15
José Antonio Pagola Música:Haendel Largo Present:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D.Amundarain 6 de decembro de 2015 2º Advento – C (Lucas 3, 1-6)

2º advento c 2015 bene pagola

Embed Size (px)

Citation preview

José Antonio Pagola

Música:Haendel LargoPresent:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D.Amundarain

6 de decembro de 20152º Advento – C (Lucas 3, 1-6)

Lucas ten interese en Lucas ten interese en precisar con detalle os precisar con detalle os nomes dos personaxes nomes dos personaxes que controlan naquel que controlan naquel

momento as diferentes momento as diferentes esferas do poder esferas do poder

político e relixioso. político e relixioso. Eles son os que o Eles son os que o

planifican e dirixen planifican e dirixen todo.todo.

Con todo, o acontecemento

decisivo de Xesucristo prepárase

e acontece fóra do seu ámbito de

influencia e poder, sen que eles se

decaten nin decidan nada.

Así aparece sempre o esencial no mundo e Así aparece sempre o esencial no mundo e nas nosas vidas. nas nosas vidas.

Así penetra na historia humana a graza e a Así penetra na historia humana a graza e a salvación de Deus. salvación de Deus.

O esencial non está nas mans dos poderosos. O esencial non está nas mans dos poderosos.

Lucas di sinxelamente que ««a Palabra de Deus veu sobre Xoán no desertoa Palabra de Deus veu sobre Xoán no deserto», », non na Roma imperial nin no recinto sagrado do non na Roma imperial nin no recinto sagrado do

Templo de Xerusalén.

En ningunha parte se pode

escoitar mellor que no deserto a

chamada de Deus a cambiar

o mundo. O deserto é o territorio da

verdade. O lugar onde se vive do esencial.

Non hai sitio para o superfluo.

Non se pode vivir amoreando Non se pode vivir amoreando cousas sen necesidade. cousas sen necesidade.

Non é posible o luxo nin a Non é posible o luxo nin a ostentación.ostentación.

O decisivo é buscar O decisivo é buscar o camiño acertado para o camiño acertado para

orientar a vida.orientar a vida.

Por iso, algúns profetas Por iso, algúns profetas botaban de menos o botaban de menos o

deserto, símbolo dunha deserto, símbolo dunha vida máis sinxela e mellor vida máis sinxela e mellor

enraizada no esencial, enraizada no esencial, unha vida aínda sen unha vida aínda sen

distorsionar por tantas distorsionar por tantas infidelidades a Deus e infidelidades a Deus e

tantas inxustizas co pobo. tantas inxustizas co pobo.

Neste marco do Neste marco do deserto, o Bautista deserto, o Bautista anuncia o símbolo anuncia o símbolo

grandioso do grandioso do ««BautismoBautismo», punto », punto

de partidade partida de conversión, de conversión,

purificación, purificación, perdón e perdón e

inicio de vida novainicio de vida nova..

Como responder hoxe a esta chamada? Como responder hoxe a esta chamada? O Bautista resúmeo nunha imaxe O Bautista resúmeo nunha imaxe

tomada de Isaías: tomada de Isaías: ««Preparade o camiño do SeñorPreparade o camiño do Señor».».

As nosas vidas As nosas vidas están sementadas están sementadas

de obstáculos e de obstáculos e resistencias que resistencias que

impiden ou impiden ou dificultan a dificultan a

chegada de Deus chegada de Deus aos nosos aos nosos corazóns e corazóns e

comunidades, á comunidades, á nosa Igrexa e ao nosa Igrexa e ao

noso mundonoso mundo.

Deus está sempre preto. Somos nós os que temos que abrir camiños para acollelo encarnado

en Xesús.

As imaxes de Isaías invitan a compromisos moi básicos e fundamentais:

coidar mellor o esencial sen distraernos no secundario;

Rectificar o que temos ido deformando entre todos;

endereitar camiños torcidos; afrontar a verdade real das nosas vidas para recuperar un talante

de conversión.

Temos que coidar ben os bautizos dos nosos nenos, pero o

que necesitamos todos é un «bautismo de conversión».

NO MARCO DO DESERTO

Lucas ten interese en precisar con detalle os nomes dos personaxes que controlan naquel momento as diferentes esferas do poder político e relixioso. Eles son os que o planifican e dirixen todo. Con todo, o acontecemento decisivo de Xesucristo prepárase e acontece fóra do seu ámbito de influencia e poder, sen que eles se decaten nin decidan nada.

Así aparece sempre o esencial no mundo e nas nosas vidas. Así penetra na historia humana a graza e a salvación de Deus. O esencial non está nas mans dos poderosos. Lucas di sinxelamente que «a Palabra de Deus veu sobre Xoán no deserto», non na Roma imperial nin no recinto sagrado do Templo de Xerusalén.

En ningunha parte se pode escoitar mellor que no deserto a chamada de Deus a cambiar o mundo. O deserto é o territorio da verdade. O lugar onde se vive do esencial. Non hai sitio para o superfluo. Non se pode vivir amoreando cousas sen necesidade. Non é posible o luxo nin a ostentación. O decisivo é buscar o camiño acertado para orientar a vida.

Por iso, algúns profetas botabasn de menos o deserto, símbolo dunha vida máis sinxela e mellor enraizada no esencial, unha vida aínda sen distorsionar por tantas infidelidades a Deus e tantas inxustizas co pobo. Neste marco do deserto, o Bautista anuncia o símbolo grandioso do «Bautismo», punto de partida de conversión, purificación, perdón e inicio de vida nova.

Como responder hoxe a esta chamada? O Bautista resúmeo nunha imaxe tomada de Isaías: «Preparade o camiño do Señor». As nosas vidas están sementadas de obstáculos e resistencias que impiden ou dificultan a chegada de Deus aos nosos corazóns e comunidades, á nosa Igrexa e ao noso mundo. Deus está sempre preto. Somos nós os que temos que abrir camiños para acollelo encarnado en Xesús.

As imaxes de Isaías invitan a compromisos moi básicos e fundamentais: coidar mellor o esencial sen distraernos no secundario; rectificar o que temos ido deformando entre todos; endereitar camiños torcidos; afrontar a verdade real das nosas vidas para recuperar un talante de conversión. Temos que coidar ben os bautizos dos nosos nenos, pero o que necesitamos todos é un «bautismo de conversión».

José Antonio Pagola