1
Ola amiguiños!!! Que tal? Como vos vai? Como xa sabedes levo un tempiño vivindo na Biblioteca. Agora que xa vixen a mudanza, empecei a buscar novas aventuras entre as páxinas deses marabillosos libros que gardamos neste fantástico recuncho do voso colexio. Ui, ui, ui!!! Non sabedes ben a de medos que se esconden neses libros!!!: Piratas enfurecidos, monstros arrepiantes, meigas temibles, vampiros mortos de fame, zombis cheirentos, terroríficas aparicións e, por si fora pouco, a Santa Compaña. Aínda non me deixaron de tremer as pernas!!! E como xa sabedes, todo aquelo que é moi importante, ten un día especial para a súa celebración. Así pois, o medo tamén ten o seu día: o 31 de outubro celebramos a “Noite de Samaín”. Din que esa noite as portas do outro mundo ábrense e as ánimas son que de visitar este mundo e aos seus moradores para render contas pendentes. Todo isto fíxome pensar en organizar, dende a biblioteca, un pequeno CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO. Podedes participar individualmente ou, no caso dos máis pequenos en grupo. E gustaríame moito que fíxerades un pequeno debuxo para ilustrar o voso conto. Tedes de prazo ata o mércores día 27 de outubro para entregar as vosas historias de medo na biblioteca. Aquel ou aquela que máis medo me faga pasar cas súas creacións recibirán un FANTÁSTICO AGASALLO. Haberá un premio por ciclo. Deseguida teredes noticias miñas!!! Vémonos pola biblioteca! Asinado: Rosiña

Convocatoria do 1º Concurso de historias de medo 2010 CEIP VICTOR SAENZ

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Carta de Rosiñas ás titorías convocando o 1º Concurso de Contos de Medo 2010 CEIP VICTOR SAENZ

Citation preview

Ola amiguiños!!! Que tal? Como vos vai?

Como xa sabedes levo un tempiño vivindo na Biblioteca. Agora que xa vixen a mudanza, empecei a buscar novas aventuras entre as páxinas deses marabillosos libros que gardamos neste fantástico recuncho do voso colexio.

Ui, ui, ui!!! Non sabedes ben a de medos que se esconden neses libros!!!: Piratas enfurecidos, monstros arrepiantes, meigas temibles, vampiros mortos de fame, zombis cheirentos, terroríficas aparicións e, por si fora pouco, a Santa Compaña. Aínda non me deixaron de tremer as pernas!!!

E como xa sabedes, todo aquelo que é moi importante, ten un día especial para a súa celebración. Así pois, o medo tamén ten o seu día: o 31 de outubro celebramos a “Noite de Samaín”. Din que esa noite as portas do outro mundo ábrense e as ánimas son que de visitar este mundo e aos seus moradores para render contas pendentes.

Todo isto fíxome pensar en organizar, dende a biblioteca, un pequeno CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO.

Podedes participar individualmente ou, no caso dos máis pequenos en grupo. E gustaríame moito que fíxerades un pequeno debuxo para ilustrar o voso conto.

Tedes de prazo ata o mércores día 27 de outubro para entregar as vosas historias de medo na biblioteca. Aquel ou aquela que máis medo me faga pasar cas súas creacións recibirán un FANTÁSTICO AGASALLO. Haberá un premio por ciclo.

Deseguida teredes noticias miñas!!!

Vémonos pola biblioteca!

Asinado:

Rosiña