Transcript
Page 1: Crónica celebración día do voluntariado

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da

Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un

auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados

da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de

decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas

sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade

enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro

para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas

ás familias.

Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e

ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos

na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa

benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso

académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe

que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo

serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación

difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.

Page 2: Crónica celebración día do voluntariado
Page 3: Crónica celebración día do voluntariado
Page 4: Crónica celebración día do voluntariado
Page 5: Crónica celebración día do voluntariado