Miguel Anxo Piedade Highway Blues

Preview:

Citation preview

MIGUEL ANXO

A PIEDADE

Fotografías de ROBERT HUPKA

Texto de GIORGIO VASARI (1550)

Cristo morto, e que ninguén soñe con ver espido máis divino, con tanta beleza e arte nos seus membros, nin un morto que pareza tanto a un morto como este

Ten un rostro de aspecto tan doce...

E aínda que algúns, máis ben torpes, din que fixo á virxe demasiado moza, non se dan conta nin saben que as persoas virxes, e sen contaminar, mantéñense e conservan o aspecto dos seus rostros durante moito tempo sen mancha algunha, e que aos aflixidos, como foi Cristo, ocórrelles o contrario?

Aquí non aparece a dor como condición da redención senón a beleza como a

súa consecuencia

...unha tal concordancia entre os músculos dos brazos e os do corpo e pernas, e as bonecas e as veas tan ben traballadas,

que realmente produce marabilla e estupor que a man dun artista poida tan divina e apropiadamente lograr en tan pouco tempo algo tan admirable

...pois é realmente un milagre que o que en principio era unha pedra sen forma algunha,

alcance esa perfección que a natureza só a duras penas pode formar na carne.