24
maio’09 Toda a programación do festival debullada polo miúdo A traxedia de Cans. Que pasou aquel fatídico día do 26 de febreiro de 1955 ? Xavier Villaverde, Camila Bossa e Silvino, Pancho Álvarez, Kiko Veneno... Teté y Los Ciclones, un paseo pola extravaganza máis rocanroleira Cans ofrece máis cousas que cine: sendeirismo, coloquios... B ítáKora E ntrevistas A lgo + 19 22-23 02-03 12-13

Kalaikia Especial Festival de Cans

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Edición especial do Magazine cultura galego Kalaikia adicado ao Festival de Cans de curtametraxes

Citation preview

Page 1: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio’09

Toda a programacióndo festival debullada

polo miúdo

A traxedia de Cans.Que pasou aquel

fatídico día do 26 defebreiro de 1955 ?

Xavier Villaverde,Camila Bossa eSilvino, Pancho

Álvarez, Kiko Veneno...

Teté y Los Ciclones,un paseo pola

extravaganza máisrocanroleira

Cans ofrece máiscousas que cine:

sendeirismo,coloquios...

B í t á K o r a E n t r e v i s t a s A l g o +19 22-2302-03 12-13

Page 2: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio

092

Xoves 228 mmaio

“A longa viaxe”, I. Ferrokhi Na Biblioteca Municipal do Porriño

Cine na biblioteca

Mércores 220 mmaio

Presentación do Especial Festival de Cans da Revista Kalaikia Estrea do documental “A Estrada de Cans”, de Juanma Lodo Actuación de Pancho Álvarez. Cantar de cego ilustrado por Juancho CastañoRetransmisión por Internet de toda a xornada inaugural do festival, coa produtora PaiMúsica. Serán dos Veciños. Actuación dos veciños.

Xoves 221 mmaio

Proxeccion do filme: A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza (filme aínda nonestreado). Coa presencia dos actores protagonistas e equipo técnico.

2211.0000 h

2211.0000 h Días dos veciños

2200.0000 h Desfile de chimpíns

2200.3300 h Círculo (O Porriño)

Desfile de chimpíns do Parque Infantil ó Círculo con actores e equipo técnico do filme quese vai proxectar.

2233.0000 h Bar Tubulart (O Porriño)

Inauguración da “Can Parede” (Parede de entrada do bar Tubulart) Dalleoplai: Artistas presentan os seus clips de estrea antes do concurso.Concurso de videoclips: Presentado por Luis PardoSesión musical con DJ Chema Rey (Radio 3)00.30 h

23.30 h

Bitácorado Festival

Page 3: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio09

3

Chegada ó torreiro de Cans Inicio das proxeccións. Actuación LA TUNA RASTAFARI Reinicio das proxeccións Fin das proxeccións.CÈ ORQUESTRA PANTASMA ameniza ata a entrega de premios Entrega de premios Actuación LAMATUMBÁ Sesión DiscoChimpín: DJ Lagartija no torreiro de Cans02.00 h

00.30 h

00.00 h

23.00 h

20.30 h

19.30 h

16.30 h

16.00 h

Venres 222 mmaio

Curtas de Shoot- Me de Holanda Curtas do Festivalito Fillos de Cans, directores que pasaron en outras edicións polo festival mostran os traballosactuais que están a facerProxección de “Sonata para un dueto”, curtametraxe Presentación da curta de Rubén Coca, “A nena que tiña unha soa orella”Arranca a Procesión de Chimpíns dende o Bar Moncho ata o torreiro 21.30 h

20.00 h

19.30 h

18.30 h

17.30 h

16.30 h

Sábado 223 mmaio

1166.3300 h Baixo do Moncho (Cans)

2200.0000 h Torreiro (Cans)

Inicio “Noite de estrea”- Making off Cans’08 Entrega de premios do concurso de videoclips (do xurado e do público) Estrea do proxecto Cans 303 Proxección de “Houston” de Jorge Saavedra.Presentación da serie “Última Hora” para TVG Presentación de “Querida Gina” Documental baseado en feitos reais acontecidos en Cans. Entrega dos Chimpíns de Prata a Camila Bossa e a Silvino. Entrega Premio Pedigree . Estrea mundial do novo grupo de Teté Delgado. Rockabillie feito con pasión. Actuación sorpresaSesión DiscoChimpín: DJ Lagartija no torreiro de Cans02.00 h

01.00 h

00.00 h

23.30 h

23.15 h

23.00 h

22.45 h

22.30 h

22.00 h

1111.0000 h Jalpón Friki (Cans)

Rota de sendeirismo guiada: A rota da auga 10.00 h

“Dalleoplai” co director do coloquio na leira que mostra algúns dos seus traballos. Coloquio na leira Sesión Vermouth coa Banda de Música, temas especiais de cinemaProcesión de ChimpibusesAmenizado por OS VERANEANTES 15.30 h

13.00 h

12.00 h

11.00 h

1166.0000 h Torreiro/Salas (Cans)

Page 4: Kalaikia Especial Festival de Cans

Coordinador: Diego Giráldez Maquetación e deseño: Manrique Fernández/ Xosé Ramón Couñago Administración: Beti GilPublicidade: Suso Vieito Colaboran: Belén Regueira, Jesús Ordovás, Tony Lomba, Rober Bodegas, Luis Otero, Janite, Andrés Mahía,Luis Pardo, M. Díaz, Sergio Lagartija, Antón Fdez. Escuredo, Mariana Carballal, Roberto Vilar, Jorge Coira, Luis Davila, Antonio Seijase Fuck Comics. Os nosos agradecementos para: Alfonso Pato, Asociación Cultural Arela, á oficina de prensa do certame, JuanchoCastaño, Néstor Bugarín, a todos os anunciantes que fixeron posible este especial, ás entrevistadas e entrevistados que nos atende-ron con paciencia e ás veciñas e veciños de Cans pola súa eterna amabilidade.

[email protected] 986.660.986 www.apeneira.com DP: VG 1253-2008 ISSN: 1889-464X

Este ano Kans escríbese con “K” de Kalaikia.Dende que o Festival de Curtametraxes xiroua chave de contacto do chimpín, hai xa seisanos, o grupo editorial A Peneira, mantívose

fiel ao certame dende todas as súas cabeceiras, cu-brindo as novas que xeraba ou mesmo editando espe-ciais que, como o do ano pasado, convertíronse no gu-rú mediático dos catro días que dura o evento. Este anoquixemos darlle outro toque utilizando o magazine cul-tural Kalaikia como soporte. Kalaikia convertiuse nosdous anos e pico que leva acompañando a A Peneiranun auténtico referente dentro do sector da cultura ga-lega. Este ano, arrancámolo da compaña do xornal eprensentámosvolo en solitario cun tema único: o VIFestival de Curtametraxes de Cans.

E aquí o tedes, traendo da man a Belén Regueira,Tony Lomba, Rober Bodegas, Jorge Coira, Sergio La-gartija, Jesús Ordovás, M. Díaz, Roberto Vilar e Maria-na Carballal escribindo en exclusiva sobre Cans paranós-vós; ao humorista gráfico Luis Davila cunha tira ,aos fotógrafos Luis Otero e Janite, á xente de Fuck Co-mics de Vigo cunha particular visión do mundo das cur-tas e a un dos mellores ilustradores galegos, AntonioSeijas, dándolle vida co seu traballo a este texto queestás a ler. Un Kalaikia de luxo que completamos conreportaxes, entrevistas, programación, etcétera.

Logo dun mes traballando neste especial decatá-monos de que se pode charmar a quen queiras, a cal-quera parte do mundo, utilizando a palabra “Cans” pa-ra que che abran as portas. É moito máis fácil así. Con-tactamos incluso co Festival de Cannes francés parasolicitarlle un saúda, ou algo parecido, pero “malheu-reusement compte tenu d’un emploi du temps trèschargé à cette époque de l’année, Monsieur Gilles Ja-cob ne pourra répondre favorablement à votre requê-te”. Mágoa...

E rematamos agradecendo, coma sempre, á Aso-ciación Cultural Arela, á súa oficina de prensa e á direc-ción do certame a boa sintonía coa que sempre nosatenden.

Chegou a hora de comezar a preparar o Kalaikia doVII Festival, deixámosvos, temos traballo...

ANTONIO SEIJAS

www.antonioseijas.com

maio

09

4

Page 5: Kalaikia Especial Festival de Cans

Keka Losada,presidenta de Arela

Keka Losada é apresidenta da

Asociación culturalArela, organizadora do

Festival. Este ano viveno evento doutro xeito,

quizais porque sesaben gañadores do

Premio Crítica-Galicia´09 no apartadode Iniciativas Culturais.

-MOITO TRABALLO PARA CONSE-GUIR LEVAR ADIANTE O VI FESTIVAL?

- Pois si. Este ano levamosbastante traballo. Ben é certo queos veciños nos facilitaron o asuntoda limpeza das “salas”: a algúnsgalpóns botáronlle piso.

-ESTE ANO CONTADES COA AXUDA

DE VOLUNTARIOS...-Si, asinamos un convenio coa

Universidade de Vigo. Veñen a bo-tarnos unha man trinta alumnos nasúa maioría de Comunicación Au-diovisual. Por participar no Festi-val reciben un crédito de libre con-figuración.

-E LEVADES O PREMIO DA CRÍTI-CA-GALICIA...

-O certo e que cando Pato no-lo confirmou levamos unha sor-presa. Para nós é un importanterecoñecemento. Así e todo, Arelase sinte recompensada ano trasano polas miles de persoas que seachegan a Cans e apoian o Festi-val. É certo que o Premio da Críti-ca danos folgos, é un nivelón.

-PERSOALMENTE CON QUE TE

QUEDAS DESTE VI FESTIVAL?- Uf, complicado. A verdade é

que este ano as curtas de anima-ción parecéronme fantásticas. Ta-mén os concertos,...

- E A POLO VII...-Mentres a xente responda ha-

berá Festival. As entradas vén-dense rapidísimo e iso e un bó sín-toma.

Había unha vez seis cans... Non,isto non era así... Pero eranseis cans... Ou non? Ah, non!Era a sexta edición do Festival

de Cans. Maldita xordeira...!O caso é que o festival xa está aquí e

vén cargado de sorpresas e caras coñeci-das: o monolguista e director de cine LuisPiedrahita, o xornalista Gonzo, a escritoraLucia Etxebarría (que presentará unhacurta que nace dun relato seu), ou o can-tante de Def con Dos, Cesar Strawberry; etamén actores, claro: Manuel Manquiña,Teté Delgado (que debutará co seu novogrupo), Celia Freijeiro ou María Bouzas. Eun longo etcétera, que xa se sabe...

Presentaron o festival o outro día noBar Fortes, de Cans, onde se adiantou aprogramación. Na rolda de prensa estive-ron presentes todos os que teñen que veralgo co festival: Raúl Francés, alcalde doPorriño; Cecilia Babarro, directora de Co-municación de Estrella Galicia, empresa

comprometida con esta e as vindeirastres edicións; Carla Reyes, xerente doCluster do Audiovisual Galego, que anun-ciou que levará de visita ós directivos dascanles de televisión máis importantes doestado, despois dunhas xornadas de pit-ching que se celebran estas datas en Vi-go; Camila Bossa, Chimpín de Prata 09pola súa colaboración co festival (non llodigades a ninguén, pero dixo que, aíndaque xa recibiu algúns premios, este é oque máis ilusión lle fai pola súa relación cofestival dende a primeira edición); o outroChimpín de Prata 09, Silvino, veciño deCans, que colabora cada ano na fabrica-ción das pantallas de proxección, e, porsuposto, Alfonso Pato, director do festival,e Maxi Adega en representación da Aso-ciación Cultural Arela.

Entre as novidades deste ano os or-ganizadores destacaron a sección Fillosde Cans”, onde directores que xa pasaroncomo curtametraxistas polo festival pre-sentarán avances dos filmes nos que tra-ballan; e as sesións de Disco Chimpín,

nas que DJ Lagartija (un fenómeno!), pin-chará dende un chimpín. Tamén A rota daauga, un roteiro de sendeirismo pola pa-rroquia de Cans; e a gravación durante ofestival das primeiras secuencias de Últi-ma hora, unha nova serie para a TVG.

Dentro da programación, tamén ha-bería que destacar a estrea en Galicia dofilme La noche que dejó de llover de Alfon-so Zarauza, e varias estreas musicais: apresentación mundial do grupo rockabillyTeté y los Ciclones, liderado por Teté Del-gado, a presentación do novo disco dePancho Álvares Sólidos Galicianos, asempre agradecida presencia de Lama-tumbá e un cabeza de cartel “moi recoñe-cido” que a organización non quixo des-velar.

Pechou a roda de prensa o represen-tate de Arela, que tivo unhas palabras deagradecemento para os veciños e os vo-luntarios da organización “porque resultamoi fácil proxectar en salas, pero non tan-to en alpendres e galpóns”. Moi ben dito,Maxi!

luis_davila

m._fernández

Había unha vezseiscans...

maio09

5

falamos con...

Page 6: Kalaikia Especial Festival de Cans

_COMO PRECURSOR DO CINEMA MODERNO

EN GALICIA E UNHA VEZ CHEGADOS A 2009,SÉNTESE MOI LONXE DE “CONTINENTAL”?

_Moito! O paso do tempo faiche sentirmáis espectador que autor, pásame sem-pre que remato algún traballo, co paso dotempo.

_SORPRENDE QUE, SENDO ESTA CINTA TO-DO UN REFERENTE, OS GALARDÓNS CHEGASEN

COS TRABALLOS POSTERIORES: “FISTERRA”,“TRECE BADALADAS”... COMO FOI QUE SE DES-PISTARON OS XURADOS DESTA MANEIRA?

_Continental a penas foi a festivais;nós eramos moi novos e inexpertos. Ade-mais era un filme un pouco fóra de modas,un tanto estraño para o momento da súaestrea. Pero os premios realmente sonunha lotería; que toquen ou non depende

do gusto do xurado. Pura subxectividadegrupal...

_ADEMAIS DE ABRIR NOVAS PORTAS AO CI-NEMA GALEGO, TAMÉN AMOSOU A SÚA FACIANA

CREATIVA COA REALIZACIÓN DOS PRIMEIROS VÍ-DEOCLIPS GALEGOS NA ÉPOCA DE RADIO OCÉ-ANO OU VIÚDA GÓMEZ. PUNKS FACENDO VÍDE-OCLIPS? FOI O PRINCIPIO DA APOCALIPSE?

_A apocalipse é agora. Aquilo eranmáis uns falsos vídeoclips: Viúda Gómezou Galicia Canibal eran máis pretextospara facer vídeo de creación. Realmentea maior parte, salvo La madre ou un clippara El Norte, os vídeos galegos nunca

cumpriron realmente a función de vendaque se lle presupón a un vídeoclip. Fun-cionaban por festivais de videocreaciónsobre todo, ou en programas culturais detelevisión. Eramos máis uns rapaces en-redando, experimentando sen moitos lí-mites mentais, e xogando á modernidade,como tocaba.

_ONDE SE ATOPA MÁIS CÓMODO, ENTRE

OS ROQUEIROS OU ENTRE OS ACTORES?_Estou cómodo coa xente intelixente

que se arrisca a falar claro._O FESTIVAL DE CANS XA SE CONVERTEU

POR DEREITO PROPIO NUN REFERENTE EN GA-LICIA. QUE SUPÓN PARA VOSTEDE O “PREMIO

PEDRIGREE”? PREFERIRÍA UN “ÓSCAR”?_Síntome un pouco raro cos premios,

nunca sei moi ben como agradecelos, nonme sinto natural, pero o recoñecementodo pedigree xa é outra cousa... Evidente-mente preferiría un Óscar, pero xa quenon pode ser, pensaremos que iso tenque ser moi estresante.

_ADEMAIS DE DESFRUTAR DO “AGROGLA-MOUR” E DARSE UN BAÑO DE MASAS RECOLLEN-DO O SEU MERECIDO PREMIO EN CANS, EN QUE

ANDA METIDO XAVIER VILLAVERDE?_Agora mesmo facendo a montaxe

dunha longa documental, Xitanos de BosAires, sobre unha comunidade de 250 xi-tanos que viven nesa cidade, que foronemigrados na posguerra, pois moitoschegaron fuxindo do franquismo. En pa-ralelo preparo a rodaxe de O sexo dos an-xos, unha comedia dramática sobre xentenova e os seus problemas emocionais.

Se o "espírito de Cans" exis-te, é posible contalo polaradio? En 2008 tres pro-

gramas da Radio Galega viaxa-mos a Cans para intentar atra-palo.

O "Aberto por reformas" deXurxo Souto reivindicou os mú-sicos da parroquia desde o jal-pón de Moncho, o "Máis berbe-rechos" de María Xosé Rodrí-guez retransmitiu a festa noc-turna e no Extrarradio presen-tamos en primicia planetaria ovideoclip de "Biocultivos", acanción gañadora da segundaedición de APolo Ghit e demos-tramos que Cans tamén existeo sábado pola mañá.

Ás oito da mañá os que ve-ñen á festa acaban de marcharpara a cama, pero Alicia, a pa-trona do jalpón friki, xa levahoras a pé cando chegamos aotorreiro, que aínda airea o re-cendo dos perjúmenes cine-matográficos, e resulta quecheiran case igual que os etíli-cos. E entón empezamos a per-seguir o espírito de Cans.

Buscámolo falando cos ve-ciños da parroquia, abordandoalgún dos cineastas legañosos,entrando nos hórreos, montan-do nos tractores, e poida que omomento no que máis nosachegamos a apreixalo é candoos modernos e os eternos sepoñen a bailar xuntos coa cha-ranga "Os Veraneantes".

Durante un par de minutoscremos asistir á revelación,pero así que remata a música,escapa outra vez.

Haberá que volver.

*Belén Regueira é xornalistae presentadora da RTVG.

Radiar Cansbelén_regueira*

_QUE PELÍCULA LLE GUSTARÍA TER DIRIXIDO? _Vaia, unha das preguntas imposibles... Pois unha película moi nova, O curioso caso deBenjamin Button, ou unha máis clásica, A noite do cazador._QUE ACTOR OU ACTRIZ LLE GUSTARÍA TER ÁS SÚAS ORDES?_Huppert, Tosar novamente, Streep, Pacino, Winslet... Difídil elixir. Todos nunha mesmapeli, unha saga familiar._CINEMA NORTEAMERICANO OU EUROPEO?_Os dous, e tamén asiático, africano, árabe... Aínda que o americano interesante cadadía é máis escaso._CURTAS OU LONGAMETRAXES?_Relatos curtos ou novelas? As dúas._VIDEOCLIP OU VIDEOCREACIÓN?_Os videoclips interésanme bastante pouco e a maior parte da videocreación tamén, oque eu teño feito son vídeocreacións máis ou menos disfrazadas._CANS OU GATOS?_Gatos. Ademais non hai que sacalos de paseo, pero os cans flípanme moito tamén._CANS OU CANNES?_Cans para disfrutar, Cannes para outras couas.

Xavier Villaverde, premio Pedigree’09

“Síntome unpouco rarocos premios,nunca sei moiben comoagradecelos”

en_curto

manrique_fernández

maio

09

6

Page 7: Kalaikia Especial Festival de Cans

Camila e Silvino, a conversa que non se gravouA actriz Camila Bossa e Silvino, o veciño de Cans que elabora as pantallaspara as salas, son os galardoados este ano cos Premios Chimpín de Prata.

Falamos con eles, pero a técnica non acompañou...

And the Chimpin goes to… Cami-la e Silvino. Si, os PremiosChimpín de Prata que a or-ganización do Festival ou-

torga cada ano recairon desta volta na actriz Camila Bossa o no veciño de Cans Silvi-no. Estes galardóns danse a aquelas persoas que apoian, promocionan ou fan posi-ble o certame, aquelas que coa súa presenza ou traballo lle dan carácter.

Remata a rolda de prensa e solicítolle a Camila unha entrevista xunto a Silvino.Non só accede rapidamente senón que é ela mesma quen, logo da foto oficialde presentación, trae ao seu compañeiro de premio ata onde eu estaba.Dentro do coche da actriz vixía todo “Choliña” , así lle chama á súa cadela.

Encendo o mp3 e comezamos a conversa. Os dous síntense moi le-dos co premio. Silvino enche o peito, colle aire e dime: “Síntome orgu-lloso de vivir en Cans. Eu marchei traballar a Francia hai moitos anose ninguén o coñecía; agora, co Festival, estou seguro de que si”. Ca-mila míralle e sorrí e dime que para ela o premio é unha honra. Nóta-selle que dende o primeiro ano que pisou Cans enganchouse aoFestival. “Danme o premio por apoiar o certame, e fágoo encanta-da. Cando viaxo sempre falo de Cans e o seu Festival. Tento que axente veña por primeira vez porque sei que si o fan non deixaránde vir.”

-Camila- dígolle- sabías que Silvino é o que fai as pantallas pa-ra o Festival?

-Si, claro- resposta.-Es unha persoa importante Silvino- espétolle.-Bueno…que va… non tanto…-Como que non- remata Camila- sen pantallas non hai cine!Anúnciolles que a seguinte pregunta vai ser difícil. Míranme

raro. Quen ten máis protagonismo no Festival, os veciños ou os fa-mosos? Os dous danme a entender que tanto uns como outros sonimportantes no desenvolvemento do certame.

Chego á redacción, diríxome a descargar a entrevista e non hainada gravado, algo patinou. Nunha reacción natural, lanzo o Mp3 con-tra a parede, respiro e concéntrome na conversa. Menos mal que falar con Ca-mila e Silvino é agradable e non desconectas…

diego_giráldez

maio09

7

Page 8: Kalaikia Especial Festival de Cans

En Europa hai centos defestivais de cine. E logo,está o festival de Cans. O

único que eu coñezo no que oprimeiro foi o nome e despois aidea de montar un festival.

E é que tremendo nome...“Festival de Cans”, soa ben,non? Resulta tan evocador queera preciso facelo realidade. Ea realidade á que agora temos asorte de asistir ano tras ano étan brutal, que na axenda de tó-dolos fillos de Cans está apunta-do a lume o de, aí cara a finaisde maio, coller o coche; logo nasaída 303 da autopista Vigo-Ou-rense, desviarse, para unha vezque chegas á estrada, coller pa-ra a dereita e... Festa!!!!!!!

Unha festa única na que secomparte a sala de proxeccióncoas galiñas, compártese a me-sa con quen coincida, compár-tense conversas etéreas sobre oagroglamour, compártese ochimpín con estrelas mediáti-cas e enchentas simpáticas; e,sobre todo, compártese esasensación -marca da casa- deque aquí bailan a mesma músicadesde o máis sublime ata o máistrosmas.

Por certo... cantos días fal-tan para que empece a novaedición?... Xa me tarda!!!!

*Jorge Coira é director de cine.

E logoestá Cans...

jorge_coira*

As curtas seleccionadasENTREVÍAS (2009)

Edu LavandeiraComedia. 8’

O CAZADOR (2007)Ángel Santos Touza Experimental. 25’

URUGUAI 2030 (2008)Rafa de los Arcos Drama . 8’

SULFATO (2008)Abelardo Rendo Rial Drama. 8’

12007 (2007)

Diego Torres Freijeiro Fantástico. 15’

QUERES SER DIRECTOR DE CINE? (2008)Alberto Senin Porto Comedia. 16’

VELLAS (2008)Carlos Prado Pampín Comedia. 5’

MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO (SOÑOS DE LUZ)(2007)

Rubén Coca Lasén Experimental. 10’

POR NADA (2008)Dani De la Torre, Toni Veiga Drama.

BILINGÜE (2007)Cecilia Perolio Hurtado Comedia. 15’

POR LA MAÑANA (2008)Toño Chouza.Experimental. 13’30’’

CAMPÁS (2008)Jairo Iglesias Martínez Historia-biografía. 11’

O RAIO TRANSPARENTE (2007)Francisco Lapeña Otero Comedia. 3’

O PINTOR DE CEOS (2008)Jorge Morais Valle Fantástico. 25 min

O SOLDADIÑO DE CHUMBO (2008)Virginia Curiá Martínez, TomásConde Rodríguez Drama. 8’

O CUIDADOR DE GATOS (2008)Fernando CortizoMisterio. 13’

THE WEREPIG (2008)Sam Orti Martí Comedia. 12’

O P

INTO

RDE

CEO

S. OSO

LDAD

IÑO

DE...

THE

WER

EPIG

SULF

ATO

URUG

UAI 2

030

MÍN

IMO

COM

ÚN...

CAM

PÁS

O C

AZAD

OR

1200

7V E

LLAS

POR

LAM

AÑAN

A

BILI

NGÜE

maio

098

ficción

animación

Page 9: Kalaikia Especial Festival de Cans

Un embolao. Eso de entrada. E máis coincidindo coaponte da Ascensión e co concerto de Son do Galpome Lamatumbá (sigo sen quitarme da cabeza ese Sho-ok me all night long transformado nun skatalítico non

tes co-ra-zóoooooooonnn pola batedora ourensana). Porque oxoves é festivo en Compostela, pero un servidor ten que traballar(no outro choio, no serio, o que me paga a Seguridade Social…)e, como en todo festivo local, currar aínda máis do normal…

Pero, tampouco nos enganemos, tamén ten as súas vanta-xes. Por exemplo, a cara de admiración dos becarios cando llesdis que formas parte do xurado do Festival de Cans (“non, desenon… do de Porriño… si, o dos chimpíns…”). Ou o de compartircategoría con un ídolo da infancia: César Strawberry!!! Aíndalembro cando descubrín na TVG aos Def Con Dos, aló polos de-rradeiros 80, esnaquizando a paos unha mesa de DJ mentres pe-

dían a execución de Bob Geldof! Ao día seguinte atopei no Alcam-po o seu Tercer Asalto, ese disco que na EXB nunca me deixabanpoñer nas festas…

Logo, Chema Rey, o de Boulevard (así aparece no cartel doFestival, eu sempre pensei que se escribiría Bulevar). Con Mano-lo Ferreras e Tomás Fernando Flores formaron a BSO daquelasmañás nas que eu comezaba nisto e trataba de decidir se queríaseguir falando de rocanrol ou facer xornalismo serio. Hoxe sigosen telo claro…

E, de postre, escribir mil palabriñas para o KALAIKIA sobre (ci-to) “o que supón para ti presentar o concurso de videoclips deCans”… Iso é o móbil… Ola, Diego! Ah, que non son mil pala-bras…? Que son mil caracteres!!!??? Glups… Ou sexa, que tocaque recortar???

O dito, outro embolao…

* Luis Pardo é presentador do programa Banda Curta da Galega

Choveu de día e de noite, pero no V Festi-val de Cans ao que tiven a sorte de asis-tir xunto con Victor Coyote e Miguel Cos-

tas, paseino mellor que en Hollywood e en Sun-dance.

Vimos en primicia mundial o documentalPeriféricos, de Tamara Blanco, Cárlos Méndeze Xosé Holgado, no que participou todo o Vigoda movida dos últimos 25 anos, e contamos coapresenza e o testemuño persoal do históricoBibiano Morón, con quen comemos e bebemosos mellores caldos e produtos da terra.

Desafiando a choiva viaxamos en chimpín,un medio de locomoción descoñecido nos me-llores festivais de cine.

A estrea de Cartas italianas obrigou a bus-car cadeiras para toda a xente que se achegouao Círculo do Porriño.

E pola noite participamos no concurso devídeoclips, conducido por Miguel Fernandez,presentador de Miraxes (TVG), no que puide-mos gozar da creatividade e o enxeño dos gru-pos galegos punteiros do pop, o rock e o tech-no máis revolucionario. Logo bailamos ata oamencer.

As actuacións de Victor Coyote presentan-do a súa Ruído Baixiño e de Miguel Costas (Ex-Siniestro Total/ Ex-Aerolíneas Federales/ Ex-Feliz...) coa súa banda e as súas novas canciónsforon algúns dos momentos álxidos dun festivalque cada minuto ofrecía algo novo, distinto,sorprendente. Como o Día Mundial do OrgulloFriki coa reestrea do filme gore Maldito bas-tardo, de Javi Camino no Baixo de Moncho.

Espero non perderme o festival deste ano. Saúdos desde o aeroporto.

*Jesús Ordovás é crítico musical.

Nin Hollywoodnin Sundance teñen o

que ten Cansjesús_ordovás*

luis_pardo *

De xurados, embolaose videoclips

16Sr. Anido (Compostela)Rafa Anido / Rubén Domínguez

Sin city liesThe Blows (Vigo)Nacho Abia

Pois euQuant (Ferrol)Rubén Coca

Nada másRagdog (Nigrán)

SisterCatpeople (Barcelona/Vigo)

AlaridoForraje (Barbanza)Inma Ricoy

LessloveSilvia Superstar (Vigo)Joel Mestre / Cinemacircus

Gone to LiverpoolNiño y Pistola (Baiona)Manolito Portolés

Dios da Aphonic (Vigo)Óscar Pardo

Es feo Manos de TopoKike Maíllo

Qué más daDaga de 2 puntas (O Porriño)Andrei Táboas / Ana Belén Diz

Si nadie me encuentraStereotipos (A Coruña)Piño Prego

Ta liste des amitiés brisésQuant (Ferrol)Álvaro León

El Pase de la MuerteIgloo (Caldas)Víctor Moreno/Jairo Moreno

SIN

CITY

LIES

. QUÉ

MÁS

DA.

maio09

9

videoclips

Page 10: Kalaikia Especial Festival de Cans

_Non podo ir esa fin de semana, porqueestou no Festival de Cans

_Non me digas! Que sorte!_Si é o segundo ano que veño_Pero bueno, non sabía nada da túa inter-

nacionalidade_Dilo porque Portugal non está moi lon-

xe,non?_Non. Polo Festival de Cannes._Ha,haA primeira vez que me oíron falar de

Cans, os meu amigos do sur, pensaron que merefería ao Gran Festival de Cannes, ao que

todo hai que dicilo, nunca asistín. Eu estabagozando duns días incribles en Cans, esa al-dea descoñecida para min, ata que un face-dor de milagres, o señor Pato, inventou esteFestival de Curtas, que leva camiño de con-verterse nun fito da historia dos Festivais.

Que un pobo enteiro participe, colabore,axude nunha organización do mesmo, coñe-céndonos aos galegos, é algo extraordinario.

Esas alfombras vermellas, cedidas polaseñora María, os chimpís adornados con xes-tas que amarelan o camiño, eses alpendres,cobertizos, hórreos e bodegas que mesturan

a historia coa modernidade das pantallas,falan por si mesmos do Festival de Curtasmáis emblemático de Galicia.

Ademais do puramente cultural, a exhi-bición das mellores curtas realizadas en Ga-licia ese ano, as conferencias e tertulias conxentes de nome do cine, ademais de todoiso, a vivencia única compartida cos veciñosde Cans, a festa (esas gaitas e muiñeiras), olúdico, fan de Cans un Festival insubstituí-ble.

* Mariana Carballal é actriz.

Festival de Cans mariana_carballal*

maio

09

10

Aprimeira vez que me preguntaronaquelo de “e ti de quen es?” foiaquí, en Cans, xusto diante doBar Fortes. Fíxoma unha señora

duns setenta anos e cara inquisitiva quenon entendía os meus balbúceos, tratandode buscar algún alcume polo que identificará miña proxenie. Entón non o entendín, pe-ro agora, ao cabo dos anos, e logo de moi-tos festivais e algunha festa na parroquia,sei que esta pregunta en Cans era indis-pensable. Aquí todo son de alguén, perten-cen a algunha familia, e coñécense todos.Creo que é precisamente por iso polo queeste festival consegue levarse a cabo cadaano con máis éxito.

Porque o Festival de Cans, a diferenzadoutros, non se materializa dende os des-pachos, senón dende as vivendas unifami-liares que descansan ao pé da estrada.Dende os galpóns, as lareiras e as reuniónsveciñais. Dende o bar de Moncho, queameniza as esperas coa súa pandeireta e asúa harmónica; dende o garaxe de Bugarínonde Silvino fai as súas pantallas; dende otaller de Paco Candán, de onde saen, un aun, os galardóns; dende o galpón de Cons-tante, onde cada vez hai máis cans de car-tón; dende o bar Fortes, a mellor sala deprensa que temos coñecido os xornalistas;dende a pericia condutora de Pepe Puime,que leva os chimpíns como se fosen limusi-nas... e dende cada unha das casas dos ve-ciños de Cans coas súas salas de cine im-provisadas e esa amabilidade característi-ca que fai que as estrelas da gran pantallase sintan en Cans como na súa casa.

Dende aquel primeiro “e ti de quen es?”teñen pasados xa moitos anos, e taménmoitas edicións do Festival. Dende entónteño ido a Cans innumerables veces, e apregunta non se volveu a repetir. Nestetempo a parroquia converteuse nun ferve-doiro cosmopolita onde quedou patente aamabilidade dos veciños que abren as súascasas ao visitante ao que, como moito, pre-guntan aquelo de.... “e tí onde actúas?”

*M. Díaz é xornalista

m._díaz *E ti den quen es...?

Nestetempo aparroquia

converteuse nun fervedoirocosmopolita onde quedoupatente a amabilidade dosveciños que abren as súascasas ao visitante

Page 11: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio09

11

Os organizadores do festival deCans quixeron sorprendernoseste ano cunha nova secciónque nace con vocación de

continuidade e á que deron en chamar “Fi-llos de Cans”. Aínda que probablementeestariamos a falar con máis precisión se achamásemos “Fillos pródigos de Cans”.

Nun dobre sentido: primeiro, porquefalamos do retorno de aqueles directoresque pasaron por anteriores edicións des-ta cita primaveral e que agora volven á ca-sa, como na coñecida parábola, logo deandar o mundo. Segundo, e tomando o de“pródigo” na súa terceira acepción (se-gundo o dicionario da RAG: “Que producebens en abundancia”), porque os directo-res veñen a presentarnos os novos pro-xectos nos que están a argallar. Si, sonxente pródiga, como quedará demostra-do. Quique Otero, Jorge Coira, FernandoCortizo, Pablo Iglesias e Mario Iglesiasson os convidados deste ano.

No caso de Quique Otero vén de rodaren Ortigueira, Mañón, Compostela e Por-tomarín a película Crebinsky, proxectoxurdido da curta do mesmo nome. Miguelde Lira, Sergio Zearreta, Manuel Cortes,

Luís Tosar, Celso Bugallo e Patricia de Lo-renzo, protagonizan esta cinta na que semistura o mellor do cine mudo de BusterKeaton ou Chaplin co realismo máxico tanpropio da literatura galega.

Jorge Coira está en fase de produciónde 18 comidas logo de dúas semanas derodaxe. É unha película feita de retazosde vidas que viaxa a través de 18 comidasfacéndonos partícipes dalgúns deses mo-mentos que poden cambiar unha vida, aolongo dun único día de ficción. Ten unpunto experimental por ser unha películade improvisación, sen ensaios e a unhaúnica toma.

O Apóstolo é a primeira longametraxeespañola feita en plastilina. Dirixida porFernando Cortizo, emprega a técnicastop–motion, usada tamén en títulos co-mo A noiva cadavre, de Tim Burton, ouChicken Run, para narrar unha historia demisterio e terror ambientada no Camiñode Santiago. A estrea está prevista para o25 de xullo do xacobeo 2010.

Pablo Iglesias presenta un documen-tal con aire de thriller no que se detalla adestrución da mítica discoteca e sala deconcertos compostelá Clangor (que pres-ta o nome á cinta) en 1990, por mor dunhabomba do Exército Guerrilleiro, que lle

custou a vida a unha estudante e dous te-rroristas.

Finalmente, Mario Iglesias vén a pre-sentarnos Relatos, unha cinta baseadana estrutura narrativa dun libro de contos.Non por iso estamos a falar cunha cole-ción de curtametraxes, senón dun libro derelatos en imaxes que recrea o mundo re-al e literario de Rosario Francesc.

Fillos de Cans

Crebinsky, de Quique Otero18 Comidas, de Jorge CoiraO Apóstolo, de Fernando CortizoClangor, de Pablo IglesiasRelatos, de Mario Iglesias

fillos_de_cans

beti_gil

Page 12: Kalaikia Especial Festival de Cans

Non sabemos se o argumentodaría para un bo guión dunfilme catastrófico pero paraun documental, alomenos,

si. Cans viviu, o sábado 26 de febreirodo ano 1955, unha traxedia que toda-vía hoxe está nas mentes dos veciñosda parroquia: un autobús procedentede Redondela con destino á feira dePonteareas emborcou producindo 31mortos e 8 feridos.

A iso das 9:30h. o autobús da em-presa “P. de Pote” chega a Cans. Unproblema na ballesta dianteira dereitae na dirección provocaron o emborca-mento do vehículo que de seguido co-mezou a arder facendo que a meirandeparte dos pasaxeiros morreran carbo-nizados. Os xornais da época contanque os veciños botáronse á rúa paratentar sacar do inferno aos pasaxei-ros, pero a misión facíase complicada.Segundo informan, os veciños botaronman de azadas, picos e outros utensi-lios de labranza para golpear o piso doautobús e salvar así aos viaxeiros. Eraimposible, a voracidade das chamas,que tentaron frear con cubos de auga,era tremenda.

Unha das pasaxes máis lembradasdo tráxico acontecemento ten comoprotagonista ao mestre de Cans- na-quel momento Carlos Díaz Alonso-que se converteu no heroe da fatídicaxornada. Estaba na metade dunha

A traxedia de CansO 26 de febreiro de 1955 un autobús volcou na parroquia de Cans, explotou e ardeu. No accidente, recollido ao díaseguinte por medios de comunicación de todo o mundo, morreron 31 persoas. Este ano a organización do Festivallembra o fatídico acontecemento a través do músico Pancho Álvarez e o debuxante Juancho Castaño que, coa súa

música e os seus debuxos, recuperan o cantar de cego que na época se compuxera sobre o suceso.

diego_giráldez

maio

09

12

Juancho Castaño pasounos un dos debuxos que realizou para ilustrar o cantar de cego sobre o accidente.

Page 13: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio09

13

A prensa da época deulle ao accidente unha importante cobertura.

Unha das pasaxes máis lembradasdo tráxico acontecemento ten

como protagonista ao mestre de Cans-naquel momento Carlos Díaz Alonso- que seconverteu no heroe da fatídica xornada.

e dicía así...“Non recordan os nacidostanto dolor, tanta pena,como o que causouesta terrible traxedia.

O 26 de febreirodía triste e desgraciadodeu ós campos de Galiciatriste recordo marcado.

E na parroquia de Cansmunicipio do Porriño,camiño de Ponteareas,deuse o caso aparecido”

Un coche de viaxeiros neste lugar volcoue con sorte tan adversaque ó volcar se incendiou”(...)

clase e escoitou a explosión; “instinti-vamente mirei que a cabina estaba li-berada do lume. Achegueime, rompín ocristal e botei a man a un corpo e tirei,era o chófer, Antonio González. Logorepetín a acción e saquei a unha mulleren chamas”, contaba o mestre a undiario vigués.

Contan os xornais que algúns doscadáveres despositáronse na escola etodos conclúen que o aspecto do lugardo suceso era impactante. Por todaspartes escoitábanse os laios dos pri-meiros familiares que ata alí se ache-gaban.

Unha boa parte dos mortos erandoutra parroquia porriñesa, a de Budi-ño, na súa maioría gandeiros que se di-rixían a traballar á feira; tamén viaxa-ban no autobús veciños de Vigo ou Re-dondela.

Autoridades políticas e eclesiásti-cas de toda a provincia acudiron ao lu-gar do suceso. Nos días seguintes, or-ganizáronse actos de homenaxe na

honra das vítimas.O suceso causou grande conster-

nación en todo o país e incluso mediosde comunicación internacionais reco-lleron a nova.

O CANTAR DE CEGO

Este ano, cando se cumple máis demedio século do suceso, a organizacióndo Festival de Cans decidiu lembrarse datraxedia recuperando un cantar de cegoque se compuxera na época. Para iso,contou coa colaboración do músico Pan-cho Álvarez e o debuxante Juancho Cas-taño. A través dunha melo-día tradicional, segundonos contou Pancho, e a re-creación de Juancho a tra-vés de viñetas, podere-mos lembrar un aconte-cemento que está aíndapresente na memoriahistórica colectiva detodos os veciños deCans.

Page 14: Kalaikia Especial Festival de Cans

Os que traballamos nestamarabilla do audiovi-sual somos bastante

tontos polo xeral, eso si, te-mos a inmensa fortuna de po-der desfrutar a maxia de con-tar historias, de xogar e de di-vertirnos na nosa profesión.Pero iso, somos bastante ton-tos, incluso algúns como é omeu caso, bastante gilipollasás veces. Como humaniños de-fectuosos que somos, cantomellor nos vai, máis se nos veneses defectos, léase vanidade,egoísmo, caprichismo, e ou-tros moitos defectos que ninsequera existían e tivemos queinventar.

Pero amigo, aquí é ondeentra a maxia de Cans. Nesapequena aldea da Galia audio-visualika prodúcese un fenó-meno marabilloso… os que tra-ballamos neste mundiño con-vertémonos en mellores per-soas, moito mellores. Candoestamos en Cans non somostontos, nin sequera somos gili-pollas, somos compañeiros,somos amigos, e conseguimosfacer un ambiente realmenteúnico no mundo, e que só suce-de eses días.

Síntome orgulloso do nosoFestival de Cans, e por supostosíntome orgulloso dos meuscompañeiros.

*Roberto Vilar é actor

Os gilipollasroberto_vilar*

maio

09

14 ÚLTIMA HORA!!!Cans convertido en plató de cine...

LEDICIA SOLA como Eva Mouzo, Redactora-xefe de Local.MONTI CASTIÑEIRAS como Mateo Rúa, Subdirector.MABEL RIVERA como Dona Amelia, editora e propietaria do xornal “O Nordés”.FERNANDO MORÁN como Alfredo Canido, editor e dono do xornal “O Nordés”.XULIO ABONJO como Paulo Castro, reporteiro.XACOBO PRIETO como Lois Cedeira, fotógrafo.ISABEL RISCO como Sabela Otero, bolseira en prácticas.VÍCTOR FÁBREGAS como Antonio “Esteiro”, redactor de Deportes.EVARISTO CALVO como Hermida, Redactor-xefe de Economía.XOSÉ M. OLVEIRA (PICO) como Horacio Oliveira, Director do xornal “O Nordés”.OLALLA SALGADO como Álex López, redactora.MARIÁN BAÑOBRE como Olga Alvelo, redactora-xefe de Cultura e Sociedade.MARCOS ORSI como Wilson Alves, director comercial.GLORIA FERREIRO como Celsa Budiño, limpadora.ALFONSO AGRA como Urbano Puga, empresario e antigo “narco”.

a_redacción

Redacción do xornal “O Nordés”, decorado no que transcorrerá boa parte da acción da serie.

De cumprírense as previsións,TVG estrerá na vindeira tem-pada unha nova serie de fic-ción sobre o mundo do xorna-

lismo chamada Última hora, producidapor CTV e Zopilote SL. Pois ben: esta se-rie arrancará no festival de Cans, onde segravarán as primeiras esceas.

Sabela, bolseira do xornal O Nordés,ten que cubrir o festival acompañada dunfotógrafo. Pero o ambiente de Cans re-mata por arrastralos nunha pseudohisto-ria de amor con final incerto que non imosdesvelar.

Trátase dunha serie ambiciosa quetenta fuxir do costumismo que a cotío re-flicte a ficción galega, aproximándosemoito máis a un entorno urbanita e mo-derno. Ademais dos personaxes habi-tuais conta cun protagonista especial nacidade de Vigo e o seu entorno, o “GranVigo”, que tamén vén sendo unha novida-de nas series de ficción galegas.

É, ademais, a primeira serie “profe-sional” en canto a temática das que se fanen Galicia, e para iso escolleron o difícilmundo do xornalismo en toda a súa cru-deza, optando por un realismo que xogaentre o drama e a comedia.

A acción xira arredor dunha cabecei-ra centenaria bautizada como O Nordés,empresa familiar que atravesa un mo-mento economicamente difícil, e dos inte-reses empresariais dos seus donos fron-te a deontoloxía profesional dos traballa-dores.

Rostros moi coñecidos (e recoñeci-dos) do panorama audiovisual galego pa-ra unha serie de gran orzamento que,dende Cans, pretende engaiolar ao públi-co urbanita galego.

x.r._couñago

Page 15: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio09

15

Page 16: Kalaikia Especial Festival de Cans

- ‘SÓLIDOS GALICIANOS’ É O TEU TERCEIRO

TRABALLO. QUE SORPRESAS ATOPAREMOS EN RE-LACIÓN AOS TEUS DOUS ANTERIORES?

-A primeira sorpresa é a propia edicióndo disco. As compañias son cada vez máisreticentes a editar nun momento coma este,no que vender resulta moi complicado. Gus-taríame dicir que se poden atopar moitas sor-presas, pero penso que non me correspondea min, senón aos demáis valorar este feito.Durante estes últimos anos, fun "curiosean-do" por diversos instrumentos como a violade gamba, zanfona, cuatro, ûd, percusión ga-lega, arpa, etc. donde constantemente des-cobría sonoridades que, xunto cos meusinstrumentos habituais (violíns, guitarras,bouzoukis, mandolina, concertina, etc.) su-poñían un novo punto de partida, no momen-to de encarar outro traballo.

A medida que avanzaba coas pezasabríanse portas sen pechar ningunha. Des-envolvía tanto harmonías como ritmos so-bre unhas melodías que toman como refe-rencia a música tradicional galega, sen re-nunciar a unha bagaxe, cada vez maior. Ta-mén están a colaboración de María Solleirocon letras e voz e Álvaro Iglesias ao contra-baixo.

-NÓTASE QUE NON ÉS SUPERSTICIOSO, POLO

DAS TRECE PEZAS QUE CONTÉN ESTE NOVO DISCO.COMO ESCOLLICHES, E POR QUE ESTES TEMAS?

-Bueno, en realidade as pezas son quin-ce, polo tanto...Quixen ofrecer a maior diver-sidade posible, dándolle a cada peza o seupropio carácter dentro dunha certa unidade.

-REITERAS O TEU COMPROMISO COA TRADI-CIÓN. CRES QUE AÍNDA FALTA MOITO POR FACER

NESTE CAMPO PARA A RECUPERACIÓN E DIFUSIÓN

DA NOSA MÚSICA?-Eu sempre digo que a música é a miña

paixón, e a música tradicional o que lle dásentido. Dende que descobrín a riqueza danosa tradición, non paro de mergullarmenestes mares de sabedoría popular nos queagardo continuar aprendendo durante todaa miña vida. As letras e melodías recollidasvanse gardando en diferentes soportes,aínda que todavía existe o risco de perdermaterial rexistrado en cintas de casete. Pe-ro o certo é que o patrimonio musical au-menta sen parar dende varias frontes comoasociacións, fundacións, particulares, pro-gramas de televisión,etc., que consolidanboa parte do material existente, á esperadun destino común onde ser arquivado. Detódolos xeitos, a máis grande canle de difu-sión da nosa música sempre será a súa vita-lidade, a súa capacidade de asimilación"galeguizando" todo tipo de influencias,asumir como nova fonte de aportación asáreas urbanas, etc.

-EN CANS MUSICARÁS UN CANTAR DE CEGO,UN XÉNERO ESQUECIDO NO TEMPO. COMO XURDIU

A IDEA?-Alfonso Pato propúxome interpretar

este cantar de cego dentro das activida-des do festival. Eu coñecía o cantar dendehai tempo, aínda que, normalmente noninterpretaba este tipo de textos, como sonos accidentes ou asasinatos, senón máisben os referentes as relacións de parella.

-O SUCESO DO AUTOBÚS DE CANS QUE-DOU NA MEMORIA POPULAR. VAI SER DIFÍCIL

PORLLE "BANDA SONORA" A ALGO QUE A XENTE

LEVA MOI DENTRO?-Escollín unha melodía tradicional pa-

ra interpretar este cantar ao que lle supri-mín, dada a súa extensión, varias estro-fas. Espero que ninguén as bote de me-nos, e de ser así, que comprenda a "pru-dencia escénica" que se toma para nonresultar demasiado longo.

antón_fernández_escuredo

maio

09

16

Page 17: Kalaikia Especial Festival de Cans

fuck

com

ics.

blog

spot

.commaio

0917

Page 18: Kalaikia Especial Festival de Cans

Aínda hai moita xente que asociaaos djs cos múltiples excesosque ofrece a noite. Púxenmepor primeira vez ante un equipo

-e ante un público- con 16 anos, e a xente chamábanos picadiscos,posto que os djs “picaban” techno e nós, só unha canción tras outra.

Recoñezo sentir pánico ante todos eses botóns e luciñas e nonconsiderei xusto que fose tan complicado, ¡se debía ser marabillosoconseguir a canción perfecta no momento axeitado! Nese sublimeobxectivo centraba eu os meus esforzos, deixando o asunto dosameazantes botóns para os verdadeiros djs, que picaban techno.

Pronto vin que non era tan fácil contentar a todo o mundo peroao mesmo tempo descubrín algo marabilloso: que resultaba posibledominar as sensacións que flotan no ambiente a través da música.E iso fascinoume e pensei que debía ser ese o verdadeiro poder dundj.

A finais dos 90 en Galicia recoñezo que a xente aínda non nostomaba demasiado en serio, e era a xente máis nova sorprendente-mente a que tiña a imaxe máis prexudicial de nós e o noso traballo,pois para eles eramos moito máis bébedos que artistas. Pero de sú-peto chegou ás nosas preciosas costas a onda expansiva dalgunhaexplosión producida nalgún outro lugar onde se esgotaban as eti-quetas para os distintos xéneros, como resultado dunha absolutafusión de estilos musicais.

Perdéronse os prexuízos e aqueles bares de rock (que eranmoito máis que rock) achegáronse aos clubs (que eran moito máisque techno) e desa mestura de ritmos, que si precisa mestría, un pu-ñado de djs saímos moi ben parados e a xente descubriu que habíadjs nacionais e ata djs galegos que sacudían as pistas de antigosbares e dos novos, que se multiplicaban a unha velocidade abraian-te. Soan Primal Scream, que ás veces son os Rolling Stones e ou-tras veces Underworld, e todos os seus seguidores. Franz Ferdi-nand, por suposto. Grupos frescos, sen complexos, que conviven áperfección cos clásicos.

Aconsecuencia diso en Galicia é unha oferta envexable que sónecesita de maiores infraestruturas para estar ao nivel de Madrid ouBarcelona. Magníficos djs galegos picando fóra das nosas frontei-ras: Iván Dj, Onurb_Zaq, Lagartija, Eme Dj... Retorcendo os botóns,rodeados de luciñas que agora parecen submisas. Mentres todos,todos bailan.

* Sergio Lagartija é DJ

FOTO JANITE

sergio_lagartija

maio

09

18

Page 19: Kalaikia Especial Festival de Cans

Ben, imos aló: uan, chu, uan-chu-tres-catro, aghora!!! [...] Para,para, para... Ponte quieto, an-da. Que isto é rocanrol, neno...

Ou me afinas ben esa guitarra ou levasunha lavazada co micro...

Ah, sodes vós, perdoade, ho, é queestamos ensaiando un pouco para o con-certo que temos mañá, que temos a cou-sa un pouco verde aínda.

Como? Teté y Los Ciclones? Pois cla-ro que vos podo falar de Teté y Los Ciclo-nes, como non. Son un deses grupos queche fan disfrutar cando suben a unescenario. Si claro, Teté, é Teté Del-gado, a cara máis visible e recoñe-cible do grupo. Iso que os ingleseschamarían a front woman, pero éque está arroupada por un bo puña-do de músicos de longa traxectoria:Javi Pérez como guitarra rítmica evoces, Isaac González como guita-

rra solista, Guillermo González ao baixo eLuis Mármol ás baquetas. Xa, ao melloros nomes non vos din demasiado, peroveñen de bandas como Los Faraones,Fever Band, Ganyahmun, Carlos Sega-rra... Claro, xa sabía eu que así habiadesentender mellor o rollo que levan.

Estilo? Bueno, iso do estilo non é doa-do de definir. Din por aí que rockabilly, pe-ro non é de todo certo. En palabras de Te-té é algo “moito máis negro que o rocka-billy”. Si claro, con máis swing, con moitorythm&blues, cun algo de loopin, un moitode rocanrol clásico e un bo puñado deanos 50. Si, anos 50 a esgalla.

Non, non é unha mistura tan rara. Éunha “extravaganza” do rocanrol. Soamoi ben. Xa o comprobarás o venres ánoite. Á media noite, para ser máis preci-sos. Lánzanse ao mundo dende Cans. Xafixeron algunha cousiña antes, como unconcerto en Madrid ou unha actuación noLuar (si, neno, no Luar), pero o de Cans éa presentación oficial. Dende Cans para omundo. Xa ves.

Polo de agora fan, sobre todo, ver-sións en inglés. Coma nós, vamos, queaínda estamos arrancando, pero Teté pro-meteume que para o disco gravarán te-mas propios. Claro que teñen previsto

gravar, como non. Non é un dos ob-xectivos de todo grupo cando come-za? Pois entón! Non te apures, polode agora podes escoitar algún temano “maiespeis” ese.

E agora perdoade, pero temosque seguir co ensaio. A ver, nenos,atención. Imos aló: uan, chu, uan-chu-tres-catro, aghora!!!

A extravaganzado rocanrol

Penso que Bill Gates candofundou o chamado Cam-pus de Redmon para Mi-

crosoft quería ver nas caras dosque alí desempeñan o seu laboro que eu me atopei no Festivalde Cans. Alí, faise gala dese di-to popular que utilizamos conironía cando queremos que senos recoñeza con pecunia oque facemos: “Traballar poramor á arte”.

A primeira vez que fun, su-frín unha conmoción, o primei-ro que se me veu á cabeza fo-ron os meus fillos, pois creoque é o mellor bazookazo cul-tural e pedagóxico que se llepode inculcar aos cativos. Ade-mais, a sensación de boa fe dosveciños (o Vaticano debería si-tuar un máster aquí), pégalleun tremendo hostiazo a ese en-ganoso benestar urbanita quenos afasta do roce humano.Deixémonos de hostias de spas,repousos instropectivos e re-mansos anti-estrés, vaiamos aCans a impregnarnos do bo roloque alí colleitan.

Tamén podo dicir que sobreo escenario o respectable (pornon dicir, amigos) soubo encon-trarnos, a Elio e a min, o puntoG e fíxonos chegar ao clímaxartístico ... e iso é impagable.

Sei que algún día a este lu-gar coñecerano como a aldeadas curtas. Pois vale, esperoestar encefaloplano e non terunha puta neurona para ter un-ha escusa e que me deixen em-padroar.

Camaradas guionistas, pa-sádevos por alí e escribide oque vedes, non fai falta ter unchisco de imaxinación para fa-cer o guión. As personaxes, osexteriores, os extras…. Candoalguén faga esta película, eupoderei dicir para meus aden-tros: Grazas Cans por termedado un pedaciño de metraxe.Non o esquecerei nunca.

Que se agarren los machoslos gabachos, que les estais co-miendo las papas.

*Tony Lomba é músico.

Os cans quebican con lingua

É unha paixón desenfreadatony_lomba*

FOTO: Antonio Alay

a._pedreira

maio09

19

Page 20: Kalaikia Especial Festival de Cans

Ser galpónen Cans(conto friki)

Eu creo nos milagres, así que nonson quen de razoar. Ademais sonfan, que vén de fanático, de admi-

rador compulsivo. Eu estou máis alá dacrítica cabal. Creo tamén na tradición,na droga e nos conxuros. E cada ano,practico un. Consiste en lembrar nun ar-tigo -aquí nestas páxinas (outro milagre,por certo) ou noutras publicacións-, su-cesos extraordinarios que presenciei enCans. E fágoo co ánimo do chamán queconxura: cítoos para que o Destino se es-force en superalos e me regale algo aín-da máis incrible o ano seguinte. Funcio-na. Hai dous anos escoitei a Manquiñafalando de amor. Explicáballe a un di-rector de cine elegante que “para man-ter unido un matrimonio, non hai nadamellor que ter limpo o ollo do cú”. A in-sondable peripecia sensorial da parellaresumida nunha ducia de palabras. Pa-recía imposible que o Destino superase omomento Victoria Holt de Manqui, peroó ano seguinte apareceu Tony Lomba coseu torso flanqueado por dous tirantes“rojo y gualda”, o pelo engominado ecantando en castelán fetén aquilo de“meteros por el recto vuestro puto dia-lecto”. Eu tiña a Julián Hernández a me-dio metro e vin como levaba as mans ácabeza sorrindo. Como sorriu MalcomMclaren cando viu por primeira vez a Ri-chard Hell, supoño.

Así que aí o tes, Destino. Supérameiso, supérame a Tony Lomba transmuta-do en falanxista pop. (Sei que o fará.Seino. Cans é un milagre. Contaréivolo).

Andrés Mahía é guionista.

Cans, o milagre,o conxuro

andrés_mahía*

Chove, si, pero xa se vainotando un suave arre-cendo a mimosas queaboia no aire facéndoo

máis doce. Nin o señor Antonio nin aseñora Xosefa se decatan, pero can-do me abren o portón véxoos máisledos. E a luz que entra é moi espe-cial, cálida e agarimosa. Cando ve-ñen os netos pasan o día a estornu-dar e a limpar os mocos por mor daalerxia. Os sinais son inconfundi-bles: iso é que xa está aquí a prima-vera. E, con ela, o festival...

A min gústame o festival. Paso oinverno enteiro en soidade, enchén-dome de pó, acubillando os sacos denitramón, a Vespino Rossi de Antoni-ño que fai mil anos que non funciona,as latas de gasoil vellas, as patacascolleitadas no remate do verán pa-sado, sachos, legóns e ferramentas

manrique_fernández

FOTO: LLUUIISS OOTTEERROO

maio

09

20

Page 21: Kalaikia Especial Festival de Cans

Non nos imos enganar, as curtametraxes son cousa de frikis. A xente normal nonvai ao cine a ver curtas, nin sequera os descarga do emule. E dende logo a ideade velos nuns galpóns co teito de Uralita pero cun son 5.1 aínda é máis friki.

Ou iso pensaba eu, pero a xente é feliz vendo esas minipelículas desprovista de to-do confor. Sen palomitas, pousavasos, aire acondicionado, incluso sen respaldo noasento! Dá igual. Non sei onde está a trampa para que alucinemos os que acudimos,pero alucinamos. E non é unha cuestión de ser friki, amante do cine ou crerse un ar-tista contemporáneo de vangarda, os veciños do pobo víveno coa mesma paixón oumáis. Coido que ten máis que ver co engado das cousas simples. Con lembrar aquelespases de Cinexin sentados no chan e proxectando as películas na parede. Ou porquese hai fame de pelis, o lugar é o de menos. Sarna con gusto non pica, e para cásequetodo o mundo sería un acto de soberbia renunciar a botar un canivete no coche por-que resulta incómodo. Isto é o mesmo. E o coche, por certo, é incómodo e con moitomenos encanto. Todo o mundo vai mellor nun monovolume que nun Ferrari, pero o Fe-rrari ten o seu puntiño, ao mellor non para todos os días, pero unha vez, por probar, atodos nos apetece. E malia que os chimpíns, referente iconográfico indiscutible dofestival, non vaian pintados de vermello, teñen o mesmo poder de sedución. Un vaialí subido, saudando á xente, e éntranlle ganas de lanzar beizóns coma se fose o Pa-pa, coa diferenza de que este “papamóvil” en miniatura lembra os cochiños dos sca-lextric das feiras. Outra volta á infancia, á inocencia, coma os nenos. Sabes que vasno remolque dun chimpín, pero tamén sabes que a ollos dos que aló estamos, ese re-molque é a limusina máis glamurosa do mundo.

Velaí a clave de todo: Cans insinúa e chega, outros aparentan e quedan no cami-ño. Cans é auténtico, por iso gusta. Cans é a primeira triloxía de Star Wars e outrosfestivais con alfombras de cores e parafernalia varia son a segunda. Por iso en Canstodo o mundo está de festa, porque por un día miramos a Hollywood por enriba do om-bro. Bueno, por iso e porque sabemos que malia que non nos guste algunha película,non vai faltar nin viño, nin polbo, nin empanada. Que iso si que é un “combo” e nonos do Cineplex!

*Rober Bodegas é guionista e monologuista.

Cans: o auténtico rober_bodegas*

de todo tipo. Ata o chimpín do señorAntonio. Ese chimpín que, cando che-ga o festival, carreta xente dende a vi-la para que poidan asistir ao evento.

E cando chega a primavera...Aaah! Cando chega a primavera sa-can todo de aquí, bótanme un man-gueirazo e métenme dentro unha es-pecie da saba á que chaman “panta-lla” e disque botan nela unha cousa áque chaman “pelis”. Eu non sei moiben o que é iso, pero debe ser algo ex-citante porque éncheseme o bandullode xente que ri a esgalla, que chora,que berra de medo...

O ano pasado si que estivo ben.Rin a cachón. Aínda lembro a cara denoxo que puxo aquela rapaza con pin-

ta de urbanita cando entrou en min.Seica esperaba atopar butacas de ve-ludo reclinables e aire acondicionadoe topou o escano da casa e unha ara-ñeira nun recanto. Ha, ha, ha... Pasoutoda a tarde besbellándolle queixas áorella ao seu acompañante, máisatento á gran saba que a ela. Ouaqueles dous pimpíns que entraronben agarradiños da man e fixeron detodo menos atender á proxección. Aises sí que se lles deberon facer cur-

tas de máis as pelis. Ha, ha, ha... Eaquel homiño de lentes redondas quenon quitaba ollo de todo o que pasabaao seu redor e tomaba notas nun ca-derniño con tapas de cartón. Que se-rio estaba aquel home, por Deus! Ouaquel outro que non mirou nin unhasoa vez á pantalla e pasou todo o tem-po atusmándolle as pernas a aquelarapariga tan ben calzada que estabaao seu carón. Lembro que cando re-matou a película, todos se volveron aela aplaudindo con forza. Non enten-do moi ben por que, debíanlle aplau-dir as súás boas feituras, ou algo así.

Paseino moi ben o ano pasado.Non tanto coma Toñín, o neto máispequeno da señora Xosefa, que ade-

mais de sorber nos mocos arreo mira-ba todo ao seu redor cuns ollos enor-mes, cheos de ensoñación. Supoñoque foi a experiencia vivida a que fixoque durante o resto do verán pasaseos días aquí dentro xogando a pisto-leiros, a policías, a aventureiros espa-ciais e superheroes. Ese si que disfru-tou do festival.

O caso é que xa está aquí a pri-mavera e, con ela, o festival... Aaah! ofestival.

Pasou toda a tarde besbellándolle queixasá orella ao seu acompañante, máis

atento á gran saba que a ela.

maio09

21

Page 22: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio

09

22

MERCHANDISING

Manuel Martín Cuenca

Nesta edición terá como protagonista a ManuelMartín Cuenca, director de filmes como “La flaquezadel bolchevique” , “Malas Temporadas” ou o documen-tal “Carrillo, último testigo” que ven de ser presentadono Festival de Málaga, e que está sendo proxectadonos cines. Martín Cuenca estará acompañado de Anto-nio Durán “Morris” actor co que traballou varias veces exuntos abrirán o coloquio sobre se “¿de verdade se po-de dirixir ós actores?” .

Martín Cuenca é un cineasta cunha ollada diferen-te e está considerado un especialista na dirección deactores. As súas ordes traballaron en diversas pelícu-las actores da talla de Luis Tosar, Javier Cámara, MaríaValverde ou Leonor Watling.

(Desde o Xoves,21/Entrada Bar Tubulart)

Despois da exitosa experien-cia da Can Parade hai dúasedicións, volve nesta ocasióna súa primairmá, a CanParede. A través de siluetaslimpas de can debuxadasnunha longa parede, o BarTubulart propúxelles a variosartistas de diferentes discipli-nas,intervir o logo do festivalaplicando o seu talento.Graffiteiros, deseñadores oudebuxantes mostrarán a súaarte nestes cans que estaránexpostos na entrada do BarTubulart ó longo de todo ofestival.

Coloquiona leira

Os coloquios na leirason unha das actividades

mais seguidas polo público doFestival de Cans, e teñen lugarno medio dunha leira, onde es-tudiantes, actores, xornalistas,productores ou realizadoresdebaten sobre o cine arredordos plantexamentos feitos polodirector convidado.

i

Os artistas deberándebuxar siluetas limpas de

cans debuxadas ao longo dun-ha parede

iCan

Parede

Algo +

Page 23: Kalaikia Especial Festival de Cans

maio09

23

VIDEOCLIPS

César StrawberryDef con Dos

Luis PardoPresentador Banda Curta-TVG

Chema ReyDo programa “Boulevard” de Radio 3

CURTAS

GonzoFoi reporteiro en Caiga quien Caiga.

Luis PiedrahitaMonologuista, escritor, mago e guionista.

Cristina CastañoActriz galega. Participou en varias series da TVG

María BouzasPresidenta da Acad. Gal. do Audiovisual.

Carlos PortelaTen guionizado banda deseñada e series televisivas.

Celia FreijeiroActriz. Ten traballado en teatro e televisión.

Camilo FrancoEscritor e xornalista. Unha das plumas mais agudas doxornalismo galego.

Festivaisconvidados

O festival de Cans, convi-da a formar parte da súa

programación a outros festivaisque teñen unhas característicasemellantes, e cos que estáirmanado a través da rede inter-nacional de Anywhere Cinema.

i

Shoot-me Festival (A Haia, Holana)(Venres,22/ Baixo do Moncho/ 16,30Horas)O Shoot-Me Festival vai pola quinta edi-ción e exhibe producións de todo omundo, nos lugares máis sorprendentes.Desde un ximnasio de boxeo a un sex-shop ou unha igrexa.

Festivalito La Palma (Canarias)(Venres,22 /Baixo do Moncho/ 17,30Horas)O Festivalito está centrado no cinema dixi-tal, e as obras exhíbense ó longo de todaa Illa, en espazos como prazas ou praias.O ano pasado déronlle un premio dehonor ó Festival de Cans.

Sendeirismo

Actividade na que os camiñantescoñecen máis de preto a diversidade

de lugares que oculta o pobo

i

Roteiro da AugaOutra actividade que o pasado ano tivoéxito, a pesar da chuvia, foi o sendeirismo.Este ano, o roteiro feito para a ocasión,terá como motivo central a auga. A partirdas canles de regadío, os camiñantespasarán por regatos, muíños, fontes,lava-doiros, ata chegar ás principais presas deCans. Deste xeito,irán descubrindo todo unlabirinto de canles, e saberán que parte daaldea rega cada unha desas presas.Descubre novos carreiros, e reflexionasobre a importancia da auga. O pateo durasobre hora e media. Entregaranse folletosorientativos na saída.

Os Xurados

Page 24: Kalaikia Especial Festival de Cans

_CATRO ANOS SEN NOTICIAS DISCO-GRÁFICAS DE KIKO VENENO E AGORA APA-RECES EN CANS. QUE FAI UN FLAMENCO

COMA TI NUN SITIO COMA ESTE?_Pois o certo é que aínda eu

non o sei moi ben. Bueno, música,como non, iso é o que imos facer. Eatopar xente e compartir expe-riencias. Iso seguro.

_CAMBIARÍAS O MERCEDES BLANCO

DA TÚA CANCIÓN POLO “CHIMPÍN-BUS” (É

UN TRACTOR QUE LEVA AO PÚBLICO ATA O

FESTIVAL)?_Claro que o cambiaría. De ne-

no eu montaba no tractor, gustá-bame ir ao campo coa miña familia

e subir ao tractor. E agora taménme gustará, seguro.

_ATA QUE PUNTO TE DEIXACHES IN-FLUÍR NA TÚA PARTICULAR FUSIÓN DE FLA-MENCO CON OUTROS ESTILOS POR XENTE

COMO MEZQUITA, MEDINA AZAHARA,SMASH OU TRIANA?

_Dos que ti mencionas, os quemáis me influíron, con diferenzaforon os Smash, o auténtico grupohippy sevillano.

_BÓTANSE DE MENOS OS TEMPOS DE

COLABORACIÓNS CON RAIMUNDO AMA-DOR, SANTIAGO AUSERÓN OU MARTIRIO?

_Colaborar coa xente da músi-ca sempre é fermoso, sobre todocando fas esas colaboracións coscolegas, malia que agora son tem-

pos moito máis solita-rios.

_PARA CANDO UN NOVO

DISCO DE KIKO VENENO?_Pois vai ti sa-

ber! Xa o intenteien varias oca-sións e ningunhadelas me saíu.Agora mesmo é moi di-fícil, o mercado nonestá nas mellores con-dicións e só te apoian sevendes moitos discos.Pero a verdade é que o bo-to de menos; sinto aí unhafalta e debería cubrila al-gún día.

a._pedreira

_QUE PELÍCULA CHE GUSTARÍA TER PROTAGONIZADO?_El Padrino_A QUE ACTRIZ NON BICARÍAS NUNCA NA BOCA?_A ningunha._UNHA CANCIÓN PARA AFONTAR A CRISE._La rumba de la crisis (é unha canción nova do seupróximo disco)._SEGUE ESTANDO MOI BEN ISO DO CARIÑO, NON SI?_Non hai outra cousa._ONDE ESTARÁS DENTRO DUNHA HORA?_Preparando unha letra para o ensaio.

“Si, claro que cambiaríao Mercedes branco por

un chimpín”

Querer presentar a estasalturas da vida a KikoVeneno resulta, candomenos, pretencioso.Cantor e fusionador doflamenco co pop, orocanrol ou o blues, é undos convidados noapartado musical dofestival. A graza andaluzae a frescura dos palmeoschegan a Cans da súaman. Benvido!

en_curto

FOTO: Paco Alorda

maio

09

24