15
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA 1º DE ESO IES DAVID BUJÁN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2014/2015 - 1 -

Caderno de información 1º

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

CADERNO DE INFORMACIÓNACADÉMICA PARA 1º DE ESO

IES DAVID BUJÁN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓNCURSO 2014/2015

- 1 -

Page 2: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

INDICE

1. Organigrama do Sistema Educativo2. Ensinanzas de réxime xeral3. As ensinanzas universitarias4. As ensinanzas de réxime especial

- 2 -

Page 3: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

I. ORGANIGRAMA DO SISTEMAEDUCATIVO

- 3 -

Page 4: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

II. AS ENSINANZAS DE RÉXIME XERAL:

Que é a Educación Secundaria Obrigatoria

Etapa educativa coñecida como a ESO. É de caracter obrigatorio.Esta dirixida ao alumnado dende os 12 ata os 16 anos. Consta de 4 cursos.A ESO é diferente da educación primaria, pois unprofesor se ocupa de cada área decoñecemento, os alumnos e alumnas inícianse concaracter xeral nunha segunda linguaestranxeira, e según se vai avanzando de curso a curso aparecen materias optativasque terás que escoller en función das túas preferencias.O cuarto curso é un momento esencial para o futuro académico ou profesional doalumnado, pois existen moitas materias optativas para elixir en funcion dos intereses,motivacións e capacidades que cada un teña.As opcións serán diferentes en función dos estudos posteriores que se desexen cursar.Ao longo de toda a escolarización no ensino básico, os centros teñen un plan deorientación e acción titorial que apoia os procesos de aprendizaxe e guia o alumnadona sua elección de itinerarios formativos e profesionais.

Que finalidades ten a ESO

Transmitir os elementos básicos da cultura. Formar para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos. Preparar para acceder a vida activa, á formación profesional de grao medio ou

ao bacharelato. O título acadado é o título mínimo que se esixe actualmente para desempeñar

un posto de traballo, sen el terás unhas nulas posibilidades de ter un contratode traballo.

Que título se obtén ao superar a ESO

O alumnado que superou os estudos de educación secundaria obrigatoria incluida aavaliación final da ESO, obtén o título de graduado en educación secundariaobrigatoria.O título é necesario para poder continuar estudos posteriores, xa sexan de bacharelatoou ciclos formativos de grao medio.O título acadado é o título mínimo que se esixe actualmente para desempeñar unposto de traballo, sen el terás unhas nulas posibilidades de ter un contrato de traballo.

- 4 -

Page 5: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Que materias se estudan en 2º de ESO

2º ESOMATERIAS COMÚNSCIENCIAS DA NATUREZA: Podes cursala como bilingüe ou non bilingüeCIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIAEDUCACIÓN FÍSICALINGUA CASTELÁ E LITERATURALINGUA GALEGA E LITERATURAMATEMÁTICAS: Podes cursala como bilingüe ou non bilingüeMÚSICAEDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOSTECNOLOXÍAS1ª LINGUA ESTRANXEIRA Inglés ou Francés2ª LINGUA ESTRANXEIRASerá Inglés ou Francés, a que non escolla como 1ª lingua estranxeiraRELIXIÓN / ALTERNATIVASRelixión CatólicaAtención EducativaHistoria e Cultura das Relixións

- 5 -

Page 6: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Que poden facer os alumnos que non progresan adecuadamente na ESO

A obtención do título de graduado en educaciónsecundaria é tan importante paraasegurar un futuro académico ou profesional eunha insercion laboral adecuada que,durante a escolarización na ESO, ofrécensediversas posibilidades para axudar óalumnado con dificultades e con risco de fracasoou abandono escolar.Existen diferentes agrupamentos e programas de

apoio ao alumnado para que poida obter o título de graduado en educaciónsecundaria.O alumnado que xa repetira na etapa ou curse 3º ou 4º de ESO e teña dificultades,podía cursar un Programa de Diversificación Curricular, durante un ano ou dous, quepasarán a denominarse Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento(PMAR) e se destinará aos alumnos/as que cursen 2º e 3º da ESO.Nos programas de diversificacion curricular, os grupos son dun máximo de 10alumnos. A atención individualizada que reciben os alumnos permítelles, se teñenmotivacion, interese e capacidade suficientes, obter o título de graduado en educaciónsecundaria (ESO). Para ser proposto para estes programas tan só hai que cumprir unsrequisitos: ter algunhas dificultades de aprendizaxe, ter repetido algún curso na etapa,e o máis importante: demostrar esforzo nos estudos.Se non se logra o título de graduado en educación secundaria é recomendablecursar un Ciclo de Formación Profesional Básica para evitar incorporarse ao mundolaboral sen cualificación.Se tes 18 anos e non acadache o título de ESO tamén podes acceder á modalidadede Adultos para facer os cursos que che quedaran sen aprobar de ESO. Nestamodalidade as non hai límite de tempo para acadar o título. Os 4 cursos da ESOcomprímense en dous, de tal xeito que no 1º ano cúrsase 1º e 2º de ESO en douscuadrimestres, e no 2ª ano cúrsase 3º e 4º en outros dous cuadrimestres.Excepcionalmente poderase aceder á ESA (Educación Secundaria de Adultos) osmaiores de 16 anos se teñen un contrato de traballo.

Que é a Formación Profesional Básica

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

- 6 -

Page 7: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

• Ser proposto/a polo equipo docente• Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo• Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou,

excepcionalmente, ter cursado o segundo curso• A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica

o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

As especialidades que se ofertan son:

• Actividades agropecuarias• Actividades marítimo-pesqueiras• Agroxardinaría e composicións florais• Aloxamento e lavandaría• Aproveitamentos forestais• Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel• Artes gráficas• Carpintaría e moble• Cociña e restauración• Electricidade e electrónica• Fabricación e montaxe• Industrias alimentarias• Informática de oficina• Informática e comunicacións• Mantemento de vehículos• Peiteado e estética• Reforma e mantemento de edificios• Servizos administrativos• Servizos comerciais• Tapizaría e cortinaxe

- 7 -

Page 8: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

• Vidraría e olaría

Quen adquire esta iniciación profesional, pode:

• Incorporarse directamente ao mundo laboral xa que obtén un título con efectos laborais.

• Realizar un ciclo de formación profesional de grao medio.

Que estudos se poden realizar co título de graduado en educación secundaria

O título de graduado en educación secundaria permite acceder: Aos ciclos de formación profesional de grao medio. Ao bacharelato.

Que é a Formación Profesional

Ensinanzas que capacitan para o exercicio dunha profesiónutilizando con autonomia e eficacia os instrumentos e técnicasque Ile son propios.Duran dous cursos e organízanse en ciclos de grao medio eciclos de grao superior.Estan conformados por unha serie de módulos de formaciónteórico-practica mediante os que se adquiren as competenciaspropias do título.No segundo curso, o alumnado ten que realizar un módulo de“formación en centros de traballo” (FCT – prácticas naempresa). A FCT complemente as competencias profesionaisadquiridas no centro educativo e permite o contacto co mundo das empresas e comercado labora. É esencial para lograr unha formacion profesional adecuada, asi comopara favorecer a inserción laboral.A superación de todos os módulos dun ciclo permite a obtención do titulo detécnico ou técnico superior, según se cursaras un título de grao medio ou superior.O título posibilita a incorporación o mundo laboral cunha formación que Ilepermitirá traballar como autónomo ou como asalariado, cunha cualificaciónprofesional suficiente para o desempeño da súa profesión.Para acceder ós ciclos formativos de grao medio débese ter o título de ESO, ousuperar unha FP básica, ou superar unha proba de acceso se cumpres 17 anos.Para acceder ós de grao superior débese cursar previamente o bacharelato e superar aavaliación final do bacharelato, ou superar unha proba de acceso se tes 19 anos. Nonse pode acceder directamente dende un ciclo de grao medio a un de grao superior.Hai máis de 100 títulos de FP diferentes que podes estudar.

- 8 -

Page 9: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

As especialidades (Familias Profesionais) son:

- 9 -

Page 10: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Que outras formas existen para acceder á formación profesional

Lembra que as persoas que non posúan os requisitos académicos poden accedermediante a superación dunha proba de acceso.As condicións que se deben cumplir para presentarse son:

Para a proba de acceso os ciclos de grao medio é necesario ter 17 anos. Para a proba de acceso os ciclos de grao superior, é necesario ter 19 anos.

Así que se non tes o título de bacharelato non podes acceder a un ciclo de grao superior, terías que superar a proba de acceso. Tampouco podes acceder directamentedende un ciclo de grao medio a un superior.

A proba de acceso a ciclos de grao medio

Esta proba está pensada para os que non acadan o título da ESO pola via ordinaria oupor adultos e desexan acceder a un ciclo de formación profesional de grao medio.Poden presentarse a unha proba, que unha vez superada, da un certificado que permite o acceso a calquera ciclo de grao medio. Non dá o título de ESO. Así que despois de superar a proba é necesario cursar un ciclo e superalo para poder acadar unha titulación mínima para traballar.Para poder presentarse hai que cumprir 17 anos no ano en que se celebran as probas.Hai unha convocatoria cada ano.

En que consiste a proba?

Consistirá tres partes:1ª parte matemática: de matemáticas.2ª parte sociolingüística: de castelá, galego e sociais.3ª parte científico-técnica; de ciencias naturais e tecnoloxía.Os contidos das probas saen das materias de 3º e 4º de ESO.

Que nota hai que acadar?

Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como notamedia das tres partes. Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

- 10 -

Page 11: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

III. AS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS:A universidade é unha institución de educación superior onde se imparten as ensinanzas oficiais de maior nivel dentro do sistema educativo español.Un título de Grao dura 4 anos.Permiten o acceso ao mundo laboral cunha titulación de nivel superior.

Que títulos universitarios hai

Hai cinco grandes ramas de coñecemento e moitos títulos dentro de cada rama:Rama de Ciencias: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar,Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Física, Matemáticas, Química.Rama de Ciencias da saúde: Mediciña, Enfermería, Podoloxía,Veterinaria, Fisioterapia, Odontoloxía, Nutrición humana e dietética,Farmacia, Logopedia, Psicoloxía, Óptica, Terapia ocupacional, ... .Rama Ciencias Sociais e xurídicas: Dereito, Relacións Laborais.Administración de empresas, Economía, Administración Pública,Biblioteconomía e Documentación, Ciencias actuariais e financieiras,Mestre, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, CienciasPolíticas, Turismo, Comercio e Márketing, Comunicación Audiovisual,Deporte e Educación Física, Traballo social, Educación Social,Pedagoxía, Socioloxía.Enxeñerías e Arquitectura: Arquitectura, enxeñeiro de camiños eportos, de obras públicas, aeronático, agrario, forestal, electricidade,naval, informática, deseño industrial, telecomunicacións, minas,química industrial, ... .Artes e Humanidades: Filoloxía, Traducción e interpretación , Historia,Belas artes, Restauración, Arte Dramática, Antropoloxía, Filosofía,Xeografía, … .

As modalidades de bacharelato, en xeral, relaciónanse con estas ramas decoñecemento.

- 11 -

Page 12: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Requisitos para acceder á universidade

Débese superar o Bacharelato e superar a proba final e así obter o título de bacharelato , ou un título de técnico superior (FP de grao superior), e superar o proceso de admisión que a Universidade estime convinte (está en elaboración).

- 12 -

Page 13: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

IV. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL:

Proporcionan unha formación específica para garantir a cualificacion dos futurosprofesionais da música, a danza, os idiomas, a arte dramática, as artes plásticas e odeseño e as ensinanzas deportivas.

As ensinanzas de música e danza

As ensinanzas de música e de danza estándirixidas á formación de profesionais eteñen as seguintes saidas profesionais:interpretación, docencia, creación einvestigación.Tamén están dirixidas a afeccionados, a quen

Iles ofrece unha formación práctica.Pódense cursar a calquera idade nas escolas e conservatorios de Música e Danza. Paraacceder precisas o título de ESO e superar unha proba de aptitudes.

As ensinanzas de idiomas

Inclúen as ensinanzas das linguas cooficiais do estado e asensinanzas de linguasestranxeiras.Impártense, con caracter xeral, nas Escolas Oficiais de Idiomas een institutos de educación secundaria autorizados. Pódensecursar en tres modalidades: presencial, libre, a distancia.Constan de tres niveis de dous cursos cada un. En total son 6 cursos. Cada douscursos podes acadar un certificado. Podes estudar moitos idiomas: Inglés, Francés,Alemán, Ruso, Italiano, Portugués, Galego, Árabe, Xaponés, ... .Para acceder precisas o título de ESO.

- 13 -

Page 14: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

As ensinanzas deportivas

Son ensinanzas dirixidas a formar adestradores.Existen diversas especialidades deportivas: Fútbol, Fútbol sala,Deportes de inverno (esquí, snowboard), Deportes de montaña eescalada, Atletismo.Organízanse en dous ciclos de dous cursos cada un. Para accederao 1º curso precisas o o título de ESO e superar unha proba deaptitudes deportivas.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño

Ofrecen unha formación técnica e unha formación artística que proporcionan unha cualificación profesional.Comprenden un conxunto de ciclos formativos de grao medio e grao superior organizados en módulos profesionais.As especialidades que podes estudar son: Escultura, Xoiería, Artes Aplicadas ao Libro, Cerámica, Gravado e Técnicas de

estampación, Talla artística en madeira, Ebanistería, Serígrafía.Para acceder a elas, ademais de posuír o título de ESO /Bacharelato, precisassuperar unha proba de aptitudes plásticas.

Outros estudos artísticos

Os estudos superiores da especialidade deConservación e Restauración de Bens Culturais (para serrestaurador en museos). As ensinanzas superiores de Arte Dramática (para seractor /atriz ou director de cine). Os estudos superiores de Deseño, que inclúen tresespecialidades: Deseño de Productos, Deseño de Interiores, Deseño Gráfico, Deseño de Moda (para ser Deseñador/a).

Para acceder a todos estes estudos precisas acadar o título de Bacharelato.

- 14 -

Page 15: Caderno de información 1º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

O

Fontes de información:

Información obtida neste blog magnífico:http://monicadizorienta.blogspot.com

- 15 -