As funcións sociais da lingua

Preview:

DESCRIPTION

Sociolingüística 2º Bac

Citation preview

As funcións sociais da lingua.

Conflito e diglosia.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a

súa repercusión nos usos.

As funcións sociais da lingua.

Lembra!!

As funcións sociais dunha fingua son en realidade funcións

xerais de relación social realizadas mediante a lingua,

Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode

concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade

salientamos as seguintes:Función de identidade

Función cultural

Función institucionalFunción local

Función laboral

Función familiar

Función de identidade

A lingua opera como vehículo de articulación interior do pensamento

propio.

Función familiar

A lingua fálase na casa, de portas adentro, cos pais, cos

irmáns. Repárese en que a familia é o espazo da primeira

socialización, aquela en que o individuo aprende parte das

pautas que gobernarán a súa vida adulta, incluídas as

lingüísticas. Entre nós, o galego sobreviviu como lingua

familiar durante séculos. Fóra da casa, os adultos falaban

galego só ás veces (dependendo do contexto e do

interlocutor: diglosia) ou nunca.

Función laboral

A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral

acontece adoito en lugares onde existen varias

linguas en contacto.

Función local

O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre

persoas do mesmo contorno (amigas, veciñas, coñecidas).

En Galicia, o cambio de lugar de residencia carrexou durante moito

tempo unha mudanza de lingua, de xeito que cando os habitantes do

rural marchaban á capital cambiaban o galego polo castelán.

- De andar a servir se me esquenció de todo el jallego.- Vaites, vaites.

Función institucional

Un idioma cumpre a función institucional cando é

empregado polos cidadáns para se comunicaren coas

institucións políticas e administrativas. En determinados

ámbitos (o xudicial, por exemplo), a presenza do galego

segue a ser aínda cativa. Noutros, algúns persoeiros

empregan o galego en público de maneira notoriamente

artificial ("galego litúrxico").

Función cultural

A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por

aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como

lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que a

aprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2).

Parte da relevancia que o inglés mantén nos nosos días como

lingua de cultura internacional apréciase na cantidade de

individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en

aprendelo como L-2.

SÉCULO XX

ESPAÑOL GALEGO

cultural institucional local laboral familiar identidade internacional

0

20

40

60

80

100

ExerciciosExercicios

Características sociolingüísticas das tres primeiras etapas do século XX.A castelanización global da sociedade aumenta. O español segue a medrar entre os habitantes de núcleos urbanos.

Nisto inciden diversos factores como:

relativo crecemento urbano,

expansión das clases medias vinculadas ó sector servicios,

progresiva xeneralización do ensino,

aparecemento dos grandes medios de comunicación de masas.

Realizar un traballo de investigación sobre cál é a situación actual do galego nos medios de comunicación. Para realizar este estudio debes facer un seguimentos de varios xornais galegos –cando menos que sexa de tres xornais- de ámbito rexional, provincial, comarcal ou local durante un período mínimo dunha semana.

Cos datos obtidos deberás analizar: o tanto por cento de información que aparece en galego e en castelán; o tipo de novas que aparecen en galego e as seccións nas que se soen inserir.

Tamén se pode facer un traballo no que se aborde cal é a situación do galego nas revistas de divulgación xeral ou especializadas que empreguen parcial ou totalmente o galego.

E1. Elaborar unha enquisa sobre o uso do galego entre todos os rapaces e rapazas do instituto e con ela facer un estudio do nivel de coñecemento e uso do galego na vila ou vilas que incide o centro.

2. Fai un breve informe sobre as campañas de Normalización lingüística que se realicen nalgún secto da túa vila (concello, comercio, ensino, medios de comunicación, igrexa...)

O conflito lingüístico.

Definición causas e consecuencias.

O ser humano é un ser social que convive con

outros membros no seo dunha sociedade. A

sociedade humana existe porque as persoas que as

conforman se relacionan entre si a través dun

mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non

todos falamos a mesma lingua, pois os pobos

somos diferentes.

A diversidade lingüística é tan grande que

atopamos 3000 linguas diferentes

Neve

• Schnee (al)• Neu (cat)• Neige (fr)• Snow (ingl)• Neve (it)• Neve (pt)• Snö (sueco)• ninge (rom)

Na linguaxe esquimó temos para esta palabra:aniu (neve no chan), kanevvluk (neve lixeira), murvaneq (neve suave e profunda), natquik (neve en remuíño), nevluk (neve pegañenta), qanis, quineq (neve sobre a auga), nutaryuk (neve fresca), etc.

Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o número de palabras para a ‘neve caída’, ‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve caendo’, etc.

A pluralidade lingüística

do planeta non é

maldición bíblica, senón

signo de variedade

humana e de progreso.

Falar dunha única lingua

como universal é un

feito antihistórico.

Situación lingüística mundial.

Raramente coinciden as

fronteiras lingüísticas

coas políticas.

Hai un número 30 veces

maior de linguas ca de

estados.

A adopción dunha determinada lingua como idioma

oficial implica unha decisión xurídico-política

(usualmente de rango constitucionalrango constitucional) que

reflicta toda unha serie de actitudes precedentes,

de proxectos de actuación, etc... que sería irreal

disociar do acto de autoridade.

Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os

cambios de status das linguas oficiais teñen que

ser relacionados cos cambios na organización

política. O status oficialstatus oficial dunha lingua específica

non está fixado permanentemente, senón exposto

a flutuacións de acordo coas circunstancias

sociopolíticas.

A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo

ou grupos lingüísticos asentados no territorio do

Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo

ofrecen moitos exemplos desta situación: o inglés

na India, o francés no Líbano.

Dúas linguas nunha sociedade.

Ningún Estado nace multilingüe. Cando nos

atopamos dúas linguas no seo dunha sociedade,

estamos ante un feito antinatural, froito das

vicisitudes históricas.

Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos:

- os procesos de expansión e unificación política.

- os movementos migratorios.

- os contactos internacionais.

A existencia de máis dunha comunidade idiomática

no seo dos estados a miúdo presenta unha

situación de desequilibrio e desigualdade non só

numérica (maioría/minoría), senón tamén xurídica

(prohibición, represión, eliminación/ promoción,

protección, defensa), de status (oficial/particular) e

de emprego. Esta realidade cristaliza nun

conflito lingüístico.

No enfoque da realidade multilingüe caben dúas

opcións:

• eliminación directa ou indirectamente das linguas

minorizadas en favor da que o Estado define coma

“nacional” e “oficial”: uniformismo.

• recoñecemento desas linguas a través do seu

recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou

eventualmente nacionais. Cada comunidade debe

manter, conservar e facer progresar a súa lingua,

establecendo unha segunda para se comunicar con

individuos doutra comunidade: ecoloxismo

lingüístico.

O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada

unha das linguas desempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións

posíbeis para calquera idioma.

Substitución lingüísticaSubstitución lingüística

"...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos.

... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co desenvolvemento cognitivo.Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos para ambas as dúas linguas."Mackey/Siguán 1986.

CUESTIÓNS:

1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no

texto.

2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita

outros países ou comunidades onde tamén se

produza esta situación.

3. Extrae as ideas principais do texto.

4. Fai unha valoración crítica destas ideas.

Miguel Siguán propón chamar bilingüe ao individuo que é

quen de empregar dúas ou máis linguas en calquera situación e

con parecida facilidade e eficacia.

individual territorialsocial

bilingüisbilingüismomo

Do punto de vista individualindividual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuo para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar o grao de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito.

Do punto de vista socialsocial falamos de

bilingüismo cando no seo dunha

comunidade se empregan dúas

linguas diferentes como medio de

comunicación, sendo condición

indispensábel que unha parte

importante dos individuos desa

sociedade sexan bilingüesbilingües.Se isto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo.

Un exemplo disto é o caso belga.

En BélxicaBélxica existen oficialmente

varias comunidades lingüísticas:

no norte, en Flandes, fálase

flamengo, mentres que no sur, na

Valónica, as linguas utilizadas son

o valón e o francés.

En Bélxica recoñécense catro rexións

lingüísticas, cada unha cun territorio

determinado. Tres delas son

monolingües: a flamenga, a francesa

(cos valóns falantes) e a xermana. Só

na capital, Bruxelas, recoñecen o

bilingüismo franco-flamengo; agora

ben, a poboación non é

maioritariamente bilingüe.

Tanto uns coma outros desenvolven a súa vida social nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua, asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventás distintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas dous sistemas escolares distintosescolares distintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo.

Cando nunha zona bilingüe a maioría dos falantes prefire utilizar unha lingua ou outra dependendo das situacións, prodúcese unha situación de diglosia.

lingua A ou dominante é a que se emprega nas situacións máis formais

lingua B ou dominada só se emprega, habitualmente, en situación coloquiais

Hai diglosia sempre que entre as linguas

non existe unha situación de equilibrio, o

cal se manifesta, por exemplo, en que se

opta por unha lingua para o uso familiar e

outra para o ensino ou para usos máis

formais.

Tamén hai diglosia cando o emprego

dunha das linguas implica menor

consideración social.

Hábitat Nivel cultural

Nivel económico

rural

urbano

Nos centros urbanos e nas capas sociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, sen embargo, non ten exacta correspondencia se atendemos aos

indicado res culturais.

O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clases dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso

o galego chega a identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a tradición, o pasado...

DIGLOSIADIGLOSIA

O individuo pode tomar actitudes tales como as de:

•aceptar que as dúas linguas teñen funcións sociais distintas.

• intentar identificarse co grupo lingüístico preponderante e tratar de asumir esa lingua preponderante coma se fose a súa primeira lingua.

•manterse fiel á súa primeira lingua

(Ambigüidade : actitudes mesturadas coas acabadas de mencionar.)

A coexistenciacoexistencia entre as dúas linguas é tensa e inestábel.

Grupo monóglata en lingua foránea

Grupo diglósico

Grupo monóglata en lingua propia

GlotofaxiaGlotofaxia

Os procesos normalizadores dependen de:

acción institucional da comunidade, materializada a través do poder poder políticopolítico

acción individualindividual, derivada da vontade de ser das persoas que conforman a sociedade

da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupan para levar a cabo o proceso normalizador

Substitución lingüística

Normalización lingüística

desaparición do galego en beneficio do castelán

A súa consideración como unha ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural, e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos.

O obxectivo final dun estado

multilingüe e democrático non é

“promover o bilingüismo” senón

garantir a utilización de garantir a utilización de

dúas ou máis linguas na dúas ou máis linguas na

comunidade política comunidade política

asegurando o seu futuroasegurando o seu futuro.

Garantir a utilización de dúas ou máis linguas asegurando o seu futuro.

Asegurando Asegurando o seu futuroo seu futuro

A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas

é a normalización normalización lingüísticalingüística, isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación

dunha sociedade.

Cada lingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis.

Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre

os niveis de coñecemento e uso do galego

revelan que é entendido pola xeneralidade da

poboación, que ademais é capaz de falalo; pero

só posúen competencia escrita menos da

metade dos falantes.

O analfabetismo en galegoO analfabetismo en galego é xeral entre os

adultos aínda que, gracias á súa introdución no

ensino, as novas xeracións están adquirindo

destrezas de lecto-escritura no idioma propio.

Estereotipos e prexuízos

lingüísticos:

a súa repercusión nos usos.

Que son os prexuízos?• Son xuízos de valor

sen base suficiente

emitidos sobre unha

lingua ou sobre os

falantes dela co

propósito de

provocar o seu

rexeitamento.

Os prexuízos lingüísticos non son innatos

No discurso

Polas condutas

Estes prexuízos son moi variados e atéstanse so

formulacións diversas, aínda que teñen un fondo

común que non é outro máis que o desprezo pola

diferenza e o afán de asimilación

Prexuízos estéticosPrexuízos estéticos

linguas suaves vs. ásperas (serán, en todo o caso, os falantes os que falen).

Os chistes en galego son máis graciosos

Prexuízos Prexuízos socioeconómicossocioeconómicos

_ Ese muchacho dicen que sabe

muchísimo

_ Sí; pero tiene un acento tan gallego!

….

"Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...” (Castelao 1961: 43)

Prexuízos Prexuízos socioculturaissocioculturais

o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta

de educación de educación en determinados contextos:

1)O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas (de

asumirmos iso, estariamos reservando para o galego un papel totalmente

subordinado como lingua inferior condenada á progresiva desaparición).

2) Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas.

O galego non serve

para o rock / pop

Prexuízos Prexuízos sociopolíticossociopolíticos

O galego, imposición dunha minoría política intolerante (tanto a Lei de normalización lingüística como o Plano xeral de normalización da lingua galega, por exemplo, foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego).

A imposición do galego no sistema educativo (todas as materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como falarmos en Inglaterra da imposición do inglés).

Como antes se impuxo o castelán, agora quérese da mesma forma impor o galego (moita xente foi ridiculizada, castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou defender o galego: deuse un só caso á inversa?).

Os nenos e nenas non gostan da materia de lingua galega (e gostan das outras materias?; aquelas crianzas que menosprezan o galego están a proxectar o desprezo das persoas maiores do seu contorno).

O castelán tamén é lingua propia da Galiza (que o castelán é tan galego como o galego resulta unha contradictio in terminis; sería como dicir que o queixo de Castela é tan galego como o do país porque tamén o consomen persoas galegas).

Libro que hai que ler

Recommended