2
É O NADAL TEMPO DE FELICIDADE? SO HAI UN NADAL: O QUE CADA UN QUERE CREAR!. O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS QUE GOCEDES DOS BOS MOMENTOS. PARA OS MALOS, FORTALEZA. PERO SOBRE TODO PARA CADA DÍA, UNHA ILUSIÓN! EQUIPO DE BIBLIOTECA Coordinadora: M ª Dolores Crespo Couselo. Compoñentes: Montse Coello Rodríguez, Mª Berta Franco Chouza, M ª Isabel García Vázquez., M ª Dolores González Torres, M ª Begoña Jara Segura, Mª Carmen Novelle Fernández. BOLETÍN Nº 1 FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A TODOS/AS ! TODOS/AS ! TODOS/AS ! TODOS/AS ! BIBLIOTECA DO CEIP PINTOR LAXEIRO NADAL 2010

BOLETÍN DE NADAL 2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Primeiro boletín do curso 2010-2011

Citation preview

Page 1: BOLETÍN DE NADAL 2010

É O NADAL TEMPO DE FELICIDADE?

SO HAI UN NADAL: O QUE

CADA UN QUERE CREAR!.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS QUE GOCEDES DOS BOS MOMENTOS.

PARA OS MALOS, FORTALEZA.

PERO SOBRE TODO PARA CADA DÍA, UNHA ILUSIÓN!

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Coordinadora: M ª Dolores Crespo Couselo.

Compoñentes: Montse Coello Rodríguez, Mª Berta Franco Chouza,

M ª Isabel García Vázquez., M ª Dolores González Torres, M ª Begoña

Jara Segura, Mª Carmen Novelle Fernández.

BOLETÍN Nº 1

FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A FELIZ NADAL A

TODOS/AS !TODOS/AS !TODOS/AS !TODOS/AS !

BIBLIOTECA DO CEIP PINTOR LAXEIRO

NADAL 2010

Page 2: BOLETÍN DE NADAL 2010

Coma todos os comezos de curso, o novo alumnado de 3 anos gozou da presentación da mascota da biblioteca.

Escoitaron a historia de Gromiño e coñeceron as normas de uso.

Durante este curso escolar imos traballar as emocións e os comportamentos humanos e centrarémonos nun deles: “A mentira”. Queremos descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos infantís ou as historias que estes nos narran. Reflexionaremos sobre o

que supoñen esas mentiras literarias: son mentiras?...A mentira está en case todos os contos clásicos e/ou tradicionais: as mentiras do lobo coma causante das desgrazas de carapuchiña e os cabritiños; Pinocho que volveu tolos aos que o rodeaban pagando un alto prezo por elo, o gato con botas que… Paralelamente traballaremos nunha maqueta para reflectir plasticamente a mentira desta proposta tan suxestiva.

Sumámonos así ao lema deste ano do Salón do Libro de Pontevedra, a cuxa iniciativa aportaremos o noso entusiasmo e traballo.

Ao mesmo tempo a biblioteca colaborará no Proxecto do Equipo de Dinamización lingüística que este curso está dedicado á “Arte na Ruta Xacobea”.

Neste primeiro trimestre tivemos a visita dun grande da literatura infantil e xuvenil: Joan M. Gisbert (Barcelona, 1949), afeccionado á música, o teatro e a literatura estudou enxienería electrónica para gañarse a vida. No ano 1979 publica “Escenarios fantásticos” e “El misterio de la isla de Tókland” co que obtén o Premio Lazarillo e lle permite integrar a lista de Honra do Premio Andersen.

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria leu unha das súas obras. “El bosque de los desaparecidos” editado por Tambre –

Edelvives. De El Bosque de los Desaparecidos se contaron cosas que daban miedo. Ahora están sucediendo de nuevo y

Leonardo irá a ver qué ocurre. Él cree que son viejas historias de las que ya no hay que asustarse. Pero algunas personas se proponen convencerle de lo contrario. Y lo que en verdad está

ocurriendo, no se lo imagina nadie.

O martes, 13 de decembro gozamos coa súa presenza e o seu bo facer nunha animación lectora moi entretida e enriquecedora e cada neno/a levou o seu libro firmado polo autor.