21
C ONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: m [email protected] 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA, NÚMERO CATROCENTOS SESENTA E CATRO REALIZADA POLO PLENO DESTA CORPORACIÓN O DÍA VINTE E CINCO DE OUTUBRO DE DOUS MIL ONCE. Na Casa Consistorial de Poio, ás dezanove horas e trinta e cinco minutos do vinte e cinco de outubro de dous mil once, baixo a Presidencia do Sr. Alcalde D. Luciano Sobral Fernández e coas asistencias dos Srs/as. Concelleiros/as D. Xulio Barreiro Lubián, D. Xosé Luis Martínez Blanco, Dª. Silvia Díaz Iglesias, Dª. Margarita Caldas Moreira, Dª. María Alicia Martínez González, Dª. Lidia Salgueiro Piñeiro, D. José Angel Lodeiro Cancela, Dª. María Consuelo Besada Lores, D. Gregorio Luís Agís Gómez, D. Ángel Moldes Martínez, D. Juan José Rodríguez Grandal, Dª. María del Mar Villaverde Rosales, D. Alberto Villaverde Méndez e D. Manuel Domínguez Álvarez; escusa a non asistencia o concelleiro D. Javier Domínguez Lino, por enfermidade e a concelleira Dª. Celeste Nieto García; asiste en calidade de interventora Dª. Olga Fernández Rodríguez e como secretaria xeral Dª. Paula Ramos Díaz. Reuníronse no Salón de Sesións en primeira convocatoria para realizar a sesión ordinaria correspondente ao día de hoxe e para a que foron previamente citados en tempo e forma. Pola Presidencia declárase aberta a sesión, para tratar os asuntos que figuran na Orde do Día. 3585.- APROBACIÓN ACTAS ANTERIORES DO 27 DE SETEMBRO DE 2011 E 24 DE OUTUBRO DE 2011, NÚMERO 462 E 463, RESPECTIVAMENTE.- De conformidade co establecido no artigo 91.1 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dáse conta á Corporación das actas realizadas en sesión ordinaria e extraordinaria, os días 462 e 463, respectivamente, e non formulándose ningunha observacións ás actas de referencia estas quedan aprobadas por unanimidade. 3586- ESTADO DE EXECUCIÓN DOS ASUNTOS PRECEDENTES- Pola Secretaria dáse conta do estado de execución dos acordos precedentes e que son os que seguen: “3577.- RATIFICACIÓN ACORDO NÚMERO 9524 ADOPTADO POLA XGL DO 29 DE AGOSTO DE 2011, EN RELACIÓN AO EXPEDIENTE DE URBANISMO NÚMERO 276/11, APERTURAS PORTOS DE GALICIA, DELIMITACIÓN DOS ESPAZOS E USOS PORTUARIOS DO PORTO DE COMBARRO.- Uniuse certificación do acordo ao expediente e remitiuse á Portos de Galicia; 3578.- INTERVENCIÓN E TESOURERÍA, INFORME RELATIVO AO CUMPRIMENTO DA LEI 15/2010 DE 5 DE XULLO, DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE.- Uniuse certificación do acordo ao expediente, deuse traslado ao departamento de urbanismo e remitiuse ao órgano competente da Comunidade Autónoma; 3579.- INTERVENCIÓN, MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA NUMERO 20/2011, TRANSFERENCIA DE CRÉDITO EN 1

CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: [email protected] 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

C ONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: m [email protected] 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA, NÚMERO CATROCENTOS SESENTA E CATRO REALIZADA POLO PLENO DESTA CORPORACIÓN O DÍA VINTE E CINCO DE OUTUBRO DE DOUS MIL ONCE. Na Casa Consistorial de Poio, ás dezanove horas e trinta e cinco minutos do vinte e cinco de outubro de dous mil once, baixo a Presidencia do Sr. Alcalde D. Luciano Sobral Fernández e coas asistencias dos Srs/as. Concelleiros/as D. Xulio Barreiro Lubián, D. Xosé Luis Martínez Blanco, Dª. Silvia Díaz Iglesias, Dª. Margarita Caldas Moreira, Dª. María Alicia Martínez González, Dª. Lidia Salgueiro Piñeiro, D. José Angel Lodeiro Cancela, Dª. María Consuelo Besada Lores, D. Gregorio Luís Agís Gómez, D. Ángel Moldes Martínez, D. Juan José Rodríguez Grandal, Dª. María del Mar Villaverde Rosales, D. Alberto Villaverde Méndez e D. Manuel Domínguez Álvarez; escusa a non asistencia o concelleiro D. Javier Domínguez Lino, por enfermidade e a concelleira Dª. Celeste Nieto García; asiste en calidade de interventora Dª. Olga Fernández Rodríguez e como secretaria xeral Dª. Paula Ramos Díaz. Reuníronse no Salón de Sesións en primeira convocatoria para realizar a sesión ordinaria correspondente ao día de hoxe e para a que foron previamente citados en tempo e forma. Pola Presidencia declárase aberta a sesión, para tratar os asuntos que figuran na Orde do Día.

3585.- APROBACIÓN ACTAS ANTERIORES DO 27 DE SETEMBRO DE 2011 E 24 DE OUTUBRO DE 2011, NÚMERO 462 E 463, RESPECTIVAMENTE.- De conformidade co establecido no artigo 91.1 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dáse conta á Corporación das actas realizadas en sesión ordinaria e extraordinaria, os días 462 e 463, respectivamente, e non formulándose ningunha observacións ás actas de referencia estas quedan aprobadas por unanimidade.

3586- ESTADO DE EXECUCIÓN DOS ASUNTOS PRECEDENTES- Pola Secretaria dáse conta do estado de execución dos acordos precedentes e que son os que seguen: “3577.- RATIFICACIÓN ACORDO NÚMERO 9524 ADOPTADO POLA XGL DO 29 DE AGOSTO DE 2011, EN RELACIÓN AO EXPEDIENTE DE URBANISMO NÚMERO 276/11, APERTURAS PORTOS DE GALICIA, DELIMITACIÓN DOS ESPAZOS E USOS PORTUARIOS DO PORTO DE COMBARRO.- Uniuse certificación do acordo ao expediente e remitiuse á Portos de Galicia; 3578.- INTERVENCIÓN E TESOURERÍA, INFORME RELATIVO AO CUMPRIMENTO DA LEI 15/2010 DE 5 DE XULLO, DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE.- Uniuse certificación do acordo ao expediente, deuse traslado ao departamento de urbanismo e remitiuse ao órgano competente da Comunidade Autónoma; 3579.- INTERVENCIÓN, MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA NUMERO 20/2011, TRANSFERENCIA DE CRÉDITO EN

1

Page 2: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

VIRTUDE DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA A REDUCIÓN DO DÉFICIT PÚBLICO.- Uniuse certificación do acordo ao expediente, deuse traslado ao Departamento de Intervención, remitiuse e notificouse anuncio ao Boletín Oficial da Provincia; 3580.- INTERVENCIÓN, CONTA XERAL DO EXERCICIO 2010.- Uniuse certificación do acordo ao expediente, deuse traslado ao Departamento de Intervención e cumprimentouse á obriga de rendición da Conta Xeral antes do 15 de outubro de 2011 ao Consello de Contas de conformidade co establecido na lexislación vixente; 3581.- URBANISMO, EXP. 408/10.- SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN NA COTA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS PRESENTADA POR DOLORES PENAS RIAL.- Uniuse certificación do acordo ao expediente, deuse traslado ao Departamento de Urbanismo e notificouse aos interesados.; 3582.- SECRETARÍA, PROPOSTA DE DESIGNACIÓN VOGAL PARA CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA.- Uniuse certificación do acordo ao expediente e comunicouse á Deputación Provincial; 3583.- URBANISMO, PROPOSTA POR DESLINDE DE COSTAS NÚMERO DL. 157 PONTEVEDRA.- Uniuse certificación do acordo ao expediente e remitiuse ao Servizo Provincial de Costas.”

A Corporación dáse por enterada.

3587.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DESDE O ÚLTIMO PLENO ORDINARIO.- Pola Secretaria presente na sesión dáse conta das resolucións da alcaldía adoptadas desde o último pleno ordinario e que estiveron a disposición dos/as concelleiros/as xunto cos demais asuntos da orde do día.

A Corporación dáse por enterada.

3588.- RATIFICACIÓN ACORDO NÚMERO 9664 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL EN SESIÓN REALIZADA O 10 DE OUTUBRO DE 2011, EN RELACIÓN AO APOIO AO SECTOR PESQUEIRO E MARTÍTIMO EN RELACIÓN AO PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.- De conformidade con disposto no artigo 82.3 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, sométese a votación a inclusión do presente acordo na orde do día por non estar ditaminada previamente por comisión informativa ningunha, sendo ratificada polo voto favorable dos quince membros presentes.

A continuación pola secretaria presente na sesión, dáse conta á Corporación do acordo número 9664 do 10 de outubro de 2011 adoptado pola Xunta de Goberno Local por razón de urxencia en virtude do disposto no artigo 16 do Regulamento Orgánico Municipal e que di o que segue: “Previa declaración de urxencia polo voto favorable dos cinco membros presentes sendo seis o seu número total de membros ao abeiro do establecido no artigo 83 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais a concelleira delegada de Pesca eleva a consideración da Xunta de Goberno Local os escritos presentados pola Confraría de Pescadores “San Gregorio” de Raxó e pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra no que solicitan o apoio desta corporación fronte as medidas de

2

Page 3: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

protesta contra o Plan Reitor de Uso e Xestión elaborado pola Dirección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por canto, de aplicarse co seu contido actual segundo os indicados escritos, implicaría graves prexuízos para a pesca de baixura das Rías Baixas e da sociedade en xeral.

Tendo en conta a proximidade dos actos de protesta programados e de conformidade co establecido no artigo 16 do Regulamento Orgánico Municipal, por motivos de urxencia a Xunta de Goberno Local polo voto favorable dos cinco membros presentes sendo seis o seu número total de membros e en exercicio das atribucións delegadas pola alcaldía, por Decreto de 30 de xuño de 2011, de conformidade co disposto no art. 21 da Lei 7/85, de 2 de abril, (modificada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro) e co artigo 89.5 da Lei 30/92 de 26 de novembro de RJAPPAC, acordou:Primeiro: Apoiar aos sectores pesqueiro e marisqueiro, e sumarse nas súas reivindicacións en contra do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) das Illas Atlánticas de Galicia.Segundo: Coa intención de acadar o maior número de adhesión ás protestas do sector pesqueiro e marisqueiro, dar traslado do presente acordo á cidadanía en xeral para que amose o seu apoio.Terceiro: Presentar o presente acordo ante os organismos e institucións competentes, para que teñan en consideración as demandas do sector e accedan a paralizar o PRUX ata que exista un consenso total coas entidades representativas do sector pesqueiro profesional.Cuarto: Levar a cabo a máxima difusión posibles do presente acordo co obxecto de dalo a coñecer ante a opinión pública.Quinto: Dar conta do presente acordo ao Pleno na primeira sesión ordinaria que realice para os efectos da súa ratificación.”

Non suscitándose debate ningún o Pleno da Corporación por unanimidade de asistentes e de conformidade co establecido no artigo 16 do Regulamento Orgánico Municipal, acordou:

Primeiro.-Ratificar o acordo número 9664 adoptado, por razón de urxencia, pola Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 10 de outubro de 2011.

Segundo.- Dar conta do presente acordo á comisión informativa de facenda, gobernación e contas na seguinte sesión ordinaria que se celebre para os efectos previstos no art. 126.2º do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

3589.- INTERVENCIÓN, SOLICITUDES DE BONIFICACIÓN DE ICIO EXP. 293/2011, DE D. EUGENIO VALLEJO LOBATO E EXP. 304/11, DE D. EMILIO REY BARREIRO.- Dáse conta do expediente tramitado e do ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de data 17 de outubro de 2011 e que di o que segue: “Dáse conta dos expedientes tramitados a instancia de D. Eugenio Vallejo Lobato, Expte. Núm. 293/11 en Rúa Laxe nº 15 de Combarro e de D. Emilio Rey Barreiro, Expte. Núm. 304/11 en Carreiro do Campo nº 28 de Combarro, mediante instancias presentadas no Rexistro

3

Page 4: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

Xeral do Concello de Poio solicitando a exención do 95% da cota do ICIO segundo o establecido no artigo 4.5 d) da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras correspondente aos expedientes núm. 293/11 e núm. 304/11.

Consta no expediente informe favorable da interventora municipal de data 19 de setembro de 2011.

A Comisión por unanimidade, de conformidade có sinalado no indicado precepto, acordou ditaminar favorablemente a declaración de especial interese as obras correspondentes aos expedientes tramitados polo departamento de urbanismo núms. 293/11 e 304/11, por concurrir nas mesmas circunstancias histórico-artísticas, ao estar incluídas dentro do ámbito de aplicación do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Combarro e a aprobación da bonificación do 95% na cota do ICIO devengada.”

Non suscitándose debate ningún, o Pleno da Corporación en votación ordinaria e polo voto favorable dos membros presentes en exercicio das facultades conferidas no artigo 4.5 d) da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Declarar de especial interese das obras correspondentes aos expedientes tramitados polo departamento de urbanismo núm. 293/2011 de D. Eugenio Vallejo Lobato e exp. 304/2011 de D. Emilio Rey Barreiro por concorrer nas mesmas circunstancias histórico-artísticas, ao estar incluídas dentro do ámbito de aplicación do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Combarro.

Segundo: Aprobar a bonificación do 95% nas cotas do ICIO devengadas.

Terceiro: Dar traslado do presente acordo ao Departamento de Intervención, Tesourería e Urbanismo para a realización dos trámites que procedan e ao solicitante con indicación dos recursos que procedan en dereito.

3590.- INTERVENCIÓN, MODIFICACIÓN DO PREZO DE PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POLAS PERSOAS USUARIAS.- Dáse conta do expediente tramitado e do ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de data 17 de outubro de 2011 e que di o que segue: “Dáse conta do expediente e da proposta da Alcaldía de data 11 de outubro de 2011 que textualmente di o seguinte: “Habendo solicitado o pasado dia 6 de outubro a interventora municipal, mediante providencia de Alcaldía, se procedes a elaboración dunha memoria económica co fin de determinar se procedía actualizar o custo do servizo de axuda no fogar con respecto ao aprobado na Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Poio (última modificación publicada no B.O.P de 7 de xaneiro de 2010) se recibe o dia 10 de outubro unha memoria económica na que, dos datos aportados por ésta e por unha das traballadoras sociais do Concello se expón unha cobertura de costes do servizo que acadaría unicamente un 76,99% (sendo o 23,01% restante aportado por o Concello de Poio).En virtude dos datos resultantes da mencionada Memoria económica que obra no expediente se deduce que procede modificar o custo do servizo a

4

Page 5: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

12,76€/hora (o que supón un incremento do 21,78% sobre o custo anterior de 10,53€/hora) por o que SE PROPÓN: se proceda a modificar a Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Poio actualizando o custo do servizo a 12,76€/hora polo que, a cota mensual a pagar por os usuarios, sería a resultante de aplicar a porcentaxe que corresponda, segundo a escala prevista no artigo 11º, ao resultado de multiplicar o número de horas de atención mensual por o custo da hora.”, e dáse conta tamén do informe e da memoria económica da Intervención Municipal de data 11 de outubro de 2010.O Sr. Barreiro Lubián explica que hai unha subida, no gasto a satisfacer polo Concello,coa sinatura do novo contrato de Xestión de Servizos Públicos de Asistencia no Fogar o que nos obriga a actualizar a taxa. Aínda que o incremento do prezo/hora que se propón ascende ó 21,17%, tendo en conta que a aportación da maior parte dos usuarios do servizo (agás aqueles que o reciben gratuitamente en virtude do seu nivel familiar de renda) ascende ó 15% do custo do mesmo, o incremento que se lles repercutiría a estes no prezo/hora a aboar ascendería, aproximadamente, ó 3,2%.

A Comisión por 5 votos a favor do BNG e PSOE, ningún voto en contra e 2 abstencións do P.P., acordou ditaminar favorablemente dito asunto e propor ao Pleno a súa aprobación e que se sigan os trámites legais procedentes.”

Non suscitándose debate ningún, o Pleno da Corporación en votación ordinaria e por 10 votos a favor (8 BNG e 2 PSOE), ningún voto en contra e 5 abstencións do PP, en exercicio das facultades conferidas polo artigo 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do Réxime Local e concordante da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Aprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza de Axuda no Fogar do Concello de Poio, actualizando o custo do servizo a 12,76€/hora polo que, a cota mensual a pagar polos/as usuarios/as, sería a resultante de aplicar a porcentaxe que corresponda, segundo a escala prevista no artigo 11º, ao resultado de multiplicar o número de horas de atención mensual por o custo da hora.

Segundo: Someter a información pública e dispoñer a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo prazo de 30 días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais.

Terceiro: Facultar ao Sr. Alcalde para os trámites sucesivos do expediente.

3591.- INTERVENCIÓN, MODIFICACIÓN ORDENANZAS FISCAIS EXERCICIO 2012.- Dáse conta do expediente tramitado e do ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de data 17 de outubro de 2011 e que di o que segue: “ Dáse conta do expediente e da proposta da alcaldía de data 11 de outubro de 2011 que, textualmente, di o seguinte:

5

Page 6: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

“Luciano Sobral Fernández, Alcalde do Concello de Poio, no exercicio das funcións que me atribúe a lexislación vixente, propoño a adopción do seguinte ACORDO:Visto o expediente de modificación de ordenanzas fiscais para o exercicio 2012 e, en concreto as seguintes: Imposto sobre bens inmobles, Taxa por o Servizo de Saneamento de Augas, da Taxa por o Servizo de Subministro de Augas, da taxa por a prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, da taxa por a prestación do servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, da taxa por a prestación do servizo de análise e inspección de vertidos, da taxa por a prestación do servizo de grúa, da taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva de vías públicas para aparcamento, da taxa de cemiterios e da taxa por expedición de documentos administrativos.Visto o informe de Intervención de data 11 de outubro de 2011 que obra no expediente.É por iso que PROPOÑO:Primeiro: aprobar a modificación das seguintes ordenanzas fiscais:-Taxa polo Servizo de Saneamento de Augas: se propón un incremento do

10,66%-Taxa polo Servizo de Subministro de Augas: se propón un incremento do

2,37%-Taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos

urbanos: se propón un incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de tratamento e eliminación de residuos

sólidos urbanos : se propón un incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de análise e inspección de vertidos: se

propón un incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de grúa: se propón un incremento do 4%Taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva de vías

públicas para aparcamento: se propón un incremento do 4%-Taxa por cemiterios: con relación a modificación das tarifas o

incremento proposto no servizo é do 4% nas tarifas para as concesións a perpetuidade, cesións en aluguer, cota anual por mantemento e traspaso de titularidade. No caso dos dereitos de enterramento, inhumacións e exhumacións así como na iluminación de cada panteón o incremento proposto é do 108,33%, 122,22%, 100% e 108%.

-Taxa por expedición de documentos administrativos: se propón un incremento do 4%.

-Imposto sobre bens inmobles: se propón incrementar o tipo impositivo relativo os bens inmobles de natureza urbana ao 0,50%

As ordenanzas fiscais entrarán en vigor, unha vez levado a cabo o trámite de exposición pública e aprobadas definitivamente, o un de xaneiro de 2012.Segundo: o acordo adoptado polo Pleno, de ser favorable a aprobación, exporase no taboleiro de anuncios da Entidade e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta días hábiles, dentro dos que os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas”

O Sr. Barreiro Lubián explica o contido de dita proposta da alcaldía comentando que a modificación da taxa de cemiterios é debida a que as

6

Page 7: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

temos baixas con relación a empresa que leva o tanatorio e en canto ao alumeado dos nichos sube un 100% porque subiu moitísimo o prezo da luz e pagarán os que teñan o alumeado durante todo o ano porque soamente para o mes de novembro non se paga nada.En conto a auga, saneamento, son prezos que veñen definidos pola revisión da fórmula paramétrica fixada no prego de cláusulas administrativas que rexe no contratoO Sr. Domínguez Lino quere manifestar que desde o Partido Popular rexeitamos rotundamente estas subidas sobre todo neste momento, rascamos aínda máis os petos sigue a ser a política do si a todo. Desde o 2008 vimos pedindo contención dos gasto e non se nos fai caso. Levamos 2 anos có de que a fórmula da auga non se aplicaba para non seguir rañando máis os petos e quérese facer agora xusto cando a situación é máis mala e vai para moito peor. O IPC é do 3% (de agosto de 2010 ata agosto de 2011) e subimos o 4%.De cara ao Pleno o Partido Popular fará unha proposta como sempre fixemos. Estas subidas son consecuencia do zafarrancho que propón o BNG. Estamos en contra totalmente destas subidas.O Sr. Barreiro Lubián contéstalle que a proposta que presente o P.P. sexa seria e non a presenten para estudala en 5 minutos antes de o Pleno, sería bo tela con tempo suficiente para estudala e para que non se diga que non se teñen en conta as propostas.En canto ás subidas desorbitadas o decides porque non fixéchedes números, non creo que por estas subidas vaian a quebrar as familias, o 4% ( que corresponde ao IPC de agosto de 2008 ata agosto de 2011, non é exaxerado. Nos tres últimos anos non se fixeron subidas pero as houbo e as asumiu o Concello pero esta situación non a podemos manter. Noutras administracións o P.P. propón tamén subidas e aquí están en contra.Hai que gobernar e dar servizos e claro que os servizos témolos que pagar tódolos veciños. Podemos estar de acordo ou non cos servizos pero unha vez que se decide é lóxico que sexamos os veciños os que o paguemos.O Sr. Agís Gómez di que entendemos que levamos tres anos cos impostos conxelados pero creemos que o aumento do IBI e do saneamento é excesivo.O PSOE vai votar en contra ata o Pleno para poder axustar estas subidas.O Sr. Domínguez Lino dille ao Sr. Barreiro Lubián que lle está pedindo propostas e vexo que o BNG non consensuou co PSOE, pido que quede constancia en acta a discrepancia que existe neste equipo de goberno.

A Comisión por 4 votos a favor do BNG, ningunha abstención e 4 votos en contra do PP e PSOE acordou, dando cumprimento ó artigo 24 do Regulamento Orgánico da Corporación, elevar ao Pleno as dúas propostas: 1º) Aprobación da modificación das ordenanzas fiscais exercicio 2012 e 2º) A non aprobación da modificación das ordenanzas fiscais exercicio 2012”.

Antes de comezar as intervencións dos membros da corporación, dáse conta da emenda presentada polo Grupo Municipal do BNG e polo Grupo Municipal Socialista con data 21 de outubro de 2011, número de rexistro de entrada 5750 da que se dá lectura e que di o seguinte: “D.ª Consuelo Besada Lores, voceira do PsdeG-PSOE e D. Xulio Barreiro Lubián, voceiro do BNG na Corporación que preside, presentan unha EMENDA parcial á proposta 1ª da Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de data 17 de

7

Page 8: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

outubro de 2011, pola que se ditamina favorablemente a aprobación da modificación das ordenanzas fiscais para o exercicio 2012 da seguinte maneira: Aprobación das modificacións propostas agás a correspondente á ordenanza reguladora do imposto de bens inmobles que se propón pasar do 0,45 ao 0,47”.

Da mesma forma, elévase á consideración dos membros corporativos a emenda presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular con data 25 de outubro de 2011, número de rexistro de entrada 5787 procedéndose á súa lectura: “PROPUESTA DEL PARTIDO POPULAR DE POIO DE CONGELACIÓN DE TASAS E IMPUESTOS PARA EL AÑO 2012.-Según los cálculos del bipartito de Poio, con los incrementos previstos de cara al año 2012, en tasas e impuestos se ingresarían: 190.000 euros; de los cuales se distribuirían en:

• 70.000 euros en tasas.• 120.000 euros con la subida del IBI.

El Partido Popular, propone la congelación de dichas tasas e impuestos, para no perjudicar más a las economías domésticas de los vecinos de Poio. Así frente a las subidas propuestas por el BNG-PSOE; el Partido Popular propone, reducir esos 190.000 euros de ingresos previstos, en las siguientes partidas de gastos:-Fiestas: 120.000 euros.-Horas extraordinarias: 70.000 euros.Y a mayores proponemos la recuperación de la concesión de recogida de basura; que proporcionará al Concello un ahorro como mínimo de 300.000 euros; garantizando todos los puestos de trabajo actuales y comprando un nuevo camión de carga lateral; y así aún se cubren todos los costes.COSTES E INGRESOS RECOGIDA Y TRATAMIENTO DE BASURA:Costes 2012: 1.231.000 euros (por concesión).Ingresos 2012: 1.000.000 euros (sin incremento).

• Ingresos reales 2009: 969.480 euros.• Ingresos reales 2010: 989.175 euros.• Ingresos previstos 2011: 1.000.000 euros.

Si recuperamos la concesión de la basura, recuperamos también la propiedad de 2 camiones de recogida de basura propiedad del Concello y de la barredora; así, el Concello podría tener unos costes al año:

• Sogama: 475.000 euros (coste tonelada 53,06 eur + IVA).Coste Sogama año 2009: 434.497 euros.Coste Sogama año 2010: 450.716,14 euros.Coste Sogama (enero-agosto 2011): 300.992 euros.

• Coste 13 trabajadores (4 conductores y 9 peones):Coste 4 conductores (nómina + s.s.): 90.000 euros.Coste 9 peones (nómina + s.s.): 170.000 euros.Antigüedad, otros: 30.000 euros.TOTAL COSTE PERSONAL: 290.000 euros.

• Otros costes: Gasolina, seguros, camión pequeño, etc.: 100.000 euros.

• Compra de un vehículo nuevo, camión de carga lateral por renting a 7 años: 30.000 euros año.

• Compra contenedores carga lateral, otros: 35.000 euros.8

Page 9: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

TOTAL COSTES CONCELLO RECOGIDA BASURA: 930.000 euros.-Sogama.....................................475.000 euros-Personal....................................290.000 euros-Gasolina, seguros, otros...................100.000 euros-Compra renting coche carga lateral......... 30.000 euros-Compra contenedores carga lateral, otros.... 35.000 eurosTotal pago concesión basura año 2012: 1.231.000 euros.Coste Concello con recuperación concesión año 2012: 930.000 euros.AHORRO COSTES BASURA RECUPERANDO CONCESIÓN: 301.000 EUROS”.

Comeza a quenda de intervencións o Sr. Barreiro Lubián, explicando a proposta de incremento das ordenanzas fiscais segundo o ditame emitido pola Comisión de Facenda pero modificando a proposta inicial, defendida polo BNG, e segundo o acordado co Grupo Municipal Socialista que no referente ao Imposto de Bens Inmobles se incremente a un 0,47%.

O incremento proposto polo equipo de goberno, e segundo datos dunha familia típica de Poio que dispoña de todos estes servizos, ascende ao 4,28%.

O cálculo da taxa do Imposto de Bens Inmobles faise en base ao valor catastral, aprobado pola Xerencia Territorial do Catastro, un valor que en teoría é un 50% do valor de mercado do inmoble, pero isto é discutible porque este último é moi variable. A porcentaxe consensuada é un incremento importante pero comparable con outros concellos, xa que se seguimos aplicando o 0,45%, Poio quedaría no lugar 25 e coa media do valor catastral da provincia, para recadar o mesmo que outros concellos teríamos que incrementar ata un 0,52%.Pode parecer unha porcentaxe alta pero, se nos comparamos con outros municipios, Poio queda por debaixo (Baiona 0,50, Vigo 0,70, Pontevedra 0,60 Marín 0,55).

Na Comisión de Facenda calificáronse as propostas como subidas exaxeradas e inasumibles, sen embargo os veciños de Poio sí que poden asumir un canon de saneamento autonómico que vai supoñer 31 € cun consumo medio de 35 m/3, polo que dáse a entender que ao grupo municipal do PP parécenlle mal os incrementos dependendo da administración que os impoña.

Respecto á emenda do Partido Popular, sinala que carece de rigor e criterio. Coma exemplo e para calcular os datos de persoal, habería que ir ao convenio laboral de CESPA na que se establece que o persoal teno que asumir o Concello ou a nova concesionarial e aplicando a táboa salarial do convenio en persoal suporía un importe de 385.000 €,distando moito moito dos 190.000 € indicados polo grupo municipal do PP na súa emenda.

En canto aos medios, relacionan dous vehículos e unha varredora con once anos de antigüidade o que implicaría ter que asumir a compra de tres camións resultando novamente insuficiente a contía reflectida polo PP e cifrada en 30.000,00 euros, estimándose un importe de 140.000,00 euros o que implicaría a necesidade de concertar unha operación de crédito e

9

Page 10: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

excluir o renting.

Polo que a proposta de 35.000 € imaxina que sería para reposición porque para poder comprar 600 colectores que temos na actualidade a razón de 258 € cada un, sería novamente insuficiente.En relación co gasto en combustible parece que se axusta un pouco á realidade pero hai que ter en conta os incrementos no seu prezo e as viaxes ao centro de transformación.

A continuación, o voceiro do grupo municipal do BNG analiza as restantes propostas incluídas no escrito presentado polo grupo municipal do PP, facendo especial referencia aos créditos destinados a festas e horas extraordinarias e cualifica os recortes presupostarios propostos como escasos en relación aos que presentará o actual equipo de goberno.

Toma a palabra a Sra. Besada Lores para manifestar que desde o Grupo Municipal Socialista van votar en contra da emenda do PP xa que queda moi ben unha proposta de conxelación de impostos pero entende prioritario garantir a viabilidade económica do Concello, canto máis se está a afectar a taxas que non experimentaron incremento ningún desde o exercicio 2006.

Indica ademais que a subida a un 0,50 do Imposto de Bens Inmobles parece excesiva e por iso proponse un incremento máximo do 0,47%.

Reitera que a realidade esixe que para poder dar servizos aos veciños hai que costealos.

Matiza que a actual concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos dispón dos vehículos necesarios de reposto para poder prestar o servizo 6 días á semana en todo o municipio mentres que se se xestionase directamente polo concello e se estropease algún dos vehículos adscritos non se podería prestar o servizo. Respecto dos colectores sinala que cada colector de carga lateral ten un importe cercano aos 1000 €, e se repoñemos os 600 que temos, o importe sería moi elevado.

Remata a súa intervención insistindo que desde o seu grupo entenden que o ideal sería non subir impostos pero os cidadáns e veciños de Poio teñen que comprender que para poder seguir prestando servizos de calidade, non queda doutra.

Comeza a súa intervención o Sr. Moldes Martínez sinalando que segundo a exposición realizada polos grupos municipais do BNG e do PSOE, os veciños de Poio terían que darlle as grazas por subirlle os impostos.

Segundo datos facilitados e obtidos a través dos medios de comunicación, a voceiro do grupo municipal socialista manifestaba a súa queixa pola falta de diálogo, para máis tarde indicar que tiña unha proposta moi estudada, tan boa que dous días despois propoñen unha emenda.Van incrementar nove taxas pasado o período electoral e asumir o ano pasado o compromiso de que non as ían tocar e agora, cando a situación é moito peor xa que contamos con 1366 parados, propoñen estes incrementos.

10

Page 11: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

Somos uns dos concellos que non se pode endebedar máis e como agora non se pode pedir ese millón de euros aos que nos tiñan acostumados, teñen que sacalos dos veciños.

Sobe a taxa de saneamento, e aínda temos dúas parroquias que verten directamente ao mar e ían a solucionalo, pero será a Xunta a que o faga coa construción da depuradora. Lembra que aínda hai veciños no municipio que non teñen saneamento, sendo un servizo principal.Solicitan que se reduzan as horas extraordinarias e que en festexos cumpran co que presupostan.

Sempre gastan máis do que presupostan gastando incluso o remanente de tesourería así que propoñemos desde o PP a conxelación das ordenanzas fiscais como fixeron outros concellos como pode ser Sanxenxo ou Pontecaldelas.

Toma a palabra o Sr. Martínez Blanco e cualifica a proposta realizada polo grupo municipal do PP como un despropósito e pide ao responsable do PP unha explicación en relación aos festexos cuxo importe rebaixaría o ou eliminaría: as festas de San Xoán, a festa da Ameixa, ou incluso o Día de Colón por considerar que é moi fácil dicir que hai que gastar 120.0000 euros menos en festexos e non indicar que medidas se adoptan.En relación, aos gastos en horas extraordinarias dos empregados públicos e facendo a comparativa nos períodos similares do exercicio anterior e tendo en conta que se trata da peor época do ano, a de verán, pódese comprobar que se rebaixaron nu 95,7%.Hai que ter en conta que as achegas doutras administracións baixaron tanto da administración central como da administración autonómica.Cando os veciños piden a colaboración do Concello, ésta dáse e o Sr. Moldes sabeo ben, xa que cando se organiza a Poio Mostra, vostede pide, en calidade de presidente da asociación de empresarios, un electricista en dúas xornadas festivas e éstas hai que retribuílas.

Remata a súa intervención e manifesta os asistentes que concello toma medidas e se están a executar reformas para aforrar. Non se pode facer demagoxia coa subida das taxas municipais moito máis cando a Xunta de Galicia aproba a aplicación dun canon por saneamento, non sabemos o que pasara a partir do 20 de novembro.

O Sr. Barreiro Lubián di que é máis fácil recibir aplausos por baixar os impostos que non por subilos. Pero hai que dicir que ata o de agora non nos deu mal resultado a política que estamos a facer xa que levamos varios anos gobernando, polo que entendo que non é una política mal exposta.Esa mala xestión supuxo que durante tres anos non subiramos os impostos pero chega un momento en que é necesario xa que estamos a sufrir moitos recortes e temos que devolver transferencias por importe de 700.000 euros. Cando se fai unha proposta hai que analizala para tomar decisión e os resultados dos estudos están para iso, para axudar a tomalas.Coas sobas que nós propoñemos dubido moito que as familias entren en

11

Page 12: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

crise económica.O PSOE considerou que un 0,50 non era adecuado e propuxo unha porcentaxe inferior que non aceptamos.Non é comparable a conxelación de Sanxenxo que o fixo ao 3,1%, son ideas distintas, e nós non podemos deixar pasar outros tres anos sen subir as taxas.Coa nosa política esaxerada logramos mellorar e non nos parecemos nada ao concello de fai dezaseis anos e os gastos correntes de servizos non son comparables, os vertidos que hai agora son puntuais, non é para estar contentos, pero non hai cor. Ademais a competente na depuradora é a Xunta No goberno do bipartito lograron que a este concello chegara un anteproxecto, e xa me sei o conto para o ano que ven, a comunicación dirá que non temos terreos para a ubicación.

A Sra. Besada Lores manifesta que a demagoxia propona o PP cunha proposta sen estudar por canto ás veces en política hai que tomar este tipo de decisións e este momento de crise, obríganos a iso.

Reitera as palabras do voceiro do grupo municipal do BNG en canto á depuradora, engadindo que co actual goberno da Xunta, este Concello ten que facer maior esforzo económico, xa que case non hai achegas autonómicas a pesar de o Sr. Domínguez prometeu 40 millóns de euros, cualificando os importes presupostados para o parque empresarial de Fragamoreira como ridículas.

Lamenta a política seguida desde a Xunta de Galicia que esixe aportacións do 50 % para obras de saneamento no Concello de Poio e asume, sen embargo, o importe total das actuacións noutros municipios.

Engade que efectivamente se fixeron moitas horas extras pero que éstas son correlativas ás obras realizadas e custeadas íntegramente polo concello logrando maiores economías.

E celebra como defensora dos servizos públicos que o PP pida a recuperación da concesión do lixo xa que é o partido das privatizacións.

O Sr. Moldes Martínez quere aclarar que non foi o Partido Popular o que externalizou a xestión da recollida de lixo. Repróchalle ao Sr. Martínez Blanco que non fale dos 200.000,00 euros perdidos desde a súa concellería cun fracaso total pero sí da festa de Colón.

Con respecto ás horas extras, tendo en conta que hai traballadores que superan as 800 horas, no que levamos de ano, pouco hai que dicir, destacando as realizadas en campaña electoral.

Diríxese á Sra. Besada Lores para indicarlle que para que as outras administracións públicas realicen aportacións, hai que ter peso no partido e lembra a inversión executada pola Administración Central no Concello de Caldas de Reis en obras de saneamento acadando o 100% do seu importe.

Declara que habería que preguntarlle ao BNG e PSOE de Sanxenxo cáles son 12

Page 13: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

os motivos porque non se fai a depuradora, recomendando que averigüen o contido das reunións.Non vale de nada que se presuposte se ao final non se fai nada como pode ser na época do bipartito que se presupostaron 18 millóns e non se fixo nada.

O Sr. Martínez Blanco reitera a pregunta ao Sr. Moldes de que expoña os axustes a realizar en festexos concretos.

O Sr. Agís Gómez toma a palabra para indicar aos membros corporativos que en Caldas as obras de saneamento comentadas eran competencia no Ministerio pero en Poio, o saneamento en As Testadas e San Martiño é competencia da Xunta de Galicia e pese a elo hai que aportar un 50%, engadindo que no Concello de Poio a Deputación e a Xunta non invirten, interesa invertir noutros concellos con obras que carecen de importancia, mentras que en Poio temos a subvención do 1% cultural en execución, paseos marítimos, iso si que é ter peso nun partido. E con respecto ás reunións do BNG e PSOE en Sanxenxo, o único que fan é representar aos veciños que os elixiron e eses son os de Sanxenxo.

O Sr. Alcalde toma a palabra para dicir que entende que o tema está debatido e explicar os termos da votación nos termos do artigo 98.2º do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. Para tal efecto, procederase a someter a votación ordinaria o ditame favorable emendado polos grupos municipais do BNG e PSOE e o ditame desfavorable emendado polo grupo municipal do PP.

Sometido á votación ordinaria o ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de aprobación da modificación das ordenanzas fiscais coa emenda presentada polo BNG e PSOE, esta queda aprobada por 10 votos a favor (8 BNG e 2 PSOE), 5 votos en contra e ningunha abstención.

Sometido á votación ordinaria o ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de non aprobación da modificación das ordenanzas fiscais coa emenda presentada polo PP esta quedou denegada por 5 votos a favor do PP, 10 votos en contra (8 BNG e 2 PSOE) e ningunha abstención.

Á vista do resultado obtido a Corporación por 10 votos a favor (8 BNG e 2 PSOE), 5 votos en contra do PP e ningunha abstención, en exercizo das facultades conferidas polo art. 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do Réxime Local e concordante da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Aprobar provisionalmente a modificación das Ordenanzas fiscais na forma que se detalla:

- Taxa polo Servizo de Saneamento de Augas: incremento do 10,66%- Taxa polo Servizo de Subministro de Augas: incremento do 2,37%-Taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos

13

Page 14: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

urbanos:incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de tratamento e eliminación de residuos

sólidos urbanos : incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de análise e inspección de vertidos: incremento do 4%-Taxa pola prestación do servizo de grúa: incremento do 4%-Taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva de vías

públicas para aparcamento: incremento do 4%-Taxa por cemiterios: incremento no servizo dun 4% nas tarifas para as

concesións a perpetuidade, cesións en aluguer, cota anual por mantemento e traspaso de titularidade. No caso dos dereitos de enterramento, inhumacións e exhumacións así como na iluminación de cada panteón o incremento é do 108,33%, 122,22%, 100% e 108%.

-Taxa por expedición de documentos administrativos:incremento do 4%.-Imposto sobre bens inmobles: incremento o tipo impositivo relativo os

bens inmobles de natureza urbana ao 0,47%

Segundo: Someter a información pública e dispoñer a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo prazo de 30 días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais.

Terceiro: Facultar ao Sr. Alcalde para os trámites sucesivos do expediente.

3592.- TESOURERÍA, AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN NO ORAL DA XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IVTM.- Dáse conta do expediente tramitado e do ditame emitido pola Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas de data 17 de outubro de 2011 e que di o que segue: “Dáse conta do expediente e da proposta de D. Xulio Barreiro Lubián, como delegado da Comisión Informativa de Facenda, Gobernación e Contas do Concello de Poio que, textualmente, di o seguinte: “ propón ao Pleno municipal a adopción do seguinte acordo: 1.- Ampliar a delegación no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) de acordo co disposto no artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ás facultades de: Xestión, liquidación, inspección e recadación das altas no imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, así como a xestión, liquidación e inspección de dito imposto. 2.- A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/1992, na vixente Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, e os -estatutos do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26/08/2004, e será levada a cabo polo ORAL-Deputación de Pontevedra. 3.- Facultar ao señor alcalde-presidente para que, en nome e representación do Consello, formalice o correspondente

14

Page 15: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

convenio coa Deputación Provincial, así coma os demais documentos que procedan. 4.- Que o citado acordo teña efectos dende o 1 de xaneiro de 2012.” e do informe de Tesourería e Intervención de data 13 de outubro de 2012.

A Comisión por unanimidade de asistentes acordou ditaminar favorablemente dito asunto e propor ao Pleno a súa aprobación”.

Non existindo debate ningún, o Pleno da Corporación en votación ordinaria e polo voto favorable dos membros presentes en exercicio das facultades conferidas no artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación , adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: Ampliar, con efectos un de xaneiro de dous mil doce, a delegación no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) de acordo co disposto no artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ás facultades de: Xestión, liquidación, inspección e recadación das altas no imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, así como a xestión, liquidación e inspección de dito imposto.

Segundo: A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/1992, na vixente Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, e os -estatutos do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26/08/2004, e será levada a cabo polo ORAL-Deputación de Pontevedra.

Terceiro: Facultar ao señor alcalde para que, en nome e representación do Concello, formalice o correspondente convenio coa Deputación Provincial, así coma os demais documentos que procedan.

3593.- ESCRITO EN RELACIÓN DAS MEDIDAS ADOPTADAS POLA XUNTA DE GALICIA NO ENSINO PÚBLICO SUBSCRITO POLAS ANPA ESPEDREGADA, ANPA DE LOURIDO, ANPA DE VIÑAS, ANPA SAN XOÁN, ANPA IES FONTENLA. Con carácter previo á análise e exame deste punto da orde do día, sométese a súa inclusión a ratificación dos membros corporativos de conformidade co disposto no artigo 82.3 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais por non ter sido elevado á consideración previa de comisión informativa ningunha, sendo así ratificada polo voto favorable dos quince membros presentes.

A continuación dáse lectura pola secretaria ao escrito presentado o 17 de outubro de 2011, número de rexistro de entrada 5611, polas ANPAS

15

Page 16: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

Espedregada, Lourido, Viñas, San Xoán e a do IES Fontenla e que di o seguinte: “As ANPAS dos colexios de Poio arriba expostos do Concellos de Poio queren manifestar e dalgunha maneira facerlles ver aos cidadáns o conflito do ensino público, e con isto e entre todos poñer fin o comezo do deterioro da ensinanza pública, porque os nosos fillos teñen dereito a unha ensinanza de calidade e igualdade.Rexéitannos as necesidades educativas especiales (AL,PT), como outras polo desenvolvemento nos centros, dándonos conta que o deterioro é progresivo, parece que o profesorado especialista ou non poden transmitir eses coñecementos. Todos están igual de cualificados? Un especialista de Inglés pode dar clases de AL-PT?Pois creemos que NON xa que calquera especialista ten que dar a clase na que é especialista.Tampouco entendemos que vaian quitar os/as mestres/as de APOIO en infantil, así como os/as mestres/as de AL-PT, xa que estes alumnos/as necesitan AXUDA moi importante.Tampouco entendemos como se lle poden dar axudas aos COLEXIOS CONCERTADOS, que non estamos en desacordo pero si que o ENSINO PÚBLICO debe ser a primicia da EDUCACIÓN para os/as nosos/as fillos/as, cos mesmos DEREITOS, MEDIOS, IGUALDADE e CALIDADE.Entendemos que hai unha GRAN CRISE ECONÓMICA MUNDIAL, pero entendemos que onde nunca se pode RECORTAR en EDUCACIÓN xa que son de primeira necesidade. Nunca se pode facer do ENSINO PÚBLICO que xenere BENEFICIOS, senón todo o contrario SEMPRE INVERTIR para poder facer do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE E IGUALDADE.Necesitamos dos nosos mestres e por iso debemos loitar por mellorar o noso Ensino Público.SOLICITAMOS:Que a XUNTA DE GALICIA E CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN volvan a sentarse e RECAPACITAR sobre as medidas que tomaron sobre o ENSINO PÚBLICO. Xa que entendemos que imos polo camiño de ter un ENSINO PÚBLICO de FALTA DE CALIDADE E IGUALDADE, e só poderán estudar os/as fillos/as de quen teña un PODER ADQUISITIVO ALTO.Defendámonos!!! E que os responsables nos escoiten!”.

Toma a palabra o Presidente da Corporación para explicar aos asistentes o alcance do acordo a adoptar, para os efectos de dar cobertura polos grupos municipais ás peticións materializadas no escrito presentado.

Non existindo debate ningún, en votación ordinaria, en exercicio das competencias fixadas no art. 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do Réxime Local e no uso das facultades conferidas polos arts. 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril e concordante da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, acordou:

Primeiro.- Prestar conformidade ás peticións efectuadas polas ANPA dos colexios Espedregada; Lourido; Viñas; San Xoán e do IES Fontenla do Concello de Poio, remindo o presente acordo á Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

Segundo.- Dar traslado do presente acordo ás ANPAs dos colexios Espedregada; Lourido; Viñas; San Xoán e do IES Fontenla do Concello de

16

Page 17: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

Poio para o seu coñecemento e efectos oportunos.

MOCIÓNS URXENTES, ROGOS, PREGUNTAS E INTERPELACIÓNS.

3594.-MOCIÓN DO BNG, EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.- Previa declaración de urxencia por 10 votos a favor do BNG e PSOE, 4 votos en contra do PP e ningunha abstención, en virtude do disposto no artigo 83 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

NESTE MOMENTO AUSÉNTASE DO SALÓN DE SESIÓN O CONCELLEIRO D. MANUEL DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ.

Pola Concelleira Delegada de Educación, Dª. Alicia Martínez González procédese a dar lectura ao texto da moción presentada e que di o que segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O goberno do PP na Xunta de Galiza desacredita e desmantela o ensino público a prol do ensino privado. Mentres permite a masificación na escola pública, subvenciona a ampliación de concertos con colexios privados ultrarrelixiosos e elitistas. No curso 2009-2010, a Xunta permite a volta de concertos que segregan aos nenos e nenas. No curso 2010-2011 houbo 19 novos concertos e neste curso 9 novos concertos máis. Na escola pública o balance é de constante peche de unidades. En 2010-2011 reducíronse preto de 70 unidades e neste curso 73 unidades educativas en primaria e 77 en secundaria.Durante o goberno da Xunta participado polo BNG a dotación orzamentaria en educación aumentou un 30% e a porcentaxe da ensinanza concertada mantívose. Agora con Feijóo a concertada pasa dun 10,8% ao 11,2% en detrimento da pública. Rebaixáronse un 7,4% os orzamentos da Xunta para o ensino público, fronte ao escaso recorte da concertada, que só se reduciu un 3,5%.En canto ás redes de centros plurilingües e centros Abalar, existe unha clara financiación encuberta do ensino privado, dado que en pouco tempo todos os centros privados estarán incluídos nestes programas. Se o reparto é moi desigual no programa Abalar, no caso dos plurilingües é escandaloso. Na suposta rede dos centros públicos só participan un 6% e dos privados un 26%. Na última convocatoria, excluíuse ao 75% dos centros públicos fronte a só un 25% de centros privados.A todo isto temos que engadir os fortes recortes no número de profesores e profesoras, cerca de mil neste último curso, os recortes nas axudas ás ANPAs ou nas bolsas para o alumnado, que no caso da Formación Profesional chegaron a unha redución do 50%.No caso concreto de Poio, ilustramos a situación mediante o escrito presentado no rexistro deste concello polas ANPAS ANPA ESPEDREGADA, ANPA LOURIDO, ANPA VIÑAS, ANPA SAN XOÁN, e ANPA I.E.S. FONTENLA con data 19 de outubro 2011, onde manifestan a súa disconformidade co desmantelamento da ensinanza pública, e onde reivindican o dereito de defender para os seus fillos e fillas un ensino público de calidade.Neste escrito dan conta dos recortes que se están a sufrir nos nosos centros educativos, como a eliminación da atención ás necesidades educativas especiales (AL,PT), así como a supresión dos mestres e mestras de apoio na educación infantil.

17

Page 18: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

Estas ANPAS poñen en cuestión as axudas ao ensino concertado, xa que para eles a prioridade da Consellaría de Educación debe ser o ensino público, que debe defender os mesmos dereitos, medios, igualdade e calidade para toda a cidadanía.As ANPAS asinantes afirman que non se pode poñer como excusa a crise económica para recortar os orzamentos destinados á educación, mentres se incrementan as axudas aos centros privados.O grupo municipal do BNG adhírese ás denuncias do deterioro da calidade do ensino público e apoia totalmente as reivindicacións das asociacións de nais e pais do noso municipio.Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDOInstar ao goberno da Xunta de Galiza a modificar a súa política educativa e garantir unha educación pública de calidade, coa adopción das seguintes medidas1.- Dotar aos centros de ensino público do profesorado necesario para un ensino de calidade.2.- Reforzar as unidades educativas públicas evitando agrupamentos de alumnado de diferentes idades.3.- Facilitar os medios necesarios para atender con éxito a diversidade e necesidades escolares.4.- Evitar a masificación das aulas autorizando os desdobres que sexan necesarios.5.- O proxecto Abalar prestará unha atención especial aos centros. Asemade, incrementar o nivel de acceso e utilización das TICs naqueles centros públicos que non participen do proxecto.6.- Potenciación real do ensino das linguas estranxeiras para todo o alumnado galego sen discriminacións segundo o centro no que cursen estudos. Non excluír a lingua galega como lingua de aprendizaxe nestes centros.7.- Mellorar os comedores escolares para cubrir as necesidades actuais.8.- Mellorar o servizo de transporte escolar.”

NESTE MOMENTO ENTRA NO SALÓN DE SESIÓN O CONCELLEIRO D. MANUEL DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ.

Unha vez rematado a lectura da moción por parte da Concelleira de Educación, procédese a explicar máis detalladamente cada punto dos acordos que se someten a consideración do pleno, explicando que é necesario non reducir os efectivos nos centros xa que este feito reduce a calidade da educación, hai nenos e nenas nos centros escolares que necesitan outro tipo de ensinanza e o que se está a facer neste momento é segregar a educación, masificando das aulas con máis de 25 alumnos e ao mesmo tempo non atender aos nenos e nenas que repiten curso e discriminar aos centros públicos en detrimento do financiamento dos centros privados.

Engade que o proxecto AVALAR o que provoca é que agora se teña que desmantelar todas as instalacións realizadas que funcionaban con WIFI xa que necesitan cable, cando se trata dos TIC a Xunta o que fai é dotar ao centro cunha pantalla, un ordenador e un cañón, e os profesores de forma altruista que impartan a clase, xa que non se contrata este tipo de

18

Page 19: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

persoal.

Os recortes dos centros afectan aos especialistas en audición e linguaxe, a atención pedagóxica terapéutica é deficiente xa que os profesores poden atender a nenos e nenas con todo tipo de problemas... a Xunta no atende demandas dos centros

O plan madruga non ten financiamento por parte da administración autonómica e os comedores que funcionan ben en máis dun colexio de Poio agora contratan un catering a través dunha empresa privada.

Remata a súa intervención manifestando que cando era concelleira en lexislaturas pasadas o transporte público escolar era penoso, e polo que podo comprobar agora, anos despois, a problemática segue e aínda hai nenos e nenas que teñen que ir andando ás súas casas ao que hai que engadir a pretensión da Xunta de que os mestres e mestras sexan coidadores e coidadoras, xa que teñen que estar 15 minutos antes e despois cos nenos esperando aos autobuses, dependendo da empresa.

NESTE MOMENTO AUSÉNTASE DO SALÓN DE SESIÓN O CONCELLEIRO D. XOSÉ LUIS MARTÍNEZ BLANCO.

Toma a palabra o Sr. Moldes Martínez e sinala que o único que fai o Partido Popular é cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Creen na liberdade e gustaríalles que o BNG e PSOE foran máis claros e dicir que se eles gobernaran retirarían as axudas aos centros concertados. Desde o PP apostan por un ensino público de calidade, e pensan que se está a cumprir cun programa electoral así como a atender ás necesidades das ANPAS.

O Sr. Villaverde Méndez aclara que cando un profesor pide un destino a través da plataforma é para garantir que lle toque o que pide e marca no formulario todas as asignaturas afíns. Os 15 minutos son soamente na entrada, non na saida, depende do tipo de ensinanza. De 25 horas libran 4, para traballar 21 horas lectivas.

Indica que o Partido Popular apoia o anterior escrito presentado polas ANPAS porque consideran que está ben plantexado, sen embargo, a moción contén unha exposición de motivos moi demagóxica que non van a apoiar e polo tanto tampouco a moción no seu conxunto.

A Sra. Besada Lores intervén e manifesta o seu apoio á moción presentada xa que é unha clara defensa dos servizos públicos, parte do estado de benestar sen que se poda xogar coa educación dos nenos e nenas coa redución de financiamento e de medios persoais.

Unha vez rematada a quenda de deliberacións,sometida a votación ordinaria, o Pleno da Corporación, en exercizo das competencias fixadas no art. 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do Réxime Local e no uso das facultades conferidas polos arts. 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril e concordante da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia por 9 votos a favor (7 BNG e 2PSOE), 5 votos en contra

19

Page 20: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

do PP e ningunha abstención, acordou:

Primeiro.- Instar ao goberno da Xunta de Galiza a modificar a súa política educativa e garantir unha educación pública de calidade, coa adopción das seguintes medidas:1.- Dotar aos centros de ensino público do profesorado necesario para un ensino de calidade.2.- Reforzar as unidades educativas públicas evitando agrupamentos de alumnado de diferentes idades.3.- Facilitar os medios necesarios para atender con éxito a diversidade e necesidades escolares.4.- Evitar a masificación das aulas autorizando os desdobres que sexan necesarios.5.- O proxecto Abalar prestará unha atención especial aos centros. Asemade, incrementar o nivel de acceso e utilización das TICs naqueles centros públicos que non participen do proxecto.6.- Potenciación real do ensino das linguas estranxeiras para todo o alumnado galego sen discriminacións segundo o centro no que cursen estudos. Non excluír a lingua galega como lingua de aprendizaxe nestes centros.7.- Mellorar os comedores escolares para cubrir as necesidades actuais.8.- Mellorar o servizo de transporte escolar.

3595.-MOCIÓN DO BNG, SOBRE OS RECORTES EN SERVIZOS SOCIAIS.- Previa declaración de urxencia por 9 votos a favor do BNG e PSOE, 5 votos en contra do PP e ningunha abstención, en virtude do disposto no artigo 83 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, pola Concelleira Delegada de Benestar Social e Igualdade, Dª. Lidia Salgueiro Piñeiro procédese a dar lectura ao texto da moción presentada e que di o que segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOSDesde o ano 2008 estase a levar a cabo o Plan Integral para a Convivencia e o Desenvolvemento Social do Pobo Xitano no noso municipio, no marco do II Plan Galego de Inclusión Social da Xunta de Galiza (2007-2013) cos obxectivos de acadar un maior acceso da poboación xitana aos servizos normalizados; transmitir á sociedade unha imaxe social obxectiva e positiva deste colectivo; promover a igualdade e desenvolvemento da muller xitana; acadar a plena normalización educativa do alumnado xitano; mellorar a empregabilidade do colectivo, promover de forma integral a saúde e a normalización no ámbito da vivenda e sobre todo, garantir os dereitos fundamentais das persoas xitanas e o seu acceso a bens e servizos en condicións de igualdade de oportunidades.

Á execución deste Plan implicou a creación dun Departamento adicado a posta en marcha de iniciativas encamiñadas a consecución dos obxectivos marcados, subvencionadas nun 100% no ano 2008, nun 99% no ano 2009, nun 82% no ano 2010 e nun 20% no ano 2011, o que supón un recorte dun 60%.Esta redución implica a imposibilidade de continuar co traballo iniciado e o incumprimento claro dos obxectivos marcado polo II Plan Galego de Inclusión Social, botando por terra o traballo iniciado fai tres anos e mermando as posibilidades de integración deste colectivo en risco grave de exclusión social.

20

Page 21: CONCELLO DE POIO ORDINAR… · CONCELLO DE POIO Praza do Mosteiro núm. 1. E-mail: mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 36995. Poio (Pontevedra). Ref. M/C ACTA DA SESIÓN ORDINARIA,

A pretendida política de austeridade do PP merma considerabelmente o acceso aos bens e servizos básicos que garanten o estado de benestar social dos veciños e veciñas do noso Concello.Dende o BNG consideramos que a crise económica non pode ser excusa para desmantelar o estado de benestar atacando aos seus piares básicos como son a educación, a sanidade e os servizos sociais.Por iso, o Grupo Municipal do BNG proponlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDOInstar á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza a:1. Dotar a partida correspondente do orzamento necesario para desenvolver na súa integridade o Plan de Desenvolvemento do Pobo Xitano, enmarcado no II Plan de Inclusión Social da Xunta de Galiza (2007-2013).”

Unha vez rematada a exposición da Concelleira de Benestar Social e Igualdade e non producíndose ningunha intervención, o Pleno da Corporación por 9 votos a favor (7 BNG e 2PSOE), ningún voto en contra do PP e 5 abstencións do PP, acordou:

Primeiro.-Instar á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza a dotar a partida correspondente do orzamento necesario para desenvolver na súa integridade o Plan de Desenvolvemento do Pobo Xitano, enmarcado no II Plan de Inclusión Social da Xunta de Galiza (2007-2013).

E non habendo máis asuntos que tratar non presentándose rogo nin pregunta ningunha, polo Sr. Alcalde levántase a sesión ás vinte dúas horas e trinta minutos da que se redacta a presente acta de todo o que eu, Secretaria Xeral, dou fe.

21