Upload
edicions-embora
View
222
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Álbum infantil ilustrado. Autores. María Canosa e Dani Padrón Colección "Fardel de soños"
Citation preview
edicións embora
MARÍA CANOSA • DANI PADRÓN
Colección: Fardel dos soños
A meu avó,que xa se foi e sempre está,coma o vento, o aire, o mar.
María Canosa
AcuarioMaría Canosa e Dani Padrón
© do texto orixinal: María Canosa© das ilustracións: Dani Padrón© desta edición: Edicións Embora, 2012R/ Galiano, 63 - 1º. 15402 Ferrolwww.edicionsembora.es
Impreso en C/A GráficaPrimeira edición: xuño 2012ISBN: 978-84-92644-Depósito Legal:
edicións embora
MARÍA CANOSA • DANI PADRÓN
Marta, Xoáne os seus amigosqueren saberdo fondo mariño.
Hoxe non podenmeterse no marpor iso o acuarioterán que observar.
Hai ducias de peixesalgas e moluscosde distintas corespara todos os gustos.
Miran cara a elesa través do cristale unha grande historiaqueren inventar.
Chea de piratase tesouros grandestal coma os peixesque viven nos mares.
Vive agochadaa rentes da areaalí non a venpeixes nin baleas.
Redonda cal lúae figura planadun feixe de espiñasestá rodeada.
Aínda sendo pardaparece sevillanapois con moitas pintasestá decorada.
As súas aletasson de cartilaxepara que resultemellor a viaxe.
Irás con coidadoao andar pola beirapois podes pisalatapada coa area.
Se a sentes moversebaixo os teus pésti terás cóxegase ela, a correr!
SOLLA
Din que no barcose agocha un tesouroo primeiro en buscalofoi o amigo polbo.
Cóntanche del que é intelixentee así move o corpocoidadosamente.
Por extremidadesten oito raxosnon é ningún sol,sonche os seus brazos!
Nestes apéndicesten fortes ventosascon elas agárrasea furnas e rochas.
Que brando, que molcorpo e cabeza,ben pode metersenalgunha botella.
Como unha mensaxepoderá chegarnavegando no vidromoi lonxe no mar.
POLBO
Vén dende o ríoe queda na portanon lle gusta o salá fermosa troita.
Non pode achegarseao fondo do mar,e o barco piratanon vai explorar.
Mantense moi ledae falangueirano lombo pintadaleva unha pingueira.
Cabeza pequenae cores douradastoda ela de manchasestá salpicada.
Foxe a troitalonxe do mara boca no anzolnon quere picar.TROITA
Maxestosa e caladaentre as augas frescasavanza con grazamovendo as aletas.
En vez de coroaleva ben chantadano alto do lombounha crista espiñada.
Así son taménas dúas aletasque adornan o peixee nadan á présa.
Que grande a robalizaque fermosa e longaun peixe feitiñoda cabeza á cola.
Co seu penachosemella un galopero cando medreserá un robalo.
É feliz o peixeno medio do marpero asado ou cocido,ben rico que está!
ROBALIZA
Dorme a sardiñano buque afundido,un barco piratapor corsarios vencido.
Leva cen anossen ir navegarcoidando dos peixesque viven no mar.
Son as sardiñasos seus preferidosque acoden en bancosbuscando acubillo.
Chegan todas xuntascoma unha familiason moi divertidasdan voltas e brincan.
Viran sen parare do verde azuladoamosan a prataque levan nos flancos.
Que presumidasson estas sardiñasco manto brillanteparecen raíñas.
SARDIÑA
Esta agullacose sen fíoas augas do mare non as do río.
Moito lle gustana auga nadare así as ondaspoder enfiar.
Busca no fondodo barco piratavestidos de seda,colares de prata.
Ao afouto robaloquere namorarcon fitas de argazovaise engalanar.
Chíscalle un olloe mándalle un bicoque lle sae da bocaen forma de pico.
AGULLA
Vive nas entrañasdas profundidadespor iso non faigrandes amizades.
É moi escuro,negro ou mouroo peixe sen coreschámase congro.
De corpo redondoe de carne brancacon tantas espiñasa moitos espanta.
Vive nas furnasbusca acubillospor iso é felizno barco afundido.
En calquera fendaatopa pousada,pero o mellor sitioé nunha empanada!
CONGRO
Non é un peixe,é un moluscoque ten agochadoo luscofusco.
Falo da luraque garda no petoa tinta que o enchee lixa de negro.
Este saquiñoestá coroadopor unha cabezae oito tentáculos.
Cando se asustae quere fuxircon tinta escuravainos tinxir.
Todos os lazosque ten na cabezaconverten a luranunha marquesa.
LURA
Coouse no barcoaló polo fondounha gran familiaque vive no lodo.
Teñen dúas cunchasque lles fan de casacon elas protéxensee nada lles pasa.
Buscan e rebuscanentre as areaspillando tesourosviven as ameixas.
Se algún peixeas vai molestaras súas cunchasdeben pechar.
Son pequenasson ben feitas,están saborosasá mariñeira.AMEIXA
Que coqueto éeste becho mariñoten debuxos no lombo,que presumido!
É verde e azul,bandullo de pratafinas raias negrasno lombo marcadas.
Chámanlle rinchae tamén cabala,pero o máis comúné dicirlle xarda.
Que veloz paseaa esvelta xarda axúdalle a formafina e alongada.
Calquera segredocóntallo á sardiñafaina confidentepor ser da familia.
XARDA
O máis fachendosodos veciños do marloce preto da colaun coqueto lunar.
Vai ben vestidosempre de pratae da mesma corson as escamas.
Vive nas rochasten forma ovaladaleva no lomboraias debuxadas.
Hainos bicudose acastañadossempre orgullosostodos son sargos.
Ten ollos ben grandesaletas marcadasa eles só lles faltapintar as pestanas.
SARGO
Coma o abadexopero máis pequeniñaé este peixede cor douradiña.
Dúas aletascoas que nadarten a faneca,pois vive no mar!
A algunhas delaschámanlles bravas,porque se as pisasa crista che cravan.
Esta picadadá moita dor,inxecta velenosen compaixón.
Brilla a fanecacoma unha raiola.A min gustaríamelevala á tixola.
FANECA
Danza a meigaun fermoso bailefaino no mare nunca no aire.
Dá unha voltae veña a virara este peixegústalle bailar.
Non é nin bruxanin feiticeiraé peixe mariñode escamas e aletas.
Non nos faráningún meigallo,e no fondo do marbuscará un regalo.
A meiga éda cor da area,plana como a sollae bastante pequena. MEIGA
Dúas cunchasnegro-azuladasprotexen a carneda cor da laranxa.
Nunha bateapoden medrarou moi agarradosás rochas do mar.
Aínda que semellanunhas castañolasestán moi ricosfervidos en olas.
Tamén están bosá vinagretasendo sinxelaesta receita.
Non se despegando barco pirataas cunchas ao cascoestán abrazadas.
MEXILÓN
Quen trae as novasao fondo do marson o golfiñoe mais o arroaz.
Contentos e ledossempre camiñanao lado dos barcosque serven de guía.
Van escoitandoos sabios mariñose sucan os maresco longo fociño.
Gústanlle os nenos,correr e brincaré inconfundiblea aleta dorsal.
O lombo escuroo ventre claro,con só dúas coresestán decorados.ARROAZ
OUTROS TÍTULOS DA COLECCIÓN:
De que cor es tí?Luis Rapela e Spela Trobec
O traxe novo do emperadorXaquín Marín
Riciños de OuroAlberto Toval
Sopra neste furadiñoAntón Cortizas e Leandro Lamas
Vestida co arco da vellaAntón Cortizas e Spela Trobec
As pitas baixo a choivaRicardo Carvalho Calero e Alberto Toval
Contín ContónAntón Cortizas e Leandro Lamas
A princesa de TaramundiXoán Babarro e Spela Trobec
Soño de pixamasFran Nuño e Alberto Toval
Luces, Bicos e coresConcha Blanco e Gemma Aguasca
Patente de corsoRafa Vilar e Gemma Capdevila