonía do PSUC e outras formacións marxistas a partir de 1.968 comportou a translación ao noso país dun progresismo superficial herdado da tradición comunista consistente en apoiar aos países árabes para utilizalos contra Occidente durante a guerra fría. A esta secuela de tardocomunismo e do baleiro de pensamento político que provoca, hai que engadir a partir dos anos 90 unha serie de posicionamentos que enlazan coa xudeofobia secular do máis rancio nacionalismo español : o odio ao xudeu é a primeira mostra de repulsa á diversidade que marcou a construción política de España desde a Idade Media ate os nosos días. Antisemitismo e españolismo foron historicamente complementarios e compatíbeis. Puidémolo comprobar hai uns días en Barcelona cando se manifestaban contra Israel con panos palestinos deputados e intelectuais favorábeis a un estado

palestino pero contrarios radicalmente á autodeterminación do pobo catalán. Se o lema da manifestación estivese pola paz e pola autodeterminación dos pobos todos estes figurantes non terían podido asistir. Como di un amigo: Revolucionarios do mundo e reaccionarios de Catalunya, unídevos! Como catalán que aspira á independencia da miña nación, non podo admitir nin o cinismo e sectarismo político nin a exclusión dos xudeus no proceso de construción da nosa comunidade catalá que loita por integrar, sempre respectando a súa identidade, colectivos de bereberes, pakistaníes, saharauís e outros chegados ao noso país nunhas condicións culturais e económicas que poñen a proba a capacidade de integración na diversidade da sociedade catalá actual. A solidariedade con outros pobos do mundo ten que estar guiada polos principios da paz, a prevención dos conflitos e a autodeterminación dos pobos e non pode estar en contradición cos comportamentos políticos internos de Catalunya. Máis ben todo o contrario: tense que manifestar en calquera momento pensando tamén no país que queremos construír.

JAUME RENYER I ALIMBAU Presidente do Forum Català pel Dret a

l’Autodeterminació.Profesor de Dereito na Universitat Rovira Virgili. Foi

deputado no Parlament de Catalunya por ERC.

ISRAEL, PENSAR EN CATALUNYA

3 GALIZA-ISRAEL

Page 4: Gz Israel 01

O escritor e bo amigo Horacio Vázquez Rial publicou un artigo onde aseguraba que, se neste país houbese unha prensa normal, titulariamos “Irán atacou Israel”, en referencia á escalada bélica na zona. En liña parecida, Hermann Tertsch expresou a súa perplexidade ante a facilidade con que Israel é criminalizado, automaticamente, máis aló dos feitos, as razóns ou os datos. Persoalmente, falei en múltiples foros do maniqueísmo con que se tratan as cuestións arabe-israelís, ate o punto de que xente intelixente se converte, cando fala deste conflito, en paradigma do prexuizo, a mentira e a terxirversación. Contra Israel, algúns viven mellor, e son tantos que me pareceu interesante reflexionar sobre o fenómeno. Con todo, ¿como non?, empezo polo máis importante. A situación actual é terríbel (“unha auténtica merda”, dito en expresión buschiana), é dolorosa para todos e é un dos camiños malos dos moitos camiños malos que podía emprender Israel. Mais, e a pregunta non é menor: Tiña Israel algún camiño bo para seguir? “A paz é o camiño”, di a benintencionada cita, pero durante décadas o mundo árabe en conxunto, o palestino en particular, e o integrismo islámico en singular, dedicáronse a bombardealo, borraron os trazos e fixérono desaparecer. Desde os famosos tres NON do mundo árabe reunido en Khartum, após a Guerra dos Seis Días (Non ao recoñecemento, NON ás negociacións e Non á paz con Israel), moi poucas cousas mudaron. Só Xordania e Exipto estableceron tímidas relacións con Israel, acadando o que poderiamos chamar unha precaria pero sólida paz. Mais o resto de países, economicamente fortes, militarmente capaces e demograficamente poderosos, continuaron financiando loxísticas terroristas, alimentando o resistencialismo vitimista e negando toda posibilidade de diálogo. Irán é, neste contexto, o país máis visíbel, con millóns de dólares dedicados,

anualmente, a financiar a tolemia integrista de Hamàs e de Hezbollah. Pero non é o único, e Israel, militarmente poderoso, pero á vez enormemente fráxil e vulnerábel, foi sometido, durante décadas, a unha guerra latente, con terrorismo incluído, na que participaban alegre e impunemente diversos países membros da ONU. Non importaba cal fose a actitude de Israel, desde os Acordos de Oslo, ate Camp David, dende os esforzos de Rabin aos de Barak, pasando pola desconexión de Gaza de Sharon ou a truncada folla de ruta. Fixera o que fixera, mandasen falcóns ou pombas, o único obxectivo da inmensa maioría dos estados implicados era facer desaparecer a Israel. Con diñeiro, con publicidade, con esforzo político e diplomático,

con armas, con loxística, con propaganda. Décadas e décadas construíndo a guerra. Décadas e décadas desmontando toda opción de paz. Que outro país aguantaría? A última escalada é a crónica dunha guerra anunciada e longamente preparada. Unha guerra que, non o esquezamos, declarouse cun Hamas no goberno, que constrúe un túnel desde Gaza, ataca unha base militar en chan israelí, mata soldados e

secuestra a un deles. E, polo norte, grupos terroristas de Hezbollah, tamén membros do goberno libanés, atacan unha base militar, matan soldados e secuestran a dous máis. E, ¡alegría, que son dous días!, sobre todo se vivimos en Europa, estamos tomando o sol e somos xenéticamente antisemitas, por moito que fagamos da corrección política un útil disfraz. Como dicía Tertsch, ate cando os feitos son inequívocos e sinalan claramente a Israel como país agredido, no noso país convertémolo automaticamente en culpábel. E é que, na liña deste artigo, moitos son os que contra Israel viven mellor. O primeiro que vive mellor é Kofi Annan, que cada vez que move o seu dedo contra Israel, ve subir o seu liderado entre as decenas de ditaduras que conforman a Asemblea Xeral da ONU. Ademais, e non é menor, contra Israel reforza o seu máis que deteriorado prestixio.

Contra Israel vive mellor a todopoderosa Francia, que así reforza os seus múltiples intereses económicos cos árabes (ou alguén creu algunha vez que Francia era unha hermanita da caridade?), e de paso tranquiliza aos seus conflitivos banlieues. Contra Israel, dende os días gloriosos da gloriosa maldade soviética, viviu mellor Rusia, e contra Israel, por suposto, viven mellor todas as ditaduras do petrodólar, que reforzando o discurso antisemita, crean un chivo expiatorio que distrae ao persoal da miserábel vida á que foi condenado. Por suposto, o xudeu malo axuda a camuflar os problemas internos, a falta de liberdade, a tolemia integrista, a falta de esperanza das sociedades nas que viven. Contra Israel vive mellor a tiranía siria, e contra Israel Irán topa a súa escusa para manter o islamofascismo que cultiva. Pero, sobre todo, quen mellor vive contra Israel é unha esquerda caduca, en cuxo ADN topamos os rastros dun antioccidentalismo patolóxico. Unha esquerda que perdeu as utopías que ela mesma traizoou e que, na súa inxenuidade, cre recuperar parte da épica perdida con calquera pano panarabista que se pon ao pescozo. Unha esquerda, en fin, que non soportaría un cura católico, pero que alucina e namórase de calquera mullah islámico que chame á yihad. De Marujas Torres, o paraíso da esquerda de salón está cheo. Mágoa que é un paraíso que, para a liberdade, resulta un inferno.

Diari Avui.

PILAR RAHOLA

GALIZA-ISRAEL 4 2

CONTRA ISRAEL VÍVESE MELLOR

Page 5: Gz Israel 01

Chamarlle "nazi" a un xudeu non só é un insulto, senón unha contradición entre os termos; pero abonda botar unha ollada ás teles e a gran parte da prensa española para comprobar que ese costume está moito máis estendida do que o sentido común aconsellaría.Ser antisemita ou xudeófobo sae de moca en España —máis aínda se un declárase progresista—; e tal vez por iso exista unha tan sólida coincidencia en que o muro divisorio erguido polo goberno de Israel é unha proba evidente do carácter racista, nazi e ate xenocida de Israel. Dos xudeus, vaia, que sempre son culpábeis de algo. Parece natural, polo tanto, que os lorocutores das televisións falen con toda soltura do "Muro da Vergonza", equiparando nada sutilmente ao que está erguendo o actual goberno israelí co que partiu en dous durante varias décadas ao Berlín da guerra fría. A verdade é que o muro de Berlín, coñecido como "da vergonza", construírono os comunistas do lado oriental para impedir que a xente fuxira do seu galiñeiro colectivista ao bando do capitalismo; mentres que o de Israel está sendo edificando para evitar que certos islamistas do Partido de Deus entren no seu país a porlle bombas nos autobúses, as cafetarías e os salóns de casamentos. Hai un sutil matiz entre os fins carcerarios do muro berlinés e os do valado que se erixe entre Israel e Palestina; pero tampouco é cousa de porse pejigueros. Calquera muro, falando en xeral, é unha vergonza; e a miúdo un abuso. Así recoñeceuno o propio Tribunal Supremo de Israel ao declarar ilegal parte do trazado da "valado" -como prefire chamalo o goberno israelí-; e incluso unha Resolución Internacional da ONU, que ilegalizou por completo toda a obra.(Por desgraza, a ONU que retirou ás súas tropas deixando a Israel fronte á agresión militar dunha vasta alianza de países árabes en 1967, non está

particularmente lexitimada para impartir leccións de ética neste asunto. E menos aínda desde que en xullo de 1995 o seus "cascos azuis" toleraron sen inmutarse o matanza de máis de sete mil bosnios (musulmás, por certo) a mans dos serbios no enclave de Srbrenica.O estraño de todo este asunto é que en España só se fale do muro de Israel. Moito máis preto, así no xeográfico como no sentimental, fica o muro erixido polo goberno de Marrocos no Sahara a partir de 1985 co propósito de combater máis eficaz-

mente á resistencia do pobo sahariano, apoiada por Alxeria. E non é que o muro sexa pequeno, precisamente. Ocupa máis de 2.000 quilómetros e, a diferenza do israelí, está reforzado con minas, trincheiras, alambradas e toda claste de enxeños letalmente disuasorios.O Sahara e os seus cidadáns -que á sazón tiñan DNI español- foron entregados a Marrocos polo réxime do xeneral Franco en novembro de 1975, como

o informado lector ben saberá. España desentendeuse das súas obrigas como potencia administradora nunha ignominiosa retirada que tal vez non contribúa gran cousa a aumentar a fiabilidade deste país nos seus tratos con outras nacións. Nin a manter o crédito dos seus compromisos e palabras de honra entre as xentes ás que, teoricamente, está obrigada a protexer, claro está. A política africanista e, a miúdo, antisemita do "Caudillo" tivo unha inesperada continuación na maioría dos gobernos democráticos que seguiron ao esgotamento (que non

caída) da ditadura. A "nova" España democrática tardou unha morea de anos en establecer relacións diplomáticas con Israel; e, agás algún breve período, todos os gobernos mantiveron como eixe da súa política exterior a retórica "irmandade" cos países árabes. Aínda hoxe seguen a facelo. Non hai, polo tanto, razón algunha para estrañarse de que o único muro coñecido en España sexa o que Israel está construíndo no Medio Oriente e, sen embargo, tan afastado. Doutros muros máis próximos, como o do Sahara, nin sequera se escoita falar, por máis que nesa antiga colonia vivisen milleiros de persoas que un día foron formalmente compatriotas dos españois e ate contaban con procuradores para representalos nas vellas Cortes. Esa recente vergonza parece ter erguido un muro de esquecemento no inconsciente

colectivo dos españois. Menos mal que nos queda Israel, o seu muro e o noso histórico antisemitismo secular para desfogarnos. Chamándolles nazis, por exemplo.

ÁNXEL VENCE

5 GALIZA-ISRAEL

O SAHARA E O MURO ESPAÑOL DO ESQUECEMENTO

Page 6: Gz Israel 01

Joan B. Culla ofrécenos un percorrido completo pola historia do movemento sionista, do Estado de Israel dende a súa independencia en 1948 e do interminábel enfrontamento cos árabes palestinos, ate os nosos días. O autor considera que existe un descoñecemento xeneralizado das raíces e das complexidades deste conflito, dos factores demográficos e económicos, políticos e militares, culturais e relixiosos que o caracterizan e o condicionan. É preciso saber como e cando xurdiron os dous nacionalismos que se disputan aquela terra, que factores endóxenos e exógenos os nutriron e déronlles forma, cal foi o papel das sucesivas grandes potencias, o da opinión pública internacional, o do mundo árabe, que une e que separa ás dúas sociedades enfrontadas. Se o fío condutor do libro é a experiencia histórica israelí, o seu propósito é explicar desde a máxima obxetividad posíbel.

Alianza Editorial (2004)

A pantasma do antisemitismo percorre Europa con variados matices. Isto é algo que recoñece incluso a UE, como é o caso do Informe 2004 presentado polo comisario Cox. Un antisemitismo que xunto ao lexítimo cuestionamiento político das decisións de Estado israelí, que tamén se expresan en Israel, manifesta cada vez máis abertamente a vella xudeofobia co pretexto desa crítica, que á súa vez realimenta o malsano prexuizo, empobrece a vida social, e contribúe a enlear o intríngulis mesoriental co seu alento ás actividades opostas a unha estratexia encamiñada ao fin do conflito. Boa parte da prensa continental e moi en particular a española, por razóns propias da historia recente do reino, acolle e recrea esta conduta enfermiza e malinteresada, permitindo que se cuestione ate a existencia do Estado de Israel, agora coa habitual escusa antisemita (quen necesita a ese país de xudeus?), agora coa da chamada “causa árabe” que a ninguén prexudica tanto como aos palestinos, ou combinando ambas (“a maldición xudea é culpábel do sufrimento e do atraso dos musulmáns”). Ás veces, sen escusa algunha.

Mais hai disidentes, como non podía ser menos. Nin Europa nin o estado español son un espazo totalitario, como o islámico. Neste libro recóllense textos dalgúns deses autores de criterio independente e crítico, xente de diversa orixe política, colaboradores de medios moi diferentes, xornalistas e catedráticos, escritores e politólogos, coñecidos todos no estado español (lugar de orixe da iniciativa) que coinciden en soster o dereito de Israel a existir e defenderse, sen negar o dereito dos árabes do país que están condenados a compartir. Se incide nos antecedentes históricos, na descrición do presente, centrándose na xudeofobia ou no conflito en si, a fin de ofrecer un amplo panorama das cuestións que tratan. Dous anos de censura por parte das grandes editoriais españolas adiaron a aparición deste traballo colectivo no que cada autor achegou o seu propio punto de vista, acollido pola voluntariosa Editorial Certeza, de Zaragoza. dirixida polo galego Xosé Vicente Zalaya. É propósito dos colaboradores por en mans do lector un instrumento para o debate racional do conflito de Medio Oriente, sen veos nin prexuizos. O traballo é valioso nun momento da Historia no que o papel dos intelectuais vese reducido e postergado como nunca antes pola comunicación de masas e consígnalas simplificadoras do “pensamento único, feble e reaccionario” sob denominacións varias que van desde a nazi á da coñecida como progresía de salón. Une aos cooperantes deste esforzo a convicción de que só a análise rigorosa da realidade permite situar os problemas na súa xusta perspec-tiva, e que os cidadáns teñen dereito a escoitar voces e criterios acalados pola ditadura dos media. Unha iniciativa do xornalista Jaime Naifleisch, Pilar Rahola, Horacio Vázquez-Rial, Vicenç Villatoro, Valentí Puig e Gabriel Albiac. Encomendas a: [email protected]

Alianza Editorial (2004)

GALIZA-ISRAEL 6 2

L I BROS

LA TIERRA MÁS DISPUTADA.

El Sionismo, Israel y el conflicto de Palestina

Joan B. Culla

EN DEFENSA DE ISRAEL

Page 7: Gz Israel 01

Juan Nuño é Filósofo e ensaísta de recoñecida traxectoria, (Madrid, 1927-Caracas, 1995) exerceu a docencia na Universidad Central de Venezuela, primeiro como sucesor de Juan David García Bacca na cátedra de Filosofía Antiga, despois como especialista en Lóxica e Filosofía da Linguaxe. Entre os seus principais títulos, salientar “El pensamiento de Platón”, “El marxismo y la cuestión judía” e “La filosofía en Borges”. Juan Nuño deixou así mesmo unha obra ensaística moi notábel pola profundidade, solvencia e orixinalidade das súas análises en campos tan diversos como a literatura, a filosofía política e o cine. Entre os principais títulos desta faceta da súa produción intelectual, destacan “La veneración de las astucias”, “Fin de siglo” e “Escuchar a los ojos”. En “SIONISMO, MARXISMO, ANTISEMITISMO. La "cuestión judia" revisitada”, é un orixinal ensaio no que se ofrecen claves de innegábel validez e vixencia para comprender fenómenos ideolóxicos e políticos de total actualidade, entre os que destacan a persistencia de un antisemitismo de raigame cristiana, a existencia –non sempre recoñecida–

de un antisemitismo de esquerdas e o rexeitamento sistemático de Israel. Sería bo ir espertando á realidade nada agradábel dun mundo que non parece esquecer nada nin aprender gran cousa. Non se esqueceron os reflexos case instintivos do antisemitismo das nacións nin se aprendeu a lección da última gran arremetida xenocida, a do científico e industrialmente organizado nazismo. Por unha banda, volven escoitarse as mesmas queixas tradicionais contra a avaricia xudea e a súa capacidade de concentración de poder, o que proba que os estereotipos e os mitos teñen moi dura a pel. Por outro, téndese a minimizar e banalizar o sucedido no terríbel Holocausto; non só se levantaron voces académicas pedindo non dar crédito á propaganda xudea e asegurando que nin existían cámaras de gas nin se mataron a millóns de seres humanos, senón que xurdiu a perversa tendencia a tratar de entender a persecución nazi á luz da suposta prepotencia xudea. O feito escandaloso é que estamos regresando aos bos tempos en que, ademais de ser de bo ton proferir expresións antisemitas, procúrase mirar cara a outro lado, coma se non fose cun, cada vez que xorde algún novo atropelo contra os xudeus. Publicado hai vinte anos por Monte Ávila Editores de Caracas, “Sionismo, marxismo, antisemitismo. La “cuestión xudía” revisitada” desapareceu do mercado hai máis dunha década. Tratábase da edición revisada e aumentada do marxismo e a cuestión xudea, publicado orixinalmente, tamén a cargo de Monte Ávila, en 1972. Non só porque aquela primeira edición esgotouse, encargóuselle ao seu autor unha nova: na década de 1980 parecía máis evidente o interese polo tema abordado no libro de Nuño. Iso explicábase entón, sen dúbida, pola perduración do fenómeno estudado (as relacións entre doutrina marxista e “cuestión xudea”) e, naquel momento, o seu reflexo nas políticas da Unión Soviética cara aos xudeus deste Estado e cara a Israel, pero así mesmo pola consolidación, patente xa mediada esa década, da actitude de rexeitamento das esquerdas occidentais á vertente secular e política do xudaísmo representada polo sionismo.

Convén lembrar -Juan Nuño non deixa de facelo- que dito rexeitamento foi tributario tanto da cambiante e ambigua concepción das nacionalidades e o nacionalismo na doutrina do Imperio soviético, como dos intereses estratéxicos da URSS en Próximo e Medio Oriente. Desde este ángulo, os primeiros interesados en ler este libro hoxe deberían ser quen, como o trillado Monsieur Jourdain, falan en prosa sen sabelo ao repetir inconscientemente os enfoques stalinistas a propósito do federalismo das nacións, non menos que quen -case sempre os mesmos- equiparan sionismo e imperialismo, mantendo así en circulación outra das falsas moedas acuñadas no extinto Imperio. Así, este libro interroga as razóns da volúbel actitude das esquerdas ante o fenómeno do xudaísmo, en xeral, e o seu rexeitamento automático do sionismo, especificamente. Para iso, o autor emprende un repaso crítico ás teorizacións marxistas sobre xudaísmo e nacionalidade, ancorando o seu discurso á vez no corpus doutrinal do marxismo e na realidade das políticas implementadas na URSS. De paso, tamén fai unha razoada crítica do sionismo, non xa desde posturas doutrinais, senón atendendo aos efectos reais desta ideoloxía no mundo xudeu e non xudeu en xeral, con especial atención ás comunidades da diáspora en América Latina. As referencias a acontecementos políticos corresponden, xa que logo, a unha época marcada aínda pola lóxica do enfrontamento bipolar, e cabe preguntarse polo enfoque que o autor daría a estas cuestións con posterioridade á caída do muro de Berlín. Pero o carácter circunstancial ou tópico dalgunhas referencias non impide o esencial: a diagnose lúcida das causas do antisionismo e antisemitismo de esquerdas de raigame marxista, e o sesgo ideolóxico nas relacións entre as esquerdas occidentais e o Estado de Israel. Á vista dos recentes desenvolvementos neste terreo, o libro de Nuño segue ofrecendo acertadas e moi útiles claves de interpretación.

Reverso Ediciones (2006)

7 GALIZA-ISRAEL

L I BROS

SIONISMO, MARXISMO, ANTISEMITISMO.

La "cuestión judia" revisitada

Juan Nuño

Page 8: Gz Israel 01

O outro día estiven nesa fermosa porta do oriente europeo que é Viena, visitei a sinagoga e escoitei calado os porqués dun guía que carecía de respostas. Nunha lápida recórdase aos xudeus vieneses mortos pelexando nas fileiras

xermanas durante a I Guerra mundial. Noutras lémbrase aos xudeus vieneses mortos polos seus compatriotas xermanos durante a II Guerra Mundial. Só vinte anos transcorreran entre ambos feitos, entre a consideración dos xudeus como unha parte máis da nación e a vontade de exterminio que levou a que a colectividade pasará de cento setenta mil membros a só sete mil. E deles sesenta e cinco mil, asasinados. ¿Como? ¿Por que este cambio? preguntábase o guía sen atinar cunha resposta fácil. Desde hai uns anos, seica se comeza a falar do tema. Os austríacos non foron só vítimas, foron parte do problema. Moitos asistiron entusiasmados á integración –Anschluss- nun só ente político. A purificación racial veu cun proxecto compartido no que eles se comportaron igual que os alemáns do común: calar e mirar para outro lado. ¿Como se pode producir un cambio tan rápido nunha sociedade

rica, variada e culta como a vienesa? O antisemitismo sempre latente desde os pogroms da idade media, tolerados historicamente polas igrexas cristiás que os consideraban culpables de “deicidio”, rexorde vez tras vez e en

contextos e aparencias diversas: medieval, Rusia zarista ou stali- nista, Alemaña nazi... E hoxe de novo en Europa unha inxenuidade perigosa parece situar a algúns máis preto dos homes bombas de Hamas que da minúscula nación de Freud, Kafka ou Einstein. Os galegos sempre admiraron a ese pobo da diáspora que soubo reagruparse despois do maior asasinato planificado na historia humana. En Bos Aires foi

proverbial esta amizade a través de Luís Seoane autor dos murais da Sociedad Hebraica Argentina. Pola memoria de Seoane e pola de Alberto Fernández, panadeiro galego morto no atentado de Herbolá contra a Asociación

Mutual Isarelita Argentina, irmá do noso Centro Galego, o 18 de xullo de 1994, debemos de ampliar as fontes de información e puntos de vista antes de deixarnos ir co simple antixudaísmo dominante no progresismo europeo. Shalom quere dicir ola, adeus e tamén paz. AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN Artigo publicado no xornal GALICIA-HOXE (31.10.06) na súa sección CAMIÑO DO VAL.

GALIZA-ISRAEL 8 2

NA SINAGOGA DE VIENA

http://www.blogoteca.com/israel