45
Museo Pazo de Tor MEMORIA ANUAL 2010 Rede Museística Provincial. Área de Cultura. Excma. Deputación de Lugo

Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Rede Museistica Lugo. Memoria Museo Pazo de Tor 2010

Citation preview

Page 1: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

MEMORIA ANUAL 2010 Rede Museística Provincial. Área de Cultura. Excma. Deputación de Lugo

Page 2: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

2

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN……………………………………3

2. MELLORAS DO EDIFICIO…………………………4

3. RESUMO ANUAL DE VISITAS……………………5

4. ACTIVIDADES………………………………………11

4.1. Día internacional dos museos……………...22

4.2. Actividades verán…………………………… .30

4.3. Outras actividades……………………………36

4.4. Actividades nadal……………………………..41

5. COLECCIÓNS……………………………………….45

Page 3: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

3

INTRODUCCIÓN

O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega.

Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía

galega a visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man

unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega,

permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias do

mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a

familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado

do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

Ofrecemos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir

e disfrutar.

Page 4: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

4

Conexión WIFI por todo o museo incluíndo biblioteca.

Restauración da Carta Xeométrica de Domingo Fontán e adecuación do antigo

comedor de a diario como sala de exposicións de documentación doada pola

Fundación Domingo Fontán .

Completouse a nova sinalización en todas as estradas que levan ao museo

depentedente da Área de Cultura da Deputación de Lugo

Arranxo e posta a punto do ascensor

2.- MELLORAS NO EDIFICIO

Page 5: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

5

Xaneiro

Nº total visitantes 444

Obradoiros 43

Visitas individuais 21

Febreiro

Nº total de visitantes 185

Obradoiros 45

2Grupos escolares 62

Visitas individuais 24

Marzo

Nº total de visitantes 411

Obradoiros 143

3Grupos adultos 184

Visitas individuais 35

Abril

Nº total de visitantes 211

Visitas individuais 35

Maio

Nº total de visitantes 430

5Grupos adultos 203

Visitas individuais 48

Xuño

Nº total de visitantes 243

Grupo escolar 55

3.- RESUMO ANUAL DE VISITAS

Page 6: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

6

2Grupos adultos 76

Visitas individuais 53

Xullo

Nº total de visitantes 208

Obradoiros

Visitas individuais 48

Agosto

Nº total de visitantes 674

3Grupos adultos 183

Visitas individuais 119

Setembro

Nº total de visitantes 329

4Grupos adultos 99

Visitas individuais 329

Outubro

Nº total de visitantes 322

Grupo escolar 55

Grupo adultos 36

Visitas individuais 54

Novembro

Nº total de visitantes 265

5Grupos adultos 176

Visitas individuais 30

Decembro

Nº total de visitantes 258

Grupo escolar 120

Visitas individuais 29

Page 7: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

7

Total visitantes. 3980

0

100

200

300

400

500

600

700

444

185

411

211

430

243208

674

329 322

265 258

POR Nº DE VISITANTES

Page 8: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

8

6%4%

2%

7%

16%

49%

16%

POR IDADES

0-10

11-14

15-18

19-25

26-40

41-65

66-

123

512

558

231

452

1095

1009

0 200 400 600 800 1000 1200

POR DÍAS DA SEMANA

DOMINGO

SÁBADO

VENRES

XOVES

MÉRCORES

MARTES

LUNS

Page 9: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

9

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

1600

295

1266

1455

43 30 46 13 4 21129166

31 47 11

237

2 558

121

POR PROCEDENCIAS

LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCÍA

ARAGÓN ASTURIAS BALEARES CANARIAS

CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA

EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA

NAVARRA LA RIOJA VALENCIA EXTRANXEIROS

Page 10: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

10

XANE FEBRE MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOSTO SETEM OUTUB NOVEM DECEM ANUAL

HOMES 214 72 190 98 178 102 94 295 144 154 77 128 1746

MULLERES 230 113 221 113 252 141 114 379 185 168 188 130 2234

0-10 32 22 58 8 13 24 21 40 2 14 5 3 24211-14 6 10 5 9 20 30 6 10 2 61 4 16315-18 38 2 11 2 7 12 3 6 1 1 8319-25 29 8 13 16 20 5 12 21 1 8 16 118 26726-40 104 23 50 44 64 19 49 149 36 50 30 37 65541-65 221 74 184 108 235 103 98 370 182 157 140 75 1947

66- 52 10 99 15 76 62 15 72 103 26 73 20 623

LUGO CIDADE 22 14 19 2 29 13 4 54 40 11 81 6 295LUGO PROVINCIA 275 72 143 62 127 56 62 114 88 146 72 49 1266GALICIA 144 35 217 95 183 91 55 198 112 90 51 184 1455ANDALUCÍA 2 5 10 8 12 6 43ARAGÓN 5 2 6 12 5 30ASTURIAS 6 7 2 12 3 4 7 2 3 46BALEARES 2 7 4 13CANARIAS 4 4CANTABRIA 4 15 2 21CATALUÑA 2 2 2 4 10 96 13 129CASTILLA LEÓN 10 4 16 65 13 15 17 17 2 7 166CASTILLA LA MANCHA 2 3 7 11 3 5 31EUSKADI 13 11 20 3 47EXTREMADURA 4 5 2 11MADRID 7 4 6 38 11 14 58 13 35 48 3 237MURCIA 2 2NAVARRA

LA RIOJA 3 2 5VALENCIA 2 5 36 6 5 4 58

EXTRANXEIROS 1 53 11 3 15 26 11 1 121

MAÑAS 19 80 73 39 147 99 91 217 119 91 61 193 1229

TARDES 425 105 338 172 283 144 117 457 210 231 204 65 2751

LUNS 98 25 123MARTES 6 48 9 9 43 29 22 94 60 82 96 14 512MÉRCORES 8 2 115 13 6 61 25 113 26 7 46 136 558XOVES 9 7 32 18 16 41 69 23 9 4 3 231VENRES 4 66 129 44 10 4 18 81 60 13 11 12 452SÁBADO 345 19 69 44 206 73 47 115 64 73 22 18 1095

DOMINGO 72 50 82 69 49 60 55 202 96 138 86 50 1009

GRUPOS ESCOLARES 2 1 1 1 1 6GRUPOS ADULTOS 3 4 2 3 4 1 5 22VISITAS INDIVIDUAIS 21 24 35 60 48 30 48 119 49 54 30 29 547

DOMINGOS NO MUSEO 72 50 82 69 49 60 55 202 96 138 86 50 1009

TOTAIS MENSUAIS 444 185 411 211 430 243 208 674 329 322 265 258 3980*RESUME

EXTRANXEIROS

ARXE

NTI

NA

FRAN

CIA

ALEM

ANIA

VEN

EZU

ELA

BÉLX

ICA

SUIZ

A

POLO

NIA

REIN

O U

NID

O

USA

ANUAL

XANEIRO 1 1FEBREIRO 5 41 1 2 4 53MARZO

ABRIL

MAIO 3 2 2 4 11XUÑO 3 3XULLO 1 8 6 15AGOSTO 2 6 7 5 4 2 26SETEMBRO 4 4 3 11OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO 1 1

TOTAIS 12 51 4 11 7 8 2 20 6 121

RESUME DE VISITAS O MUSEO PAZO DE TOR. ANO 2010

Page 11: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

11

Os obxectivos dos actos e actividades que se desenvolveron durante todo o

ano 2010 no Pazo de Tor, pretenden apostar pola defensa da lingua galega e

homenaxear a obra e a figura do poeta Uxío Novoneyra, autor ao que se lle

dedicou este ano o Día das Letras Galegas e pola súa vinculación presente a

súa relación persoal co Pazo de Tor e os seus habitantes.

SOMBRA DE SONOS NO BOSCO

O Título do programa tómase dun dos versos do poema que Uxío Noveneyra

dedicou ao pazo, inspirado e escrito nas súas estancias:

Pazo de Tor Para meu amigo Fernado de Tor

I ¡Pazo de Tor!

¡Outono roxo do val! ¡Cumes lonxanas do Caurel escuro, onde a terra leva una sombra antiga!

¡Bosco de Tor! ¡Valiñas soias!

¡Rebolo groso das pólas baixas!

II Sonada, nobre casa,

aunque o tempo que fura os pergameos verdaga nas hedras dos teus muros

i a sombra do pasado move o brillar das armaduras,

o teu xeito é patriarcal sen altiveza, máis para acoller sonos e colleitas

que lanzas e troupel guerreiro.

III ¡Señores de Tor!

¡Don Xosé, rexo e venerable! ¡Dona María, en quen sentía a miña mai!

¡Fernando, pulo da ledicia xeórxica, e María Paz,

sombra de sonos no bosco,

4.-ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2010

Page 12: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

12

onde queda o seu paso nos sentallós de pedra que agradan a Tristán!

IV

¡Solaina do leste! ¡Conversas, viño i augardente Con ochenta anos de Galicia!

¡Alcoba da cama italiana! ¡Salós da tarde!

¡Armas, candelabro i espellos! ……………………………………..

¡Ouh, Casa de Tor, Onde eu soupen o que era vivir nun pazo!

Unha proxección animada Tuvo lugar no cuarto de convidados. Foi dinámica,

estibo viva. Mes a mes fóronse incorporando textos e distintas testemuñas. As

aportacións viñan tanto de distintos autores como de persoas que con el se

relacionaron.

3º O longo do ano, o propio pazo (na voz de Paco Nieto) deu a benvida aos

nosos visitantes con dous contidos básicos:

• anuncialas novidades mensuais da proxección animada da habitación de

convidados

• pedilo apoio dos visitantes á nosa lingua.

Page 13: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

13

ACTO DE APOIO AO LABIRINTO ARIO

Acollimos as Xornadas de apoio a curtometraxe O

Labirinto Ario gravada no propio Pazo, que optou

como candidata aos premios Mestre Mateo da

Academia Galega do Audiovisual, dirixida por

Alfredo Pardo e producida por Chantada Films.

Interviñeron entre outros nos actos de apoio : Brais

García, Paco Nieto, Helena Villar Janeiro, Xesús

Rábade Paredes, Cristina Corral, Xavier Prado,

Paco Pestana, Alfredo Pardo e Encarna Lago.

SINOPSE

O LABIRINTO ARIO pode ser

considerada a primeira

curtametraxe sobre a trama

conspiracionista do esoterismo

nazi, o caso da man cortada e os

alieníxenas ummitas rodada en

Galiza.

Hitler morre en 1946 e a tumba

está na parroquia de Nogueira.

Os seus lugartenentes o doutor

Manfred e Helmuth auspiciados

polo Xeneralísimo Franco que

intercede coa Marquesa de Tor

para seguiren traballando na

chegada dunha raza aria, o

rexurdir do IV Reich e o espertar

dun novo Mesías.

A procura do Santo Graal no

Monte do Faro, experimentos nas

bases subterráneas nazis de

Belesar, rituais satánicos na

cripta romana de Sta. Eulalia de

Bóveda e os contactos co

planeta Ummo conforman este

labiríntico filme.

Page 14: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

14

O acto incluíu dúas visitas

guiadas nas que se falou sobre as

rodaxes cinematográficas levadas

acabo neste edificio baixo o lema

Un pazo de película. Os visitantes

recibiron material informativo

sobre o labirinto ario e as outras

películas rodadas en diferentes

épocas: Beatriz, dirixida por

Gonzalo Suárez en 1976,e

algunhas esceas de El rey del

río, realizada por Manuel Gutiérrez Aragón en 1995.

Tamén se ofreceu unha

presentación audiovisual

sobre a historia do pazo.

Seguidamente proxectouse un

documental sobre a

producción audiovisual galega.

Posteriormente un recital

poético e musical en

diferentes estancias, no que

participarón entre outros Helena Villar

Janeiro, Xesús Rábade Paredes e

Cristina Corral e o escultor e

contacontos Paco Pestana.

Page 15: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

15

SOMBRA DE SONOS NO BOSCO (VIAXE Ó PARNASO DE TOR) Viaxe a unha zoa boscosa próxima o pazo coñecida co nome de Parnaso

onde tanto Uxío novoneyra como María Paz Taboada se inspiraban para

escribir poemas. Logo participaron en un taller de creación literaria, cos

mensaxes depositados durante todo o mes, nas urnas de “Un berro pola

lingua”.

Page 16: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

16

Page 17: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

17

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR

MESA REDONDA: MULLER E DISCAPACIDADE

As conmemoracións arredor do Día da Muller, e do Ano Internacional do

Achegamento entre Culturas, promovido pola UNESCO, serve para visibilizar

as loitas e demandas que significaron avances na vida de millóns de mulleres

creando novas formas de pensamento.

Amosar distintas experiencias, culturas, políticas e orixes étnicas, que

comparten o obxectivo común de superar a violencia e a pobreza para

contribuír a que mundo que queremos sexa de paz, xustiza , liberdade,

igualdade e a solidariedade.

Page 18: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

18

TORIBIA DESCOBRE O PAZO A TRAVÉS DOS SENTIDOS

A garza Toribia fai de anfitriona entre o espazo e os contidos do Pazo de Tor e

os párvulos, procurando o achegamento a través de sensacións, de emocións,

de estímulos e de afectos.

Nivel educativo:

Todos os niveis educativos

Áreas curriculares de

aplicación:

Coñecemento do Medio

Obxectivos xerais:

Impactar e estimular os sentidos dos nenos.Cambiar o concepto de

“museo-almacén” polo de entidade viva e estimuladora dos sentidos.

Amosa a riqueza sonora que existiu e existe ao noso redor.

Page 19: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

19

Metodoloxía:

Unha visita composta de dúas partes. A primeira será unha visita guiada

polo Pazo na que se explicarán as diferentes estancias. A segunda

parte consistirá nunha audición de sons intercalados que os

participantes tentarán identificar . Os sons iranse misturando, poñendo

sons que xa deixaron de escoitarse no Pazo e outros que escoitamos

actualmente.

Duración:

A visita dura 60 minutos

Page 20: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

20

FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS

Proxecto de intercomunicación do museo coa sociedade.

Este obradoiro, no que participaron profesores e alumnos dos colexios:

I.E.S “A Pinguela”(Monforte de Lemos) e C.P.I “Doutor López Suárez”( O

Saviñao). Tivo por obxectivo estimular o interese pola figura e a obra de

Rosalía de Castro en relación

coa emigración.

Tivo dúas fases:

Unha primeira na

que os profesores das

materias de Galego e

Plástica coordinaron as

fases de

documentación,

elaborados dos textos e ilustración dos mesmos.

Unha segunda fase na que se remitiron ao museo as follas

cos textos e ilustracións

resultantes que se

expuxeron nas árbores

dispostas a tal fin.

Page 21: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

21

O traballo resultante foi exposto na Casa-Museo Rosalía de Castro.

E gañou o premio ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS

PEDAGÓXICAS.por potenciar o coñecemento de rosalía e da súa obra.

Page 22: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

22

4.1-DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010

Page 23: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

23

Unha viaxe polos museo da Rede Museística da Deputación de Lugo,

visitando o Museo Etnográfico de San Paio de Narla o Museo Provincial de

San Cibrao e logo alí participando na actividade de “Botella ao mar. Un berro

pola lingua” e na

homenaxe a Luis

Seoane polo

centenario do seu

nacemento.

Page 24: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

24

OBRADOIRO DE ÉTICA E INTERCULTURALIDADE

Obradoiro de acordo cos obxectivos da UNESCO para o ano internacional de

acercamento entre Culturas 2010; complementado por unha representación teatral:

Fragmentos de “Unha dúbida razoable”.

Obxectivos xerais:

Implementar o valor da diversidade cultura, do diálogo e da dúbida nunha

sociedade democrática.

Encontrar ou crear espazos de convivencia adecuados no contexto galego

coas persoas inmigrantes.

Buscar novas maneiras de contribuír a preservar a paz e a harmonía social, a

nivel local

Recoñecer a gran diversidades de culturas no mundo así como os nexos que

as unen.

Desenvolver a conciencia social ante a inmigración.

Concienciar do dereito de expresión cultural das minorías, os inmigrantes, os

grupos indíxenas e outro grupos excluídos ou desfavorecidos para fomentar o

respecto e o mutuo entendemento, así como para lograr a cohesión social.

Idear canles de comunicación artísticos innovadores e atractivos.

Page 25: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

25

Alcanzar o máximo grado posible de asertividad ante a diferenza.

Obxectivos específicos:

Subliñar entre a xente moza procesos que impliquen o diálogo intercultural e o

acercamento entre culturas diferentes

Clasificar conceptos, interiorizar significados e rexeitar o políticamente correcto

pero ideoloxicamente incorrecto.

Reflexionar sobre a diversidade na sociedade a través de un recorrido por

conceptos como “conflicto”, “prexuízo”, “estereotipo”, “exclusión”,”identidade”….

Contribuír o mutuo coñecemento e entendemento entre as persoa,

desenrolando e incrementado os significados da comunicación

Aproveitar os recursos educativos do entorno.

Aprender a argumentar e a manifestar razoadamente opinión e pensamentos.

Contribuír a desterrar estereotipos e prexuízos , de todo aquilo que

descoñecemos.

Deseñar pautas para o análise de problemas producidos polo choque de

culturas diferentes.

TEATRO UNHA DÚBIDA RAZOABLE

(Adaptación de Doce homes sen piedade)

Compañía de Teatro da USC-Lugo. Dirección e adaptación: Alberte Cabarcos, Guión

Orixinal”12 homes sen piedade” de Reiginald Rose.

Vestiario: Sara Lage e Maru Calderón

Músicas: Miguel G. Granero

Elenco:Conchi Fernández, Alba Martín, Elena Santidirian, Xulia Varela, Carlos

Mexías, Leni Prieto, Lili Claro, Rubén Pérez e Antón García.

Page 26: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

26

Page 27: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

27

ME

RE

ND

A D

A I

NT

ER

CU

LT

UR

AL

IDA

DE

C

ON

CER

TO D

E EM

ILIO

CA

O

Page 28: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

28

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DO

MAPA FONTÁN

Foi presentado os traballos de restauración do mapa

elaborado polo xeógrafo Domingo Fontán no ano 1845 que

supuxo a primeira cartografía realizada con criterios

científicos e medición matemáticas sobre a xeografía

galega. O exemplar que se encontraba aquí no pazo moi

deteriorado. Pero na súa recuperación os restauradores

encontraron novos datos. Descubriron que antes de chegar

o pazo o mapa formaba parte do material de ensinanza do

Instituto Local de Monforte que ocupaba as instalacións do

actual colexio dos Escolapios.

.

FICHA TÉCNICA:

Obxeto: Mapa

composto por 12

gravados, montados e

encolados nunha tea.

Título: “Carta

Geométrica de Galicia

dividida en sus

Provincias.”

Autor: Dr. D. Domingo

Fontán.

Gravador: L. Bouffard.

Datación: 1845.

Medidas: 235 X 245 cm.

12 folios de 61 X 81 cm.

Situación: Pazo de Tor,

Monforte de Lemos.

Informe e

orzamento: RST.CB.

Page 29: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

29

CONCERTO DE UXÍA PEDREIRA E FRED MARTINS

CONFERENCIA :MUSEOS E HARMONÍA SOCIAL Que supuxo unha forma de acercar as instalación museísticas a persoas con

discapacidade; na que unha persoa invidente formou parte de unha

explicación dunha obra de Zuluaga.

Page 30: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

30

4.2 ACTIVIDADES VERÁN

As actividades na Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural. No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os siguintes principios:

SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfación persoal ao realizar algo feito por cada un mesmo. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. COLABORACIÓN.Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.

DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia. Así faremos webs, blogs ...

DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.

COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: - Aprender a coñecer - Aprender a ser - Aprender a vivir xuntos - Aprender a facer

EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura.

O papel do museo como un servizo cultura a comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que o rodea.

O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos: Compartir disciplinas: Arte, ciencia e natureza Compartir culturas: Proxectos de comunidade Compartir en Internet: Proxectos de redes sociais

Page 31: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

31

Campamentos de arqueoloxía

» Mestres: Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo e Lucía Dequidt

Lagares, Departamento de didáctica

» Idades: de 6 a 9 años.

» Obxectivos: Recrearemos unha cidade romana cos seus volumes

casas e edificios… e os seus modos de vida materiais e espirituais.

Campamentos verán

» Obradoiro de Reloxos de Sol

» Domingo de Fontán: Cartas xeométricas; investigar, conservar e exponer

nun museo. Xogamos aos museólogos.

» Twister da diversión histórica no Pazo de Tor

» Video rede: Obradoiro de cómo facer unha Web, un programa de radio,

de Tv, Redes Sociais.

Idades: de 4 a 15 anos

Prazas: 15 participantes

Obxectivos: Aprender a coñecer, aprender a ser, aprender a vivir xuntos, aprender

a facer. A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 15 anos.

Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requerirá que lle

prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto

Page 32: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

32

pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos máis pequenos, o

mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo...

Page 33: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

33

Obradoiro: Xogos Romanos de Taboleiros

Impartido pola Asociación “Caetra Lucensium MMX”

Obxetivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de

Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas as áreas das

matemáticas e da historia.

Page 34: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

34

Obradoiros de transmisión de saberes:

Dende a mirada da experiencia: Iniciación a cestería impartido pola invidente

Pilar

Retrato te retrato:

A actividade pretende ser un medio de unión, ao mesmo tempo considera a

importancia de coñecer ao outro, indagar ata o fondo dos seus avos, os seus

gustos, as súas historias…aprender a retratalos.

Obxetivos:

Imaxinar unha imaxe de sí mesmos.

Page 35: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

35

Exteriorizar trazos da súa personalidade.

Compartir cousas íntimas cos seus compañeiros.

Aprender a indagar nos seus gustos aficións, estados de ánimos,

carácter, forma de actuar, recordos….

4.3.-OUTRAS ACTIVIDADES

Page 36: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

36

VISITA FUNDACIÓN DOMINGO FONTÁN

O Museo Pazo de Tor recibiu de mans dos tataranetos de Domingo Fontán,

Miguel Ángel e César Camargo Sánchez, a doazón da copia que substitúe a

parte máis deteriorada do exemplar (na que figura o territorio de Pontevedra)

do histórico mapa de Galicia, impreso en 1845, que xa posúe a institución. No

acto de recepción acompañaron aos familiares de Fontán os restauradores

Pepe Barxa e Santiago Cobelo, e a xerente da Rede Museística, Encarna

Lago. O valioso mapa e todos os documentos complementarios dixitalizados

dos documentos orixinais

utilizados polo xeógrafo para

confeccionar o mapa, nos

que figuran os puntos

xeodésicos que tomou como

referencia para facer as

súas medicións; cedidos

pola familia expuxéronse

nun cuarto para que os

visitantes teñan a

oportunidade de coñecer a

obra do insigne cartógrafo e

xeógrafo galego.

ACTIVIDADE PRÁCTICA.

Programa Museos e Memoria

Page 37: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

37

O nobelo da memoria. “Reminiscencias e lembranzas: a cociña da

memoría”, taller de estimulación cognitiva e psicomotriz coa Asociación

Familiares enfermos de Alzheimer de Monforte de Lemos (AFAMON).

Actividade programada para afectados familiares e cuidadores.

Elaboración de comida a partir de receitas recollidas de lembrazas e

reminiscencias, fíxemos o pan e empanada e cocémolo no forno do

Pazo.

MUSEO ACCESIBLE

O Pazo foi declarado como Museo accesible para todos o ser incluído na guía

PREEDIF(Plataforma representativa estatal de discapacitados físicos) onde se

Page 38: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

38

dá conta dos monumentos, museos e puntos de interese turístico accesibles

para todos.

Page 39: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

39

Page 40: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

40

Page 41: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

41

4.4 ACTIVIDADES DE NADAL 2010

A memoria é o excelente

tema que desde o ICOM se

nos propón como eixo central

das celebracións arredor do

Día Intercional dos Museos

para o ano 2011. Unha

decisión que desde a Rede

Museística aplaudimos e á

que nos sumamos de

inmediato.

Por todo iso e sumándonos

ao esforzo dos diversos

colectivos culturais que se

farán eco desta proposta ao

longo do vindeiro ano,

preparamos un programa

especial para este Nadal coa

memoria como eixo temático

central, programa que só é

un anticipo dunha ampla e

variada oferta dedicada á memoria que poñeremos en marcha durante todo o

ano 2011.

Todas as actividades incluídas neste programa potencian novas capacidades

cognitivas:

-Aprender a coñecer

-Aprender a ser

-Aprender a vivir xuntos

-Aprender a facer

E sobre todo: EMOCIÓN, a importancia da emoción e o asombro na arte de

medrar.

BLOQUE 1: O MUSEO CONTA A SÚA HISTORIA… A NOSA/VOSA HISTORIA

Page 42: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

42

Dedicaremos este bloque á reconstrución da memoria de cada museo de

maneira que forme parte da memoria de cada un.

OBRADOIRO DE MONICREQUES

BLOQUE 2: OS OBXECTOS CONTAN A TÚA HISTORIA

Page 43: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

43

¿Que información nos facilitan os obxectos? Trataremos de responder neste

bloque esta pregunta e probaremos como un pequeno fragmento cerámico nos

pode dar información fiable, veraz e a abundante para a

reconstrución da historia.

OBRADOIROS DE CERÁMICA: “COCENDO A VERDADE”

Page 44: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

44

BLOQUE 3: EL/ELA CONTA A TÚA HISTORIA

A memoria conta na tradición oral cun dos seus máis antigos aliados para

perpetuarse ao longo do tempo. Neste bloque veremos diferentes formas de

tradición oral que serviron e aínda serven como vehículo da memoria. Como se

escribe a historia oral: os relatos , as crónicas, as pequenas historias… , que

investiga a historia oral: mentalidades, cultura, cotidaniedade.

Page 45: Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor

45

Neste apartado recóllense todas a pezas inventariadas durante o ano 2010 e

algunhas do 2009 que foron un total de 523 pezas, ubicadas: na recepción,

entrada, comedor principal, cuarto de estar, salón do mediodía, dormitorio

principal e parte do salón do billar.

5.COLECCIÓNS