5
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas ás familias. Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.

Crónica celebración día do voluntariado

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica celebración día do voluntariado

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da

Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un

auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados

da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de

decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas

sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade

enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro

para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas

ás familias.

Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e

ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos

na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa

benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso

académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe

que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo

serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación

difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.

Page 2: Crónica celebración día do voluntariado
Page 3: Crónica celebración día do voluntariado
Page 4: Crónica celebración día do voluntariado
Page 5: Crónica celebración día do voluntariado