7
XXIV ASEMBLEA ANUAL COMPOSTELA, 29 DE MARZO DO 2008 DOCUMENTACIÓN nova escola galega

DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

1nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

XXIV ASEMBLEA ANUALCOMPOSTELA, 29 DE MARZO DO 2008

DOCUMENTACIÓN

novaescolagalega

Page 2: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

2nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta da XXII Asemblea.2. Memoria das actividades do ano 2006.3. Memoria económica do ano 2006.4. Proposta de orzamento para o 2007.5. Programa de actuación para o ano 2007.6. Elección do novo Secretariado.7. Rogos e preguntas

ACORDOS1. Na acta da XXII Asemblea, debe aparecer que a asembleaaprobou por unanimidade un texto de apoio ós/ás mestres/as represaliados/as no período da dictadura, lido nun actode homenaxe celebrado no MUPEGA.

EN LEMBRANZA E HOMENAXE DO PROFESORADOASASINADO EN 1936Sendo conscientes da necesidade de fortalecer osdesexables piares dun ensino público, democrático,renovado, galeguizado e laico, como o modelo máis acaídopara garantir un desenvolvemento educativo pleno paratodos e todas, Nova Escola Galega quere renovar estecompromiso que é a súa razón de ser, con ocasión da XIIAsemblea anual ordinaria da asociación.Como movemento de renovación pedagóxica nacemos enresposta a iniciativas organizativas constantes emprendidasdesde 1975, pero tamén nacemos coa consciencia de formarparte dunha tradición de reflexión e de intervenciónpedagóxica marcada polos impulsos máis progresivos domovemento internacional da Escola Nova, e polas acciónse esperanzas de reforma escolar e social que cultivarontantas e tantos ensinantes antes e, singularmente, durante o tempo da IIª República, tal e comoplasmamos en diversas iniciativas nestes anos.Perseguindo pacificamente tales ideais a prol da construción dunha sociedade democrática e xusta,moitos daqueles profesores pagaron coas súas vidas ese seu compromiso vital e social, cando osanguento levantamento militar franquista anticonstitucional e antirrepublicano tivo lugar, en l936,hai pois 70 anos. En pagamento recibiron a morte, o esquecemento provocado ou unha memoriaignominiosa. Con toda a inxustiza do mundo e mesmo coas eclesiásticas beizóns.Eles eran, sen dúbida, os que ían por diante dos nosos compromisos de hoxe, os que levaban asbandeiras da utopía -na fronte unha estrela e no bico un cantar-, e por iso debemos ter tamén unhaacordanza nobre, respectuosa e de recoñecemento cara a eles. Naqueles finais dos anos trinta, máisde 80 ensinantes foron asasinados de modo vil. É do caso que deles fagamos algunha memoria: un aun, unha a unha, e polos seus nomes. Nova Escola Galega así o quere facer hoxe en Compostela eaquí no Museo Pedagóxico de Galicia, que aínda ten recendos daquelas súas vidas.Nova Escola Galega demanda da Consellería de Educación e O.U. que en conxunción coas organizaciónssociais democráticas vencelladas ao ensino, organice de modo adecuado a debida homenaxe aoprofesorado asasinado como consecuencia do golpe militar franquista, homenaxe que institucionalmentee dende o campo educativo nunca foi realizado en tantos anos de democracia, liberdades e autonomíapolítica de Galicia, deixando memoria dos seus nomes neste espazo da memoria escolar colectiva dosgalegos e das galegas que é o propio Museo Pedagóxico de Galicia. Que así sexa.Compostela a 18 de Febreiro de 2006.

2. MEMORIA DAS ACTIVIDADES DO ANO 2006.Aprobouse por unanimidade a memoria das actividades realizadas no ano 2006, pero en vez de dicir"II Xornadas, A escola punto de encontro entre o profesorado e os/as educadores/as sociais?", tenque dicir "II Xornadas, A escola punto de encontro entre o profesorado e os/as educadores/as sociais".

(Ver anexo de Documentación da asemblea)

ACTA DA XXIII ASEMBLEA ANUALDATA: 24 de febreiro de 2007HORA DE INICIO: 17:45HORA DE REMATE: 19LUGAR: MUPEGA – Santiago

ASISTENTES

1. Antón Costa Rico2. Emilio González Legaspi3. Esther Vázquez Otero4. Francisco Veiga García5. José Pérez Móndelo6. Mª Carmen Cons Pintos7. Mª Carmen Díaz Simón8. Mª Encarnación Peiteado Blanco9. Mª Helena Zapico Barbeito10. Mª Mercedes Vázquez Vázquez11. Mariló Candedo Gunturiz12. Montserrat Castro Rodríguez13. Pepe Álvarez Castro14. Sonia López Soto15. Suso Rodríguez Rodríguez16. Xoán Xosé Lourenzo Lourido17. Xoanca Albarellos Codesido18. Xosé Lastra Muruais19. Xosé Manuel Cid Fernández20. Xosé Manuel Malheiro21. Xosé Ramos Rodríguez22. Avelino Pousa Antelo23. Francisco Candia Durán24. César Martínez Yáñez

Page 3: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

3nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

3. MEMORIA ECONÓMICA DO ANO 2006.Aprobouse por unanimidade a memoria económica correspondente ao exercicio 2006.

(Ver anexo de Documentación da asemblea)

4. PROPOSTA DE ORZAMENTO PARA O 2007.Aprobouse por unanimidade o orzamento correspondente ao ano 2007.

(Ver anexo de Documentación da asemblea)

5. PROGRAMA DE ACTUACIÓN PARA O ANO 2007.Programa de actuación para o ano 2007.Ante o debate de cales son as convocatorias de Xornadas de Educación Rural, acordouse que este anose continuaría coas segundas xornadas, tendo en conta que o ano anterior apareceron numeradascomo as primeiras. Por acordo dos presentes, decídese que se incorporará algún apartado específicodedicado ás Galescolas.Tamén se aproba por unanimidade a necesidade de informar ao Secretariado Nacional sobre asactividades que calquera membro de NEG vaia facer representando ou en nome do MRP.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O 2007A. VII ESCOLA DE VERÁN DE NEG EN FERROLTERRA E ORTEGAL. Xornadas sobre a NormalizaciónLingüística. Segunda semana do mes de xullo en Narón ou Valdoviño (pendente de confirmación).B. ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.Actividade 1. Os maiores no cine.Actividade 2. "O Antes e o agora" xunta ós nosos devanceiros.Actividade 3. Unha proposta de achegamento ós oficios e ó mundo laboral.Actividade 4. Revivindo os xogos populares.Actividade 5. Contos na escola.Temporalización: ó longo do 2007, no período académico.C. XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ: "A construción da paz desdea perspectiva de xénero".4 ao 6 de maio en Chaves (Portugal)D. XORNADAS DE CIENCIA E TERRITORIO.Mes de xullo ou setembro. Melide.E. I XORNADA DA ORALIDADE PARA EDUCADORES/AS: "O SUCEDIDO".7 de xullo de 2007, Arca-O Pino, (A Coruña), Casa da Cultura.F. IV XORNADAS SOBRE MATERIAIS EDUCATIVOS: EXPERIENCIAS E RECURSOS EDUCATIVOSINNOVADORES PARA O PROFESORADO EN GALICIA.Setembro de 2007, Santiago.G. II ENCONTRO DE DEBATE SOBRE: O MEDIO RURAL GALEGO. A NECESIDADE DUNHA RESPOSTAEDUCATIVA.Outubro de 2007. Lugar por determinar, Santiago e Chantada.H. ENCONTRO SOBRE A EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.Novembro de 2007, na Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago.I. EXPOSICIÓN DE RECURSOS E ACTIVIDADES FORMATIVAS SOBRE O APROVEITAMENTO EDUCATIVODOS MUSEOS.Novembro, 2007.k. XORNADAS SOBRE A EDUCACIÓN SECUNDARIA A DEBATE.Novembro de 2007, na Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago.

Como continuidade da liña de traballo que temos en relación ós maiores formaremos parte activacomo organización colaboradora nas seguintes actividades:- III Xornadas Interxeracionais no Rural (Xermade).- I Encontro Galego sobre o Alzheimer e outras demencias (Lugo, mes de maio).- A semana das persoas emigrantes. 1ª edición adicada á República Arxentina: Caldas de Reis, maiode 2007.

Page 4: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

4nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

OUTRAS ACTIVIDADESV Convocatoria dos Premios Educacompostela doConcello de Santiago.

PUBLICACIÓNSRGE.Boletín Interno, 1 anual.NEG-Opina.Vieiros da Escola.Web.Actas de:- II Xornadas sobre "A escola punto de encontro entreo profesorado e educadores/as sociais".- Actividades e recursos educativos dos museos deGalicia.- Materiais e experiencias innovadoras nas escolasgalegas.Dixitalizar os documentos máis significativos de NEGpara colgalos na web.

Obxectivos do secretariado para o 2007.1. Fomentar o debate interno sobre distintos aspectosda política e realidade educativa.2. Ampliar e consolidar as relacións con outrasinstitucións.3. Realizar campañas para a ampliación da baseasociativa e dos suscritores á RGE.4. Crear espacios de participación dos/as asociados/as.5. Dixilitar os documentos e publicacións de NEG paracolgar na páxina web.6. Difundir e dar a coñecer as publicacións de NEG.7. Facer chegar as opinións do MRP ós asociados, óscentros educativos e a todos aqueles lugares einstitucións ás que lles poida interesar a nosa opinión.Aprobouse por unanimidade o programa do vindeiro ano.

6. ELECCIÓN DO NOVO SECRETARIADO.En cumprimento dos estatutos da asociación,corresponde a renovación total do secretariado. Acandidatura presentada para o Secretariado Nacionalpara o bienio 2007-2008 é aprobada por unanimidade equeda constituída polos seguintes compañeiros ecompañeiras:

Lastra Muruais, Xosé (Presidente)Candedo Gunturiz, Mariló (Vicepresidenta)López Soto, Sonia (Tesoureira)Blanco Vázquez, Belén (Secretaria)Cid Fernández, Xosé ManuelFerreiro Ferreiro, TereLorenzo Lourido, XoánMalheiro Gutiérrez, Xosé M.Pose Blanco, Ana MªRamos Rodríguez, XoséRodríguez Rodríguez, XesúsVázquez Otero, EstherVeiga García, PacoVicente Álvarez, Rosa MªZapico Barbeito, Mª Helena

Page 5: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

5nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

DATA: 24 de febreiro de 2007HORA DE INICIO: 19HORA DE REMATE: 19:20LUGAR: MUPEGA – Santiago

ASISTENTES1. Antón Costa Rico2. Belén Blanco Vázquez3. Emilio González Legaspi4. Esther Vázquez Otero5. Francisco Veiga García6. José Pérez Móndelo7. Mª Carmen Cons Pintos8. Mª Carmen Díaz Simón9. Mª Encarnación Peiteado Blanco10. Mª Helena Zapico Barbeito11. Mª Mercedes Vázquez Vázquez12. Mariló Candedo Gunturiz13. Montserrat Castro Rodríguez14. Pepe Álvarez Castro15. Sonia López Soto16. Suso Rodríguez Rodríguez17. Xoán Xosé Lourenzo Lourido18. Xoanca Albarellos Codesido19. Xosé Lastra Muruais20. Xosé Manuel Cid Fernández21. Xosé Manuel Malheiro22. Xosé Ramos Rodríguez23. Avelino Pousa Antelo24. Francisco Candia Durán25. César Martínez Yáñez

ACTA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIAORDE DO DÍA

Punto único.- Acordo sobre solicitude de declaración deutilidade pública para a asociación.

ACORDOS

No artigo 14 dos Estatutos da Asociación Nova EscolaGalega, dedicado ás funcións da asemblea extraordinaria,recóllese a seguinte:

d) A solicitude de declaración de utilidade pública.Consonte con isto, a asemblea acordou por unanimidadeproceder á solicitude da declaración de utilidade públicapara a asociación.

Page 6: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

6nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

Page 7: DOCUMENTACIÓN › almacen › documentos › 1... · 2008-03-26 · nova 2 escola galega DOCUMENTACIÓN XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008 ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta

7nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIV ASEMBLEA ANUAL - 29 DE MARZO DO 2008

CONVOCATORIA DE XUNTANZA

Co gallo da celebración da XXIV Asemblea Anual de NEG, convocamos a toda a asociación a unhaxuntanza que terá o seguinte programa:

Día e hora: Sábado 29 de marzo do 2008 – 9:30 horas.

Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) - Santiago de Compostela.

9:30. Entrega da documentación.

10:00 Visita á exposición Actividades e recursos educativos dos Museos de Galicia.

11:00 Presentación do libro Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia.

• Felipe Arias Vilas, Director Xeral de Patrimonio Cultural.

• Antonio Rial Sánchez, Director do MUPEGA.

• Ana María Pose Blanco, Coordinadora da publicación.

• Xesús Rodríguez Rodríguez, Coordinador da publicación.

• Iria Lago García, Directora de Publicacións da Editorial Toxosoutos.

11:30. Mesa redonda: Ser mestra ou mestre hoxe.

• Agustín Fernández Paz

• Rosa María Vicente Álvarez

• Emilio González Legaspi

• Ana María Pose Blanco

• Beatriz Navarro Aguiar (moderadora)

14:00. Xantar.

CONVOCATORIA DA XXIV ASEMBLEA XERAL ANUAL DE NEG

Convócase a XXIV Asemblea Anual de NEG para o sábado, día 29 de marzo do 2008, no edificio doMuseo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), ás 16 horas, coa seguinte Orde do día:

1. Aprobación das actas da XXIII asemblea (ordinaria e extraordinaria).

2. Memoria de actividades do ano 2007.

3. Memoria económica do ano 2007.

4. Programa de actuacións para o ano 2008.

5. Modificación da cota de asociados/as.

6. Proposta de orzamento para o ano 2008.

7. Renovación parcial do Secretariado nacional.

8. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, a 17 de marzo do 2008.

O presidente