32

Canzine 2015. Ducia de Cans

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A publicación oficial do festival do XII Festival de Cans recolle entrevistas a moitos dos protagonistas desta edición: o cineasta José Luis Cuerda; o actor Javier Gutiérrez; Sés; César Strawberry, vocalista de Dos tenores Def con Dos; Marc Ros, vocalista de Sidonie e ao dj de Radio 3 Ángel Carmona. Ademais, colaboran con seus artigos as actrices Sabela Arán e Ledicia Sola, a produtora Chelo Loureiro, os realizadores Virginia Curiá e Xacio Baño, a xornalista Patricia Martínez, Ana Cermeño, que escribe sobre o filme de Daniel Guzmán, os músicos Bieito Romero, Tony Lomba, Kepa Junkera e Rogelio Groba, o colectivo Poetarras, o arquitecto Juan Creus, o debuxante Xaquín Marín e Pixelin Photo. Tamén colaboran cos seus textos membros da organización e veciños como Merchi Sánchez, Abel Gallego e Ainhoa Cabaleiro.

Citation preview

Page 1: Canzine 2015. Ducia de Cans
Page 2: Canzine 2015. Ducia de Cans

Dirixen: Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (massefecto.com) Maquetación: Manrique Fernández Iustración de portada: Rei Zentolo Publicidade: Arela. Edita: Asociación Cultural Arela. Colaboran: José ,

Luis Cuerda, Javier Gutiérrez, Juan Creus, Sabela Arán, Alfonso Zarauza, Ledicia Sola, Patricia Martínez, Bieito Romero, Sés, Chelo Loureiro, Kepa Junkera, Tony Lomba, Ana Cermeño, Ángel Carmona, Sidonie, Dos

Tenores DEF, Rogelio Groba, Xacio Baño, Xaquín Marín, Colectivo Poetarra, Abel Gallego, Virginia Curiá, Juan Maceiras, Merchi Sánchez, Pixelin Photo e Ainhoa Cabaleiro. Grazas a todos os anunciantes que facedes que

o CanZine sexa unha realidade.

Dep. Legal: VG 424-2011 [email protected] / festivaldecans.com / Búscanos en Facebook / @festivaldecans

Page 3: Canzine 2015. Ducia de Cans

Cinco anosde CanZine

Unha das viñetas que o grande debuxante galego Xaquín Marín fixo para a exposición que

poderedes ver durante o Festival na carpa do Cans Voulevar.

O que tedes nas mans é o quinto CanZine. Aínda que poda parecer men-

tira, o CanZine resiste. É unha publicicación cultural en papel e resiste.

Naceu coa intención de darlle cabida nas súas páxinas a todos os protago-

nistas que cada ano pasan por cada edición do Festival e un lustro despois

segue na mesma liña.

Non nos cansamos de dicilo: sempre que chamas a alguén para que

colabore coa publicación oficial do Festival de Cans non escoitas un “non”

como resposta. Temos claro que “Cans” é a palabra máxica que conseguiu

que, nestes cinco anos, polas páxinas do CanZine pasaran importantes xor-

nalistas escribindo sobre o certame ou actores e actrices que nos contan

as súas vivencias durante os días do Festival. Tamén os directores colabo-

ran con nós. E os músicos e os fotógrafos e os deseñadores. Sempre hai

espazo tamén para os veciños e os membros da organización. Ás veces, non

sen certa fachenda, presumimos nos bares de que “xa lle gustaría a moitas

publicacións ter as sinaturas que ten a nosa”. En definitiva, o CanZine é

importante para saber o que pasa en Cans, para saber como respira.

Quedará aí para sempre, coma fiel testumuña de cada edición.

Non sabemos canto vai durar o CanZine pero si sabemos que canto

más dure mellor. E isto, aínda que o pareza, non é unha obviade, ten un sen-

tido práctico. Agora, que está tan de moda iso de recurrir ás hemerotecas,

podemos dicir que o Festival de Cans ten unha de seu. O Festival máis gran-

de do mundo ten xornal propio e iso, hoxe en día, é un luxo. Cans ten heme-

roteca.

Cans ten hemeroteca

Page 4: Canzine 2015. Ducia de Cans

JUAN CREUS (*)

Hai moitas cousas que conto por ducias, mais unha

Ducia de Cans ten moito de especial para min pois deu nome

á exposición que entre novembro e xaneiro programouse en

NORMAl, o espazo de intervención cultural da Universidade da

Coruña, que comisariei xunto con Alfonso Pato e que contou

coa participación de moita xente que pasou polo festival estes

anos.

Deseñada e montada coa colaboración de Hábitat Social

e un grupo de estudantes da Escola de Arquitectura de A

Coruña, a mostra celebrou durante doce semanas a ducia de

anos que cumpre o Festival de Cans

Alí trasladamos, despois de visitar Cans cos alumnos e

facer un taller de ideas primeiro e logo outro de montaxe,

eventos, territorio e documentación, explicando a importan-

cia da transformación desta aldea nun espazo creativo onde

a forza dos veciños propón novas formas para dinamizar o

mundo rural e estimular esta cultura que temos dende a

exploración do lugar propio.

Como todos sabemos, ¿que sería de Cans sen estes veci-

ños que impulsan o cambio, o sosteñen, ensinan e fan des-

aparecer, deixando sempre un poso de renovación cara ao

ano seguinte? Como di Pato “Cans é unha aldea tronzada

polos sucesivos trazados de estradas e autovías, moi seme-

llante a un scalextric, mais o Festival logrou pechar a estrada

central aos vehículos e provocar unha reflexión nas necesida-

des de transformar o territorio e facer máis habitable unha

parte da aldea, buscando cada ano abrir novas zonas e refle-

xionar sobre a posiblidade de darlle uso a novos espazos”.

Por iso, unha parte da exposición centrouse nesa trans-

formación e, coa axuda do grupo de investigación Galicia

Cidade e Territorio, elaboráronse planos e videos que amosa-

ban os movementos dos chimpíns, a reconversión da estra-

da ou a estrutura de aparcadoiros e percorridos. Do Cans

dos 11 meses ao Cans de Maio, a activación total, a carto-

grafía dun estado de festa.

E sobre o plano, colgando cada un no seu sitio, os cuber-

tos en maqueta, esas marabillosas arquitecturas que están

por riba das formas, abertas á unha nova cultura.

E, como non, tamén estivo o Can amarelo, o máis grande,

pendurado na fachada e no interior como letreiro luminoso

da sala de proxeccións. Tamén un chimpín vermello que ser-

viu de photocall e plataforma para as sesións de Chimpidisco.

Carteis, camisetas e chapas, a moeda “un can”, entradas, a

partitura de Groba “Agroglamour en Cans” e mesmo unha

mostra dos trofeos e das estrelas do Roteiro.

E, como non, moitos eventos e actividades para cada día

da semana. luns de Curtas, facendo pases das premiadas

todos os anos; martes Paralelo Cans, coa proxección de

documentais; mércores de Coloquios, xoves Música en direc-

to e venres Cine coa proxección de longametraxes e a pre-

senza dos seus directores. Unha lista moi longa que comeza

con Isabel Risco na sesión Chimpidisco inaugural, que tivo nos

coloquios a Emilio Rodríguez, Xosé Manuel Pereiro, Chema

loureiro, Morris, Suso de Toro, Creus e Carrasco, Enma

lustres, Pepe Solla e David Rubín; nos concertos a Víctor

Coyote, Tony lomba, Tonhito de Poi, Xurxo Souto, Uxía, Sés,

Os da Ría, Grampoder e Muller Cine; nas proxeccións a

Alfonso Zarauza, Fernando Cortizo, Enrique Otero, Pela del

Álamo, Alejandro Marzoa, luis Avilés, Manuel Fdez Valdés,

Isabel Ayguavives e Sandra Sánchez; e que contou no peche

cunha intervención especial de Xurxo Souto e Ricardo de

Barreiro no Chimpidisco final.

Non sei se foi o feito de estar eles naquela sala ou o de

construir no seu interior espazos entre pantallas de cine,

mobles e asentos con tablóns, caixas de botellas e pacas de

palla, mais todo o que pasou por NORMAl neses tres meses

coñeceu Cans como se estivera alí e os que non sabían nada

del, iniciaron aquel día o camiño que os trouxo aquí.

(*) Juan Creus é arquitecto, profesor da universidade

da Coruña e comisario da exposición "Ducia de Cans".

O festival do territorio

Page 5: Canzine 2015. Ducia de Cans

Cans non dura catro díasO Festival de Cans non se cingue aos catro días que dura a programación. Cans está en contínuo movemento durante todo o

ano participando en diversos proxectos e actividades vinculados ao eido cultural e audiovisual. Cans espállase.

O ciclo “Cans todo o ano”Achegamos ao público cinema galego proxectando os filmes “Encallados” e “Costa da Morte”

na Sala Ingrávida do Porriño. Primeiro foi a película “Encallados”, de Alfonso Zarauza. Organizamos

pola mañá un encontro aberto ao público co director e o actor Federico Pérez, logo continuamos

o debate probando a tapa que os bares de Cans elaboraron inspirándose na temática das fitas e

á tarde proxectouse o filme. En decembro, a quenda foi para lois Patiño co seu premiadísimo filme

“Costa da Marte”. Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que funcionou a ini-

ciativa.

“Vêm aí os galegos!”. Así se titu-

laba o encontro de cinema e cultura

celebrado no Teatro Valadares de

Caminha e no que participamos. Foi

organizado pola Associação de

Cinema locus Cinemae. En Portugal

tamén estivemos no “Certame de

Curtas e Gastronomía” de Vila Nova

de Cerveira.

Fomos convidados a participar nos

“Diálogos sobre Cultura y Desarrollo

rural” en Extremadura.

No auditorio do Mar de Vigo pro-

xectáronse as curtas gañadoras en

Cans. Os dous días dedicados ao noso

Festival, pasaron por alí Fernando

Cortizo, Antonio Durán Morris, Juan

Galiñanes, Deborah Vukusic o Ángel

Manzano, entre outros.

Page 6: Canzine 2015. Ducia de Cans

un hOMBre

CuaLquiera

Dirección: Rubén

de Marina

Elenco: Rubén de

Marina, Keka lo -

sada, Machi Salgado, Cecilia Vázquez

Vai de: Un constrúe unha vida, un status, unha

estabilidade dentro do éxito e a competencia,

unha vida que recibe un gancho de esquerda,

pero que podería pasarlle a calquera.

Xénero: Drama laboral

O detalle: Segunda curtametraxe do actor e

director Rubén de Marina.

resTarT

Dirección: Olga

Osorio

Elenco: Marta

larralde

Vai de: Andrea

está atrapada nun bucle temporal. ¿logrará

rompelo?

Xénero: Ciencia ficción

O detalle: Cans acollerá a estrea absoluta.

DeBer

Dirección: Ángel

Manzano

Elenco: Belén

Constenla, May -

ka Braña, Uxía

Blanco

Vai de: A Sonsoles fascínalle a maxia, e cando o

ilusionista John Mistery a invita a formar parte

dun número de hipnotismo séntese feliz. Pero

cumprir o seu soño será o pesadelo de outros.

Xénero: Comedia.

O detalle: Segunda curta do director despois de

debutar o pasado ano en Cans con Tupper, que

levou o premio do público.

FOrMOL 105

(ANIMACIÓN)

Dirección: Martín

Rodríguez

Animación: Car -

les de Miquel

Vai de: Ambientado nunha asfixiante funeraria

do século XIX, a curta conta unha perturbadora

historia de amor e terror.

Xénero: Thriller de animación

O detalle: Producida pola factoría Deboura, dos

irmáns Cameselle, de onde saiu a longa de ani-

mación O Mago Dubidoso.

DireCCiOnes

Dirección: Anxos

Fazáns Estévez

Elenco: Marina

Cantos, Guillem

Duquette

Vai de: Unha parella perdida nunha cidade des-

coñecida. As discusións sobre o camiño que

deben seguir conduciraos a cuestionar o seu

futuro como parella.

Xénero: Dramedia romántica

O detalle: Anxos Fazáns realizou esta curta en

Barcelona, onde estuda cine.

GaLiCia. POrTO -

BeLLO rOaD

Dirección: Adria -

na Páramo

Elenco: Mariana

Carballal, Estíbaliz

Veiga

Vai de: A nai de Celtia retorna a Galicia despois

de 30 anos en londres. Celtia quere convence-

la para que quede, sen entender as razóns da

súa nai como muller.

Xénero: Dramedia

O detalle: Rodada no bar Galicia, no barrio londi-

nense de Portobello, emblemático dos galegos

en londres. Ollo ao galinglish que se fala.

J u V e n T u D

Gruyère

Dirección: Carlos

Martínez-Peñal -

ver Mas

Elenco: Jordi Vil -

ches, Enric Auquer, Aida Qui, Carles Sales

Vai de: Nun futuro próximo, Marcos, un xove

produtor de música underground, desenvolve

un xeito revolucionario de consumo musical (e

doutras substancias).

Xénero: Ciencia ficción

O detalle: O vigués Carlos Martínez-Peñalver edi-

tou a banda sonora desta curta en cassette.

GOriLLa inVisi -

BiLe

Dirección: Antón

Pose

Vai de: Álvaro, un

político, proponlle

a unha xornalista sen emprego gañar un peque-

no salario a través dun concurso de escritura

de guións de curtametraxe.

Xénero: Comedia

O detalle: A curta foi rodada en Italia durante

unha estadía do director.

CheMisTry

Direcció: Gonzalo

Cotelo

Elenco: Daniel Flo -

resta, Ana Kale -

ta-Kunert

Vai de: Que fai que un home e unha muller inter-

actúen entre si? Como nace o amor?

Xénero: Experimental.

O detalle: Gravouse en Italia e pertence á primei-

ra entrega dunha triloxía.

Disney

Dirección: Jorge

Saavedra

Elenco: Marta la -

rralde, Fernando

González

Vai de: Jorge practica ante un espello o discur-

so que pensa empregar para deixar a súa moza

Sonia, pero ela ten algo importante que dicirlle.

Xénero: Comedia romántica

O detalle: O ourensán Fernando González gañou

o premio do xurado ao Mellor Actor na Semana

do Cine de Medina del Campo (Valladolid) pola

súa actuación nesta curta.

CurriCán

Dirección: Álvaro

Gago

Elenco: Iago Fe -

rreiro, Celso Bu -

gallo, Javier Fer -

nández

Vai de: A mirada de Xan Curricán guíanos polas

rúas de Vilanova de Arousa, unha vila chea de

interminables cadros e inesquecibles epifanías.

Xénero: Aventura

O detalle: Álvaro Gago recibiu o premio ao

Mellor Director Galego no último Festival Inter -

nacional Curtocircuito de Compostela.

nO COMPuTa

Dirección: Bran

González

Elenco: Carlos

Villa, Xúlio Abonjo

Vai de: Dous

arqueólogos e vellos amigos visitan unha exca-

vación na que se produciu un descubrimento

relevante para comprender a cultura do século

XXI.

Xénero: Ciencia ficción

O detalle: A curta toca un xénero inusual como

é a arqueoloxía-ficción.

The FeTCh

Dirección: Ánge-

les Huerta

Vai de: Dous des-

coñecidos unidos

por unha forza

misteriosa. Unha película sobre homes e bicicle-

tas, inspirada na novela de Flann O’Brien The

third policeman. Se algunha vez pensaches que

tes unha alma xemelga esta é a túa curta.

Xénero: Comedia

O detalle: A directora coruñesa Ángeles Huerta,

que tamén asina os seus traballos como Ánge-

les Coppola, rodou esta curtametraxe integra-

mente en londres.

M is FOr

MeLOn

Dirección: luis

So larat, Uve Za to -

pek

Elenco: luis Ta -

boada

Vai de: O ser humano ten ás veces delirios que

o empuxan hacia abismos incontrolables.

Xénero: Videoterror

O detalle: Advertencia! Ten unha secuencia de

alto voltaxe non apta para calquera espectador.

BlOQUE 1: Cuberto de Chelo - Baixo de alfonso

BlOQUE 2: Baixo de Carlos - Cuberto de antonio

BlOQUE 3: Casa de Bugarín - Casa de Mari

María libertad Campos [Maruja do Castillo]Eduardo Groba [eduardo da Graña]María Isabel Novas [Maribel da Cavadiña]

Dosveciños

nerea Barros, actriz.antonio Mourelos, actor e presidente da AcademiaGalega do Audiovisual.Mercedes Peón, cantante e gaiteira folk.

Dascurtasenrique Otero, director e guionista.avelino González, actor. sandra sánchez, directora.Fran P. Lorenzo, xornalista cultural.

Diego lageJosefa Bugarín [Fita de Toleiro]

as curtas

Page 7: Canzine 2015. Ducia de Cans

nOCTurna

Dirección: Carlos

Martínez-Peñal -

ver Mas

Elenco: lluis Oli -

vé, Mireia Gubia -

nas

Vai de: Adaptación do relato Una aventura

Nocturna de Julio Ramón Ribeyro.

Xénero: Drama

O detalle: É a ópera prima do director, que fai

doblete na sección con esta curta rodada en

16mm e Juventud Gruyere.

“VénDese”. BaixO PrezO. POuCO usO

Dirección: José Antonio Blanco

Elenco: Carlos

Blanco, Xúlio

Abonjo

Vai de: Carlos

(Carlos Blanco), é

un home de

mediana idade que ten que vender o seu coche

por problemas económicos. Cando coñece a

Miguel (Xúlio Abonjo), que semella interesado

nel, ambos dous inician un percorrido que os

levará a un destino ben distinto do que en prin-

cipio parecía.

Xénero: Acción

O detalle: Foi unha das curtas finalistas nos últi-

mos premios Mestre Mateo.

PreLuDiO (ANIMACIÓN)

Dirección: David Fidalgo Omil

Vai de: Cando un home parte para combater

nunha guerra é

consciente de

que está partin-

do cara ao prin-

cipio da fin.

Xénero: Ani ma -

ción bélica.

O detalle: É a segunda curta de animación de

David Fidalgo, que hai dous anos debutou neste

festival.

unary

Dirección: luis

Avilés Baquero

Elenco: Antonio

Durán Morris

Vai de: Despois de pasar vinte anos en prisión,

lucas debe facer fronte a unha nova vida e a un

novo mundo que xa non coñece. Será quen de

comezar dende cero?

Xénero: Drama

O detalle: Recibiu o Premio Mestre Mateo na

categoría de Mellor Curtametraxe no 2015.

uLa

Dirección: Ale jan -

dra Sotelo Nores

Vai de: Ula leva

unha vida apaci-

ble e moi tranqui-

la entre viñedos nunha aldea do Ribeiro, ata que

un cambio inesperado de residencia faina refle-

xionar sobre a súa propia existencia e incluso

faina dubidar perante a renuncia á súa propia

liberdade.

Xénero: Docuficción.

O detalle: É a primeira e prometedora curta da

debutante Alejandra Sotelo.

BlOQUE 4:Baixo de Moncho - Casa do Carreira

os clips hendrik röver, músico e produtor.ángel sánchez, músico e director do Play-Doc.Tati Moyano, presentadora. Juan rivas, músico, dj e organizador de eventos.

xuradoDosclips

“Floating”Mequetrefe[Xaime Miranda]

“inconforme”Som do Galpom[G.Herrera e M.Morello]

“Dust, sweat and love”Sandford Music Factory[Juanpa Ameneiros]

“seremos santos inocentes”Eladio y los seres queridos[Manolito Portolés]

“Jumanji”Jay[Carlos Martínez-Peñalver]

“art Decó”Paracetamol[Roque Cameselle]

“Ben peinados”Terbutalina[Manuel Caamagno]

“Calíope”Cro[Miriam Rodríguez]

“Tempos malos”Ruxe-Ruxe[Samuel Fernández]

“éxodo”linda Guilala[Xoán Escudero]

“La noche”Germán Coppini e Néctar[Soledad Rebollo]

“Outer space is in us all”Puma Pumku[Carlos Martínez- Peñalver]

“Winter trees”Wild Balbina[Antía Figueiras]

“sonhos de raiva”liska.[P.Cribeiro, P.Kaufmann, P.Bou -zas e A.Rodríguez]

“Pozo de almas”Maryland[Isaura Docampo e MartínRodríguez]

“arder”Ataque Escampe[Mar Catarina]

“Garden´s road”Escuchando Elefantes[Olga Osorio e Juan Galiñanes]

“David contra salsón”Unicornibot[R.Domínguez e D.Tombilla]

“Las fiestas del mañana”Heroínas[B.lamas e J.Aragunde]

“Magma y Trueno”Guerrera[Adrián Glez. e Rafael Pérez]

Page 8: Canzine 2015. Ducia de Cans

aMParO rODríGuez

–De ensaio en ensaio, na axenda de

Javier Gutiérrez non quedan moitos ocos, e

menos haberá dende o 18 de maio...

–Pois poucos quedarán porque o 18

comezamos a rodaxe de "El Clima", a nova

longametraxe da directora Icíar Bollaín.

–É a primeira vez que traballa con ela?

–Sí, Icíar Bollaín é unha das directo-

ras de cine que máis admiro dende

sempre polos seus traballos e por-

que creo que é unha das máis inte-

resantes do panorama actual. O

seu é un cine moi social e moi

necesario.

–Como de importante é a

implicación social que

debe ter o ci ne -

ma?

–Paréceme moi necearia, pero non só

a implicación do cine, tamén da cultura en

xeral. O goberno está a cometer un grave

erro porque a cultura é un alicerce tan

básico como a sanidade, a educación... O

cine ten unha gran responsabilidade como

comunicador dos problemas e situacións

sociais máis actuais.

–Cada rodaxe é

comezar de novo...

–Cada película

é diferente e cada

director ten o seu

enfoque, pero no

caso dos acto-

res temos a res-

ponsabi-

lida-

de de levar os deberes feitos ás rodaxes.

Cando un acepta un personaxe debe estu-

dalo e profundizar para chegar con propos-

tas, con enfoques e con matices que enri-

quezan o guión e poidan dar alternativas ao

director. Non somos simples memorizado-

res de guións. Como actor gústame ofre-

cer diferentes puntos de vista; para mín é

moi importante que o actor sexa creador,

incluso en televisión, onde todo vai moito

máis rápido. Penso que os actores son

parte do puzzle que é unha película.

–E son boa parte do puzzle...

–Si, pero nunca están por enriba da

historia. A historia é sempre o máis impor-

tante. Cando acepto entrar nun proxecto,

acepto que son unha parte da historia.

–Pasou por todas... cine, teatro,

televisión... ¿podería escoller?

–Iso é como preguntar a quen prefires,

¿a mamá ou a papá?... pero de ter que

escoller quedaríame co escenario: é o

lugar por excelencia dun actor. No teatro

é donde un actor é máis creador.

–Un ano de moitos premios,

¿como son de importantes a nivel

personal e profesional?

–Non podo dicir que

non sexan importantes: sono moito porque

te sitúan tanto a tí como á película e ao

equipo nun punto de máis visibilidade. Para

mín o auténtico premio é ter traballo, enla-

zar unha rodaxe con outra. Os premios dan

notoriedade, pero sería un iluso se crese

que son mellor actor por ter recibido pre-

mios. Os premios son subxectivos, non son

unha carreira de 100 metros no que o que

chega primeiro gaña.

–Agora toca recibir o premio Pedigree

do Festival de Cans

–Faime moita ilusión. O Festival de

Cans sempre me tratou con moito cariño e

para min é un dos meus preferidos. A pri-

meira vez fun de xurado e divertinme

moito. Sorprendeume o contacto coa

xente e chamoume moito a atención o

alcance mediático do festival e a resposta

do público. O Festival de Cans ten a capaci-

dade de dar oportunidade a cortometris-

tas e xente nova que comeza a súa andai-

na cargados de boas ideas e de talento.

–Como ve o audiovisual galego?

–Cheo de bos profesionais a nivel de

dirección, interpretación, producción... Hai

moitos bos traballos e están a sair produc-

tos moi profesionais e de moita calidade.

JAVIER GUTIÉRREZ ÁlVAREZ, premio Pedigree

‘O Festival de Cans é undos meus favoritos’

un Goya ao mellor actor

protagonista por "La isla Mínima",

unha Concha de prata no Festival de

san sebastián como mellor actor

con esta mesma longametraxe e

agora o premio Pedigree do Festival

de Cans que o actor Javier Gutiérrez

asegura recibir coa mesma ilusión.

Page 9: Canzine 2015. Ducia de Cans

-Primeira lembranza que ten de Cans?

-O bar de Moncho. Foi ao primeiro sitio que cheguei a primeira vez que vin a

Cans. Un lugar inesquecibel para os verdadeiros canseiros.

-Momento favorito en Cans?

-O paseo en Chimpíns. Por moitas veces que o fagas sempre é unha experien-

cia irrepetible, divertida e auténtica

-A quen lle recomendaría vir ao Festival de Cans.

-A todas aquelas persoas prexuizosas coa cultura galega e co mundo rural. É

a mellor festa etnocultural do mundo!

-Unha longametraxe favorita.

-“O Atalante” de Jean Vigo

-Que peza de música bailaría en Cans.

-Bailaría algo animado da miña amiga Uxía Senlle.

-Se rodaran unha película en Cans de que xénero sería.

Indudablemente sería de terror gore.

Dous fenómenosSometimos a un carpinteiro e a un director de cine ao mesmo cuestionario. Juan Maceira e Alfonso Zarauza son os Chimpíns de Prata, Premio PepePuime, deste ano. Dous fenómenos.

-Primeira lembranza que ten de Cans?

-A primeira lembranza é de cando fun á escola por vez primeira con seis

ano, o mesmo ano que estalou a guerra civil

-Momento favorito en Cans?

-Cando coñecín á miña muller, Mucha. Foi na festa de Santo Estevo en

Cans.

-A quen lle recomendaría vir ao Festival de Cans.

-A todo o mundo, sen excepción de idade. Todo o que poda andar que veña.

-Unha longametraxe favorita.

-”lo que el viento se llevó”

-Que peza de música bailaría en Cans.

-O Pasadobre Ponteareas de Reveriano Soutullo

-Se rodaran unha película en Cans de que xénero sería.

Gustaríame que fose como a película “Norte y Sur”, con reivindicación dos

dereitos sociais.

J.M A.Z.

Page 10: Canzine 2015. Ducia de Cans

Teño o privilexio de poder dicir que participei no Festival de Cans

de tódalas maneiras posibles, ou case, porque cada ano atopo unha

nova maneira de facelo. E é que Cans está cheo de posibilidades…

A miña primeira vez foi como actriz dunha curta a concurso, era o

ano 2006 e con moita ilusión presentamos "Bos días" de Dani de la

Torre. Recordo que Dani me dixo "Ledi, vamos a un festival, pero non

se che ocorra poñer tacón"… e eu, moi obediente, calcei as zapatillas

e saín para Cans. Pouco sabía eu a sorpresa que me ía encontrar e

o ben que o iamos pasar. Comenzou a proxección, e alí, no galpón,

vendo a curta xa me decatei de que Cans era diferente e que estaba

destinada a convertirme nunha habitual do Festival. Non me equivo-

caba. Ese foi o comezo duna estreita relación co Festival no que cada

ano participo, como mínimo, como público.

Nestes anos fun a Cans con distintas excusas. Un ano para pre-

sentar a serie "O Nordés" da man dos Zopilote, outro ano invitáronme

a ser membro do xurado de curtas, labor que me encantou e que foi

tremendamente dura, por certo… e así sucesivamente ata o ano

pasado que fomos presentar a preestrea da película "Os fenómenos"

de Alfonso Zarauza.

E tódalas miñas experiencias en Cans tiveron un denominador

común: paseino moi ben. Así que Cans, para min é a perfecta mistu-

ra de diversión e bó cinema. É o perfecto encontro con amigos e con

descoñecidos que se terminan convertindo en amigos.

E é que unha non pode perder a experiencia de subir ó chimpín,

de disfrutar un bo coloquio na leira, de ver curtas e longas nun galpón,

de comer empanada, de falar de cine, de descubrir novas propostas,

de bailar no Torreiro ata o amencer e de disfrutar da xente de Cans…

en definitiva, de sacarlle o máximo partido

ao concepto "agroglamour" con todo o que a

palabra conleva.

Así é Cans, ten o poder de facer que

todos nos sintamos na casa e que o pase-

mos moi, moi ben. Pero coidadiño, que

engancha. Quedades avisados.

Diversión e bó cinemaLedicia sola. (actriz) @lediciaSola

María Libertad Campos [Maruja do Castillo] vive nunha casa

moi vinculada á música e volcada co Festival. Ten 79 anos e traba-

llou na empresa Zeltia, da que se xubilou hai tres anos.

eduardo Groba [eduardo da Graña] ten 85 anos e vive a

media entre o barrio da Graña e o Pirineo de Huesca, onde foi tra-

ballar de operario de empresas hidrográficas.

María isabel novas [Maribel da Cavadiña] ten 58 anos, tra-

balla na empresa química Biofabri e é unha das persoas máis acti-

vas dos veciños de Cans.

Diego Lage ten 16 anos, é da Graña e estuda informática. É afi-

cionado a gravar pezas coa súa cámara de vídeo e este ano fixo un

documental sobre o Ramo, as festas de Cans.

Josefa Bugarín [Fita de Toleiro] ten 80 anos e vive no barrio

de Adroza. Como moitas mulleres en Cans fixo dende sempre tra-

ballos na casa e labores do campo.

xente concriterio de seu

A implicación dos veciños de

Cans en todo o que ten que ver co

festival é algo absolutamente

prioritario para garantir o seu

natural desenvolvemento. Sen a súa

colaboración nada do que acontece

estes días na parroquia sería

posible. A súa participación como

xurado das curtas a concurso só é

unha pequena mostra de todo o

traballo realizado para que o festival

volva a ser un éxito. Este foron os

elixidos este ano para formar parte

do xurado dos veciños, xente con

criterio de seu...

O xuraDO DOs VeCiÑOs

Page 11: Canzine 2015. Ducia de Cans
Page 12: Canzine 2015. Ducia de Cans

Creo que levo indo a reportaxear o festival de Cans

case tantos anos como levan liando ó personal Pato e

compañía. E cada ano vexo como vai crecendo e facéndo-

se un bó mozo (o festival, que ‘o outro’ xa non sei se ten

arreglo), como vai enchéndose de pelis interesantes, de

ambiente excelente e de moita xente con ganas de pasa-

lo ben, cunha proposta diferente.

Porque Cans é outra cousa. Imaxinade cómo lle expli-

co eu ós meus xefes (¡de Madrid!) eso dos galpóns, -que

teño que chamarlle ‘alpendres’, o da ‘leira’ de Alicia, o dos

chimpíns adornados con toxos, ou ese glamour noso, que

sempre nos coloca a reportaxe antes ou despois do ‘outro

Cannes’.

Ó final, por sorte, cada ano me deixan facer, contalo

como quero, e ensinarlle o mundo esta tolemia que se

monta cada primavera nunha aldea galega. Cans deume a

oportunidade de facer unha conexión en directo montada

nun chimpín, que eso non o fan noutros festivais, eh?, pero

sobre todo, deume a oportuni-

dade de ensinarlle á xente, alén

do Padornelo, todo o bó que se

fai aquí, que é moito. Porque

nas leiras e nos galpóns aínda

queda moito que contar.

Patricia Martínez (xornalista de informativos Telecinco] @diecisietecosas

Cans é outra cousa

VIRGINIA CURIÁ (*)

“Meigallos” nace en torno a unha idea, a de dar unha

imaxe renovada e máis real das meigas galegas (curandei-

ras) ás que durante séculos se lles tratou como bruxas

cando o seu labor era ser coñecedoras da mediciña tradi-

cional, utilizando plantas e remedios naturais para axudar

aos seus veciños.

En “Meigallos”, partimos desta idea para falar da convi-

vencia entre esa sabedoría tradicional e o novo mundo no

que vivimos cos avances tecnolóxicos e as redes sociais.

Tendo en conta que queriamos facer unha película dirixida

a público infantil (7-9 anos), contamos a historia protagoni-

zada por unha nena e a súa avoa, a diferenza xeracional é

evidente, cada unha delas representa un dos mundos que

queremos relacionar. As dúas viven nunha caravana, via-

xando de pobo en pobo, xa que a avoa é curandeira e viven

dos remedios naturais que ela prepara, á nena, coñecedo-

ra e usuaria das novas tecnoloxías, dálle preguiza aprender

os coñecementos que lle quere transmitir a súa avoa.

Na nosa historia, Malva, a nena protagonista, ten unha

gran curiosidade por certos segredos que garda celosa-

mente a súa avoa, algo que lle será dado a coñecer cando

sexa maior, pero a súa impaciencia e a súa falta de discre-

ción trae como consecuencia que unha avariciosa empre-

saria secuestre a súa avoa para obter as formulas secre-

tas. Malva con axuda do seu móbil e dos seus amigos terá

que conseguir rescatar a súa avoa.

A estrea en Cans é para min moi importante porque

vai ser a primeira vez que se proxecte en Galicia con públi-

co, ver a reacción dos nenos é fundamental para saber se

lles gusta, estou a desexar que chegue o momento.

(*) Virginia Curiá é directora de “Meigallos”

Estrear en CansO mércores estréase no Festival de Cans, para toda Galicia, o filme deanimación “Meigallos”. A directora escribiu para CanZine.

Page 13: Canzine 2015. Ducia de Cans

MANRIQUE FERNÁNDEZ

Albaceteño de nacemento,

poderiamos definilo como “galego

por vocación” polo seu vencella-

mento con esta terra que nace

cando, a finais da década dos 80,

levou á pantalla a novela do coru-

ñés Wenceslao Fernández Flórez

“El bosque animado”, ambientada

na Fraga de Cecebre; logo virían

as adaptacións de “A lingua das

bolboretas” e “Todo é silencio”, de

Manolo Rivas, mesmo a fundación

dunha bodega na comarca do

Ribeiro, a onde se despraza con

asiduidade. “Síntome moi agusto

en Galicia, a xente trátame moi

ben e sempre é moi amable comi-

go”, afirma.

Acostumado aos festivais

máis tradicionais, de seguro se

sorprenderá en Cans, malia que

ten bastante claro a onde vén:

“¡Como non o vou coñecer se non

parades de dicir que existe!” afir-

ma entre risas. “Estades todo o

día publicitándoo en todas partes.

E paréceme moi ben, este tipo de

iniciativas, como o festival de

Cans, teñen que difundirse aínda

moito máis”.

Nunca pisou a parroquia, pero

conceptos como chimpin-bus,

agroglamour e alboio xa non lle

son alleos. Para falar do festival de

Cans emprega palabras como

“sarcástico” e “participación popu-

lar” entre os seus grandes valo-

res, e só lamenta que se vexa

reducido a Galicia e non teña unha

repercusión moito máis ampla.

Non é a primeira vez que o

seu nome se baralla entre os con-

vidados ao festival, “pero de todas

as veces que me chamaron

nunca lles puiden dicir que si.

Agora, aínda que ando metido na

promoción do libro, xa me daba un

pouco de reparo volver a dicirlles

que non e aceptei. A verdade é

que teño moitas ganas de estar

aí.” O libro en cuestión é “Tiempo

después”, unha novela inicialmen-

te pensada como guión cinemato-

gráfico de tintes distópicos que

pretendía rodar pouco despois de

rematar “Así en el cielo como en

la tierra”.

No coloquio falará, seguro,

desta novela, pero tamén da súa

filmografía e de calquera cousa

que lle queiramos preguntar. Non

leva un guión previo, pero cunha

retranca propia do galego en que

semella estar a piques de se con-

verter, espétanos: “Estou a dispo-

sición da organización e aberto a

todo o que me queiran preguntar

e saiba responder; que non me

pregunten de trigonometría, por

se acaso.”

José luis Cuerda, director, guinista e productor

‘Iniciativas como o festival de Cans,terían que difundirse aínda moito máis’

“estou a disposición da organización e

aberto a todo o que me queiran preguntar e

saiba responder; que non me pregunten de

trigonometría, por se acaso.”

a leira de alicia acostuma a vestirse de gala en cada edición do

festival de Cans para recibir algúns dos nomes máis salientables do

panorama audiovisual. Pero de seguro que boa parte dos que xa

pasaron por tan tradicionais coloquios estarían de acordo en

considerar un auténtico mestre ao protagonista deste ano: José

Luis Cuerda, un dos directores, guionistas e productores máis

prestixiosos do noso cine.

Page 14: Canzine 2015. Ducia de Cans

Os galegos temos a capacidade de tunealo todo e co

noso xenuíno enxeño dámoslle un plus de calidade/orixi-

nalidade que, en canto se decate Esperanza Aguirre,

monta aquí unha sucursal da súa empresa caza-talentos.

Para mostra este Festival de Cans. Os que levamos

anos asistindo a ámbolos dous festivais, o francés e o

porriñés, temos moi claro que non hai Costa Azul como a

do cuberto de Chelo… onde vai parar!

E nesta nosa teima en darlle unha reviravolta a todo,

fomos quen de converter as peregrinacións en “romarí-

as”. Manda truco!

En calquera parte do mundo unha peregrinación é o

desprazamento de homes e mulleres cara lugares sagra-

dos, un fenómeno universal –e aburrido- da antropoloxía

relixiosa que en Galicia tuneámola até convirtila nunha

festa popular na que o divertimento é o leitmotiv.

E o festival de Cans -por se alguén aínda non se

decatou- e una “romaría” onde os cineastas levamos as

nosas ofrendas que, lonxe de seren galiñas, galos ou poli-

ños como vulgarmente acontece, o glamour propio desta

parroquia esixe que a esta romaría veñamos con curtas,

longas, videoclips… baixo o brazo para ofrendalos na

Can Parade e deixar que cans e cadelas fagan a milagre.

E abofé que funciona!

Para escépticos –que habelos hainos, meus pobri-

ños- póñense á venda exvotos en forma de camisetas e

chapas que, unha vez adquiridos e vestidos, garanten un

premio nacional a devotos e devotas. E se o que se pre-

tende é o éxito internacional, resulta imprescindible a

doazón de 3 packs de exvotos.

As estatísticas das milagres de Cans son tan infalibles

que a gran noticia desta campaña electoral non vai ser a

da chea de postos de traballo que van dar aos estaleiros

galegos os barcos mexicanos. A primicia que vos atraio é

que este ano teremos en Cans á

mesmísima ministra de Fomento

Ana Pastor que virá dar conta do

inicio da construción do AVE

Cannes-Cans grazas á presión

das majors americanas que non

están dispostas a perderse este

palmarés. YES, wE CANS!!

Chelo Loureiro (produtora) @cheloloureiroCans Pilgrimage

Unha ducia de anos non se cumpren todos os

días, pero haberá que cumprir moitos máis ¿non?

Pois ben: pensando no futuro, o festival de Cans inau-

gura este ano unha programación específica artellada

exclusivamente para os máis pequenos.

Dicir isto non é dicir toda a verdade: en anos ante-

riores xa se crearon seccións pensando nos nenos e

nenas, como “Cans do futuro”, visitas guiadas para

escolares con proxeccións e coloquios. Pero agora ire-

mos un pouco máis lonxe. O sábado, 23 de maio, os

pequenos da casa contarán con espazos no que se

convertirán nos auténticos protagonistas cunha serie

de actividades deseñadas exclusivamente para eles.

Comecemos co que chamamos “Espazo do río”,

ideado para darlle ao festival un carácter máis familiar

ca nunca. logo de inaugurar o ano pasado a zona do

río de Cans como un lugar para o ocio en consonancia

coa natureza, este ano disporemos dunha gran área

infantil pensada para gozar do festival en familia e

durante o día, con actividades variadas e unha oferta

de menú infantil para xantar.

Este espazo contará cunha intervención de arqui-

tectura efémera –levada a cabo por varios arquitec-

tos e coordinados por Juan Creus, que xa fora comisa-

rio da exposición Ducia de Cans– con zonas específi-

cas para gozar do medio ambiente, o entorno natural

e as zonas sombrías do río. Porque hai que darlle ao

río o valor que ten como lugar de paseo, de lecer,

como paisaxe, como son da auga, etc. Quérese así

espertar nos nenos unha conciencia de preservación

do entorno natural e de valorar e coidar o medio

ambiente.

O sábado, 23, pola mañá proxectarase o filme A

Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella, unha diver-

tida longametraxe de animación 3D de produción gale-

ga. Forman parte do equipo Pancho Casal e Chelo

loureiro, vella amiga do festival que xa nos acompa-

ñou como membro do xurado oficial na pasada edi-

ción. A longa estivo nominada aos Premios Goya deste

ano á Mellor Película de Animación, aos Premios

Gaudí á Mellor Película de Animación e á Medalla CEC

(Críticos Cinematográficos) á Mellor Película de

Animación.

Despois da proxección, Blanca Cendán e Suso

Alonso encherán de novo Cans de cinema co seu

peculiar e orixinal espectáculo Muller Cine, no que

incorporan un novo elemento: imaxes a tempo real

proxectadas nos seus propios corpos, desta vez,

adaptado para un público infantil, coa música do

piano de Suso Alonso.

A tarde estará tamén chea de música e

cine para os cativos. A Caixiña de Mistos -

de Mr. Misto- será o lugar escollido para

que os rapaces poidan ver curtas de

animación e audiovisuais de contido

infantil, todo dentro dunha carava-

na habilitada convertida nunha

curiosa sala de cine.

Ademais, contarase co parque

infantil habitual, non cesará a música variada e

de todo tipo e Koremi -empresa especialista en servi-

zos educativos, deportivos e de ocio- ofertará un área

de xogos tradicionais. En definitiva: o festival de Cans

para todos os públicos.

mini

CansOs pequenosqueren cine

Page 15: Canzine 2015. Ducia de Cans

O Festival de Cans é para os veciños como un fillo.

Cada un aportamos o mellor de nós e vemos como vai

medrando e asentántose. Coido que xa pasou a súa

infancia, agora estamos en plena adolescencia e aínda

haberá de madurar e mellorar. Pero como todos os fillos

que queremos require de moitos coidados para que

medre sano e forte. Por iso desde hai tres anos colaboro

con orgullo na organización en coordinar un equipo médi-

co que coide á xente no festival. Somos un equipo no que

estamos cinco persoas entre as que hai médicos, enfer-

meiros e técnicos. Estamos pendientes de quen nos

poida necesitar, sexan veciños ou festivaleiros. Levamos

atendidas varias ducias de persoas, afortunadamente con

pequenos percances.

Como coordinadora da área sanitaria gustaríame inci-

dir na importancia de prestar moita atención ós chimpíns,

sobre todo cando inician a marcha, onde é moi importan-

te estar moi ben agarrados. Tamén pediría que se beba

con moderación para que todos poidamos participar da

diversión. Espero que sexa unha festa

sana e un ano máis, participar como

enfermeira e como veciña neste

evento do que todas e todos nos

sentimos tan orgullosos. Temos

que seguir coidando e miman-

do ó fillo para que siga medran-

do e facéndonos felices.

Merchi sánchez (enfermeira, veciña de Cans e coordinadora do equipo médico do festival)Coidando Cans

Levan chaleco reflectante e, por debaixo, a camisolado Festival de Cans. Atoparse con eles e elas duranteos días que dura o certame é garantía de que non vosides perder. Son os guías dos camiños, pezasimportantes para a organización do certame.

Chámome Ainhoa e gustaríame contar o meu primeiro ano

como guía dos camiños no Festival de Cans. A miña experien-

cia no festival foi xenial. Encantoume montar nos chimpins e

ademais gustoume moito como estaban decorados. Non é o

mesmo ver os chimpíns por Cans os días normais que os días

do festival. Gustaronme tamen o baixos donde poñen a curtas,

por non falar das camisetas e os concertos. O que mais me gus-

tou foi participar como guía e axudar á

xente a atopar os sitios das proxec-

cións. Pero o mellor de todo é que

sexa algo noso, algo único e que veña

moita xente a velo. Que saiban que os

imos recibir moi ben porque así é

como somos os de Cans.

A miña primeira vez en Cansainhoa Cabaleiro Boente

(Ten 9 anos. É guía dos camiños do Festival)

REDACCIÓN

Non é que Cans teña a extensión de Michigan, pero

non pensedes que é doado facerse co terreo. Certo é

que a organización do Festival traballa para que toda a

parroquia estea perfectamente sinalizada pero, por se

isto fose pouco, traballan con nós os guías dos camiños.

Todos son nenos da aldea e teñen entre 8 e 14

anos. Para eles, traballar ao carón da organización do

Festival de Cans é importante. Eles quérenlle moito ao

certame síntense moi orgullosos de traballar nel. Algúns

deles, os máis cativos, non coñecen Cans sen que en

maio se vista de Festival. O Festival existía antes de que

eles naceran, medraron con el, xa forma parte da súa

vida.

Se por despiste baixades dun chimpín nun lugar equi-

vocado, se non atopades a sala na que vos toca disfrutar

das proxeccións, se tedes a boca seca e non atopades o

torreiro, se non sabedes onde están aparcados os

buses para baixar ao centro, parade a un dos guías dos

camiños e preguntádelle. Eles informaranvos de todo.

Eles queren ao Festival e o Festival quérelle a eles.

Son o futuro do certame. Son os nosos minicans.

Page 16: Canzine 2015. Ducia de Cans

ANA CERMEñO (*)

“A Cambio de nada” é a primeira longa-

metraxe de Daniel Guzmán e la

Competencia, unha produtora nova cun his-

torial de vertixe en ficción e entretemento

para televisión.

Dani levaba anos dándolle voltas á súa

historia, un guión cheo de tenrura e alma

con matices autobiográficos. Sabía, pola

súa amizade con César Rodríguez, socio de

la Competencia, como embarcalo na súa

travesía; os dous viven as historias con vehe-

mencia, e o frenesí de Dani foi implacable.

César, responsable de ficción, convenceu

aos seus socios, fundamentalmente ao

director de produción Íñigo Pérez-

Tabernero, e iniciaron esta aventura.

Paseniño sumáronse outras forzas, como a

produtora galega Zircozine, e levaron a bo

porto “A cambio de nada”.

Hai uns días, Farruco Castromán, produ-

tor de Zircozine, agarroume do brazo e díxo-

me: “Aniña, temos que convencer a César e

a Íñigo para levar a película ó festival de

Cans”. Acababan de aterrar do festival de

Málaga con catro biznagas nas súas mans,

e esa mesma mañá chamaran a la

Competencia para pedir a longametraxe

dende o festival de cine de Ámsterdam, do

festival de cine europeo de Bélxica e do BFI

london Film Festival…

Así estaban as cousas, e nós tiñamos

que convencer aos produtores de Madrid

de que a súa primeira película queriamos

presentala nun festival dunha aldea de

Galicia de catrocentos habitantes.

Comezamos a falarlles do agroglamour, dos

alpendres, os galpóns, os faladoiros nas lei-

a CaMBiO De naDa2015 | 93’ | Español

Dirección e guión: Daniel Guzmán

Montaxe: Nacho Ruiz Capillas

Productoras: Amir, El Niño Producciones, la Competencia, la Mirada Oblicua, luis Pérez Gil,

Telefónica Studios, Ulula Films y ZircoZine. Coa participación de: TVE, Canal Sur y Canal+

Fotografía: Josu Inchaustegui

Elenco: Miguel Herrán, Antonio Bachiller, luis Tosar, María Miguel, Antonia Guzmán

Vai de: Darío, logo de escapar do inferno familiar no que estaba envolto, descobre unha nova maneira

de ollar a vida despois de coñecer a Antonia, unha anciá que recolle mobles vellos.

Género: Drama adolescente

O detalle: A longametraxe fíxose coa “Biznaga de Ouro” á mellor película no Festival de Cine de Málaga

2015, onde tamén gañou os premios á mellor dirección, ao mellor actor e mailo Premio da Crítica.

xOVes 21 | 20h00 | CírCuLO reCreaTiVO e CuLTuraL (O POrriÑO)

Daniel Guzmán‘a cambio de nada’

••••• é a súa primeira película como director••••• será proxectada o xoves, día 21, no CrC••••• a cinta conseguiu 4 Biznagas de Ouro no

festival de Málaga e xa foi demandada enámsterdam, Bélxica e Londres

Page 17: Canzine 2015. Ducia de Cans

ras, os chimpíns… César e Íñigo mirábanse

entre eles, e Farruco e mais eu, Cans-adic-

tos ata o miolo, pisamos o acelerador da pai-

xón.

Descubrín ese brillo nos ollos de César, o

brillo na mirada dos sensibles, e souben que

iriamos ao festival de Cans. Ese mesmo bri-

llo que debeu sentir Dani cando o seu amigo

César leu o seu guión, porque “A cambio de

nada” é una película que toca ata o fondo

sentimentos.

Dani Guzmán lévanos por unha historia

con moitas facianas. Cada espectador vívea

como lle vai nela: a lealdade dos amigos, a

soidade dos maiores, a indefensión dos fillos

ante un divorcio, a maldita crise económica…

pero todos sentimos que a longametraxe

respira verdade.

Dani íspese e conta como ve a vida a tra-

vés de personaxes profundos e brillantes

que están sós e establecen relacións de ami-

zade a cambio de nada, sen ningún interese.

Unha historia chea de momentos emoti-

vos, tristes, divertidos e canallas onde as

bágoas e as risas alternan, pero sempre

tocando o corazón. E esa tecla, a do cora-

zón, foi a que lles tocou Dani Guzmán ós pro-

dutores de “A cambio de nada”. Unha longa-

metraxe feita por homes sensibles. Dou fe.

(*) ana Cermeño, responsable de

Desarrollo de Ficción de La Competencia.

Page 18: Canzine 2015. Ducia de Cans

Hai anos, Alfonso Pato chamoume para pedirme que

participara nun faladoiro dun programa da Radio Galega

que se ía a transmitir en directo dende o torreiro. “E de

que falo, Fon?”. “Dos oitenta no Porriño e todo iso...”,

díxome. “No hay fallo”. Este sería o punto de partida da

miña xa longa relación co Festival de Cans. Logo, Pato

pediume que me encargara da área de convidados e eu

asumín o reto.

O primeiro ano, os veciños de Cans me veían pola

parroquia, dun lado para outro, e todos me preguntaban o

mesmo: “E ti de quen ves sendo?”. “Eu son neto do Señor

Genaro, o panadeiro”, contestaba. Acto seguido repre-

guntaban: “O do burro?”. Meu avó, hai anos, repartía o

pan co seu burro por Cans. O Festival de Cans xa me

estaba a dar algo do que sentirme orgulloso: o recordo do

meu avó. Logo, grazas ao meu traballo, comecei a coñe-

cer de preto a toda esa xente coñecida que colabora co

certame. Un dos primeiros cos que entablo relación é co

actor Javier Gutiérrez. Daquela traballaba en “Los

Serrano”. No meu móbil o teño gardado aínda como “Javi

Serrano”. Dende aquela, e grazas ao Festival, o actor

ferrolán e máis eu coincidimos en varias ocasións estre-

teitando así a nosa amizade. É por isto que este ano, mái

se cabe, sentireime moi orgulloso de ver como recibe o

Premio Pedigree do Festival. De atendelo como se mere-

ce e de brindar con el por este premio que, eu ben sei,

tanta ilusión lle fai.

Patearei os camiños da parroquia con Gutiérrez e co

resto de convidados. Aqueles

mesmos camiños que o meu

avó percorría co burro cargado

de pan. A memoria do Señor

Genaro, levoume ata o Señor

Gutiérrez. Esta é a maxia do

Festival de Cans. Por iso me

gusta tanto traballar aquí.

abel Gallego (relacións Públicas do Festival) @belipuntiDo Señor Genaro ao Señor Gutiérrez

Entre @s fill@s de Cans hai de todoSentímonos especialmente orgullosos desta sección que nos permite descubrir as primeiras imaxesdas primeiras longas de cineastas que amoaron as súas curtas en anteriores edicións de Cans.Poderedes ver un adianto dos seus traballos o venres ás 16:30 no Baixo de Moncho.

Donde se acaba la memoria

Dirección: Pablo Romero-Fresco

Vai de: Interesantísimo documental que nos

achega ás liñas de traballo que o hispanista Ian

Gibson segue para tirar nova luz sobre a vida e

a obra de luis Buñuel.

O detalle: O documental ten unha premonta-

xe na que se amosan sorprendentes acháde-

gos.

La declaración de los objetos

Dirección: Cristóbal Arteaga

Vai de: Sofía decide asumir o seu lesbianismo públicamente e todo cam-

bia. Tras a suposta aceptación dos seus pais escóndese un plan para recon-

ducir a súa filla cara á heterosexualidade. E tras a aparente fachada de ten-

rura e comprensión da súa moza, Paloma, escóndese unha maltratadora

que levará a Sofía ao límite.

O detalle: Reflexión sobre dous grandes temas, o maltrato en parellas

homosexuais e a dobre moral da sociedade actual.

Lobos sucios

Dirección: Simón Casal

Vai de: Dúas rapazas que traballan nunha

mina de wolframio galega explotada polos nazis

na década dos 40 ven como a súa vida se com-

plica coa chegada dun espía belga.

O detalle: Debut como director de longa-

mentraxes de Simón Casal, que pasou por Cans

como curtametraxista.

Psiconautas

Dirección: Alberto Vázquez e Pedro Rivero

Vai de: Unha ratiña e un rapaz paxaro encar-

nan a mocidade insatisfeita que intenta fuxir dun

entorno asfixiante, escapar dunhas vidas opacas

cun alto grao de alienación. Unha metáfora da pro-

blemática adolescente fermosa e cruel.

O detalle: Debut na longametraxe de anima-

ción de Alberto Vázquez, autor do libro que lle dá

orixe e máis da curta Birdboy, adaptación libre coa

que gañou o Goya en 2012 e o Can de Pedra do

VIII Festival de Cans.

el Desconocido

Dirección: Dani de la Torre

Vai de: Carlos, executivo de banca, comeza a

súa rutineiria mañá levando os seus fillos á esco-

la. Cando arranca o coche, recibe unha chama-

da anónima que lle anuncia que ten unha bomba

debaixo do seu asento. A voz dun descoñecido

comunícalle que ten unhas horas para reunir

unha elevada cantidade de diñeiro; se non o con-

segue, o seu coche voará polos aires.

O detalle: Xa viramos un anticipo no A que

andas? de Cans 2014.

Page 19: Canzine 2015. Ducia de Cans

Non sei cantos anos levo acudindo ao festival de

cans, non demasiados pero sempre me parecen poucos.

Supoño que porque non hai ningún ano parecido ao ante-

rior.

A miña primeira vez foi presentando o documental “A

caravana Vilamor”. “É un festival en Cans, e a xente vai

en chimpíns, e proxectan pelis nos galpóns das casas…”

dicían; esa era a teoría pero o espectacular foi poñelo en

práctica. Era certo; chegaban profesionais do medio de

todas partes e subían nos chimpíns ata o Torreiro; para-

bas na leira dun veciño que cedía o seu espazo privado

para escoitar o que algún entendido do audiovisual que-

ría compartir con nós, mentres refrescabas o corpo cunha

cervexa (ou refrixerio) ben fresquiña e despois botabas

un baile agarrado cunha banda sonora ben escollida.

A primeira vez, é para todo. Os seguintes anos, dis-

frutas o festival sentindo que formas parte del pero de ver-

dade, sentido que eres un veciño de Cans; atopas caras

coñecidas, vellos amigos e compañeiros, e faste colega

de moitos outros novos. E volves botar o baile, e ver esa

peli en primicia da que tan ben te falaron, e montar no

chimpín ao ritmo das gaitas e preguntarte quen c.. escri-

biría “Diselo” no penedo dalí arriba. Un veciño abre as

portas da súa casa para compartir un pouco de empana-

da e chourizo, e ti non queres marchar. E xa estas pen-

sando como vas organizar a túa axenda para o ano que

vén poder volver. Así pasa seeempre.

Sei que non deixarei de ir ao Festival de Cans por

moitos motivos; a parte cultural, a posibilidade de com-

partir uns días con compañeiros de profesión e actualizar

o teu disco duro coas cousas que se están facendo ao teu

redor é un deles, pero a parte persoal é outro igual de

importante. Os vecinos poñen todo da súa parte para que

os convidados esteamos a gusto, a organización deixa a

alma e o corpo coa mesma finalidade, e ti pasas unas

vacacións, con permiso, caralludas.

Probei Cans como espectadora, presentando algún

traballo, formando parte de xurado. Só espe-

ro que isto se repita moitas veces. Non

hai que ir moi lonxe para disfrutar do

audiovisual e da festa, hai que ir a

Cans.

O festival de Cans como cos-

tume anual na miña vida. O

“agroglamour” como concepto.

sabela arán (actriz) @Sabela_aranO agroglamour como concepto

De cando en vez fantasío con que despois de morto

algún familiar meu escriba un libro no que, dun xeito entre

heroico e estúpido, tente reivindicar a miña figura de cine-

asta.

Reparará en que nas tres curtas que levo proxecta-

das en Cans ata o momento, hai un pequeno fío de unión:

as galiñas de “Estereoscopía”, os ovos do biscoito de

“Anacos” e as ducias de ovos que a miña avoa me da en

“Ser e voltar”.

Virá presentar o libro na LXVII edición do festival.

Faranme unha pequena retrospectiva, flores sobre as

miñas pegadas no torreiro das estrelas. E todo rematará,

como non, cunha gran festa.

O libro será un completo fracaso. Caixas e caixas con

exemplares sen vender nos baixos da Cidade da Cultura

(non conseguín crear unha imaxe pública polémica e

comercial). Pero as miñas películas seguirán viaxando,

porque ó contrario do que cre a

miña avoa: o cinema esta vivo.

Daquela aínda non saberán

se foi antes o ovo ou a galiña,

pero si que ambos se necesitan

tanto coma os filmes ós festi-

vais.

xacio Baño (director de cine) @xacioRompendo a casca

Guións frescosCoñecemos o último traballo de guionistas edirectores con percorrido. O venres á 13:00 no Baixode Moncho a sección “A que andas?”

REDACCIÓN

Polo Baixo de Moncho, o venres á 13:00h,

pasarán algúns dos mellores realizadores galegos

para contarnos a que andan. Aí atoparémonos

con directores como Manane Rodríguez e Xabier

Bermúdez, Miguel Barros ou Alfonso Zarauza e

saudamos con entusiasmo a curtametraxistas cur-

tidos en Cans que pronto rodarán as súas primei-

ras longas: Xacio Baño e Juan Galiñanes. Un dos

encontros máis fermosos de Cans, que descubre o

filme na súa parte máis inedita: sobre o papel e co

guión a punto de producirse. Cando o cine é só

palabra.

Juan Galiñanes falaranos de “Fatum”. Trátase

do seu debut como como director de longametra-

xes de ficción. O pasado ano levou dous premios en

Cans coa curta 3-1=03. Pola súa banda, Xabier

Bermúdez preséntanos “Migas de pan” de Manane

Rodríguez. O tandem Manane Rodríguez - Xabier

Bermúdez segue creando ao máximo nivel.

Despois de presentar en Cans 2014 o guión

que escribiu para o último filme de Isabel Coixet,

Miguel Barros descúbrenos o seu novo guión de

aventuras na selva amazónica para Enrique

Urbizu. O seu título, “Oro”.

Xacio Baño, último vencedor do Festival de

Cans con “Ser e Voltar”, avanza en exclusiva para o

festival o que será o guión do seu agardado debut

no mundo da longametraxe. Preséntanos “Ana y el

futuro”.

Alfonso Zarauza, despois do exitoso recorrido

de “Os Fenómenos”, preséntanos o seu cuarto

filme “A estranxeira”, do que tamén é guionista.

Por último, Daniel Froiz preséntanos “A esta-

ción violenta”, a adaptación libre da primeira nove-

la do xornalista e escritor Manuel Jabois.

Page 20: Canzine 2015. Ducia de Cans

TONy lOMBA

Maio de 2.008, concertazo, Elio

& me flotando por Cans. Cásome co

Festival e xuro fidelidade eterna e un

tipo de negro con lentes regálame a

lúa de mel: Oe, gustaríache partici-

par na miña próxima peli? Osti tú!!!

Juanma Bajo Ulloa ofrecéndome

entrar pola porta grande do mundo

do celuloide. A partir de aí, facémo-

nos amigos e mantemos estreito

contacto ata hoxe que Rey Gitano é

unha realidade. Cando Jon dime que

a canción España, España ten que

ser un momento especial na peli,

doume conta de que a química entre

dous rebeldes callou. Un dos prota-

gonistas será unha das persoas que

máis admiro e que é amigo meu. O

gran Manquiña. Dos tíos máis punkis

e con mais clase que coñezo. No

Festival do ano pasado coincido con

Karra, o outro prota, ás 8 da mañá

no hotel, serenos! El regresa a casa

e eu voume de speaker ao

Campionato Galego de carretillas.

Colegueamos con moi bo rollo. Toda

a xente que vou coñecendo apórta-

me alegría. Cans é o meu cupido. No

cine, na música, na miña vida. Rey

Gitano gustaravos. Si non, xa sei a

quen ides votar.

Rey Gitano… eeu tan payo

Cans acolle en exclusiva as primeiras imaxes do novo filme deJuanma Bajo Ulloa “Rey Gitano”. Será o venres ás 17:30h. no Baixode Bugarín e contaremos coa presenza de dous dos protagonistasda peli: Tony lomba e Manuel Manquiña. lomba escribe para nós ecóntanos como naceu a historia.

Page 21: Canzine 2015. Ducia de Cans
Page 22: Canzine 2015. Ducia de Cans

A. PEDREIRA

Aínda haberá quen se pregunte que é

iso de Dos Tenores e que ten que ver con

Def Con Dos. Pois ben, trataremos de expli-

calo brevemente: DCD vén de cumprir nada

menos que 25 anos, toda unha vida. Neste

tempo, o grupo evolucionou dende o rap e o

hip-hop iniciais cara a un son moito máis

contundente inspirado no punk e no metal e,

como é lóxico, os temas iniciais, algúns deles

ben míticos, foron quedando fóra de xogo. E

DCD levaba un tempo pensando que

facer para desempoar ese reperto-

rio.

Como 25 anos é

unha data para cele-

brar, decidiron

facelo recuperan-

do o espírito pri-

mixenio, regra-

bando algúns

dos vellos temas

que non encaixa-

ban sobre as

bases metaleiras e

dándolles unha nova

vida ao abeiro das tec-

noloxías máis actuais. O

experimento funcionou

tan ben que deu lugar a un novo disco

que inclúe temas propios e algunhas ver-

sións e, a non tardar, a unha xira baixo unha

formación reducida ao que chamaron Dos

Tenores: Peón Kurtz, J. Al Ándalus e César

Strawberry.

De maneira que este producto recolle

toda a esencia do grupo “grande” nos seus

primeiros compases vitais. De feito, cando

lle pedimos a César Strawberry, vocalista de

ambas formacións, que definise a Dos

Tenores en só catro palabras, non o pensou

moito: “¿En catro? Moi fácil: máis Def Con

Dos”.

De maneira que o que veremos no

Torreiro de Cans será unha versión reduci-

da de DCD. Ou non o será. Porque o que

veremos será algo que supera unha visión

tan reduccionista do proxecto, será algo

novidoso e orixinal: a reformulación actuali-

zada de DCD. Si, algo así pode resultar máis

acaído. No Torreiro de Cans asistiremos á

recuperación

de te mas

t a n

míticos como “la cotorra criolla”, “Duro y a

la encía”, “Quiero la cabeza de Alfredo

García”, “Miedo a un planeta DEF”...

“Son proxectos distintos”, insiste

Strawberry unha e

o u t r a

vez, “dous espectáculos que non teñen nada

que ver un co outro pero que se comple-

mentan entre si”. De feito, remarca que na

actualidade estanse movendo os dous a un

tempo e valora que isto “permítenos chegar

a lugares aos que antes non chegabamos”.

DCD é máis grande, máis aparatoso e difícil

de mover; Dos Tenores, en troques “adápta-

se moito mellor a salas pequenas, pero

tamén a calquera tipo de festival”. Mesmo

en América está funcionando moi ben

“porque che permite viaxar alí e facer

todo un mes de actuacións en

lugares pequenos”, algo que

con Def Con Dos “banda”

resulta practicamente

imposible.

E non deixa de subli-

ñar que “cada un deles

ten o seu propio reperto-

rio distinto e diferencia-

do, de arredor de 90

minutos, sen necesida-

de de que se repitan os

temas”. Claro: é que 25

anos na estrada dá para

iso e para moito máis.

Strawberry non é un

diletante en Cans: visitounos

en 2009 como membro do

xurado de videoclips. “Xa o

coñecía, claro está, pero non esti-

vera ata daquela. E, a verdade,

gustoume moitísimo”, lembra. E

desata a súa locuacidade cando

lle pedimos que nolo describa:

“Ese concepto de trasladar o for-

mato fashion e comercial que

teñen os festiviais tradicionais,

mesmo o de Cannes, que son

pura banalidade, a un pobo

pequeno como é Cans, e facelo

con tantísima coña, paréceme

unha idea magnífica. O festival

de Cans é unha sátira inxenio-

sísima feita con creatividade e

intelixencia”.

CÉSAR STRAWBERRy, vocalista de Dos Tenores

‘Cans é unha sátirainxeniosísima feita concreatividade e intelixencia’

Page 23: Canzine 2015. Ducia de Cans

AMPARO RODRÍGUEZ

-Dragon Fly, Sidonie, Fascinado, la Costa Azul, El incendio,

Fluído García, Sierra e Canada... ¿hai algo en común na súa dis-

cografía?

-Si, dende o principio eu penso que o punto de guión de

todos estes discos é a busca da melodía da canción. Sempre

cambiamos as vestiduras pero o obxectivo é o mesmo.

-15 anos de discos con Sidonie, ¿cada vez que sae un disco

vívese como se fose o primeiro ou segue a ser o primeiro o da

ilusión por excelencia?

-Vívese co mesmo medo mesturado coa emoción e impa-

ciencia de ver como será a acollida, iso é algo que non ten cam-

biado nestes anos. Dende o primeiro disco seguimos a ter eses

nervos no estómago que é algo moi bonito. Eu coido que o día

que non o sintamos será que xa estamos acomodados e non

penso que sexa algo bó para Sidonie.

-Cando Sidonie escoita os seus primeiros traballos... ¿que

pensa?

-(Risos) Bueno... a verdade é que recuperamos os primei-

ros discos sobre todo cando estamos en verán separados des-

cansando... (risos). Debe ser que nos botamos de menos...

Penso que en setembro cando voltamos e comentamos temos

a sorte de non botar as mans á cabeza. Temos a sorte de que

cando miramos atrás sentímonos orgullosos e coa sensación

de ter feito un bo traballo.

-23 de maio á sala Sir lauren´s de Oviedo e logo ao festi-

val de Cans... ¿como teñen a súa axenda?

-A axenda está casi casi completa. Pensa que o disco xa ten

dous anos e temos a sorte de que aínda estea vivo. Temos

unha actuación en setembro en Italia e logo o obxectivo é cru-

zar o Atlántico. Estamos a piques de presentar dous videos

clips novos de "Un día de Mierda" e "Estáis Aquí" que só falta

estrealos.

-De Oviedo a Cans... ¿que escoitaron do Festival de Cans?

-Todo novas boas... en Galicia sempre nos trataron moi ben.

Despois de Madrid donde temos máis público é en Galicia. Imos

ao festival ilusionados.

-¿Que lembranzas teñen dos primeiros concertos en

Galicia?

-lembro atoparme unha terra na que a xente vén a escoi-

tar música e lembro moito respecto pola cultura pop e iso,

cando acabas de saír de Cataluña e estás comezando unha

traxectoria, é algo incríble que te da ás e ilusión.

-Cada público un mundo ou... somos todos iguais.

-Máis que cada público... cada momento. Tocamos en

Alemaña onde a xente ten fama de ser moi fría e, en cambio, a

xente deuno todo. Cando estamos no camerino e escoitamos

a intro do concerto xa nos decatamos de como vai ser o públi-

co e o concerto. Penso que é a comuñón entre o público e o

grupo, que é o momento o que os fai distintos.

-De que xeito inflúe a actitude do público nun concerto...

É fundamental. Sidonie ten o concepto de que cada concer-

to é unha cita. Esa noite prepáraste para dar o mellor de tí,

poste guapo, etc. Dende logo, non compartimos esa actitude

de grupos que nin saúdan ao público.

-Se fosen o público, que lle pedirían aos que están no esce-

nario?

-Cando alguén vai a un concerto sempre lle pregunto

“¿houbo sexo ou non?” A arte é unha manifestación sexual

como calquera outra, máis especialmente na cultura do rock e

do pop que é máis obvia. Nun concerto ten que haber sexo,

comunicación física e emocional, sentimentos... Se non, resulta

un aburrimento.

-Cando comeza a xira que é o máis duro: o traballo no esce-

nario, atender aos medios, os fans, as viaxes...

-O máis duro é sair de casa. Eu, que son moi de casa, cús-

tame pensar nos hoteis, comer fora... Pero aínda que soe ao de

sempre, cando estás no escenario todo paga a pena e esque-

ces hoteis, avións, furgonetas... Os mellores momentos da miña

vida están enriba dun escenario.

--En "Soy la crema" teñen visións ao espertar ¿cales?

-Hahahah... Falaba dese tipo que se move polo barrio de

Malasaña ou de Gracia en Barcelona, un tipo con mil proxectos

en marcha pero que non remata ningún; que non acepta que

non ten talento. Así que ese tipo tería visións de todo pero non

é o meu caso, hahaha, eu non teño esas visións.

-Que necesita un día para ser "Un día de Mierda"....

-Pois unha boa resaca, pensar que o pracer pódese pagar

con dor. Polo menos eu agora se teño unha boa resaca podo

cantala e atenualos efectos

-Buenos Aires, Berlín, Canada, Roma... ¿en que cidade se

quedarían?

-Eu era dos que ría daqueles que dín "fun a Amsterdam,

Nova york... e sentín que podería quedar vivir alí..." Agora entén-

doos, a mín pasoume con Roma.

-Que agardan atopar en Cans?

Frío non por favor! Unha persoa tan mediterránea coma

mín sempre é moi friolera. Agora en serio: agardo atoparme o

que me atopo cada vez que vou a Galicia, a educación e a calor

do público.

romántico, popeiro, inspirado, fogareño, agradecido,

apaixoado do escenario e cargado de enerxía, Marc ros

de sidonie pon voz e letra a esta entrevista na que

confesa que Galicia o trata ben e que cada vez que sube a

un escenario se viste como para unha primera cita.

Marc Ros, cantante de Sidonie

“Nun concerto tenque haber sexo”

Page 24: Canzine 2015. Ducia de Cans

BIEITO ROMERO (*)

“Torre de Breogán” é un proxecto que

nós, nalgún intre, definimos como música

para ver ou imaxes para escoitar. A xuntan-

za de varias disciplinas para facer unha

recreación desa vella lenda dos Milésians

recollida no “leabhar Gabhala Eireann” ou

libro das invasións de Irlanda do que tantas

veces os galegos escoitamos falar a través

de diferentes referencias e persoeiros pero

sen saber de que se trataba con exactitud.

Así, e con esto como base, empezamos

e remoer toda esta historia para poder dar-

lle forma musical e visual. De entrada, a

fusión coa Orquestra Sinfónica de Galicia

era algo que nos apetecía moito e que pode-

ría quedar espectacular como así creemos

que foi nesa parte musical. Ao tempo, o

catalán Fran Aleu, deu vida en imaxes ás his-

torias que nos lle iamos contando e que

encaixaban perfeitamente nas músicas que

xa tiñamos previamente preparadas. E iso

era o directo que no seu momento fixemos

no Pazo da Opera da Coruña coincidindo co

Solsticio de verán do 2014, cunha produc-

ción adecuadamente coordinada e trazada

con sosego e intelixencia para que o ensam-

ble de todo o que ía suceder en escena fose

coa máxima corrección e empaste para,

deste xeito, poder realizar unha gravación de

música e imaxe como creemos que nunca se

fixo na música galega.

E dentro do que é a imaxe tamén quixe-

mos dar un pasiño adiante importante para

non quedar exclusivamente na gravación só

dun DVD musical e entendiamos que era bo

contar toda esta experiencia dende dentro

con todos os seus protagonistas e facer ao

público participe desta semana inolvidable de

traballo conxunto no devandito Pazo da Opera

coruñés, e vimos no director de cine galego

Jorge Coira á persoa axeitada para facer

unha longametraxe documental, básicamente

por que coñeciamos a súa traxectoria e por-

que sabiamos que luar na lubre era un grupo

que lle gustaba, factor que sen dúbida conta

moito á hora de tratar as cousas, claro que si.

Jorge empatizou á perfeizón coa nosa

idea e o seu magnífico traballo pasou cáse-

que desapercibido para nós, xa que foi quen

de apenas facerse notar realizando un exce-

lente documental onde se entrecruzan as

declaracións de practicamente todas as

partes implicadas con toda a complicación

que isto supón. Achegouse humanamente ao

fondo de luar Na lubre para falar de música,

de historias e de detalles dos que extraeu

pequenas marabillas combinadas con imaxes

sobre a nosa idea, xunto coa aparición inter-

calada de momentos da música ao vivo.

Jorge foi un Druida máis nesta andaina,

e a película "Torre de Breoghán" un docu-

mento que queda para a posteridade. Un

documento ben feito no que se amosa un

xeito de pulsar a nosa cultura a través

dunha lenda e un xeito de entendela que é o

noso, un proxecto humano chamado luar

Na lubre que vai camiño dos 30 anos de

vida, que se di axiña, e que desta volta reca-

lará neste voso imaxinativo, curioso, supervi-

vente, apreciado e por moi diferente, único,

Festival de Cans para nesa placa da casa de

Bugarín facer unha pequena mostra e en

pequeno formato do que é o noso xeito de

facer, ao tempo de querer transportarvos

imaxinativamente cara esas vellas lendas

que fan país e que sen casi percibilas están

dentro da nosa alma de galegos, ás veces

tan profunda, misteriosa.

(*) Bieito romero é compoñente e

fundador de Luar na Lubre.

COnCerTOna PLaCa!

Venres 2220h30 Placa de Bugarín 3 euros‘Torre de Breoghán’, lenda viva

Despois da proxección do documental de Jorge Coira, abrimos un novo espazo coasinfonía céltico-galaica de Luar na Lubre en versión reducida e adaptada ao entorno

Foto de Paco Manzano.

Page 25: Canzine 2015. Ducia de Cans
Page 26: Canzine 2015. Ducia de Cans

COlECTIVO POETARRAS

Cans é como esa moza que te

desespera cada vez que estás con

ela pero á que es adicto. Sempre

pide máis. Nunca ten suficiente. E ti

non podes deixar de darllo porque

ten algo especial. Hay calor en la

siudad. Hay calor en la bahía.

Cans é un corpo empapado en

suor e alcohol correndo polas vérte-

bras. Un "porriño", hehe (hai xente

que morreu por menos ca este

chiste). Sexo? Será o que ti queiras

que sexa. Unha mandíbula nun tra-

velling circular. Sólo sé que había

nieve.

Cans é un torreiro con estrelas.

Un chimpín cargado de jodechin-

chos. Un coloquio na leira pero sen

ter que andar collendo coa ghadaña

no medio da parola. Un zapato con

tacón de cañoto. Agroglamour. Un

ghaliñeiro cheo de pitas. E tamén

comían no vasieiro.

Cans é Tony lomba. Heredeiros

da Crus. Os da Ría. Sés. Poetarras.

Poetarras? Si. Quen carallo son

eses? Uns paisanos que o teñen

todo. Teñen fly. Teñen party. Teñen

unha sabrosura. Teñen vínculos con

Resistencia Galega. Teñen moitas

posibilidades de acabar entre rei-

xas. Pero mentres iso non chega

podes velos detrás do alambre do

ghaliñeiro. Cantando lambeconas.

Cantando Feijóo. Tocándoche a

pataca, o carallo e a perrecha.¡ Qué

bonito es ver a la gente haciendo

historia!

Cans é cine, pero non só é cine. No meu caso Cans é

música, como non podía ser menos. E así quixeron reco-

ñecelo os organizadores deste festival tan natural, tan des-

provisto de protocolos e tan retranqueiro.

O 26 de decembro de 1947, con só 17 anos, no torrei-

ro de Cans que hoxe centra algunhas das actividades do

festival, din os meus primeiros pasos como director enca-

bezando a banda A Unión, do meu Guláns natal. En 2013,

66 anos despois, a Asociación Cultural Arela quixo lembrar

aquel intre agasallándome cun acto de recoñecemento e o

descubrimento dunha placa conmemorativa nun dos late-

rais do torreiro.

Paseino tan ben naquela xornada festiva, tan sinxela e

tan alonxada de pomposidade, reencontrándome co meu

pasado, que alí mesmo me comprometín a compoñer

unha obra para banda adicada ao festival. Tituleina

“Agroglamour en Cans!” e foi estreada na edición do ano

pasado, no mesmo torreiro e a cargo da banda de

Salceda, á que tamén me vinculan gratas lembranzas.

En 2013, no primeiro dos actos referidos, quixeron

convidarme a dirixir unha das pezas interpretadas para

relembrar o meu debut, outravolta á fronte da banda A

Unión –caprichos do destino–, e escollín o meu coñecido

pasodobre-xota “Martignyka”.

De maneira que no torreiro de Cans,

onde din os meus primeiros e dubitati-

vos pasos, despedinme tamén para

sempre da dirección. Un "ola" e

un "adeus" á batuta dende o

lendario torreiro de Cans.

rogelio Groba (compositor)Un ‘ola’ e un ‘adeus’ dende o torreiro

¡Qué bonito es ver a lagente haciendo historia...!

Poetarras no jaliñeiro

Cans é un torreiro con estrelas.un chimpín cargado de

jodechinchos. un coloquio na leirapero sen ter que andar collendocoa ghadaña no medio da parola.un zapato con tacón de cañoto.

Page 27: Canzine 2015. Ducia de Cans

AMPARO RODRÍGUEZ

–“Para cantar como eu

canto”, ¿como canta Sés?

–Eu canto como sei, como

aprendín, como unha cantareira.

Canto de todo coa humildade da

que sabe que o blues ou a milonga

non son as súas tradicións. A

miña son as muiñeiras, anque as

outras as adore e as consuma

sen parar. Canto o que penso, o

que sinto, o que me pasa; sen pre-

tensións e con naturalidade.

–Milongas hai moitas... ¿cal é

a peor?

–A peor é o neoliberalismo

económico e a súa puta escanda-

losa mentira da sociedade do

benestar.

–¿Que lle pide aos que teñen

que coller o relevo?

–Que pensen moito. Que lean,

que escoiten a moita xente, a

moit@s mort@s que están aí para

falarnos da falacia do cinismo pos-

tmoderno, da vergoña de ser sub-

miso, inhumano, descerebrado e

psicópata... Que se cultiven. Fai

falla unha revolución cultural. Que

os músicos que escriben cancións

se metan na cabeza que, igual que

non se pode facer música sen

escoitala, tampouco se poden

facer letras sen consumir literatu-

ra, poesía e bos cantautores. Que

se esixan, que de mediocres xa

andamos moi servidas (pero isto

diríallo a calquera persoa).

–Sés móvese en todos os

ritmos pero ¿ten algún no que se

sinta máis cómoda?

–Na música tradicional, iso é

o que sei cantar. Pero dentro do

que podes ouvir nun disco meu...

en todo, depende de se o corpo

me pide fume ou lume

–¿Como é de importante que

a música sexa comprometida?

–Mmmm... non o vexo como

unha obriga. O que me estraña

que no mundo actual non haxa

máis xente á que lle saia falar da

realidade. Esa xente que di que a

música e a política non dan e bla-

blabla... non teñen discurso, care-

cen dun sistema de pensamento,

a maioría non saben nin o que é

a política nin a arte. Dentro da

expresión de realidades e senti-

mentos tamén caben as realida-

des da miseria e da reclamación

popular, ademais por suposto da

ledicia, a tristura ou o amor.

–¿É posible sentir sen pen -

sar? ¿É mellor?

–É posíbel, claro. Somos ani-

mais racionais, pero temos esa

compoñente que nos permite sen-

tir sen calcular. “Que vuelva el

corazón del animal”, di Chinoy, un

dos meus cantantes actuais favo-

ritos. O que pasa é que, neste

mundo, sentir sen calcular a

marxe de beneficio, sentir sen

pensar... non se estila.

–No seu disco tamén hai oco

para o amor alén das quimeras...

¿Cre no amor para toda a vida?

–Creo que a idea do amor

romántico clásico é unha constru-

ción social, polo tanto non se lle

pode dar maior entidade que esa.

Pero tamén creo que o amor resi-

de en cada un de nós e que o ser

amado só é a peza que fai funcio-

nar a porta de saída dese amor.

Cando a xente fala dos amores

eternos das xeracións pasadas,

está falando da escravitude e mal-

vivir de millóns de mulleres. Con

ambos sexos en liberdade e un

nível cultural suficiente... o amor

eterno é complicado de carallo...

–¿Como é Ses cando está co

xenio destrozado?

–Pois como se ve no escena-

rio. Creo que é dos sitios en que

máis enfadada me podes chegar

a ver. Ás veces, cando teño o

xenio moi moi destrozado, máis

que berrar, choro.

–Celos en “Humanamente”,

fieis e fes en “Opio para a Dor”,

derrota en “Iconoclasta”... levará

todos estes temas e propostas a

Cans, ¿que lle parece o festival?

–Marabilloso e si, levareinos.

Identifícome un lote con Cans por-

que Cans é verdade. É moderni-

dade e cultura dende a acepta-

ción do que somos, de que Galicia,

como Irlanda ou Escocia, é unha

nación rural, e que iso non está

reñido coa cultura actual, dende a

de corte máis tradicional e ortodo-

xo á máis underground.

Sés: ‘Identifícome un lote conCans porque Cans é verdade’en cada canción unha mensaxe,

poética pero clara e

contundente. ses aposta polo

galego, polo compromiso, pola

liberdade de expresión e por

unha música chea de forza, de

vitalidade e de ritmos...

soberbia, normalización da dor,

xeracións inertes, celos,

desamor, gritos sen voz aos

que pon voz ses no seu último

disco "Tronzar os Valos"

A éxtase de Ses en escena. [Foto: Oristila Salamandra]

Do paraíso desexado e a penitencia–O paraíso do que fala en “Tronzar os Valos” ten

moito de actualidade...

–Ten todo de actualidade. O triste é que a actuali-

dade e o pasado máis gris non se diferencian en nada

máis que a pura superficie, o fondo é exactamente o

mesmo. Vivimos nun medievo mal disfrazado.

–¿Como sería o paraíso desexado?

–Sería unha sociedade que non estivese baseada

na liberdade de xenocidio e na exaltación do individualis-

mo e a propiedade privada. Unha en que a simple idea

dun rei ou un oligarca fose ridícula e inaceptábel e en

que a cultura, a arte, os sentimentos... fosen valores que

se medisen en moedas emocionais e intelectuais. E que

estas moedas fosen as imprescindíbeis. Algo así...o que

temos do revés.

–¿Cal é a súa penitencia?

–A tristura e o enfado por negarme a vivir de cos-

tas á realidade. Non son lady Di, sabes? pero mentirí-

ache se che dixese que podo ser feliz vendo a miseria e

a inxustiza abominábel que me rodea.

Page 28: Canzine 2015. Ducia de Cans

+música

Cans VoulevarBlues do País

Ironía galega co feelin' blue do Mississippi e louisiana. Bieitta James

e Pepe King veñen cargados de ritmo e dispostos a poñer en pé a todo

Cans.

sábado 23 | 16h30 | Cans Voulevar

Adrián CostaSábado 23 | 18h30 | Cans Voulevar

Blues, funky e soul son os trazos máis característicos deste músico

compostelán, malia que non dubida en misturalos coas súas raíces lati-

nas.

sábado 23 | 18h30 | Cans Voulevar

quempallouUnha das bandas máis representativas do folk galego, música de

raíz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras.

Acordeón, cordas, frautas, gaitas e, sobre todo, voz.

sábado 23 | 22h00 | Cans Voulevar

Jaliñeiro UnpluggedGaiteiros do Mar. Manuel sotelo e Lito de Pinténs

Reunimos aos protagonistas do documental “Dos gaiteros do

mar”, Manuel Sotelo “ lito de Pinténs, para encher un dos espa-

zos máis emblemáticos cunha actuación emocionante e única.

sábado 23 | 17h30 | Jaliñeiro unplugged

Davide salvadoO enfant terrible do folk galego presenta en exclusiva temas

do seu novo disco, “lobos”, que sairá á venda en xuño; un traballo

feito dende o corazón en agradecemento ás pandereteiras, mulle-

res fortes e anónimas.

sábado 23 | 19h00 | Jaliñeiro unplugged

PoetarrasO Jaliñeiro será testemuña das cancións pegadizas e irreve-

rentes deste colectivo “arterrorístico” formado por Manuel Gago,

Rubén lino e Daniel Vilaverde.

sábado 23 | 21h30 | Jaliñeiro unplugged

Can Parade con hendrik röverO histórico líder de los Deltonos virá a Cans acompañado de Juanjo

Zamorano, de Pilgrim Rose, para deleitar ao público cun destilado de folk,

rock e country da máis pura ascendencia anglosaxona. Un luxo!

xoves 21 | 22h00 | exterior Pub a Chimenea

Juan rivas DJPartindo da onda do lounge ou dos ritmos electrónicos, Rivas conducira-

nos a unha viaxe polo último do territorio indie. Boa música pensada para a

diversión e para avivar os sentidos.

xoves 21 | 00h30 | Pub a Chimenea

Page 29: Canzine 2015. Ducia de Cans

Falar de Cans é falar con cariño e

con admiración, é falar de lembran-

zas inesquecibles. En Cans tiven a

sorte de coñecer a Alfonso Pato en

persoa aínda que xa tiña referencias

del a través de amigos como Uxía ou

Xabier Díaz cos que grabei ese disco

que titulei "Galiza". En canto o coñecín

vín o seu interés e a súa paixón e

comprendín, cando me convidou a

que actuara, que aquela non ía ser

unha actuación ao uso, convencional.

Detectei unha enerxía especial e iso

que todavía non nos coñecíamos de

todo. Dende o principio xurdíu unha

admiración polo seu traballo e as

súas iniciativas.

logo chegou a proposta de facer

esa curtametraxe "Desde Merexo a

Pontevedra" polo que recibín ese fan-

tástico premio.

Cando me propuxo tocar no gali-

ñeiro comprobei que ademáis de cul-

tura hai humor e unha transgresión

capaz, á vez, de respetar o entorno.

Comprobei entón que a proposta tiña

todos os ingredientes para desfrutar

e lembralo como un momento espe-

cial.

Cheguei a Cans dende Madrid

con Cristina Pico de Ortigueira e

Carolina Vázquez de lugo. Tocounos

un día bonito, fermoso, cunha luz

especial e sentimos ao momento a

enerxía e o cariño do equipo, dos veci-

ños e da xente en xeral.

Gozamos do xantar e logo da bai-

xada en chimpín e lembro con espe-

cial emoción que puxeron unha previa

da curtametraxe e ata Alfonso Pato

se animou a tocar algo con nós.

lembro que comezamos a subir e

vimos que tiñamos que abrirnos paso

entre a xente e quedamos fascinados

coa entrega do público, coa súa devo-

ción pola música e, agora, cando vexo

as imaxes emociónome. Valoro moito

a implicación de toda a xente de

Cans, veciños de todas as idades des-

frutando co mesmo, é fascinante.

Doulle as grazas a Cans por moi-

tos motivos, polo trato, pola xenerosi-

dade e pola posibilidade de transgre-

dir pero con respeto, por ofrecer ao

público múltiples actividades de lecer,

de cultura, de humor, de valorización

de novos pro-

xectos e profe-

s i o n a i s . . .

Sentínme moi

ident i f icado.

Grazas Cans!!!

En Cans hai humor, haicultura e hai transgresiónKepa Junkera (músico) @kepajunkera

A.R.

-Elixa un planeta

-Eu penso que Galicia é un planeta, sen dúbi-

da algunha Galicia paréceme perfecta.

-Que significa Radio 3 para Ángel Carmona?

-Radio 3 é casa, é o lugar donde me crece-

ron os dentes en todos os sentidos, eu cheguei

cuns gustos musicais pero ía ao arquivo sonoro

e vía toneladas de discos de todos os estilos ima-

xinables e quedaba fascinado... vamos ... se me

pos Radio 3 de apelido non me vai importar.

-E para o resto?

-O noso traballo é a trasmisión natural. Eu

necesito que sintas que esta radio son as pantu-

flas de andar cómodo por casa, uns zapatos ele-

gantes para cando vas de festa ou unhas zapa-

tillas deportivas para cando vas correr. -

-Tres claves para ser dj.

-O outro día estiven con Mdj e dicía que xa

que eu puña música na radio pasaba a conver-

terme nun DJ. Aínda me teño que acostumar.

As tres claves: Primeiro, baila coas cancións que

pinchas, é unha norma que adquirín de Juan de

Pablos, iso é moi importante; a segunda, hai

unha frase inglesa "Go with your gut" que signifi-

ca "vai coa túa entraña"; a terceira, nunca poñas

"My way" como a última canción, iso non vale....

-Que ritmo lle pora a Cans...

-Pois o que me queira poñer Cans a mín.

Subireime ao chimpín e fixareime nos pés do

públio. A partir de aí, lerei corazóns mentres nos

acompaña o mencer.

Carmona: “Subireime ao chimpíne fixareime nos pés da xente”

O Venres ás 02h00, sesión DiscoChimpín con ángel Carmona de radio 3.

Page 30: Canzine 2015. Ducia de Cans

mixturadora

TOrreirO Das esTreLas

Javier Gutiérrez

VENRES 22 | 22H00 | TORREIRO DAS ESTRElAS

José Luis CuerdaSÁBADO 23 | 13H30 | TORREIRO DAS ESTRElAS

MurO DOs ChiMPínsNace para celebrar esta ducia de anos de Cans un novo

espazo no festival, cargado de agradecemento e bos sentimen-

tos: o Muro dos Chimpíns. Do mesmo xeito que Cans ten o seu

espazo para que os directores e actores homenaxeados queden

para sempre no Torreiro das Estrelas, neste Muro dos Chimpíns

quedará a pegada dos veciños e veciñas que colaboran co festi-

val e que, ao longo do tempo, teñen recibido o Chimpín de Prata.

Este ano, o galardón será para Juan Maceira, ”Juan do Peso”.

MÉRCORES 20 | 20H00 | NA COSTA DA BAIXADA DO RÍO (CANS)

COMO CheGarDeixa o coche no Porriño e sube a Cans en bus!

O bus ten 4 paradas:

√ O Porriño centro (fronte á Cafetería Nova Maroma)

√ Instituto/Hotel Internacional

√ Restaurante Guanabara

√ Cans (rotonda de Adroza, na estatua do Can)

Horarios:

√ Venres de 18:00h a 5:00h

√ Sábado de 09:30h a 4:00h

Servizo de ida e volta cada 20 minutos.

Prezo:

O bus custa 1 € por día.

ViÑeTas nO Cans VOuLeVar. xaquín Marín

Hai dous anos o Cans Voulevar convértese nun lugar dedi-

cado ao humor grafico. Nesta edición contamos con Xaquín

Marín, con máis de 20 anos de carreira ás costas en xornais

como le Telegramme, A Nosa Terra, El Ideal Gallego e la Voz

de Galicia, e director do único Museo do Humor de Europa,

situado en Fene.

VENRES 22 | 21H00 | CANS VOUlEVAR

exPOsiCiÓns De VeCiÑ@s

Costa azulInstalada na costa do Cuberto de Chelo, no barrio da

Pedreira, recuperaremos material que estivo exposto duran-

te o pasado outono na Expo “Ducia de Cans” na Coruña.

expoDivinaUn ano máis, Divina abre a súa casa para mostrarnos a

súa última obra pictórica. Pandereteira, contadora e tamén

pintora, Divina Campos pasou a vida vendendo polas feiras e

ao retirarse descubriu outros mundos.

Merchandising

Presume de Cans con

todo o noso material: cami-

solas, tazas, pendentes,

calcetíns, chapas, imáns,

colgantes... ¿que máis

podes pedir?

Page 31: Canzine 2015. Ducia de Cans

Cans a través dos ollos de

Pixelín Photo(fotógrafo)

..................A miña primeira visita a Cans foi no 2009 onde Di Elas

fixeron das súas. Aparecín ali de rebote xa que do Festival de

Títeres de Redondela a Cans hai un paso. Aquela noite pensei:

"Como me perdín eu este pedazo de festi?" En 2014 conta-

ron comigo para facer reportaxe fotográfica do que xurdía ao

longo do sábado. E dende primeira hora da mañá estiven ali

para disfrutar dun dos días grandes do festival. Hospitalidade,

creatividade, unha cantidade de xente traballando duramente,

música e moito arte repartido por cada metro cadrado...

É complicado mostrar nunha soa foto o que representa

Cans para min, pero nesta imaxe xúntanse moitas debilidades

nunha soa instantánea e achégase moito ao que sinto cando

a vexo: Cans ateitgado, dando igual crise, falta de subvencións,

frio ou calor; Heredeiros da Crus, ese grupo da infancia que

non puiden vivir en directo; a música, esa, miña droga dende

que ergo ata que me deito; e, sobre todo, felicidade. Eso repre-

senta para min esta foto. En definitiva; un mar de xente e sen-

sacións.

Que viva Cans e todos os cadelos e cadelas!! Vémonos

este 2015!!

Page 32: Canzine 2015. Ducia de Cans