Setembro 2011

Preview:

Citation preview

setembroseptiembreseptember septembre setembro

É o noveno mes do ano e ten trinta días.

O seu nome ven do latín "sétimo" por ser o número 7 no calendario romano.

O 21 de setembro comeza o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur.

A pedra de setembro é o zafiro e a flor a marabilla.

Maduran os froitos de moitas plantas

maceira

vide

silveira (amorias)

limoeiro

fiúncho

seoane

cardo

estripo

liques e pirixel do mar

xunco mariño

piñeiro

breixos

carrascas

CHEGAN AS AVES DO NORTE A PASAR O INVERNO:mazaricos, parrulos, avefrías, píllaras, pilros, gabitas, agullas, cullereiros, garzas, gaivotas escuras, corvos

mariños reais, paporrubios, tordos, chías, estorniños...

estorniños

MOITAS AVES VANSE AO SUR: gaivotas patiamarelas, anduriñas, avións, cucos, paspallás, cegoñas, avenoiteiras, mouchos orelludos, bubelas...

Catro aves escollidasson as que pasan o mar,o cuco e maila anduriña,

a rula e o paspallás

araña

TEMPERATURA MÁXIMA (ºC)

TEMPERATURA MÍNIMA (ºC)

TEMPERATURA MEDIA (ºC)

HUMIDADEMEDIA (%)

VELOCIDADE DO VENTO(km/h)

CHUVIATOTAL (l)

DÍA CHUVIAMÁXIMA

(l/m2)

DIASCHUVIA

22,3 16,1 18,8 79,5 13,32 31,4 14,4 (1) 9

O TEMPO

Faise a vendima

Faise o viño

Plántase verdura, nabicol, rabizas...

-Polo San Xenaro vendimas pró carro-Polo San Nicolás as uvas vendimarás

-Agosto madura e setembro vendima a uva-San Xoan á sardiña e setembro á vendima

-Pola Virxe do Portal pon á xente a vendimar-Polo San Mateu, vendima tí, vendimo eu-Polo San Mateu, cada un vendima o seu

-San Miguel da uvas, tarde vés e pouco duras-Vendima enxoito se queres coller bo mosto

-O lagar a retorcer e os fabóns a nacer

-Polo San Miguel mete as uvas (...o viño) no tonel

-En setembro arden os montes e secan as fontes.

-Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes. -Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes. .

Por santa Tegra abala a nogueira.

-Se queres mel, por San Miguel. -Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel, míraas polo san Miguel.

Temperá é a castaña que por setembro regaña.

Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.

Vale máis nubrado de agosto ca sol de setembro.

6 de setembro de 1766nace John Dalton, científico británico que desenvolveu a teoría atómicada materia.

7 de setembro de 1936: morre o último lobo de Tasmania,

tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus) coñecido, extinguíndose a especie.

8 de setembro: Día internacional da

alfabetización

8 de setembro de 2004:morre Manuel María

poeta galego

“O río pasa correndo,

non se para con ninguén.

O río canta prás cousas

e canta pra min tamén...”

-O 8 de setembro celébranse romerías en moitos lugares de Galicia: Os Mirgres, A Valvanera, Os Remedios, A Franqueira...

9 de setembro de 1737:nace Luigi Galvani, físico italiano

10 de setembro de 2008: comenza a funcionar con éxito en Xenebra (Suíza) o acelerador de partículas LHC do CERN despois de facer circular polo acelerador un feixe de mil millóns de protóns en pouco máis de 50 minutos.

11 de setembro de 2001: un atentado derrubou as torres xemelgas en EE.UU.

12 de setembro de 1897:nace Irènne Joliot-Curie, química francesa, filla de Marie e Pierre Curie.Premio Nóbel de Química en 1935.

12 de setembro de 1958: o enxeñeiro norteamericano Clair Kilby, de Texas Instruments, presenta o primeiro chip.

12 de setembro de 1959:A Unión Soviética lanza o Luna 2. O 14 estrélase contra a Lúa e convértese no primeiro obxeto feito polo home que chega a ela.

15 de setembro de 1851: Nace, en Celanova, Manuel Curros Enríquez

15 de setembro de 1873:Inaugúrase a primeira liña de ferrocarril en Galicia: Santiago-Carril

16 de setembro: Día internacional da preservación da capa de ozono

16 de setembro 1893: nace en Budapest Albert Szent fisiólogo descubridor da Vitamina C, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937)

19 de setembro de 1843:morre Gaspard Gustave de Coriolis,

enxeñeiro e científico francés.

21 de setembro de 2003:Finaliza a misión Galileo, despois de oito anos de exploración do sistema de Xúpiter.

22 de setembro de 1791:nace Michael Faraday físico inglés.

Cuarto xoves de setembroDía marítimo mundial

24 de setembro de 1905:nace Severo Ochoa, bioquímico español.

28 de setembro: Día Mundial da rabia1895: morre Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés.

29 de setembro de 1511:nace Miguel Servet, médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue.

A segunda guerra mundial comezou e rematou en setembro (1939-1945)

Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, alumnado de 1º e 2º de ESO, Internet