Upload
dothuy
View
220
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Teoría celular (resumo)• A célula é a unidade estrutural e funcional de
todos os seres vivos. – Unidade estrutural (= Todos os seres vivos están
formados por células). – Unidade funcional (= A célula é a unidade mínima
capaz de realizar as funcións vitais).
• Toda célula procede doutra célula preexistente.
A teoría celular foi enunciada por Schleiden (1838) e Schwann (1839) e ampliada por Virchow (1855).
Tipos de células
PROCARIOTAS• Sen núcleo diferenciado
(sen membrana nuclear)
EUCARIOTAS• Con núcleo rodeado de
membrana• TIPOS
– ANIMAIS– VEXETAIS
Compoñentes de todas as células: Membrana plasmática + citoplasma + material xenético
A MEMBRANA PLASMÁTICA
• Está formada por:– Unha bicapa de fosfolípidos.– Proteínas
• Integrais Están integradas na bicapa.• Periféricas Apóianse nalgunha das 2 capas de
fosfolípidos.– Colesterol (regula a súa fluidez) (nas células animais)
Componentes da membrana plasmática
As proteínas integrais poden regular o paso de substancias a través da membrana plasmática.
RETÍCULO ENDOPLASMÁTICORUGOSO (RER)• Sacos de membrana
interconectados e tapizados por ribosomas.
• Función: síntese (ribosoma) e transporte deproteínas.
LISO (REL)• Tubos membranosos que
carecen de ribosomas.• Función: síntese e
transporte de lípidos.
Aparello de Golgi
• Constituído por un conxunto de sacos situados de forma paralela e vesículas que se desprenden deles.
• Funcións: – Acumular e madurar os produtos do Retículo
(empaquetamento).
LISOSOMAS
• Son vesículas que conteñen enzimas dixestivas.
• Función: Dixestión celular de partículas propias ou que a célula capta do exterior.
As células do sistema de defensa (ex: macrófagos) posúen moitos lisosomas para destruír os patóxenos.
MITOCONDRIAS
• Son orgánulos de dobre membrana. A interna replegada formando cristas.
• Función: Respiración celular. Síntese de ATP (obtención de enerxía a partir de glicosa e consumindo O2)– Conteñen: ribosomas, enzimas, e ADN circular propio
(teoría endosimbionte).
Curiosidade: O ADN mitocondrial só se herda por vía materna.
CLOROPLASTOS• Son exclusivos das células vexetais. Dobre
membrana.• Función: fotosíntese. Obteñen glicosa e O2 a partir de
CO2, H2O e luz
H2O + CO2 + E lumínica H12C6O12 (Glicosa) + O2
CLOROPASTOS:- Teñen unhas láminas membranosas internas tilacoides (discos apilados formando grana). - Nos tilacoides está a clorofila, necesaria para realizar a fotosíntese.
O contido interno do cloroplasto chámase estroma. Conteñen:- ADN propio do
cloroplasto.- Enzimas
metabólicas.- Ribosomas
CITOESQUELETO
• Microfilamentos e Microtúbulos: Filamentos de proteína que participan na contracción muscular, movementos celulares, fagocitose… Desempeñan un papel fundamental no movemento de cromosomas durante a mitose.
Centrosoma
centríolos
Só nas células animais ten dous centríolos perpendiculares cerca do núcleo.
Función: Controla os movementos celulares.
CILIOS e FLAXELOS
• Son estruturas que se proxectan cara ó exterior.
• Función: Desprazamento da célula ou de substancias que flúen pola superficie.
• Cilios: Cortos e numerosos.• Flaxelo: Longo e normalmente único.
NÚCLEO• Almacena a información xenética e controla a
replicación do ADN.
• A membrana nuclear é dobre.
• A membrana nuclear presenta poros nucleares, que regulan o intercambio de moléculas entre o núcleo e o citoplasma.
• A membrana nuclear externa conecta coa do RER.
CROMATINA• CROMATINA = ADN + Histonas• Histonas: Son proteínas que contribúen ó
empaquetamento do ADN.
NUCLÉOLO
• Rexión do núcleo que contén o ADN a partir do cal vai transcribirse o ARNr e proteínas.
• A súa función é a de construír ribosomas.
• CROMOSOMA = Esqueleto proteico + lazos de cromatina que se compactan ó seu arredor.
CROMOSOMA (partes)
• Cromátidas: Cada un das divisións lonxitudinais iguais do cromosoma. Conteñen a mesma información xenética.
• Centrómero: Punto de contacto entre as dúas cromátidas.
• Brazos: Unidades morfolóxicas que se encontran a ambos lados do centrómero.
• Telómeros: Extremos dos cromosomas.
Os cromosomas son estruturas que se forman cando a célula se está a dividir.
División celular: Mitose e citocinese
• Final da interfase: Duplicación do ADN.
• Mitose: División do núcleo.
• Citocinese: División do citoplasma.– Por estrangulamento (células animais)– Mediante a formación de tabique e parede celular
que separa ás 2 células fillas (células vexetais).
MITOSE (Fases)• Profase:
– A cromatina condénsase e fórmanse os cromosomas.– Fórmase o fuso acromático (microtúbulos) e os centríolos desprázanse
ós polos celulares. (os microtúbulos que terminan nos centrómeros dos cromosomas, denomínanse cinetocoro).
– A membrana nuclear desintégrase.– Os cromosomas guiados polos microtúbulos do fuso, vanse situando
na liña ecuatorial da célula.• Metafase
– Os cromosomas sitúanse no ecuador e deixan unha cromátida cara cada polo.
• Anafase– Os cromosomas divídense e cada cromátida desprázase cara a un
polo celular. (Cada célula filla recibe a mesma cantidade de material xenético).
• Telofase– As cromátidas chegan ó seu destino.– Os cromosomas perden condensación cromatina. (Nucléolo visible)– Fórmase a membrana nuclear a partir do RER.
Citocinese• En células animais
Prodúcese por estrangulación do citoplasma na rexión ecuatorial (grazas a proteínas contráctiles).
Surco de división
Citocinese vexetalFabricación dunha parede celular que separa as 2 células fillas (grazas a vesículas que conteñen celulosa, proteínas …)
MEIOSENa PROFASE I: Os cromosomas homólogos “aparéanse”, intercambiando fragmentos antes da súa separación.
Comparación entre mitose e meiose
MITOSE MEIOSE
Resultado: dúas células fillas diploides, iguais entre si e á proxenitora.
En células somáticas, tendo como finalidade o crecemento ou reparación de tecidos. En certos casos, a reprodución asexual.
Resultado: catro células fillas haploides, distintas entre sí e da proxenitora.
En células da liña xerminal, tendo como finalidade a produción de gametos e a reprodución sexual (recombinación xenética e incremento da diversidade).