24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 1 - Xaneiro de 2014 As estradas, a subminis- tración eléctrica e a telefo- nía fixa son as infraestrutu- ras máis prexudicadas na co- marca polos sucesivos tem- porais de chuvia e vento cos que comezou este inverno. A rede viaria xa non presen- taba unha situación idónea e a meteoroloxía fai que moi- tos treitos empecen a ser in- transitables. Nos apagóns eléctricos tramítanse recla- macións. E o sector agrario avalía danos polo vento e as anegacións. Os temporais empeoran o estado das infraestruturas da comarca Páx. 3 Rebaixas no comercio local despois dun Nadal modesto COMARCA Páx. 11 O último censo deixa 258 habitantes menos na bisbarra COMARCA Páx. 10 Xa funciona a planta de tratamento de vidro na Areosa Páx. 15 Longa vida ao vidro Descontento no sector agrario co reparto da PAC COMARCA Páx. 11 Entrevista co presidente do S.E. Abellá S.D.C. DEPORTES Páx. 19 O Concello poderá gastar este ano todo o que ingrese FRADES Páx. 6 Roubos con vandalismo no campo de Santaia TORDOIA Páx. 7 Tribuna do profesor de Economía Fernando del Río OPINIÓN Páx. 23

Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 1 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes. Xaneiro de 2014.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 1 - Xaneiro de 2014

As estradas, a subminis-tración eléctrica e a telefo-nía fixa son as infraestrutu-ras máis prexudicadas na co-

marca polos sucesivos tem-porais de chuvia e vento cos que comezou este inverno. A rede viaria xa non presen-

taba unha situación idónea e a meteoroloxía fai que moi-tos treitos empecen a ser in-transitables. Nos apagóns

eléctricos tramítanse recla-macións. E o sector agrario avalía danos polo vento e as anegacións.

Os temporais empeoran o estado das infraestruturas da comarca

Páx. 3

Rebaixas no comercio local despois dun Nadal modesto

COMARCA

Páx. 11

O último censo deixa 258 habitantes menos na bisbarra

COMARCA

Páx. 10

Xa funciona a planta de tratamento de vidro na Areosa Páx. 15

Longa vida ao vidroDescontento no sector agrario co reparto da PAC

COMARCA

Páx. 11

Entrevista co presidente do S.E. Abellá S.D.C.

DEPORTES

Páx. 19

O Concello poderá gastar este ano todo o que ingrese

FRADES

Páx. 6

Roubos con vandalismo no campo de Santaia

TORDOIA

Páx. 7

Tribuna do profesor de Economía Fernando del Río

OPINIÓN

Páx. 23

Page 2: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

2

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014

Os sete Concellos da comarca or-dense xa aprobaron os proxectos que queren financiar con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014, que promove a Deputación da Co-ruña. A maior parte dos proxectos te-ñen que ver con arranxos e melloras nas redes viarias locais, aínda que ta-mén inclúen algunha contía impor-tante para outros servizos básicos.

En Cerceda, investirán uns 187.000 euros en dous proxectos de envergadura: o camiño do Carballal, desde A Baixa de Rodís ata a estrada entre Cerceda e Xesteda; e a sinaliza-ción e rebacheo na zona urbana de Cerceda e desde a estrada de Bos Ai-res por Virís ata o límite con Ordes. Para gasto corrente, o goberno optou por reservar uns 65.000 euros.

En Frades, o gasto corrente levará 34.000 euros do plan. Os 162.000 restantes servirán para acometer pe-quenas obras de arranxo en diversas pistas das doce parroquias.

Mesía reserva para gasto corrente uns 76.000 euros, mentres que a in-vestimentos destina uns 148.000

euros, en proxectos que comprenden tamén o acondicionamento de múlti-ples pistas e camiños.

En canto a Ordes, o goberno lo-cal asegura que investirá uns 421.000 euros, se ben o desglose de proxec-tos que ofrece supera os 435.000. A principal iniciativa será un sistema de bombeo na Brea e a construción de beirarrúas na Salgueira, na parroquia de Ardemil, beneficiada con 103.500 euros. Na parroquia de Ordes, destí-nanse 90.000 euros a camiños do Bi-dueiro, Lavandeira-Ceidón, Vila-Es-penica, O Vilar ou A Cancela da Agra. Leira recibirá un investimento de 55.000 euros para a pista desde A Pe-dreira ata Meitufe e para obras en Codeseda, entre outras.

Outras parroquias reciben meno-res contías: 36.000 euros en Parada para tubaxes na Grela e para arranxar as pistas de Carrillo e Mouro; 20.600 euros para unha tubaxe e a pista de Cercedo entre Beán e Pereira; 10.500 euros para a pista da Bouciña en Bus-cás; 12.000 euros en Lesta; 22.000 en Mercurín; 24.000 en Montaos;

20.000 en Pereira; 23.300 en Poulo; e 18.500 en Vilamaior.

En Oroso, destinan os 263.000 euros do POS a investimentos. A obra con máis recursos será o adecenta-mento do vial da Altiboa, O Castro, Recouso e A Cruz de Folgoso (Mar-zoa). Tamén se acometerán melloras viarias e de saneamento en dúas rúas de Sigüeiro, e intervencións na rede viaria en Zan (Trasmonte), Senra, A Igrexa dos Ánxeles, O Piñeirón (Gán-dara), a Estación de Oroso e O Cru-ceiro (Oroso).

O Concello de Tordoia empre-gará en gasto corrente 149.550 dos 249.250 euros do plan. Os restan-tes servirán para mellorar os cami-ños de Aboi (Viladabade) a Pedrasal-gueira (Anxeriz), con 59.430 euros, e do Pousadoiro a Casas Novas (Anxe-riz), con 40.270 euros.

E Trazo, con 222.000 euros dispo-ñibles, reserva arredor dunha cuarta parte para gasto corrente, empre-gando o diñeiro restante en reparar, conservar e manter tramos de viais en todas as parroquias.

Os Concellos empregan o groso do plan de obras e servizos nas súas redes viarias

COMARCA Remítenlle os seus proxectos á Deputación tras aprobalos nos plenos

Crónicas Se quere recibir Crónicas no seu correo electrónico de balde, pídao en [email protected]

Os veciños de Cerceda perderon unha das frecuencias dos servizos de autobús que tiñan no transporte me-tropolitano. Trátase da que partía ás 13:15 horas desde A Coruña. A em-presa concesionaria alegou que care-cía de viaxeiros suficientes e a Xunta autorizou a súa supresión.

Entre os veciños molestou moito a decisión, xa que se trataba dun ser-vizo utilizado por varios deles sobre todo para acudir a consultas médi-cas.

Nas últimas semanas tamén se alterou o horario e as condicións do autobús que regresaba desde a ci-dade pola tarde, pero finalmente se-gue saíndo ás seis desde a estación e non precisará ningún transbordo.

Despois duns días aplicando os recortes previstos inicialmente, acor-dáronse os novos horarios do ser-vizo nunha reunión da Xunta, repre-

sentada pola directora xeral de Mo-bilidade e a delegada provincial, cos alcaldes de Cerceda, Cambre e Culle-redo, afectados polos cambios.

Cerceda mantén ademais a inten-ción de crear unha liña interna ata a estación de tren para aproveitar as frecuencias do ferrocarril.

unha frecuencia menos no autobúsCERCEDA O transporte metropolitano suprime a saída de mediodía desde A Coruña

Reunión sobre transporte entre a Xunta e os alcaldes de Cerceda, Cambre e Culleredo

O campo de fútbol de Trazo será dotado con céspede artificial coa axuda da Deputación

O campo de fútbol 11 de Trazo recibirá un investimento de 351.000 euros para a instalación de herba artificial no seu terreo de xogo. Esta actuación figura nun convenio de colaboración entre a administración provincial e o Con-cello, aprobado xa polo pleno da Deputación.

En concreto, o ente provincial presidido por Diego Calvo ache-gará o 80% do custo previsto, preto de 281.000 euros. O 20% restante será asumido polo Con-cello de Trazo, gobernado por José Dafonte.

A principal intervención do proxecto será a transformación do terreo de xogo, de 100 metros de lonxitude e 60 metros de anchura. Ao estar dotado con céspede arti-ficial específico para a práctica de-portiva, as instalacións poderán ser utilizadas de xeito intensivo e cun baixo custo de mantemento, xa que o material sintético non se deteriora tan rápido nin require os mesmos coidados que a herba na-tural.

Ademais de instalar o céspede, a superficie do campo quedará si-nalizada con marcaxes para par-tidos das modalidades de fútbol 11 e de fútbol 7. Tamén disporá de seis canóns de rego porque, aínda que pareza paradóxico, este tipo de campos necesitan achegas de auga tanto para manter o ma-terial limpo e en bo estado e ga-rantir no máximo a súa duración como para evitar causarlles quei-maduras aos xogadores durante os adestramentos ou as compe-ticións. O proxecto tampouco es-quece a dotación de porterías e de bandeiríns.

Coa instalación deste campo de fútbol artificial, todos os mu-nicipios da comarca ordense con-tarán con cando menos unha in-fraestrutura deportiva deste tipo no seu territorio. Practicamente todas foron construídas durante a última década con apoio fi-nanceiro da Deputación da Co-ruña, algunhas dentro dun plan específico e outras mediante a si-natura de convenios de colabora-ción, como é o caso tracense.

TRAZO

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014 3

A sucesión de borrascas moi acti-vas coas que comezou este inverno puxo a proba as infraestruturas da comarca, que acumulan cuantiosos danos. Nas estradas, a situación xa era grave e as intensas chuvias non fixeron máis que empeorala.

A N-550 dista moito de presentar as condicións que debería ter unha vía da súa categoría. O propio mi-nisterio de Fomento admitiuno ao anunciar un investimento de urxen-cia de 292.000 euros entre A Coruña e Santiago, previsto para as vindeiras semanas. Tamén estradas autonómi-cas -algunha recén reparada- preci-san un tratamento, e nas vías locais de toda a comarca incrementáronse os desperfectos puntuais, debidos a miúdo á falta de mantemento.

A subministración eléctrica reco-lleu tamén numerosas queixas. Pa-rroquias como Parada e Poulo, en Or-des, ou Gafoi e Galegos, en Frades, sufriron cortes continuos nos días de Nadal. Os dous Concellos ofrecé-ronse a canalizar as denuncias dos afectados. En Ordes, foi proposta so-

cialista recollida polo goberno. En Frades, iniciativa do executivo.

O alcalde deste último municipio, Roberto Rey, anunciou reclamacións ante Gas Natural-Fenosa e ante a Xunta. Asegura que “non lle estamos pedindo responsabilidades a Fenosa polo temporal, pero si pola súa falta de previsión”, xa que, segundo di,

sempre que hai mal tempo os cortes no servizo suceden nas zonas desa empresa, da que critica o servizo de atención ao cliente por “deficiente”.

O vento motivou tamén prexuízos nas explotacións agrícolas e gandei-ras, con invernadoiros e cubertas de naves afectados. Os sindicatos xa pe-diron medidas para paliar os danos.

Persoal de Protección Civil de Oroso retira árbores caídas sobre unha estrada

Os sucesivos temporais ocasionan danos nas infraestruturas da comarca

COMARCA Queixas polos prexuízos derivados dos cortes no subministro eléctrico en varias parroquias

O primeiro mes do inverno 2013-2014 foi un 63% máis chu-vioso que o mesmo periodo do invernio anterior, que xa fora moi xeneroso coa pluviome-tría. Desde o 21 de decembro de 2013 ata o 21 de xaneiro de 2014 recolléronse case 408 li-tros de auga por metro cadrado na estación que ten Meteoga-licia na comarca. Entre o 21 de decembro de 2012 e o 21 de xa-neiro de 2013 ese mesmo indi-cador situouse en 250.

Non obstante, os maiores danos ocasionados pola me-teoroloxía non os causou preci-samente a chuvia, senón os in-tensos ventos que se produci-ron na zona durante varios días. Destacou a xornada de Noite-boa, a que máis cortes nos ser-vizos de electricidade e de tele-fonía rexistrou, con refachos de vento de velocidades próximas aos 120 quilómetros por hora.

O primeiro mes deste inverno trouxo un 63% máis de chuvia que o do pasado

“É rotundamente falso que ACORDES vaia pechar”ENTREVISTA Natalia Barreiro Pazos, presidenta da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES)

- Como está de saúde a Aso-ciación de Comerciantes de Ordes (ACORDES)? Está garantizada a súa continuidade?

- A saúde de ACORDES é boa, den-tro das súas posibilidades. E neste sentido quero facer unhas aclara-cións. Nos últimos tempos estase a especular con que ACORDES pe-cha as súas portas. Con rotundidade podo afirmar, como presidenta da en-tidade, que esto non é verdade, baixo ningún concepto. Si é certo que algún membro da Xunta Directiva deixa o seu posto, por non poder adicarlle o tempo suficiente, pero esto non sig-nifica o peche da Asociación.

- Cal é o grao de implicación dos asociados coa entidade?

- É bastante bo. Si é certo que necesitamos máis apoio por parte dos socios para levar adiante proxectos e manter a viabili-dade da Asociación. Dende aquí in-vito ós socios a participar dunha ma-neira aínda máis activa na Asociación e a formar parte da Xunta Directiva.

- Estanse incorporando novos

asociados?- Si, a asociación non deixa de es-

pertar interese e eso é algo moi posi-tivo. Dende a Xunta Directiva consi-deramos que é necesario seguir loi-tando polos intereses do comercio polo miúdo e isto só o podemos con-seguir unidos e facendo unha fronte común e unida.

- Neste sentido, que vantaxes ten para o conxunto do sector comercial ordense dispoñer dunha asociación forte e representativa?

- De cara ás institucións e orga-nismos oficiais é moi importamte ter unha Asociación, xa que de maneira

individual o caso que nos farían se-ría nulo, e como Asociación pode-mos acadar al-gunha das nosas metas con maior

facilidade.- Contan con suficientes recursos

e apoios para acometer a súa activi-dade e novas iniciativas?

- Nos tempos que corren é dificil manter unha asociación en funciona-miento, xa que as axudas económicas son practicamente inexistentes e in-

cluso o apoio non económico ás ve-ces tamén é dificil de acadar. Dende aquí reinvindico ese apoio por parte dos distintos organismos públicos ao comercio.

- En que cambiaría Ordes sen o sector comercial?

- O sector comercial na nosa vila é moi importante, non só pola canti-dade senón tamén pola calidade do mesmo atraendo a clientes doutras vilas doutros concellos. Eso dá idea da importancia que ten para o muni-

cipio o noso sector, tanto pola xera-ción de emprego como pola súa con-tribución á actividade doutros ám-bitos da economía local. Ordes sería irrecoñecible sen o comercio.

- Son tempos de moitas dificulta-des, pero non convén deixar de mi-rar o futuro con esperanza, non?

- Certo. Aínda que estes tempos son difíciles, para todos os secto-res económicos, debemos seguir loi-tando xuntos porque un pobo sen co-mercio perde boa parte da súa vida.

“É necesario seguir loitando polos intereses do comer-cio polo miúdo e eso só o

podemos conseguir unidos”

Page 4: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

4

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014

A Deputación terá que decidir se constrúe unha senda peonil entre Orellán de Abaixo e A Brea, nas in-mediacións do Mesón do Vento, para mellorar a seguridade nun treito de 1,4 quilómetros na estrada provin-cial CP-2405. A petición ao entre pro-vincial formuláronlla os socialistas de Ordes, a través do deputado provin-cial e alcalde de Mesía, Mariano Igle-sias.

O PSOE ordense xustifica a nece-sidade desta mellora na “elevada in-tensidade de tráfico da estrada”, que comunica a N-550 coa central tér-mica de Meirama, a planta de So-gama ou o polígono industrial de Cerceda, ademais de dar acceso á es-trada desde Cerceda ata A Coruña.

O portavoz dos socialistas de Or-des, Xesús Pedreira, lembrou que a petición desta obra xa fora aprobada por unanimidade do pleno municipal hai un ano, sen que fose atendida de momento.

A senda daríalle continuidade á beirarrúa que xa existe entre o Me-són do Vento e Orellán, emprazán-dose na marxe esquerda da estrada, en dirección Cerceda. Segundo os so-cialistas, precisaría un orzamento de

175.000 euros. Cunha anchura de 1,80 metros, chegaría practicamente ata a entrada da central térmica e contemplaría as canalizacións de re-collida de pluviais, saneamento e de-mais servizos.

Propoñen habilitar unha senda peonil entre Orellán de Abaixo e A Brea

ORDES O PSOE trasládalle á Deputación a iniciativa, valorada en 175.000 euros

Visita dos socialistas á zona onde piden que se emprace a senda peonil

As instalacións de Sogama recibiron 3.000 visitantes durante o pasado ano 2013

As instalacións de Sogama en Cerceda remataron 2013 con 3.000 visitas. A empresa consi-dera que se trata dunha “boa ci-fra, tendo en conta o actual con-texto de crise económica, toda vez que son os propios colectivos os que deben sufragar o transporte ata a infraestrutura industrial”.

Segundo os datos facilitados pola propia empresa, o público es-colar supón a maior fracción de visitantes, algo máis do 55%. Sé-guenlle os universitarios, algo por riba do 18% do total, as visitas programadas por Concellos (case o 10%) e as doutros sectores so-ciais, que representan algo máis do 16%. Máis da metade dos visi-tantes (51%) procedían da provin-cia da Coruña, por razóns de proxi-midade, seguida de Lugo (18%), Pontevedra (16%) e Ourense (7%), e de fóra de Galicia.

As visitas, que se adaptan a cada perfil e explican o funciona-mento da planta, poden reser-varse por teléfono ou na web de Sogama.

CERCEDA

Máis da metade son visitas escolares

Por outra parte, nada hai no ho-rizonte que faga pensar no arranxo próximo da estrada entre Ordes e Cerceda, a través da parroquia de Mercurín, a coñecida como estrada do Aquapark.

A obra, que depende dos fondos do plan Miner, xa foi comentada ata a saciedade nos plenos municipais or-denses. E tamén dela se fala en Cer-

ceda. A portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, cualificou de “hecatombe” o estado do vial no tramo ordense, e considerou que “non podemos se-guir agardando o diñeiro do Miner”.

O alcalde de Cerceda, José Gar-cía Liñares, coincidiu en que estrada está “moi mal”, pero precisou que se trata dun vial que depende do Con-cello de Ordes, que a “bachea de vez

en cando” pero “teñen máis ganas de cortala que de arranxala”, aprezou, destacando a boa relación co Con-cello veciño. García explicou que o proxecto se valorou nuns tres millóns de euros e que, pese ás peticións dos dous Concellos, a Xunta non accede a adiantar o diñeiro do Miner, dado que “ninguén asegura sequera que vaia haber eses cartos”, dixo.

Sen visos de arranxo para a estrada do Aquapark

TELÉFONOS: 981 682 985 / 664 455 361 / 606 364 369Mail: [email protected] / Búscanos en Facebook

• Odontólogos Colegiados, Especialistas en Ortodoncia, Cirugía e Implantes

• Prótesis Fija y Removible, Higienistas Colegiad@s,

• Rx Digital Panorámica

¡¡¡Consúltenos!!!Presupuestos sin compromiso

Financiación a

su medida

Page 5: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014 5

Preocupación en Parada pola falta de avances na concentración parcelaria da parroquia

ORDES

A parroquia de Parada (Ordes) vive con preocupación a demora da súa concentración parcelaria, que leva varios anos sen avances significativos para a súa conclu-sión. Así o constatou o PSOE de Ordes nunha charla informativa organizada no lugar, á que asistiu o secretario xeral da agrupación local do partido, Xesús Pedreira, e o voceiro autonómico do PSdeG en Medio Rural, Pablo García.

No encontro, ao que acudiron unhas sesenta persoas, os socialis-tas anunciaron que lle van propo-ñer á Xunta de Galicia que inclúa a parcelaria de Parada dentro dun conxunto de concentracións que se deben priorizar no conxunto de Galicia “en función do orzamento dispoñible, do seu grao de execu-ción e da necesidade da xente que precisa as terras para a agricultura e a gandeiría”, en palabras do par-lamentario García.

O representante do PSdeG viu “desesperados” os veciños de Pa-rada “non só polo retraso que acumula esta concentración se-nón porque teñen inmobilizadas as súas propiedades”. Segundo el, neste momento nin contan coas fincas orixinais nin coas que re-sultan da concentración: “están nun limbo sen definir, e eso é moi duro”, afirmou Pablo García.

Pola súa parte, Pedreira coida que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten que rematar a con-centración parcelaria “porque é moi necesaria”. O concelleiro or-dense remarcou que lle pedirán ao goberno autonómico “que in-dique prazos para finalizar esta parcelaria”. Segundo el, en Pa-rada levan “moitos anos” nesta si-tuación, despois do “impulso im-portante durante o goberno bi-partito” e sen que desde entón se fixese “nada”, asegura.

Pedreira chama tamén a aten-ción sobre as pistas de concentra-ción: “xa están feitas e, como xa temos denunciado os socialistas de Ordes, estanse deteriorando cada día máis.

Veciños nunha charla do PSOE

O vindeiro pleno municipal de Or-des abordará de novo a situación na que se atopan os dous tractores do Concello, parados desde hai varios anos e gardados nunha nave particu-lar. Será mediante unha proposta do PP para “recuperar de inmediato” a súa “custodia” e volvelos utilizar para os desbroces de pistas.

O principal grupo da oposición non ve de recibo que os tractores estean detidos mentres o goberno lle contrata os labores de limpeza e mantemento de cunetas a unha em-presa por importe duns 120.000 euros anuais. O PP cre que desti-nar este diñeiro ao mantemento dos dous tractores municipais e poñe-los a traballar con persoal do Conce-llo permitiría “multiplicar a superficie desbrozada”.

Por contra, coa contratación ex-terna, observan que “moitos tra-mos da rede viaria municipal, espe-cialmente as pistas de concentra-ción parcelaria, queden sen desbro-zar, co conseguinte deterioro e o incremento de risco de incendios na

época estival”. O portavoz do grupo municipal do

PP, José Luis Martínez Sanjurjo, consi-dera “evidente que a alguén lle inte-resa ter fóra de uso os tractores mu-nicipais, do mesmo xeito que se acre-dita que esta operación prexudica os veciños, que padecen a cotío as

consecuencias do deficiente mante-mento da rede viaria municipal”, di.

Xa nunha anterior sesión plena-ria, nunha interpelación do BNG polo mesmo tema, o goberno municipal explicou que ten intención de reubi-car os dous tractores en instalacións públicas en canto sexa posible. No seu día optaron por aloxalos nunha nave particular por falta de espazo. En canto á contratación externa dos desbroces, o executivo de Manuel Regos valorou que sae máis econó-mica que o uso dos medios propios, polas frecuentes avarías dos tracto-res municipais e tamén pola falta de persoal suficiente no plantel do Con-cello.

O PP, en cambio, cre que non re-parar os tractores é unha decisión política “interesada” e nega que a súa antigüidade impida usalos “especial-mente un deles, que presenta esca-sas horas de uso en comparación coa duración media deste tipo de maqui-naria”, asegura, á vez que suliña que os dous tractores funcionando todo o ano manterían en bo estado os viais.

O PP reclama que os dous tractores municipais volvan usarse nos desbroces

ORDES O Goberno defende que é máis eficiente a contratación externa

Pista con necesidades de limpeza

Sigüeiro reestrea o parque infantil de maior tamaño do municipio

OROSO A remodelación do parque do Carboeiro custou 50.000 euros

Os veciños de Sigüeiro poden uti-lizar desde hai unhas semanas a re-modelación do parque infantil do Pa-seo do Carboeiro. Trátase da área in-fantil de maior tamaño de todo o mu-nicipio, que para a súa posta ao día precisou dun investimento de 50.000 euros. A intervención foi financiada polo Concello e pola Deputación da Coruña.

As obras consistiron en deixar atrás a superficie de xogo de area e instalar unha de caucho continuo na zona de xogos, un material co que agardan ter garantías óptimas de se-guridade. O resto do parque recibiu un pavimento axeitado para o aire li-bre, cun material poroso capaz de re-sistir cambios de temperatura e sen gastos de mantemento.

O parque recibiu tamén novos xo-gos e melloráronse algúns dos que xa existían, ademais de situar bancos para que as persoas que acoden cos nenos ao parque teñan onde sentar.

No acto de inauguración, o al-calde de Oroso, Manuel Mirás, en-marcou a renovación do parque in-

fantil na súa “decidida aposta por in-crementar e mellorar este tipo de instalacións no municipio”. Mirás ex-plicou que “somos conscientes do gran número de cativos que temos e queremos que teñan os mellores es-pazos para xogar”.

Ademais do parque do paseo do Carboeiro, nos últimos meses o Con-cello de Oroso habilitou outros dous: un a carón da escola unitaria da pa-rroquia de Oroso e outro ao lado da piscina municipal, situada tamén en Sigüeiro.

Acto de inauguración do parque infantil, situado no centro da localidade

Page 6: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

6

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014

O concelleiro socialista Eugenio Pazos presenta a súa dimisión alegando motivos laborais

TRAZO

O grupo socialista de Trazo su-friu unha baixa nas súas filas. O concelleiro Eugenio Pazos presen-tou a súa dimisión alegando “mo-tivos laborais”, ao non poder com-paxinar o traballo coas súas fun-cións como edil. A renuncia á acta xa foi recoñecida polo pleno muni-cipal. O relevo de Pazos Beiroa vai ser José Ángel Boquete Regueiro, veciño da parroquia de Campo. Beatriz Domínguez, secretaria xe-ral dos socialistas de Trazo, agra-deceu o “traballo” do ex edil.

José Ángel Boquete, novo edil

Euro que se ingrese, euro que po-derá ser gastado. Esta é unha das principais diferencias entre os orza-mentos do Concello de Frades deste ano e os do exercicio anterior. En 2014 contémplanse 1.917.000 euros, tanto nos ingresos como nos gastos, mentres que en 2013 se estimaran uns ingresos de 1.512.000 euros limi-tando os gastos a 1.380.000 euros.

As contas, aprobadas coa abs-tención da oposición, retoman así o equilibrio. Non obstante, o alcalde, Roberto Rey, matiza que “o ano pa-sado axustamos de máis e houbo máis ingresos [dos previstos] tanto do Estado como da Deputación, que prevemos manter este ano”. Aí ex-plica os incrementos, inicialmente sobre o papel, de 405.000 euros en ingresos e 370.000 en gastos con res-pecto ao ano anterior.

O único gran capítulo de gasto que detallou o Concello foi o dos in-vestimentos. Suma 765.000 euros e nel inclúen achegas de distintos plans e subvencións doutras administra-cións. Sobre os gastos en persoal, o

Concello só asegura que diminúen en 26.000 euros. O crédito para asumir o plan de pago a provedores pasa de 19.000 a 29.000 euros. O alcalde in-dicou que están á espera de saber se os remanentes de 2012 e 2013 teñen que destinarse integramente a amor-tizar a débeda ou poden utilizar unha parte para obras.

Rey observa un “carácter so-

cial” nos orzamentos, que explica en 17.000 euros máis para Axuda no Fo-gar e na suba da partida de emerxen-cia social, de 1.000 a 8.000 euros.

Por outra parte, o goberno anun-ciou que sucumbirá ante o incre-mento do canon de Sogama, previsto de marzo en diante. Reservan 10.000 euros para esa suba, que de mo-mento non se traslada ás taxas.

Rey endereza as contas e Frades poderá gastar este ano todos os seus ingresos

FRADES Os orzamentos do Concello para 2014 ascenden a 1,9 millóns de euros

Sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos para 2014

Page 7: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014 7

O campo de fútbol de Santaia (Tordoia) foi obxecto hai uns días dun roubo moi destructivo. Ademais do material que levaron, tanto da propia infraestrutura como elementos de-portivos, hai que ter en conta todo o que romperon. Os efectos achéganse máis aos dun virulento temporal que aos dunha acción humana.

A maioría dos destrozos foron fei-tos para entrar nas dependencias ou extraer materiais, pero outros se-mellan puro vandalismo. Os vestia-rios perderon moitas das tubaxes, as uralitas de distintos compartimentos quedaron feitas anacos, todo aquelo que tivese cables quedou inutiliza-ble, non será doado que algúns dos paneles solares para quentar a auga teñan unha segunda vida, dos ter-mos pouco máis quedou que a apa-riencia... A lista de danos é cuantiosa. O Concello valorounos nuns 15.000 euros e agarda acometer as repara-cións en febreiro.

Pero ademais dos danos económi-cos, están os morais, o desánimo en-tre as entidades deportivas que ven como se dilúe en cuestion de horas todo o que tanto esforzo e traballo lles costou acadar. O club de fútbol

de Tordoia, que confirma que non é o primeiro roubo similar nese campo nos últimos tempos, ve moi afectada a súa economía con estes sucesos e laiase de quedar practicamente sen recursos para incentivar o deporte de base. Animaron aos demais equi-pos da comarca a difundir e denun-ciar todos os roubos que se produzan nas súas instalacións, para contribuír

a dar cos autores. Neste sentido, o Concello de Tor-

doia tamén lamentou o roubo “tanto polo material extraído como polos danos ocasionados”. O goberno tor-doiés manifestou “a necesidade de máis vixilancia por parte da Garda Ci-vil na zona” para detectar calquera movemento sospeitoso ou cando menos exercer un efecto disuasorio.

Roubos vandálicos no campo de SantaiaTORDOIA O Concello pídelle á Garda Civil “máis vixilancia na zona” para disuadir

O Concello estima os danos causados nuns 15.000 euros (Fotos: S.D. Tordoia)

A Deputación asume o 80% do custo da actividade do complexo das Brañas da Valga

MESÍA

A Deputación da Coruña ache-gará uns 45.000 euros para finan-ciar as actividades da Aula da Na-tureza e Museo Etnográfico das Brañas da Valga (Visantoña). Así figura nun convenio de colabora-ción, xa aprobado, que asinará co Concello de Mesía.

A cantidade supón o 80% do investimento total, valorado en 56.342 euros. O orzamento estí-mase para os cursos de cerámica, conferencias, charlas e obradoiros, pero sobre todo para a conserva-ción e mantemento das instala-cións, o pintado das aulas, os tra-ballos de albanelería, a alimenta-ción e repoboación da fauna, e os gastos de material e electricidade.

O acordo de colaboración entre as administracións provincial e lo-cal inclúe tamén o financiamento dos gastos de persoal de xardine-ría para as instalacións, que dispo-ñen de zonas verdes e un parque biosaudable na contorna dunha lagoa, e dun monitor para as acti-vidades de tempo libre.

Page 8: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

8

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014

Piden explicacións polo gasto de máis de 21.000 euros no novo reloxio da Casa do Concello

O PP de Ordes vaille pedir ex-plicacións ao goberno no próximo pleno municipal sobre o custo do novo reloxio instalado na torre da Casa do Concello. Segundo o prin-cipal grupo da oposición, o execu-tivo aprobou recentemente a fac-tura desta instalación, por un im-porte de 21.766,69 euros.

Para os conservadores, este gasto do equivalente a tres mi-llóns e medio de pesetas supón un exceso e “o enésimo despropósito das obras de remodelación do ve-llo consistorio”. Aproveitan para lembrar os problemas de “seguri-dade estrutural” que tivo este edi-ficio durante as obras, na súa opi-nión “mal planificadas”.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz do PP, acusa ao alcalde de efectuar gastos deste tipo en crise e “desatender servizos bá-sicos”. A petición de explicacións será de toda a obra do novo edifi-cio e do antigo e non só do reloxio, do que ademais critican que a mi-núdo non deixa ver ben a hora.

ORDES

Os socialistas de Tordoia e de Cerceda súmanse á iniciativa de recuperar o proxecto de Vía Verde

Os grupos socialistas de Tordoia e de Cerceda súmanse á iniciativa xa lanzada polos seus compañeiros de formación en Santiago, Oroso e Or-des para retomar o proxecto de Vía Verde de Santiago ata Cerceda, recu-perando para uso lúdico e turístico o antigo trazado ferroviario. É o princi-pal resultado dunha reunión do par-tido, á que polo PSOE de Tordoia acudiu Carlos García e polo de Cer-ceda Begoña Rodríguez. A petición, dirixida a ADIF, inclúe a desafección dos bens ferroviarios en beneficio dos Concellos e será trasladada ás próximas sesións plenarias das súas corporacións.

COMARCA

Os milleiros de persoas que ti-veron que saír á busca de emprego no estranxeiro, deceas deles da co-marca, estrearon 2014 coa preocu-pación de perder a cobertura da Sa-nidade pública cando regresen a Es-paña. O motivo está nunha disposi-ción normativa do goberno central, en vigor desde o 1 de xaneiro, que fixo saltar as alarmas e derivou en in-terpretacións contrapostas.

O texto di literalmente que “a efectos del mantenimiento del dere-cho de las prestaciones sanitarias en las que se exija la residencia en terri-torio español, se entenderá que el beneficiario de dichas prestaciones tiene su residencia habitual en Es-paña aún cuando haya tenido estan-cias en el extranjero siempre que és-tas no superen los 90 días a lo largo de cada año natural”.

Dito doutra forma, quen se des-pracen máis de tres meses fóra de España quedarán excluídos da cober-tura sanitaria. A medida causou nu-merosas críticas dos partidos da opo-sición e de entidades sindicais e so-

ciais. Os gobernos andaluz e astu-riano mesmo anunciaron que non a aplicarían. Ante esto, o Ministerio e o PP saíron á palestra para negar os efectos da medida e introducir nu-merosos matices na interpretación.

Juan Moreno, o deputado do PP que defendeu a medida no Congreso, indicou que se trata principalmente de regular a situación de estranxeiros da Unión Europea que traballaron e cotizaron en España, perderon o seu emprego e regresaron ao seu país de orixe, mantendo alí indefinifdamente a prestación a costa do erario espa-ñol. Non afectaría, di o PP, nin a xóve-nes que estuden fóra nin a españois que viaxen por turismo.

Sen embargo, para a oposición a norma é moi clara e non dá cabida a todos os matices que quixo intro-ducir o PP, xa que o texto non fai dis-tinción entre cidadáns españois e es-tranxeiros.

Marisol Soneira, portavoz de Emi-gración do grupo socialista galego, esixiu a retirada urxente da disposi-ción por “indigna”. Segundo explica,

equival a “tratar aos emigrantes ga-legos como estranxeiros no país de acollida e como inmigrantes no seu propio país”. Soneira coida que os emigrantes sofren o doble castigo dun goberno que “os obriga a emi-grar pola súa incapacidade” de ofre-cer alternativas laborais e que ade-mais lles retira un servizo tan básico.

Os socialistas emprazaron á Xunta a manter a asistencia sanitaria a to-dos os galegos que retornen, sen nin-gún límite temporal de residencia no estranxeiro, en idénticas condicións a quen residen en Galicia.

Desde a Xunta informaron de que as persoas que emigren e traballen fóra terán cobertura sanitaria do es-tado onde se desprazaran. E no caso de que regresen terían que solicitar de novo a tarxeta sanitaria española.

A oposición insiste en cambio en que a medida, tal como está publi-cada no BOE, afecta a todos os espa-ñois que pasen máis de tres meses no estranxeiro e aínda que regresen non recuperarán a cobertura sanita-ria ata que atopen emprego.

En cuestión o dereito á Sanidade para quen emigren máis de tres meses

COMARCA A oposición fala de medida indigna e o PP nega a súa repercusión

Reunión do PSdeG-PSOE en Ordes

A Mancomunidade pide axuda para o seu servizo de emprego

A Mancomunidade de Munici-pios da Comarca de Ordes solici-taralle á Xunta unha subvención para manter o seu servizo de in-formación, orientación e prospec-ción laboral.

A petición aprobouse no pleno da entidade do mes de xaneiro. A Mancomunidade indica que o ser-vizo leva ano e medio prestán-dose nas dependencias dos baixos

da Alameda ordense. Del encár-gase un técnico especializado, que cada mes atende unhas duascen-tas persoas.

O outro contido que trascen-deu da reunión dos represen-tantes municipais foi a posta en marcha de diversas iniciativas de promoción da lingua galega en ámbitos sociais, deportivos e em-presariais.

Representantes municipais no pleno da Mancomunidade de Ordes

COMARCAO día 31 remata o prazo para inscribirse na campaña de esquí da Deputación da Coruña

Os distintos Concellos da co-marca manteñen aberto ata este vin-deiro venres 31 de xaneiro o prazo para solicitar praza na campaña de esquí impulsada pola área de Depor-tes da Deputación da Coruña.

A campaña consiste en estadías de fin de semana na estación inver-nal de San Isidro, en León. Poden participar nenos e nenas que nace-ran nos anos 2000, 2001, 2002 ou 2003.

O prezo da actividade é de 36 euros, dado que a administración provincial financia a maior parte dos gastos. Están incluídos o transporte, o aloxamento e a manutención, as clases de esquí, os seguros, o alu-guer do material e diversas activida-des programadas.

Cada Concello dispón dun nú-mero limitado de prazas na cam-paña, de maneira que se as peticións que se reciban exceden a oferta dis-poñible terán que asignalas nun sor-teo público que se deberá celebrar ante o secretario de cada corpora-ción municipal.

COMARCA

Page 9: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014 9

A nova planta de recuperación de vidro da Areosa (Cerceda) permi-tirá incrementar nun 80% a reciclaxe dese material en Galicia, pasando de 38.000 a 60.000 toneladas anuais. Nesa cifra a Xunta inclúe a “elimina-ción progresiva” do que denomina “acopio histórico acumulado en So-gama desde hai unha década”.

Na posta en marcha das insta-lacións, pertencentes á empresa Daorje MedioAmbiente, S.A.U., o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, afirmou que “lodo de diversos intentos desde co-mezos dos anos 2000, por fin é este Goberno o que consegue unha solu-ción a un problema histórico grazas ao acordo con Ecovidro e Daorje”.

A planta, que xerou oito empre-gos contando tamén as instalacións de Verín, ten como principal obxec-tivo recuperar o vidro depositado na bolsa negra. Xunto co beneficio am-biental, para Sogama suporá un “im-portante beneficio económico”, tal como recoñece a Xunta. Estímase nuns 450.000 euros anuais.

Hernández aproveitou o acto para “animar a todos os Concellos” a in-crementar as cifras de recollida selec-tiva, de vidro, de plástico e de cartón. O conselleiro indicou que lles permi-tirá un beneficio económico.

Ademais do conselleiro, á posta

en servizo da planta acudiron o pre-sidente do Grupo Daorje, José Ma-nuel Muriel; o alcalde de Cerceda, José García Liñares; o secretario xe-ral de Calidade e Avaliación Ambien-tal, Justo de Benito; e o presidente de Sogama, Luís Lamas.

O conselleiro, atendendo ás explicacións sobre o funcionamento da planta

A nova planta de tratamento aumenta un 80% a reciclaxe de vidro en Galicia

CERCEDA Sogama asegura que lle permitirá un beneficio económico de 450.000 euros anuais

A activación das instalacións da Areosa debería converter a Galicia, dentro duns anos, na cuarta autonomía no ranking nacional de quilos de vidro re-cuperado por habitante. Polo de agora está máis ben no furgón de cola, xa que en 2012 ocupou o duodécimo posto.

O conselleiro fixo fincapé na necesidade de cumprir os obxectivos marcados pola Xunta no seu propio Plan de Xestión de Residuos e asegurou que se precisa “a colaboración dos ci-dadáns para seguir reducindo as achegas ao vertedoiro de So-gama e incrementar as taxas de reciclaxe”.

Das vantaxes de recuperar o vidro, o goberno autonómico si-nala a diminución da contami-nación no aire ao ter que usar menos combustible para fabri-car envases ou o aforro de ener-xía e materias primas.

Piden a colaboración cidadá coa meta de ser a cuarta autonomía en reciclaxe de vidro

Ya ha comenzado a impartirse el Posgrao Uni-versitario en Especialización en Xestión Empresa-rial e Tecnoloxía, XEMTE. La sesión inaugural co-rrió a cargo de Juan Carlos Bugallo, Director Ge-rente de la Fundación Universidade da Coruña, y de Víctor Carneiro y Manuel Garrido, Director Académico y Coordinador de XEMTE, respecti-vamente. El acto contó con la participación de re-presentantes del mundo empresarial gallego, de la UDC y del equipo que conforma el posgrado.

Una palanca de cambio para la mejora de la gestión empresarial

El principal objetivo de XEMTE es la forma-ción de expertos en tecnología que interioricen la realidad de la empresa, adquiriendo las habilidades necesarias para su mejor crecimiento profesional. En este posgrado participan personas, empresas, profesores, la UDC e instituciones, dando como resultado la plataforma integradora XEMTE, una comunidad impulsora y motor de una transfor-mación en los modelos de formación y desarrollo profesional de los alumnos, futuros profesionales comprometidos con el cambio. Más información en: http://xemte.org/

En XEMTE se cuenta con la participación de grandes empresas que buscan favorecer la crea-ción de este nuevo modelo educativo. Son nom-bres como Emetel, Altia, Banco Etcheverría, Te-lefónica, Reganosa, Emalcsa o Cofrico, que con-tratarán a los alumnos apostando por el desarrollo y el innovador concepto de este posgrado. Junto a

la Universidad, profesorado y alumnos, se formará la comunidad XEMTE, un paso adelante hacia la educación colaboradora, práctica y enfocada a po-tenciar las habilidades del alumno.

Incorporación a las empresas asociadas: el futuro del alumno

Según Víctor Carneiro, Director Académico de XEMTE, “los alumnos con formación en el ámbito técnico que salen de la Universidad tienen unos excelentes conocimientos, pero en ocasiones les falta complementarlos con conocimiento de la es-tructura organizativa y de gestión de la empresa”.

La sesión inaugural concluyó con la conferen-cia ‘Sistemas de información. Ventajas competiti-vas’, de Vicente Sorlí, Director de Consulting de Excelia y Director del programa Executive MBA en la Universidad Europea de Valencia, referencia internacional en el desarrollo de consultoría en es-trategia, organización y procesos. En el transcurso de la misma destacó que “la estrategia no es más que el sentido común que nos permite transformar los conocimientos que tenemos en unos resultados sostenibles para las compañías”.

“La competencia -añadió Sorlí- es destructiva y tenemos que conseguir que el conocimiento que tenemos de nuestra compañía nos ayude a innovar encontrando nuevas ventajas competitivas que nos permitan ser más atractivos para el cliente. No nos podemos quedar esperando a que las cosas cam-bien”.

Sobre XEMTEXEMTE está dirigido a ingenieros técnicos,

grados e ingenieros en Informática, Telecomuni-caciones o Industriales, Grados y licenciados en Ciencias Físicas o Matemáticas, así como a profe-sionales que reúnan los requisitos para cursar estu-dios universitarios y acrediten un desempeño pro-fesional acorde. Y cada año supondrá una oportu-nidad para un grupo máximo de 20 alumnos, ya que tendrán la oportunidad de incorporarse a una de las empresas asociadas a su programa. Pen-sando en los alumnos, desde la organización de XEMTE se ofrecen facilidades en la financiación para evitar que el factor económico sea un obstá-culo a la hora de sumarse al curso.

Clases magistrales, mesas redondas, casos reales, visitas a empresas, laboratorios…

La metodología de XEMTE es eminentemente práctica, en ella se implican profesionales de las empresas más innovadoras, laboratorios en los que experimentar, proyectos de trabajo colaborativos, casos reales y muchas más herramientas e iniciati-vas en las que se aplicará la tecnología a los proce-sos de la empresa. Con este sistema se fomenta la participación y la potenciación de las capacidades del alumno, ya que sobre él gira XEMTE.

Comienza el posgrado universitario XEMTE

Page 10: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

10

ACTuALIDADE

Crónicas - Xaneiro 2014

A comarca de Ordes intensifica a perda de poboación iniciadaen 2009, tras uns anos medrando. O conxunto dos sete municipios (Cerceda, Fra-des, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) rexistra 38.153 habitantes a 1 de xaneiro de 2013, no censo que fixo público o Instituto Nacional de Estadística (INE) hai uns días. Son 258 menos que un ano antes (inicio de 2012), cando se computaban 38.411. No exercicio anterior perdera 272 re-sidentes, e nos previos 51 e 98.

O declive demográfico coincide cos anos máis duros da crise econó-mica, primeiro coa marcha de nume-rosos inmigrantes que viñeran traba-llar á bisbarra e despois con cidadáns orixinarios da zona que fan as male-tas á procura de oportunidades labo-rais, ás veces nas cidades pero cada vez con maior frecuencia fóra das no-sas fronteiras.

Sumado á escasa natalidade, o re-sultado é unha poboación cada vez máis avellentada. Nos sete munici-pios, os menores de trinta anos son 7.313 e os maiores de sesenta elé-vanse a 11.783.

MENOR PUXANZA URBANADeste xeito, incluso a puxanza das

zonas urbanas, claramente percepti-ble en anos anteriores, tende agora a esvaecerse. De feito, Ordes, cabeza da comarca e o municipio máis urba-nizado, perdeu poboación no último reconto do INE. Son unicamente 24 residentes oficiais menos, pero se-guen deixando o concello ás portas dos 13.000 cidadáns censados.

Só Oroso mantén o dinamismo, grazas á capacidade de atracción de residentes da súa capital, Sigüeiro, beneficiada pola proximidade a San-tiago e tamén polo desenvolvemento do seu polígono industrial. A come-

zos de 2013 tiña 103 habitantes máis ca un ano antes, na liña dos 154 que xa gañara no cómputo precedente.

Nos demais municipios, o último censo permitiría distinguir dous gru-pos: os que perden poboación e os que perden moita poboación. No pri-meiro situaríanse Cerceda (53 per-soas menos), Frades (perda de 57) e Mesía (decrece 30). O segundo grupo queda para Tordoia e Trazo. Se ben son concellos con máis poboación absoluta que Frades e Mesía, en ter-mos relativos a súa perda de po-boación segue sendo maior. Tordoia minguou en 107 habitantes no úl-timo censo e Trazo en 90.

O último censo revela a perda de 258 habitantes na comarca en só un ano

COMARCA Oroso é o único municipio que gaña poboación no reconto do INE

EVOLUCIÓN DO CENSO DE POBOACIÓN 2012 - 2013 (fonte: INE)CERCEDA FRADES MESÍAORDESOROSOTORDOIATRAZOTOTAL

5.3182.5662.879

12.9637.3283.9243.433

38.411

5.2652.5092.849

12.9397.4313.8173.343

38.153

-53-57-30-24

+103-107-90

-258

A poboación nacida fóra de España que reside no comarca equival ao 7% do total, sen ex-perimentar grandes variacións nos últimos meses. Do total de 38.153 habitantes rexistrados a comezos de 2013, só 2.656 na-ceron fóra do país. E só 1.034 carecen de nacionalidade espa-ñola, o 2,7% do total.

É nos municipios máis ur-banos onde se concentra unha maior desta poboación, xa que case o 10% dos residentes en Oroso ou o 8,5% dos residen-tes en Ordes naceron fóra de España, mentres que en Frades ou en Mesía a proporción ronda o 2%. En Cerceda móvese en preto do 8% e en Tordoia e Trazo no 4%.

Por países de nacemento es-tranxeiros, o máis abundante é Venezuela (260), seguido de Portugal (218), Colombia (168), Romanía (159), Reino Unido (157), Brasil (151), Arxentina (139), Marrocos (136), Uruguai (131) e Alemaña (109).

A poboación nacida fóra de España roza o 7% e concéntrase nas zonas máis urbanas

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Flacidez Levantamiento de senos Levantamiento de glúteos Eliminación de varices Puntos rubí Gimnasia pasiva Lifting y arrugas Fotorejuvenecimiento Acné Manchas Cuperosis Bolsas y ojeras Presoterapia Hidrolinfa Plataforma vibratoria Solarium Avda. de La Coruña, 24

CERCEDA981685171 - 610794823

Page 11: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

ECONOMíA

Crónicas - Xaneiro 2014 11

Área Santiago leva a súa promoción turística a internet co lanzamento dun novo portal web

COMARCA

Área Santiago, o grupo de de-zanove concellos da contorna de Compostela que traballa na pro-moción turística conxunta e que na comarca ordense inclúe a Oroso e a Trazo, acaba de presen-tar o seu portal web www.area-santiago.es.

O novo espazo en internet re-úne a información turística dos municipios participantes. No acto de presentación, ao que non asis-tiron representantes nin de Oroso nin de Trazo, o alcalde de San-tiago, Ángel Currás, explicou que a nova web “é só unha parte dos traballos visibles” que desenvolve este grupo de Concellos desde a súa creación en marzo do ano pa-sado.

O obxectivo é que o territorio que abranguen, con quince muni-cipios da provincia da Coruña e ca-tro da de Pontevedra, se presente ante o mercado turístico dunha forma conxunta, para gañar en vi-sibilidade e facer que a presenza na rede beneficie a todos os recur-sos e atractivos dunha das zonas de maior movemento de visitan-tes de toda Galicia.

CONTIDOSA páxina ofrécese en galego,

castelán e inglés. Caracterízase por ofrecer todos os recursos da área xeolocalizados e con mapas. Ademais dun menú temático, fa-cilita a navegación cun buscador por concellos e coa navegación por etiquetas. Entre os seus conti-dos, destacan os vídeos, a sección de descargas de folletos e de fotos ou unha axenda cultural que se di-funde automaticamente nas redes sociais.

Con todo, o principal é a infor-mación turística clásica sobre mo-numentos, espazos naturais, fes-tas, zonas adaptadas para autoca-ravanas, aldeas con encanto, Ca-miños de Santiago e suxerencia de itinerarios. Desde www.areasan-tiago.es tamén se poden efectuar reservas en liña a través da Central de Reservas Local.

Presentación do portal en Santiago

O acordo para fixar os criterios cos que se aplicará a Política Agraria Co-mún (PAC) ata 2020 causou un forte desagrado nas principais entidades sindicais do sector en Galicia, men-tres que a Xunta defendeu as súas negociacións e salientou que “en li-ñas xerais” Galicia manterá as ache-gas que viña recibindo.

A principal clave das negociacións foi definir quen é agricultor activo e quen non é, e por tanto quen pode recibir as axudas e quen non. Final-mente, o ministerio decidiu que será a persoa ou empresa que teña polo menos un 20% dos seus ingresos pro-cedentes da actividade agraria.

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, considera “moi va-lente” esta decisión e cre que per-mitirá que as axudas non cheguen a “determinados personaxes que as es-taban cobrando sen manter unha ac-tividade económica que repercuta nun beneficio para o territorio”.

Sen embargo, o Sindicato Labrego Galego observa “a todas luces insufi-ciente” que ese umbral se situase só

no 20%. Coida que dous terzos dos perceptores destas axudas “segui-rán sen ter relación coa actividade agraria” e que se manterán inxustizas como que o 16% dos beneficiarios le-ven o 75% dos cartos repartidos.

Unións Agrarias refírese a estes casos como “agricultores de sofá”. Trátase por exemplo de terratenen-

tes como a Casa de Alba ou gran-des empresas. Para este sindicato, é resulta “inmoral” que en esencia se manteña o mesmo esquema na PAC.

Os sindicatos lamentaron que non se aproveitase para apoiar a quen realmente manteñen activo o agro. Medio Rural prometeu compensar o sector leiteiro cos pagos acoplados.

O sector cre que a nova PAC manterá as inxustizas no reparto das axudas

COMARCA A Xunta afirma que “en liñas xerais” Galicia manterá as achegas

Reunión da conferencia sectorial de agricultura que abordou a PAC en Madrid

O comercio local, un sector eco-nómico que na comarca ten unha enorme importancia nas poboacións de Ordes, Sigüeiro e Cerceda, inten-sifica estes días as rebaixas, con pre-zos moi interesantes e a excelente calidade de sempre. Faino tras unha campaña de Nadal modesta, que non cubriu todas as expectativas, tal como confirman os responsables das asociacións comerciais.

A presidenta da Asociación de Co-merciantes de Ordes (Acordes), Na-talia Barreiro, atribúe as vendas li-mitadas á situación económica, con moito desemprego e inseguridade laboral, e tamén á mala meteoro-loxía que imperou nos días clave para as compras de Nadal. O seu desexo é que o panorama se despexe para que o sector comercial poida relanzarse.

A directiva da Asociación de Co-merciantes e Empresarios de Si-güeiro (ACES) tamén motiva na crise o resultado modesto da campaña. Pero a eso engade que lles faltaron máis medios de promoción. Igual que no Nadal 2012-2013, viron un “lixeiro

repunte” por Reis e “pouca activi-dade” nos días de Papá Noel.

En todo caso, ACES amósase sa-tisfeita co mantemento de activida-des como Papá Noel laranxa ou o sor-teo de vales de compra. Destaca o esforzo dos asociados, do comercio e do Concello, que permitiu “transmitir unha imaxe positiva do comercio lo-cal e colaborar modestamente á cele-

bración navideña”. Agradece o labor de todos eles, e especialmente a con-fianza dos clientes.

ACES, que na súa última reunión tratou a “necesidade” de renovar a súa directiva, anticipa, como próxi-mas iniciativas, campañas de capta-ción de asociados, máis promoción en redes sociais e a creación da tar-xeta do comercio local de Oroso.

O comercio local aposta polas rebaixas tras unha campaña de Nadal modesta

COMARCA ACES e ACORDES cren que a tempada non cumpriu expectativas

Clientes premiados na campaña de Nadal promovida por Acordes

Page 12: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

12

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014

Celébrase o Torneo de FIFA 13 das Xuventudes Socialistas de Oroso

As Xuventudes Socialistas de Oroso desenvolveron un Torneo do videoxogo FIFA 13 no Centro Cívico de Sigüeiro, que contou coa participación de máis de trinta xo-gadores de todas as idades, distri-buídos en categorías infantil (ata trece anos) e sénior (maiores de trece anos).

En sénior gañou Alberto Ro-dríguez e Alejandro Rama foi se-gundo. En infantil o primeiro e o segundo postos correspondéron-lles a Alberto Fernández e Rubén Feijoo. Os premios consistiron en videoxogos.

As Xuventudes Socialistas doaron o diñeiro das inscricións desta primeira edición do torneo para a excursión a Roma do alum-nado de cuarto curso da ESO do IES de Oroso.

OROSO

Veciños de Tordoia pérdenlle o medo á informática nos cursos convocados polo Concello

O Concello de Tordoia clausurou recentemente novas entregas dos seus cursos de informática, pensa-dos para familiarizar os veciños cos coñecementos básicos na materia e afacelos ao manexo elemental do or-denador.

As buscas en internet, a utiliza-ción do correo electrónico, os pro-gramas de uso máis habitual ou a in-trodución ás redes sociais foron al-gúns dos contidos máis destaca-dos do curso, co que o alumnado se amosou satisfeito, sobre todo por fa-cilitarlles “perder o medo” á infor-mática.

No acto de clausura participa-ron Amadeo Cancela, tenente de al-calde, e o profesor David Silveira.Xa se convocaron novos cursos.

TORDOIA

Concello de Trazo

CURSOSCONCELLO DE TRAZOMáis información no

Concello de Trazo ou no 981 68 90 01

www.concellodetrazo.es

Data de comezo: 06-03-2014Data de finalización: 24-04-2014Horario: xoves, de 18:00 a 19:30 h.Duración: 8 semanas (12 horas)Prezo: 20 € por cursoMaterial: NON INCLUIDO. Farase con reciclado de teas e haberá que pagar 6 € a maiores ao docente para o material.Destinatarios: EMPADROADOS/AS NO CONCELLO DE TRAZO MAIORES DE IDADE. Debe xuntarse un grupo de 15 participantes para levar a cabo o curso.Prazo para anotarse: do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro.Prazo para pagar a taxa: do 15 de febreiro ao 5 de marzo.

PATCHWORK EMBUTIDO

Patchwork embutido. Técnica derivada do patchwork na que non se cose, senón que se

utilizan as telas para facer composicións artísticas

Organiza:

www.leis-negocios.com

Dr. Teixeiro 13, 3º - 15701 SANTIAGOTelf: 881 97 83 70 - [email protected]

Tarifa plana para empresas:

30 euros / mes

Page 13: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014 13

Os veciños aproveitan o tempo libre con cursiñosTRAZO O Concello activa con boa aceptación as clases de arte floral, bailes de salón, cociña e informática

Aocursodeartefloral,queremataráenmarzo,acoden17persoas

No curso de cociña participan 33 persoas en dúas quendas. Son 30 horas de clases que rematarán o 12 de maio. Espertou tanto interese que existe lista de agarda.

O curso de bailes de salón suma 16 participantes e aínda ten prazas dispoñibles

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

BarredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Page 14: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

14

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014

Gañadores do concurso de postais con mensaxe

As gañadoras do concurso de postais de Nadal con mensaxe de Oroso foron Elba Blanco (ca-tegoría de 4 a 6 anos), Laura Her-mida (7-9) e María José Rodríguez (maiores de 14). A categoría de 10 a 13 anos foi declarada deserta. Entregaron os premios o alcalde e o concelleiro de Cultura.

OROSO

Mirás entrega o premio a Laura

O protagonismo do Nadal, para os máis pequenosCOMARCA

Imaxinación, azucre e pequenos mandilóns

Os cativos que participaron no obradoiro de repostería navideña de Ordes prepararon monecos de neve feitos con bólas de coco e leite condensado, piruletas e ma-dalenas de galletas de chocolate, entre outras delicias.

ORDES

Obradoiro de doces de Nadal

Un Belén de máis de corenta metros cadrados

O Belén instalado na Igrexa de Santa María de Ordes foi un dos máis atractivos da comarca, ao ocupar uns corenta metros ca-drados. Das súas máis de cen fi-guras, preto de sesenta tiñan mo-vemento. Incluía saltos de auga, muíños e iluminación.

ORDES

O Belén recibiu múltiples visitas

Visita dos paxes reais ao colexio Castelao de Ordes, para tomar boa nota das peticións do alumnado

A Casa da Cultura de Ordes serviu de escenario para o festi-val da escola infantil Pequelúa, que incluiu Belén Vivinte

Papá Noel agasallou con lámpadas de lectura en Cerceda Os paxes reais e Papá Noel, no CPI da Ponte Carreira

Música popular durante as celebraciónsCOMARCA

Festival de corais na igrexa parroquial de Ordes Concerto de corais en Sigüeiro (Oroso)

Quinta edición do concerto de panxoliñas no centro cultural de Sigüeiro, ao que asistiron douscentos espectadores

Page 15: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014 15

Moita diversión para todos no Festival de Nadal do Colexio Rural Agrupado de Oroso

O xa tradicional Festival de Nadal do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Oroso ofreceu moita diversión para os 43 nenos das catro escolas que o compoñen -as de Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide- e para os nu-merosos familiares que acudiron a velos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

O evento contou con actuacións de contacontos, obras de teatro, vi-sitas dos paxes e carteiros reais pro-pios das datas e moitos outros ele-mentos de festa.

Non foi a única actividade na-videña para os máis pequenos de Oroso, que tamén tiveron a oportu-nidade de participar nunha excur-sión á aula da natureza das Brañas da Valga (Mesía) ou nas visitas dun pla-netario móbil a Sigüeiro. As dúas fo-ron actividades de balde nas que ad-quiriron diversos coñecementos so-bre a natureza dos humidais, etno-grafía e elaboración de cerámica, no caso da visita a Mesía, e sobre astro-nomía, no caso da cúpula inchable do Planeta Móbil.

OROSO

Actuación do alumnado do CRA de Oroso no seu festival de Nadal

O evento contou con sesións de contacontos e outras atraccións para os cativos

A campaña para mercar agasallos para nenos de familias sen recursos recada un 25% máis

OROSO

A campaña ‘En Reis, ningún neno/a sen agasallo’, impulsada polo Concello de Oroso coa cola-boración dos comercios do muni-cipio, recadou un 25% máis ca na súa primeira edición, o ano ante-rior. O goberno local non desvelou a cantidade recollida, procedente dos donativos que os clientes do comercio local depositou durante varias semanas nas urnas da cam-paña, elaboradas polas responsa-bles das librarías de Sigüeiro ‘Re-foxos’ e ‘Aula 10’. Os cartos recolli-dos serviron para mercar agasallos para os nenos e nenas das familias máis necesitadas de Oroso.

Encarga dos agasallos para os nenos

Page 16: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

16

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014

COMARCA

O salón de ocio infantil e xuvenil de Lugo, XuvenLugo, recibiu a visita de senllas expedicións organizadas polos Concellos de Frades e de Me-sía. Os máis novos da casa entretivé-ronse nas diversas atraccións e xogos ofertados no Pazo de Congresos de Lugo, con actividades especialmente pensadas para cada tramo de idade dos participantes. Participantes na viaxe do Concello de Frades a XuvenLugo

Frades e Mesía divírtense no salón de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo

Saída do Concello de Mesía a XuvenLugo

Entretemento para a infancia

Festival no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Trazo

TRAZO

Festa de Nadal en Trazo, con xogos, bailes, obradoiros e contacontos

Obradoiro de obxectos navideños no centro polivalente de Trazo

Son das Aulas de Nadal

A Escola Municipal de Música de Cerceda celebrou o seu pri-meiro concerto ‘O Son das Aulas de Nadal’, do que foron partícipes máis de duascentas persoas no au-ditorio da localidade.

A actuación, con varios centos de espectadores, presentou un for-mato especial, de concerto didác-tico e artístico, cos máis pequenos como protagonistas e con moito rítmo de música, baile e canto.

Sobre patíns e de película

Máis de cen persoas participaron na excursión á Coruña organizada polo Concello de Mesía para patinar sobre xeo e asistir á proxección dunha película. Na imaxe, parte dos patinadores.

MESÍA

CERCEDA

Page 17: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

XENTE DAquí

Crónicas - Xaneiro 2014 17

COMARCA As cabalgatas e festas navideñas tiveron un amplo seguemento en todos os municipios

A comarca recibiu con ilusión os Reis Magos da criseNon están os tempos para gran-

des alegrías, pero eso non quere di-cir que se perda a ilusión, máis que nada porque é de balde. Esto quedou ben reflictido nas festas coas que se recibiron os Reis Magos na comarca. Centos de persoas acudiron ás dis-tintas cabalgatas e eventos progra-mados nos sete municipios, cos ne-nos como os principais protagonistas da xornada. De día, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallaron a todos con caramelos, xoguetes e outros obse-quios. De noite, axustáronse ao com-portamento de cadaquén.Os Reis Magos, atendendo os nenos en Ordes A cabalgata dos Reis polas rúas ordenses foi espectacular

Festa de recepción aos Reis Magos no polideportivo municipal de Sigüeiro (Oroso)Os Magos de Oriente chegaron nun tren a Oroso

Os Reis Magos, cos máis pequenos de Cerceda Os Reis Magos en Mesía, onde foron recibidos cunha festa de animación no polideportivo municipal

Festa de Reis en Trazo, co polideportivo ateigado de público O ano 2014 será lembrado como o primeiro con festa municipal de Reis en Frades

Page 18: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

18

DEPORTES

Crónicas - Xaneiro 2014

A cercedense Emma Núñez proclámase campioa provincial

Emma Núñez, do Club Kárate do Carballo, proclamouse campioa provincial na XVIII Copa Deputa-ción da Coruña. O certame reuniu vinte clubes de kárate de toda a provincia. Para a karateka de Cer-ceda era a súa terceira participa-ción na categoría xuvenil (12 e 13 anos) nas dúas modalidades deste

deporte: kata e kumite (combate).En kata, Núñez obtivo o ouro

impoñéndose 4-1 na final, tras un traballo sobresaínte. En kumite acadou a prata igualando en com-bates gañados á campioa e resol-vendo o empate coa diferencia de puntos. O próximo reto de Núñez será o autonómico do 1 de marzo.

Emma Núñez, no máis alto do podio da competición en modaliade kata

KÁRATE

Impecable primeira volta dos Benxamíns B da S.D. Club Ordes

O equipo Benxamín B da S.D. Club Ordes, que compite no grupo 3 da segunda división autonómica en F8, culminou unha impecable primeira volta nesta tempada de liga, sen perder nin un só partido.

Algúns resultados foron moi abultados, como o 10-2 fronte aos colistas do Lubre, pero tamén ante rivais directos como o Obrero B (3-4) ou o Olímpico B (4-2) se defen-

deron ben. Os únicos empates fo-ron ante o San Tirso SD (2-2) e o Once Cabaleiros B (3-3).

Segundo a web do club, o equipo confórmano Martiño Ca-neda, Martín Deus, Álvaro Arias, Miguel Martínez, Álvaro Viqueira, Samuel Fariñas, Álex Martínez, Da-niel Loureiro, Javier Fandiño, Da-niel Martínez, Diego Barreiro, Anxo Platas, Hugo Platas e Uxía Couselo.

Equipo Benxamín B do Ordes, adestrado por Adrián Garea Rodríguez

FÚTBOL 8

Page 19: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

DEPORTES

Crónicas - Xaneiro 2014 19

- Como valora o inicio da tem-pada de xogo para o equipo de pri-meira autonómica? Fixeron moitas fichaxes novas?

- Está a ser negativa, non estamos no nivel de xogo do ano pasado pero esperamos que mellore.

Fixemos varias fichaxes que se es-tán adaptando ben tanto ao grupo como á categoría.

- Que expectativas teñen para esta liga? Onde situaría a liña na que comeza o éxito e onde a que levaría a falar de fracaso?

- O obxectivo é a salvación e aca-dala canto antes sería un éxito xa que non estamos nunha situación có-moda a estas alturas da competición. Un fracaso sería perder a categoría xa que a plantilla é unha plantilla de calidade.

- Cales considera que son os factores que lle dan fortaleza ao equipo? E os puntos febles que se poidan confesar?

- Este grupo caracterízase sobre todo pola intensidade e capacidade de sacrificio do equipo.

O punto máis feble é que nos costa moito materializar as ocasións que xeramos.

- Que rivais ve como máis duros? Por que? Hai moita diferencia entre os equipos do grupo?

- O dominador claro da compe-tición é o Atlético Arteixo, que creo que é moi superior aos demais. O resto de equipos somos moi pare-llos e os pequenos detalles son os que marcan as diferencias na clasifi-cación.

- Falemos agora do equipo de terceira autonómica. Rende ben?

- Estamos no bo camiño, temos altibaixos pero é normal nun equipo con xente moi nova e que ten que adaptarse o cambio de xuvenil a afi-cionado.

- Que obxectivos se marcaron para esta tempada no Abellá B?

- O obxetivo é xogar a promoción de ascenso a 2ª autonómica e formar xogadores para o primeiro equipo.

- Cales son as principais dificulta-des ás que se enfrontan?

- A plantilla peca de falta de expe-riencia e eso contra algúns equipos nótase.

- Esta división é máis equilibrada que a do equipo superior?

- Ten unha situación parecida: un equipo, o Oza dos Ríos, que está un chanzo por riba e os demais somos moi parellos.

- A nivel interno, o B funciona como a canteira do equipo A, é o seu

cemiterio de elefantes (se nos per-mite a expresión), ou desenvólvense dunha forma autónoma?

- Un pouco de todo. A ampla maioría son sub-23 e ademais te-mos cinco ou seis xogadores de máis idade que aportan a súa experiencia ao grupo.

- En canto ao equipo de xuvenís, cando foi creado?

- Esta é a sexta tempada que com-piten, xa formaban parte do San Es-tevo.

- Teñen xogadores suficientes para mantelo?

(continúa na páx 20)

“Este equipo representa un punto de unión para a xente nova da zona”

ENTREVISTA Daniel Vázquez Fuentes, presidente do San Estevo de Abellá S.D.C.

Equipo do S.E. Abellá S.D.C. de primeira autonómica en 2012-2013 (Foto Sonia)

Page 20: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

20

DEPORTES

Crónicas - Xaneiro 2014

(vén da páx anterior)- Este ano contamos con 22 xoga-

dores, sempre falta xente ao princi-pio pero co comezo das clases vanse incorporando.

- Que retos afrontan? - O obxetivo é acabar na parte alta

da táboa.

- A entidade é resultado da unión de dúas que existían antes. Que re-presenta o equipo para a zona?

- Creo que representa un lugar de entretemento para o municipio e un punto de unión da xente nova, onde intentamos aprenderlles a convivir e a practicar un deporte.

- Están satisfeitos coa unificación ou poderían ter conseguido mello-res resultados por separado?

- Moi satisfeitos, creo que o resul-tado non pode ser moito mellor, xa que en catro anos conseguimos as-censos e ser un clube referente na comarca.

- Coida que a supervivencia da sociedade está garantida a medio prazo? Por onde pensa que se poden presentar os problemas?

- En principio, estamos intentando involucrar a xente nova do concello que se incorpore á directiva e que sexa máis doado de levar, xa que a maioría da directiva xa leva máis de dez anos e presenta síntomas de can-sancio. Os principias problemas son o apartado económico e a falta de

tempo libre para adicarllo ao club.- Teñen que facer moitos equili-

brios para que cadren as contas?- Moitos, cada ano é máis compli-

cado cadralas, xa que as mutualida-des e os gastos varios seguen a subir e os ingresos de publicidade e socios estáncanse ou redúcense.

- Botan en falta maior apoio so-cial, de patrocinios ou institucional?

- En Abellá temos un apoio so-cial amplo para a localidade que so-mos e por parte do Concello cada vez téñennos máis en conta. No que se refire aos patrocinios xa e diferente, agora mesmo é complicado para as empresas locais botar unha man e tampouco contamos con demasia-das ás que acudir, ao estar situados nunha zona rural.

A FICHA DO EQUIPO

- Nome: S.E. ABELLÁ S.D.C.- Ano de creación: 2009 (A.D. Abellá en 1981, e San Estevo de Abellá

en 2002)- Número de socios: 400- Instalacións: Campo Municipal do Vedral, en Abellá (Frades)- Xunta directiva: - Presidente: Daniel Vázquez Fuentes - Vicepresidente: Jorge Rodríguez Sánchez - Tesoureiro: Miguel Sánchez Rodríguez - Secretario: José Manuel Sanjurjo Sánchez - Vogais: Javier Méndez Fariña, Jose María Pérez Lagos, Diego

Sánchez Barreiro, Manuel García Álvarez, Manuel Gómez García, Jesús Antonio Rodríguez Raposo, José Manuel Novoa Sanjurjo, José Manuel Ro-dríguez Novoa, Jorge Rodríguez Couselo e José A. Rodríguez Rodríguez.

- Adestradores de cada equipo:Primeira autonómica: Daniel Fernández VeirasTerceira autonómica: Daniel Vázquez FuentesXuvenil: Iván Méndez GarcíaVeteranos: Ricardo Carro Pérez- Para non perderlle a pista ao club: - Web: www.seabellasdc.es - Facebook: https://es-es.facebook.com/pages/SE-ABELLÁ-

SDC/137216679626466 - Twitter: https://twitter.com/seabellasdc

Integrantes do equipo de veteranos 2013 do S.E. Abellá SDC (Foto Sonia)

Equipo de terceira autonómica do S.E. Abellá da pasada tempada (Foto Sonia)

O equipo xuvenil da pasada campaña do S.E. Abellá SDC (Foto Sonia)

O orosán Amancio Espiñeira, mellor ciclista galego en BTT Rally XC CICLISMO Distinción para o Concello de Oroso na Gala do Ciclismo Galego 2014 polo seu primeiro trofeo

Amancio Espiñeira, ciclista de Oroso, foi distinguido como mellor ciclista galego na modalidade de BTT Rally XC, en categoría sénior. O pre-mio entregoullo a Federación Galega de Ciclismo na súa gala anual, cele-brada en Ponteareas.

Na tempada pasada, Espiñeira proclamouse campión galego do Open Rally BTT de Galicia e foi cam-pión do I Circuíto BTT-XC Provincia da Coruña, entre outros éxitos dunha tempada moi completa que o levou ao máis alto do podio en seis cam-pionatos.

O ciclista recibiu as felicitacións

do Concello de Oroso, representado na Gala polo alcalde, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey. Os dous cargos municipais non estaban na gala por casualidade, se-nón que acudiron a recoller un pre-mio outorgado ao Concello, como recoñecemento á organización do seu primeiro Trofeo de Ciclismo.

A proba de Oroso, que pechou a tempada oficial de ciclismo en 2013, reuniu preto dun centenar de ciclis-tas nas categorías cadete, júnior e elite sub 23. O Concello confirmou que este trofeo terá continuidade este ano. Acto de entrega de premios na Gala do Ciclismo Galego 2014 en Ponteareas

Page 21: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

DEPORTES

Crónicas - Xaneiro 2014 21

A sexta edición do Torneo So-lidario de Fútbol Sala ‘Mesía con-tra o cancro’ obtivo a súa maior re-cadación, con 3.393 euros en bene-ficio da Asociación Española Con-tra el Cáncer (AECC). Esta cantidade obtívose da venda de entradas, das achegas voluntarias de cidadáns, en-tidades e empresas e das inscricións dos equipos.

A presidenta da Asociación Es-pañola Contra el Cáncer na Coruña, Elena Viturro, achegouse ata o poli-deportivo municipal en Olas para re-coller a recadación de mans do al-calde de Mesía, Mariano Iglesias, e agradecer toda a solidariedade reci-bida.

GAñADORESNo que atinxe á parte deportiva,

o torneo tivo como gañadores na competición masculina ao equipo ‘Poulo B’ e na feminina ao conxunto ‘Manureva Amarelle’. A sexta edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala ‘Mesía contra o cancro’ foi organi-zado polo Concello de Mesía e con-tou co patrocinio de Carpintería Ra-món García e de Nova Galicia Banco, así como coa colaboración de nume-rosas asociacións, establecementos e empresas da zona.

Récord solidario en Mesía na sexta edición do Torneo Solidario a favor da AECC

FÚTBOL SALA

O alcalde de Mesía entrégalle a recada-ción á presidenta da AECC na Coruña

Equipo ‘Manureva Amarelle’, gañadoras do Torneo Solidario ‘Mesía contra o cancro’Equipo ‘Poulo B’, gañadores do Torneo Solidario ‘Mesía contra o cancro’

Page 22: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

22

DEPORTES

Crónicas - Xaneiro 2014

A sexta Gala do Deporte da Man-comunidade, que segundo a organi-zación congregou máis de 2.000 per-soas na discoteca LP-45 de Ordes, distinguiu o traballo e o esforzo de máis de 300 deportistas dos sete mu-nicipios da comarca ordense, cunha traxectoria destacada ou unha pro-metedora proxección de futuro.

Mostra da variedade de deportes que se practican na zona, houbo pre-miados en atletismo, natación, pati-naxe, fútbol, xadrez, judo, tenis de mesa, taekwondo, hockei, chave e tiro con arco. Cada Concello entre-gou tres premios, distinción promesa e un recoñecemento especial.

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou na súa intervención “a co-laboración e traballo conxunto que

se fai por parte de todos os integran-tes da Mancomunidade”. Concretou o agradecemento en cada un dos de-mais alcaldes da comarca.

A gala, presentada por Pablo Quinteiro e con actuacións de Tania Veiras, contou coa presenza do pre-sidente da Federación Galega de Fút-bol, José García Liñares (tamén al-calde de Cerceda); o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isi-doro Hornillos; o campión de España de ralis de terra, Mario Ríos; e o cam-pión mundial de tríatlon, o ordense Iván Raña Fuentes.

Por municipios, estes son os pre-miados da Gala do Deporte:CERCEDA.- 1º premio: Alevíns do CCD Cerceda (fútbol). 2º premio: Daniel González (xadrez). 3º premio: Novos cintos negros de judo.

Promesa: Daniel González (xadrez). Especial: Cesáreo Leiro (fútbol).FRADES.- 1º premio: EDM de fútbol sala cadete. 2º premio: Veteranos de Abellá (fútbol). 3º premio: EDM de atletismo. Promesa: Rita Viqueira (patinaxe). Especial: Manuel Castro (fútbol). MESÍA.- 1º premio: Categorías inferiores do Visantoña Club de Fútbol. 2º premio: Lucía Doval (atletismo). 3º premio: Nerea Sánchez (atletismo). Promesa: Gloria Iglesias (atletismo). Especial: Directiva e colaboradores do Visantoña C.F. ORDES.- 1º premio: Grupo Show Club Alquimia (patinaxe). 2º premio: Escolas deportivas de taekwondo. 3º premio: Escola municipal de tiro con arco. Promesa: Andrea Castro (lanzamento de xavelina). Especial: Jesús Maneiro (chave).OROSO.- 1º premio: Equipo de Tenis de Mesa da División de Honra Nacional. 2º premio: equipo de fútbol alevín da Escola Xuventude Oroso. 3º premio: Sofía Zapata (taekwondo ITF). Promesa: Bruno Saavedra (hockei a patíns e fútbol). Especial: Manuel Ríos (motor). TORDOIA.- 1º premio: Martín Liste (atletismo). 2º premio: Marta Rosende (natación). 3º premio: Alejandro Suárez (natación). Promesa: Lucía Tasende (patinaxe). Especial: Susana Pena (fútbol). TRAZO.- 1º premio: Resmón C.F. 2º premio: Equipo benxamín da escola municipal de fútbol. 3º premio: EMD de Atletismo. Promesa: Manuel Vázquez (fútbol). Especial: José Brea (fútbol).

Premios ao máis selecto do deporte da comarca na Gala da Mancomunidade

VI GALA DO DEPORTE O evento entregou distincións a máis de 300 deportistas

Premio do Circuíto Provincial para a corredora de Mesía María José Grobas

María José Grobas Garaboa, corredora de Mesía que compite no Club Atlética A Silva, de Cer-ceda, obtivo o terceiro premio da súa categoría (Veteranas 1) na pri-meira edición co Circuíto Provin-cial de Carreiras Populares da De-putación da Coruña.

As probas incluídas neste cir-cuíto foron a Popular do Concello de Carballo, a CorreSan Nocturna de Santiago, a Milla Urbana de Ares, o Maratón Popular do Con-cello de Cambre, o Maratón San Xoán de Piñeiro de Mugardos, a Carreira Nocturna Concello de Fe-rrol, a Popular de Santa Uxía de Ri-beira, a proba ACoruña10, a Pe-destre do Concello de Ames e a Popular de Negreira.

A Deputación asegura que in-vestiu 25.000 euros na organiza-ción destas probas, que sumaron preto de 10.000 participantes.

En total, entregáronse 66 pre-mios, tres por cada unha das cate-gorías de idade, nas modalidades masculina e feminina. En vetera-nas 1, a corredora de Mesía com-partiu os premios deste circuíto coa atleta do Club Atletismo Sada Raquel Armesto Pinedo (segunda) e coa independente Teresa López de la Vega (primeira).

CARREIRAS

Parte dos premiados e autoridades municipais, na foto de familia da Gala do Deporte

Convocan para febreiro un curso formativo para facerse xuíz oficial de triatlón en Sigüeiro

Sigüeiro acollerá o sábado 16 de febreiro un curso oficial de ni-vel II de tríatlon, dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na arbitraxe deste deporte en Ga-licia. O curso está organizado pola Federación Galega de Tríatlon e conta coa colaboración do Conce-llo de Oroso.

Quen teñan interese en parti-cipar teñen que dirixirse á Fede-ración Galega de Tríatlon antes do 11 de febreiro. Poden facelo a tra-vés de correo electrónico, no en-derezo [email protected], ou a través do teléfono, no 982 251 345.

Tal como informa o Concello, o curso ten un custo de 15 euros e inclúe partes teórica e práctica, acordes á normativa da Federa-ción Española de Tríatlon.

TRÍATLON

A ordense Tania Gándara Suárez, do Club Deportivo Luar, alzouse coa medalla de bronce no Campionato de España de Clubs de Taekwondo, na modalidade de combate.

A competición tivo lugar na locali-dade de Marina d’Or, na provincia de Castellón. Considerado un dos cam-pionatos máis significativos do cir-cuíto español, nel inscribíranse 1.097 deportistas

Gándara, dirixida e adestrada polo técnico Cristóbal Boudjenane Núñez, culmina así unha magnífica tempada deportiva. Acadou o podio nos seis campionatos que disputou, colleitando tres ouros, unha prata e dous bronces.

Tania Gándara, bronce no campionato de EspañaTAEKWONDO Brillante tempada da deportista ordense do Club Deportivo Luar

Gándara pertence ao C.D. Luar e ten como adestrador a Cristóbal Boudjenane

Page 23: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

OPINIÓN

Crónicas - Xaneiro 2014 23

Os paxariños da Alameda

Certo é que tedes bastante delito. Xa que escolledes as personaxes que escolledes,

polo menos esforzádevos un pouco máis coas coreografías. Cómicas si que son, pero fáltalles moita coordi-nación, non lles armastes ningunha trama e dan arrepíos só de pensar no raccord... Dánsevos mellor os spots, para que negalo. Pero claro, xa veñen feitos e só vos queda co-piar e pegar, que é o voso.

Outra historia para que non se diga que non avisa-mos. Entre tanto temporal veu un cormorán río arriba

e advertiu de que hai que atender ben aos movementos daquel merlo tan branco que apareceu hai uns anos na Alameda e que despois se volveu gris. As pitas de monte non lle sacan ollo. Non é que teman que lles roube a comida, pero si que llela manche de tanto que rebole. A historia probablemente non teña importancia, pero para non tela os efectos secundario-colaterais em-pezan a ser abundantes: ao mor-cego córtanlle a dixestión, as gaivo-tas baten nos campanarios mirando para el, a garza rompe o pico...

Está visto que nin nas va-cacións se poden descoi-dar as aves dominantes. Ao contrario, algún ou algúns

paxariños ociosos dedicáronse a preparar montaxes. E o que é peor, a difundilas entre o persoal, apro-veitando que cos modernos trebe-llos as mensaxes esténdense como o aceite. Pois que saiban os intere-sados que o rastrexo está en mar-cha, que van por eles e que a inten-ción é desplumalos. Porque a Ala-meda non está para bromas, e me-nos con tanta sorna. E tan decididos están os investigadores a dar co cul-pable que ao final aínda van pagar xustos por pecadores.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Así que, montadores de ví-deo que vos sintades alu-didos, debedes saber que

estades a tempo de entregarvos e evitar calquera crime. Erguede as ás e auto-inculpádevos se sodes va-lentes! Apelamos a vosa dubidosa

honra de corvos cheirentos para evitar que algunha inocente andu-riña ou unha inxenua laverca pague coas súas belas plumaxes as vo-sas bastas bromas co Youtube e co WhatsApp.

Si, si, si. Xa se sabe que nada deso vos importa. E ademais estades ben se-guros de que co voso niño

non van dar nin os gaivotos ver-des nin calquera outro ser alado, por moitos asesores informáticos que contraten. A escribenta pigmea xa nos contou que o estorniño de Leira ten o encargo de localizarvos, unha busca e captura da primeira orde. Pero estade tranquilos, que o estorniño é preguiceiro co traba-llo e hábil coa invención de escusas. Así que só vos queda rir e facer rir desde a sombra. E se queredes po-dedes ir preparando outro guion, que en menos dun chío vai chegar o entroido e se cadra para entón te-

Coa chegada do novo ano o goberno proclama albiscar a luz ao final dun túnel longo e sombrío de cinco anos de desemprego e perda de po-der adquisitivo. Situación di-fícil, crítica para miles de fa-milias. Mais, por tenue que sexa, hai luz?

O premio de risco da dé-beda pública española –o di-ferencial de rendibilidade en-tre o bono español e o ale-mán a dez anos- sitúase hoxe en torno aos 200 puntos bá-sicos. Quero isto dicir que a taxa de xuros que paga a dé-beda española é 2 puntos su-perior á alemá. Grande di-ferenza se comparamos con mediados do 2012. Entón o premio de risco español mar-cou un máximo de 638 pun-tos e desde aquela empren-deu un paulatino decline ata a cifra actual. Convén a com-parativa con países que pre-senten problemas nas súas finanzas públicas. Italia al-canzou tamén a mediados do 2012 un máximo de 553

puntos e baixou ata os 226 puntos actuais. O premio de risco español -durante moito tempo por riba do ita-liano- agora parece consoli-darse lixeiramente por baixo. A comparación con Irlanda non é tan grata. A mediados do 2012 o tigre celta chegou aos 1134 puntos. Hoxe son 152.

O premio de risco reflicte a confianza dun prestamista en que o prestatario lle de-volva o valor do prestado. A menor confianza maio-res taxa de xuros e premio de risco, e viceversa, eviden-temente. Esa confianza de-pende de que o diñeiro de-volto conserve o seu valor, de que o prestatario ingrese diñeiro abondo e de que sexa convenientemente aforrador. No cumio da crise de débeda os prestamistas desconfia-ban de que os países en pro-blemas abandonasen o Euro e, por tanto, devolvesen as súas débedas nunha moeda desvalorizada, dubidaban da

consolidación fiscal precisa para economizar e recea-ban da recuperación econó-mica indispensábel para au-mentar os ingresos públicos. A confianza no Euro retor-nou unha vez o Banco Cen-tral Europeo e a Unión Euro-pea deron un paso adiante. Os premios de risco de todos os países en problemas en-tón descenderon. Agora ben, en España mais que en Italia, o cal debe ser atribuído a un relativo restablecemento da confianza no futuro da eco-nomía española e nas me-didas de aforro emprendi-das. Que as expectativas se concreten ou non só Deus o sabe. Porén, a comparativa con Irlanda evita inchar o peito. Podería térmonos ido mellor.

De darse, o proceso de re-cuperación tomará tempo. Aínda fica por diante un longo período de desem-prego, emprego temporal e a tempo parcial, emigración e minguado poder adquisi-

tivo. A recuperación pode-ría ser mais veloz –tal como a crise tería sido menos in-tensa e prolongada- e des-embocar nunha economía más produtiva e dinámica, con mais e mellores empre-gos e maiores salarios se o goberno tivese realizado as reformas estruturais preci-sas que mellorasen a eficien-cia da economía española. Mais, os pasos neste camiño teñen sido escasos e curtos. Así que, non confunda a re-cuperación co advento do paraíso terreo.

Os últimos dados trimes-trais sinalan que o aumento do emprego estase a concen-trar en actividades ligadas ao sector turístico –proba da importancia da procura ex-terna na recuperación- e nas comunidades suristas. Por tanto, tal vez na Galiza tar-demos un pouquiño mais en notar os síntomas da recu-peración, como tamén sufri-mos un pouco menos inten-samente os efectos da crise.

De concretarse a recupera-ción, serán presumibelmente as áreas mais dinámicas as que primeiramente collan o tren, normalmente as áreas metropolitanas. A nosa co-marca terá entón que espe-rar outro pouco, se ben o re-lativamente bo comporta-mento do sector agropecua-rio pode xogar ao noso favor. Mais, a escala tan reducida a predición é moi complicada, xa que o curso dos aconte-cementos depende de inson-dábeis factores idiosincráti-cos. Por tanto, prezado ve-ciño, confianza, paciencia e feliz ano.

Fernando del Río Iglesias é profesor de Fundamen-tos de Análise Económica na Universidade de Santiago de Compostela.

Luz ao final do túnel?Por Fernando del Río Iglesias

TRIBUNAS DA COMARCA

des algo máis de bula. Mais non vos fiedes se queredes manter o pes-cozo enteiro...

E ademais, xa avisou a pomba de que estades mal informados. Se a vosa in-tención, como corvos ra-

budos que sodes, era facer mal, ti-ñades que introducir outras perso-naxes: un lagarteiro coas maracas, un pato co bombo, o pelícano mar-cando o paso... A vida mesma.

Para acabar, recado da pomba ao corvo mariñeiro: xa sabemos que segues no

niño podre. E tes razón: é unha ver-gonza. Unha gran vergonza! Pero túa, toda túa, de ninguén máis.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n1 xaneiro2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesDirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]ósito Legal: C 900 - 2013Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.

Din que o teatro é a disciplina ar-tística que mellor resiste o pirateo, senón a única. É unha experiencia que non admite copia, que ten o seu lugar e o seu tempo. Irrepetibles. De aí tamén o grande esforzo que teñen que poñer os actores para que cada representación sexa única, para que o espectáculo non decaia e que o pú-blico quede con ansia de volver.

Nese mundo, tan esixente e á vez tan gratificante, están comezando a entrar os veciños de Oroso, mediante os obradoiros municipais de teatro. Os primeiros en animarse, no outono pasado, foron os máis pequenos. Son sete actores e actrices de entre 6 e 8 anos, pero con moita talla, xa que en pouco máis de dous meses ofre-ceron a súa primeira función, cunha obra de vinte minutos de duración estreada ante medio cento de entu-siasmados espectadores.

O reto dos obradoiros agora é in-corporar máis participantes, persoas de todas as idades. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira de Oroso, ex-plicou que o debut do grupo actual serviu como “xornada de portas abertas para que os demais nenos e os pais coñezan a actividade e se ani-men a participar”.

Coas incorporacións que se vaian producindo, os mestres do obradoiro aspiran a crear un grupo de teatro in-terxeracional. A actividade divídena en Teatro Cativo, con grupos de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos, e de 9 a 12 anos, e en Teatro Interxeracional, para quen teñan 13 anos ou máis. Para os máis pequenos, os ensaios son os martes e xoves pola tarde. Para os maiores, os xoves de 20:30 a 22:00 horas. Quen teñan interese en saltar ás táboas poden chamar ao 687 813 761 ou ao 981 69 09 03.

OROSO Debutan os nenos do obradoiro de teatro

O gran teatro dos pequenos actores abraia en Oroso

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Debut do grupo infantil dos obradoiros de teatro, aclamado polo público en Sigüeiro