53
O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006 IES Ponte Caldelas Introdución Quen somos? Onde estamos? Que pretendemos? Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais Do Camiño: sendas, pontes, pontellas, pasos, valados . Dos animais: foxos, currais, sesteiros, pombais. Da auga e vida: presas, levadas,fontes, lavadoiros De produción e almacenamento: hórreos, palleiras, muíños, eiras, batán. Desta vida e da outra:torreiros, cruceiros,petos As ameazas Un futuro posible Quen nos axudou ?

Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Os contidos desta presentación foron obxecto dunha exposición o 6 de outubro de 2007 ao recibir o premio da Fundación Antonio Fraguas no 2006.

Citation preview

Page 1: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido

Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006

IES Ponte CaldelasIntrodución

Quen somos?

Onde estamos?

Que pretendemos?

Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais

Do Camiño: sendas, pontes, pontellas,

pasos, valados.

Dos animais: foxos, currais, sesteiros,

pombais.

Da auga e vida: presas, levadas,fontes,

lavadoiros

De produción e almacenamento: hórreos,

palleiras, muíños, eiras, batán.

Desta vida e da outra:torreiros,

cruceiros,petos

As ameazas

Un futuro posible

Quen nos axudou?

Page 2: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

O IES de Ponte Caldelas é un centro de ensino secundario e bacharelato que comezou a súaexistencia no curso 98-99. Na actualidade hai 375 alumn@s e 46 profesor@s.

A súa actividade docente abrangue tres concellos: Ponte Caldelas, onde se sitúa o edificio, ALama e Fornelos de Montes. En total, 281 km²habitados por 11.577 persoas que se distribúen en26 parroquias e 178 entidades de poboación, datos que evidencian unha notable dispersión dopoboamento.

Un dos puntos fortes do proxecto de centro é o de reforzar a nosa acción educativa dentro docontorno máis próximo ao alumnado. Somos conscientes da necesidade de revalorizar os sinais deidentidade e formar cidadáns críticos para garantir un futuro sostible e respectuoso cara aopatrimonio herdado. A actualización na defensa do propio, inserta nun mundo globalizado,convértese en imprescindible e contribúe a presentar unha oferta máis creativa.

Quen somos?

IES Ponte Caldelas

Page 3: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Froito da preocupación por unha educación envalores e por unha potenciación daqueleselementos configuradores da paisaxe,historia e identidade, este centrosignificouse no traballo sobre o Camiño Realde Ribadavia a Pontevedra ata convertelo nundos eixes vertebradores do desenvolvementorural da comarca de Pontevedra.

Outra actuación importante foi a denunciasobre o estado dos petroglifos de Tourón e oseu contorno, que derivou na creación dunparque arqueolóxico a cargo da Consellería deCultura.

Quen somos?

Ponte de Berducido

Camiño Real perto de Forzáns

Pontillón nos arredores da Laxe

Page 4: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Continuando nesa liña, o IES de PonteCaldelas durante o curso 2006-07estivo traballando para ofrecer atodos os interesados un estudo sobreo seu patrimonio cultural.Entendemos que estes elementospoden constituír un bo recurso paracapitalizar o despegue dunhasociedade rural respectuosa eorgullosa do seu pasado. Osmagníficos exemplos que expoñemoscorren perigo. De nós depende o seufuturo.

Quen somos?

Muíño en Gramil

Lavadoiro en Gramil Pasadoiro entre Antas e CoveloCruceiro en Covelo

Page 5: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Onde estamos?Os concellos de Ponte Caldelas, ALama e Fornelos de Montes estánsituados no interior da provincia dePontevedra. Delimitados, no oeste,por municipios costeiros das RíasBaixas e, no leste, pola serra doSuído son terras de transición nasque paulatinamente se perde ainfluencia da costa.

Ponte Caldelas e A Lama estándentro da comarca de Pontevedra,mentres que Fornelos pertence ácomarca viguesa.

Dos tres, Ponte Caldelas é oconcello máis poboado e de maiordensidade. Pola contra, A Lama eFornelos presentan unhas cifrasmoi modestas tanto en poboaciónabsoluta como en densidade, o quedenota unha maior dificultade naocupación do territorio. A presenzada Serra do Suído, a maior altura,os numerosos desniveis e ohistórico illamento decomunicacións explican estesdatos.

3.022 hb.

6.513 hb.

2.042 hb.

27 hb//km²

24’5

hb/km²

75

hb/km²

Page 6: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Unha enorme rede de drenaxe, pertencenteás cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén,articula todo o territorio. Isto orixina unnumeroso repertorio de vales de maior oumenor amplitude que obrigan a unhadispersión do poboamento humano e marcanprofundamente o sentir das súas xentes.

Onde estamos?

Se a auga dos regatos é un constante fluír,a nobre presenza do Suído transmitepermanencia e solidez. A vella resistenciadesta suave mole granítica exerce debarreira para as frontes húmidas que noschegan do Atlántico. Isto converte estaterra nunha das máis regadas de Galicia. Vale monte como positivo e negativo dunhafermosa película natural que introduce aoser humano nun territorio á vez hostil eamable.

Dous elementos configuran a nosa paisaxe: os ríos e o monte.

Río Verdugo

A Laxe e A Airoa ( Fornelos de Montes) vistas dende o Suído. No fondo os relevos costeiros que delimitan a Depresión Meridiana.

Page 7: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Moitas son as pendentes e pouca a superficie aptapara ser cultivada. Condicións naturais difíciles ásque tivo que adaptarse unha economía agro-gandeirae forestal de corte autosuficiente. A emigración eo final do ciclo produtivo tradicional trouxeron adecadencia e o abandono. No seu lugar apareceronos cultivos forestais e unha prolífica matogueira dedegradación que converte os campos en almacéns debiocombustible. A economía actual orbita arredordo sector servizos, industria e construción, dándolleas costas a séculos de economía rural.

Onde estamos?

Page 8: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

•Abandono progresivo de moitas aldeas.

•Regresión demográfica.

•Desorientación e perda de identidade anteos cambios operados nunha sociedadenetamente urbana.

Onde estamos?

A pesar de estar moi próximos ao dinámico EixoUrbano Atlántico, a complicada orografía e asseculares dificultades de comunicación illaronesta zona sumíndoa nun proceso semellante aoexperimentado polas terras do interior deGalicia:

•Incapacidade para vender os seus recursos agáspara servir aos intereses da produciónenerxética.Casas do lugar do Campo en Covelo ( A Lama)

Page 9: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Sen embargo, tamén é un territorio que garda lugares cunencanto incrible que orgullosamente pide respecto eadmiración. Fervenzas que loitan por manterse vivas,carballeiras protectoras dun microcosmos militante naresistencia e na biodiversidade, ríos limpos nos que continúana habitar as troitas, e máis aínda, un patrimonioarquitectónico de grande calidade resultado do vagar dotempo e a intelixencia humana.

Onde estamos?

Carballeira en Taboadelo

Muíño de Arriba. As Redondas Río Verdugo en Abelaído

Pontillón sobre o río San Vicente

Camiño de Laxoso

Río Parada

Page 10: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que pretendemos?

1. Potenciar o coñecemento do patrimonio etnográfico entre o alumnado.

2. Facer un achegamento a un inventario dos elementos patrimoniais existentes encada parroquia.

3. Introducir ao alumnado no uso das técnicas da investigación social.

4. Propiciar un achegamento á realidade, utilizando un enfoque máis científico, perosen esquecer a importancia fundamental dos aspectos afectivos ou emocionais.Neste senso é vital redescubrir a paisaxe.

5. Denunciar as agresións que padecen estes elementos.

6. Favorecer o coñecemento e diálogo interxeracional entre o noso alumnado e osseus maiores.

7. Valorar este tipo de elementos culturais e patrimoniais como dinamizadores dunhapolítica de desenvolvemento rural harmónica.

8. Recuperar a memoria. Fomentar o orgullo de ser herdeiros dunha cultura secularque no seu proceso de adaptación a un medio complicado foi decantando unhasformas e unha sabedoría que se debe valorar.

9. Elaborar unha modesta relación de ideas para afrontar mellor os retos dunhasociedade globalizada.

Page 11: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que temos?

Infraestruturas na paisaxe: camiños, pontillóns, pontes, pasadoiros e valados.

Page 12: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os camiñosA enorme dispersión dos núcleos de poboación e do parcelarioagrícola precisa dunha rede viaria bastante tupida que conecte osespazos domésticos cos espazos de produción. A pesar de que naactualidade quedan poucas corredoiras a salvo da invasión doasfalto, na nosa zona, en especial nas áreas máis illadas, aínda seconservan numerosos camiños rurais empedrados e limitados pormuros de cachotería e noutras ocasións por cómaros. A beleza e aintegración destas modestas realizacións nun marco naturalmoitas veces espectacular debería facernos reflexionar sobre anecesidade de restauralos e potenciar as actividades desendeirismo.

Camiño de Gramil

Camiño de Laxoso

Camiño de Abelaído

Page 13: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

De entre todos destaca o Camiño Real dos Arrieiros. Durante moitos anos foi ruta do transporte do viño dende a comarca do Ribeiro ata Pontevedra. O seu trazado é rectilíneo e corta transversalmente o Suído e varios cursos de auga. Este camiño carreteiro dun ancho aproximado de 2’50 metros e flanqueado por muros grosos de cachotería percorre pola aba media dos relevos, evitando así as pendentes e fuxindo da humidade dos regatos. O seu firme non presenta empedrado salvo nos lugares onde haxa perigo de enlamarse. Varias pontes e pontellas permítenlle salvar os ríos e regatos. O seu estado de conservación varía moito, pero os exemplos seleccionados amosan a beleza dalgúns tramos que deberían ser preservados para sempre.

Camiño Real entre Verducido e Forzáns Camiño Real chegando á ponte de Verducido.

Ponte Casariños, en pleno SuídoCamiño Real entre Verducido e Forzáns

Perto de Forzáns

Page 14: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os valadosDemostración dunha técnicadepurada no traballo de asentarpedras de diferente tamaño, osvalados son hoxe algo máis que unlímite. O esforzo paciente decolocar miles de cachotes coaforma precisa para que aquelmuro fora consistente convérteseco paso do tempo nunha obraadmirable, integrada na paisaxe edigna de recoñecemento. Nazona consérvanse diferentestipos de valados.

Valados na parroquia de Calvos ( Fornelos)

Valados na Insua ( Ponte Caldelas)

Resto dun valado en Taboadelo ( Ponte Caldelas)

Page 15: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os muros de cachotería adoitan ter uns 50 cm de largo eentre 1 m. – 1’5 m. de altura. Construídos a maioría quizais abase dun simple amoreamento de pedras de diferente formae tamaño, hainos tamén máis consistentes e elaborados.Algúns presentan dúas ringleiras exteriores de cachotesculminados por laxes de maior tamaño sobre as que ás vecesaparece unha levada de auga. Se o camiño ten tendencia aenlamarse, acostuma incluír pasos.

Na actualidade, a falta de mantemento de moitos destesmuros pon en perigo a súa supervivencia. Estamos ante undos elementos que máis encanto dá á paisaxe rural galega.

Muro nos arredores de Verducido

Muro en Cuñas (Ponte Caldelas)

Pasos nun muro nos arredores de Laxoso

(Ponte Caldelas)

Muros en Regodobargo (Ponte Caldelas)

Page 16: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os pontillónsA presenza de numerosos regatos nas nosasterras obríganos a ter que salvalos a travésda construción de diferentes obras deenxeñería popular. Unha destas realizaciónsson os pontillóns. Repartidos por todo oterritorio, hainos de diferentes tamaños.Están construídos a base de grandes ealongadas lousas graníticas e os seussoportes ou cepas presentan o mesmo deseñoque os tallamares das pontes. Os mecanismosutilizados para neutralizar a forza da augason dous: unha proa recortada en ángulo eenfrontada á dirección da corrente, e unhapopa redondeada no lugar onde se crean osremuíños. A calzada leva as lousas dispostasde modo transversal ás cepas.

Pontillón sobre o río Couñago. Nos arredores de Verducido, entre os concellos da Lama e Fornelos de Montes. Obsérvese o mal estado da cepa.

Page 17: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

De entre todos os exemplos posibles debemos destacar catro pontillóns sobre o regato de San Vicente, no concello de Ponte Caldelas. De diferentes tamaños, estes pontillóns presentan un estado de conservación bastante bo. Agás o pontillón de S. Vicente, hoxe convertido nunha morea de pedras tiradas no leito do río, os demais demostraron unha forte resistencia ante as últimas enchentes. Sen embargo, os troncos arrastrados pola corrente e atrapados nas cepas crean unha presa moi perigosa que cómpre eliminar de contado.

Pontillón de Campo do Río

Pontillón Porto a CanedoPontillón do Piornal (fronte)

Pontillón do Piornal (Calzada)

Pontillón pequeno do Campo do Río

Ruína pontillón de San Vicente

Page 18: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Ás veces para atravesar os ríos eregatos non aparecen pontes, ninpontillóns, senón unhas pedrasseparadas entre si a unhadistancia dun paso humano. Son oschamados pasadoiros ou pasos queaparecen en zonas onde o leito noné moi profundo. Nos tres concelloshai magníficos exemplos. Os máissalientables están no concello dePonte Caldelas.

Os pasos

Pasos no regato de Porta Cerdeira, na confluencia co río Oitavén. Moledo, Regodobarbo. (Ponte Caldelas).

Pasos sobre o río Verdugo nas Redondas. Taboadelo (Ponte Caldelas). Servía para unir as parroquias de Taboadelo e a Insua

Pasadoiro fermosísimo sobre o río Verdugo que une as parroquias de Covelo e Antas, no concello da Lama

Page 19: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

As pontesAlí onde o curso de auga ten forza,amplitude e as condicións topográficaso permiten, construíronse obras demaior envergadura.

As pontes son realizacións vencelladas aunha rede camiñeira de maior rango,polo xeral, de traza moderna. A maioríason obras do século XIX, o quedemostra a tardía incorporación destasterras a unhas comunicacións máismodernas. Durante moitos anos osúnicos camiños que existiron eran os deferradura.

Para este traballo desbotamos aquelas pontes de enxeñería ligadas ás estradas modernas e pousamos a ollada noutras -hoxe adormecidas no esquecemento-, que son magníficas obras e, sobre todo, están enclavadas en contornos naturais de calidade. De entre todas destaca a ponte sobre o río Parada en Verducido, A Lama. Outro exemplo é a ponte da Laxe.

Page 20: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que temos?

Elementos patrimoniais relacionados cos animais:

Foxo do lobo, currais, sesteiros, pombais

Page 21: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Foxo do lobo nas proximidades de Pigarzos (A Lama). Os foxos están precedidos dun espazo cercado moi amplo en forma de V que se estreita cada vez máis ata desembocar sobre o fatal burato. Imaxe extraída do SIXPAC

Os foxos do lobo

O lobo sempre foi un animal temido polo ser humano. Depredador coma nós, compite polo mesmo espazo erecursos. Recluído nas áreas de montaña, a súa presenza preocupou notablemente ás comunidades degandeiros que levaban a pastar os seus rabaños ao monte. Para evitar a súa presenza, no pasado,organizábanse batidas.

En poucos lugares de Galicia consérvanse mellor as construcións polas que despenaban este animal. Cercadodebidamente, na súa fuxida, o lobo era guiado cara á dirección dun foxo no que inevitablemente acabaríatirándose. Unha vez atrapado e sen saída era presa fácil dos cazadores.

Indicios obtidos da presenza de lobos no Suído.

Imaxe do foxo. Cunha altura de 3 metros e un diámetro aproximado de 4 metros era unha trampa definitiva para o lobo.

Page 22: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

O foxo do lobo de Estacas ( Fornelos de Montes)

Situado no límite co concello de Mondariz, este foxo ten a peculiaridade de ser dobre. O plano deste espazo describe un W. Enclavado a uns 750 metros de altura, os muros delimitan un terreo de matogueira en lixeira pendente cara ao leste e sueste que se precipita a dous foxos duns 4 metros de diámetro cada un.

Muros ciclópeos de cachotería de grande dimensión. Hoxe presentan unha perda de altura motivado pola desaparición dalgunhas pedras. A súa altura tivo que ser notable para impedir a fuxida do lobo.

Parede exterior do foxo

Page 23: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os curraisEstas construcións, características doSuído, servían de acubillo aos pastoresque coidaban o gando en réxime extensivo.Os currais máis coñecidos son os da abaoriental do Suído. De planta rectangular egrosos muros de cachotería, estesedificios presentan como trazo particularunha cuberta de laxes a dúas augas quedescansan, no interior, sobre arcosfaixóns reforzados no exterior porcontrafortes. Esta cuberta non se atopanos currais da aba occidental. O resultadoé unha arquitectura resistente adaptada aun contexto natural de fortes ventos etemperaturas extremas.

As imaxes corresponden co ben coidado Chozo de Cernadas, no concello de Avión, a moi pouca distancia do límite co concello de Fornelos de Montes. Felicitamos aos impulsores da recuperación dos chozos e a creación dun roteiro polos pastos da aba oriental do Suído.

Page 24: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os currais de Vilán no lugar de Carballo Branco. A Laxe.(Fornelos de Montes).

Os currais da aba oeste doSuído teñen unha traza máisrústica que os veciños deAvión (Ourense). Estescurrais aproveitan ospenedos e a protección quelles proporciona un pequenoouteiro para distribuír asdiferentes dependenciasadxectivas: cortes, valados eparideiras. Gando vacún e,segundo algunhas fontes,ovellas e cabras terían aquí asúa protección fronte aosataques de depredadores tantemidos como o lobo.

Muros de cachotería e teitospor aproximación de laxesplanas son técnicasconstrutivas simples, perofuncionais. Dada a rarezadestes elementospatrimoniais da culturagandeira resulta lamentableo estado actual de abandono.A construción do Salto daLaxe sería a súa findefinitiva.

Page 25: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os currais de Forzáns. A Laxe (Fornelos de Montes)

Os currais de Forzáns, coma os de Vilán,recibían esta denominación como referenciaao lugar de procedencia do gando e dospastores que neles se acubillaban. A maioríaabéiranse nun marco natural protexido porun outeiro con enormes penedos. Porén,algúns deles atópanse fóra dese espazo emenos resgardados dos ventos do norte.

Page 26: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Chozos de Campo Largo. A Laxe ( Fornelos de Montes)

1

2

4

3

Na imaxe 1 podemos ver o control visual que se exerce dende o recinto dos currais de Campo Largo. Unha enorme depresión idónea para pasto percorrida polo río Valdohome.

O recinto ocupado por estes currais (3) ten a particularidade de estardelimitado por un valado de planta circular sobre o que se van inserindoos pequenos casetos (2). En medio queda un espazo central libre deedificación a modo de curral. O debuxo resultante semella unha coroade casetos. O seu estado actual de conservación (4) non precisaríadunha actuación custosa. Resulta vergoñenta a desidia na quepermanecen estes elementos patrimoniais. A diferenza co acontecido noconcello de Avión é moi evidente.

Page 27: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os sesteiros

Os sesteiros eran espazos expostos aos ventos ecercados por muros moi rústicos a base de laxes dunnotable tamaño. Servían para que o gando extensivoestivera aliviado da mosca no verán. Emprazados noscumios de outeiros moi ventilados, son lugares onderepousaba o gando. Os cachotes de pedra que formano paramento do muro están amoreados dunha formamoi primitiva sen a consistencia dos valados quearrodean as leiras. Semellan construídos para acoutarun espazo ocupado de forma moi temporal.

As imaxes corresponden a un sesteirolocalizado nun outeiro moi próximo ao foxodo lobo de Pigarzos. De planta irregular, osmuros cercan os lados norte, oeste e leste,mentres a cara sur carece de cerca aofacer esa función o rochedo existente nolugar.

Page 28: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os pombaisSon construcións pensadascomo lugar de acubillo e críadas pombas, complementoalimenticio este moi restrinxidoa sectores privilexiados dasociedade do Antigo Réxime,de aí que aparezan localizadosen casas labregas ricas ou enpazos. Nos tres concellos,especialmente en PonteCaldelas, atópanse fermososexemplos destas construcións.Os pombais rexistrados na zonason de corpo cilíndrico, conparamentos de cachotes degranito, podendo presentarunha cuberta cónica de tellasou truncados cunha cuberta aunha auga. Próximo ao seuremate, o muro presenta unbeiril do que arrancan osburatos para a entrada e saídadas pombas. No interioraparecen múltiples nichosdivididos en pedra, o que lleconfire un carácter pétreo ede solidez.

Exterior e interior do pombal de Xosé na

aldea de Parada (Ponte Caldelas)

Pombal no eido do Pazo de San Ramón, Tourón.

(Ponte Caldelas)

Pombal con vertente a unha auga na aldea de

Sobreiro, Xustáns (Ponte Caldelas)

Page 29: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que temos?

Infraestruturas para o aproveitamento da auga:

Fontes, lavadoiros, presas, levadas.

Page 30: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

As fontesGalicia evoca auga. As abondosas chuvias converten en caudalosos os ríos e regatos,alimentando un manto freático xeneroso, disposto a abrollar por calquera fenda dasrochas. As fontes son un factor fundamental á hora de asentarse, polo que cada aldeadispón de unha propia, que se converte así nun lugar importante para os seus habitantes,non só como subministro de auga, senón tamén como punto de encontro, de parola. A súarelevancia viña marcada pola construción dunha arquitectura que adornaba e urbanizaba oabrollo natural do líquido elemento.

Dentro dos múltiples exemplos cos que contamos podemos diferenciar dous tipos. A máisprimitiva, moi frecuente na zona, non é máis que un cano metido na fenda da rocha. Aoutra, máis urbana, é posuidora dun traballo de cantería máis coidado.

Page 31: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os lavadoirosMoitas fontes teñen ao seu carón un lavadoiro. Nunha época na que non había augacorrente, nin lavadoras, acudir ao río a lavar era unha necesidade. Nunha sociedadetradicional este era un punto de encontro obrigado para as mulleres. Aquí non só selavaba a roupa, tamén había unha posta ao día dos acontecementos da aldea. Esteslugares de encontro forneceron, sen dúbida, o noso patrimonio inmaterial.

A beleza destas construcións queda patente nestas fotografías.

Lavadoiro en Gramil

Lavadoiro en Forzáns

Lavadoiro en Antas

Lavadoiro en Calvos

Lavadoiro na Lama

Page 32: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

As presas e levadas

Son elementos patrimoniais que,frecuentemente, forman parte daestructura de funcionamento dunmuíño ou dun batán.

Aproveitando as condicións naturaisque ofrecen os pequenos saltosexistentes no leito fluvial, o serhumano canaliza a auga que necesita,conducindoa polas levadas ata omuíño emprazado augas máis abaixo.A diferencia de altura entre a presae o muíño imprime a forza evelocidade necesarias para que aauga poida mover o rodicio e a moa.

Outras veces as presas e levadasestán creadas para garantir a regados prados.

Na actualidade, estas obras deenxenería popular atópanseabandonadas e en mal estado.

Presa dos barcos. Fornelos

Levada na Insua . Ponte Caldelas Levada en Ventín. Fornelos

Page 33: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que temos?

Elementos e espazos de produción e almacenamento:

Hórreos, eirados, muíños, palleira, batáns.

Page 34: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os hórreosXunto cos muíños, eiras e fornos, este elemento patrimonial representativo do noroestepeninsular forma parte da chamada arquitectura do pan. O extraordinario desenvolvementodo cultivo do millo e a pataca fixeron desta construción un almacén imprescindible e moinumeroso.

A tipoloxía existente é moi variada. Hainos que teñen os costais de madeira, mentres queoutros empregan a pedra. A maioría teñen seis ou oito pés, pero algúns, cun tamañoextraordinario, chegan a catorce. Hoxe en día moitos están abandonados, pero outros estánsendo rehabilitados. Non podemos esquecer algunhas reformas moi peculiares que propoñena súa utilización para usos espurios.

Page 35: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os muíñosA presenza de ríos e regatos poderosos, ocultivo do millo e o illamento favorecerona numerosa presenza de muíños nos tresconcellos. A súa localización en espazosagrestes e moitas veces de difícil accesodota a este elemento patrimonial dunencanto extraordinario. Remontar a beirados ríos na procura destes enxeñosfariñeiros constitúe unha aventura. Ainmensa maioría foron abandonados nadécada dos setenta. O seu estado actualde deterioro crea ao seu redor unhaatmosfera de nobre melancolía. Falarsobre eles coas persoas de maior idadepermitiunos imaxinar un tempo, non moiafastado, en que o noso mundo ruralestaba moi vivo e o muíño erguíase comoun dos escenarios centrais.

Uns eran muíños de herdeiros, outrosmuíños de maquía, a maioría nutridos porunha canle, uns poucos a través dosistema de cubo. Artefactos de estudadatecnoloxía que souberon integrarse nunmedio fluvial do que se alimentan, pero aoque evitan incomodar. Desprenderonsabedoría e discreción e agora, que xa nonson útiles, é a propia natureza enagradecemento a que se encarga devestilos de edra e silvas.

Page 36: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os Eirados Os eirados eran espazos abertosdestinados aos labores de malla paradebullar o cereal. De plantacuadrangular, poden estar lousadoscon pedras de tamaño regular ou senlousar. Ás veces, rodeando eseespazo, aparecen hórreos paragardar o gran debullado. Nestescasos, os de maior beleza adoitanindicar un nivel de compromisocolectivo maior. Porén, na zona, amaioría das eiras son particulares,sobre todo, nas casas de mellorfábrica. O enclave elixido paralocalizar un eirado adoita ser unlugar aireado e soleado, xeralmenteá entrada ou saída da aldea, aíndaque ás veces pode aparecer nocentro.

Na fotografía podemos observar oeirado térreo na Barcia de Seixo (ALama), nun extremo da aldea. É unconxunto arquitectónico debastante harmonía, especialmentese temos en conta que ao seu carónestá o adro da igrexa, o espazocomunitario por excelencia na vidaparroquial.

Barcia do Seixo (A Lama)

Imaxe da eira de María do Cañamazo en Calvos.Fornelos de Montes

Eira de Celia. Chan do Casal. Xustáns. Ponte Caldelas.

Page 37: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

A palleira de Laxoso

Esta construción singular nazona aparece localizada naparroquia de Laxoso ( PonteCaldelas). Trátase dunentramado de madeiraafrontado sobre o que seencaixan feixes de herba seca.Actualmente, o espíritopráctico do noso rural utilizapara a cuberta pequenaspranchas de fibrocemento adúas augas para facilitar aescorrentía, sen embargo,sabemos que ata non hai moitoempregaban o colmo para facero tellado. Esta construción vénser unha fusión entre oalpendre e o palleirotradicional. Comentan algúnsveciños que esta palleira podeter unha procedenciaportuguesa.

Palleira de Saladina Mouta. Laxoso. Ponte Caldelas.

Page 38: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Batáns

No concello de Ponte Caldelas, na parroquia da Insúa, quedan cando menos as paredes do que no seu día foron catro batáns. Estas construcións, de planta cuadrangular, contiñan cada unha un enorme mazo de madeira que batía contra as teas de la de buriel e liño para facer delas panos e mantas. Este mazo era movido pola forza da auga a través dunha serie de engranaxes semellantes ás dun muíño. De feito, moitas veces estas dúas construcións aparecen asociadas no mesmo edificio como acontece co muíño e batán de Pereira na Insua, Ponte Caldelas. Os catro batáns localizados nesta parroquia nutríanse a través dunha levada que transportaba a auga dende as proximidades de Ponte Caldelas ata o lugar de Silvoso. Auténticas fábricas téxtiles son un eco da importancia da industria doméstica galega do século XVIII. Esta actividade, conxuntamente coa de curtidos de pel, son indicativas da rica industria rural que había no pasado en Ponte Caldelas.

Batán e muíño de Pereira. A Insúa. Ponte Caldelas.

A ruína do batán de Barreiro . Insua. Ponte Caldelas

Page 39: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Que temos?

Elementos de vida espitirual e espazos de vida mundana:

Cruceiros, petos, torreiros

Page 40: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os cruceirosNos tres concellos estudados hai numerosos e magníficos exemplos destestraballos encadrados dentro da denominada arte relixiosa popular. Realizaciónsde artistas anónimos que dominan o traballo da pedra, estas obras sonformalmente unha manifestación de relixiosidade cristiá, pero en liña decontinuidade coas crenzas pagás anteriores. O cruceiro vén así a substituír osanteriores símbolos que protexían aos camiñantes e delimitaban ámbitos davida colectiva. Demostración dunha ligazón transcendente do pobo galego caraá súa terra e os seus devanceiros, o rural galego está inzado de cruces,cruceiros e petos. Nuns casos, cando as cruces son rústicas, evocan un mundomáxico relixioso en perfecta comuñón coa natureza. Noutros casos, cando acalidade escultórica é evidente, aparece a dúbida de se realmente estamosante un produto da arte popular.

Na análise dos cruceiros e petos do concello de Ponte Caldelas faiseimprescindible nomear a laboriosa publicación que sobre este tema teñenelaborada as mestras Mercedes Martínez Plasencia e Teresa Sánchez Cora.

Magnífico cruceiro en Covelo (A Lama). Cruceiro camiño da Vincurda (A Lama)

Cruz nun camiño cara a Laxoso de Arriba

( Ponte Caldelas)

Cruceiro da Mouta.Calvos

(Fornelos de Montes)

Page 41: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Escolma de simples cruces chantadas sobre a rocha granítica en perfecta integración coa natureza. De esquerda a dereita: Cruz en Cimadevila, Calvos (Fornelos);cruz de S. Antonio, Freaza. Traspielas (Fornelos); cruz no camiño entre Estacas e Ventín (Fornelos).

Exemplos de detalles escultóricos en diferentes cruceiros. De esquerda a dereita: Cruceiro en Gramil ( Ponte Caldelas), na Lama, camiño da Vincurada (A Lama), e no adro de Barcia do Seixo (A Lama).

Afortunadamente, hoxe recoñecemos en todas estas obras unha riqueza patrimonial a conservar, como quedareflectido nos inventarios dos diferentes concellos. Lograron un estatus que supera o significado simbólico do credorelixioso ao que pertencen, converténdose nun elemento fundamental da paisaxe rural galega.

Page 42: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os petosMoitas veces asociados aoscruceiros, outras veces sós, ospetos son unha manifestación darelixiosidade popular, auténticomonumento de lembranza, respecto eagradecemento de todos os que nosantecederon. Dispersos polasparroquias, establecen ligazóns entreo pasado e o presente, entre oterritorio herdado e os seus actuaismoradores. Representación danecesidade espiritual do ser humano,transmiten a fugacidade da vidacorpórea fronte á presenza etérea eeterna da ánima. Esperanza noutraexistencia que compense osufrimento de domar unha terradifícil. Contrariamente ao que sepuidera pensar, dos petos brota avida non a morte.

Peto en Calvos (Fornelos)

Peto na Vincurada ( A Lama)

Peto na Candeira ( A Lama)

Page 43: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os torreiros

Situados a carón da igrexa, os torreiros son os lugares de encontro para a festa do patrón, para a música, para o baile. A súa estrutura adoita ser rectangular ou cadrada e mesmo algúns están rodeados dun valado que pola súa parte interior leva acaroado un poio corrido. Ás veces nun extremo do torreiro construíase un palco de pedra para acoller as bandas que amenizaban as festas, hoxe substituídos por plataformas de cemento de máis que dubidoso gusto estético.

Torreiro de Calvos. Fornelos de Montes

Page 44: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

As ameazas

O abandono

O mundo rural tradicional quesostiña e daba sentido a todosestes elementos chega ao finalda súa prolongada crise nadécada dos setenta. Os muíñosdeixan de moer, as levadas nonse limpan, moitas eiras e velloscamiños son asfaltados, osvalados ou as presas deixan demanterse... precipítase o final.Estes elementos perden a súafunción e son abandonados. Ofeito de lembrar moito unhavida sacrificada e en moitoscasos de miseria produce unhanegación vergoñenta do seuvalor, o valor da memoria. Nonse aceptan como elementosidentitarios, construtoresdunha cultura depurada polahistoria. A falta desensibilidade trae comoresultado o abandono, adestrución e os usos espurios.

Vandalismo

Incendios forestais

Usos espurios

Page 45: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

As novas ameazasO repertorio de ameazas,consecuencia do abandono e perdado valor de uso destes elementos,vese agravado polo plan deconstrución de minicentrais. Estaforma de producir enerxía non sócausa impactos formidables na vidados ríos e da paisaxe en xeral,tamén supón un perigo adicionalpara moitos elementos patrimoniaisque habitualmente ocupan estesespazos (muíños, pontes,pasadoiros). Hai unha alteración dabeleza do enclave de moitos desteselementos, cando non a súa propiadestrución.

Outra ameaza é a proliferación depistas nos montes, moitas vecespara facilitar a instalación deparques eólicos e explotaciónsgandeiras que, en ocasións, levaroncanda si algún elemento, tal é o casodun neveiro no Suído. O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio

etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por

xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.

Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído

(A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén.

Ponte Casariño no Suíño. Transformada

respecto da traza orixinaria, atópase

esquecida ao carón da estrada. Esta

ponte formaba parte do Camiño Real de

Pontevedra a Ribadavia.

Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon

en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros

e sesteiros.

Page 46: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Posibilidades, recursos, ideas

O monte:

Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensasuperficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído.Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000,está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo asúa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación deparques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio.

As nosas propostas para o Suído son:

• Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durantetantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadorado medio.

• Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia primapara abonos orgánicos.

• Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde seconcentra a flora autóctona con especies que comezan a ser rarasnoutros montes galegos.

• Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos,canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio.

• Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos deinterese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición derutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vidano monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.

Page 47: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Para o resto da superficie de monte

As nosas propostas son:

• Orientar os usos do monte a algo máis que á produción demadeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos dobosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ouprodución de abono natural.

• Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte,recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando aecocertificación.

• Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte paragarantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e faunae evitar a proliferación de pragas.

• Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñandoalgún roteiro ou algunha festa divulgativa.

Page 48: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Os ríos:

O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimasdécadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe:

1. RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais.

2. RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración.

3. RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos.

As nosas propostas para os ríos son:

1. Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero senque isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dospescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas deturismo activo, ecolóxico, cultural...

2. Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes,pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aosparticulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras derehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivodeterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulasde interpretación, rutas turísticas..)

3. Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeraciónssobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural comoparte da nosa herdanza e identidade.

Page 49: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

A aldea

Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun programa de protección e reactivación de forma urxente.

As nosas propostas neste caso son:

1. Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a produciren moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións.

2. Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios:cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc.

3. Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados polasociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais.

4. Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonionatural e cultural existente na zona

5. Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita...

6. Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación,etc., e á produción e distribución das empresas locais.

7. Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociaciónsveciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutastemáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros.

8. Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.

Page 50: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Quen nos axudou?

• Fundación Antonio Fraguas.• Dirección Xeral de

Patrimonio.• Dirección Xeral do FOGGA• Augas de Galicia.• Sitga.• PLADEVER• Mancomunidade de Ponte

Caldelas.• Concellos de Ponte Caldelas,

Fornelos de Montes e A Lama.

• PRODER de Pontevedra.

• ANPA do IES de Ponte Caldelas.

• Veciños e veciñas de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes.

• Paula Ballesteros.• Os compañeiros e a

Dirección do IES de Ponte Caldelas

Page 51: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Bibliografía consultada:

“As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos.

“Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas.

“Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra.

“Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado Orbán.

“ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra.

“ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a cultura e a ecoloxía.

Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web http://www.concellodalama.com/apedreira.htm

Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e LEADER de Terras de Montes.

Page 52: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama, Fornelos e Ponte Caldelas.

Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de inventario. Todo isto no seu tempo de lecer.

A todos eles MIL GRACIAS

O alumnado avalía:As maiores aportacións deste traballo:“Aprendín a valorar uns elementos que estaban aí, pero aos que non lles daba importancia”.“Coñecín recantos fermosos da miña zona que ignoraba que existían”.“Comprendín a dureza dos modos de vida dos nosos avós e bisavós”“Concienceime do estado do noso patrimonio. Unha mágoa estragalo!”.

Page 53: Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Coordinaron o traballo:

Cristina Ogando Díaz. Profesora de ciencias sociais.

Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua galega.

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de ciencias sociais.

Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007