View
317
Download
7
Category
Preview:
Citation preview
Oprima tecla para pasar á seguinte
Ilustrado con fotos de Baixa California Sur por Francisco Arámburo Salas.
Música: As Golondrinasco Mariachi Vargas
Adeus e BenvidaAgradecemento e Pregaria
Ao rematar un ano e comezar un novo detémonos, botando unha ollada retrospectiva,
avaliamos o pasado e visualizamos o porvir.
É daquela cando elevamos a vistaao infinito, pois el inspíranos eestimúlanos o espírito para dar
grazas ao Creador.
Para tal fin, elevo esta pregaria...
Deus e Señor noso, dono do tempo e da eternidade, teus son o hoxe eo mañá, o pasado e o futuro...
Bendícenos!
Ao reamtar este ano quero darche GRAZAS por todo
aquilo que recibín de Ti.
Grazas pola vida e o amor, polas flores, o aire e o sol,
polas nubes e a aurora,polo onte e o agora,
pola alegría e a dor, por canto foi posible...
e polo que non puido ser.
Grazas tamén, Señor, por eses pequenos gustos inesperados, por eses repentinos deleites, por ese pracenteiro encontro despois de tantos anos; polas
sorpresas agradables que me deches nos meus momentos de tristeza. Mil grazas, bo Señor!
E grazas, en fin, por terme dado esa paz interior que me serviu para sortear momentos difíciles e angustiosos.
Ofrézoche canto fixen neste ano, o traballo que puiden realizar e as cousas
que pasaron polas miñas mans, e o que con elas puiden construír.
Como agradecer os teus favores?
Encoméndoche as persoas que ao longo deste ano amei, as amizades novas e os
antigos amigos, os máis achegados a min e os máis afastados, os que me deron a súa man e aqueles aos que puiden axudar, cos
que compartín a vida, o traballo, a dor e a ledicia.
Pero tamén, Señor, hoxe quero pedirche perdón; perdón polo tempo perdido, polo diñeiro
dilapidado, pola palabra inútil e ofensiva e polo amor malgastado.
Perdón polas obras baleiras e polo traballo mal feito; e perdón polo desánimo
con que vivín algunhas veces...
...sen decatarme que Ti estabas sempre ao meu lado.
Tamén perdón, meu Deus, pola oración que pouco a pouco fun aprazando e que
ata agora veño presentarche.
Perdón por todos os meus esquecementos, descoidos, erros e
silencios.
Por ter dito “NON” cando puiden ter dito “SI”
Nas próximas horas iniciaremos un novo ano e deteño a miña vida ante o novo
calendario, apenas por comezar, e ofrézoche estes días que só
Ti sabes se chegarei a rematar.
Adeus ao Onte!
Hoxe pídoche para min e os meus —e tamén para os que non coñezo—
a paz e a alegría, a claridade e a sabedoría, a forza e a prudencia a dita e a harmonía.
Quero vivir cada día como se fose o último, para que cando chegues a miña porta estea aberta para dar testemuño
das túas infinitas bondades.
QQue cando me fales, os meus oídos estean ue cando me fales, os meus oídos estean atentos, e cando me mires o meu corazón estea atentos, e cando me mires o meu corazón estea
cheo de luz non só para recibir, cheo de luz non só para recibir, senón para compartir; senón para compartir;
non só para compadecer senón para remediar, non só para compadecer senón para remediar, e non só para oír senón para comprender e non só para oír senón para comprender
e consolar.e consolar.
Pecha os meus oídos a toda falsidade, e sela os meus beizos a palabras
mentirosas, egoístas, mordaces ou ferintes.
Pídocho, Señor!
Que o meu espírito se encha só de bondade e boa vontade, e que as derrame ao meu paso.
Abre en cambio o meu ser a todo o que é bo, e toca a miña alma coa túa divina presenza.
Quixer ser lembrado como alguén que nunca tivo a intención de magoar
nin facer mal a ninguén.
Ateigame de fe, de optimismo, de dita e de alegría, para que cantos convivan
comigo ou se acheguen a min atopen na miña vida un pouquiño de Ti.
Dános un ano feliz e ensínanos a aceptar o panorama que nos ofreces, asimilar as palabras que nos dis e a valorar o amor que sempre nos dás.
E que así sexa.
Ledo Aninovo 2009, e que veña cheo de saúde, paz, amor, dita e ledicia!
Eses son os meus desexos
Xa está tocando á porta o mes de xaneiro...
...pois hoxe comeza de novo a vida
Especialmente para ti, con todo o meu
agarimo
Ata pronto!
faramburo@aramburosuites.com© Copyright. Queda prohibido todo cambio o alteración al contenido de esta obra.
Recommended