28
ANO II ANO II ANO II ANO II NÚMERO 2 NÚMERO 2 NÚMERO 2 NÚMERO 2 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004. A A A T T T E E E N N N E E E O O O E E E U U U M M M É É É S S S F F F E E E R R R N N N Á Á Á N N N M M M A A A R R R T T T Í Í Í S S S

ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

ANO II ANO II ANO II ANO II NÚMERO 2 NÚMERO 2 NÚMERO 2 NÚMERO 2 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004. 10 de outubro de 2004.

AAATTTEEENNNEEEOOO EEEUUUMMMÉÉÉSSS “““ FFFEEERRRNNNÁÁÁNNN MMMAAARRRTTTÍÍÍ SSS”””

Page 2: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Redacción: ATENEO EUMÉS FERNÁN MARTÍS. Casa da Cultura de Pontedeume Praza do Convento, s/n Apartado de correos, nº 80 15600 – PONTEDEUME

Impresión: IMPRENTA GONMAR S.L. R/ Cambre, 6-8 – A Gándara. 15407 - NARÓN

Logotipo: PEPE BARRO.

Composición: JUAN LORENZO CRESPO.

Page 3: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

EDITORIAL

Recén inaugurado o terceiro ano da súa curta historia, a asociación cultural Ateneo Eumés Fernán Martíns, afronta este novo período cargada de ilusión e confianza sobre os novos retos que, o labor de espallamento e debate dos aspectos máis salientables do noso acontecer social, lle presentan.

Esta enorme ilusión arranca dunha curta pero intensísima andaina na que o Ateneo se

amosou áxil e imaxinativo para ofrecer ós/ás eumeses/as aqueles actos que mellor recolleran as inquedanzas máis representativas, en cada momento oportuno, da nosa sociedade: o tema das listas de espera, a violencia de xénero, o Prestige, o problema de Palestina, debates políticos, conferencias, presentacións de libros, etc. Sen dúbida esta intensa actividade débese ó apoio dun sector importante da sociedade eumesa, pero tamén, e sobre todo, ó alento dos nosos socios, coa súa continua colaboración que, nas súas diversas formas, contribuie a manter vivo este proxecto que seguimos crendo que é unha empresa de futuro. Tamén debemos recordar e agradecer aquí os desinteresados esforzos de numerosos persoeiros do mundo da cultura que ofertan a súa experiencia e o seu traballo dun xeito totalmente desinteresado.

De cara ó futuro, a pesar das importantes carencias como a falta dun local axeitado,

pretendemos continuar co traballo xa iniciado, se ben espallando algo máis os actos para darlles unha maior profundidade nos deseños e nas posibilidades de chegar á un público que, esperamos, sexa cada vez máis numeroso.

Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do

Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda en fase de consolidación, pretende presentar tódolos anos, pequenos estudios e artigos variados sobre a nosa rica realidade social que, o esforzo de todos, fará mais fértil. Esta é a nosa ilusión e a contribución dun pequena elenco de escritores ós que, desde aquí, lles damos as gracias pola súa aportación ó enriquecemento cultural da vila dos Andrade.

Pontedeume, outubro de 2004.

Page 4: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda
Page 5: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

AACC TT II VV II DDAADDEESS Agora imos presentar unha pequena recompilación das actividades culturais realizadas polo Ateneo Eumés neste último ano que pensamos que foron tan interesantes como as anteriores.

Esperamos, cando menos, seguir nesta mesma liña para contribuír á mellora cultural na nosa localidade e, como xa moitas veces repetimos, estamos abertos a todo tipo de indicacións e recolleremos con agrado todas aquelas ideas que contribúan ó fin que nos propoñemos.

TÍTULO POÑENTES

“NO CENTENARIO DE ALEXANDRE BÓVEDA” Conferencia sobre este personaxe sobranceiro da Historia de Galicia, no centenario do seu nacemento, na que se recolleron as grandes liñas da súa grande contribución á mellora do noso país.

D. Francisco Carballo.

Charla-coloquio: “A CORUÑA DE PACO VÁZQUEZ” Extenso e pormenorizado repaso da actuación política dun dos alcaldes máis significativos de Galicia, desde un punto de vista diferente ó que vemos tódolos días na prensa.

D. Manuel Monge González.

Presentación: “ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN” “REVISTA RAZÓN SOCIALISTA, Nº 16” Dar a coñecer o enorme traballo desta asociación cultural ferrolá que está a organizar unha grande cantidade de actos culturais, así como a revista que é o voceiro desta asociación.

D. Rafael Pillado Lista, D. Xosé Torregrosa Rodríguez, D. Henrique Barrera Beitía, D. Marcos Rodríguez Lalán.

Conferencia e presentación: “OS M EDIOS DE COMUNICACIÓN EN GALICIA” “REVISTA TEM POS NOVOS” Charla sobre a situación actual da comunicación en Galicia e do lado oculto dos mesmos, así como desta revista que xa vai polo seu 82º número.

D. Luís Álvarez Pousa.

Presentación: “FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE, O BOO” Presentación do libro dun membro da asociación, que foi o gañador do premio Historia Medieval de Galicia 2003 e está a converterse nun dos máis vendidos, do seu xénero.

D. Xosé Francisco Correa Arias.

Tamén puxemos en marcha as denominadas “Conv ersas do Ateneo Eumés”, que teñen como finalidade o intercambio de ideas e opinións entre todos, conversando sempre sobre algún tema de interese e de rabiosa actualidade, e que se celebraron antes do verán, cunha periodicidade mensual. Esperamos proseguir en breve con esta actividade e, desde aquí, invitamos a todos e a todas a que acudades a elas, pois na medida en que sexamos máis medrará a súa importancia e redundará en beneficio da sociedade eumesa. As celebradas ata o de agora foron as seguintes:

6/3/2004 “A PRECARIEDADE LABORAL ACTUAL”

3/4/2004 “ANÁLISE DOS RESULTADOS DAS ELECCIÓNS X ERAIS”

15/5/2004 “O ARTELLAMENTO DUNHA ESPAÑA PLURAL”

Page 6: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

ACTOS PREVISTOS A CURTO PRAZO Neste momento estamos traballando sobre unha serie de temas que esperamos poder realizar durante os vindeiros meses e dos que xa facemos un pequeno adianto, a modo de previsión:

• CADERNOS DO ATENEO EUM ÉS Presentación do 2º número da revista desta Asociación, que tenta a consolidarse como voceiro da mesma e como referente cultural da poboación eumesa.

• REVISTA RAZÓN SOCIALISTA Presentación do seguinte número da revista da asociación cultural ferrolá “Fuco Buxán”, a cargo dalgúns dos membros da súa Xunta Directiva, despois do bo acollemento do anterior.

• GALICIA EN EUROPA Ciclo de conferencias sobre este tema tan interesante e actual, a cargo de Parlamentarios galegos dos principais partidos políticos representados no Parlamento Europeo.

• RECUPERACIÓN DA M EMORIA HISTÓRICA Presentación da Asociación deste nome e conferencia a cargo do investigador e experto sobre este tema D. Bernardo Maiz, que se complementará con algunha outra actividade.

• PRESENTACIÓN DE DISCO COMPACTO

O grupo musical “a Quenlla” amosaranos o seu último traballo “Silencios na memoria”, que é unha fermosa mostra musical composta por pezas de autor, poemas musicalizados e música tradicional do noso folclore.

• PRESENTACIÓN DE LIBRO A última obra do escritor e político D. Xosé Luís Barreiro Rivas, titulada “A terra quere pobo”, Xerais 2004, e que foi a gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2003.

• PRESENTACIÓN DE LIBRO A segunda parte das memorias “Resistencia cultural no franquismo”, do escritor e membro da Real Academia Galega D. Xosé Luís Franco Grande, da Editorial Galaxia.

• HOM ENAXE A UXÍO NOVONEYRA Diversos actos culturais, e unha publicación monográfica, para divulgar a obra do poeta do Courel, que conta entre a súa extensa produción literaria cun poema sobre Pontedeume.

• PRESENTACIÓN DE VÍDEO Presentación da curtametraxe “O percebe tóxico” da productora “Licor Kafé Films”, que trata o tema da contaminación por mor dos vertidos do petroleiro Prestige, complementada cunha charla a cargo dun experto sobre o medio mariño.

• PRESENTACIÓN DE LIBRO Presentaremos o libro “O Brindo de ouro” da Editorial Xerais, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura infantil e xuvenil 2004, a cargo do seu autor, o escritor D. Xesús Manuel Marcos.

Outubro de 2004.

Page 7: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

AA NNOOSSAA HHII SSTTOORRII AA

NUÑO FREIRE DE ANDRADE, O MALO, E A IRMANDADE DE 1 431

Na historia de Galicia coñécense dúas oleadas nas que unha gran parte da poboación se une contra os abusos dos señores feudais, seguindo unha tradición moi común ó longo de toda a Idade Media en toda a Coroa de Castela. Este t ipo de asociacionismo medieval, en Castela, chámase Hermandades, e en Galicia Movemento Irmandiño e irmandiños ós seus integrantes. O Movemento Irmandiño distínguese dos que teñen lugar na nosa terra a principios do século XX - As Irmandades de Fala - en que estes son fundamentalmente de t ipo sociocultural mentres que o Movemento Irmandiño ten un compoñente social e militar con fortes tendencias xusticeiras.

Pois ben, a pr imeira destas oleadas irmandiñas, ten lugar en 1431, sendo señor das terras de Pontedeume, Ferrol1 e Vilalba, Nuno Freire de Andrade, o Malo, debendo distinguir claramente esta fase, da segunda oleada, que ten lugar na época de Fernán Pérez de Andrade, o Mozo, entre 1466 e 1469. O presente artigo trata sobre o primeiro gran Movemento Irmandiño, dirixido fundamentalmente contra Nuno Freire de Andrade, por un f idalgo coruñés, Roi Xordo das Mariñas, en 1431, ano no que, por outra parte, morre o propio Nuno Freire de Andrade.

As orixes do movemento irmandiño A Idade Media é un longo período da historia europea na que a sociedade se organiza

basicamente sobre os criterios de trifuncionalidade e privilexio, segundo a posición social dos individuos nos tres estamentos: privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiado ou estado chan. Segundo estes conceptos, é o propio Deus o que asigna a cada grupo unha función (rezar, guerrear ou traballar) e unhas dignidades e beneficios acordes co seu prestixio social e coa función que realizan. Trátase dunha concepción social desigualitaria, teocrática e paternalista na que, sen embargo, existe certo grao de consenso entre os diversos grupos sociais debido ó carácter esencialmente cristián da poboación e ó dominio que sobre ela exercían as institucións eclesiásticas. As xentes aceptan ós señores como se fose un designio divino. Sen embargo, ás veces, xurde a confrontación, en épocas de malas colleitas ou, sobre todo, cando o señor feudal se excede sobrepasando os límites psicolóxicos que o estamento non privilexiado (os que traballan) está disposto a respectar. Durante toda a Idade Media existen estes momentos de confrontación, normalmente superados pola propia inercia do sistema.

Pero, durante a segunda metade do século XIV e gran parte do seguinte, na maior parte da Europa feudal, rómpese este precario equilibrio polo efecto de forzas contrarias que se desatan. Por unha parte a crise económica continuada - malas colleitas, fame, guerras e peste - provocan a diminución de recursos dos privilexiados - especialmente da nobreza laica - e non privilexiados, o que agudiza os efectos da confrontación. Por outra parte, o renacer do comercio, das cidades e o nacemento da burguesía, leva consigo o gusto polo confort do mundo cortesán e o refinamento das costumes no vestir e na mesma forma de vida, o que eleva considerablemente os gastos dunha nobreza que deixa os castelos rochedos para construír suntuosos pazos urbanos. Diante do aumento de gastos, a nobreza laica busca novos recursos f inanceiros na conquista de terras musulmanas, na usurpación de terras eclesiásticas, na imposición de novos tributos 2 ou, o máis

1 A pesar que a Ferrol lle fora confirmada a súa condición de reguengo en 1429, Nuno Freire seguíase titulando o seu señor e actuando como tal. 2 Para darnos unha idea, vexamos cales eran os impostos do señorío de Santiago: Gauduiosa (nacemento dun fillo), luctuosa (morte do xefe de familia), facendeira (construción de pontes e camiños), osas (matrimonio), yantar, fogaza (por facer lume), fonsado (librar da mili), (pagaban todos cando non se atopaba o autor dun crime nunha comunidade),

Page 8: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

lucrativo, na participación nos recursos do estado usurpando ou adquirindo funcións de xurisdición en vilas e cidades que empezan a destacar por unhas actividades tan lucrativas como o comercio e/ou a artesanía. Este é o caso de Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Ribadavia, Vilalba, etc. Por non falar das que quedan baixo o poder dos prelados ou señores eclesiásticos.3

Pero, aínda as í, a necesidade en alza de recursos, leva ós señores a desatar toda forma, lícita ou ilícita, para aumentar o seu patrimonio. Isto é especialmente grave en Galicia onde señores se converten en bandoleiros ou os protexen e cometen todo tipo de latrocinios e veleidades, amén de aliarse formando bandos que intentan impoñer ós reis unha participación cada vez mais importante nas terras e nos ingresos da Coroa.4

Como di López Ferreiro: “El estado social de Galicia durante los reinados de D. Juan II y Enrique IV, no podía ser más deplorable. Nuestros nobles, en su afán de satisfacer bastardas ambiciones y de vengar recíprocos agravios, tenían convertida la región en un teatro de vergonzosas escenas impropias de todo país medianamente culto... y cometían tales tropelías, que la tranquilidad y seguridad en Galicia, desaparecieron por completo.” 5

Neste contexto, as irmandades, das que xa temos noticias no século XII, que estaban concibidas, sobre todo, para loitar contra os malfeitores comúns, van servir para loitar contra os señores. A continua turbulencia, anarquía e guerra civil durante os reinados de Juan II e Enr ique IV e o protagonismo da nobreza na defensa dos seus intereses, danlles un sentido antinobiliar io, traduc índose este novo espírito, no derrubamento das casas fortes dos nobres, como na irmandade alavesa de 1442/1443.6 Neste senso convén distinguir entre as irmandades castelás, mais encamiñadas a perseguir delitos comúns no contexto do proceso de urbanización do espazo,7 e as galegas, que, en momentos determinados, adquiren caracteres polít ico-militares.

Se en principio as irmandades xorden para momentos determinados e f ins específ icos, como se acaba de dicir, deseguida darán paso a irmandades xerais8 conducho (luz, habitación, roupas e forraxe ó señor cando pasaba polo lugar) etc. (Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 73.). 3 A partir do advenimento dos Trastámara numerosas vilas con forte organización concellil, pasan a engrosar a longa lista de vilas de señorío, sobre todo, no reinado de Enrique II. Entre elas está Benavente, Paredes de Nava, Soria, Molina, Talavera, Oropesa, etc. Máis adiante, Zafra, Feria e La Parra ós Gómez Suárez de Figueroa (que se resisten ata que o Rei vence ós seus parentes, durante os anos 1394/1395), Agréda ós Mendoza, ou Sepúlveda cedida á raíña de Navarra, Leonor, (a cal cesión se resisten con reiteración) no contexto dos anos 1394/1395 de loita contra os parentes reais, etc.( Fernán Pérez de Guzmán, “Crónica de Juan II”, en Crónicas de los Reyes de Castilla, BAE, t. II, Madrid, 1953, pp. 608/609 e 611). 4 En Galicia tamén se ceden reguengos como Ribadavia ós Sarmiento, Ribadeo como Condado a Pierre de Villaines, (vendido á Ruy López Dávalos), Vila del Rey á Juan Rodríguez de Viedma, etc. Dos señoríos eclesiásticos, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Tui e Santiago,este último inclúe Muros, Noia, Redondela, Pontevedra. Sen esquecernos de Pontedeume, Vilalba e Ferrol, cedidos ós Andrade que, por outra banda, tiñan na súa nómina ós rexedores de Betanzos. (Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, pp. 36/37). 5 Antonio López Ferreiro, Historia... VII, PP. 31-40. 6 Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 45. 7 En xeral, xorden en paralelo á constitución das cidades e como defensa dos intereses das xentes que as forman. Así xogan un papel importante na formación urbana en Castela. (Antonio Álvarez Morales, Las hermandades, expresión del movimiento comunitario, Valladolid, 1974 Cit. Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 97). 8 En 1282, fórmase a primeira Irmandade Xeral, comprometéndose a apoiar a Sancho IV á cambio da derrogación da lexislación alfonsina. Volven a unirse en 1295 para fixar o montante dos tributos e a competencia dos funcionarios. Ese mesmo ano formase a irmandade dos reinos de León e Galicia, na que figura que se un ladrón entra na casa forte dun señor, este debe entregalo á Irmandade. En 1296, constitúese a Irmandade das Marismas para salvagarda da

Cabaleiros medievais ataviados para a guerra

Page 9: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

das que podemos distinguir os seguintes grupos: ligas de cidades, unión de concellos e épocas de anarquía para gardar a orde pública ou defenderse do dominio señorial,9 e a asociación de propietarios para a defensa dos seus intereses;10 todo elo en harmonía cos intereses da Coroa polo que os reis as apoian. Afonso XI en 1338 e 1348 e, en 1351, Pedro I confirman e apoian a constitución de Hermandades nas principais cidades casteláns para que loiten contra os “golfines e malhechores.”11 Enrique II, e os seus sucesores ata Enrique IV, tamén confirmarán estas organizacións.12

En Santiago, en 1418, créase unha irmandade -16 de xullo de 1418- que se poñerá en práctica en 1420,13 fomentando a tensión entre o concello e as autoridades eclesiásticas, que culmina na revolta de 1421 alentada por Juan II. Este ordena non cumprir os servizos mandados recadar por Lope de Mendoza, porque o Lope apoiaba decididamente ó infante Enrique, o seu inimigo polít ico.14 Desta maneira, ó chegar á 1431, os procesos de irmanamento eran de sobra coñecidos na maior parte de Galicia.

Nuno Freire de Andrade, o Mao. Nuno Freire de Andrade, III señor de Pontedeume entre 1405 e 1431, desde o principio

aparece retratado como un personaxe duro e cruel de aí que algunhas lendas como O Castelo da fame, se ambienten na súa época. Xa na época do seu pai, Pedro Fernández de Andrade I, cando este afrontaba un preito por mor da posesión dos coutos de Muniferral e Feáns con Juan López de Vilouzás, o de Andrade ameazou ó de Vilouzás dic índolle que, se non abandonaba as súas pretensións sobre os devanditos coutos, “faría que o seu fillo Nuno Freire lle dese dúas lanzadas polo ventre”.15

O propio Nuno tamén reaccionará con altivez cando o prior de Sobrado, en 1410, Frei Alonso Eanes, reclama contra el por levantar un edif icio na parte do Prioiro que lle pertencía.16A contestación do de Andrade non é menos reveladora do seu carácter: “...Cousa manifesta notoria he de cómo eu mandey fazer favores e edificios en lo porto et lugar de Prioyro que he miña herdade e meu señorío... Disseronme que o abade de Sobrado veo ao dito lugar dizindo que era seu e de seu moesteiro e que lle era feito injuria de esta obra. Os edificios lavores que eu en lo dito lugar mandey fazer, feitos son en miña herdade e en meu señorío. Don abade se quesera escusado, ouver... fazer tal molestazón pois direito non avía de fazer. Fezo injuria, fezo exceso, protesto en... proseguir contre el meu dereito..”17 É o seu concepto de cabaleiro porque, no seu sepulcro na igrexa de Monfero, pode lerse: “Nuno Freire, cabaleiro de verdade”.

Por outra parte, é dado que a concesión das vilas de Pontedeume, Vilalba e Ferrol á Fernán Pérez, O Boo, segundo o testamento de Enr ique II, reverterían na Coroa de non haber f illos varóns, como así foi, xa que as herdou seu sobriño Pedro Fernández. Os sucesores de O

economía de Laredo, Santander, Castro Urdiales, Vitoria, Bermeo, Guetaria, San Sebastián, Fuentarrabía, etc.( Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, pp. 99/100). 9 En 1400, os veciños de Benavente, presentan ó Rei un memorial de agravios contra as excesivas competencias que se atribuía Alfonso Pimentel, conde de Benavente. Un dos procedementos dos nobres para facerse cunha vila concellil é comprar terras nunha destas vilas, levantar nelas un castelo onde instalar un tribunal, nomear alcaldes e facérllela vida imposible por medio dos cabaleiros ós propietarios libres ata que venden e marchan, como acontece nalgúns coutos e aldeas de Salamanca (Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 342.) 10 Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 101. 11 B. N. mss. 13100, ff. 15r-21r, rex. José María Sánchez Benito, Colección de documentos de la santa hermandad(1300-1500), Instituto provincial de investigaciones toledanas, Toledo, 1990. 12 José María Sánchez Benito, Colección de documentos de la santa hermandad(1300-1500), Instituto provincial de investigaciones toledanas,, Toledo, 1990, pp. 30-35. 13 “ Por quanto a les era dito e havían por información de algunas personas que en a dita cibdade e cerca dela arredor e en outras partes deste arzobispado, se facían e querían facer moitos roubos, furtos e outras forzas por megua de xustiza...e por quanto él e os moradores da cibdade e o arzobispado agora non podían ser tanbén gardados nen defensos en direito o e justicia sen para elo facer ermandades...”( Acta do consistorio celebrado o 18 de xullo de 1418. B. Vicetto, Historia de Galicia, T. VI. Cit. Isabel Beceiro Pita, La Rebelión Irmandiña, Madrid, 1977, p. 83.) 14 Fernán Pérez de Gúzmán,“Crónica de Don Juan II”en Cronicas de los reyes de Castilla, t. II, BAE, Madrid,1953, p 409. 15 José.García Oro,Don Fernando de Andrade, Conde de Vilalba, Santiago, 1994, p 34 16 C. Vaamonde Lores, Ferrol y Puentedeume, Coruña 1909, p 7 17 C. Vaamonde Lores, Ferrol y Puentedeume, Coruña 1909, p 8. Couceiro Freijomil, Historia de Pontedeume..., Pontedeume, 1995, p. 180. Vaamonde Lores, “ Nuno Freire de Andrade” Almanaque Gallego, Bós Aires, 1916

Page 10: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Boo, buscan a consolidación destes dominios, participando nas bandeiras polít icas, a favor e en contra do propio Rei. Por exemplo, en 1428, Nuno Freire participa no recibimento triunfal que lle fai en Santiago o arcebispo Lope de Mendoza ó Infante de Aragón, Don Enrique, aloxándoo máis tarde nas súas propias terras con todo o seu séquito e mesnadas, como di a Crónica de Juan II: “Nuño Freire, le hizo mucho servicio et dio todas las viandas que hubieron menester, tanto quando ende estuvieron”.18 Por tanto, en 1429, Juan II, desde Valladolid, confirma os privilexios de Ferrol e a súa autonomía xurisdicional xa concedidos por Fernando IV e Sancho IV, o que a excluía do señorío dos Andrade.19

No ano seguinte part icipa na Guerra contra Aragón, cando Don Álvaro de Luna -do que eran inimigos os infantes de Aragón- estaba desterrado. Aínda non v ía perigo nos Irmandiños. En 1430, reconcíliase cun Don Álvaro de Luna retornado ó poder, quen o invita á campaña contra Granada levada a cabo en 1431 á que xa non pode ir pola rebelión Irmandiña.

Para pagar todos estes eventos necesítanse recursos. Un dos motivos desta rebelión foi a usurpación do señorío, sobre todo, no caso de Ferrol que sempre se sentiu de reguengo. Pero

fundamentalmente, o motivo foi a dureza dos tributos e cargas que o de Andrade lles facía pagar a labregos e viláns para reunir recursos, como di Pedro Padrón en 1432, xa morto Nuno Freire, na súa protesta diante do pazo de Juan II en Zamora: “En la ciudad de Zamora, ante las puertas de los palacios ... diez y ocho días del mes de enero, año del nacimiento de nuestro Señor Jesucristo de mil e quatrocientos e treynta y dos años... peresció... Pedro Padrón, procurador del Concejo de la villa de Ferrol... querellándome en el dicho nombre de los muchos males e daños, cohechos, despechamientos e arranzonamientos e muertes de omes e presiones e despoblamientos de la dicha villa que de Nuno Freyre Dandrade e de su hijo Pero Fernández e de sus escuderos e omes por su mandado recibimos e avemos recibido fasta aquí, e agora, antes de los vesinos de la dicha villa seyeren proveydos de remedio de justicia cerca de los susodichos males e robos e daños e espechamientos e prisones de omes e mugeres e fuerzas e desaguisados que les así fueron fechos según dicho es,...Otrosí por quanto la dicha villa de Ferrol pertenece a la Coroa rayal... por ende que yo en el dicho nombre no consiento en ninguna ni alguna gracia e merced que la dicha villa e su tierra sea fecha al dicho Pero Fernándes - f illo de Nuno Freire -, e protesto que si le es o fuere fecha, que sea en sí ninguna e de ningún valor...”.

Como se pode ver, o concello de Ferrol20 protesta pola usurpación do señorío pero, sobre todo polos abusos de que era obxecto por parte do de Andrade, abusos que abarcaban a Coruña e Pontedeume a xulgar polas testemuñas que asinan a citada protesta: “Testigos que en esto fueron presentes, Juan Sánchez de Vallid e Juan de los Santos pescador, vesinos de la villa de la Cruña e Pedro Lopes, vesino de la villa de la Ponte de ume e otros; e yo el dicho Álvaro Alfonso, escrivano...”.21

A protesta de Pedro Padrón é suficientemente clarif icadora para explicar as causas da rebelión. Trátase dunha quebra do consenso trifuncional ou feudal, onde os señores, convertidos en bandoleiros, deixan de ser respectados polo estamento chan.

18 Couceiro Freijomil, Historia de Pontedeume..., Pontedeume, 1995, p. 180 19 AGS, P.R, 58-13. Cit. Don Fernando de Andrade, Conde de Vilalba, Santiago, 1994, p 35. 20 A única protesta documental pertence á vila de Ferrol o que non quere dicir que as demais vilas soportaran con gusto o señorío dos Andrade, como pode dicirse da amplitude do movemento. 21 No Arquivo Municipal de Ferrol (AMF) gardábase un exemplar auténtico da protesta de Pedro Padrón que foi transcrito por José Montero Aróstegui (José Montero Aróstegui, Historia de Ferrol, (Ferrol,1858), Pontedeume, 1971) 294-296)Desgraciadamente o documento desapareceu do citado arquivo. Consérvase non obstante unha copia no Arquivo Xeral de Simancas(AGS).

Restos do castelo de Narahío (San Sadurniño).

Page 11: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Roi Xordo das Mariñas O líder desta rebelión nas terras de Betanzos, A Coruña, Ferrol e Pontedeume foi Roi

Xordo das Mariñas , Rexedor de A Coruña, convertido no caudillo militar que dirixiu ós rebeldes pretendendo a volta o reguengo das vilas citadas e o abatemento das fortalezas. Os señores esixían que os plebeos contribuísen con pedidos para a construción de fortalezas (fonsadeira) e que servisen persoalmente na construción proporcionado os seus gandos para o carreto da pedra . Logo había que pagar tributos para a súa conservación. Paradoxalmente, delas saía o señor para roubar e para facerlle a guerra ós señores próximos, volvendo á fortaleza para gardar o botín. As fortalezas eran as sombras dos tormentos dos débiles o que conseguiu acumular grandes doses de rabia e odio nas das clases populares e medias.22 Roi Xordo, f idalgo e, como vimos rexedor de A Coruña, ó fronte da rebelión, convertérase no precedente da gran insurrección popular de 1467 e do seu lema: ¡ Abaixo as fortalezas !23 A súa f igura, como a de Alonso de Lanzós, nunca foi valorada debidamente en Galicia.

A rebelión da irmandade, destaca pola súa violencia en Ferrol e Pontedeume contra Nuno Freire de Andrade, asediando a muller e f illa no pazo de Pontedeume e o castelo de Nogueirosa. Pero tamén en Betanzos onde lle queiman o pazo, expresando así o seu odio ós Andrade.24

O levantamento xeneralizado incluso ameaza ó Arcebispo Lope de Mendoza, onde a Irmandade compostelá, intenta suplantar ó goberno Arcebispal.25 O feito recólleo a crónica de Juan II: “Entre los otros negocios que el rey había de despachar antes que para la guerra partiese, era uno que pendía entre Nuno Freyre de Andrade y sus vasallos de la Puente de Heume y Ferrol y Villalva, que eran suyas, y diciendo que era señor muy fuerte y duro y que no lo podían comportar, y hacíanle guerra tres mil hombres y mas, y le habían derribado ciertas casas fuertes, y le habían talado algunas viñas y huertas, y con estos se habían juntado otros muchos de los obispados de Lugo y Mondoñedo, que serían bien diez mil hombres y mas, y habían tomado por capitán un fidalgo que se llamaba Ruy Sordo,... y hicieron todos una Hermandad, y por toda la tierra les llamaban los hermanos... los quales como eran gente menuda y de poco esfuerzo, acordaron de se derramar y irse algunos dellos para el arzobispo, y como Nuno Freyre había recibido tan grandes daños desta gente, juntose con Gómez García de Hoyos, que era corregidor por el rey en aquella tierra, y fueron a Puente de Heume, que era deste Nuno Freyre, y tenían ende cercado un castillo suyo donde estaba su mujer y sus hijos. Cuatrocientos hombres y más destos que se llamaban Hermanos pelearon con ellos y descercaron el castillo, y metieron a algunos de hermanos, y otros fueron presos y enforcados, y así se paciguó este caso de Galicia”.26

O resultado da quebra do consenso feudal é o binomio rebelión/represión, pero, aquí, non haberá volta ó consenso, senón aplanamento do outro, o que alimenta o odio como elemento de combustión para outras rebelións, que, en Galicia non tardar ían. A derrota e represión, foi posible porque Juan II, encárgalles ós bispos de Mondoñedo e Santiago, Don Álvaro de Isorna e Lope de Mendoza, reducir ós irmandiños coordenados polo Correxedor de Galicia, Gómez Garc ía de Hoyos, rematando as í.27 Como se dun castigo se tratara, Nuno Freire morre en 1431, nos momentos máis escuros da revolta.28 Sen embargo, Roi Xordo vive alomenos ata 1457.

José Fco. Correa Arias.

22 No Arquivo Municipal de Ferrol (AMF) gardábase un exemplar auténtico da protesta de Pedro Padrón que foi transcrito por José Montero Aróstegui (José Montero Aróstegui, Historia de Ferrol, (Ferrol,1858, Pontedeume, 1971) 294-296)Desgraciadamente o documento desapareceu do citado arquivo. Consérvase non obstante unha copia no Arquivo Xeral de Simancas(AGS). 23 Cit. Antonio López Ferreiro, Galicia en el último tercio del siglo XV, 3ª edición, Vigo, 1968, p 45. César Vaamonde Lores, Goméz Pérez das Mariñas y sus descendientes, A Coruña, 1917, p 1 24 Nuno Freire non ostentaba o señorío nin en Betanzos nin A Coruña pero controlábaa indirectamente por medio de rexedores afíns e ostentando cargos nelas, como xa fixera O Boo (Testamento de Roi Xordo das Mariñas diante do notario coruñés Juan González(24-XII-1457). González Garcés, Historia de la Coruña, en la Edad Media, 1987, pp. 647-651.) 25 Antonio López Ferreiro, Historia... VII,pp 31-40 26 Crónica del rey don Juan segundo, BAE, vol. LXVIII, Madrid, 1877, pp. 492 e ss.. 27 Crónica de Juan II, BAE, p. 493. Cit. José.García Oro. Don Fernando de Andrade, Conde de Vilalba, Santiago, 1994, 28 José García Oro, Don Fernando de Andrade, Conde de Vilalba, Santiago, 1994, p 34. Vaamonde Lores, Ferrol y Puentedeume, Coruña 1909, p 8.

Page 12: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

RREECCUUPPEERRAACCIIÓÓNN DDOO PPAATTRRIIMMOONNIIOO

Cruce de Atocha, despois da gran nevada de finais dos anos 50, recén rematado o Parque Sarmiento e a Av. de Ricardo Sánchez.

“Verraco” prehistórico, reutilizado por Fernán Pérez de Andrade, situado actualmente na Ponte da Ferreira, Narahío (S. Sadurniño).

Page 13: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

A MULLER NO REFRANEIRO GALEGO

O tratamento da muller que se reflicte no refraneiro galego é estrictamente tradicional. A muller ten un papel secundario tanto na relixión como na sociedade, na que está sometida ao home.

Por unha parte, o refraneiro é bastante duro cos defectos da muller, que se considera que ten que ser perfecta; e por outro lado, gaba as súas virtudes, que son a beleza, o traballo, a limpeza, a honestidade (no sentido sexual , sobre todo), a fidelidade... Dentro desta dicotomía defectos/idealización da muller, tamén se recoñece o papel de submisión que debe ter en insti tucións como o matrimonio.

Un dos defectos que tradicionalmente se asocia coa

muller e que o refraneiro máis condena é o de ser faladora. Así o demostran refráns coma os que seguen:

• A lingua da muller di todo o que quer e o que non quer.

• A muller e o neno só calan o que non souberon.

• Antes deixará o reiseñor de cantar, que a muller de parolar e chorar.

• Muller lareteira, para quen a queira. • Muller que moito fala, ó mellor desbarra. • Ó can que mexar e a muller que falar, nunca lles ha fal tar. • Pola boca morre o peixe e a muller pérdese.

No refraneiro, é moi repetida a imaxe de mulleres que pasan o día a falar, asomadas á ventá (ventane iras). Mostra destes refráns que cri tican que a muller estea ociosa son os seguintes:

• A muller á ventana perde máis que gaña. • A muller e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo. • Muller ventaneira ¡fuxe dela á carreira!

Pola contra, o refraneiro dita que a muller ten que estar na casa, a coidar dos fillos, cociñar e limpar: • A dona, na casa; o home, no traballo. • A muller gobernadora arrola o neno e fía na roca. • Muller boa e honrada é a que coida a súa casa. • A muller só manda na cociña.

Un defecto que se lle atribúe tradicionalmente á muller é o de ser interesada, o de querer soamente

os homes que teñen cartos: • A muller é intereseira. • Sen bolsa chea, nin rubia nin morena. • Se queres que a muller te queira, ten diñeiro na carteira.

Ademais de interesada, tamén se di dela que é pedichona. En ocasións, esta calidade relaciónase directamente coa desconfianza que han ter os homes cando unha muller está cariñosa con eles, xa que isto deben consideralo un indicativo de que algo lles van pedir:

• A muller sempre algo ha querer. • Home que calza alpargatas e de mulleres fai caso non se axuntará diñeiro e sempre andará

descalzo.

-¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.

-Boeno... ¡Xa empezamos coas

indiretas...!

Page 14: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Considérase tamén que a volubilidade é unha característica propia do sexo feminino. Os seguintes refráns amosan a idea de que as mulleres son moi dadas a mudaren de opinión repentinamente, ao non teren claro o que queren:

• A muller e a moeda non gusta de estar queda. • Cartas e mulleres van a quen queren. • Entre o si e o non das mulleres, non cabe a punta dun alfinete. • Muller, vento e ventura logo se mudan.

O refraneiro dedica un bo número de refráns a criticar as mulleres liviás. A honestidade no aspecto sexual é algo que o refraneiro insiste en esixir ás mulleres, mentres que, no referente aos homes, persiste a idea de que a eles lles é natural estaren con máis dunha muller:

• A muller tola e a camisa rota logo saen á porta. • Media moza está na tenda e outra media anda de xeira. • Muller composta na rúa posta a todo o malo está disposta.

No entanto, como diciamos na introdución, hai algúns refráns que dan unha visión idealizada das calidades da muller. Estes refráns teñen que ver co fei to de elas seren fermosas, gobernadoras...

• A fermosura, sete faltas disimula. • A muller ben posta, saca ao home doutra porta. • A muller e a viña dan ao home alegría. • Casa sen muller nunca rica pode ser. • Quen non ten muller, moitos ollos ha mester para gardar o seu haber.

O tratamento do home no refraneiro galego é ben di ferente ao da muller. El debe ser forte, traballador, ten que gustarlle o viño e as mulleres... A seguir unha pequena escolma de refráns referentes aos homes:

• A home frouxo, bebida forte. • Cando cheira a home ¿quen dirá que a casa é pobre? • home gaña a facenda e a muller consérvaa. • home, que faga un cento; a muller, que non a toque o vento. • Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña. • Home que non fuma, nin bebe viño, o demo o leva por outro camiño.

Aínda que tamén unha serie de refráns que dan conta dalgúns defectos dos homes. Tales como que sexa falador ou borracho:

• Home faladeiro, home mentireiro. • Home parlanchín, home ruín. • Home bebido, home perdido.

Son moitos os refráns que ofrecen aos homes drásticas pautas sobre cómo tratar a muller: • A muller casada e honrada, a perna crebada para que non saia da casa. • A muller e a laranxa non se han apertar moito, porque amargan. • A muller e o muíño queren uso continuo. • Á muller e á galiña tórcelle o pescozo: verás como queda mansiña. • Á muller e ó can o pau nunha man e noutra man o pan. • Canto máis chore unha muller, menos dó se lle ha ter.

En definitiva, o noso refraneiro amosa e transmite unha ideoloxía machista, tal e como reflicten as unidades fraseolóxicas expostas neste artigo, que deixan patente a consideración das mulleres como seres inferiores ao home.

Mª Paz Orois Fernández.

Page 15: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

TEMAS DE ACTUALIDADE

A SEGUNDA RECONVERSIÓN: A NOVA IZAR

IZAR non entrou en problemas de súpeto, aínda que apareza como un problema novo en todos os

medios de comunicación do país. A súa crise silandeiramente era posta de manifesto polas perdas acumuladas polo grupo, que ano a ano ían comendo o seu capital. Moitos profesionais coñecíamos a situación, pero non era polit icamente correcto escribir ou simplemente opinar a contra corrente. Pero a realidade é sempre moi teimuda e remata por aboiar. A polít ica de avestruz dos burócratas españois, pretendendo encubrir os problemas utilizando para conxugar as perdas dos estaleiros fondos públicos, non permitidas no marco xurídico-legal da Unión Europea, estoupou de súpeto cando o comisario da competencia, Mario Monti decidiu actuar, obrigando a IZAR á devolución das axudas encubertas a construción << uns 300 millóns de euros nun primeiro expediente que serán seguidos por outros 600 ou 800 millóns nun prazo de tempo non moi longo>> recibidas por algúns estaleiros do grupo, entre os que, por certo, non estaban os galegos, situándoo nunha posición patrimonial de quebra.

IZAR un holding integrado por estaleiros de toda España, pertencentes antes á División de Construción Naval, que operaban nos sectores da construción naval militar (Bazán) e da construción naval civil (Astilleros Españoles). Integra xa que logo actividades moi diversas e factorías situadas en rexións periféricas e subdesenvolvidas (Asturias, Galicia, Andalucía e Murcia) agás no caso da Factoría Naval de Sestao (Euzkadi) e na Fábrica de Motores de Manises (Valencia). O seu patrón e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), sociedade de carácter público, herdeira do antigo INI. O problema de IZAR atinxe societariamente a todo o grupo. En consecuencia, é un problema de estado, non só de Ferrol nin de Galiza, e a súa solución debe inserirse, necesariamente, no marco da solución xeral a un problema importante do estado español.

IZAR está integrado como vimos de dicir por estaleiros procedentes de distintas empresas, dedicados a actividades moi diversas, e aínda que o problema é actualmente do conxunto da sociedade, cómpre preguntármonos ¿Teñen problemas produtivos e de mercados semellantes as dúas divisións integradas no holding? Ou, polo contrario, os problemas son diversos. A división de construcións militares non ten neste intre problemas de mercado nin produtivos. Bazán Ferrol ten unha carteira de pedimentos diversificada para a mariña norueguesa e a española. Os seus produtos, especialmente as fragatas, son apreciados polos mercados e, alomenos polo momento, teñen barreiras de entrada tecnolóxicas insuperables para os seus competidores, froito da súa colaboración con empresas norteamericanas de enxeñería e armamento. Por outra banda, a súa división de turbinas ten un contrastado éxito na fabricación de turbinas para os aeroxeradores eólicos e, aínda que esta tecnoloxía está a rexistrar importantes innovacións, non parece haber ningún problema para que estas non sexan incorporados ao seu produto estrela. Bazán Cartaxena ten que proporcionar os novos submarinos que precisa a armada española e ten unha carteira de pedimentos ampla e rendible.

As empresas procedentes de Astilleros Españoles teñen problemas de mercado e produtivos. En xeral, xeran perdas e o que é peor, nalgúns casos, reflicten un valor engadido bruto negativo (ou o que é o mesmo o importe dos bens e servizos que mercan ao exterior é maior do importe que acadan polas vendas dos bens que producen). Están situadas en mercados cunha gran competencia e cuns marxes moi escasos e decrecentes. Nas circunstancias actuais non poden sobrevivir se o sector público non lles presta axudas financeiras, e se non se compensan as súas perdas con algún t ipo de

Izar Fene

Page 16: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

axudas ou primas á construción. Pódese dicir que nas condicións de prezos e competencia actuais de mercado, canto máis traballan, desgraciadamente máis perden.

Está claro, xa que logo, que os problemas están focalizados neste intre na construción naval civil. Está claro tamén, á vista dos resultados <<30 millóns de euros de perdas no 2003>>, que os beneficios xerados polo segmento de negocio militar non poden compensar as perdas xeradas polo segmento civil. Estaba claro que a fusión t iña moitas ameazas ¿Porque malia todo se acometeu? Porque España ten un grave problema coa súa burocracia estatal. Adoita cometer erros de vulto que logo todos temos que pagar.

No caso do sector naval trabucouse no pasado, sobreinvestindo no sector da construción naval, cando os mercados emitían sinais evidentes de contracción que aconsellaban poñer a remollo as ideas expansivas, que se materializarían na construción en Puerto Real dun novo estaleiro, uns anos despois de que Astano fixera a súa expansión, ou na concesión de licenza para que un grupo relacionado co ministro López Bravo investira nun novo estaleiro en Alxeciras, “Crinavis”, especializado na construción de buques de trasporte de gases licuados, que nunca chegou a fabricar un barco. Cometeu un grave erro facendo a reconversión tal como se fixo, ao entendela como pura e dura redución da capacidade produtiva, especialmente intensa na Ría de Ferrol e dentro desta en Astano, porque naquela altura as razóns de eficiencia produtiva favorecíano e penalizaban aos grandes estaleiros situados fóra de Galiza. Trabucouse, finalmente, á vista dos resultados, artellando como solución á crise das factorías de construción naval civil un conglomerado de empresas de síntese que só conseguiu danar a imaxe das factorías sas en termos empresariais. Claro que en termos polít icos nunca se equivocaron porque Galiza non ten un especial caudal de votos para os grandes partidos españois.

Os axentes do sector deféndense botándolle a culpa aos de fóra. Adoita dicirse tanto por parte dos xestores das empresas como dos sindicatos que se non fora polo famoso dumping dos coreanos os estaleiros europeos, part icularmente os galegos non terían problemas. ¿É realmente así?¿ Que vai acontecer cando moitos países do terceiro mundo con salarios significativamente máis baixos que os españois, que ven na construción naval unha das vías preferentes de acceso á industrialización completen os seus investimentos en novos estaleiros?¿Como vai a influír sobre a construción naval mundial a polít ica expansiva que neste eido están a levar adiante os chineses? E, mesmo no marco europeo, que vai acontecer cos polacos e cos croatas.....

Os sindicatos e os burócratas da SEPI coinciden en sinalar como causa principal da situación ás prácticas de prezos dos estaleiros de extremo oriente, acusándoos de vender por debaixo do prezo de construción, coa complicidade da Organización Mundial de Comercio (OMC), da OCDE de USA e da mesma UE. Aínda que estas prácticas son certas, tal e como pon de manifesto o grupo de expertos na construción naval creado polo parlamento europeo no marco de LeaderShip 2015, é moi difícil eliminalas porque os americanos non teñen interese en que se revise na OMC a situación de protección aos seus estaleiros e as institución comunitarias parecen estar nesta materia controladas polo grupo de presión dos armadores europeos.

Por outra banda, na miña opinión adoitase falar con moita lixeireza e un gran descoñecemento da construción naval en extremo oriente. Tanto os estaleiros xaponeses coma os coreanos están integrados en grandes conglomerados industriais que producen os inputs intermedios. Os chaebol coreanos e os keiretsu xaponeses son grandes conglomerados industriais que agrupan empresas de todo t ipo, mesmo grandes entidades financeiras, dos que os estaleiros son só unha peza. A súa defensa fronte ás denuncias de que producen en perdas realizadas polos estaleiros europeos está baseada na evidencia de que se computan todas as actividades que xera un barco o conglomerado gaña, aínda que a actividade de síntese perda . As perdas na actividade de síntese posiblemente sexan só unha polít ica para manter aos seus competidores a raia.

Nesta estratexia, consentida polos burócratas da UE, colaboran con entusiasmo os armadores europeos e part icularmente os armadores españois. A Navieira Fernández Tapias ten encargado o 80% das súas novas construcións aos estaleiros coreanos. En conxunto os pedimentos dos armadores europeos veñen a representar máis do 60% das carteiras de pedimentos dos estaleiros coreanos. ¿Por qué se a OMC non toma cartas na disciplina dun mercado tan global como o da construción naval non se penalizan as importacións de barcos fabricados en Asia cun arancel para protexer aos estaleiros europeos fronte as competidores que practican dunping, tal e como se fai coa produción de coches ou a de avións? Os europeos non reaccionamos. Limitámonos a protestar e empeñámonos en defender a nosa construción naval sen acometer os cambios imprescindibles para sermos competit ivos. Neste sentido existe en Europa un intento de agrupación, ¡non de integración! de industrias de síntese exclusivamente. Se avanzamos por este camiño o erro da burocracia española pode ser agora mult iplicado a escala europea se finalmente se materializa o proxecto do gran consorcio comunitario formado exclusivamente polos estaleiros Izar, Thyssen Krup,

Page 17: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Chantiers del Atlantique, Alston, Royal Van Lent Shipyar e Fichantt ieri. Mentres en Xapón os keiretsu seguen innovando coa definición de grandes plataformas de colaboración coa súa industria auxiliar, os zohaku (integrando os estaleiros e as empresas provedoras e subcontratistas), con soporte en poderosas redes de comunicación por rede en tempo real, que permiten diminuír non só os custos das compras senón os custos de enxeñería e deseño, cada vez máis importantes no cómputo global.

Unha vez chegados a este punto ¿ten interese que sigamos a defender a construción naval en Europa coma un sector estratéxico? Indubidablemente si. Por razóns como que a eficiencia enerxética, a economía de custos e a defensa do medio ambiente determinan que o medio fundamental de transporte de mercancías intraeuropeo debe ser o transporte marít imo, garantindo que as vías marít imas teñan nos interlands portuarios grandes vías de comunicación terrestre que permitan a intermodalidade. Un transporte rápido, seguro e respectuoso co medio ambiente que poña couto ás licencias que na actualidade teñen os navieiros europeos para transportar produtos perigosos como o fuel-óleo pesado en barcos vellos coma o Erika e o Prestige; que deberían ter sido despezados xa ha moito tempo. Un transporte que debe ser realizado en novos barcos, máis rápidos, máis seguros, máis flexibles e polivalentes para garantir a intermodalidade e liberar en parte as grandes vías de comunicación terrestre intraeuropeas da carga enerxética e medioambiental que supón o traslado por estrada de mercancías. Uns novos barcos que deberían ser obrigatoriamente construídos en Europa se o transporte se realiza con carga e descarga nun porto europeo, tal e como acontece en USA, na que se un barco descarga nun dos seus portos, impóñenselle uns impostos tan elevados se non foi construído nos Estados Unidos que os armadores “deciden” construír os barcos para o tráfico interno sempre nos seus estaleiros . Os europeos temos que aprender das normas de protección que os lexisladores norteamericanos, que predican para os demais as excelencias do libre comercio, teñen introducido para a defensa dos seus sectores estratéxicos, entre os que está a súa industria da construción naval. Os lectores interesados poden baixar da rede esas normas entre as que se encontra a Jones Act que establece a obriga da que vimos de falar.

Temos que defender no nivel macro a industria da construción naval europea, establecendo novas lexislacións de transporte, e definindo novos conglomerados industriais que permitan acadar economías de escala e vantaxes estratéxicas, mediante novos sistemas de produción máis flexibles e integrados dos que todas as partes deben sacar proveito. Dende os fabricantes de imputs <<siderúrxicas, fabricantes de turbinas e motores, armamento, sistemas electrónicos de control, tubo, subcontratistas....... >> ata os estaleiros, deben integrarse en redes de intercambio de datos, produción, compras e subministros en tempo real. A confianza entre as empresas deben permitir que defendendo todo, poidamos defender a cada unha das partes que integran a construción naval nun sentido amplo. Xa está ben de que Corea e Xapón sexan para os sindicalistas europeos sinónimo de salarios precarios e sobreexplotación ¡Porque non é certo! Teñen uns valores e unhas ideas sobre o traballo que nos non compartimos. Pero os xestores e os traballadores europeos teñen moito que aprender da súa eficiencia, tanto no establecemento de redes de colaboración interempresariais baseadas na confianza e no respecto entre as partes, como na recreación dun clima laboral nas empresas na que a relación entre traballadores e mandos estean baseadas prioritariamente na defensa mutua dos intereses da empresa. Entre o persoal das empresas coreanas e xaponesas a fidelidade á empresa ten un valor principal. Na vella Europa temos moito que aprender tamén neste eido, especialmente os traballadores de empresas públicas con problemas. Por últ imo, creemos que deben conservarse e mesmo ampliarse as axudas financeiras ás empresas, mais estas non deben ser concedidas simplemente por construír. Polo contrario, deberán estar sempre soportadas pola posta en prácticas de estratexias de innovación (I+D+I), que teñen como fío director a definición de novos produtos, a mellora dos procesos produtivos, e un mellor control dos custos. Este é camiño que teñen emprendido os estaleiros alemáns, permitíndolles situarse á cabeza de Europa en captación de novos pedimentos

Na actual etapa de negociación entre a SEPI e os sindicatos para buscar unha saída negociada á crise as posicións están moi distanciadas. Ambas partes aceptan ás prexubilacións dos traballadores excedentarios, como solución parcial á falta de ocupación.En materia industrial os sindicatos parecen defender que non se faga ningún cambio substancial na composición do grupo, no que deberían seguir integradas todas as factorías e piden ademais que se dea carga de traballo a tódolos estaleiros. Non parecen querer entrar na

Izar Ferrol

Page 18: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

discusión de se os traballos han de facerse gañando ou perdendo. O seu argumento é que se os estaleiros perden é pola competencia desleal dos asiáticos, dos polacos dos croatas....... e/ou é responsabilidade dos xestores por non saberen contratar, ou dos burócratas europeos por negar as primas á construción e ou as subvencións de perdas por parte dos estados membros.

Pola súa banda a SEPI, mantén que é imprescindible separar a actividade construtora militar dentro da iniciativa pública (New Izar) e poñer en venta total e/ou parcial as demais factorías, dando entrada no seu accionaríao ao capital privado. No grupo militar integraríanse as factorías de Ferrol, Puerto Real, Cádiz e Cartaxena e quedarían fóra todas as demais incluída a factoría de Fene. Este posicionamento suxire algunhas interrogantes. En primeiro lugar se o criterio para definir as empresas integradas no grupo militar foi produtivo ou polít ico. Os datos indican que Puerto Real é a factoría que máis perdía do grupo antes da integración ¿Por qué pasa ao grupo público se por sinerxía e por eficiencia produtiva sería moito máis lóxico crear unha gran factoría na Ría de Ferrol con dous polos produtivos en Ferrol e Fene?Non pode argumentarse que sería unha excesiva concentración da actividade na Ría de Ferrol porque, en sentido contrario, podemos argumentar que se dá unha excesiva concentración na baía de Cádiz (Cádiz e Puerto Real) en detrimento de Ferrol. En segundo lugar ¿cando desde a SEPI se fala de dar entrada ao capital privado nas outras factorías, estase a falar con seriedade?¿Que vai buscar o capital privado nunha actividade que non pode competir en prezos?Por últ imo ¿Está a valorar a SEPI o risco dunha excesiva especialización de New Izar na construción militar? O ditame da comisión de seguimento do LeaderShip 2015 indica claramente este risco ao advertir que unha excesiva especialización, tendo en conta a característ ica volatilidade do sector, pode deixar sen traballo nun futuro tamén ao segmento de produción militar. O ideal parece ser chegar a un equilibrio entre as necesidades de especialización e diversificación. A integración dun conglomerado industrial na Ría de Ferrol que agrupara as actividades de construción naval militar e civil sen limitacións (tanto offshore como barcos de todo t ipo) e a fabricación de turbinas podería encaixar na solución dos actuais problemas.

Pero non nos enganemos a situación non pode en ningún caso seguir como ate agora. No nivel micro as empresas teñen moito que mellorar.Teñen que interiorizar unha estratexia de I+D+I que lles permita definir novos produtos e a optimización dos procesos construtivos, interiorizar e optimizar a súa función de marketing, optimizar na súa planificación e control de custos, avanzar na tendencia xeneralizada na construción naval no nivel mundial de maior flexibilidade, integración cos seus provedores e contratistas en redes de deseño, produción e compras en tempo real, rexuvenecer os cadros de persoal... O posicionamento sindical debe tamén variar.Se non se cambia nada é indefendible non só diante do poder, senón tamén da opinión pública, unha empresa pública que non fai más que acumular perdas e que canto máis traballa máis perde. A editorial do diario El Pais do pasado 27 de setembro indicaba que se os traballadores se negaban a aceptar o plan da SEPI non podían aspirar a vivir do erario público e a expensas dos impostos de todos. Aínda que como xa teño indicado non estou de acordo coa literalidade deste plan si manifesto que o peor é deixar as cousas como están. O custo de oportunidade dun prantexamento tal é o que estamos a comprobar en Ferrolterra. Un sector naval que vai continuamente a menos, que xera cada vez menos emprego, problemas de traballo para os noso fillos, empobrecemento, avellentamento da nosa poboación.... As antigas Astano e Bazán deben ser un foco de traballo para moitas persoas, tanto para as integradas no cadro de persoal de Izar como para as das industrias auxiliares situadas en Ferrolterra. Pero deben selo como parte dunha empresa flexible e rendible, sexa pública ou privada. Durante moito tempo os estaleiros públicos teñen sido unhas empresas “especiais”, nas que o prioritario era conseguir carga de traballo, aínda que este fora contratado a uns prezos que irremediablemente xeraba perdas. A súa situación en rexións periféricas e a falta doutras alternativas de desenrolo industrial, unido o forte poder sindical, fixeron que desde o poder foran considerados como algo que por forza t iña que ser mantido, pero sen un interese por transformalos en centros de produción modernos e rendibles. O noso país non pode permitirse este luxo. Debemos esixir a súa transformación en empresas dotadas de medios técnicos e capital humano axeitados para os novos tempos.

Ramón Yáñez Braxe.

Page 19: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

OOO EEESSSTTTAAADDDOOO DDDAAASSS AAAUUUTTTOOONNNOOOMMM ÍÍÍ AAASSS

Tras un cuarto de século transcorrido desde a súa aparición, o Estado das Autonomías, como se deu

en chamar á distribución territorial do poder que se organizou constitucionalmente desde os inicios da

democracia no Estado español, segue a ser tema de debate. Igualmente o debate segue ligado a

compaxinar un modelo teórico e unha realidade política que dificilmente serán unibles: o estado unitario e as

identidades nacionais existentes no territorio.

O problema estivo deixado de lado nas dúas anteriores lexislaturas, pola consideración unidireccional

que tiñan os gobernantes, sendo tal a dun indiscutíbel Estado unitario; unicamente houbo os debates

suscitados polas nacionalidades históricas, caracterizados pola defensa dos seus intereses por medio de

partidos políticos no Parlamento español; sendo un dos principais temas a capacidade de influencia do

Senado como cámara de representación territorial.

Na Constitución atópase a base do problema; pois, sendo a norma xurídica con maior forza v ixente

no Estado, nela plásmase a organización competencial entre os territorios e entre estes e o Estado central.

Na Constitución o que está impreso a este respecto é unha sinxela teorización de dúas políticas dificilmente

realizábeis na práctica: a unidade da nación española (unitarismo) fronte ó dereito de autonomía das

nacionalidades e rexións que compoñen a dita nación.

O pacto ó que chegaron neste punto os creadores da Constitución tivo como resultado un modelo

realmente complexo, un híbrido entre un estado unitario e outro federal, aínda que con moitos matices, pois

o modelo español é único na súa distribución territorial do poder. É claro a todas luces que non se soubo

conxugar a un tempo a necesidade de modernizar o estado por medio da distribución de competencias e a

de articular as diferentes identidades nacionais nun modelo común, polo que, case 30 anos despois, o

problema segue sen perspectivas de solución pola confrontación de intereses entre os territorios e, ó mesmo

tempo, entre eles e o goberno como órgano facultativo na cesión de competencias.

Os problemas máis graves, debido á súa potencialidade, son os que enfrontan ó partido do goberno

coas forzas políticas nacionalistas que, aparecendo como actores a nivel xeral do Estado e non só no seu

territorio, enriquecen tremendamente o sistema de partidos; pois, como sucede na actualidade e sucedeu

moitas veces no pasado, os partidos nacionalistas son parte do goberno central ou este necesita do seu

apoio para gobernar (como foron CIU, PNV e CC e na actualidade é ERC); independentemente do seu socio

(non existe unha dispersión de posturas en función da separación no eixo ideolóxico esquerda-dereita) os

partidos nacionalistas forman alianzas na política xeral, que virán acompañadas de concesións a nivel

rexional, o que xera un reparto discriminatorio de competencias entre autonomías semellantes; como

sucede, por exemplo, no caso das tres comunidades históricas, onde Galicia se atopa moi lonxe de Euskadi e

máis aínda de Cataluña en materia de autogoberno, e as tres moi lonxe dun sistema de distribución

territorial que permitiría unha autoxestión partindo do autofinanciamento, un dos principais temas de

discusión. Así, a conflitiv idade en torno ó problema da distribución territorial do poder, foi e segue sendo

obxecto dunha explotación partidista, principalmente por parte dos partidos políticos estatais que subornan

ás forzas nacionalistas con outorgamentos de competencias, que é o que ditas forzas nacionalistas

Page 20: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

pretenden acadar, aínda que os partidos

nacionalistas tamén levan a cabo

negociacións na busca dos intereses que

máis lles conveñan. En definitiva, a problemática da

elaboración dun modelo que adapte a

configuración do Estado español

céntrase en tres puntos:

1. As relacións

intergubernamentais; que se refiren á

continua negociación, acompañada de

desconfianza e conflitiv idade, que é

básica para un modelo de carácter

federal como o que se pretende, pero

que está moi lonxe de discorrer con

normalidade e chegar a unha

organización como a dos “länder” de

Alemaña, por exemplo.

2. O financiamento autonómico;

referido ós recursos financeiros e á

marxe de autonomía orzamentaria da

que gozan as autonomías. As CC. AA.

seguen dependentes do Estado central

no caso do financiamento, cunha case

total ausencia de responsabilidade.

3. A inadaptación da

Administración central; xa que esta non

foi quen de axeitarse á nova

organización territorial.

O problema da distribución

territorial atópase hoxe en día na

continua loita entre o Goberno central

(unidade) e as rexións (pluralidade),

polo constante traspaso de poderes cara

a un órgano menos centralizado que

facilite o labor dunha Administración

central saturada e incapaz.

Juanjo Lorenzo Castiñeiras.

C R O N O L O X Í A D O P R O C E S O A U T O N Ó M I C O

22/11/1975 Mensaxe do Rei á Nación no que fala do recoñecemento das "peculiaridades rexionais".

15/06/1977 Primeiras eleccións democráticas.

29/09/1977 Restablecemento provisional da Generalitat catalá.

04/01/1978 Creación do Consello Xera l do País Vasco.

Ata 10/1978 Xeneralización do réxime de preautonomías pola vía do Decreto-Lei, agás Madrid, Cantabria e A Rioxa .

06 /12/1978 Referéndum constitucional.

25 /10/1979 Referéndums dos Estatutos do País Vasco e Cataluña.

18 /12/1979 Aprobación dos Estatutos do País Vasco e Cataluña.

28/02/1980 Referendo sobre iniciat iva autonómica en Andalucía.

20/03/1980 Primeiras eleccións autonómicas no País Vasco.

23/03/1980 Primeiras eleccións autonómicas en Cataluña.

22/09/1980 Aprobación da Lei de financiamento das CCAA.

16/12/1980 O Estado substitúe a iniciativa autonómica de Almería mediante Lei Orgánica

21/12/1980 Referendo do Estatuto de Galicia.

06/04/1981 Aprobación del Estatuto de Galicia

13 /05/1981 Apróbase o concerto económico co País Vasco

31/07/ 1981 Firma dos Acordos Autonómicos entre o Pre sidente Calvo Sotelo e o Secretario Xeral do PSOE Felipe González.

20/10/1981 Primeiras eleccións galegas. Vitoria de AP.

20/10/1981 Referendo do Estatuto de Andalucía.

30/12/1981 Aprobación dos Estatutos de Andalucía, Asturias e Cantabria

23/05/1982 Primeiras eleccións andaluzas. Vitoria do PSOE.

09/06/1982 Aprobación dos Estatutos de A Rioxa e Murcio.

30/06/1982 O Congreso dos Deputados aproba o Proxecto de Lei Orgánica de Harmonización do Proceso Autonómico (LOAPA).

01/07/1982 Aprobación do Estatuto da Comunidade Valenciana.

10/08/1982 Aprobación dos Estatutos de Aragón, Castela-A Mancha, Canarias e reforma do Réxime Foral de Navarra .

10/08/1982 Transferencia de importantes competencias estatais a Canarias e á Comunidade Valenciana.

25/02/1983 Aprobación dos Estatutos de Estremadura, Baleares Comunidade de Castela e León.

01/03/1983 Incorporación de Segovia á C.A. de Castela e León.

08/05/1983 Primeiras eleccións autonómicas en 13 CCAA

05/08/1983 O TC resolve o recurso previo de inconstitucionalidade sobre a LOAPA.

14/10/1983 Apróbase a Lei do Proceso Autonómico.

26/12/1983 Apróbase a Lei que permite ás CCAA ter canles de televisión.

13/03/1991 Modifícanse algúns Estatutos de Autonomía para unificar a data de celebración das eleccións nas CCAA de “vía lenta“.

23/12/1992 En aplicación do Pacto autonómico de 1992 transfírense unha serie de competencias ás CCAA de “vía lenta“.

11/01/1994 Reforma do Regulamento do Senado, creación da Comisión Xeral das CCAA.

24/03/1994 Apróbanse as Leis Orgánicas de reforma dos Estatutos das CCAA de “vía lenta”

27/12/1996 Reforma importante do sistema de financiamento das CCAA.

30/12/1996 Reforma dos Estatutos de Canarias e Aragón.

14/04/1997 Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado (LOFAGE).

03/07/1977 Reforma do Estatuto de Castela-A Mancha.

15/06/1998 Reforma do Estatuto de Murcia.

07/07/1998 Reforma do Estatuto da CA de Madrid.

30/12/1998 Reforma do Estatuto de Cantabria.

5,7,8/01/99 Reforma dos Estatutos de Asturias, A Rioxa, Baleare s e Castela e León.

06/05/1999 Reforma do Estatuto de Estremadura.

Page 21: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

HHHUUUMMMAAANNNIIIZZZAAACCCIIIÓÓÓNNN DDDAAA NNN--- 666555111 EEE PPPOOOLLLÍÍÍTTTIIICCCAAA CCCOOOMMMAAARRRCCCAAALLL

Confirmando as previsións máis realistas, os atascos xa volveron a Pontedeume e Cabanas. Ninguén se pode chamar a engano, pois xa en 1997 os Sres. Diz Guedes e Sánchez Tamayo – naqueles tempos Delegado do Goberno e Xefe de Demarcación de Estradas - aseguraban en Pontedeume, que a solución definitiva para o tráfi co na comarca era unha variante gratuíta (prensa do 11/01/97 e 05/02/97) que liberara á N-VI – actual N-651 - do tráfico pesado e de paso. Estas cuali ficadas opinións non eran moi orixinais, pois limitábanse a propoñer o que en todas partes se estaba a realizar. Así, hoxe en día, pódese ir de Ferrol a Cartaxena, vendo como tódalas localidades dis frutan de circunvalacións gratuítas, quedando o Baixo Eume como residuo anacrónico do “ desarrollismo” dos anos 60. O problema é que eses señores non tiñan intención de cumprir a promesa. Presionados polas protestas que esixían a solución ó caos circulatorio daqueles anos, limitábanse a gañar tempo ata que se inaugurara o penúltimo tramo da autoestrada, Miño-Vilar do Colo, e a oferta levouna o vento, non falándose máis do tema. Esta marxinación non é nova e, como veremos a continuación, é coherente coa sistemática política de reservar para Ferrolterra y concretamente para o Baixo Eume, as sobras do último orzamento para infraestruturas, ben sexa contabilizado en euros, pesetas, ducados ou marabedís, facendo a única excepción cos Andrade medievais. Así podemos meter no mesmo saco á Monarquía, Ditadura de Primo de Rivera, República, Franquismo e Democracia. Sendo todos eles escrupulosos no cumprimento desta discriminatoria “ política de estado”. Falando de ferrocarrís, a liña Betanzos-Ferrol inaugúrase décadas despois de tela as outras seis cidades galegas, sendo a primeira en caducar, pois non vale a pena axeitala á nova maquinaria e na práctica funciona como un tranvía para turistas exquisitos e con todo o tempo para o ocio; o cal está moi ben pero é insuficiente. A liña da Costa entre Ferrol e Asturias, era seriamente reivindicada a principios de século, incluso con ofertas de capital inmigrante, pero non foi realidade ata o 1962, en versión de t ranvía de proximidade. Tamén se pode citar o AVE, que xa se sabe que será o último dos galegos. Queda a dúbida da década en que se inaugurará. Referente ás estradas, a Ponte do Pedrido, que acurta substancialmente a distancia coa capital provincial, comezou a estudiarse en 1915, inaugurándose 30 anos despois. O Plan Redia ou Plan de Accesos a Galicia, concesión do franquismo para comunicarnos coa Meseta, chegou aquí nos anos 80 na súa derradeira execución. A autoestrada e o seu cuestionable modelo de desenvolvemento, acaba de rematar fai 8 meses, con 30 anos de retraso. E a saída ó polígono de Vidreiro, reclamada dende vai unha década, non é máis ca unha promesa. Tamén se pode facer mención da tardía construción da Ponte das Pías e a súa imposible ampliación, ata que o accidente do Discovery a sacou en tódalas portadas da prensa e só entón apareceu o orzamento para dotala de catro carrís. Creo que non deixei atrás ningunha outra infraestrutura básica que nos últimos cen anos puidera romper co illamento de Ferrolterra. Quizabes a Transcantábrica e a súa dubidosa execución, por non citar o AVE a Bilbao. Ser sempre os últimos de Galicia obedece a unha predisposición estatal, que en termos políticos actuais, debe ser reparada cunha merecida compensación histórica. Pero hai outros argumentos, tan válidos, que nos obrigan a fixarnos nas nosas travesías urbanas, desde Laraxe a Campolongo pasando por Porto, Cabanas e Pontedeume. Que nestes tempos o Ministerio de Fomento siga dando preferencia ó tráfico de paso, é totalmente inaceptable, pois prexudica á seguridade da veciñanza e imposibilita a racional explotación do inmenso patrimonio da comarca. Os turistas foxen do cotián caos urbano e chegan desexando aparcar os seus vehículos e pasear relaxadamente dis frutan do que non teñen: tranquilidade, beleza natural e arquitectónica e hospitalidade no di ferente. Pero atópanse con atascos, ausencia de aparcadoi ros, travesías urbanas compartidas co tráfico pesado, beirarrúas – cando as hai – estreitas e perigosas, ruído e tensión. Desde o ano 1996, existe un proxecto da propia Demarcación de Costas, para ampliar ó dobre as beirarrúas da ponte de pedra.; está durmido nos caixóns. Permitiría unir, nun espectacular e seguro paseo, as dúas marxes da desembocadura do Eume, acabando co desagradable paso actual.

Estrada N - 651, Cruce de Cardeita.

Page 22: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

¿Cómo é posible que nos 6 km da N-651, no Concello de Cabanas, non exista nin un só paso de peóns regulado por semáforos? ¿Cómo é posible que o Centro de Saúde de Cardeita leve inaugurado 13 anos sen haberse habilitado, inmediatamente, un paso de peóns? O perigo das curvas de A Torre en Porto e a do Gaiteiro en Laraxe, os accesos ó xeriátrico, as caravanas... As vías galegas sempre ocuparon o primeiro lugar en sinistralidade. Co Plan Redia os peóns foron expulsados das estradas e agora, no noso caso, das zonas urbanizadas. Pero se se quere unha imaxe que valga máis que mil palabras, a dos nenos do Colexio de Cabanas cruzando a N-651 de camiño á Casa da Cultura. A Dirección do colexio vese na obriga de pedir auxilio á Garda Civil ó non existir ningún paso seguro. Unha actividade académica tan normal como ver unha exposición, só a 500 metros do centro escolar, convértese nunha complexa operación loxística e nunha crúa lección de educación vial. Nada de circuítos cerrados, karts, semáforos de xoguete ou simpáticos axentes impartindo consellos teóricos. Os nenos de Cabanas, cada trimestre de cada un dos cursos de Preescolar e Primaria, comproban que a estrada non une senón que divide, que é un territorio perigosos, pertence ós vehículos ante os que o peón non ten ningún dereito e literalmente sobra. Logo, pasando os anos, verán que noutros lugares esa ruta, Colexio-Casa da Cultura, é especialmente coidada, querida e asegurada polas respectivas institucións para o servizo dos escolares e establecerán comparacións nas que quedará moi mal parados tanto o Ministerio coma o Concello e, por que non dicilo, tamén os pais e nais por asumilo como normal. Resta dicir que a construción da orixinalmente Escola Laica nese emprazamento, fai 80 anos, fíxose co criterio de servi r equidistantemente ás parroquias máis poboadas do Concello e que hoxe en día non é recomendable acudir a ela a pé, vaias por onde vaias. Mentres, a autoestrada leva cinco anos infrautilizada cando é necesario que sexa un servizo público e gratuíto, que permita ó tráfico pesado e ó de paso circunvalar a comarca nun rápido e agradable viaxe que desexamos sexa feliz, pero sempre fóra das nosas travesías. Sinceramente, son tantas as razóns e tan evidente a discriminación que sufrimos, que creo que é o Ministerio de Fomento o que está na obriga de argumentar e razoar o por que deste desprezo polo benestar da veciñanza e o estrangulamento do noso desenvolvemento turístico. Agora ben, tralos datos, é comprensible que entre moitos veciños se estenda o derrotismo e o victimismo, cando non a asunción fatalista desta realidade. Ante a agresión sistemática o ser humano termina adaptándose e esperando tempos mellores. Afortunadamente as alternativas individuais son libres, persoais e non hai necesidade ningunha de xusti ficalas. Só existe, en democracia, o deber e a obriga de explicar claramente as alternativas políticas das institucións. Neste sentido é destacable a actitude construtiva dos catro partidos representados no Concello de Cabanas (BNG, IV, PP e PSOE) que en acordos plenarios por unanimidade elaboraron un listado reivindicativo encamiñado a resolver estes problemas. Sen embargo bótase en falta unha coordinación respectuosa, pero operativa, entre ese concello e o de Pontedeume, á vista de que a humanización da N-651 é unha necesidade de interese común para ambas veciñanzas. Os dous concellos poderían liderar a reclamación de gratuidade do trazado Vilar do Colo-Vidreiro, solicitando o apoio dos moitos concellos afectados, desde Miño a Mugardos, das Pontes a Ares, pasando por Monfero, A Capela e o conxunto de Ferrolterra. Sen dúbida, sumando potencialidades poderíase realizar unha política comarcal máis seria, máis forte e máis eficaz; xustamente o que se necesita.

Xavier Brisset Martín.

OS NOSOS PERSONAXES

ENTREVISTA A RAMIRO FONTE SOBRE A SÚA OBRA MEMORALÍSTICA

Ponte sobre do río Eume, que une os concellos de Pontedeume e

Page 23: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

POR IGNACIO CHAO

- Xunto ao neno, o gran protagonista deste volume é o mestre, don Pablo, e por

extensión os seus alumnos. Outra vez, a escola, neste caso a do Pescador, aparece como o faro da memoria.

Nesta segunda parte, en efecto, os acontecementos xiran arredor da escola pública.

O espazo da memoria é menos familiar e, poderiamos expresalo así, máis social. Da mesma maneira, o mestre ou, como entón se dicía, o mestre nacional é un dos grandes protagonistas. Xa sei que os mestres volven estar de moda como personaxes literarios. Sobre isto, gustaríame expresar que intentei retratar un mestre real, sen sometelo a xuízos simplistas. Cada vez me interesan máis os personaxes cheos de contradicións, non os personaxes planos. Sobre o Pescador eu diría que é un dos espazos primixenios que adquiren tanto protagonismo coma as persoas. Tanto no primeiro coma no segundo volume cobran unha grande importancia. O Pescador é compón xunto coa igrexa e o convento unha triloxía de edificios-protagonistas.

- Retratados na primeira parte os principais escenarios da vila, este segundo

volume préstase máis a atar cabos, a completar fragmentos, o que favorece as descricións, o retrato vagaroso e completo dos personaxes... E parece que iso lle outorga a Os ollos da ponte unha fasquía aínda máis oportuna, xuizosa, madura e excepcional cá que nos regalaba Os meus ollos.

Este libro non podería escribirse sen o outro. É como se no primeiro, Os meus ollos,

se definise o espazo ou o escenario, e neste Os ollos da ponte se completase a descrición de recantos, de lugares escondidos. Creo que nesta segunda parte seguen tendo unha función importante o que poderiamos denominar espazos da memoria, lugares primordiais, se cadra, pero o gran protagonismo alcánzano os personaxes. Un fresco de personaxes reais que serven para explicar a complexidade dun tempo concreto. Eu quería nesta segunda parte non repetirme. A idea que levo en mente desde hai tempo é construír un díptico ou un tríptico no que as diferentes partes encaixen pero, ó mesmo tempo, que poidan ter vida cada unha por si mesma. Supoño que pode haber un tipo de lector que non lle guste tanto esta segunda parte como a primeira, pero tamén sospeito que esta segunda parta se pode ler dun xeito independente, e pode atopara un lector que non se achegou á primeira. Eu penso que cada vez son máis complexos os capítulos. Desde este punto de vista, a segunda parte asume nov os retos.

- Sego pensando que unha das contribucións desta futura triloxía é que racha coa

estrutura aceptada da novela. Historia, biografía, prosa que non se afasta da música da poesía... Non obstante, observo que este segundo libro carga as notas nalgúns aspectos históricos: os escapados, o vínculo de certos intelectuais coa vila, Machín e os músicos oriúndos da comarca...

Escribir en primeira persoa, achegarse á escritura confesional e, ó mesmo tempo,

pedirlle a unha obra que reflicta unha sociedade e unha época como unha novela do XIX parece a cuadratura do círculo. Máis que escribir unha boa novela aquí interésame escribir unha boa prosa, e que esta prosa dificilmente sinxela, raramente diáfana poida darlle ó lector máis do que lle dá unha novela de ficción. Supoño que, no que se refire á concepción dun xénero narrativo determinado, estou xogando no fío da navalla. Pero se tomo moitas

Page 24: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

licencias na estrutura, o certo é que non tomo ningunha na concepción de cada frase. No fondo, o que eu defendo é que hai que escribir ben desde a frase, palabra a palabra, e deixarse de superestruturas e ideoloxemas.

- Os ollos da ponte garda dentro varias micronovelas excepcionais (a da familia

dos evanxelistas Molares, a da familia Gunturiz, a dos escapados da guerra que se agachan nas fragas do Eume, a de Nicolás o xardineiro...). Nunca tan ben dito iso de que “a vida de cada home encerra unha novela”.

Creo que é pertinente o subtítulo de Vidas de Infancia. Un dos obxectiv os desta

obra é, xa se repetiu, formular netamente a infancia. Pero a infancia non só se representa aquí como a primeira idade do home. Tamén se representa a través desas outras vidas que rodean a vida dun neno. Nenos, e nenas, mulleres e homes, vivos e mortos, serven como primeiros e definitivos arquetipos que nos serven para construír a vida. Interésame tanto recrear a vida dun neno como as vidas doutros seres que o rodean. Unha das miñas citas-guía é aquela de Nerval que di que a vida do poeta é a de todos. Todas estas vidas da miña infancia son a miña vida tamén porque na vida dunha persoa están implicadas as vidas dos demais.

- Cada lector elixirá o seu fragmento, pero, desde a consideración do crítico, hai un

decisivo que abonda para colocar a novela no cumio da narrativa do último medio século: as sete páxinas de descrición das campás da igrexa.

Toda obra literaria ten os seus momentos cumes. Os sons das campás están moi

presentes nesta obra, pero, como xa se expresa alí, é no capítulo sobre os cines, que é tamén o capítulo sobre os días consagrados ó señor onde soan mellor as campás, segundo a miña opinión.

- Como na primeira entrega, dáse un xogo de tempos moi natural na voz do

narrador. Aparece o presente a través de episodios, reflexións... E, tamén, metaliteratura. No capítulo en que falas da túa vocación, di o neno: “Tomei unha decisión. Xamais sería un covarde cando de escribir se tratar. (...) defendería con uñas e dentes as miñas palabras, as miñas frases, os sentimentos que expresaba con eles”. Pero, decepcionado por cómo o mestre acolle a redacción, engade o neno: “Dei en pensar que para qué vale escribir ben”. ¿É tamén unha percepción actual?

Toda obra literaria acaba preguntando por si mesma. Esta obra versa sobre un

modelo de prosa galega, moi pensada e moi reflexionada, pero tamén versa sobre a vocación pola escritura. Penso que os anacos metaliterarios, que os ten, non obedecen a un desexo de botarlles o engado ós críticos ou, máis propiamente, ós críticos malos senón á necesidade de escribir unha obra aberta.

- “Durante xeracións e xeracións, a todo neno lle contaron unha guerra os seus

maiores. (...) nunca saberei se desde o bando dos vencedores o desde o bando dos vencidos”. Páxinas sobre a guerra; novamente, piedade e conciliación. ¿Literatura para non esquecermos o pasado, vehículo para que unha sociedade local, a través da voz dun neno, salde contas morais?

Page 25: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Como teño repetido en diversas ocasións, eu

quixen fuxir conscientemente diso que algúns denominan o axuste de contas. Aquí non se axuntan contas contra o pasado nin contra ninguén. O meu único obxectiv o é presentar acontecementos tal coma eu e moitos de nós os vivimos. Dun xeito honrado, non caendo na mentira, pero nun ton clemente.

- Novamente aparecen elementos que confirman a

universalidade do texto: o leite en po que beben os nenos na escola, unha abaixada sociedade de posguerra, as sesións dos cines, os monagos tanguendo as campás... ¿Son tamén claves da utilidade da literatura?

Eu aceptei traballar dun xeito intensivo, case sen

repouso, na escritura da prosa desde hai tres anos. O que non é necesario para vivir non lle interesa ó home. Para min, desde hai tempo, a escritura e a vida son a esma cousa.

- Moitos convirán en que este, coma o anterior, é un texto absolutamente sensorial, que pon en garda todos os sentidos. Pero, especialmente, o oído: polo ritmo melodioso da escritura e por varios fragmentos consagrados á música.

Interésame dar co ton dunha prosa musical. Sinxela, transparente, diáfana pero

musical e cando dito musical non me refiro á prosa de fanfarra, tan ineficaz como falsa. Desde este punto de vista, resulta lóxico que certa musicalidade sexa un ingrediente necesario deste tipo de escritura, e tamén un tema. Con respecto a Os meus ollos , aquí abrín un pouco a frase. Aínda procurando unha unidade estilística coa primeira parte, hai en Os ollos da ponte pinceladas novas.

- Os ollos da ponte chama novamente a reunión aos lectores eumeses. Así e

todo, é un reclamo para outros grupos: para todo galego, que pode conectar cos seus referentes locais; para os mozos, que nun tempo de referentes globais case ignora as orixes da súa sociedade...

Eu ben sei que esta novela ten un tipo de lector privilexiado que é o que viviu

directamente os acontecementos, e que participa directamente na recreación dunha memoria colectiva que lles concirne dun xeito especial. Pero tamén sei que toda persoa adulta convive co neno ou coa nena que foi, e que todo o mundo leva dentro personaxes semellantes ós que aquí se pintan. Tiven o privilexio de vivir durante tres anos nunha das capitais do mundo, disfrutando en certa maneira diso que se denomina vida cosmopolita. Ó regresar a casa, decidín aplicarlle a mirada que os grandes novelistas tiñan dirixido a ámbitos sociais moi complexos a unha simple vila galega.

- Esta triloxía é o resultado da reescritura dunha única novela. ¿Que queda para o

terceiro volume? Para o terceiro v olume queda atar cabos, descubrir nov os personaxes de interese e o

que xa se v erá. Debo dicir que a amplitude deste proxecto v eu marcado polo seu propio proceso de escritura e non por seguir un modelo prefixado de antemán. Foi o proceso de

Page 26: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

reescritura e a propia vida que tomaban os personaxes, e son centos deles, o que me fixo soñar cunha tarefa moi arriscada. Intentar conciliar a novela do XIX cun tipo de obra confesional, en primeira persoa, biografía persoal con biografía colectiva. Para ser convincente unha obra coma esta, son necesarias moitas páxinas. Ademais, xa é hora de deixar de vivir dos contiños na literatura galega. A literatura galega, se é que existe como tal, debe respectarse a si mesma.

Outubro 2004.

Page 27: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda
Page 28: ATENEO EUMÉS “FERNÁN MARTÍS” · Nese camiño, hoxe temos a satisfacción de presentar o segundo número do Caderno do Ateneo Eumés que, sendo unha publicación modesta e aínda

Porta reconstruída da igrexa de

Caaveiro.

Subvenciona:Subvenciona:Subvenciona:Subvenciona:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dirección Xeral de Política Lingüística.Dirección Xeral de Política Lingüística.Dirección Xeral de Política Lingüística.Dirección Xeral de Política Lingüística.