Upload
marichoni-marichoni
View
230
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS PARA INFANTIL E PRIMARIAS ELABORADAS POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CEIP VICTOR SAENZ
Citation preview
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 1: RECOÑECER A BIBLIOTECA COMO UN ESPAZO DIFERENTE
AO RESTO DAS DEPENDENCIAS DO COLEXIO
ACTIVIDADE 1:
Entablaremos un diálogo sobre os recantos que temos na aula centrándonos
no recanto dos libros . Os nenos e nenas falarán sobre :
_ os obxectos que podemos atopar nel (libros de contos, libros de
animais,…)
_ cando imos a el (cando acabamos as tarefas, cando imos buscar
información, cando facemos a “hora do conto”,…)
_ que facemos nel (miramos as imaxes dos libros, lemos o conto,…)
_ como hai que estar nel (non podemos comer nel, non podemos pintar
nos libros,..)
A continuación realizaremos un percorrido polas dependencias do cole
(ximnasio, aula de audiovisuais, aula de informática,..) no que trataremos de
buscar un lugar parecido ao noso recanto dos libros.
Entramos na biblioteca e sentados no chan entablamos outro diálogo sobre:
_ as semellanzas e diferencias entre o noso recanto dos libros e a
biblioteca do colexio ( espazo, cantidade de fondos, obxectos que hai
nelas,…)
_ Quen é esa porquiña que está debuxada na entrada
_ Cando podemos ir á biblioteca
Deixamos que os nenos e nenas manipulen libremente os libros que están na
estantería de infantil e que son os que están recomendados para a súa idade (teñen
pegatina no lombo de cor azul)
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 2: COLOCA UNHA PEGATINA NAS FOTOS QUE CORRESPONDEN Á BIBLIOTECA
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 3: COÑECEMOS A ROSIÑA, A PORQUIÑA QUE É A NOSA MASTOCA. COLOREA A ROSIÑA E ESCRIBE AS LETRAS DO SEU NOME:
R O S I Ñ A
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 4: COLOREA AS COUSAS QUE PODES ATOPAR DENTRO DA NOSA BIBLIOTECA
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE 1: TACHA OS COMPORTAMENTOS INADECUADOS NA
BIBLIOTECA E ARRODEA OS CORRECTOS
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 2: UTILIZAMOS OS SEMÁFOROS PARA RECOÑECER AS NORMAS DA BIBLIOTECA
Mediante esta actividade os nenos e nenas recoñecerán os hábitos de conduta
axeitados e aqueles outros que non se deben dar na biblioteca.
Como actividade previa os nenos e nenas familiarizaranse co uso de dous sinais con
forma de círculo (un de cor vermello e outro de cor verde) con cartolina.
Aprenderán que o verde idica algo permitido e o vermello algo non permitido.
Deberán, entón, levantar o sinal vermello cando o mestre/a diga unha frase
relacionada con algún comportamento non axeitado na biblioteca , e levantarán o
sinal verde cando o mestre/a diga unha frase relacionada cun comportamento
axeitado na mesma.
Unha vez teñan feitos os sinais, entablaremos un diálogo pregúntandolles
como creen eles que debe ser o comportamento na biblioteca, como debemos tratar
os libros, os ordenadores,… aclararemos todas as dúbidas que se lles presenten e
procederemos a empezar a actividade. Algúns exemplos de frases a utilizar son: Comportamento adecuado (semáforo verde) · Mirar a cuberta
· Ver as imaxes
· Pasar con coidado as follas
· Compartir o libro cun amigo/a
· Pedirlle á mestra que me lea o libro
· Gardar o libro no seu sitio
· Falar baixiño
· Mover con coidado as cadeiras para non facer
ruido
Comportamento inadecuado (semáforo vermello) · Dobrar os libros
· Escribir ou debuxar nos libros
· Arrancar unha folla do libro
· Recortar un debuxo do libro
· Coller un libro cando estou comendo
· Tirar os libros ao chan
· Berrar na biblioteca
· Pelexarme cun compañeiro/a para quitarlle un
libro
· Correr pola biblioteca
· Deixar os libros en calquera lado
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE 3: RISCA O DEBUXO INCORRECTO
COMO DEBO ESTAR NA BIBLIOTECA?
QUE LIBROS ESTÁN BEN COIDADOS?
COMO DEBO TER AS MANS?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
Entablaremos un diálogo sobre como se deben coidar os libros e o resto de materiais que hai na biblioteca: debemos ter as mans limpas, non escribir nin debuxar nas súas páxinas, pasar as follas con coidado de non engurralas ou rompelas,… Colorearán e montarán o seu propio libro de normas:
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 4: EU SEI COIDAR OS LIBROS
EU SEI COIDAR OS
LIBROS
CON ESTE CADERNIÑO APRENDEREI A COIDAR MOI BEN OS LIBROS
AS MANS LIMPAS MANTEÑEN OS LIBROS LIMPOS. LÉMBRATE DE LAVAR AS MANS!
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
NON DEBUXES NIN ESCRIBAS NAS PÁXINAS DOS LIBROS
DEBES PASAR AS PÁXINAS A MODIÑO PARA NON ROMPELAS NIN DOBRALAS
LEMBRA: - TEÑO AS MANS LIMPAS - NON PINTO NIN ESCRIVO - PASO AS FOLLAS A MODIÑO
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
A CONTINUACIÓN TEMOS AS PAXINAS A TAMAÑO REAL PARA QUE OS NENOS/AS AS COLOREEN, RECORTEN E PEQUEN PARA FACER UN LIBRIÑO QUE PODEN LEVAR PARA A CASA. COMENTARÁN NAS CASAS COAS FAMILIAS AS NORMAS DE COMPORTAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
EU SEI COIDAR OS LIBROS
CON ESTE CADERNIÑO APRENDEREI A COIDAR MOI BEN OS LIBROS
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
AS MANS LIMPAS MANTEÑEN OS LIBROS LIMPOS. LÉMBRATE DE
LAVAR AS MANS!
NON DEBUXES NIN ESCRIBAS NAS PÁXINAS DOS LIBROS
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
DEBES PASAR AS PÁXINAS A MODIÑO PARA NON ROMPELAS
NIN DOBRALAS
LEMBRA: - TEÑO AS MANS LIMPAS - NON PINTO NIN ESCRIVO - PASO AS FOLLAS A MODIÑO
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE 5: COLOREA O DEBUXO CORRECTO
COMO DEBO ESTAR NA BIBLIOTECA?
QUE LIBRO ESTÁ BEN COIDADO?
COMO DEBO ESTAR SENTADO?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO: DISTINGUIR E LOCALIZAR OS DISTINTOS TIPOS DE FONDOS QUE HAI NA NOSA BIBLIOTECA A PARTIR DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS: IMPRESOS, ELECTRÓNICOS E AUDIOVISUAIS. ACTIVDADE 1: Clasificar os documentos obtidos pola mestra/e na biblioteca
en función dos soportes (libros, vídeos, cd, dvd, cinta de vídeo, revista, …). Une con
ceras de cores cada documento co seu cartel.
LIBROS REVISTAS VIDEOS CD DVD
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 2: VERDADE OU CONTO
Mediante esta actividade pretendemos que os nenos e nenas distingan os dous
tipos de fondos impresos que hai na biblioteca e onde se ubican. Para iso
seleccionaremos un tema motivador para eles e elas , p.ex: contos de nenos e nenas
de animais , e unha serie de libros sobre o mesmo procurando incluir contos e libros
informativos.
ACTIVIDADE 3: Mediante esta actividade pretendemos que os nenos e
nenas distingan os dous tipos de fondos impresos que hai na biblioteca e
onde se ubican. Para iso seleccionaremos un tema motivador para eles e elas,
p.ex: contos de nenos e nenas de animais , e unha serie de libros sobre o
mesmo procurando incluir contos e libros informativos.
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
O diálogo cos nenos e nenas permitirá poñer de manifesto as diferencias
entre un texto imaxinativo e un texto informativo. Tamén lles pediremos
que os clasifiquen en dous grupos segundo sexan “verdade” (libros
informativos) ou “conto” (libros de ficción).
Unha visita pola biblioteca lles permitirá coñecer onde se atopan os libros
de información (parte esquerda da sá) e os de ficción (parte dereita da sá,
chan de madeira, nun lateral os de pre-lectores e o resto en estanterías
perpendiculares ás paredes).
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 4: RECOÑECER E MANTER A ORDE DOS LIBROS
NO “RECANTO DOS LIBROS” NA AULA
ACTIVIDADE 1: Nomear, por quendas, un encargado/a do recanto dos libros na aula. Éste deberá responsabilizarse de que o recanto dos libros quede recolleito ao finalizar o día tendo en conta que:
_ Non quedará ningún libro fora das súas estanterías _ Os libros estarán ordenados co lombo para fora _ Os libros estarán colocados en sentido correcto ( a pegatina branca na parte inferior) _ Non se misturarán os libros de información cos libros de contos (os de contos teñen pegatina de cor azul na parte superior do lombo e os de información non a teñen).
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 5: COÑECER O ESPAZO PARA OS LIBROS DE FICCIÓN AXEITADOS Á SÚA IDADE NA BIBLIOTECA ESCOLAR E OS DISTINTIVOS QUE OS IDENTIFICAN ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca escolar e realizar un percorrido por ela para identificar o lugar onde se atopan os fondos de ficción (parte da biblioteca con chan
de madeira). O mestre/a collerá varios libros de diferentes seccións (azul, vermella,
verde, amarela, morado) e explicará ao alumnado que todos os libros que teñen
pegatina de cor na parte superior do lombo son libros de contos.
Tamén fará referencia a que os libros de ficción que teñen pegatina azul
(prelectores, de 3 a 6 anos) son os máis axeitados para o alumnado de Educación
Infantil o que non quere decir que haxa algúns libros de pegatina vermella (primeiros
lectores, de 6 a 8 anos) que tamén podan ser empregados neste nivel.
Os libros dirixidos aos prelectores sitúanse nun lateral colocados en estantes de
xeito que se vexan as cubertas respectando as coleccións como criterio para a súa
ubicación (a diferenza do resto dos fondos de ficción que se colocan en estanterías
abertas respectando a orde alfabética do apelido do autor).
A continuación cada neno e nena escollera un libro de contos de entre os que lle
corresponden ao seu nivel para levalo en préstamo. O mestre/a rexistrará os
préstamos no libro de empréstitos.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 6: INICIARSE NA CONSULTA DE LIBROS DE
COÑECEMENTOS
ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca para buscar libros de información que teñan
relación co proxecto de traballo que se esté a desenvolver na aula. A mestra/mestre
explicará que os libros de coñecementos se agrupan segundo o tema que traten
(utilizar palabras como animais, plantas, lugares, ….) e que nas estanterías están
colocados nun lugar fixo que se indica con rótulos que constan
dun número e unha palabra significativa (63—Agricultura, gandería, caza e pesca)
63. Agricultura.
Gandería. Caza. Pesca
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 7: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS ELEMENTAIS DUN LIBRO: CUBERTA, LOMBO, PÁXINAS,.. ACTIVIDADE 1: CORTA E PEGA AS PALABRAS NO LUGAR CORRESPONDENTE
OS LIBROS DE CONTOS TEÑEN PEGATINAS DE COR NO LOMBO. CAL E
A COR DAS PEGATINAS DOS LIBROS DE CONTOS DE E. INFANTIL?
COLOREA DESA COR ESTE CADRO
PÁXINAS CUBERTA
LOMBO
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
OBXECTIVO 8: RECOÑECER ALGÚNS ELEMENTOS IDENTIFICADORES DUN LIBRO: AUTOR, ILUSTRADOR, EDITORIAL. ACTIVIDADE 1: entablar un diálogo sobre as persoas que traballan para facer un libro para chegar a recoñecer que ten que haber alguén que escriba o texto (autor), alguén que realice os debuxos (ilustrador) e unha “fábrica” onde se fan os libros con eses textos e debuxos (editorial). Todos eses elementos aparecen nas cubertas dos libros. Coa axuda do mestre/a copia o título, autor e editorial destes libros:
TÍTULO: AUTOR/A: EDITORIAL:
TÍTULO: AUTOR/A: EDITORIAL:
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Coñecer a función dunha biblioteca e utilizar axeitadamente os
recursos que pode proporcionar.
Propoñer unha visita á biblioteca municipal ou á biblioteca pública máis preta. Sería
conveniente realizar unha visita guiada coa axuda do/a bibliotecario/a.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
Rodea todas aquelas imaxes que pensas que se relacionan con actitudes e
comportamentos correctos dentro da biblioteca:
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter
nunha biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Dominar o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos
Observa o plano da biblioteca e responde as seguintes preguntas:
1. A donde te dirixirías para ler o teu tebeo favorito?
2. Tes que facer un traballo para o cal precisas buscar información en enciclopedias e diccionarios, donde cres que sería o mellor lugar para facelo?
3. Desexas levar o libro de Charlie y la fábrica de chocolate para ler na túa casa, a onde te dirixes?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Dominar o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos
4. A donde te acercarías para saber que novos libros podes atopar na
biblioteca?
5. Precisas facer unha busca en Internet para a clase de coñecemento do medio, cal sería a zona da biblioteca á que debes ir?
6. Queres sorprender a túa nai levándolle un bonito libro para que poida ler no seu tempo libre, en que estante o collerías?
7. Despois de todas estas preguntas e de observar o plano, di cal é a túa zona favorita da biblioteca e por que.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.
Explicarlles aos rapaces que na actualidade se está facendo o préstamo de xeito manual. Acompañalos nunha sesión e realizar o préstamo explicándolles como se fai:
- Buscan a carpeta do alumnado. - A continuación buscan o nome do rapaz ou rapaza que vai levar un libro. - E por último anotan o título do libro e a data na que o levan. - Se é unha devolución fan a mesma operación buscando onde está anotado o libro
e apuntan a data na que se devolve.
Outra posible actividade é a elaboración dun mural coas normas que rexen o préstamo.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio.
Fomento do uso da biblioteca para estes fins por parte do mestre: - Asistir á biblioteca na procura de información para tarefas a realizara para
calquera das materias. - Informar aos nenos/as da existencia das exposicións, novidades..., acompañalos e
comentalo con eles na aula. - Recomendarlles libros e motivar a súa curiosidade lendo fragmentos o contando
historias dos mesmos na aula. - Asistir a todas as actividades propostas polo equipo de biblioteca: charlas,
contacontos, visitas de ilustradores... - Proxectarlles algunha película ou documental na biblioteca.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Distinguir un libro de información de un libro de ficción.
Rodea os libros nos que poderías atopar información sobre o tema indicado
na portada e risca aqueles que conten unha historia, conto, etc.
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Comprender e utilizar o sistema de clasificación e de organización da colección, a CDU.
Xeografía, biografías, historia
Relixión
Filosofía, psicoloxía, ética
Diccionarios, enciclopedias
Lingüística, literatura
Produción propia
Ciencias sociais
Matemáticas, ciencias naturais
Ciencias aplicadas, medicina, tecnoloxía
Arte, música, deportes, espectáculos
Fixándote na margarida da CDU completa a táboa:
TEMA NÚMERO COR O corpo humano O imperio romano O baloncesto A Biblia O relevo de Galicia Os números primos Doenzas infantís Proxecto documental de 3º
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Coñecer o concepto de etiqueta como sistema de localización dos documentos.
59 FER gui 59 é o número que lle corresponde na CDU segundo a materia. FER son as 3 primeiras letras en maiúscula do apelido do autor. gui son as 3 primeiras letras do título en minúscula, sen o artigo.
Agora fai ti as etiquetas dos seguintes libros.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Localizalos documentos dentro dos estantes.
Busca un libro que fale de animais domésticos e outro de árbores de Galicia. Logo anota o título do libro e o número e nome do lugar onde os atopaches:
Vai ás estanterías que teñen o número 3 e colle dous libros. Como se titulan? De que tratan? Cal é a cor que o representa? Se queres saber como apareceu a música jazz, a que estantería te dirixirías? Se queres saber o significado dunha palabra que número e cor ha de ter a estantería na que tes que buscar?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Recoñecer algunhas partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada, gardas e sobrecubertas.
Coloca os nomes das partes sinaladas no seguinte libro:
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Recoñecer os elementos que indentifican os documentos: autor, título, ilustrador, editorial, colección.
Observa a cuberta deste libro e responde as preguntas que se formulan a continuación:
1. Quen é o autor?
2. Como se titula?
3. Quen foi o encargado de ilustralo?
4. A que editorial pertence?
5. Cal é a colección na que se inclúe?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Manexalas fontes de información propias da súa idade e utilizalas correctamente: dicionarios, enciclopedias.
Centrándonos nunha enciclopedia da biblioteca do centro, explicamos aos alumnos/as como está distribuído o índice alfábetico nos distintos tomos. A continuación fan a seguinte actividade:
En que tomo poderías atopar as seguintes palabras? Tempo: Fútbol: Volcán: Ornitorrinco: Bombeiro: Dolmen: Móstraselles un dicionario e unha enciclopedia. A continuación comentan as diferenzas e responden ás seguintes preguntas: En cal podes atopar como se di unha palabra noutra lingua? Onde buscarías información sobre un personaxe importante ou sobre un país? Cal se pode presentar nun só volume?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Utilizar correctamente os instrumentos de recuperación da información: sumarios e índices.
Preséntaselles aos nenos/as varios libros e explícaselles para que serve o índice ou sumario. A continuación realizan a seguinte actividade.
Sumario: Sistema Solar..................................................6 Voltas e máis voltas........................................8 Ardente Estrela..............................................10 Veloz Mercurio................................................12 Venus ardente..................................................14 A nosa Terra....................................................16 A Lúa..................................................................18 Visita á Lúa.......................................................20 Marte vermello................................................22 Vivir con marcianos.........................................24 Xúpiter xigante...............................................26 Anelado Saturno.............................................28 Frío Urano........................................................30 Impetuoso Neptuno........................................32 Anano Plutón.....................................................34 Planeta fallido..................................................36 Trotaespazos...................................................38 Restos espaciais..............................................40 Un tempo fóra.................................................42 Proxecto...........................................................44 Proxecto...........................................................46
1. De que trata este libro? 2. En que páxina comezarías a buscar
información sobre Marte?
3. Onde buscarías que tipo de astro é a Lúa? 4. En que páxinas pensas que fala sobre
extraterrestres?
5. A que páxina te dirixirías para buscar as
características principais do noso planeta? 6. En que páxinas presenta este libro uns
proxectos que podes realizar na túa casa?
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ
FORMACIÓN DE USUARIOS: 2º Ciclo
OBXECTIVO: Coñecer os sistemas de presentación gráfica da información: imaxes/pés de páxina ou de fotos.
Preséntaselles unha imaxe/foto sobre un tema motivador e familiar e pídeselles que expliquen a información que poden sacar observándoa. Logo cada un deberá escribir o que ve na imaxe/foto. Explícaselles en que consiste un pé de páxina. A continuación pídeselle que seleccionen unha páxina dun libro e constrúan eles un.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ