1
UN DÍA NA REDE Onte, estivemos nunha xuntanza de xóvenes en Santiago. Despois de ter que madrugar e dunha longa, aínda que divertida viaxe, chegamos ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Alí recibimos unha pequena presentación do intenso día que iamos pasar. A continuación, houbo unha pequena pausa para o café na que, a parte de comer algo, algúns de nós comezamos a colocar a nosa mesa expositiva que, por certo, era a mais grande!. Despois volvemos ao salón de actos e outros colexios expuxeron as súas Micromovies. Ao remate Antía (4º E.S.O.) e alumnos doutros colexios formaron unha mesa na que falaron da experiencia que viviran na “Xuntanza construíndo redes” e finalmente rematamos coa presentación dos Spots solidarios do noso colexio, na que saín a presentar eu, e outros alumnos de outros centros tamén presentaron as súas. Despois fomos comer; neste tempo, aproveitamos para acabar de colocar a nosa mesa e preparar todo para as dinámicas. Ao remate seguimos vendo máis spots solidarios. Logo todos os colexios fomos ver as mesas expositivas dos outros. Tamén realizamos as dinámicas que preparamos algúns dos alumnos. A nosa foi un éxito xa que podían xogar varias á vez e era moi completa. De seguido realizouse o mercado do troco, no que coñecemos xente doutros centros e levamos un novo obxecto para a casa. Volvemos ao salón de actos para a clausura. Logo déronnos unha merenda, despedímonos das novas amizades e marchamos para a casa. Toda a viaxe fomos cantando e xogando. Foi un gran día! Andrea Brage Amado, 2º E.S.O. 8/11/2014

Crónica andrea reces. 7 de novembro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica  andrea reces. 7 de novembro

UN DÍA NA REDE

Onte, estivemos nunha xuntanza de xóvenes en Santiago. Despois de ter que madrugar e

dunha longa, aínda que divertida viaxe, chegamos ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Alí recibimos unha pequena presentación do intenso día que iamos pasar. A continuación,

houbo unha pequena pausa para o café na que, a parte de comer algo, algúns de nós comezamos

a colocar a nosa mesa expositiva que, por certo, era a mais grande!. Despois volvemos ao salón

de actos e outros colexios expuxeron as súas Micromovies. Ao remate Antía (4º E.S.O.) e

alumnos doutros colexios formaron unha mesa na que falaron da experiencia que viviran na

“Xuntanza construíndo redes” e finalmente rematamos coa presentación dos Spots solidarios do

noso colexio, na que saín a presentar eu, e outros alumnos de outros centros tamén presentaron

as súas.

Despois fomos comer; neste tempo, aproveitamos para acabar de colocar a nosa mesa e

preparar todo para as dinámicas. Ao remate seguimos vendo máis spots solidarios. Logo todos

os colexios fomos ver as mesas expositivas dos outros. Tamén realizamos as dinámicas que

preparamos algúns dos alumnos. A nosa foi un éxito xa que podían xogar varias á vez e era moi

completa. De seguido realizouse o mercado do troco, no que coñecemos xente doutros centros e

levamos un novo obxecto para a casa.

Volvemos ao salón de actos para a clausura. Logo déronnos unha merenda,

despedímonos das novas amizades e marchamos para a casa. Toda a viaxe fomos cantando e

xogando. Foi un gran día!

Andrea Brage Amado, 2º E.S.O. 8/11/2014