32
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 sghnferrol.blogspot.com www.sghn.org [email protected] DENUNCIA Da caza ilegal dun xabaril no mar cando o animal tentaba chegar a terra, preto de punta Buitra (Cabo Touriñán) e do desafortunado artigo de exaltación do delicto que realizou un diario galego.

DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURALDelegación de FerrolApdo. Correos nº 356 – 15480 FerrolTlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org [email protected]

DENUNCIADa caza ilegal dun xabaril no mar cando o animal tentaba chegar a terra, preto de punta Buitra (Cabo Touriñán) e do desafortunado artigo de exaltación do delicto que realizou un diario galego.

Page 2: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)
Page 3: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)
Page 4: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Por ADEGA - Ernesto López Díaz, con docu-mento de identidade ------ Secretario da Dele-gación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) na bisbarra de Ferrol -ADEGA (Trasancos), con enderezo para os efectos de notificación no apartado de Correos nº 481 de Ferrol,

Pola SGHN - Juan Ignacio Díaz da Silva, con documento de identidade ------, Delegado en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural – S.G.H.N., con enderezo para os efectos de

Page 5: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

notificación no Apartado de Correos nº 356, 15480Ferrol, e Por VERDEGAIA – Mónica Arto con documento de identidade nº ----- responsábel da Área de Litoral do Núcleo Comarcal (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) da asociación ecoloxista VERDEGAIA con enderezo para os efectos de notificación na Rúa Santiago nº 2-4, 2º A, 15507 - Narón, comparecen e como mellor proceda en dereito,

Page 6: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

EXPOÑEN:

Que as entidades ADEGA-Trasancos, Socie-dade Galega de Historia Natural-Ferrol e Verdegaia-Ferrol, denuncian que o luns, día 12 de Novembro de 2007 e segundo información publicada no diario “A Voz de Galicia” do día 15 de novembro de 2007, na súa sección de “Galicia” e na portada do mesmo día, cunha foto e reseña, (as fotocopias de ambos artigos se acompañan como documentos adxuntos), dous individuos a bordo dunha lancha deron

Page 7: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

deron morte a un exemplar de Xabaril (Sus scrofa) que se atopaba nadando no mar, en augas próximas a Punta Buitra preto de Cabo Touriñán.

Que, o mencionado artigo textualmente cita os nomes de “Manuel García, un muxián de Merexo aficionado a la caza decidió por un día colgar la escopeta y coger la caña y el bote. Como compañero de singladura se llevó a su amigo Pedro Silva” e que ambos atoparon ao animal que procedía de mar aberto e se dirixía á costa.

Page 8: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Que, ambos individuos, os mencionados Manuel García e Pedro Silva, puxeron rumbo cara ao animal, que nun primeiro momento tentou eludilos “burló durante un rato largo” e que “finalmente, los hombres hicieron valer su habilidad con las artes de pesca para vencer la reticencia del ejemplar porcino”, que segundo as súas propias palabras “non se defende tan ben na auga como en terra”.

Que, tras acosar ao animal utilizaron un gan-cho dos usados para subir a bordo as captu-

Page 9: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

ras pesqueiras, para apresalo e inmobilizalo nun dos costados do bote.

Que, primeiramente trataron de abatelo dán-dolle golpes co remo, pero vendo que non era suficiente, recorreron á axuda de “unos buzos de Camariñas que estaban en las proximi-dades disfrutando de una jornada de pesca deportiva” e que prestaron o seu coitelo “de tamaño considerable y con un filo capaz de atravesar la dura piel del cerdo” para sacrificar á víctima.

Page 10: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Que, de todo o exposto e segundo o texto legal Lei de Caza de Galicia – Lei 4/1997 de 25 de xuño / Lei 6/2006 de 23 de outubro, de modifi-cación da anterior, e Decreto 506/1971 de 25 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de Caza, que ten como obxecto a regulación do exercicio da caza na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o fomento, conservación e ordenado aprovei-tamento das especies cinexéticas, dedúcese que os mencionados Manuel García e Pedro Silva e os mergulladores que lles acompañaban

Page 11: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

pola súa necesaria colaboración, cometeron varias infraccións contra a mencionada Lei, que xa no Artigo 8, apartado 1) di : “Son te-rreos de carácter cinexético os susceptibles de tal aproveitamento”, e concreta no Artigo 9, clasificando os terreos a efectos cinexéticos como suxeitos a un réxime cinexético común ou especial.

Que, dentro dos de réxime cinexético especial se atopan: Reservas de caza, refuxios de fau-na, terreos cinexéticamente ordenados (Tecor),

Page 12: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

terreos cinexético deportivos ou explotacións cinexéticas, obrigados a señalizar os seus límites con carteis indicadores da súa condición cinexética conforme ao que se determine regulamentariamente e se prohibe entrar neles levando armas, cans ou outros medios dispostos para cazar sen estar en posesión da autorización ou permiso do titular correspondente. Os terreos cinexéticamente ordenados (Tecor) teñen que ser declarados e recoñecidos como tales por resolución da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Page 13: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

e nos que a poboación cinexética estará prote-xida e fomentada, aproveitándose de forma ordenada.

Que, os terreos de carácter cinexético suxeitos a un réxime cinexético común terán como mí-nimo unha superficie continua de 500 hectá-reas para poder practicarse nelas a caza. Se non alcanzara dita superficie, o exercicio da caza estará prohibido e terán a consideración de refuxio de fauna.

Page 14: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Que, no Artigo 36 se atopan as limitacións para a caza por razóns de cultivos e en masas de auga e engade no apartado 2) que a “Con-sellería establecerá de forma regulamentaria o aproveitamento cinexético das masas de auga cuxas características aconsellan aplicar un réxime especial, previo informe dos organis-mos con competencia sobre as mesmas”.

Que, por todo o anteriormente exposto a zona de dominio público onde aconteceu a cacería non se atopa dentro da denominación de

Page 15: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

terreos cinexéticamente ordenados ou Tecor nin pertence a un réxime cinexético común, e si están dentro da denominada Zona de Costa dentro da Rede Natura e no concepto “Zona de seguridade”, que como dí o artigo 8-3: “Con-sidéranse zonas de seguridade aquelas nas que deban adoptarse medidas precautorias especiais, co fin de garantir a protección das persoas e os seus bens. Con carácter xeral prohíbese nas mesmas o exercicio da caza”, concretando no artigo 25.1 b) “As augas públicas, incluídos os cauces e márxenes,

Page 16: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

nunha franxa de cinco metros do límite das maiores crecidas ordinarias”.

Que, no artigo 15 do regulamento da Lei de Caza para Galicia, defínese o exercicio da caza nas zonas de seguridade como “Enténdese por cazar, a estes efectos, o encontrarse en situación inmediata de disparar o capturar especies de caza por calquera método”. Polo cal a acción realizada por ditos individuos redunda no dedicto, xa que o mero apresamento do animal con ánimo de captura para o aproveitamento xa

Page 17: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

suporía unha acción ilegal, ao que hai que engadir a utilización dun gancho para ferir e inmobilizar ao animal, a utilización de remos coa finalidade de rematalo e o uso do coitelo para desangralo.Que, por outra banda, queremos significar que a susodita Lei de Caza prohibe explicitamente:

“1) Cazar en época de veda” ou fora das épocas regulamentadas. A mencionada matanza realizouse un luns, dato facilitado polo periodista que firma o mencionado artigo, Juan Ventura Lado, quen no seu último parágrafo di: “el día

Page 18: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

anterior hubo en las proximidades una batida” e segundo o Artigo 42. Períodos hábiles de caza. Publicados anualmente pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nas que se determinará as limitacións e épocas hábiles de caza das distintas especies, así como os réximes especiais necesarios e a normativa de aplicación nos terreos de réxime cinexético común establecidos para o ano en vigor pola Orde 29 de marzo de 2007 que determina as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008 e no seu Título 3: Caza maior. Artigo 10: “ Os días

Page 19: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

hábiles para a caza son xoves, domingos e festivos de caracter estatal e autonómico”

“3) Cazar en tempo en lugares en que, como consecuencia de incendios, epizootias, envelenamentos, inundacións, secas u outras causas, os animais vense privados dos seus hábitats e facultades normais de defensa e obrigados a concentrarse en determinados lugares.” – Un animal no medio do mar atópase privado do seu hábitat e das facultades normais de defensa, loitando pola súa vida en un medio totalmente alleo a súa natureza.

Page 20: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

“6) Cazar servíndose de animais o de calquera vehículo como medio de ocultación.” – Os dous individuos utilizaron unha embarcación a motor como medio para reducir ao animal, nunha posición preferente e dominante, desde a que dirixían a acción cun radio de visión reducida para a víctima.

“10) Cazar combinando a acción de dous o máis grupos de cazadores o facendo uso de medios que persigan o cansazo e esgotamento das pezas.” – Servíronse da embarcación a mo-

Page 21: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

tor para acosar ao animal que se atopaba nun estado lamentable de cansazo, ocasionado polo exercicio realizado para manterse a flote e gañar a costa nunhas augas cunha temperatura moi baixa na época na que nos atopamos.

“15) Cazar sen estar provisto da documen-tación preceptiva o sen levala consigo.” – Se entende que os dous individuos “decidiron col-gar a escopeta e coller a caña e o bote” polo que é máis que razoable supor que non levaran os seus permisos regulamentarios para cazar,

Page 22: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

tendo en contar que segundo o Artigo 45 la Lei de Caza de Galicia son requisitos xerais para poder practicar a caza, entre outros os seguintes que son de aplicación neste caso: “1a) Ser titular dunha licencia de caza en vigor. 1b) Ter con-certado un contrato de seguro de responsa-bilidade civil do cazador e 1c) - Estar en po-sesión dun documento oficial de identifica-ción”. No apartado 2) engade a Lei que “estes documentos deberá levalos consigo o cazador durante o exercicio da actividade.”

Page 23: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

As entidades asinantes consideramos que os feitos enunciados poden ser considerados como infracción ao seguinte tenor e segundo os seguintes artigos:

Artigo 57. Infraccións leves:3)– No levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva, aínda sendo titular da mesma.14) – Non cumprir as normas sobre caza en augas públicas ou cazar en estes lugares sen o debido permiso.

Page 24: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

29) – Incumprir a obrigación de dar conta do resultado das cacerías.32) – Transportar caza morta sen cumprir as disposicións que a regulamenten ou non cumprir cos requisitos que ao efecto se establezan.

Artigo 58 . Infraccións graves.1 )– Cazar ou portar medios dispostos para a caza sen autorización ou sen cumprir os requi-sitos establecidos en tempo de veda, épocas, horas, lugares ou circunstancias prohibidas.

Page 25: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

7) – Aproveitar de xeito abusivo e desordenado as especies naturais existentes en terreos suxeitos a réxime cinexético especial .11) – Comercializar, introducir, soltar ou trans-portar exemplares de caza vivos ou mortos incumprindo os requisitos previstos na nor-mativa vixente.13) – Cazar, comercializar, posuír ou trans-portar pezas de caza, vivas ou mortas, calque-ra que sexa a súa idade ou sexo, cando non concorden cos legalmente permitidos.20) – Posuír pezas de caza maior, viva o morta,

Page 26: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

cuxa procedencia non poida acreditarse debi-damente.

Artigo 59. Infraccións moi graves.1)– Cazar en refuxios de fauna ou reservas de caza ou naquelas zonas dos espazos naturais protexidos onde o exercicio da caza estivese expresamente prohibido sen estar en posesión dunha especial autorización.

Que, a LO 10/1996 do Código Penal di no seu artigo centésimo vixésimo cuarto:

Page 27: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

“1) o que cace ou pesque especies distintas das indicadas no artigo anterior, cando estea expresamente prohibido polas normas específicas sobre a súa caza ou pesca, será castigado coa pena de multa de oito a doce meses e inhabilitación especial para o exercicio de cazar polo tempo de dous a cinco anos.2) o que cace ou pesque especies ás que se refira o apartado anterior en terreos públicos... será castigado con pena de multa de catro a oito meses e inhabilitación especial para o

Page 28: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

exercicio de cazar polo tempo de un a tres anos, ademais da pena que lle poida corres-ponder, no seu caso, pola comisión do delicto”.

Que, existe na lexislación actual un gran vacío de leis que defendan a dignidade dos animáis considerados “silvestres cazables” e o dereito a unha morte digna. Se ben é certo, que tanto Directivas comunitarias, como leis nacionais establecen normas para o transporte, trata-mento e dignidade nos procedementos de

Page 29: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

morte para especies animais considerados do-mésticos o en cautividade, ou aqueles que se consideran para a comercialización da carne. Quedan excluídos, nembargante de calquera lei as especies relacionadas coa caza e cos espectáculos chamados “tradicionais” que utilizan a animais como divertimento.

Lamentamos polo tanto ese vacío legal, cheo tan só con regulamentos que tratan sobre o problema sanitario ou de policía sanitaria relativos á caza de animais silvestres que

Page 30: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

poideran ocasionar peligro para a saúde huma-na. Así mesmo lamentamos que estas denuncias teñan un valor tan só legal, alleo a conside-racións morais e éticas, pero aínda así queremos facer unha reflexión sobre esta desgraciada historia, na que un animal que loitaba pola súa supervivencia nun medio hostil atopara no seu camiño a uns humanos indignos de denominarse como tales, que tan só viron no pobre e indefenso naufrago “31 quilogramos en canal”. Resaltar de igual

Page 31: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

maneira a indigna colaboración do periodista, Juan Ventura Lado, cuxo comportamento tachamos de apoloxía do delicto, manifestado nun artigo no que detalla e eloxia os feitos cun ánimo divertido, acompañando as palabras con fotografías en cor nas que se aprecia facilmente os autores, o lugar, a víctima e ata os sacrificio, e ao propio diario “La Voz de Galicia” por acoller na portada en na sección de Galicia, un artigo que alenta e aplaude a cometer infraccións de este tipo impunemente.

Page 32: DENUNCIA DUN DELICTO DE CAZA (XABARIL NO MAR)

Esta denuncia é entregada no mesmo acto ao Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil (SEPRONA), á Fiscalía de Medio Ambiente en Compostela e a Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, coa esperanza de que feitos coma estes que nos enchen de vergoña, sexan tomados en conta polas autoridades pertinentes e sancionados como corresponda.Ferrol, a 21 de novembro de 2007