24
LIÑA 209/2013- Páx. 1 de 25 O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia. Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1) (1) Recoller o núm. de declaración do seguro colectivo ou da declaración de seguro individual, segundo proceda. ………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola e aviario nos termos e para os riscos especificados nestas condicións especiais complementarias das condicións xerais dos seguros pecuarios, das que este anexo é parte integrante. En calquera caso, quedan derrogadas as devanditas condicións xerais en todo aquilo que contradiga as presentes condicións especiais. PRIMEIRA – GARANTÍAS, OPCIÓNS E OBXECTO DO SEGURO Co límite do capital asegurado cóbrense os danos causados polos riscos garantidos para cada unha das producións das especies asegurables pola súa acción directa sobre os animais ou indirecta, pola caída das naves ou outros compoñentes das instalacións sobre eles. RISCOS GARANTIDOS 1. Incendio 2. Inundación e chuvia torrencial 3. Vento furacanado 4. Raio 5. Neve 6. Sarabia 7. Xeada 8. Fauna silvestre APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR CIF OU NIF

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013- Páx. 1 de 25

O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia.

Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1)

(1) Recoller o núm. de declaración do seguro colectivo ou da declaración de seguro individual, segundo proceda.

………………………………………….., ………. de ………………………………….de ……

O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA

De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola e aviario nos termos e para os riscos especificados nestas condicións especiais complementarias das condicións xerais dos seguros pecuarios, das que este anexo é parte integrante. En calquera caso, quedan derrogadas as devanditas condicións xerais en todo aquilo que contradiga as presentes condicións especiais.

PRIMEIRA – GARANTÍAS, OPCIÓNS E OBXECTO DO SEGURO

Co límite do capital asegurado cóbrense os danos causados polos riscos garantidos para cada unha das producións das especies asegurables pola súa acción directa sobre os animais ou indirecta, pola caída das naves ou outros compoñentes das instalacións sobre eles.

RISCOS GARANTIDOS

1. Incendio

2. Inundación e chuvia torrencial

3. Vento furacanado

4. Raio

5. Neve

6. Sarabia

7. Xeada

8. Fauna silvestre

APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR

CIF OU NIF

Page 2: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 2 de 25

Estes sinistros só estarán garantidos se existen efectos constatables e verificables nas instalacións da explotación.

9. Golpe de calor

No caso de explotacións cunícolas e aviarias: Aumento dos índices de temperatura e humidade ata alcanzar límites extremos e superiores ao limiar vital dos animais, que provoquen a súa morte.

En caso de explotacións helicícolas: Incremento das condicións de temperaturas diúrnas e nocturnas que produzan unha alteración da flora bacteriana do caracol que provoque a súa morte.

Cando sexa posible, a constatación ou verificación disto poderase realizar mediante as seguintes condicións:

1). En explotacións próximas, de características construtivas e con instalacións similares á explotación sinistrada, cando se producise morte de animais polo mesmo risco.

2). En observatorios meteorolóxicos próximos á explotación débense constatar as condicións extremas de temperatura e/ou humidade.

Exclusións:

− Os acaecidos nos meses de outubro a abril, ambos os dous inclusive.

Exclusións comúns a todos os riscos:

Ademais das exclusións previstas na condición cuarta das xerais, quedan excluídos de todas as garantías:

1. Os sinistros nos que o técnico designado por Agroseguro non poida efectuar o exame dos animais ou os seus restos na explotación (por causas non imputables ao devandito técnico ou a Agroseguro). En ningún caso se admitirá a acreditación do sinistro por terceiros.

2. Sinistros producidos por avaría dalgún dos equipos da instalación ou pola falta ou perda de fluído eléctrico, que impida o uso dos equipos de regulación ambiental ou a instalación eléctrica, agás se se debe a algún dos riscos cubertos nos puntos do 1 ao 6 desta primeira condición especial.

3. Os sinistros producidos por causa inherente ao funcionamento dalgún dos equipos da instalación.

Page 3: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 3 de 25

4. Os sinistros nos que os animais non estean previamente nun adecuado estado zootécnico e sanitario.

5. Sinistros ocasionados pola falta de auga, tanto para a refrixeración ambiental como para o consumo dos animais, ou por unha deficiente calidade desta.

6. As enfermidades e procesos parasitarios.

SEGUNDA - ÁMBITO DE APLICACIÓN DO SEGURO

O ámbito de aplicación deste seguro esténdese a todas as explotacións asegurables do territorio nacional.

TERCEIRA - TITULAR DO SEGURO

O titular do seguro será o titular da explotación ou da subexplotación que figure no seu código REGA. Igualmente, poderá ser titular da póliza toda aquela persoa, física ou xurídica, que tendo interese no ben asegurable figure nalgún apartado do devandito código REGA.

O asegurado deberá incluír todas as explotacións de igual clase que posúa no territorio nacional nunha única declaración de seguro.

CUARTA - EXPLOTACIÓNS ASEGURABLES

Para os efectos do seguro defínese como explotación asegurable o conxunto de bens organizados empresarialmente para a produción destinada a:

− Consumo humano das seguintes especies: avestruces, caracois, coellos, faisáns, polos e perdices.

− Produción de animais para caza ou repoboación das seguintes especies: faisáns, perdices.

− Produción de fígado graxo das seguintes especies: patos.

− Produción de reprodutores noutras explotacións das seguintes especies: coellos.

− Centros de inseminación de coellos.

Serán asegurables todas aquelas que teñan asignado un código de explotación, segundo o que establece o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA). Na póliza figurarán os códigos nacionais asignados polo REGA de todas as explotacións amparadas por esta póliza.

Page 4: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 4 de 25

O tomador ou o asegurado declarará como domicilio da explotación o que figure no Rexistro de explotacións (REGA).

As explotacións obxecto de aseguramento xestionadas por un mesmo gandeiro ou explotadas en común por entidades asociativas agrarias (sociedades agrarias de transformación, cooperativas, etc.), sociedades mercantís (sociedade anónima, limitada, etc.) e comunidades de bens deberán incluírse obrigatoriamente nunha única declaración de seguro.

Non son asegurables as explotacións de tratantes ou operadores comerciais, definidas como “aquelas que pertencen a calquera persoa física ou xurídica rexistrada na actividade, dedicada directa ou indirectamente á compra e venda de animais con fins comerciais inmediatos, que ten unha cifra de negocio regular con eses animais e que, nun prazo máximo de 30 días despois de adquirilos, os vende ou os traslada das primeiras instalacións a outras que non lle pertencen”.

Non son asegurables explotacións dedicadas a lecer, recreo, exhibición, autoconsumo ou outras actividades diferentes das indicadas no primeiro parágrafo desta condición.

Sistemas de manexo para cunicultura

Explotacións cunícolas de produción de cazapos para carne.

Pertencen a este as explotacións dedicadas maioritariamente á produción de animais cebados para matadoiro, nas que todo o proceso produtivo ten lugar na mesma explotación, con posibilidade de enviar parte dos cazapos para recría ou ceba en cebadeiros. Tamén asegurarán neste sistema de manexo as explotacións dedicadas exclusivamente ao cebo de cazapos procedentes doutras explotacións e as explotacións dedicadas exclusivamente á produción de cazapos para outras explotacións.

Explotacións cunícolas de selección e multiplicación.

Pertencen a este as explotacións cuxa actividade consiste na cría de futuros reprodutores destinados á produción de animais de reprodución ou de engorda.

Centros de inseminación artificial.

Pertencen a este as explotacións cuxa actividade está dedicada á recollida de seme de reprodutores machos para a comercialización e a aplicación en fertilización artificial. Deberán ter esta clasificación zootécnica no REGA.

Sistemas de manexo para helicicultura

Sistema de manexo para explotacións helicícolas de produción:

Pertencen a este as explotacións dedicadas á produción e engorda de caracois para consumo humano.

Page 5: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 5 de 25

Sistemas de manexo de avicultura alternativa e cinexético

Sistema de manexo de avicultura alternativa con saída ao aire libre:

Pertencen a este as explotacións dedicadas á produción e engorda de aves para consumo humano.

Sistema de manexo de produción cinexética:

Pertencen a este as explotacións dedicadas á produción de perdices e faisáns para caza e repoboación.

Sistema de manexo de produción de fígado graxo:

Pertencen a este as explotacións dedicadas á produción de patos para a produción de fígado graxo.

Explotacións ecolóxicas

Poderán asegurarse como ecolóxicas as explotacións así rexistradas, segundo as normas vixentes, que deberán estar sometidas aos controis que as certifiquen como tales, efectuados pola autoridade ou organismo de control de agricultura ecolóxica oficialmente recoñecido pola comunidade autónoma onde estea situada a explotación, así como dispor do plan de xestión de alimentación dos animais e un libro de control sanitario debidamente actualizado e dilixenciado.

Condicións técnicas mínimas de explotación e manexo

As explotacións aseguradas deben cumprir obrigatoriamente as condicións técnicas mínimas de explotación establecidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:

Se se constatase o incumprimento dalgunha das condicións técnicas mínimas de explotación, suspenderanse as garantías ata que se resolvan as anomalías observadas. Se ese incumprimento se detectase durante a verificación dun sinistro, ademais da suspensión de garantías citada perderase o dereito á indemnización polo sinistro declarado.

Condicións técnicas mínimas de manexo:

− Dispor dun rexistro de datos de altas e baixas, manténdoo correctamente cuberto e actualizado.

− Os animais serán coidados por persoal suficiente que posúa a capacidade, os coñecementos e a competencia profesional necesarios que require a actividade.

− Retirar diariamente os animais mortos.

Page 6: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 6 de 25

− As instalacións de bebedoiros e comedeiras serán adecuadas para garantirlles a todos os animais da explotación o acceso ad libitum ao penso e á auga, en condicións hixiénicas e sanitarias.

Ademais:

En explotacións cunícolas:

o As explotacións contarán cun programa sanitario básico aprobado pola autoridade competente correspondente. Este programa básico será supervisado na súa aplicación polo veterinario autorizado ou habilitado da explotación.

o Código de boas prácticas de hixiene, con indicación das medidas de bioseguridade que se prevexa adoptar, incluíndo, entre outros, un programa de limpeza e desinfección, desinsectación e desratización e un programa de eliminación hixiénica de cadáveres e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

o O manexo da explotación estará baseado nos principios de bioseguridade. Despois do traslado ou da saída de cada grupo de animais ou ao rematar cada ciclo de produción, deberá practicarse a limpeza e desinfección dos cubículos e material de produción (gaiolas, comedeiros, bebedeiros e niños) e, cando sexa factible, o baleiro sanitario. As explotacións deberán dispoñer dun sistema eficaz de control de visitas ou rexistro de visitas onde se anoten todas as que se produzan.

o A información relativa aos tratamentos medicamentosos, incluídos os pensos medicamentosos e as pautas de vacinación, manterase continuamente actualizada no correspondente libro de tratamentos de acordo co establecido na normativa vixente.

o Adoptaranse as medidas oportunas para garantir a correcta xestión dos animais mortos e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano, de acordo coa normativa vixente.

En explotacións helicícolas:

o Os animais deben estar sometidos a unhas técnicas gandeiras correctas, en concordancia coas que se realizan na zona, especialmente no relativo a instalacións e alimentación. En situacións de condicións climáticas desfavorables (frío intenso, nevarada, temporal, etc.) deberán adoptarse as medidas pertinentes para minorar a súa incidencia sobre os animais.

Page 7: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 7 de 25

o O alimento subministrarase diariamente nas comedeiras e retirarase se se aprecian signos de deterioración.

o A auga que se subministre aos animais, tanto a través de pulverización como para a súa limpeza, deberá ser potable.

En explotacións avícolas alternativas e cinexéticas:

o As explotacións contarán cun programa sanitario básico aprobado pola autoridade competente correspondente. Este programa básico será supervisado na súa aplicación polo veterinario autorizado ou habilitado da explotación.

o As explotacións deberán dispoñer dun sistema eficaz de control de visitas ou rexistro de visitas onde se anoten todas as que se produzan.

o A información relativa aos tratamentos medicamentosos, incluídos os pensos medicamentosos e as pautas de vacinación, manterase continuamente actualizada no correspondente libro de tratamentos de acordo co establecido na normativa vixente.

o Adoptaranse as medidas oportunas para garantir a correcta xestión dos animais mortos e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano, de acordo coa normativa vixente.

o Deberán dispoñer de clasificación zootécnica no REGA de explotacións para carne ou para caza para repoboación.

o Os animais disporán dun lugar no que refuxiarse das inclemencias meteorolóxicas.

o No caso das explotacións avícolas alternativas con saída ao aire libre, os animais disporán de saída ao exterior dos establecementos de forma permanente ou poderán confinarse pola noite ou cando as condicións climáticas o requiran.

o No caso de explotacións cinexéticas, os animais disporán de voadoiros que lles permitan realizar voos curtos para o desenvolvemento da musculatura voadora.

o No caso de explotacións de produción de fígado graxo os animais disporán de aloxamentos con saída libre nas primeiras fases do seu ciclo produtivo e aloxamentos en naves onde se procederá ao embuchado durante a fase final da ceba.

Page 8: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 8 de 25

No caso de deficiencia no cumprimento das condicións técnicas mínimas de manexo, o asegurador poderá reducir a indemnización en proporción á importancia dos danos dela derivados e ao grao de culpa do asegurado.

Se se detectase o incumprimento grave das condicións técnicas mínimas de manexo, o asegurado incorrerá en causa de suspensión de garantías, o que suporía a perda do dereito a indemnizacións para a súa explotación mentres non se corrixan esas deficiencias.

QUINTA - ANIMAIS ASEGURABLES

Son asegurables:

− Os coellos estabulados permanentemente en gaiolas, destinados exclusivamente á reprodución e/ou á engorda intensiva para a súa comercialización, para consumo humano ou para outras explotacións.

− Os caracois da especie Helix aspersa localizados permanentemente en parcelas delimitadas e destinados exclusivamente á engorda para a súa comercialización para consumo humano.

− Os patos machos da familia Anatidae destinados á produción de fígado graxo e á produción de carne para consumo humano

− As perdices vermellas destinadas á caza, repoboación e para produción de carne para consumo humano.

− Os faisáns destinados á caza e para produción de carne para consumo humano.

− As avestruces destinadas á engorda para produción de carne para consumo humano e plumas.

− Os polos (Gallus gallus) destinados á engorda para produción de carne para consumo humano. Poderán ser dos seguintes tipos:

Polos alternativos: animal macho ou femia da especie Gallus gallus de ata 120 días de vida.

Polos ecolóxicos: aqueles explotados en explotacións cualificadas como ecolóxicas conforme a lexislación vixente.

Polos capóns: polos machos da especie Gallus gallus castrados para a súa engorda, cun mínimo de 20 semanas de idade.

Page 9: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 9 de 25

Non estará asegurado e, consecuentemente, non será indemnizado ningún animal maior de:

2 anos no caso de explotacións de cunicultura

425 días no caso de explotacións de avestruces

270 días no caso de explotacións de perdices

120 días no caso de explotacións de polos alternativos e ecolóxicos

160 días no caso de capóns.

180 días no caso de explotacións de faisáns

115 días no caso de explotacións de patos

nin ningún caracol menor de 6 semanas en explotacións helicícolas

Para os efectos do seguro, no caso de explotacións cunícolas distínguense os seguintes grupos de gando:

Coellos de selección e multiplicación: animais de raza pura ou liña híbrida cuxo destino é a produción de animais para a reprodución, amparados polos correspondentes programas de mellora xenética o de cruzamentos e controis sanitarios aprobados pola autoridade competente.

Coellos de produción: animais destinados á reprodución no sistema de manexo denominado explotacións de produción de cazapos para carne, así como animais destinados á engorda e venda en todos os sistemas de manexo.

SEXTA - CAPITAL ASEGURADO E CAPITAL GARANTIDO

VALOR UNITARIO

Este valor será único para todos os animais do mesmo tipo asegurables e será o que declarase o asegurado dentro do máximo e o mínimo establecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Todos os animais da explotación terán que asegurarse á mesma porcentaxe respecto do valor unitario máximo que para cada tipo establece o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

NÚMERO DE UNIDADES DECLARADAS POLO ASEGURADO

Ao subscribir o seguro, o asegurado declarará:

Page 10: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 10 de 25

No caso de explotacións de coellos, atendendo á información actualizada que figure no REGA, o número dos seguintes tipos:

- Reprodutores: número de gaiolas que aloxan reprodutores, que son os machos destinados á reprodución e as femias xestantes ou con polo menos un parto.

- Ceba recría: resto de animais destetados que non cumpren as condicións de reprodutores.

No caso de explotacións de caracois o número de metros cadrados útiles dedicados á produción, excluíndo corredores e demais superficies non dedicadas á produción, que conformen a explotación.

No caso de explotacións avícolas alternativas e cinexéticas, atendendo á información actualizada que figure no REGA, o número de animais que terá a súa explotación en calquera momento do período de vixencia do seguro.

VALOR ASEGURADO DA EXPLOTACIÓN

O valor asegurado da explotación, para os efectos do seguro, é o resultado de multiplicar o número de unidades ou animais asegurables declarados polo asegurado ao realizar a súa declaración de seguro polo seu valor unitario.

O capital asegurado por ciclo fíxase no 100 % do valor asegurado da explotación.

VALOR DA EXPLOTACIÓN

O valor da explotación, para os efectos do seguro, é a suma do resultado de multiplicar o número de animais ou unidades, na explotación, polo seu valor unitario.

SÉTIMA - MODIFICACIÓNS DO CAPITAL ASEGURADO

MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR ALTAS

Se durante a vixencia do contrato o valor das explotacións incluídas na declaración superase o valor asegurado e a diferenza fose superior ao 7 % do valor, o asegurado deberá modificar o capital asegurado axustándoo á nova situación mediante o documento correspondente.

INFRASEGURO:

Situación na que o valor das explotacións incluídas na declaración é superior ao seu valor asegurado. Se a diferenza é superior ao 7% do valor das explotacións, á indemnización dos animais sinistrados aplicaráselle a redución proporcional.

Page 11: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 11 de 25

Constatada unha diferenza superior ao 20% do valor das explotacións, Agroseguro procederá á suspensión de garantías. As garantías non volverán tomar efecto ata que o asegurado, mediante unha modificación, non actualice o valor asegurado das explotacións incluídas na declaración.

AGROSEGURO procederá a emitir o recibo da prima correspondente ao período comprendido entre a entrada en vigor da modificación e o vencemento da póliza.

MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR BAIXA

SOBRESEGURO:

Situación na que o valor asegurado das explotacións é superior ao seu valor. Cando a diferenza sexa superior ao 7 % do valor das explotacións e se deba á baixa por vendas ou mortes que o seguro non cubra, o asegurado poderá solicitar a devolución da prima de inventario correspondente ao capital dos animais que causan baixa, e remitirá a Agroseguro o impreso correspondente.

A prima de inventario devolta será a correspondente ao período comprendido entre a comunicación da modificación por baixa e o vencemento da póliza.

O asegurado poderá modificar o capital asegurado ata tres veces ao longo da vixencia do contrato, e remitirá ao domicilio social de AGROSEGURO o documento de modificación do capital asegurado.

OITAVA - ENTRADA EN VIGOR E PAGAMENTO DA PRIMA

O seguro entrará en vigor ás cero horas do día seguinte a aquel en que o tomador do seguro pague a prima, sempre que previa ou simultaneamente se formalizase a declaración de seguro.

Este pagamento realizarao ao contado o tomador do seguro mediante un ingreso directo ou transferencia bancaria, realizada desde calquera entidade de crédito a favor da conta de AGROSEGURO Gandería, aberta na entidade de crédito que AGROSEGURO estableza no momento da contratación.

A data de pagamento da prima será a que figure no xustificante bancario como data do ingreso directo ou data da transferencia. A súa copia deberá acompañar o orixinal da declaración de seguro como proba do pagamento da prima.

Para estes efectos, en ningún caso se entenderá realizado o pagamento cando este se lle efectúe directamente ao mediador de seguros.

Page 12: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 12 de 25

Tratándose de seguros colectivos o tomador, a medida que vaia incluíndo os seus asociados no seguro e subscriba para o efecto as oportunas aplicacións, acreditará o pagamento da parte da prima única ao seu cargo correspondente a estas aplicacións, e achegará, por cada remesa que efectúe, a copia do xustificante bancario do ingreso realizado.

Para estes efectos, enténdese por data da transferencia a data de recepción na entidade de crédito do tomador da orde de transferencia do tomador, sempre que entre esta e a data na que a devandita orde efectivamente se cursase ou executase non medie máis dun día hábil.

No caso de que entre a data de recepción da orde e a do curso efectivo desta pola entidade de crédito medie máis dun día hábil, considerarase a data de pagamento da prima o día hábil anterior á data na que a entidade cursase efectivamente ou executase a transferencia.

Ademais, AGROSEGURO aceptará como data da orde de pagamento a do envío da carta certificada ou da recepción do fax nas súas oficinas centrais, que inclúa a copia da orde de transferencia con selo e data da recepción da entidade bancaria, e a relación de aplicacións incluídas neste pagamento co seu importe (remesa de pagamento).

A entrada en vigor das modificacións de capital asegurado, notificadas polo asegurado no impreso correspondente, será a data en que AGROSEGURO as reciba no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23 – 28023 MADRID.

Para os asegurados que paguen a prima e realicen un novo contrato de seguro, nun prazo de 10 días antes ou despois da fin das garantías desta mesma liña de seguro, considerarase como data de entrada en vigor do novo seguro a da fin das garantías do anterior.

En ningún caso poderá excederse a data do final da subscrición fixada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

NOVENA - PERÍODO DE CARENCIA

Para os riscos do 1 ao 8 establece un período de carencia de sete días completos, contados desde a entrada en vigor do seguro.

Para o risco 9 de golpe de calor establécese un período de carencia de 15 días completos, contados desde a entrada en vigor do seguro.

As explotacións que sexan aseguradas de novo ata os 10 días seguintes á terminación do contrato anterior non estarán sometidas ao período de carencia do novo seguro para os riscos e naves que anteriormente tiña amparados.

Page 13: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 13 de 25

DÉCIMA - PERÍODO DE GARANTÍA

As garantías inícianse coa toma de efecto, unha vez finalizado o período de carencia, e terminarán ás cero horas do día no que faga un ano, contado desde a data de entrada en vigor do seguro e, en todo caso, coa venda, morte ou sacrificio non amparado.

Sen prexuízo do anterior, os períodos de garantías serán os seguintes:

Explotacións helicícolas: do 1 de abril ao 31 de outubro.

Resto de explotacións: todo o ano.

Ademais:

Para o risco de “golpe de calor”, e sen prexuízo do anterior, só existirán garantías durante os meses de maio a setembro, ambos incluídos.

As modificacións de capital vencerán o mesmo día no que se produza o vencemento da declaración de seguro inicial.

DÉCIMO PRIMEIRA - OBRIGAS DO TOMADOR OU DO ASEGURADO

Ademais do establecido na condición xeral sétima, o tomador do seguro e asegurado están obrigados a:

I. Incluír na declaración de seguro todas as explotacións asegurables que posúa no territorio nacional. O incumprimento desta obriga, salvo casos debidamente xustificados, dará lugar á perda do dereito á indemnización.

II. Manter actualizado o rexistro de datos de altas e baixas.

III. O titular do seguro deberá notificarlle á autoridade competente do REGA da súa comunidade autónoma todos os cambios ou modificacións que sexan necesarios para unha correcta identificación da explotación, do titular e dos bens asegurables.

IV. Permitirlles a AGROSEGURO e aos técnicos por ela designados a inspección en todo momento dos bens asegurados, e facilitarlles a entrada nas instalacións das explotacións aseguradas e o acceso á documentación que teña no seu poder en relación con estas, en especial:

− Rexistro de datos de altas e baixas.

− Libro de rexistro de tratamentos.

− O libro de explotación, en caso de que o haxa.

− Certificado sanitario oficial de movementos de animais.

Page 14: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 14 de 25

O incumprimento das obrigas previstas, cando impida a adecuada valoración do risco ou das circunstancias e consecuencias do sinistro, suporá a perda do dereito á indemnización que lle puidese corresponder ao asegurado.

DÉCIMO SEGUNDA - DECLARACIÓN DE SINISTROS NO GANDO ASEGURADO

No caso de que os animais asegurados sexan vítimas dun risco cuberto, o tomador do seguro, asegurado ou beneficiario deberá comunicarllo a AGROSEGURO o mesmo día no que se produza o sinistro, preferentemente por teléfono.

Indicaranse como mínimo os seguintes datos:

• O nome e apelidos do asegurado.

• O CIF ou NIF.

• O número de referencia da declaración de seguro individual ou aplicación.

• O número de seguro colectivo, de ser o caso.

• O lugar do sinistro.

• O momento no que comezou a causa que o orixina.

• A causa do sinistro.

• O número de animais mortos.

• O número de teléfono de contacto para a peritaxe.

Así mesmo, deberá tomar todas as medidas necesarias para a conservación dos animais ou dos seus restos, de forma que estean como máximo as 72 horas seguintes á notificación á disposición de AGROSEGURO.

DÉCIMO TERCEIRA - SINISTRO MÍNIMO INDEMNIZABLE

En todos os casos o dano valorado deberá supoñer polo menos 300 € e ademais:

Para que un sinistro garantido sexa considerado indemnizable, o número de animais mortos, en cada sinistro, debe ser, respecto ao número de animais existentes na explotación, no momento inmediatamente anterior ao sinistro, superior ás seguintes porcentaxes:

Para explotacións de caracois:

O número de animais adultos mortos acumulados en 3 días debe ser superior a 20 animais adultos/m2. Terán consideración de animais adultos os que presenten un diámetro de cuncha superior aos 1,7 centímetros.

Non serán acumulables as mortes debidas aos riscos que se produzan en distintas datas, excepto as mortes debidas a golpe de calor en explotacións de caracois, cuxa contabilización explicaremos a seguir.

Page 15: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 15 de 25

Sistema de contabilización do número de animais sinistrados ou mortos no caso de golpe de calor (risco 9 da condición especial primeira):

1. Acumularanse as baixas acontecidas durante os 10 primeiros días de incidencia, contando o número de cunchas baleiras de animais adultos.

2. Ademais seguiranse acumulando baixas mentres se superen os 10 animais adultos mortos/m2 ao día.

3. Unha vez que a mortalidade diaria descenda por debaixo deses 10 animais adultos/m2 establecerase o número de animais sinistrados por m2.

4. No caso de que se superase o sinistro mínimo indemnizable, se transcorren menos de sete días desde que a mortalidade descende por debaixo de 10 animais adultos/m2 ao día e de novo volve superarse esa mortalidade, entenderase que ocorreu un só sinistro.

Para o resto de explotacións

5% dos animais presentes na explotación.

DÉCIMO CUARTA - FRANQUÍA

No caso de sinistro indemnizable, quedarán sempre a cargo do asegurado:

- o 10 % dos danos para explotacións cunícolas.

- o 10 % do capital asegurado en concepto de franquía absoluta para o resto de explotacións.

DÉCIMO QUINTA – INSPECCIÓN DOS DANOS E DETERMINACIÓN DO IMPORTE DA INDEMNIZACIÓN

Comunicado o suceso dun sinistro polo tomador do seguro ou asegurado, na forma e prazos establecidos na condición especial décimo segunda, AGROSEGURO procederá á inspección e taxación dos danos, no prazo de 72 horas, contadas desde o momento da recepción da comunicación no seu domicilio social.

Nos casos nos que o número real de unidades das explotacións incluídas na declaración supere o dos asegurados, ou a declaración inexacta orixinase a aplicación dunha prima inferior á correcta, serán de aplicación as regras proporcional e de equidade que procedan, do que resultará a indemnización neta que ten que percibir o asegurado ou beneficiario.

Page 16: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 16 de 25

CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN PARA EXPLOTACIÓNS CUNÍCOLAS E AVIARIAS

1. Calcúlase o dano de cada explotación sinistrada como a porcentaxe de animais mortos sobre os existentes no momento anterior ao sinistro na explotación.

2. Establecerase se o sinistro é indemnizable segundo o establecido na condición especial décimo terceira.

3. O valor de cada tipo de animal sinistrado obtense aplicándolle ao valor declarado a porcentaxe correspondente do apéndice I. O valor bruto é a suma dos resultados do produto do número de animais mortos de cada tipo polo seu valor.

4. Ao valor bruto aplicaránselle, de ser o caso, as regras proporcional e de equidade tal e como se especifica nesta mesma condición especial.

5. A indemnización neta obtense aplicándolle ao resultado do punto anterior a franquía establecida na condición especial décimo cuarta.

CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN PARA EXPLOTACIÓNS HELICÍCOLAS DE PRODUCIÓN

6. Calcúlase o número de animais mortos por metro cadrado tendo en conta o sinistro mínimo establecido na condición especial décimo terceira.

7. Calcúlase o valor bruto como produto entre o capital asegurado e a porcentaxe de danos en función do número de animais mortos por metro cadrado e o mes no que se produce o sinistro establecido no apéndice II.

No caso de que se produza máis dun sinistro ao longo do período de garantías, ao capital asegurado restaránselle os danos provocados por sinistros anteriores e será a este resultado ao que se lle aplicará a porcentaxe de danos para obter o valor bruto.

8. Ao valor bruto háselle deducir a franquía e aplicaranse as regras proporcional e de equidade tal e como se especifica nesta mesma condición especial, do que resultará finalmente a indemnización neta para percibir polo asegurado ou beneficiario.

DÉCIMO SEXTA - CLASES

Para os efectos do establecido no artigo 4 do regulamento para a aplicación da Lei 87/1978, sobre seguros agrarios combinados, considéranse as seguintes clases de explotacións.

Clase I: Explotacións cunícolas de produción.

Clase II: Explotacións cunícolas de alto valor xenético, que incluirá as explotacións cunícolas de selección, multiplicación e os centros de inseminación.

Clase III: Explotacións helicícolas.

Page 17: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 17 de 25

Clase IV: Explotacións avícolas alternativas e cinexéticas.

En consecuencia, o gandeiro que subscriba este seguro deberá asegurar a totalidade das explotacións da mesma clase que posúa dentro do ámbito de aplicación do seguro.

No caso de asegurar explotacións de distintas clases, deberá facelo tamén nunha única declaración de seguro.

DÉCIMO SÉTIMA

A Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S. A. poderá concederlles nun futuro bonificacións ou recargas ás primas a aqueles asegurados que cumpran coas condicións que se establezan, tendo en conta a súa continuidade na contratación e os seus resultados técnicos e económicos.

DÉCIMO OITAVA - CONSULTA E VERIFICACIÓN DA INFORMACIÓN

De acordo co disposto no artigo 11.2.c) da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a subscrición da póliza de seguro regulado implicará o consentimento do asegurado para que:

1. ENESA acceda á información precisa contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco deste seguro.

2. A Administración xeral do Estado autorice a Agroseguro o acceso á información precisa contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para a valoración dos animais e da explotación asegurada, así como para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco dos seguros agrarios combinados.

3. AGROSEGURO envíe a ENESA aquela información de carácter zoosanitario que lle sexa requirida para facilitar o cumprimento das tarefas encomendadas ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tanto en relación co control do desenvolvemento e aplicación do Plan de seguros agrarios como no que respecta á sanidade animal.

4. No marco do seguimento do resultado deste seguro, se AGROSEGURO detectase aumentos das mortalidades en taxas desproporcionadas en relación co censo ou capacidade declarada, ou sinistros masivos ou outras magnitudes que fagan sospeitar de enfermidade de declaración obrigatoria segundo o artigo 5 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, informará inmediatamente a ENESA para a súa comunicación á autoridade competente.

Page 18: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 18 de 25

APÉNDICE I

SISTEMA DE MANEXO DE EXPLOTACIÓNS CUNÍCOLAS DE CENTROS DE INSEMINACIÓN

TIPO DE ANIMAL Porcentaxe sobre valor unitario do reprodutor

Machos reprodutores 100 % SISTEMA DE MANEXO DE EXPLOTACIÓNS CUNÍCOLAS DE SELECCIÓN E MULTIPLICACIÓN

TIPO DE ANIMAL Porcentaxe sobre valor unitario do reprodutor

Machos reprodutores 100 % Femias produtoras 35 % Cazapos en lactación 8,1 %

TIPO DE ANIMAL Porcentaxe sobre valor unitario de ceba recría

Cazapos destetados de idade igual ou inferior a 35 días 56 %

Cazapos destetados de idade superior a 35 días e igual ou inferior a 45 días 75 %

Cazapos destetados de máis de 45 días 100 % SISTEMA DE MANEXO DE EXPLOTACIÓNS CUNÍCOLAS DE PRODUCIÓN

TIPO DE ANIMAL Porcentaxe sobre valor unitario do reprodutor

Machos reprodutores 76 % Avoas reprodutoras 76 % Femias produtoras 43 % Cazapos en lactación 3,4 %

TIPO DE ANIMAL Porcentaxe sobre valor unitario de ceba recría

Cazapos destetados de idade igual ou inferior a 35 días. 56 %

Cazapos destetados de idade superior a 35 días e igual ou inferior a 45 días 75 %

Cazapos destetados de máis de 45 días 100 %

Page 19: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 19 de 25

SISTEMAS DE MANEXO AVIARIO

PORCENTAXE SOBRE VALOR UNITARIO MÁXIMO

IDADE EN DÍAS PERDICES FAISÁNS

POLOS CASTRADOS OU

CAPÓNS PATOS

POLOS ALTERNATIVOS E ECOLÓXICOS

1 15 % 10 % 4 % 9 % 23 % 2 16 % 11 % 5 % 10 % 23 % 3 17 % 11 % 6 % 11 % 23 % 4 17 % 12 % 6 % 11 % 24 % 5 18 % 12 % 7 % 12 % 24 % 6 18 % 13 % 8 % 13 % 24 % 7 19 % 14 % 8 % 14 % 24 % 8. 19 % 14 % 9 % 15 % 25 % 9 20 % 15 % 10 % 16 % 25 %

10 20 % 15 % 10 % 17 % 26 % 11 21 % 16 % 11 % 18 % 26 % 12 22 % 17 % 12 % 18 % 26 % 13 22 % 17 % 12 % 19 % 27 % 14 23 % 18 % 13 % 20 % 27 % 15 23 % 18 % 14 % 21 % 28 % 16 24 % 19 % 14 % 22 % 28 % 17 24 % 20 % 15 % 23 % 29 % 18 25 % 20 % 16 % 24 % 29 % 19 26 % 21 % 16 % 25 % 30 % 20 26 % 21 % 17 % 25 % 31 % 21 27 % 22 % 18 % 26 % 31 % 22 27 % 23 % 18 % 27 % 32 % 23 28 % 23 % 19 % 28 % 33 % 24 28 % 24 % 20 % 29 % 34 % 25 29 % 24 % 20 % 30 % 35 % 26 30 % 25 % 21 % 31 % 35 % 27 30 % 26 % 22 % 32 % 36 % 28 31 % 26 % 22 % 32 % 37 % 29 31 % 27 % 23 % 33 % 38 % 30 32 % 28 % 24 % 34 % 39 % 31 32 % 28 % 24 % 35 % 40 % 32 33 % 29 % 25 % 36 % 41 % 33 34 % 29 % 26 % 37 % 42 % 34 34 % 30 % 26 % 38 % 43 % 35 35 % 31 % 27 % 39 % 44 % 36 35 % 31 % 28 % 39 % 46 % 37 36 % 32 % 28 % 40 % 47 % 38 36 % 32 % 29 % 41 % 48 % 39 37 % 33 % 30 % 42 % 49 % 40 38 % 34 % 31 % 43 % 50 % 41 38 % 34 % 31 % 44 % 51 %

Page 20: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 20 de 25

PORCENTAXE SOBRE VALOR UNITARIO MÁXIMO

IDADE EN DÍAS PERDICES FAISÁNS

POLOS CASTRADOS OU

CAPÓNS PATOS

POLOS ALTERNATIVOS E ECOLÓXICOS

42 39 % 35 % 32 % 45 % 53 % 43 39 % 35 % 33 % 46 % 54 % 44 40 % 36 % 33 % 47 % 55 % 45 40 % 37 % 34 % 47 % 56 % 46 41 % 37 % 35 % 48 % 58 % 47 41 % 38 % 35 % 49 % 59 % 48 42 % 38 % 36 % 50 % 60 % 49 43 % 39 % 37 % 51 % 61 % 50 43 % 40 % 37 % 52 % 63 % 51 44 % 40 % 38 % 53 % 64 % 52 44 % 41 % 39 % 54 % 65 % 53 45 % 41 % 39 % 54 % 67 % 54 45 % 42 % 40 % 55 % 68 % 55 46 % 43 % 41 % 56 % 69 % 56 47 % 43 % 41 % 57 % 70 % 57 47 % 44 % 42 % 58 % 72 % 58 48 % 44 % 43 % 59 % 73 % 59 48 % 45 % 43 % 60 % 74 % 60 49 % 46 % 44 % 61 % 76 % 61 49 % 46 % 45 % 61 % 77 % 62 50 % 47 % 45 % 62 % 78 % 63 51 % 47 % 46 % 63 % 80 % 64 51 % 48 % 47 % 64 % 81 % 65 52 % 49 % 47 % 65 % 82 % 66 52 % 49 % 48 % 66 % 83 % 67 53 % 50 % 49 % 67 % 85 % 68 53 % 50 % 49 % 68 % 86 % 69 54 % 51 % 50 % 68 % 88 % 70 55 % 52 % 51 % 69 % 89 % 71 55 % 52 % 51 % 70 % 90 % 72 56 % 53 % 52 % 71 % 92 % 73 56 % 53 % 53 % 72 % 93 % 74 57 % 54 % 53 % 73 % 94 % 75 57 % 55 % 54 % 74 % 96 % 76 58 % 55 % 55 % 75 % 97 % 77 59 % 56 % 55 % 75 % 98 % 78 59 % 56 % 56 % 76 % 100 % 79 60 % 57 % 57 % 77 % 100 % 80 60 % 58 % 57 % 78 % 100 % 81 61 % 58 % 58 % 79 % 100 % 82 61 % 59 % 59 % 80 % 100 % 83 62 % 59 % 59 % 81 % 100 %

Page 21: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 21 de 25

PORCENTAXE SOBRE VALOR UNITARIO MÁXIMO

IDADE EN DÍAS PERDICES FAISÁNS

POLOS CASTRADOS OU

CAPÓNS PATOS

POLOS ALTERNATIVOS E ECOLÓXICOS

84 63 % 60 % 60 % 82 % 100 % 85 63 % 61 % 61 % 82 % 100 % 86 64 % 61 % 61 % 83 % 100 % 87 64 % 62 % 62 % 84 % 100 % 88 65 % 63 % 63 % 85 % 100 % 89 65 % 63 % 63 % 86 % 100 % 90 66 % 64 % 64 % 87 % 100 % 91 66 % 64 % 65 % 88 % 100 % 92 67 % 65 % 65 % 89 % 100 % 93 68 % 66 % 66 % 89 % 100 % 94 68 % 66 % 67 % 90 % 100 % 95 69 % 67 % 67 % 91 % 100 % 96 69 % 67 % 68 % 92 % 100 % 97 70 % 68 % 69 % 93 % 100 % 98 70 % 69 % 69 % 94 % 100 % 99 71 % 69 % 70 % 95 % 100 %

100 72 % 70 % 71 % 96 % 100 % 101 72 % 70 % 71 % 96 % 100 % 102 73 % 71 % 72 % 97 % 100 % 103 73 % 72 % 73 % 98 % 100 % 104 74 % 72 % 73 % 99 % 100 % 105 74 % 73 % 74 % 100 % 100 % 106 75 % 73 % 75 % 100 % 100 % 107 76 % 74 % 75 % 100 % 100 % 108 76 % 75 % 76 % 100 % 100 % 109 77 % 75 % 77 % 100 % 100 % 110 77 % 76 % 77 % 100 % 100 % 111 78 % 76 % 78 % 100 % 100 % 112 78 % 77 % 79 % 100 % 100 % 113 79 % 78 % 79 % 100 % 100 % 114 80 % 78 % 80 % 100 % 100 % 115 80 % 79 % 81 % 100 % 100 % 116 81 % 79 % 81 % - 100 % 117 81 % 80 % 82 % - 100 % 118 82 % 81 % 83 % - 100 % 119 82 % 81 % 83 % - 100 % 120 83 % 82 % 84 % - 100 % 121 84 % 82 % 85 % - - 122 84 % 83 % 85 % - - 123 85 % 84 % 86 % - - 124 85 % 84 % 87 % - - 125 86 % 85 % 87 % - -

Page 22: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 22 de 25

PORCENTAXE SOBRE VALOR UNITARIO MÁXIMO

IDADE EN DIAS PERDICES FAISÁNS

POLOS CASTRADOS OU

CAPÓNS

126 86 % 85 % 88 % 127 87 % 86 % 89 % 128 87 % 87 % 89 % 129 88 % 87 % 90 % 130 89 % 88 % 91 % 131 89 % 88 % 91 % 132 90 % 89 % 92 % 133 90 % 90 % 93 % 134 91 % 90 % 93 % 135 91 % 91 % 94 % 136 92 % 91 % 95 % 137 93 % 92 % 95 % 138 93 % 93 % 96 % 139 94 % 93 % 97 % 140 94 % 94 % 97 % 141 95 % 94 % 98 % 142 95 % 95 % 99 % 143 96 % 96 % 99 % 144 97 % 96 % 100 % 145 97 % 97 % 100 % 146 98 % 98 % 100 % 147 98 % 98 % 100 % 148 99 % 99 % 100 % 149 99 % 99 % 100 % 150 100 % 100 % 100 %

≥151 a ≤160

100 % 100 % 100 %

≥161 a ≤180

100 % 100 % -

≥181 a ≤270

100 % - -

Page 23: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 23 de 25

PORCENTAXE SOBRE VALOR UNITARIO MÁXIMO

IDADE EN MESES AVESTRUCES

≤1 20 % ≤2 27 % ≤3 35 % ≤4 42 % ≤5 49 % ≤6 56 % ≤7 64 % ≤8 71 % ≤9 78 % ≤10 85 % ≤11 93 %

≤12 a ≤14 100 %

Page 24: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE TARIFA XERAL GANDEIRA · De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese o gando cunícola, helicícola

LIÑA 209/2013 – Páx. 24 de 24

APÉNDICE II

SISTEMA DE MANEXO DE EXPLOTACIÓNS HELICÍCOLAS DE PRODUCIÓN Porcentaxe aplicable sobre o capital asegurado para os efectos de calcular o valor bruto en función do mes no que acontece o sinistro e o número de animais mortos por metro cadrado.

Número de animais adultos mortos por metro cadrado Mes no que acontece o

sinistro 20-30 30-40 40-50 50-60 + de 60

abril 15 % 30 % 50 % 75 % 100 % maio 15 % 30 % 50 % 75 % 100 % xuño 14,3 % 28,5 % 47,5 % 71,3 % 95 % xullo 9,5 % 18,9 % 31,5 % 47,3 % 63 %

agosto 4,7 % 9,3 % 15,5 % 23,3 % 31 % setembro 1,2 % 2,4 % 4 % 6 % 8 % outubro 0,2 % 0,3 % 0,5 % 0,8 % 1 %

CE-158/2013