View
3
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Algúns exemplos de SOCIALISMO UTÓPICO
O SOCIALISMO CIENTÍFICO
O ANARQUISMO
Étienne Cabet, colonia de Nauvoo
A colonia de Nauvoo organizouse sobre a base dun réxime rixidamente igualitario. Os elementos centrais son a escola (A), na que se impartía instrución gratuita e permanente a partir dos catro anos, e o refeitorio común (G). Baixo os muros do edificio figuraban escritas as ideas-forza de Cabet: “irmandade, igualdade, unidade".
O falansterio é unha estrutura racionalmente organizada, que se opón ao caos da cidade. No seu interior vivirase como nunha grande hospedaxe, e os seus habitantes estarán separados: os vellos estarán aloxados na pranta baixa, os nenos na pranta intermedia e os adultos no superior. No centro do falansterio, na Place de Parade, atoparanse os “servizos” públicos: a Tour de l’Ordre co reloxo para marcar a hora.Da torre da orde partirán dúas alas que conterán todas as funcións residenciais e produtivas, públicas e privadas.
Fourier, Falansterio
Escolares no patio interior do familisterio de Guise (1896), creado por Godin
Vista dende o SO do familisterio de Guise (1865)
O número de persoas que deben asociarse para formar o núcleo elemental da nova sociedade debe estar entre un mínimo de 300 e un máximo de 2000, e mellor entre 800 e 1200.
O terreo cultivable de pertenza da comunidade "debe oscillar entre medio acre e un acre e medio por cabeza.
Todo o conxunto estará ocupado polos aloxamentos dos adultos, polos dormitorios comúns para os nenos, almacéns e enfermería; o lugar central incluirá a igrexa, a escola, a cociña e o comedor.
Robert Owen Lanark, 1820
Un exemplo da tese, antítese, síntese hegeliana na interpretación marxista: a revolución francesaOs burgueses foran acumulando o poder económico desde que se estableceron pola súa conta fóra dos feudos. Chega un momento en que controlan coas súas empresas todo o comercio e ostentan o poder económico na sociedade. Pero doutra banda o poder lexislativo e xudicial segue en mans dos monarcas absolutistas, que ostentan xa que logo o poder político, atando de mans á poderosa burguesía. Este tira-e-afrouxa faise insostible, e chegado o momento devandita contradición desemboca repentinamente na revolución burguesa de 1789, dando paso ao novo sistema capitalista.
Modo de producción escravista
Modo de producción feudal
Modo de produción capitalista
Ilustración de 1911 para Industrial Workers of the World, de Nedeljkovich, Brashich e Kuharich
Plusvalía
A circulación de mercadorías pasa a ser do xeito D-M-D, é dicir: que se ten un diñeiro (capital), realízase unha compra de certa mercadoría, e logo véndese esta mercadoría... ¡¡e obtense por ela unha cantidade de diñeiro maior que a inicial!! Este aumento do prezo da mercancía chámase plusvalía.
A revolución proletaria buscará a abolición da propiedade privada dos medios de produción, que implicará o fin das sociedades de clases. Dará paso á nova sociedade comunista que terá que facer fronte a un novo tipo de contradicións e sufrirá tamén o seu desenvolvemento. Ese paso do estado capitalista ao estado socialista obreiro, desde o que se construirá a sociedade comunista sen estado, suporá a "humanización da humanidade", abolirá a explotación. Durante un certo periodo existirá unha sociedade na que non desaparecerían aínda as clases, e na que os proletarios manterán sometida pola forza á burguesía e o seu exército mercenario. Esta etapa chámase a ditadura do proletariado, e as xeracións que medren neste sistema non terán o lastre capitalista na súa educación e serán as que realizarán a construción da sociedade sen clases.
O anarquismo tivo por lema "Nin Deus, nin amo, non obedecendo cada un máis que a súa propia vontade". Sería necesaria a destrución da sociedade capitalista para construír unha sociedade nova, na que non habería ningunha autoridade e que -fundada na liberdade dos individuos- sería naturalmente boa
Dentro do anarquismo pódense sinalar tres tendencias: A "solidarista" (Proudhon e o príncipe Kropotkin), que sitúa a liberdade por enriba de todo, négase o poder pero, ao tempo, propúgnase a convivencia libre baseada na razón. A "revolucionaria", que é a plasmación das ideas de Bakunin, e, para rematar, o "anarco-sindicalismo", para o que, aínda aspirando a suprimir ao Estado, os individuos encadraríanse nunha federación libre de sindicatos.
(…) non sendo o Estado máis que unha parte, colócase e imponse como o todo; ignora o dereito de todo o que, non sendo el mesmo, se atopa fóra del, e cando pode, sen perigo, viólao. O Estado é a negazón da humanidade.
Bakunin
"Anarquía é orde“
Proudhon
En 1864 obreiros ingleses e franceses reuníronse con ocasión dunha exposición internacional na Sala San Martiño de Londres coa intención de fraguar unha estreita unión entre os traballadores de todos os países. Para iso formouse un comité que tiña a misión de redactar un programa e uns estatutos para unha organización internacional. Un membro dese comité foi Karl Marx. Celebrouse un congreso do 3 ao 8 de setembro de 1866 en Xenebra, onde se fundou definitivamente a organización e adoptouse o nome de Asociación Internacional dos Traballadores ou 'AIT'
A comuna de París (1871) compúxose finalmente por 81 membros, a media de idade era de 38 anos, 5 membros eran maiores de 60. Os membros da Comuna carecían de experiencia política. A Comuna carecía de dirección política e fracasou. Isto repercutiría na propia AIT, que foi acusada de instigar a insurreción.
Meissonier: O sitio de París – en 1870-71- (1879)
Anónimo: A comuna (1871)
Recommended